o barco da memoria 11 anos despois

Page 1

Proxecto Documental Integrado “O Barco da Memoria…11 anos despois”

A. INTRODUCCIÓN 1. Xustificación : xurde do interese por parte do alumnado sobre os temas medioambientais e máis en concreto “a marea negra en Galicia” do 2002 e do seu tratamento a través do currículo escolar.

2. TRATAMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS: (posibilidades ata o 3º ciclo) -Competencia en comunicación lingüística: * Lectura de textos periodísticos * Partes dunha noticia. Titulares, corpo,… * Búsqueda de respostas aos 5 : que, a quen, cando, onde, como * Adquisición de vocabulario específico do tema e do mundo mariño * Prefixos: monocasco * Interpretación persoal do suceso: resumo, noticias de elaboración propia * Familias de palabras: contaminación, contaminante, contaminar,… -Competencia matemática: *Tendo en conta os datos técnicos do petroleiro, en canto a medidas e tonelaxe, repasamos as unidades de capacidade, lonxitude e masa do SMD (eslora: 243m; manga: 34,4m;…) *Traballo das unidades de tempo e as relación entre elas(mes, semana, día, hora, minuto, segundo), aproveitando o seguimento no tempo da catástrofe *Outras unidades de lonxitude: a milla *O nudo * Unidades de superficie *Ángulos, triángulos, polígonos, perímetros e superficies *Fraccións : rotura do barco polo seu 2/5 da súa lonxitude, exercizos. Facer cálculos sobre a cantidade de petróleo verquido - Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico: *Sobre mapas de Galiza, España e Europa, sinalamos as localidades afectadas pola marea negra e faremos un seguimento da noticia no tempo. * Estudo da materia e dos materiais: o petróleo, como mineral líquido, o seu orixe. * Concepto de materia, masa, volumen, densidade (por que o petróleo flota no mar) *Estados da materia e cambios * A enerxía: fontes de enerxía, enerxías renovables e non renovables. * Produtos derivados do petróleo. * Repaso de conceptos como hábitat, ecosostemas, parque natural, espazos protexidos,… * Visualización de vídeos sobre o cultivo de “moluscos bivalvos”: mexilóns, ostras, vieiras. CEIP FILOMENA DATO


Proxecto Documental Integrado “O Barco da Memoria…11 anos despois”

- Tratamento da información e competencia dixital: *Os textos empregados foron extraídos da internet, de xornais e revistas e de libros infantís relacionados co tema e que a biblioteca puxo á nosa disposición. * Búsqueda de datos, selección dos mesmos e elaboración de textos sobre o suceso. -Competencia social e cidadá: * Solidariedade: marea branca * Impotencia social ante os acontecementos ocurridos. *Empatía: porse no lugar dos damnificados (mariñeiros, mariscadores, cultivadores de moluscos, nas bateas, percebeiros,…) e buscar solución. *A desesperación, frustración, depresión,… * Análise a través da súa páxina do “Ermitaño de Camelle, Man”, da súa vida e historia. *O voluntariado. *Movilizacións. *Os movementos cidadáns: NUNCA MÁIS * O agradecemento e recoñecemento dos pobos afectados aos voluntarios pola axuda prestada: estatuas en diferentes pobos. *Debates, lecturas colectivas *Expresar os nosos sentimentos ante as desgrazas. * Plasmar os sentimentos en frases nun mural, debuxos, empregando diferentes materiais: ceras, carboncillo, pintura de dedos, collage,… * Elaborar as nosas creación coa técnica de Man a través da plastilina, arxila, pedras,… -Competencia para aprender a aprender: *Esta competencia foi tratada transversalmente en tódalas áreas coas búsquedas e selección de datos e textos que houbo que manexar a través da internet e do fondo da biblioteca, revistas e xornais da época e facendo de entrevistadores coas familias. -Competencia e iniciativa persoal: *Traballouse en tódalas áreas coa resolución de problemas, tratamento de textos, exercizos de comprensión lectora e expresión escrita, traballos de plástica, aporación de distintos materiais que tiñan nas casas, tanto en exercizos de carácter individual , grupal ou a nivel de clase. 3. Calendario de realización: dende a sentenza do caso Prestige comezamos a recabar información para una posterior exposición na III Feira do Libro. 4. Alumnado e profesorado participante: aulas de Ed. Infantil (6) e cursos de 1º(2) 5º(3) e 6º, cos seus respectivos titores e titoras. A coordinadora foi Susana Godoy, encargada da biblioteca escolar. Si ben na elaboración dos materiais participaron os anteriores cursos, foi todo o centro o que se implicou logo no estudo dos resultados e aproveitamento dos materiais.

CEIP FILOMENA DATO


Proxecto Documental Integrado “O Barco da Memoria…11 anos despois”

B. TEMÁTICA DE INVESTIGACIÓN PROPOSTOS Co título “O barco da memoria… 11 anos despois”, pretendemos destacar a persistencia dos desastres ecolóxicos ao longo do tempo e a implicación social nos mesmos. Tratándose dun desastre ocurrido nas nosas costas e que as familias o recordan , o alumnado pode asumir como algo propio as consecuencias do mesmo e sentirse máis implicado.

