Cancioneiro Popular da Provincia de Ourense Volume I (Concellos de Aviรณn e Beariz)
Cancioneiro Popular da Provincia de Ourense Volume I (Concellos de Avión e Beariz)
Dirección Análise e Estudio Literario
Transcrición de Partituras e Estudio Musical
Ilustracións Asesor Lingüístico Traballo de Campo
Ex-Libris
Mariló e Xulio Fernández Senra Fº Xavier C. Álvarez Campos Salomé Fernández Senra Carlos Iglesias Borrajo Ana Rosa Morán Viera Luís Cid Delfín Caseiro Nogueiras Equipos de Investigación da Escola Provincial de Danzas da Deputación de Ourense e da Agrupación Castro Floxo Tomás Vega
Edita
1ª Edición. Ourense, 1997
Maqueta e infografía Impresión I.S.B.N.
Tódolos dereitos de reproducción, adaptación, traducción ou representación dos textos, ilustracións e partituras están reservados, e só poderán ser exercidos por terceiros previa solicitude e correspondente permiso dos editores ou no seu defecto dos autores.
X. L. Vázquez & N. Carpentier, S.C. • Ourense
Gráficas RODI, Ourense
84 - 87575 - 47 - 1
DEDICATORIA
A tódalas xentes dos concellos de Avión e Beariz, que coa súa forma de vida contribuíron e contribúen a perpetuar por transmisión oral este inmenso patrimonio cultural, constituído por centos e centos de cantigas, recibidas en herdanza dos seus devanceiros e que eles transmiten da mesma forma a fillos e netos.
memoria dun pobo non aparece moitas veces escrita, senón que se reflecte máis fielmente en coplas, cantigas e tradicións populares transmitidas de xeito oral e que, co paso do tempo e a chegada de novos costumes, corren o risco de perderse.
Por eso, a realización por parte da Escola Provincial de Danzas e da Agrupación “Castro Floxo” dun traballo de recompilación dun amplo cancioneiro popular hai que entendelo como unha contribución esencial para manter sólida a nosa historia e garanti-la pervivencia dunha riqueza cultural que doutro xeito correría un gran perigo.
Neste libro, ademais de diferentes partituras, poderán atopar vostedes cantigas de amor, de divertimento, de humor, de traballo, relixiosas ou de desafío. Cada unha delas ten o seu encanto e, dende logo, en todas elas agáchase un grandioso saber popular.
Agardo que disfruten deste traballo, que saiban avalia-lo esforzo que hai detrás destas páxinas e espero que sexa un libro útil para o futuro.
José Luis Baltar Pumar Presidente da Deputación Provincial de Ourense
Índice Xeral P R E L I M I N A R
11
I N T R O D U C C I Ó N
Breve descrición xeográfica 13 Método de traballo 17 Problemas coa métrica e coa rima Emprego do castelán 23 Problemas de clasificación 25 Abundancia de variantes 26 Coplas universais 27 Comentario Musical 29
20
91
C A N T I G A S
13
CANTIGAS DE AMOR
Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas
93
que fan referencia ao canto 95 que fan referencia ao baile 97 que tratan das relacións entre os namorados 99 de galanteo e louvanza 107 referidas a amores pasados e esquecidos 109 referidas a máximas e ditos amorosos 113 de confesión amorosa 117 referidas a consellos amorosos 121 de ronda 123 que expresan desexos 125 irónicas, burlonas e picarescas 127 que expresan sufrimento por amor 131 de desprezo e desdén 135
CANTIGAS DE DIVERTIMENTO
P A R T I T U R A S
ESPIÑEIRO (Avión)
“Jota” 37 Muiñeira 38 Pasodobres 39 LIÑARES (Avión)
“Jotas” 41 Muiñeiras 51 Pasodobres 55 Valses 60 Romances 62 Canto de Seitura
33
Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas
CANTIGAS DE HUMOR
64
MANGOEIRO (Avión)
“Jota” 65 Muiñeira 66 OROSO (Avión)
“Jotas” 67 Muiñeiras 70 Pasodobres 72 Valses 76 DOADE (Beariz)
“Jotas” 78 Muiñeira 81 Valse 82
Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas Cantigas
137
referidas ao baile 139 referidas ao canto 145 referidas ao canto, baile e instrumentos 151 referidas á música e instrumentos 155 referidas a temas diversos 159 referidas a temas filosóficos 163 de despedida 165 referidas aos lugares, aldeas e á súa veciñanza de ronda 177
179
referidas aos mozos e mozas 181 referidas ao casamento 187 referidas aos curas 191 referidas a temas diversos 195 que fan referencia á familia 199 referidas ao viño e ás borracheiras 203 referidas ás relacións entre o home e a muller 205 referidas ás relacións entre a xente de distintos lugares referidas á sogra e ao sogro 209 referidas aos animais 211
CANTIGAS DE TRABALLO
Cantigas de traballo CANTIGAS RELIXIOSAS
Cantigas relixiosas
213
214 217
218
CANTIGAS DE DESAFÍO
Cantigas de desafío
221 222
XIRAZGA (Beariz)
“Jota” 83 Muiñeiras 84 “Tremeliques” 86 Ruada 88 Canto de Reis 89
169
A P É N D I C E S
225
RELACIÓN DE INFORMANTES 227 RELACIÓN DE ALDEAS E LUGARES 229
207
Preliminar
Presentamos neste traballo o labor de investigación de varios anos; labor calado e escuro, feito de forma sinxela, sen pretenciosidade, virtuosismo ou ampulosidade... Coa publicación deste cancioneiro non se pretende falar ex cátedra; simplemente o concebimos como a constatación dun feito cultural de carácter popular, manifestación moi valiosa e merecente de ser descrita, subliñada e divulgada. Este feito cultural forma parte dunha realidade que non pode ser reflectida na súa totalidade, aínda que se intentou facer da maneira máis exhaustiva. Estamos seguros de que neste cancioneiro han faltar centos de coplas que se conservan na memoria das nosas xentes nos lugares que nós visitamos e investigamos, mais que por diversos motivos non puideron ser recollidas e, polo tanto, non se pode dar conta da súa existencia. Consideramos este traballo como unha aportación máis para a conservación da nosa cultura popular. Pensamos que a descrición destas cantigas ademais de ser testemuño da súa pervivencia nestas datas e lugares, contribuirá a que estas non acaben perdéndose, dada a evolución da sociedade, que acaba ateigando de modernidade os recunchos máis arredados da nosa xeografía e que, a pesar de que nalgúns lugares a transmisión oral segue moi arraigada, pouco a pouco se vai diluíndo nese mar de modernidade que chegará a asulagar todo.
11
RELIMIMAR
Así mesmo, concebimos esta publicación como unha porta aberta e instrumento de traballo para todos aqueles que estean interesados en profundar no seu estudio, coñecemento e divulgación. A transcrición das cantigas non se somete á normativa lingüística por considerarmos que sería unha terxiversación da realidade. Faise unha transcrición literal do texto recollido, respectando todas e cada unha das súas particularidades lingüísticas: variantes locais, castelanismos, deturpacións..., presentando as cantigas da forma máis auténtica. Non pretendemos corrixir aos nosos informantes e menos exercer de xuíces: “isto é bon e isto non é bon”; “isto é aceptable e isto non”. Non queremos corrixir a historia, pero tampouco validar manifestacións foráneas. En último termo, ha ser o propio pobo quen o faga. Nós non entramos nese debate; simplemente queremos deixar constancia dun feito cultural irrefutable, amosando a realidade da cultura popular tal como se manifesta nunhas datas e lugares específicos. Por ese motivo, ao final de cada apartado reséñanse as cantigas recollidas en castelán. Facemos a continuación unha pequena introducción que de ningún modo foi pensada como un estudio exhaustivo, minucioso, riguroso ou cientificamente puro; este requeriría máis tempo, máis espacio e un tratamento totalmente diferente. Preséntase aquí un razoamento sinxelo coas explicacións necesarias para comprender a filosofía do traballo e coas indicacións precisas para que non haxa lugar a dúbidas sobre as nosas intencións reais á hora de facer esta recompilación. Neste estudio preliminar faise o comentario das características e particuliaridades máis comúns a tódalas cantigas.
12
Introducción
BREVE
ESCRICIÓN XEOGRÁFICA
Os lugares polos que nos movemos para realizar o traballo que agora presentamos están situados nos concellos de Avión e Beariz, localizados no noroeste da provincia de Ourense. Zona montañosa, cunha altitude media superior aos cincocentos metros; atravesada de norte a sur pola serra do “Suído”, onde hai altitudes superiores aos mil metros; como o Alto Mallao (1022 m.), e outras que lle andan perto, como Pena Redonda (986 m.), Alto da Portela (724 m.) ou Alto do Paraño (800 m.). Na composición xeolóxica destas montañas sobresae a lousa, o granito; e no norte, principalmente no concello de Beariz, tamén se atopa estaño e volframio. Todos estes montes están surcados por abundantes regatos e ríos, como os de Magros, Cardelle, Beariz, Doade, Couso ou o da Cubeta. O máis destacado, o Avia, recibe abundantes augas de numerosos regatos que, despois dun pequeno repouso no encoro de Albarellos, percorre toda a zona vinícola do Ribeiro e morre na vila de Ribadavia, vertendo as súas augas no grande río da nosa terra, o pai Miño.
