Presentación intermedio 2 13 14

Page 1

_That´s English!

Celso Emilio Ferreiro, s/n 36005 PONTEVEDRA

Tfno: 986833018 · Fax: 986873970 http://www.eoidepontevedra.org eoi.pontevedra@edu.xunta.es

INFORMACIÓN ALUMNOS THAT´S ENGLISH 1.

NIVEL INTERMEDIO 2

CURSO 2012 / 2013

ESTRUCTURA

That´s English! é un curso de educación a distancia para aprender inglés ao teu ritmo. Con el poderás estudar dende a túa casa co material didáctico que se che proporcionará ao formalizar a túa matrícula. Ademais, terás práctica oral optativa na Escola Oficial de Idiomas en tutorías semanais dunha hora e media de duración, podendo desfrutar de tódalas ventaxas que supón ser alumno oficial da EOI de Pontevedra (poderás utilizar a biblioteca, participar nas actividades extra-escolares que se celebren ao longo do ano, etc..). No presente plan de estudos correspondente ao ano 2008 e en período de desaparición, o programa de intermedio 2 consta de 2 módulos independentes, 8 e 9. Cada módulo consta de 8 unidades didácticas que se impartirán semanalmente e que corresponden a tres sesións de TV/DVD. Polo tanto, os programas de TV emítense tres veces á semana durante o módulo e o alumno debería visualizar os DVDs con esa mesma frecuencia para non perder o ritmo da súa aprendizaxe. As titorías semanais estarán enfocadas a desenvolver a expresión oral da unidade didáctica correspondente. Ao finalizar o módulo 9 e logo de superadas as correspondentes probas terminais específicas de certificación o alumno ha recibir o certificado de nivel intermedio en inglés. Ditas probas terminais serán unificadas para tódolos alumnos do mesmo nivel e ámbito educativo, independentemente do réxime (oficial ou libre) ou modalidade (presencial ou a distancia) cursados, e serán tamén avaliadas segundo os criterios que establece a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 2.

MATERIAL DIDÁCTICO

O material didáctico do que dispón cada alumno por módulo é: a. b. c. d. e. f.

Libro de texto coas correspondentes orientacións para o estudo, unidades didácticas e de consolidación e os apéndices (solucións ás actividades, autoavaliación, referencia gramatical). Un ou dous CDs de audio, segundo o módulo, e que se corresponderá co libro de texto. Caderno de actividades por curso para repaso, xunto co Portfolio That´s English!, que permite integrar os coñecementos do alumno e súas experiencias de aprendizaxe do inglés. CD Rom multimedia interactivos. Dous DVDs por módulo cos programas de TV xunto cun programa informativo de inicio de módulo e outro de repaso ao finalizar o mesmo. Guía explicativa de todo o programa ca que o alumno terá que estar familiarizado e onde se atopa unha amplia lista de material de apoio.

Ademais, nas páxinas webs www.thatsenglish.com ou http://www.edu.xunta.es/centros/eoipontevedra/thats_english o alumno poderá atopar todo tipo de información referida ao curso, non só de carácter administrativa senón tamén académica. Por outra banda, para facer calquera consulta, os alumnos poden utilizar o teléfono 902 030 237 e obter información no propio centro, mediante o enderezo de correo do titor correspondente ou no enderezo eoi.pontevedra@thatsenglish.com, así coma no teléfono 986 834 994 de luns a xoves en horario de mañá. 3.

O ALUMNADO

Os alumnos do programa That´s English! han de ser conscientes dende o 1º dia do esforzo que supón unha aprendizaxe destas características. Dende o mesmo día da presentación titorial, o alumnado deberá levar ao día tódolos coñecementos e de seguir os seguintes pasos de estudio: a. b. c. 4.

Antes de cada programa o alumno deberá familiarizarse cos obxectivos, contidos, gramática e vocabulario de cada sesión. Durante o programa o alumno ha seguir o libro. Tras o programa o alumno ha traballar co libro e o CD de audio facendo as tarefas correspondentes. Os alumnos prepararán tamén aquelas actividades abertas que logo entregarán ou desenvolverán nas titorías.

ATENCIÓN TITORIAL

A acción titorial do profesorado levarase a efecto, fundamentalmente, en sesións presenciais semanais dunha hora e media de duración e de forma telemática a través do correo electrónico do titor correspondente.


