Ud 9 o relevo

Page 1

O RELEVO UNIDADE DIDÁCTICA 9


1. MODELADO DO RELEVO «Modelar» é dar forma á superficie terrestre. Este modelado lévase a cabo pola acción de distintos procesos xeolóxicos . Estes poden ser: meteorización, erosión, transporte e sedimentación. 1.1 METEORIZACIÓN É a alteración que experimentan as rochas da superficie terrestre como consecuencia do contacto directo coa atmosfera terrestre. A meteorización altera e disgrega as rochas superficiais e ocorre in situ, ou "sen movemento", polo tanto, non debe ser confundida coa erosión, que implica o movemento de rochas e minerais por axentes como a auga, o xeo, o vento e a gravidade. Hai dous tipos principais de meteorización: a meteorización física e a química. Na mecánica ou física a meteorización implica a disgregación das rochas e solos a través do contacto directo coas condicións atmosféricas, tales como a calor, auga, xeo, e presión. Non se modifica a composición química ou mineralóxica. Pode ocorrer como consecuencia das xeadas. A auga de chuvia introdúcese nas fisuras e ocos das rochas. Se a auga se conxela, aumentará o seu volume e actuará a modo de cuña ensanchando as fisuras e fragmentando a rocha. Algo parecido fan as raíces das plantas, que penetran nas fendas das rochas e as ensanchan a medida que van crecendo.


A meteorización química é a alteración da composición química ou mineralóxica da rocha producida pola auga ou polos gases da atmosfera. Os minerais que compoñen a rocha poden oxidarse como resultado da presenza do aire e da auga, e este cambio fai que perdan consitencia e se esboroen con maior facilidade. Ás veces a meteorización ten lugar ao disolverse na auga certos minerais que compoñen a rocha ou, incluso, a rocha no seu conxunto. É o caso das rochas salinas ou das calcáreas. 1.2 EROSIÓN E TRANSPORTE A erosión é o proceso polo cal se retiran materiais de calquera zona da superficie terrestre. Os axentes xeolóxicos que a realizan son a auga, o vento ou os glaciares. Tamén poden facela os seres vivos, e moi concretamente a especie humana. A meteorización facilita a erosión, xa que altera a superficie das rochas e as fragmenta, reducindo a súa cohesión. O traslado dos materiais erosionados a outras zonas recibe o nome de transporte. O principal axente de transporte son as augas superficiais. Toda erosión implica un transporte.


1.3 SEDIMENTACIÓN Cando o transporte do material erosionado finaliza, comeza a sedimentación, que é o depósito dos materiais nun lugar. A sedimentación é máis importante nas zonas baixas, mentres que a erosión é máis importante nas altas. 2. FACTORES QUE DETERMINAN AS FORMAS DO RELEVO Na superficie terrestre existe unha gran diversidade de relevos, e as causas da súa formación son tamén moi variadas. Os principais factores que determinan a modelaxe do relevo son:


2.1 O TIPO DE ROCHA A rocha é o material no que se modela o relevo terrestre. En función do tipo de rocha, un mesmo axente xeolóxico proporcionará relevos diferentes. Así, se as augas superficiais circulan por arxilas, que son rochas moi pouco cohesionadas, erosionarán máis fácilmente, mentres que se discurren por rochas moi solubles en auga, como os xesos, orixinarán relevos característicos. 2.2 O CLIMA Inflúe en cal dos axentes xeolóxicos ( augas superficiais, vento ou glaciares) é o que predomina nunha zona. 2.3 ESTRUTURA DOS MATERIAIS Ás veces, as rochas foron dobradas ou fracturadas, e iso proporciónalle unha forma inicial que condiciona a modelaxe que terán. Tamén inflúe se as rochas están dispostas en capas horizontais, ou si estas capas están inclinadas ou veticais. 2.4 A ANTIGÜEDADE DO RELEVO Aínda que moi lentamente, o relevo dunha zona está cambiando contínuamente. En xeral, os relevos novos adoitan ser máis abruptos ca os antiguos.


Canón do Sil

As augas do río forón escavando o canón


Dunas de Corrubedo O vento transportou e depositou as areas destas dunas.


Teide (Tenerife) A erupciรณn expulsou materiais volcรกnicos.


3. RELEVOS CALCÁREOS A rocha calcárea é moi abundante, e ofrece uns relevos característicos. Está constituída por carbonato cálcico. É unha rocha coherente, pouco permeable e bastante resistente á meteorización física. Pola contra, disólvese en auga cando esta leva bastante cantidade de ácido carbónico. Éste orixínase ao reaccionar a auga co dióxido de carbono: CO2 + H2O ↔ H2CO3 Como é unha reacción moi frecuente, a auga na natureza adoita ter certa cantidade de ácido carbónico, incluso a auga de chuvia, xa que incorporou CO2 do aire. Na súa circulación polo solo, as augas recollen máis dióxido de carbono procedente da respiración dos organismos que viven nel. Os relevos orixinados pola disolución das calcarias ou rochas similares denomínanse relevos cársticos. As formas cársticas de superficie son:


A auga de chuvia forma na calcárea pequenos sucos coñecidos como LENAR ou LAPIAZ .


DOLINAS En certos lugares nos que se acumula auga de chuvia, a disoluciรณn da calcรกrea orixina depresiรณns de contorno circular e forma de embude.