13
NTRODUCCIÓN
BREVE DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
A paisaxe está debuxada por piñeirais, monte baixo na cima das montañas onde abundan as carqueixas, uces e toxos, prados e soutos de carballos nos vales e numerosos regatos bordeados de amieiros e salgueiros. O seu clima poderíase clasificar como continental, suavizado pola proximidade do Atlántico (50 km.) con choivas habituais nos meses de inverno e primavera. As nevadas son frecuentes, principalmente en Febreiro, o que fai que a vida nestas terras sexa un pouco máis dura. Os veraos non son moi calorosos. A orografía, a hidrografía e o clima condicionan a forma de vida dos homes e mulleres que viven nestas comarcas ourensanas. As comunicacións non son moi boas; con más estradas; tanto Avión como Beariz distan 50 km. aproximadamente da cidade de Ourense. Zona eminentemente agrícola e gandeira, con abundante gando solto polos montes, o que propiciou un tipo de construcción popular denominado “chozo”: pequeno habitáculo onde os pastores se abrigaban cando andaban no pastoreo. Hoxe os “chozos” forman parte do patrimonio arquitectónico da serra do Suído, e posibelmente, co tempo, poidan chegar a ser un atractivo turístico para a zona. As feiras de Avión –12 e 22 de cada mes– e a de Beariz constitúen o principal mercado que permite comerciar cos productos locais. O millo, as patacas, o centeo, a forraxe e o liño son os principais productos que se cultivan, estando hoxe o último practicamente abandonado. O gando vacún, bovino, cabrún e equino pastoréase por toda a serra; soía deixarse ceibo polo monte, principalmente o equino O descobrimento de estaño no ano 1830 fixo que se volvesen a traballar as minas (pobos celtas e romanos aproveitaran xa este recurso mineral) chegándose incluso a exportar lingotes, a mediados do século XIX, a Barcelona, Toledo e Sevilla. A má comunicación nunca fixo moi productiva esta actividade. Como se pode comprobar nas cantigas, esta actividade sempre estivo na mente dos habitantes da zona: Todo furado por dentro, ese alto Marcofán, ten a barriga de wolfrán e os ollos de metal. ¡Ai, ás minas de Valcobo, canto metal lle tiramos! ¡Ai, que cancións e aturuxos nos camiños lle botábamos!
14
NTRODUCCIÓN
BREVE DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
Outra profesión á que se dedicaban os homes desta terra era á de canteiro; traballo que os obrigaba a saír lonxe das súas casas, chegando mesmo a Castela, como se reflicte na cantiga: Os canteiriños de Beariz, cando veñen de Castela, non veñen polo Paraño que veñen por Pena Marela. Como xa dixemos, o liño era outro dos cultivos que abundaban na zona e hoxe está practicamente abandonado. Pervive en topónimos como Liñares. O cultivo desta planta fixo que abundasen as tecedeiras, sobre todo en Beariz; vese reflectido na música e no canto: Tecedeiras de Beariz, tece no liño que tece, o voso tecer, tecer, venvos así desde o berce. Tecedeiras, tecedeiras, tecedeiras de Beariz, o voso tecer ben feito xa vos ben desde a raíz. A emigración foi, sen dúbida, unha das causas polas que a poboación da zona ten ido a menos. Avión ten un censo aproximado de 3.200 persoas; e Beariz, de 1.800. Predominan as mulleres sobre os homes e téndese a un envellecemento progresivo. Avión está distribuído en nove parroquias: Abelenda, Amiudal, Avión, Baíste, Barroso, Córceres, Cortegazas, Couso e Neva. Beariz, máis pequeno, ten tan só tres parroquias: Beariz, Lebozán e Xirazga. No mapa que acompañamos resaltamos todos os lugares onde se fixo algún tipo de traballo e tamén todos os topónimos localizables nas cantigas: aldeas, ríos, montes... Ao final faise unha relación onde se sinala o concello ao que pertencen e a páxina en que se achan.
15
NTRODUCCIร N
Concellos de Aviรณn e Beariz
16
NTRODUCCIÓN
ÉTODO DE TRABALLO
Os primeiros contactos que tivemos coas xentes desta terra foron no verao de 1981; concretamente, no lugar de Liñares do concello de Avión. Aquí descobrimos as pandeiradas: reunións que se celebraban os domingos ou días festivos nas casas das rapazas, desde o mes de Setembro até o entroido, para cantar, bailar e se divertir; todo isto acompañado somente por instrumentos de percusión: pandeiretas, pandeiros, latas do pemento, etc... Os mozos chegaban a percorrer máis de dez quilómetros polos camiños e montes para asistir a estas festas. Cando chegaban ao lugar onde se realizaba a pandeirada eran invitados a bailar. Despois de botar un baile, que estaba composto por “jota”, muiñeira e agarrado (en calquera das súas modalidades), valse, pasodobre, tremelique ou tarrantantán, daban paso a outro grupo de mozos mentres eles falaban con algunha moza, descansaban ou cantaban até que se rematase o ciclo. Isto explica que haxa coplas que fan alusión a lugares moi afastados do sitio onde foron recollidas. Así, en Mangoeiro recollemos esta copla referida a Liñares e aos seus mozos: Viva o lugar de Liñares, vivan os do pano branco, viva quen se lles pasea domingos e días santos. Este costume perdeuse a finais dos anos sesenta e principios dos setenta, manténdose só de forma esporádica cando viñan os emigrantes. Gracias ao labor de D. Eladio Rodríguez, párroco de Liñares por aquela época, e á valoración positiva de moita xente deuse en retomar o costume e as pandeiradas volveron ser máis habituais. A pesar da emigración e da influencia negativa da radio e da televisión, continuaron cos seus cantos e bailes, coa festa da Sta. Isabel, patroa do lugar, coas pandeiradas... e, en fin, facendo o que sempre fixeran: bailar a “jota”, a muiñeira e o agarrado, ao ritmo das súas cantigas. Chamounos vivamente a atención ver a persoas de setenta, de cuarenta e de vinte anos, turnándose para tocar e bailar, facendo que a tradición non se perdese. Isto resultaba máis chamativo ao saber que a maioría da xente en idade de traballar estaba emigrada e só viña á súa terra no verao, traendo aos seus fillos e mulleres e facendo que se integrasen totalmente no ambiente do lugar. O costume de facer unha festa ao vello xeito era unha motivación máis para que todos os anos volvesen.
17
NTRODUCCIÓN
MÉTODO DE TRABALLO
Despois, no outono, volvemos para participar con eles no magosto. Fomos aprendendo os seus bailes e cantigas, moi a modiño; pero ao tempo íamolos rexistrando en cintas de audio e de vídeo. De aquí sae o primeiro material do que dispomos para realizar este traballo. Así, participando nas súas festas, integrámonos con eles nos seus costumes e, coa inestimábel colaboración do párroco, D. Eladio, fomos aprendendo e apreciando o que viamos; asemade dabámonos conta de que nesta zona había unha grande riqueza patrimonial en vías de lenta extinción. Primeiro foi Liñares e, a continuación, fomos coñecendo outros lugares como Couso, Xirazga, Mangoeiro... En case todos estes sitios, a forma de comezar a relación era por medio de algunha persoa que nos presentaba aos veciños. Despois, a música e o baile facían que tanto eles como nós nos sentísemos máis soltos e animados para exteriorizar todo o que cada quen levaba dentro; e así, con confianza, os veciños das aldeas que visitabamos comprendían o noso traballo e colaboraban gostosos. O método de traballo que seguimos para recoller o material que agora expomos consistiu en reunir aos veciños da aldea no lugar habitualmente empregado para facer as “pandeiradas”. Alí, sen moito esforzo, xa que o ánimo desta xente ía sempre por diante, e despois de lles explicar en que consistía o noso traballo, animabámolos a que tocasen algunha peza e de seguido púñanse a cantar e bailar. Xeralmente cantaban en grupos, máis ou menos numerosos, polo que na maioría dos casos non podemos falar dun informante concreto, senón que teremos que aludir a un informante colectivo. Máis adiante, facemos unha relación de informantes na que aportamos os datos máis relevantes que puidemos conseguir. Ao ser varios os informantes e estaren todos xuntos, despois de moito tempo sen realizaren este tipo de reunións, a compenetración que tiñan cando eran novos perdérase. Isto non é impedimento para cantar e tocar, pero si á hora de analizar o material, facendo o traballo máis difícil, xa que moitas coplas están cantadas ao unísono por varias mulleres e ás veces cantaban versións diferentes, o que complica a súa comprensión. Outras veces a mesma copla cantábase varias veces ao longo dunha tarde, con dúas, tres ou máis variantes, o que indica que o canto é algo moi vivo na vida desta xente. Isto, aínda que entorpece e dificulta, tamén gratifica porque enriquece o noso folclore. O material sempre quedou recollido en cintas de audio e vídeo para despois ser analizado coidadosamente e poder transcribir tanto a música como a letra, respectando en todo momento o orixinal. As partituras están ordenadas alfabeticamente segundo o lugar onde foron recollidas, comezando polo concello de Avión. Colocamos primeiro as “jotas”; despois as muiñeiras;
18
NTRODUCCIÓN
MÉTODO DE TRABALLO
e, por último, os valses, pasodobres..., respectando a orde que eles mesmos establecen á hora de tocalas para bailar. Nas partituras sinalamos cando e onde foron recollidas, tipo de cantiga e nome que se lle dá na comarca. Transcribimos a letra das coplas que nos cantaron nese preciso momento, marcando en negriña o estribillo, considerando como tal o “ai la la la”, habitual en case todas as cantigas da zona. Hoxe aínda seguimos visitando a toda esta xente, facendo festas con eles, divertíndonos, mantendo viva a relación que nacera gracias á música, ao canto e ao baile; en definitiva, ao folclore. Sempre atopamos algunha cousa nova. Déixanos abraiados pensar na cantidade de información que encerran e tamén un pouco apesados imaxinar todo o que se ten perdido por non ter comezado antes este labor de recollida e clasificación. Quixeramos que isto servise para animar a máis persoas a buscar, recompilar e estudiar o noso patrimonio cultural, evitando que o tempo o faga desaparecer.