Dado que o primeiro programa de TV específico para cada módulo emitirase a partir do luns 14 de outubro, é lóxico que as titorías propiamente ditas comecen a semana seguinte (do 21 ao 25 de outubro), de xeito que durante esa primeira semana os alumnos traballarán coa primeira unidade didáctica de cada módulo e na segunda semana traballaremos sempre a unidade didáctica que o alumno viu a semana anterior. Así, o alumno terá tempo dabondo para consolidar os seus coñecementos e rematar as tarefas de cara á titoría. As titorías enfocaranse do seguinte xeito: a. b. c. d.

5.

10 minutos para resolución de dúbidas. 80 minutos para favorecer o desenvolvemento da destreza comunicativa de expresión oral e a súa integración coas outras destrezas no contexto dunha tarefa de interacción. Nos cursos terminais de nivel será fundamental a preparación cara as probas terminais de certificación. Cómpre que os alumnos acudan ás titorías co material da unidade debidamente preparado. Para tales efectos, basta que o alumno se remita á secuenciación de curso que lle facilitará o seu titor e que tamén estará colgada na páxina web da EOI de Pontevedra, no taboleiro de anuncios da sección de That´s English! (http://www.edu.xunta.es/centros/eoipontevedra/taboleiro_thats_english). Ademais, o envío das actividades correspondentes cada semana poderá ser telemático mediante o correo do titor.

AVALIACIÓN E PROMOCIÓN

A avaliación dos alumnos de That´s English! levarase a cabo mediante probas presenciais ao final do módulo 8 e a proba de certificación correspondente ao módulo 9. Cada proba constará de catro partes: Comprensión escrita, comprensión oral, expresión escrita e expresión oral. O mínimo esixido para superar cada unha das partes da proba correspondente ao módulo 8 é de 5. Ao rematar o módulo 9 os alumnos realizarán a Proba Terminal de Certificación de Nivel Intermedio. O mínimo esixido para superar cada unha das partes da proba de certificación é 15 de 25. Os alumnos terán que consultar os resultados das probas na páxina web do programa tecleando o seu nome de usuario e contrasinal correspondente. O alumno que fora avaliado positivamente nun módulo, non terá que volver a cursalo, sempre que continúe no mesmo nivel e na modalidade de ensino a distancia. Pero é obrigatorio aprobar un módulo para poder presentarse a convocatoria do exame seguinte. De aí que ao longo do curso o titor informará aos alumnos das posibilidades de recuperación de módulos pendentes, que terán lugar en maio e en setembro. 6.

RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS

O profesorado facilitará ao alumnado a revisión de todas as probas realizadas e as escolas farán públicos os resultados das probas de certificación para o alumnado de todas as modalidades. O alumno/a que estea en desacordo coa súa cualificación final poderá presentar unha reclamación perante a dirección da escola oficial de idiomas no prazo de dous días hábiles contados a partir da publicación da nota final. 6.

BIBLIOTECA

7. A biblioteca da EOI de Pontevedra dispón dos seguintes servizos: EN SALA: Consulta de todos os fondos (formato impreso e multimedia), Internet, canais internacionais de TV etc. A DOMICILIO: Empréstito da maioría dos fondos durante unha semana, incluíndo VHS e DVDs. A biblioteca está formada polas zonas de recepción e información, de multiteca ou zona de consulta de documentos audiovisuais e Internet, a sala de estudo e a zona de materiais bibliográficos por idiomas. Hai documentos que son de libre acceso (dicionarios, enciclopedias...) que poden collerse directamente dos andeis. O material das vitrinas estará accesible cando haxa profesorado de garda. O arquivo contén fondos bibliográficos en soporte papel (libros de texto e de lectura, dicionarios, gramáticas, cómics), material audiovisual (DVD, CD-Rom), material audio (casetes, CD), periódicos e revistas en todas as linguas impartidas. Así mesmo, hai material de Inglés a distancia (That’s English!) e un fondo de películas en V.O.S. en todos os idiomas impartidos na escola. A consulta do catálogo da biblioteca pódese realizar desde calquera ordenador no seguinte enderezo: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ O servizo de empréstito da biblioteca ofrécese de xeito gratuíto para todo o alumnado matriculado na EOI de Pontevedra , calquera que sexa a modalidade de ensino. Pódese consultar horarios e normas de uso nos taboleiros da biblioteca e na páxina web da escola : http://www.edu.xunta.es/centros/eoipontevedra/ 8. INFORMACIÓN ESPECÍFICA DO CURSO As clases desenvolveránse exclusivamente en inglés. As probas de comprensión escrita e oral poderán ser elaboradas a partir de material real.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.