Unidade 5. COORDINACIÓN

Page 1

A COORDINACIÓN DO NOSO CORPO UNIDADE DIDÁCTICA 5


1. RELACIÓN E COORDINACIÓN A relación e a coordinación inclúen: - Obter información sobre o que nos rodea - Tomar decisións - Actuar, responder a esa información - Controlar o noso medio interno Para isto, posuímos dous sistemas interconectados: - Sistema hormonal ou endócrino: glándulas de secreción interna que liberan mensaxeiros chamados hormonas ao sangue. - Sistema nervioso: células especializadas que forman unha gran rede de nervios por todo o corpo e se agrupan formando órganos como o encéfalo e a medula espiñal. Encárgase de recibir sinais do noso entorno, de interpretalas e de elaborar respostas que serán executadas polo sistema locomotor ou por outras glándulas do noso corpo. O control nervioso e hormonal do noso medio interno asegura o mantemento das súas características principais: temperatura corporal, cantidade de auga,... Este equilibrio chámase homeostase.


Diferenzas entre ambos sistemas: SISTEMA HORMONAL As glándulas verten hormonas ao sangue para transmitir a información, que as leva por todo o corpo, pero só actúan sobre os órganos diana. Permanecen no sangue durante algún tempo. A velocidade de transmisión da información é lenta. O espazo percorrido polas hormonas é grande, todo o corpo disolvidas no sangue. O efecto é lento pero duradeiro. O efector é unha célula diana ( a que responde á hormona).

SISTEMA NERVIOSO As neuronas transmiten a información mediante impulso eléctrico, que vai pasando dunhas neuronas a outras ata que chega ao órgano efector, onde se transmite a información mediante neurotransmisores. A velocidade de transmisión dos impulsos eléctricos é rápida. O espazo percorrido polos neurotransmisores é moi pequeno (espazo sináptico). O efecto é inmediato, pero pouco duradeiro. O efector son células musculares ou glándulas.


2. SISTEMA ENDÓCRINO OU HORMONAL Composto por unha serie de glándulas endócrinas, repartidas por todo o organismo, especializadas en producir unhas substancias químicas chamadas hormonas. Algunhas glándulas endócrinas actúan exclusivamente estimulando a outras glándulas endócrinas. É o caso do Hipotálamo e a Hipófise. Outras glándulas endócrinas producen hormonas que actúan sobre outros órganos ou tecidos do corpo humano, por exemplo o Páncreas e as Gónadas (Ovarios e Testículos). Na seguinte imaxe podemos observar as glándulas endócrinas e a súa localización no noso corpo.



HIPOTÁLAMO- HIPÓFISE Pódese considerar como unha unidade funcional que se atopa situado dentro do cráneo, na base do encéfalo. O Hipotálamo ten unha función nerviosa (relacionase co sono e con sensacións como a sede e a fame) e outra endócrina (coordina toda a función hormonal). Elabora hormonas que están relacionadas coa función da Hipófise. Os compostos liberados polo hipotálamo activan ou inhiben a produción das hormonas da hipófise. Esta é unha pequena glándula endócrina que colga do hipotálamo. Segrega hormonas como a TSH, que actúa estimulando a tiroide, ou a prolactina que estimula a secreción de leite polas mamas, ou a hormona do crecemento.


TIROIDE E PARATIROIDE Atópanse na parte anterior do pescozo, rodeando á tráquea e a larinxe. A Tiroide é unha glándula regulada pola hipófise e mantén unha acción sobre o crecemento dos ósos. A Paratiroide atópase adherida á Tiroide e actúa sobre o metabolismo do Calcio e do Fósforo. A secreción da hormona da paratiroide regúlase polos niveis de calcio en sangue. A tiroide segrega tiroxina, que controla o metabolismo celular, e calcitonina, que mantén os niveis de Ca no sangue. A paratiroide produce unha hormona que actúa sobre os riles e os ósos,.


GLÁNDULAS SUPRARRENALES Situadas enriba dos riles producen hormonas como a adrenalina ou noradrenalina, que preparan ao corpo en situacións de estrés ou de relax, respectivamente.


PÁNCREAS Glándula mixta, que tamén forma parte do aparato dixestivo. Produce dúas hormonas chamadas insulina e glicagón, que controlan os niveis de glicosa en sangue. O glicagón libera glicosa ao sangue para distribuíla por todo o corpo, mentres que a insulina facilita a absorción da glicosa do sangue polos tecidos. Cando o páncreas non produce suficiente insulina, a glicosa acumúlase no sangue e prodúcese a diabete.


GÓNADAS Son os ovarios e os testículos, que producen hormonas que estimulan a diferenciación sexual e os caracteres sexuais secundarios. Os ovarios producen estróxenos e proxesterona, e os testículos producen testosterona.