19
NTRODUCCIÓN
PROBLEMAS COA
ÉTRICA E COA RIMA
A maioría das cantigas son coplas, é dicir, catro versos octosílabos coa rima asonante nos pares, ficando libres os impares: Para cantar bebo viño, para bailar augardente, e ás mociñas de Liñares non hai quen lles poña frente.
a a
Aparecen tamén con frecuencia cuartetas Non te cases cun ferreiro que é moi malo de lavar-e, cásate cun mariñeiro que ven lavado do mar-e.
a b a b
Abundan igualmente os casos de coplas e cuartetas en que se repite un mesmo verso, o que nos fai pensar que puidesen ser na orixe, tercetos que por necesidade da cantiga foron convertidos en cuartetas ou ben mostras de paralelismo: Bailador, baila lixeiro, bailador, baila lixeiro, un bailador coma ti aínda non veu ao turreiro
a a
Heille tocar o pandeiro, heillo de repinicar, heille tocar o pandeiro aos mozos que van bailar.
a b a b
A este esquema xeral hai que engadirlle unha serie de excepcións, nas que abundan as irregularidades tanto de métrica como de rima. Isto ven demostrar que estas coplas son creadas de forma espontánea, intuitiva e pouco ou nada académica; este tipo de irregularidades constitúe unha das características propias da poesía popular.
20
NTRODUCCIÓN
PROBLEMAS COA MÉTRICA E COA RIMA
Na realidade as irregularidades métricas non supoñen ningún problema para o emprego das coplas no seu ámbito natural, xa que na súa execución son regularizadas podendo facerse de dúas formas diferentes:
a) Alongando vocais, cando o número de sílabas é escaso Non me mires, non me mires, que ben miradiña vou; non me mirou tanto miña nai que me criou b) Agrupando varias sílabas nun só pulso, no caso de que haxa algunha de máis: Cantade, mozas, cantade todas, alegrade os corazóns; non digan que temos pena por outos amores platóns Entrade, mociños, entrade por esa porta pa dentro, que aquí non vos está quen traedes no pensamento Ás veces, co emprego da castelán acontecen casos curiosos : Inda que te volvas culebra e te botes ao mar e te envolvas na areia, os meus ollos hante buscar O primeiro verso ten nove sílabas. Sen embargo, de ser empregada a forma galega “cobra”, o verso tería as oito sílabas propias da copla. Así debeu ser en orixe. Hai casos en que se utiliza o apócope para conseguir unha métrica exacta: Se queres aquí, aquí, se queres, alá, alá, se queres na cas do cura, na cas do cura será.
21
NTRODUCCIÓN
PROBLEMAS COA MÉTRICA E COA RIMA
Hai veces que se utiliza a forma castelá de algunha palabra para conseguir a rima: Aquí aparta o camiño, aquí se aparta a raia, aquí aparta o camiño, compañeiro hasta mañana
Neste caso utilízase a forma mañana para que rime con raia. Ainda que tamén temos que considerar a posibilidade de que sexa unha adaptación dunha copla castelá. O mesmo acontece coa copla ¡Ai que boa noite está para ir aos limones á horta dos meus pais, ao xardín dos meus amores! Hai moitos casos en que o problema da rima non se soluciona de ningunha forma quedando todo os versos libres, sen rima ou cambiando a estructura rítmica da estrofa. Velaí un exemplo sen rima nen ritmo: O cariño é o demo e polos ollos se mete, e ao chegar ao corazón dá puñaladas de morte. Outro caso curioso é o uso do “e” paragóxico exclusivamente para conseguir a rima Os mociños que hai agora e moitos que agora veñen xa rabean, xa rabean porque a barba non lle vén-e.
22
NTRODUCCIÓN
EMPREGO DO
ASTELÁN
O emprego do castelán mesturado co galego non é ningunha novidade nas coplas populares xa que é unha práctica habitual en toda Galicia. Pero ¿por que se emprega o castelán? Pódense establecer diversas interpretacións, na procura dunha explicación para os numerosos casos de interferencias de castelán detectados no repertorio estudiado: A) Para solucionar problemas de rima e métrica. Caso recollido e explicado no apartado anterior. B) Introdución na cantiga de fraseolóxia castelá, combinando un ou máis versos en castelán con versos en galego: Se eu fora cazador e tivera unha escopeta mataría unha perdiz “de las que gastan peineta”. Aí vos vai a despedida como dan os labradores, “con el sombrero en la mano, muy buenas tengan señores”. C) Co obxectivo de ridiculizar tamén se emprega en ocasións o castelán: Repinica el panderillo, repinica el panderillo también lo repinicaba si fuera marinerillo. D) Como exemplo de dilingüísmo, en que o emprego de un ou de outro idioma non ten máis razón que o uso habitual do mesmo, aínda que sexa en situacións moi concretas e específicas como veremos a continuación. Aquí poderíamos diferenciar dous grandes apartados. Por unha parte, temos un conxunto de coplas que, sendo compostas en galego, empregan o castelán da mesma forma que se empregaría na fala habitual, utilizando palabras ou formas gramaticais que conviven coa forma galega, con uso indiscriminado de ambas as formas:
23
NTRODUCCIÓN
EMPREGO DO CASTELÁN
Se eu fora mariposa, voaría á túa ventana e daríache os bos días en una feliz mañana. Alegría, alegría, dichoso de quen a ten. A miña foise en Abril e hasta Navidad non ven. Adiós muelle de Vigo, muelle da embarcación, onde meus ollos choraron lágrimas do seu corazón. Por outra parte, temos un grupo bastante numeroso de coplas elaboradas integramente en castelán, que se recollen ao final de cada apartado. A proliferación, difusión e conservación destas cantigas casteláns, préstase a diversas interpretacións, existindo distintos puntos de vista que defenden teorías diferentes, baseados en datos máis ou menos obxectivos e facilmente comprobables. Polo que respecta á zona obxecto deste estudio, inclinámonos a pensar que existiron e existen unha serie de condicionamentos socioeconómicos que favoreceron a implantación, divulgación e posterior pervivencia destas cantigas en castelán. Dúas poderían ser as razóns principais que se conxugaron e favoreceron este fenómeno: a) A situación económica da zona impuña unhas condicións de vida pouco idóneas, o que propiciou desde sempre a emigración, fose temporal ou estable. Esta emigración fundamentalmente aos países americanos de fala española e tamén a León e Castela, motivou e favoreceu a incorporación de coplas, cantigas e romances alleos, que nuns casos se conservaron integramente en castelán e noutros casos se foron adaptando e variando paulatinamente. b) O sentimento de “autoodio”, do que tanto se ten falado, fixo un labor xordo e calado a prol da aceptación destas cantigas, coplas e romances casteláns e a súa posterior pervivencia. Moitos eran os mozos e mozas que se consideraban máis finos, “señoritos”, cultos e interesantes se utilizaban o castelán e demostraban o seu coñecemento e dominio. Certamente non o utilizaban na súa vida cotiá, pero facían uso esporádico desta lingua nas horas de lecer, non como lingua de relación senón como instrumento de autoexaltación; considerábanse de “máis categoría” se ademais dos cantos propios galegos, demostraban coñecemento e dominio de cantares alleos que aprendían por diversos medios en castelán. Por esa razón, cantigas, romances e coplas alleas tanto idiomática como musicalmente, fóronse popularizando de vagar, chegando a ser sentidas e valoradas como autóctonas a medida que o uso as difundía por festas, pandeiradas, ruadas,...
