Folla informativa intermedio 2 2013 2014

Page 1

Celso Emilio Ferreiro, s/n 36005 PONTEVEDRA

Tfno.: 986833018 · Fax: 986873970 http://www.eoidepontevedra.org eoi.pontevedra@edu.xunta.es

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO IN NI2 PROFESORA: PAULA GÓMEZ CERNADAS BLOG DO CURSO: http://havefunwithenglishintermediate.blogspot.com.es/

CURSO 2013-2014 pgomez@edu.xunta.es

O curso dividirase en dous cuadrimestres, ó final dos cales o alumnado será avaliado das catro destrezas (comprensión lectora, comprensión oral, expresión escrita e expresión e interacción oral), e será informado do seu rendemento académico en Centrosnet a través da páxina web da EOI. En Intermedio 2 a proba de progreso de febreiro terá unicamente valor orientativo para o alumnado, é dicir, non se terá en conta na nota final. Para obter os certificados de cada nivel será necesaria a superación de probas terminais específicas de certificación. Estas probas serán comúns para todas as modalidades e réximes de ensinanza e realizaranse en convocatoria ordinaria no mes de xuño e en convocatoria extraordinaria no mes de setembro, na data e horario que estableza a Dirección Xeral. Ditas probas teñen carácter unificado e celébranse nun mesmo día e hora para todo o alumnado. En ningún caso, se poderán modificar as datas nin horas. As probas de certificación estructuraranse en catro partes: comprensión lectora, comprensión oral, expresión e interacción escrita e expresión e interacción oral. As probas correspondentes á comprensión de lectura e comprensión oral basearanse en textos auténticos ou adaptados extraídos das diferentes fontes de comunicación oral ou escrita. A proba de expresión oral avaliará tanto o logro da comunicación proposta como a corrección e adecuación fonética e lingüística, e comprenderá monólogo sostido e interacción co profesor ou outros aspirantes. Os criterios de avaliación para cada unha das destrezas están recollidos na programación de departamento consonte o decreto 191 / 2007. A puntuación total da proba de certificación será de 100 puntos. Cada unha das partes da que se compón terá un valor de 25 puntos. Para obter unha cualificación final de apto (non haberá cualificación numérica), haberá que obter necesariamente unha puntuación mínima de 15 puntos en cada unha das partes, o que supón un 60 % da puntuación total. O alumnado examinarase de todas as partes da proba e ningunha delas será considerada eliminatoria para a realización do resto delas. De non presentarse a algunha das partes recibirá a cualificación global de non apto. Os alumnos que non superaran tódalas destrezas na convocatoria ordinaria de xuño, examinaránse exclusivamente das destrezas non superadas na convocatoria de setembro. De non obter a cualificación de Apto en todas as destrezas na convocatoria extraordinaria de setembro, o alumnado oficial deberá repetir curso e ser avaliado de novo de todas as destrezas. Non obstante, de ter alcanzado o dominio requirido nalgunha delas, poderá solicitar unha certificación académica que o acredite. A cualificación das probas de expresión e interacción escrita e da expresión e interacción oral será realizada por tribunais que estarán formados polo menos por dous membros do departamento. LECTORA A Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra conta este ano cunha lectora de inglés que impartirá clases semanais ós alumnos de Intermedio 2 (entre outros niveis). LIMITE DE CONVOCATORIAS O alumnado oficial poderá permanecer en cada un dos niveis o dobre de anos establecidos para cada un deles pola lexislación vixente. O plazo para solicitar ó centro a renuncia de matrícula remata o 30 de abril. Logo de esgotadas as convocatorias o alumnado non poderá cursar as ensinanzas en réxime presencial, pero poderá inscribirse para realizar as probas terminais de certificación. RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS O profesorado facilitará ao alumnado a revisión de todas as probas realizadas e as escolas farán públicos os resultados das probas de certificación para o alumnado de todas as modalidades. O alumno/a que estea en desacordo coa súa cualificación final poderá presentar unha reclamación perante a dirección da escola oficial de idiomas no prazo de dous días hábiles contados a partir da publicación da nota final. A reclamación terá que basearse nun destes aspectos: inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento / incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación ou criterios de cualificación establecidos para estas probas.


BIBLIOTECA A biblioteca da EOI de Pontevedra dispón dos seguintes servizos: EN SALA: Consulta de tódolos fondos (formato impreso e multimedia), Internet, canais internacionais de TV etc. A DOMICILIO: Empréstito da maioría dos fondos durante unha semana, incluíndo VHS e DVDs. Para ter acceso a estes servizos é indispensable ser alumno/a da escola. A biblioteca está formada polas zonas de recepción e información, de multiteca ou zona de consulta de documentos audiovisuais e Internet, a sala de estudo e a zona de materiais bibliográficos por idiomas. Hai documentos que son de libre acceso (dicionarios, enciclopedias...) que poden collerse directamente dos andeis. O material das vitrinas estará accesible cando haxa profesorado de garda. O arquivo contén fondos bibliográficos en soporte papel (libros de texto e de lectura, dicionarios, gramáticas, cómics), material audiovisual (DVD, CD-Rom), material audio (casetes, CD), periódicos e revistas en todas as linguas impartidas. Así mesmo, hai material de Inglés a distancia (That’s English!) e un fondo de películas en V.O.S. en todos os idiomas impartidos na escola. A consulta do catálogo da biblioteca pódese realizar desde calquera ordenador no seguinte enderezo: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ O servizo de empréstito da biblioteca ofrécese de xeito gratuíto para todo o alumnado matriculado na EOI de Pontevedra, calquera que sexa a modalidade de ensino. Pódesen consultar horarios e normas de uso nos taboleiros da biblioteca e na páxina web da escola: http://centros.edu.xunta.es/eoidepontevedra/ MATERIAL OBRIGATORIO STRAIGHTFORWARD INTERMEDIATE B1+ Second Edition - Student’s book, Macmillan. STRAIGHTFORWARD INTERMEDIATE B1+ Second Edition - Workbook, Macmillan. MATERIAL RECOMENDADO: Dispoñible (ou pronto estará) na Biblioteca ENGLISH VOCABULARY IN USE (INTERMEDIATE). Stuart Redman –Cambridge University Press ENGLISH GRAMMAR IN USE (INTERMEDIATE) Raymond Murphy- Cambridge University Press DEVELOPING GRAMMAR IN CONTEXT. Mark Nettle- Cambridge University Press OXFORD PRACTICE GRAMMAR-John Eastwood- Oxford University Press DESTINATION- B1 (Grammar and Vocabulary) Malcolm Mann- MACMILLAN WEBS INTERESANTES http://www.englishclub.com http://www.bbc.co.uk/worldservice http://www.voanews.com/specialenglish http://www.englishclub.com/esl-resources/phrasal-verbs-in-context.htm http://www.ducourses.com http://www.macmillanenglish.com/straightforward http://www.elllo.org/Inglés por rexión. Diferentes falantes e diferentes temas. Exercicios e transcripcións que se poden facer ou ler en liña ou ben descargar. http://www.cdlponline.org/index.cfm?fuseaction=homepage - Actividades para estudantes adultos: as actividades están clasificadas por temas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.