2.1 EQUILIBRIO HORMONAL As hormonas son compostos químicos que exercen a súa acción en pequenas cantidades. Existe un equilibrio entre a secreción da hormona e a súa eliminación. As variacións das cantidades de hormonas presentes no sangue poden producir alteracións e como consecuencia enfermidades. A eliminación das hormonas prodúcese pola urina ou mediante a súa destrución no fígado. O mecanismo de Producción-Acción-Inhibición resúmese no siguiente esquema:



Ante un estímulo, xeralmente nervioso ou químico, iníciase a produción dunha hormona en pequenas cantidades. A hormona viaxa polo sangue hasta o órgano diana e alí exerce a súa acción. Os niveis da hormona en sangue son os que interrumpen a súa produción. Este mecanismo que mantén o equilibrio hormonal, denomínase retroalimentación negativa.


Tanto o exceso como o déficit de determinadas hormonas poden provocar enfermidades. Algunhas delas son: - Diabete: prodúcese cando o páncreas non produce suficiente insulina. Como consecuencia aumenta a concentración de glicosa en sangue. - Enanismo: escasa producción da hormona do crecemento. - Osteoporose: pode ocorrer pola falta de estróxenos. - Hipertiroidismo: prodúcese demasiada hormona tiroidea e aumenta moito o metabolismo celular, que se traduce nunha perda de peso, sudoración excesiva, insomnio e nerviosismo. - Hipotiroidismo: diminue a función da tiroide e o metabolismo se volve lento, somnolencia, cansancio, ganacia de peso e caída de pelo.


3. O SISTEMA NERVIOSO Os compoñentes básicos do SN son as neuronas, unidades funcionais e estructurais. Adoptan un aspecto particular, relacionado coa súa especialización na condución do impulso nervioso: - Corpo neuronal ou soma: contén o núcleo e a maior parte do citoplasma e dos orgánulos. - Dendritas: son prolongacións cortas do soma moi ramificadas que contactan con outras neuronas e reciben os impulsos nerviosos. Forman a substancia gris no encéfalo e na medula. - Axón: é unha longa prolongación do soma que contacta con dendritas doutras neuronas, con músculos ou glándulas, e que se agrupan en feixes de fibras denominados nervios. Conduce o impulso nervioso ata a neurona seguinte ou ata o órgano efector. Forman a substancia branca no encéfalo e na medula. O axón de moitas neurona está recuberto por unha substancia chamada mielina que acelera a velocidade do impulso nervioso.



Distinguimos 3 tipos de neuronas, en función do sentido no que leven o impulso: a) Aferentes ou sensitivas: conducen os impulsos cara os centros nerviosos. b) Eferentes ou motoras: conducen os impulsos cara os órganos efectores (músculos ou glándulas). c) Interneuronas: conectan neuronas sensitivas e motoras.


3.1 Impulso nervioso e sinapse A información nerviosa transmítese pola neurona en forma de impulsos eléctricos. Para iso, a neurona emprega dous ións, o sodio (Na+) e o potasio (K+). Abre ou pecha canais existentes na súa membrana para que estes ións poidan entrar ou saír, cambiando así a diferenza de carga que hai no interior e o exterior. Cando a membrana neuronal está en reposo, o exterior é positivo e o interior é negativo. Cando chega o impulso nervioso, prodúcese a entrada e saída de ións Na e K respectivamente, provocando a variación de cargas que dura 1,5 milisegundos. Tras este tempo, a membrana volve a normalidade nese punto, e no seguinte prodúcese outra variación de cargas, transmitíndose así o impulso nervioso ao longo do axón.



Entre unha neurona e outra, ou entre unha neurona e un órgano efector, o impulso transmítese mediante mensaxeiros químicos chamados neurotransmisores. Están contidos en pequenas vesículas que a neurona fabrica e almacena no extremo do seu axón. Cando o impulso nervioso chega a esa zona, as vesículas fusiónanse coa membrana do extremo do axón e verten os neurotransmisores ao pequeño espazo que separa a neurona da outra célula, chamado espazo sináptico. Cando os neurotransmisores contactan coa membrana da outra célula xeran un novo impulso nervioso que viaxará ao longo do axón si é unha neurona, ou provocará a contracción do músculo ou a secrección dunha hormona si é un órgano efector. O paso do impulso nervioso entre unha neurona e outra célula denomínase sinapse.