24
NTRODUCCIÓN
PROBLEMAS DE
LASIFICACIÓN
Cando nos encontramos con un grupo tan numeroso de coplas para estudiar, un dos primeiros problemas que se nos plantexa é o da súa clasificación. Se atendemos como é este o caso á temática, temos que basearnos de entrada nun só tema por copla; de non ser así habería que duplicar, triplicar e ás veces cuadruplicar as coplas xa que a maioría delas poderían encadrarse en máis dun apartado. Por iso, calquera traballo de clasificación que se poida facer será ,cando menos, discutible. Cada copla presenta diversos niveis de lectura e en función do tipo de lectura que fagamos integrarémola en diferentes apartados. Hai un tipo de interpretación do significado real de cada palabra e cada frase e hai un segundo tipo de lectura que atende ao significado figurado; así mesmo existen outros aspectos que deben ser considerados á hora de facer unha clasificación. Por exemplo, na copla: As mociñas de Liñares cantan e poden cantar-e que teñen a santa Isabel á entrada do lugar-e. En función do tema está clasificada como cantiga referida ao canto. É evidente que o tema da cantiga se refire ao canto das mozas de Liñares. En segundo lugar podemos clasificala como cantiga referida aos topónimos, xa que alude directamente ao lugar de Liñares e á igrexa de Sta. Isabel que ubicada precisamente na “entrada do lugar-e”. Ainda poderíamos integrala no apartado de cantigas relixiosas xa que se pode considerar que o tema principal está constituido polos favores da Santa ás mozas de Liñares, ás que lles outorga unha boa voz para cantar. Esta análise das coplas poderiamos aplicalo á maioría delas, pero, ademais de ser demasiado laboriosa e confusa, non aportaría elementos primordiais para unha mellor organización do cancioneiro. Resultaría necesario e imprescindible nun estudio serio e profundo dos “temas” que abarcan as cantigas populares. Con todo, non podemos pasar por alto o problema real que se nos plantexa á hora de realizar a clasificación real e metódica destas cantigas, pensando sobre todo no complexo que resultaría encadrar cada unha das coplas nos diferentes apartados nos que debería aparecer polos temas que incorpora. Por iso optamos por encadrar cada copla nun só apartado, guiándonos polo tema considerado principal.
25
NTRODUCCIÓN
ABUNDANCIA DE
ARIANTES
Cando unha persoa se achega por primeira vez ao mundo do folclore, soe experimentar unha primeira sensación de desorientación ante a gran cantidade de variantes sobre un mesmo asunto: variantes na mesma melodía musical, variantes nos mesmos contos, variantes no traxe, variantes no baile, variantes tamén nas coplas... ¿Cal poderíamos considerar en cada caso a forma máis válida? Nós pensamos que non se pode falar de unhas formas máis válidas que outras, pois estimamos que toda cantiga, como forma de expresión da cultura popular, é froito dun pobo en singular, pero formado por moitas persoas; unha pluralidade de persoas que aportan a súa particular interpretación perfectamente asumible polo patrimonio colectivo, sempre que esa aportación encaixe culturalmente. Polo tanto, en lugar de tratar de unificar todas e cada unha das variantes, é moito máis enriquecedor aceptar todas aquelas que o pobo xa incorporou como propias. Todas estas variantes son inherentes á condición de manifestacións orais e populares e responden a un proceso de contextualización e actualización das cantigas. Neste apartado os exemplos serían innumerables. Viva a gaita e o gaiteiro, viva a gaita e o gaiteiro, vivan as mozas bonitas que hai no mundo enteiro. (variante 1 ) Viva a gaita e o gaiteiro, viva a gaita e o gaiteiro, vivan as nenas bonitas vivan en todo o Ribeiro. (variante 2 ) Viva a gaita e o gaiteiro, viva a gaita e o gaiteiro, vivan as mozas bonitas do lugar de Acibeiro.
26
NTRODUCCIÓN
COPLAS
NIVERSAIS
Cando falamos de coplas universais, facemos referencia a un fenómeno que hoxe é moi normal e que é preciso aceptar nunha visión do folclore como algo vivo que se enriquece con expresións foráneas, xa que se non se aceptasen aportacións limitaríase o desenvolvimento, variedade e riqueza da cultura en diversos aspectos. Partindo desta base, observamos neste cancioneiro un bo número de coplas comúns a toda Galicia e relacionados con coplas de outros países. Temos que ter en conta que a zona de Liñares é terra dunha intensa emigración. O contacto entre dúas culturas nunca é impermeable e as contribucións son recíprocas. Vexamos algún exemplo: O cantar do arrieiro é un cantar moi baixiño, cántano en Doade e resoa no Eixido. O cantar do arrieiro é un cantar moi baixiño, cando canta en Ribadavia resoa no Carballiño. A primeira cantiga sitúase nos lugares de Doade e O Eixido, sendo unha adaptación ou “adopción” da cantiga segunda que fai referencia a Ribadavia e ao Carballiño pertencentes a outra bisbarra. Outro exemplo de maior afastamento pode ser o seguinte: Da banda de aló do río ten meu pai un castiñeiro, dá castañas en Agosto, uvas brancas en Xaneiro. Na zona de Tras-os-Montes en Portugal cántase deste xeito: No alto daquela serra ten meu pai un castiñeiro,
27
NTRODUCCIÓN
COPLAS UNIVERSAIS
dá castañas en Agosto, uvas brancas en Xaneiro. Así mesmo encontramos coplas que nos trasladan a outras zonas de España e que aquí se achan traducidas ao galego casi literalmente: Din que Liñares é feo porque non ten bos balcóns, pero ten unhas rapazas que rouban os corazóns. Dicen que León es feo porque no tiene balcones, pero tiene unas mocitas que roban los corazones. Tamén temos casos curiosos, como coplas casteláns que son practicamente traduccións de algunhas galegas, cantadas noutras partes de Galicia: Algún día por verte daba cien vueltas y ahora por no verte doy cuatrocientas. A copla lémbranos claramente estoutra: Algún día por te ver-e abrín portas e ventanas i agora por te non ver tódalas teño pechadas. Autores prestixiosos inspíranse, a veces, en creacións populares para elaborar as súas composicións e viceversa. É o caso da copla: Vexo a casa de meus pais, Tamén vexo a dos meus sogros, ¿cando serei eu dona daquel caserío todo? Que nos recorda clamente a Rosalía Vexo Vigo, Vexo Cangas tamen vexo Redondela,...
28
NTRODUCCIÓN
COMENTARIO
USICAL
Hai distintas formas de apreciar o folclore: escoitando, cantando, tocando, bailando... Estas maneiras de percibir a música, axúdannos a sentila e a expresala. Pero outra forma de achegamento a ela (altamente gratificante) é o labor de investigación: recopilación de material, clasificación, transcrición de cantigas, e un longo etc. Esta forma de estimación do noso folclore, acudindo ás fontes vivas, analizando e reflexionando sobre o material recollido, proporcionounos unha nova forma de entendelo e valoralo até o punto de expresar o noso máis sincero respecto, admiración e gratitude a todas aquelas xentes que o gardaron na memoria e o ensinaron a través de xeracións. Queremos salientar a peculiaridade das pezas recollidas nesta zona, tanto pola súa orixinalidade melódica como rítmica, así como polo emprego de instrumentos de percusión improvisados, como pode ser unha lata de pemento. Cómpre destacar que a maioría das pezas recollidas aquí tiñan como finalidade primordial a de ser cantadas para bailar. Como xa se sinalou, a súa orde era sempre esta: “jota”, muiñeira e “agarrado”. É importante resaltar que nesta zona se xeneralizan co nome de “valse” os ritmos que eles bailan agarrados; proba disto é que hai abundantes coplas nas que se fala de “valsear”, cando o que están bailando non é un valse. Aprendei a valsear-e, mociños que non sabesen, aprendei a valsear-e e despois valsearedes. Por esta razón, ao facermos a transcrición musical, aparecen co nome de pasodobre, xa que son acompañadas con pandereitas e con lata, en figuración rítmica de negras e bailadas con unha estructura similar ao do pasodobre. Aínda que moitas delas poden escribirse en compás de 2/4, como a maioría dos pasodobres, se ben tamén nisto hai excepcións; sirva de exemplo o Pasodobre “El Relicario” que
29
NTRODUCCIÓN NTRODUCCIÓN
COMENTARIO MUSICAL
aparece escrito en 3/4, nós preferimos respectar o tipo de acompañamento rítmico que eles empregan ao cantar. Noutros casos, debido á alternancia de compases binarios e ternarios, sería inviable manter o compás de 2/4. Canto ás pezas que teñen unha estructura clara de 3/4, mantense o apelativo de valse. As cantigas recompiladas nesta zona son de estilo silábico (cada nota, unha sílaba) e con pequenos melismas, como é habitual no folclore galego, posibilitando comprensión e claridade do texto, acorde coa música. Así o podemos comprobar nas páx.73-78-88... Hai unha tendencia á liña melódica descendente e ondulante. As melodías son diatónicas, por graos conxuntos e semitonos diatónicos. Séguenlles en importancia os saltos de terceira, cuarta e quinta, preferentemente ascendentes. Prevalece a terminación de frase feminina e comezo tético. Todo isto reflicte o carácter e o sentir deste povo: alegría e exaltación, xúbilo, ánimo; en definitiva, sentimentos positivos (saltos ascendentes: pax. 46-4748-53-64...); recollemento, intimidade (liña descendente: pax. 51-67-68); así como a incertidume, a dúbida e o pesar (liña ondulante: pax. 62-63-72-73). Chaman tamén a atención as apoyaturas nos finais de frase, como se pode ver nas pax. 40-46-48-60-64... Aínda que destacan as cantigas en tonalidade Maior, moitas das pezas están nas modalidades antigas (xeralmente transportadas), sobre todo no modo Frigio (Pax. 47-64-67-73-75). Algunhas combinan un modo Maior ou Menor, con xiros ou terminacións modais case sempre descendentes (Pax. 40-52-71-74...). Os modos menores, normalmente están na escala natural. En moitas, a extensión melódica é de sexta; séguenlles as de séptima, aínda que hai algunhas de extensión reducida (cuarta ou quinta), reliquias quizais da nosa cultura: Pax. 38. Muiñeira, Espiñeiro-Avión ano 1992. Ámbito de cuarta (Sol3-Do4). Modo Mixolidio. Pax. 44. “Jota”, Liñares-Avión ano 1981. Ámbito de quinta (Sol3-Re4). Modo Mixolidio. Pax. 51. Muiñeira, Liñares-Avión. Ámbito de quinta (Sol3-Re4). Modo Frigio transportada a Sol.