C. PROCESO DE DESEÑO E ELABORACIÓN DA PROPOSTA: Dende que soupemos da sentenza do caso do Prestige a coordinadora do equipo da bilbioteca amosou interese pola implicación da escola neste tema. No mes de decembro faise a proposta no claustro e acórdase recabar toda a información posible para una posterior exposición. Dita exposición foi presentada na III Feira do Libro do colexio, que se mantivo ata o 5 de xuño Día do Medio Ambiente.

D. TAREFAS REALIZADAS POLO ALUMNADO: Visionado de documentais e fotografías Lectura de revistas (La Voz de Galicia) sobre o tema Búsqueda na hemeroteca de periódicos do momento Elaboración de traballos plásticos Recopilación de materiais a través das familias Escenificación de diferentes situación Debates Búsqueda de información a través de páxinas web …

O NOSO PRESTIGE

-

Fabricado con material de refugallo e logo recuberto coas noticias referidas ao desastre 5ºB.

CEIP FILOMENA DATO


Proxecto Documental Integrado “O Barco da Memoria…11 anos despois”

Prestige elaborado polo alumnado de Ed. Infantil, empregando pintura de dedos e plastilina (o petróleo)

Os máis pequenos facendo os seus debuxos despois de lerlles o conto “Nunca máis”

O noso libro

CEIP FILOMENA DATO


Proxecto Documental Integrado “O Barco da Memoria…11 anos despois”

E. RECURSOS UTILIZADOS E FONTES CONSULTADAS: -

Revistas monográficas de La Voz de Galicia, que a coordinadora da biblioteca tiña gardadas.

-Hemeroteca dos distintos periódicos nacionais e galegos (kiosko.net) - Investigación do alumnado a través das familias. - Páxina http://plataformanuncamais.wordpress.com/ - Libros de lectura na nosa biblioteca. - CD con fotografías de Gonzalo García - Frasco con chapapote aportado por una mestra do centro. - Búsqueda da producción literaria e musical relacionada co tema. - Búsqueda de documentais (de Isabel Coixet, El Escarabajo Verde,…) - DONLIBRO DE PASEO, blog da bilbioteca, onde se recolleu toda a información e recursos obtidos - Visionado de curtametraxes relacionados co coidado do Planeta Terra F. IMPLICACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA: A participación das familias é automática cando son os seus fillos quen a solicita. Sempre hai alguén que colaborou na limpeza das costas ou coñece a quen o fixo. Houbo unha nena que naceu no mesmo día que foi o desastre e ese acontecemento era recordado por todos con orgullo. A súa nai tiña gardados os periódicos desa data. O venres, 16 de maio, as familias estaban convocadas para visitar a Feira do libro e puideron ver a exposición completa.

CEIP FILOMENA DATO


Proxecto Documental Integrado “O Barco da Memoria…11 anos despois”

G. DIFUSIÓN DOS TRABALLOS: O material elaborado foi exposto durante a semana da Feira do libro e despois na entrada da biblioteca para poder seguir traballando o tema por titorías e no día do Medio Ambiente, 5 de xuño.

exposición dos materiais

Cheirando o chapapote

Elaboración dun mural co título “A que lle dis NUNCA MAIS?” O alumnado ía escribindo todo aquilo que non lle gustaba do mundo.

CEIP FILOMENA DATO


Proxecto Documental Integrado “O Barco da Memoria…11 anos despois”

A través do blog, DONLIBRO DE PASEO, continuamos a ampliar con novos materiais (libros, cancións, documentais,…)

Presentación do Proxecto na III Feira do libro, con explicación do sucedido e proxección de curtas.

H. AVALIACIÓN: - Tivemos en conta as competencias básicas e os aspectos do currículo traballados nelas e antes descritos. - Participación de todos os cursos a través da III feira do libro do colexio e na que este proxecto foi a guía da mesma. -Material elaborado polo alumnado: barco de cartón e plástico, muráis, barco de infantil, libro de debuxos de infantil e 1º ciclo . - Participación das familias na aportación de materiais e información.

CEIP FILOMENA DATO


Proxecto Documental Integrado “O Barco da Memoria…11 anos despois”

I. FUNCIÓN E PARTICIPACIÓN DA BIBLIOTECA: A idea partiu nunha reunión do equipo da biblioteca e dende o mes de decembro comezouse a recopilar información e a traballar sobre esta temática. Os distintos membros do equipo transmitiron ao resto dos compañeiros nos ciclos a idea e dende ese momento, e segundo a implicación do profesorado, foise tratando nas diferentes áreas. A información recollida foise subindo ao blog e todas as aportacións e materiais relacionados co tema e protección do medio ambiente (vídeos, cancións, curtas didácticas,…) O equipo de biblioteca intentou conseguir textos que aínda estiveran no mercado editorial.

A COORDINADORA DA BIBLIOTECA

Susana Godoy Varela

CEIP FILOMENA DATO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.