ร VALA Uniรณn de varias dolinas


CANÓNS (Cañón do Sil) A circulación de ríos ou torrentes por zonas calcáreas forma uns vales de paredes case verticais.


GRAN CAÑÓN DEL COLORADO


FOCES DO CABRIEL (CUENCA) As revoltas dos cañóns coñécense como FOCES


FORMAS CÁRSTICAS SUBTERRÁNEAS As augas superficiais teñen dificultade para infiltrarse na calcárea, pois é unha rocha pouco permeable. Penetran nela a través de fendas e de planos de estratificación, que son superficies que separan uns estratos doutros. A medida que circula por fendas e planos, a auga vai disolvendo a calcárea e orixina uns condutos verticales, as simas, e outros horizontais, as galerías. Polo ancheamento das galerías fórmanse as covas.


SIMA


SIMA


GALERÍA


CUEVAS DE CANELOBRE (ALICANTE)



COVAS DE ALTAMIRA


Nos relevos cársticos non só se disolve a calcária, senon que tamén ocorre a reacción inversa. Así, se a auga que circula polo macizo cárstico perde CO2, precipítase parte do carbonato cálcico que leva disolto. Nas bóvedas das covas e das galerías adoita haber goteiras xeradas pola auga que procede de niveis superiores. Ao poñerse en contacto co ambiente da cova, a auga perde algo de dióxido de carbono e cada gota deixa unha pequenísima cantidade de carbonato cálcico. Fórmase de este modo unha estalactita. Ao caer ao chan da cova as gotas depositan alí outra parte do carbonato de calcio que leva disolvido, formando unha estalagmita. O crecemento da estalactita cara o chan e da estalagmita cara a bóveda pode facer que terminen uníndose formando unha columna.



4. RELEVOS GRANÍTICOS O granito é unha das rochas máis frecuentes nos continentes. Está constituido por cuarzo, feldespatos e mica. Ten 2 características que determinan a súa modelaxe e fan recoñecibles os seus relevos: - É vulnerable á meteorización química, pois as micas e os feldespatos descompóñense baixo a acción da auga e do aire. - Presenta numerosas fendas ou diaclases distribuídas en planos verticais e horizontais que dividen o granito en bloques. Un relevo granítico pouco alterado amosa unha división en bloques cúbicos. Pouco a pouco vaise meteorizando: 1º) Fórmase unha area grosa que queda entre os bloques. 2º) Os bloques de granito arredondéanse e reducen o volume. 3º) A retirada da area das zonas altas deixa os bolos dispostos uns sobre outros dun modp caótico. 4º) A area que as augas retiran das zonas altas deposítase nas máis baixas, orixinando un solo cos cristais de cuarzo sen modificar e os residuos alterados dos feldespatos e das micas. O relevo formado polo bolos graníticos dispostos caóticamente denomínase penedía. En fases moi avanzadas do proceso de alteración do proceso de alteración, queda un relevo moi suave, denominado tor, no que só ahí algúns bolos dispersos. Ás veces, as diaclases verticais que dividen o granito están moi separadas e no seu lugar hai outras de forma curva. Fórmanse así estruturas illadas chamadas domos.


PENEDÍA


TOR


DOMOS


5. OUTROS RELEVOS LITOLÓXICOS Xunto a calcária e o granito, a arxila é outra rocha abundante na superficie de España. As arxilas son rochas sedimentarias de gran moi fino, moi pouco coherentes e impermeables, o que as fai moi erosionables polas augas superficiais. Adoitan acumularse nas partes máis baixas, onde son levadas polos procesos de erosión, transporte e sedimentación. Moitas das depresións arredor dos ríos, como a depresión do Guadalquivir, están cubertas por arxilas, formando amplas chairas. Se ocupan lugares relativamente elevados, as augas erosiónanas moito, e formas relevos moi accidentados chamados badlands, con moitos barrancos e cárcavas.


DEPRESIÓN DO GUADALQUIVIR


Badland (Murcia)


CÁRCAVAS (MADRID)


Pero o habitual non é que os relevos estean formados por un só tipo de rocha, senón que presentan materiais diversos. Nestas condicións, a litoloxía non presenta características identificables. Pero hai casos nos que se alternan materiais moi erosionables con outros máis resistentes a erosión. Así, as capas máis resistentes protexen da erosión ás máis brandas e fórmanse paisaxes característicos como as mesas e cerros testemuña, se as capas están horizontais, ou relevos en costa, se se atopan inclinadas.


MESA


CERRO TESTEMUÑA



6. AXENTES XEOLÓXICOS As augas superficiais, o vento, o mar e os glaciares actúan modelando a superficie terrestre. Por iso se consideran axentes xeolóxicos. A gravidade e a enerxía do Sol son as responsables do movemento destes axentes xeolóxicos. As augas superficiais, os glaciares, o vento e o mar son axentes xeolóxicos externos, pois a enerxía que os move vén do exterior: a enerxía solar. Os procesos xeolóxicos externos son a meteorización, erosión, transporte e sedimentación, realizados por estes axentes. Chamamos procesos xeolóxicos internos a aqueles que son impulsados pola enerxía térmica do interior terrestre, es on o vulcanismo, sismicidade e a dinámica de placas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.