30
NTRODUCCIÓN
COMENTARIO MUSICAL
A pesar da sinxeleza que se aprecia na regularidade rítmica e simetría de fraseo, encontramos pezas con alternancia de compases binarios e ternarios. Pax. 38-52-66-71-84... Comentario das pezas Por tratarse dunha transmisión oral, encóntrase sempre algún tipo de variantes, como fica reflectido nos seguintes casos: Pax. 40-55-58-75 Pax. 55 e 58 Liñares. Coinciden no tema inicial pero a segunda parte cambia rítmica e melodicamente. A da páx. 58 mantén a figuración inicial. A outra emprega máis a síncopa, e as semicorcheas. Pax. 40. O tema inicial coincide coas anteriores, tonal, pero na segunda parte inclue dous temas de carácter modal e contraposto. Pax. 75. O arranque melódico conser va a estructura do segundo tema da pax. 40 (Espiñeiro). Pax. 47-48 A segunda é unha variante da primeira, con grande coincidencia rítmica e melódica. A primeira é de carácter modal e a segunda está en tonalidade Maior, o que nos fai pensar que posiblemente a segunda sexa máis actual que a primeira. Pax. 60-82 Baila Manuel. Unha recollida en Liñares e outra en Doade, teñen unha estructura rítmico-melódica practicamente igual, variando tan só melodicamente os compases 1, 5, 6 e 7. Pax. 86-87 Tremelique. Coinciden no tema inicial, tonal. No segundo tema, unha cantiga mantén a similitude rítmica co primeiro tema, mentras a outra é máis rítmica (puntilleo) e sincopada. O segundo tema é de carácter modal en ambas.
31
NTRODUCCIÓN
COMENTARIO MUSICAL
Estructura rítmica Encontramos unha estructura rítmica xeneralizada en todos os lugares, salvo en Liñares e Xirazga, onde marcan os remates das coplas cunhos toques especiais. Liñares, “jota”
Liñares, muiñeira
Xirazga, “jota”
“Tremelique”
32
Partituras
Índice de partituras
ESPIÑEIRO (Avión)
“Jota” 37 Muiñeira 38 Pasodobres 39, 40 LIÑARES (Avión)
“Jotas” 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 49, 50 Muiñeiras 51, 52, 53, 54 Pasodobres 55, 56, 57, 58, 59 Valses 60, 61 Romance «María a Canceliña» 62 Romance de «Helena» 63 Canto de Seitura 64 MANGOEIRO (Avión)
“Jota” 65 Muiñeira 66 OROSO (Avión)
“Jotas” 67, 68, 69 Muiñeiras 70, 71 Pasodobres 72,73, 74, 75 Valses 76, 77 DOADE (Beariz)
“Jotas” 78, 79, 80 Muiñeira 81 Valse 82 XIRAZGA (Beariz)
“Jota” 83 Muiñeiras 84, 85 “Tremeliques” 86, 87 Ruada 88 Canto de Reis 89
“ Espiñeiro Avión.
Agosto 1992
O carballo da Portela ten a folla revirada que lla revirou o aire nunha mañá de xeada
A foliada vai boa, ela non vai de perder-e, quen non ten amores nela deseará de os ter-e.
37
ota”
uiñeira Espiñeiro Avión.
Eu cantar, cantaba ben-e i a garganta non me axuda, heina de mandar/deixar quedar nunha laranxa madura.
Chove quediño na herbeira, chove quediño na herbeira; o cantar de media noite é o das mozas solteiras.
Por cantar e por bailar-e nadie se perdió en el mundo, se perdió por “marmurar” la vida de cada uno.
Mira pra ela galán-e, mira pra ela bribón-e, xa lle deches a palabra e agora dislle que non-e.
Baila, que podes bailar-e, baila, que podes bailar-e, levaches a mellor moza que había neste lugar-e.
Arriba e abaixo non-e, arriba e abaixo non-e, onde se vai a laranxa tamén se vai o limón-e.
A Pepiña do Rodeiro, ela deu esa tonada, ela que sone que non-e, eu tamén vou na manada.
Toca, miña pandereta, se non heite de rachar-e, que me custaches os cartos, axúdamos a gañar-e.
38
Agosto 1992
asodobre Espiñeiro Avión.
Agosto 1992
Daime unha pinga de viño para mollar a garganta, cantarei como unha rula verás como a rula canta.
Esta noite e mais a outra e mais a outra pasada abalei unha pereira que nunca foi abalada.
¿De onde son que bailan ben-e, de onde son que bailan ben-e? Son do povo de Liñares xa cho me parece ben-e.
39
asodobre EspiĂąeiro AviĂłn.
Como os maordomos da festa, como eles non os hai-e, como os maordomos da festa, como eles miĂąa nai-e.
Para que me preguntas se son de Vigo se a noite pasada falei contigo, falei contigo, nena, falei contigo, para que me preguntas se son de Vigo.
40
Agosto 1992
“ Liñares Avión.
ota”
Novembro 1981
Arriba que alá hei de ir, arriba que alá hei de ir, a coller a flor de Maio e a de Abril deixala ir.
Para cantar bebo viño, para bailar aguardente, ás mociñas de Liñares non hai quen lles poña frente.
Aturuxos, aturuxos, por riba do carqueixal-e, aturuxos, aturuxos, para min non han faltar-e.
Para cantar veño eu, para bailar meu irmao-e, para tocar o pandeiro viva quen o ten a mao-e.
Ai que piñeiro tan alto, ai que piñas amarelas, ai que falas ten os homes quen se lles fiará delas.
Pera que estás na pereira, dame unha pera madura para darlle á miña sogra que está nos cornos da lúa.
Liñares xa ten a sona, unha soa non é nada; vaia unha, vaian dúas, vaian tres e catro vaian.
¡Quen me dera na Edreira unha parriña con uvas para lle dar aos amores e mirar se están maduras!
41
“
ota” Liñares Avión.
Novembro 19981
Cantaruxa, cantaruxa, filla da cantaruxeira, heiche de cantaruxar inda que túa nai non queira.
Cantan os galos ao día, regalo dos namorados; ímonos de aiquí, meus ollos, que nos pillan descoidados.
O cantar quería gracia i eu non lla sabía dar-e, o Señor que ma non deu tamén ma podía dar-e.
Meu amor, cando marchou, díxome que non chorase, que me divertira moito pero que non o olvidase.
Esta noche, por mi gusto, yo no me voy a la cama, que me tengo que rondar desde ahora a la mañana.
Queridiña, doenche os ollos, tamén che me doen os meus; vámolos lavar ao río, onde a troita lava os seus.
42
“ Liñares Avión.
ota”
Novembro 1981
Se ti viras o que eu vin habías de estrelecer, unha formiga rabela que me quería comer.
A pandeira toca ben e as ferriñas danlle un son-e, e as meniñas que a tocan, elas de Liñares son-e.
Axudaime, compañeiras, axudaime por Dios-e; axudaime, miñas irmás que non se rían de nós-e.
Eu aquí nunca cantei, eu aquí nunca cantei, por ser a primeira vez non sei que tocarei.
Eu cantar, cantaba ben i a garganta non me axuda, heina de mandar untar cunha laranxa madura.
Sabe Dios de hoxe nun ano, sabe de hoxe nun día, sabe Dios de hoxe nun ano ¿quen terá máis alegría?
As mociñas de Liñares cantan a gracia da terra, din que se leva da i-auga, din que da i-auga se leva.
As mociñas de Liñares cantan e poden cantar, que ten a Santa Isabel á entrada do lugar.
43
“
ota” Liñares Avión.
Os curas e os taberneiros teñen moito parecido; os curas bautizan nenos e os taberneiros o viño.
A galiña pío, pío, o capón cacaracá, a galiña vai ao día, o capón vai á mañá.
Vámonos de aiquí correndo, vámonos de aiquí correndo; eu aiquí non teño amores, ¿que estou eu aiquí facendo?
Rapaciña, dame un bico que che hei dar un pataco; non quero bicos dos homes que me cheiran ao tabaco.
44
Novembro 1981
“ Liñares Avión.
