O sistema inmunitario

Page 1

O SISTEMA INMUNITARIO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA PROFESORA: PATRICIA ALUMNAS: CARMEN BELOSO E MERCEDES BERMÚDEZ


ÍNDICE INTRODUCCIÓN: QUE É? QUE SON AS FRONTES INMUNOLÓXICAS DE DEFENSA? COMPOÑENTES DO SISTEMA INMUNITARIO COMO FUNCIONAN O SISTEMA INNATO E O SISTEMA ADAPTATIVO DESORDES NO SISTEMA INMUNITARIO BENEFICIOS DO DEPORTE NO SISTEMA INMUNITARIO


INTRODUCCIÓN: QUE É? O sistema inmunitario é o conxunto de mecanismos que no interior dun organismo teñen a finalidade de protexelo das doenzas, identificando e eliminando os axentes patóxenos. Debe detectar unha gran variedade de axentes, desde virus ata vermes parasitos, e precisa distinguilos das súas propias células e tecidos para ser eficaz, ademais os patóxenos adáptanse e evolucionan para infectaren con éxito o organismo hóspede. Mesmo os organismos unicelulares simples, como poden ser as bacterias, posúen un sistema de enzimas para protexerse das infeccións virais


QUE SON AS FRONTES INMUNOLÓXICAS DE DEFENSA? O sistema inmunitario protexe os organismos de infeccións con frontes de defensa sucesivas, cun nivel de espeficidade que se vai incrementanto desde as máis simples, barreiras físicas que impiden aos axentes patóxenos como bacterias e virus entrar no organismo. De se conseguir romper esa barreira, o sistema inmunitario innato dá unha resposta inmediata, pero non dunha forma específica. Así e todo, se o axente patóxeno evade a resposta innata, os vertebrados posúen unha terceira barreira de protección, o sistema inmunitario adaptativo, que se activa como unha resposta innata durante a infección para recoñecer o patóxeno. Tanto a inmunidade innata como a adaptativa dependen da habilidade do sistema inmunitario para distinguir entre as moléculas propias das que non o son. En inmunoloxía, as moléculas propias son aqueles compoñentes dun organismo que o sistema inmunitario distingue das substancias estrañas.Pola contra, as moléculas non propias son aquelas recoñecidas como estrañas.


COMPOÑENTES DO SISTEMA INMUNITARIO Sistema inmunitario innato 1. A resposta non é específica 2. A exposición leva á resposta máxima 3. Inmunidade celular e humoral 4. Sen memoria inmunolóxica 5. Atópase en case todas as formas de vida

Sistema inmunitario adaptativo 1. A resposta é específica contra patóxenos e antíxenos 2. Tempo de espera entre a exposición e a resposta máxima 3. Inmunidade celular e humural 4. A exposición leva á memoria inmunolóxica 5. Atópase só nos vertebrados mandibulados


COMO FUNCIONAN O SISTEMA INNATO E O SISTEMA ADAPTATIVO SISTEMA INNATO

SISTEMA ADAPTATIVO

Os microorganismos que conseguen entrar con éxito nun organismo atópanse coas células e os mecanismos do sistema inmunitario innato. A resposta innata actívase normalmente cando os receptores de recoñecemento de patróns identifica as bacterias, ao recoñecer compoñentes que se conservan entre os principais grupos de microorganismos. As defensas no sistema inmune innato non son específicas, o que significa que eses sistemas responden aos patóxenos dun xeito xenérico. Estes sistema non confire inmunidade a longo prazo contra o patóxeno. O sitema inmune innato é o sistema dominante de protección na maioría dos organismos.

O sistema inmunitario adaptativo desenvolveuse nos vertebrados primitivos e permite unha mellor resposta inmunitaria e tamén a existencia dunha memoria inmunolóxica, lembrando cada patóxeneo pola sinatura do seu antíxeno. A especificidade do antíxeno permite producir respostas que se adaptan a patóxenos específicos ou a células infectadas por patóxenos. A habilidade para establecer esas respostas permanece no organismo por "células de memoria". De un patóxeno infectar un organismo máis de unha vez, esas células específicas de memoria elimínao rapidamente.


