Revision de axendas 1 trimestre

Page 1

SEGUIMENTO DE AXENDAS Estamos xa ao final do primeiro trimestre e é un bo momento para que as AXENDAS estean "a pleno rendemento". Convén recordar que a principal función da AXENDA ESCOLAR é a de axudarnos na planificación e organización do estudo e as tarefas. E para iso resulta fundamental que estea ao día. Para comprobar que todo vai ben vas realizar unha "autorrevisión" desta asegurándote de que fas o mellor uso posible dela. Os titores e titoras (e tamén os teus pais) van colaborar nesta revisión. Parécese un pouco como a "ITV" que pasan os vehículos para comprobar que están a punto e que funcionan correctamente. Estes son os dez puntos básicos que imos revisar: Datos persoais (px. 1) Datos do centro (pg. 1) Horario semanal (Parte de atrás da portada) Áreas e materias e nome do profesor/a que as imparte (Parte de atrás da portada) Nome e teléfono de, polo menos, tres compañeiros da túa clase (px. 117) Nome do delegado/a e subdelegado/a, así como posibles acordos tomados na clase (px.117) Datas de controis e exames e anotación dos resultados obtidos, se xa coñeces algún. (px. III) Data de controis ou traballos de recuperación de materias pendentes de cursos anteriores, se é o teu caso (px.III) Axenda diaria: anotacións de tarefas e repasos que se mandan cada día en clase (pg. 2 en adiante) Intenta que na túa AUTORREVISIÓN, todo estea correcto. O teu titor/a revisará unha ampla mostra de Axendas na clase e aos teus pais tamén lles pedimos que o fagan para asegurarnos entre todos que a AXENDA sexa unha ferramenta útil que nos axude na PLANIFICACION E ORGANIZACIÓN do estudo, e na comunicación FAMILIA -CENTRO.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.