Novembro 1981
Viva o lugar de Liñares pola santiña que ten, ela é ben cariñosa, eu tamén lle quero ben.
Bailai todos en ringleira, bailade nova fileira, primeiro bailade a “jota” e despois a muiñeira.
Esta si que che vai boa, esta si que boa vai, esta si que che vai boa, á porta da túa mai.
Agora si que vin mozos, agora si que os vin-e, agora si que vin mozos que me gustaron a min-e.
¿De onde é ise bailador-e, ise bailador de onde é, de onde é ise bailador-e tan lixeiriño do pé?
45
ota”
“
ota” Liñares Avión.
Novembro 1981
A foliadiña de hoxe de mañá será sonada, i ela que sone que non, ela vai de foliada.
Viva o noso amo de hoxe que ten cara de alegría; se non lle acabamos hoxe volverémoslle outro día
Canta ti que tes a gracia, canta ti que tes a gracia, e a miña cando nacín quedou na flor da liñaza.
Hay arriba, hay arriba una mora, yo le traigo un clavel y una rosa; un clavel y una rosa te traigo, para ti, niña hermosa, un regalo.
Si mañana te preguntan quien fueron los de parranda; fueron los chicos del pueblo, porque en ellos nadie manda.
Non hai flor, non hai flor, Maruxiña, non hai flor como a túa e a miña; non hai flor, non hai flor, Maruxeira, non hai flor como a da laranxeira.
46
“ Liñares Avión.
Novembro 1981
Liñares xa ten a sona, Liñares a sona ten-e, Liñares xa ten a sona de cantar e bailar ben-e.
Liñares pra cantar, Liñares pra cantar, anque non altea moito sábeno adonairar.
De Liñares para el cielo, de Liñares para el cielo, hasta las mismas paredes dirán que me das consuelo.
Vou dar a despedida como a dan os labradores, con o sombreiro na mao moi boas teñan señores.
¡Quen me dera nesta rúa, quen nesta rúa me dera, quen me dera nesta rúa que non puden vir a ela!
Voy a dar la despedida a todos en general, que mi corazón no puede con ninguno quedar mal.
47
ota”
“
ota” Liñares Avión.
Cantarei o que andas a facer, cantarei o que andas a facer: arriba o que dirán-e, ¡ai! que mira que bailas ben.
Para cantar estou eu, para bailar meu irmao, para tocar o pandeiro viva quen o ten na mao.
Liñares para bailar-e anque non entres agora, Liñares para bailar-e, a ruadiña vai boa.
¡Ai! aquí non cantan todas, ¡Ai! aquí non cantan todas; unhas porque teñen alma e outras porque son señoras.
A ruadiña vai boa, ela non vai de perder-e, quen non ten amores nela deseará de os ter-e.
48
Novembro 1981
“ Liñares Avión.
Novembro 1981
49
ota”
“
ota” Liñares Avión.
Miña nai , miña naiciña, como miña nai ningunha, que me quentou toda a cariña co calorciño da súa.
Aquí canto, aquí canto al estilo de mi tierra, aquí canto, aquí canto aunque a puñaladas muera.
O que non foi, queridiña, non o deixes morrer, i o que non foi, queridiña, o que non foi ha de ser.
50
Maio 1993
uiñeira Liñares Avión.
Novembro 1981
Miña garganta de neve, miña garganta de neve, non vou a parte ningunha, garganta que non te leve.
Viva quen a min me axuda, viva quen me ha de axudar-e, vivan os da miña terra e mais os do outro lugar-e.
Viva la tierra que piso, viva la que estoy pisando, vivan los señores todos que me están acompañando.
Pola manga da camisa vinche subir un piollo, viña de se enamorar do que levabas no gorro.
51
uiñeira Liñares Avión.
Se non somos eu e ti, eu e ti e a camarada, se non somos eu e ti, ¿quen faría esta ruada? Canta, que che hei dar as peras, canta, que chas hei de dar-e, canta, que che hei dar as peras que as teño a madurar-e. Se chover, deixa chover-e, se nevar, deixa nevar-e, eu ben sei un abriguiño onde me hei ir abrigar-e.
¿De onde ves María? Veño da verdura, que rico repolo ten o noso cura, ten o noso cura, ten o noso cura, ¿De onde ves María? Veño da verdura. Manuel, Manuel, ramo de loureiro, cásate Manuel, non quedes solteiro, non quedes solteiro, non quedes solteiro, Manuel, Manuel, ramo de loureiro.
52
Novembro 1981
*En Mangoeiro recollemos esta mesma cantiga engadíndolle este estribillo:
Aires de la Habana, aires del querer, aires de la Habana, para no volver. Para no volver, para no volver, aires de la Habana, aires del querer.
uiñeira Liñares Avión.
Novembro 1981
O pandeiro e mais as cunchas, María, miña María; o pandeiro e mais as cunchas quitan a malencolía.
¡Lugarciño de Liñares, cantos sospiros me debes, cantas veces te rondei á sombra das túas paredes!
Liñares xa ten a sona, Liñares a sona ten-e, Liñares xa ten a sona de cantar e bailar ben-e.
Bailador, vai ablandando, bailador, vai ablandando, qua xa che me doen as maos de che estar aquí tocando.
Heiche tocar o pandeiro, heino de repinicar, heille tocar o pandeiro aos mozos que van bailar.
Cantarei pola varanda, cantarei pola varanda, viva quen anda en amores, viva quen en amores anda.
Santa Isabel de Liñares díxome que lle rezase, que me había de valer cando por ela chamase.
A pandeira toca ben e as ferriñas danlle o son, as meniñas que a tocan, elas de Liñares son.
53
uiñeira Liñares Avión.
Mandei o recado enriba, non me colle nunha mao-e, dállo á miña cuñada, a muller do meu irmao-e.
O pandeiro toca ben-e, e as meniñas danlle o son-e, e as mociñas que o tocan elas de Liñares son-e.
Vente vindo de ladeira, vente vindo de ladeira, que che vai o meu rapaz cunha galiña vermella.
Hoxe aquí, mañá alá, pasado mañá na feira, ¿quen a min me ha de privar de falar con quen eu queira?
¡Quen me dera nesta festa, nesta festa quen me dera, quen me dera nesta festa que non puden vir a ela!
54
Agosto 1981
asodobre Liñares Avión.
Novembro 1981
Pola túa porta pasa un regueiro de auga fría, onde os mozos van a ver os amores de algún día.
Viva a gaita e o gaiteiro, viva a gaita e o gaiteiro, vivan as nenas bonitas que se lavan no Ribeiro.
55
asodobre Liñares Avión.
Bailade no arredor-e, bailade a derradeira, acabei o chiculate, rompín a chiculateira, Concha del alma.
Concha del alma, non llores, no tienes por que llorar-e, porque al venir de la guerra, contigo me he de casar-e, Concha del alma. Tengo de amar estos días, tengo de amar estos tiempos, aunque la pena me mata, la alegría me da aliento, Concha del alma.
56
Novembro 1981
asodobre Liñares Avión.
Novembro 1981
¿Por que non hei de cantar-e? ¿Por que non hei de cantar-e? Non teño pena ningunha que eu non poda levar-e.
Aquí canto, aquí canto, al estilo de mi tierra; aquí canto, aquí canto, aunque a puñaladas muera.
Agarrado, agarrado, bailade no agarrado, os veciños lle decimos que non vaian a outro lado.
57
asodobre Liñares Avión.
O que non foi queridiña, non o deixes morrer; o que non foi queridiña, o que non foi ha de ser.
Eu ben vir estar o demo de cabalo dunha bruxa; o demo dalle que dalle e a bruxa puxa que puxa.
Eu ben vin estar o moucho naquil alto penedo; anque me rinches o dente, moucho non che teño medo.
58
Novembro 1981
asodobre Liñares Avión.
Maio 1993
59
alse Liñares Avión.
Novembro 1981
A veces me comparas con la verbena, si la verbena es blanca, yo soy morena; yo soy morena niña, yo soy morena, a veces me comparas con la verbena.
¿Qué quieres que te traiga, niña, de Orense? Un pañuelo de seda que dure siempre; que dure siempre, niña, que dure siempre; ¿qué quieres que te traiga, niña, de Orense?
Para tener un hombre se necesita tener mucho dinero y ser bonita; y ser bonita, niña, y ser bonita, para tener dinero se necesita.
A la orilla del río tengo mis mulas pa carretar vino a las viudas; a las viudas, niña, a las viudas, a la orilla del río tengo mis mulas.
Algún día por verte daba cien vueltas y ahora por no verte doy cuatrocientas; doy cuatrocientas, niña, doy cuatrocientas, algún día por verte daba cien vueltas
A la orilla del río tengo mi macho pa carretar vino a los borrachos; a los borrachos, niña, a los borrachos, a la orilla del río tengo mi macho.
Algún día por verte dinero daba, y ahora por no verte bajo la cara; bajo la cara, niña, bajo la cara, algún día por verte dinero daba.
A la orilla del río tengo mis bienes, una vaca parida con perendengues; con perendengues, niña, con perendengues, a la orilla del río tengo mis bienes.
60
alse Liñares Avión.