SISTEMA INNATO ◦ BARREIRAS QUÍMICAS E HUMORAIS ◦ INFLAMACIÓNS: A inflamación é unha das primeiras respostas do sistema inmunitario á infección.Os síntomas da inflamación son o arroxamento e o inchazo, causados polo aumento do fluxo do sangue no tecido. A inflamación prodúcena os eicosanoides e citocinas, liberados por células feridas ou infectadas. Os eicosanoides inclúen prostaglandinas que producen febre e a dilatación dos vasos sanguíneos asociados coa inflamación, e leucotrienos que atraen certos leucocitos. As citocinas inclúen interleucinas que son responsables da comunicación entre os leucocitos; quimocinas que potencian a quimiotaxis; e interferóns que teñen efectos antivirais, tales como a supresión da síntese proteica na célula hóspede. ◦ SISTEMA DE COMPLEMENTO: O sistema do complemento é unha fervenza bioquímica que ataca a superficie das células estrañas. Contén por riba das vinte proteínas diferentes e a súa denominación procede da súa capacidade para complementar a destrución dos patóxenos realizado polos anticorpo. O sistema de complemento é o maior compoñente humoral da resposta inmunitaria innata. ◦ BARREIRAS CELULARES DO SISTEMA INNATO: ◦ Leucocitos ◦ Fagocitos ◦ Mastocitos


SISTEMA ADAPTATIVO • Linfocitos: As células do sistema inmunitario adaptativo son un tipo especial de leucocitos, chamados linfocitos. As células B e as células T son os principais tipos de linfocitos e derívanse das células nai hematopoéticas da medula ósea. As células B participan na resposta humoral inmunitaria, mentres as células T participan na resposta inmunitaria celular. Tanto as células B como as células T conteñen moléculas receptoras que recoñecen albos específicos. As células T recoñecen un obxectivo externo, como un patóxeno, só despois que os antíxenos (pequenos anacos do patóxeno) foran procesados e presentados en combinación cun receptor propio, unha molécula do chamado complexo maior de histocompatibilidade (CMH). • Células T asasinas: As células T asasinas son un subgrupo de células T que destrúen células infectadas por virus (e outros patóxenos), as danadas ou as que non funcionan correctamente Ao igual que sucede coas células B, cada tipo de célula T recoñece un antíxeno diferente.As células T actívanse cando o seu receptor de células T (TCR) se liga ao seu antíxeno específico, acoplado ao receptor MHC de clase I doutra célula.Axuda ao recoñecemento deste acoplamento MHC:antíxeno a existencia dun correceptor, denominado CD8 • Células T auxiliares: As células T auxiliares regulan tanto as respostas inmunitarias innatas como as adaptativas e axuda a determinar os tipos de respostas do organismo fronte a cada patóxeno concreto. Esas células non teñen actividade citotóxica e non matan células infectadas nin limpan patóxenos directamente pero dirixen a resposta inmune controlando outras células para realizaren esas accións. As células T auxiliares expresan receptores de células T que reocoñecen antíxenos ligados a moléculas MHC de clase II. O correceptor CD4 das células auxiliares tamén recoñecen o complexo MHC:antíxeno e mobiliza moléculas dentro da célula T que son responsables da activación das células T.


ENFERMIDADES DO SISTEMA INMUNITARIO INMUNODEFICIENCIAS: As inmunodeficiencias acontecen cando un ou máis dos compoñentes do sistema inmunitario permanecen inactivos. A capacidade do sisterma inmunitario para responder aos patóxenos é menor tanto nos individuos máis novos como nos máis vellos, as repostas inmunitarias comezan a declinar arredor dos 50 anos debido á inmunosenescencia AUTOINMUNIDADE:As respostas inmunitarias hiperactivas comprenden o outro cabo da disfunción inmunitaria, especialmente os desordes autoinmunes. Aquí, o sistema inmunitario falla e non distingue correctamente o propio do alleo, e ataca parte do seu organismo

HIPERSENSIBILIDADES:A hipersensibilidade é unha resposta inmunitaria que dana os propios tecidos do corpo. Divídense en catro clases (Tipo I - IV) segundo os mecanismos envolvidos e a duración da reacción hipersensible.


UNFLUENCIA DO DEPORTE NO SISTEMA INMUNITARIO Podemos dicir que o exercicio moderado mellora o funcionamento do sistema inmunitario. Por outra parte un gran volumen ou intesidade do mesmo pode afectar negativamente polas altas esixencias as que sometemos o corpo. Cando se realiza un entrenamento de alta intensidade pódese experimentar un BAIXÓN INMUNOLÓXICO polo grande estrés ao que se somete o corpo.


FIN


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.