3.2 Organización do Sistema Nervioso O sistema nervioso clasifícase atendendo a dous criterios: - Desde o punto de vista anatómico, en: • Sistema Nervioso Central (SNC): encéfalo (cerebro, cerebelo e bulbo raquídeo) e medula espiñal. • Sistema Nervioso Periférico (SNP): formado por nervios craniais e nervios espiñais. Conecta o SNC cos órganos dos sentidos, os músculos e as glándulas. - Desde o punto de vista funcional, en : • Sistema Nervioso Somático (SNS): controla accións conscientes e voluntarias que permiten desenvolver funcións específicas que controlamos e planificamos: camiñar, estudar, comer… • Sistema Nervioso Autónomo (SNA): a súa acción é involuntaria e inconsciente. Recibe información dos receptores dos órganos internos e é responsable de funcións como o control da temperatura corporal, o latexo do corazón, a sudoración… Se divide en dos sistemas de función antagónica: - Simpático: activa a maioría dos órganos do corpo para que traballen intensamente. Prepara ao organismo para situacións de emerxencia. - Parasimpático: relaxa a actividade da maioría dos órganos do corpo. Prepara ao organismo para situacións de descanso ou relax.


3.3 SISTEMA NERVIOSO CENTRAL Composto polo encéfalo e a medula espiñal, ambos protexidos polas seguintes estruturas: - Cubertas óseas: cranio, no caso do encéfalo, e columna vertebral, no caso da medula. - Meninxes: son 3 membranas, de fóra adentro, son: duramáter, aracnoide e piamáter. - Líquido cefalorraquídeo: localizado no interior destes órganos e entre as meninxes, serve de protección contra os golpes. Tanto encéfalo como medula presentan unha estrutura interna ben diferenciada, composta por: - Substancia gris: formada polos somas e as dendritas das neuronas. Son os centros de control, deciden o rumbo dos impulsos nerviosos. - Substancia branca: formada polos axóns, son a conexión entre os centros de control.


3.3.1 Encéfalo Localizado dentro do cranio, nel atópanse os centros de coordinación e integración: cerebro, tronco encefálico (tálamo, hipotálamo e hipófise), cerebelo e bulbo raquídeo. Ten as seguintes funcións: - Interpretar a información que recuben os órganos dos sentidos e xerar ordes motoras. - Linguaxe - Lóxica, creatividade, lateralidade no cerebro: as actividades lóxicas e analíticas activan o hemisferio esquerdo, mentres que as máis creativas e imaxinativas activan o dereito. - Emocións - Aprendizaxe, razoamento, memoria. - Consciencia


3.3.2 Medula espiñal Nela, a organización do tecido nervioso é ao contrario ca no encéfalo: a substancia gris sitúase cara o interior e a substancia branca cara o exterior. No centro da medula hai un tubo rodeado de substancia gris, reenchido de líquido cefalorraquídeo, denominado epéndima. Desde a medula, parten nervios cara o resto do corpo. A súa función e a transmisión de información entre o encéfalo e as partes inferiores do corpo (sensacións que ascenden e ordes que descenden). Tamén se encarga das respostas automáticas rápidas, os actos reflexos.




3.4 SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO Constituido por pares de nervios que saen e volven ao SNC. Cando parten do encéfalo denomínanse craniais, e cando o fan desde a medula denomínanse nervios espiñais. No camiño dalgúns nervios hai engrosamentos de nominados ganglios nerviosos, formados por somas de neuronas onde se establecen as sinapses e se pode controlar o percorrido do impulso. Os nervios craniais son 12 pares, e enlazan con diferentes zonas do encéfalo e se dirixen a distintas partes da cabeza, recibindo sensacións ou enviando ordes. Os nervios espiñais son 31 pares e saen de distintas partes da medula (cervicais, dorsais, lumbares e sacros).




ACTOS REFLEXOS


O acto reflexo é unha acción realizada polo arco reflexo, estrutura formada por un receptor, unha neurona sensitiva, unha interneurona, unha neurona motora e un efector. Trátase dunha rápida coordinación das seguintes accións: excitación, mediante un estímulo, que provoca a condución dunha mensaxe á medula, a cal coordina a resposta, levándose a cabo a reacción. É unha resposta involuntaria a un estímulo determinado.


Contesta no teu caderno: 1. 2. 3.

Para que serve a función de relación? Que sistemas interveñen? ¿Por que a coordinación hormonal é máis lenta e duradeira ca coordinación nerviosa? Nomea as seguintes partes numeradas. De que célula se trata?


4. Define e distingue os seguintes conceptos: a) Acto reflexo b) Arco reflexo 5. Representa nun esquema, cómo se organiza o sistema nervioso. 6. ¿Qué son os nervios? ¿Cantos tipos coñeces? 7. ¿Qué é a substancia gris? ¿E a sustancia blanca? Sinala como se atopan nas diferentes partes do sistema nervioso. 8. ¿Qué funcións desempeña o SNA? ¿Qué estruturas o compoñen e onde se localizan? ¿En que se diferencian o SNA simpático e o parasimpático? 9. Fai un cadro onde sinales as principais glándulas endócrinas, as hormonas xeradas por elas e a función que realizan.


10. Que representa esta figura? Explicao.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.