Maio 1993
Velos aí veñen vindo, velos aí veñen vindo; o barqueiro que os trae parece que ven durmindo.
Agora que nos xuntamos, nós e mais os de alá arriba, agora que nos xuntamos viva a nosa compañía.
61
omance “María a Canceliña” Liñares Avión.
Novembro 1981
Cadrou que na misma hora, Andrés de revolta viña, de botarlle auga á veiga que arrimada á dela tiña. Viva la mar salada. Cando chega Andrés ao prado, miraille como a mira, ¿Queres que vaia a axudarche a segar a herba, María? Viva la mar salada.
Antes de ir onde os teus pais teño que falar contigo, para ver se ti queres tomar amores comigo. Viva la mar salada.
Quéroche vir de contado ahorita a falar contigo, ou dixécheslle aos teus pais que te quedaras comigo. Viva la mar salada.
A outra cousa, moitas gracias, que a teño que eu segar, ti has ter apurada, non has querer esperar. Viva la mar salada.
Tomar amores contigo pra min sería unha fortuna, que non quero tomar amores con outra nena ningunha. Viva la mar salada.
Ao sair desta apurada, Andrés fálame por Dios, ao pesar da nosa vida, eu non sei que ha ser de nós. Viva la mar salada.
Cando estou á túa beira nunca che estou apurado, que ti es a que me tes, o meu corazón roubado. Viva la mar salada.
Marcharon os namorados moi contentos de alegría, que xa quedaron citados pra volver ao outro día. Viva la mar salada.
A teu lado non me sento porque o demo éche tendeiro, que se cadra sen pensar prende lume do chisqueiro. Viva la mar salada.
O teu corazón, Andrés, telo no peito encerrado, pra lle dar a quen ti queiras que pra min non o tes guardado. Viva la mar salada.
Ao outro día María, mandárona ir á herba, non se lle vía pousar os pés na terra xiquera. Viva la mar salada.
Válgate Dios, Maruxiña, pra que tes tanto coidado, o pau que ha de ser pró lume xa naceu pra ser queimado Viva la mar salada.
Digo eu, hasme crer, téñoche tanto cariño, ven prá casa dos meus pais non colliches camiño. Viva la mar salada.
Ao pasar o Pasadeiro xa ven o Andrés de contado, regañando a moa e rindo tras dun salgueiro deitado. Viva la mar salada
Séntate aquí ao meu lado, e entre os dous acordaremos en que tempo che parece é millor que nos casemos. Viva la mar salada.
62
omance de “Helena” Liñares Avión.
Novembro 1981
Eran dos enamorados que se querían pero hacía cinco años que se perdían, que se perdían. Ella lo amaba niña, ella lo amaba, él era un gran tunante que la engañaba, que la engañaba. El día de su santo le regaló dos pañuelos de seda que le bordó, que le bordó. El día de su santo le regalaba un vestido de seda que le enseñaba, que le engañaba. ¿Que te ha pasado Juán, que estás muy triste? ¿Por que no estás, Helena? Ya te lo dije, ya te lo dije. Que no te quiero, Helena, yo quiero a otra que mis ojos han visto la más hermosa, la más hermosa.
En el patio, Helena se desmayó, él era un gran tunante, cogió y marchó, cogió y marchó. Pronto bajó de arriba la madre anciana, la cogió en sus brazos, la llevó a cama, la llevó a cama. En esta noche madre, vi las estrellas, ábreme la ventana que quiero verlas, que quiero verlas. No te la abro Helena, ya estás malita y el aire de la noche te perjudica, te perjudica. Madre, dile a Dolores que la perdono, ella no tiene culpa de mi abandono, de mi abandono. Madre, dile a Dolores que vea con él, ella no tiene culpa que Juan le adore, que Juan le adore.
63
Madre, vente a dormir vente a mi lado, que antes de morir quiero darte un recado, darte un recado. Que si volviese a verme después de muerta, no le dejes que pase de aquella puerta, de aquella puerta. Dígale que no pase, y si pasara, no dejarás que vea mi linda cara, mi linda cara. Ya se murió Helena, ya se murió, la pobre de la madre como quedó, como quedó. Encima de la tumba llevaba flores, un letrero que dice: murió de amores, murió de amores. A las tres de la tarde fue el entierro y Juan estaba fuera, pasó pa dentro, pasó pa dentro.
anto de seitura Liñares Avión.
Carolina no baile dixo en voz alta: se me gustan os mozos é pola gaita.
Algún día por verte daba cien vueltas; ahora por no verte doy cuatrocientas.
Carolina en el baile calló de culo, se le vió el fandango todo peludo.
Carolina en el baile rompió las medias; ¡pobre de Carolina, como las lleva!
64
Febreiro 1996
“ Mangoeiro Avión.
ota”
Outubro 1990
Moito baila, moito baila, o amor da camarada, moito baila, moito baila, que parece unha monada.
Viva o lugar da costeira por todos os arredores; terra de moitas castañas, viva a nosa castañeira.
Viva o lugar de Liñares, vivan os do pano branco, viva quen se lles pasea domingos e días santos.
Esta miña pandeireta ten o pelico de ovella, inda onte comeu herba, hoxe toca que rabea.
O pandeiro rabeou, o pandeiro rabeou; tamén ha de rabear-e quen a barriga rachou.
Se queres que o carro cante, móllalle o eixo no río; despois, co eixo mollado, canta como un asubío.
65
uiñeira Mangoeiro Avión.
Santa Isabel de Liñares díxome que lle rezase, que me habías de valer cando por ela chamase.
Outubro 1990
Vou a dar a despedida como a dan os labradores, co sombreiro na mao, moi boas tardes teñan, señores.
66
“ Oroso Avión.
Decembro 1994
No la llevaba con vino que la llevaba con agua, para regar los claveles que tenía en la ventana.
Se queres aquí, aquí, se queres alá, alá, se queres na “cas” do cura, na “cas” do cura será.
As mociñas de Oroso, eu direi quen elas son-e, delgadiñas da cintura e alegres de corazon-e.
Arriba pandeiro roto, abaixo manta mollada, onde se sentan as mozas os mozos non valen nada.
67
ota”
“
ota” Oroso Avión.
No lugarciño de Oroso teño a quen quero ver; teño por riba da fonte e por baixo tamén.
Da túa ventana á miña, do teu corredor ao meu, hai unha larga cadea e quen a pasea son eu.
Ponde leña a ese lume, anque sexa de carrasco, que van saír a bailar a Carriza e mais o Chasco.
Da túa ventana á miña hai o salto dunha cobra; ¡quen lle pudera chamar á túa nai miña sogra! Inda agora reparei, inda agora reparei; se me parara máis cedo non amaba a quen amei.
68
Decembro 1994
“ Oroso Avión.
Decembro 1994
O meu amor díxome onte que me había de ver hoxe; se é hoxe inda non tarda que ten o camiño lonxe.
Eiquí todas, eiquí todas, a redor do meu sombreiro, heivos de casar a todas i eu hei de quedar solteira. Eu non podo anque queira, eu non podo anque queira, non podo coller a rosa riba daquela roseira.
69
ota”
uiñeira Oroso Avión.
Dices que te vas mañana, yo me voy al otro día, espera por mi si quieres, iremos en compañía.
Oroso tiene las llaves del paraíso del cielo y las de mi corazón las tiene un chaval moreno. Logo lles vou a parar-e, logo lles vou a parar-e, bailadores do turreiro teñen que disimular-e.
70
Decembro 1994
uiñeira Oroso Avión.
Decembro 1994
A la fuente voy por agua, al molino por moler, y a la casa de tus padres solo voy por irte a ver.
Eu aquí non veño a nada, eu aquí non veño a nada, solo son foliadeira, veño a ver a foliada.
A la fuente voy por agua y a la huerta por verdura, y a la casa de tus padres voy por ver tu hermosura.
Por cantar e por bailar, eso faino todo o mundo, se perdió por mormurar la vida de cada uno.
Non chas quero, non chas quero as palabriñas dos homes, parécenche moi boas e rouban os corazones.
O gaiteiro de Soutelo foi tocar á Santa Marta, e no medio do camiño escangallóuselle a gaita.
Bailador, baila lixeiro, bailador, baila lixeiro, un bailador coma ti inda non veu ao turreiro.
Manuel, Manueliño, Manuel, Manueliño, o día da túa voda eu hei ser o teu padriño.
71
asodobre Oroso Avión.
Decembro 1994
Voulles parar de repente, voulles parar de repente, miña nai non me criou-e para devertir á xente.
Eu pasei pola túa porta por ver a túa hermosura e a porca da túa nai-e lapaba na lavadura.
As mociñas de Oroso, digan o que queiran delas, son as que levan a palma debaixo das estrelas.
O noso amiño de hoxe ten bon viño pra beber-e; ten o viño na bodega, moito nos dá de beber-e.
Porque canto, porque canto, e se choro, porque choro, se me ven falar contigo xa me din que te namoro.
O carballo da Portela inda non lle cae a folla; eu non me quero casar-e anque me botan a sona.
Este lugar de Oroso heino de arrasar a tiros, hai un rapaciño nel-e lévame os cinco sentidos.
