ECOSISTEMA DE MONTEFERRO

Page 1


Guión da saída de recoñecemento dos ecosistemas de Monteferro. O que intentamos facer é informar sobre: O recoñecemento de Monteferro que a súa vez ten varios ecosistemas mariños e terrestres.

Acantilados con calas e costa rochosa. Bosque: Dominado por especies de repoboación como os piñeiros e invasivas: eucalipto e acacias.


Observaci贸ns: De flora e fauna : especies de sotobosque, toxo, silva e fento. As floraci贸ns das plantas. Inflorescencias de pi帽eiros (Masculinas e femininas que se identifican por que a femia e mais alargada e fino e o macho mas pequeno e ancho)etc.

Masculina.

Femenina.


Visita a os petroglifos:de Monteferro: Historia (Patrimonio arqueolóxico): Tanto no monte como na zona do istmo, téñense catalogado varios xacementos arqueolóxicos, algúns de moito interese: Petroglifo das peniscas pequenas. Situado no vértice oeste de promontorio.Ten unaha superficie gravada de 3,90x2.20m e conta cos seguintes gravados: No norte un rebaixe rectangular de 19x26cm. Ó lado deste micronesias de 2cm de ancho a mais pequena e de 13cm. A maior tres podomorfos de 20,21e 23 cm de longo que incluso teñen rebaixados os dedos. Na parte sur, unha coviña illada de 8 cm de diámetro e 3 cm de fondo.Ó lado destes motivos, 17 muiños rupestres e outros dous rebaixes. É ata o de agora petroglifo no que se da maior concretacion de

muiños rupestres. Foto.


Esplicacion en una placa en Monteferro. Xacemento romano de Monteferro. Situado a unha altitude entre 30-40 metros sobre o nivel do mar, na ladeira nordeste de Monteferro, cara a praia de Patos, case no isto que une a peninsula coa costa. Na escavacion feita por Soledad Prieto Robles en 1993, localizouse este xacemento que conta con muros de pizarra local e un sistema de canalizacion para a auga escavados na rocha que irian cubertas con lousa, co fin de evitar a entrada da auga nas casas. Entre os restos materiais atopados cabe destacar os de cerámica, anforas, concos, ''terra sigillata'', e algunha peza de tear. Pesas de perca feitas en cuarcilla, muiños, afiadores etc. A sua datacion corresponderiase cunha etapa tardia do imperio romano(S.III-Vdne). A mais de estes restos arqueoloxicos convirian non esquecer outros situados nas proximidades do monte e que hoxe en dia esta soterrados no nucleo urbaanos antigo de Panxon, como acontece co asentamento romano dos S.III-IV dne, tamén destacar o xa arrasado castro de Panxón, onde tamén se atopaba nunha das súas ladeiras unha vila romana,da que se conservan un mosaico, e a ara romana dedicada a mercurio, hoxe en dia no museo municipal de Vigo, atopada na praia de Panxón.


Bibliografía: − Costa de Goberna, J.M.; Domínguez Pérez, M. E Rodríguez Sobral,J.M: “Novos gravados rupestres en el litoral sur de la ría de Vigo” Rev. Do Museo Municipal Quiñones de León, nº 3-4,Vigo;1987. − Costas Goberna,Hidalgo Cuñarro,J.M,Viñas Cue,Ricardo:”Raíces de Nigrán” ed. Concello de Nigrán,1996. − Méndez Quintas,Eduardo: “Cavidades entre a Idade de Bronce e o Paleolítico” en “As Covas de Vincios” ed. CMMC de Vincios,2005. − Vilar Pedreira,Xosé Lois:“Os muíños naviculares de soporte fixo” Rev. de Estudios Miñoranos,nº1 1;2001. Fragmento de La voz de Galicia: Monteferro e zona declarada de interese arqueolóxico e catalogado como tal. Sábese con certeza que hai unha vila romana,uns moliño de posible procedencia romana tamén,así como pedras gravadas e outros restos. A arqueóloga Dolores Sandoval,que periodicamente visita o monte,encontrando alí cerámica da Idade do Bronce. Se trata,na súa opinión,dun xacemento importante conectado cos de Baiona e As Cíes, e que xunto co arco visigodo de Panxón,ofrecese una secuencia histórica de gran interese para o estudo e para o turista. Pero como en tantas ocasións,ese patrimonio nin se explora nin se conserva nin se realza,ao contrario. MONTEFFERO 1-Situación Monteferro é unha pequena península situada na banda sur da Ría de Vigo,no concello de Nigrán. A maior parte da súa superficie, 81'65 hectáreas, é monte en man común pertence ós veciños da parroquia de Panxón,na que está radicando. O resto son propiedades privadas. Toda a zona comunal, e máis unha


parte das propiedades lindeiras, ten a cualificación de “Sitio costeiro sobresaínte de singular interese forestal e paisaxístico” segundo as Normas Subsidiarias do Concello de Nigrán. Ordenanza 17 (B.O da provincia de Pontevedra 23.11.91) É lindeira coa Rede Natura 2000 e atópase na área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas.


Fotos dos restos da gerra civil espaĂąola en Monteferro (Bateria costeira de Monteferro).

Por dentro dunha antiga enfermeria.

Onde se gardaban as municiĂłns dos caĂąons. Unha foto da nosa clase nun dia moi educativo.


Feito por: Ana RodrĂ­guez DomĂ­nguez, Victoria Mosquera Barbosa, Fernando Alonso Lamas e Xabier Padin Chamorro.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.