VISITA DE ESTUDO A UNHA POZA DE MAREA
OBSERVAR, INVESTIGAR, RESPETAR “DO PEDERNAL Á FUSIÓN II”
Departamento de Ciencias da Natureza do C.P.I. Panxón
VISITA ECOLÓXICA A UNHA POZA DE MAREA 1. Ola amiguiños e amiguiñas de 3º, chámome Don Caramuxo e serei o voso guía na visita de estudo que esta mañá levaremos a cabo a unha poza de marea da praia da Madorra.
Téñovos que contar un segredo, en realidade non son un caramuxo, só utilizo a súa cuncha para protexerme; haber quen de vos é capaz de adiviñar o meu verdadeiro nome.
Ánimo e sorte
O noso lema será: OBSERVAR, INVESTIGAR, RESPETAR 2. Empezarei por darvos un sinxelos consellos: a. Non colleremos
ningún ser vivo nin molestaremos os
animais, salvo por indicación dos vosos mestres. b. Non volteedes as rochas pois alterariades as condicións ambientais dos organismos que viven apegados ou debaixo delas. c. Camiñaremos a modo procurando facer o menor ruído posible,e tendo sempre certo coidado, evitando pisar en zonas de algas ou de verdello, pois podemos escorregar facilmente. d. Procuraremos deixar todo igual que o atopamos non debemos deixar desperdicios e recolleremos o lixo que atopemos no noso recorrido. e. Deberemos estar sempre atentos á subida da marea pois así evitaremos quedar illados pola auga. f. Non deixaremos lixo nos lugares que visitemos
3. Material: Caderno de campo que cumprimentarás coas respostas aos distintos cuestionarios e actividades; lapis e goma de borrar; lupa de man; tramo de cordel; tarros de vidro; luvas de latex, criba, bolsas de lixo, etc. Procura vestirte de forma adecuada, prendas cómodas e calzado de auga. Leva tamén calcetíns e calzado de reposto. 4. A zona que imos visitar, PRAIA DA MADORRA, está situada ao sur do istmo da península do Monteferro, formación montañosa que separa a boca da ría de Vigo da enseada de Baiona. Ten unha altitude máxima de 171 metro sobre o nivel do mar. Na súa beira sur existen varias praias de area, situadas en calas abrigadas e recunchos das rochas.
Empezando pola esquerda temos as seguintes praias: Abra, Carreiro, Areafofa, Madorra, Sanxoán e Gaifar Actividade 1. Unha vez localizado o lugar de estudo comezaremos por analizar o efecto
da
actividade
humana
cumprimentaremos a seguinte ficha:
sobre
a
costa,
para
elo
Tipo de construción
Función
Impacto sobre a costa
Estradas, peiraos….
Vivendas,
Moito, pouco…
lecer…
Nas seguintes actividades Caramuxiños imos estudar as mareas e os distintos seres vivos que atopemos ao longo destas experiencias. Cóntovos: As mareas son movementos de masas líquidas, mares e océanos, da superficie terrestre. Estes movementos son periódicos, é dicir, prodúcense regularmente dúas veces cada 24 horas e son debidos á forza de atracción exercida sobre os mares do sol e sobre todo da lúa. Así cando as augas do mar se moven cara a terra prodúcese a preamar ou marea alta. Cando baixa o nivel das augas prodúcese a baixamar ou marea baixa. Marea alta ou preamar
Marea baixa ou baixamar
Actividade 2 Aproveitando a baixamar: Cada grupo estenderĂĄ o seu anaco de corda, uns a seguir dos outros, ao longo da praia perpendicular ao mar, e rexistraredes na seguinte ficha todo o que vexades cerca da corda. Animais
Algas
Restos
Plantas
Lixo
Identificade os seres vivos utilizando as guĂas que vos facilitaran os profesores.
Agora colleremos as cordas e unirémolas sobre as rochas de forma que formemos un cadrado con elas, e farémolo mesmo que na actividade anterior, tomando nota de todo o que atopemos dentro do cadrado.
Animais Exp. Ameixa
Características
Algas
Características
Ten dúas cunchas.
Leituga de
De cor verde, semella
Atopámola enterrada
mar
unha leituga.
na area.
Moi abundante
É importante que anotemos a súa abundancia. Actividade 3 Recollede tamén todas as cunchas que atopedes, con elas faremos unha fermosa colección.
Actividade 4 Dos distintos seres que atopaches , debuxa os tres que mรกis che gustan
Actividade 5 Os ruídos a maioría das veces pásannos desapercibidos, pero a miúdo poden ser intensos e continuados producindo contaminación acústica, vamos a calar todos e a prestar moita atención. Trataremos de distinguir os ruídos de orixe natural, por exemplo, o murmurio das ondas, o piar das aves mariñas, etc, dos ruídos producidos pola actividade humana. Cumprimentaremos a seguinte ficha de traballo: Apenas se escoitan e pasan desapercibidos. Molestan
se
lles
prestamos atención Molestan sen prestarlles atención A súa orixe e natural
A súa orixe non é natural
Actividade 6 A veces o propio mar deposita nas praias e nas rochas restos traídos pola ondada e as correntes. Moitos destes desfeitos son lixo producido pola actividade humana. Imos estudar o lixo que atopemos na praia, recollerémolo, clasificarémolo e reciclaremos o material que podiamos, por exemplo, botes de lata ou envases de plástico que utilizaremos no taller de xoguetes reciclados. Amigos caramuxos para clasificar o material tendes que utilizar a ficha da páxina seguinte.
TIPO DE LIXO Envases de bebida
Latas, vidro, plástico,
Cantidade:
tetrabricks, etc Envases
doutros Aceite motor, champú, Cantidade:
produtos
lexívia, etc
Restos de artes de Redes, cordas, caixas, Cantidade: pesca Restos tamaño
nasas, tanza, etc de
gran Neumáticos, colchóns,
Cantidade:
metálicos, embarcacións etc
Calquera outro tipo Bolsas de plástico, de Cantidade: de lixo
papel, etc
Ben caramuxiños, con esta actividade rematamos o traballo de campo, agora recolleremos todo o material e acabaremos o estudio na nosa aula. Supoño que aprendestes moito e que o pasastes moi ben. Síntome moi ledo por poder acompañarvos nesta aventura maríña. De seguro que xa coñecedes a miña verdadeira identidade pois sodes uns cativos moi listos.
Nas seguintes páxinas tendes as claves de animais e algas que podedes encontrar na praia, nas rochas e nas pozas de marea. Preguntade todas as dúbidas as vosas profesoras que vos darán a información que necesitedes.