Para rematar este trimestre, estivemos a falar sobre os alimentos: como nacen e crecen . A profe Sara trouxo unha caixa a clase con productos que fomos manipulando e explorando en pequenos grupos.
Falamos de cómo se chamaban, cal era a súa cor, que forma tiñan… e por último, clasificamolos de diferentes maneiras
Por cores
Por alimentos iguais
Libre criterio
Gustoulles tanto manipular os alimentos que quixeron xogar con eles… e incluso algún, animouse a probalos!
Pero… de onde saen todas esas cousas que trouxo a profe? Uns contestaron que do super,outros quedaron calados... pero Manuel moi convencido dixo que da horta, e comezou a contarnos todo o que el plantaba na horta cos seus avós.
Coa colaboración de todos os nenos e nenas, fomos vendo as súas hortas e como plantaban e recollían os productos eles soíños. Que marabilla!!!
Laura sorprendeunos cun vídeo onde collía ovos e trouxonos un de gansa ao cole. Manuel aportou un de galiña e a profe Belén de codorniz. Desta forma pudimos ver que diferentes eran.
Un día á volta do recreo fomos coñecer a horta que temos no cole.
Polo de agora aínda é pequena xa que só están a traballar nela os nenos e nenas de 2º de Primaria.
Cando nos achegamos a ela poidemos comprobar todo o que tiùan plantado‌.. Amorodos, cebolas e leitugas.
Vendo o éxito da horta a profe díxolles que íamos a facer nós unha plantación, polo que nos puxemos mans a obra: 1º Coa axuda dun vídeo puidemos aprender e aclarar cal era o procemento para plantar. 2ºUnha vez que tiñamos claro que facer, decidimos o que necesitábamos, polo que todos nós colaboramos traendo sementes da casa. Case non damos abasto!!!!!
3º Puxemonos mans a obra: Repartimonos en 5 grupos de xeito que todos puideramos plantar.
Antes de comezar, cada grupo dixo todos os pasos que tiñan que seguir:
Poñemos un pouquiño de terra nunha maceta
Facemos buracos para poner as sementes
Colocamos as sementes
Tapamos cun pouco terra
Regamos as nosas plantiñas
Aquí tendes as nosas plantacións
Emma, Gabriela, Marina, Brais e Uxía S plantaron erbas aromáticas.
UxĂa L, Laura, Saray e Liam plantaron pemento vermello
Manuel, Hada, Mauro e Ă nxela plantaron cebolas
Sabrina, Hugo, Pablo, Gretter e Lola plantaron amorodos
Por Ăşltimo as profes levaron todas as macetas para fora e todos os dĂas o encargado vai regar e observar o seu crecemento.
A nai de Hada veunos a falar sobre a alimentaciĂłn saudable, cales son as graxas boas e malas e cales son os alimentos que nos proporcionan enerxĂa.
Tamén nos enseñou como é un aguacate e puidemos probalo.
FIN