O que non canta nen baila ¿que vén facer ao serán? Vén oír catro mentiras para contar de mañán.
Eu cantar, non sei cantar eu bailar, non sei dar voltas; inda teño de aprender-e coas veciñas da porta.
* A cantiga comeza con esta frase. Despois do estribillo seguen as coplas.
72
asodobre Oroso Avión.
Decembro 1994
Bágoas que os meus ollos choran, lavan un cesto de roupa, ¿Como non hei de chorar, tu nunha terra e eu noutra?
Púxenme a chorar un pouco á sombra de aquela carqueixa; respondeume a flor do toxo, non chores por quen te deixa.
Ao mar foron meus ollos por auga para chorar-e; e viñéronse sen ela porque estaba seco o mar-e.
Arrimeime a un pino verde por ver se me consolaba; o pino, como era novo, ao verme chorar choraba.
Anque me vou, non me vou, anque me vou, non te olvido, anque marcho co corpo non me vou co meu sentido.
Como de aiquí ao mar-e, como do mar a Marín-e; tanto hai de aquí ao mar-e, tanto hai que te non vin-e.
Bailai de aquí a mañá, bailai de aquí a mañá-e; para vos tocar a vós nunca me cansou a mao-e.
73
asodobre Oroso Avión.
Canta, miña camarada, canta, miña camarada; se cantaches de solteira, ¿por que cantas de casada?
Agarrarivos, agarrarivos, se vos querés agarrar-e; que vos agarrés que non-e, eu parar hei de parar-e.
O anillo do meu dedo, xa se foi quen o levou; foi a cara máis bonita que por Ourense pasou-e.
Unha pera, dúas peras, non tiña máis a pereira; unha era para min-e, outra para a compañeira.
74
Decembro 1994
asodobre Oroso AviĂłn.
Var. EspiĂąeiro
Decembro 1994
75
alse Oroso Aviรณn.
76
Decembro 1994
alse Oroso Avión.
Decembro 1994
Eu tenho um cancinho e voçê tem dous; adiós meu amor um dia despois.
Eu tenho um cancinho e voçê tem quatro; a cara do cão é o seu retrato
Eu tenho um cancinho e voçê tem três; o mais pequeninho já me guarda a res.
Se o meu retrato é a cara do cão parece-se a ti, será teu irmão.
77
“
ota” Doade Beariz.
Ao caravel según nace chámanlle caraveliño; tamén os fillos do cura chámanlle ao pai señor tío.
O señor cura non baila porque ten unha coroa; baile, señor cura, baile, que Dios todo llo perdoa. Santa Isabel de Liñares, Santa Isabel de Liñares, tráemo diante dos meus ollos, quen eu quero ben o sabes.
78
Outubro 1990
“ Doade Beariz.
Febreiro 1993
Santo Domingo nació y yo también he nacido, con intención de quererte y por eso no te olvido.
79
ota”
“
ota� Doade Beariz.
Arriba, arriba ollos, arriba os ollos morenos, arriba, arriba ollos, non sei cando nos veremos.
Esta noite e mais a outra, e mais a outra pasada, abalei unha pereira que nunca fora abalada.
80
Febreiro 1993
uiñeira Doade Beariz.
Febreiro 1993
Vouche dando palabriñas, palabriñas de papel; moitos anos se pasean o home e a muller.
Míraa que baila ben, míraa que baila ben; é filla dunha viuda, mira pra ela, míraa ben.
Mándame unha carta, manda, meu irmao da miña vida; mándame unha carta,manda, da túa mao despedida.
Por aquel que entrou no baile, por aquel que entrou agora, por aquel que entrou no baile tocarei a noite toda.
81
alse Var. de LiĂąares
Doade Beariz.
82
Febreiro 1993
“ Xirazga Beariz.
Novembro 1985
¿De onde é ise bailador, ise bailador de onde é, de onde é ise bailador tan lixeiriño do pé?
Tes un caravel na boca e os dentes son as folliñas; namóranme as túas falas pero dásme moi pouquiñas.
Viva o lugar do Alén, viva polos catro lados, vivan os mozos e as mozas, vivan tamén os casados.
Miña gargantiña rouca, miña gargantiña rouca, heite de levar á feira, heite de cambiar por outra.
Algún día cantei ben, agora vella non podo; o que canta ben de novo sempre lle vai dando un modo.
Miña garganta de neve, miña garganta de neve, non vou a parte ningunha, garganta, que non te leve.
Onde vai que non cantei, onde vai que non cantei, vou ver a miña garganta se está como a deixei.
I alá vai e non vai outra, i esta vai e non vai outra, para tocar xa non podo, para cantar estou rouca.
83
ota”
uiñeira Xirazga Beariz.
Saca puntos, saca puntos, galanciño no turreiro; saca puntos, saca puntos, ti e mais o compañeiro.
Xirazguiña viva, viva, Xirazguiña viva ben, Xirazguiña viva, viva porque canta e baila ben.
Inda che hei de botar unha , inda che hei de botar outra; inda che hei de botar unha que che hei de queimar a roupa.
Xirazguiña pra cantar, Xirazguiña pra cantar, anque non canta moi alto sábeno adonairar.
Perendengues nas orellas tamén os ten o meu can; cando vai detrás das lebres vai mirando se lle can.
Inda lle hei de preguntar a ese que aturuxou, en que lugar foi nacido e en que sitio se criou.
Esta muiñeira nova, esta nova muiñeira, esta muiñeira nova tróuxena eu da ribeira.
Garabullos, garabullos, garabullos todos xuntos, aos señores bailadores acabáronselle os puntos.
84
Outubro 1985
uiñeira Xirazga Beariz.
Novembro 1985
A foliada vai boa, ela non vai de perder, ela non vai de perder, quen non ten amores nela deseará de os ter; quen non ten amores nela deseará de os ter.
Quedaron de vir, han vir, quedaron de vir, han vir, quedaron de vir, han vir; eles deron a palabra i eles hana de cumprir; eles deron a palabra i eles hana de cumprir.
Saca punto, saca punto, galanciño, no turreiro; galanciño, no turreiro, saca punto, saca punto, ti e mais o compañeiro; saca punto, saca punto, ti e mais o compañeiro.
85
“
remelique” Xirazga Beariz.
Baila con ela sen duda, baila con ela sen duda, é filla do arrieiro i hache regalar a burra.
Baila como has de bailar, non andes facendo a risa que antes de saír do baile has de sacar a camisa.
86
Novembro 1985
“ Xirazga Beariz.
Xullo 1996
Baselisa está na cama pola tunda que lle deron; levántate, Baselisa, que pouco mal che fixeron.
87
remelique”
uada Xirazga Beariz.
88
Outubro 1985
anto de Reis Xirazga Beariz.
Xullo 1996
La licencia la traemos del señor corregidor, a las puertas que cantemos que nos dean lo mejor.
Nós non lle somos soberbios, con pouco nos contentamos, por dous perniles que quedan, eses tamén os levamos.
Déannos de todo algo, de todo aunque sea pouco, déannos touciño e medio e mais a metade do outro.
Aí lle van os nosos reis con toda confianza, pra levar o porco enteiro, fáltannos as miudanzas.
89
Cantigas
Cancioneiro Popular da Provincia de Ourense. Vol. 1
CANTIGAS DE
mor
Cantigas que fan referencia ao canto Cantigas que fan referencia ao baile Cantigas que tratan das relacións entre os namorados Cantigas de galanteo e louvanza Cantigas referidas a amores pasados e esquecidos Cantigas referidas a máximas e ditos amorosos Cantigas de confesión amorosa Cantigas referidas a consellos amorosos Cantigas de ronda Cantigas que expresan desexos Cantigas irónicas, burlonas e picarescas Cantigas que expresan sufrimento por amor Cantigas de desprezo e desdén
CANTIGAS DE AMOR
CANTIGAS QUE FAN REFERENCIA AO
anto
Se queres que cho diga, cantando cho direi; cantando tomei amores, cantando (chorando) os olvidei.
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS QUE FAN REFERENCIA AO CANTO
1
4
Cantaruxa, cantaruxa, filla da Cantaruxeira, heiche de cantaruxar inda que a túa nai non queira.
Se queres que cho diga, cantando cho direi: cantando tomei amores, cantando (chorando) os olvidei.
1
5
Cando canto este cantar-e, meu ramalliño de flores, cando canto este cantar-e acórdanme os meu amores.
Cantade mozas, cantade todas, alegrade os corazóns; non digan que temos pena por outros amores platóns.
3
6
Cantarei pola Baranda, cantarei pola Baranda, viva quen anda en amores, viva quen en amores anda.
Se sobera que cantando reducía unha morena, toda a noite cantaría anque de día durmira.
96
CANTIGAS DE AMOR
CANTIGAS QUE FAN REFERENCIA AO
aile
Entrade, mociños, entrade, por esa porta para dentro, que aquí non vos está quen traedes no pensamento.
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS QUE FAN REFERENCIA AO BAILE
1
5
Moito baila, moito baila, o amor da camarada; moito baila, moito baila, que parece unha monada.
Entrade, mociños, entrade, por esa porta para dentro, que aquí non vos está quen traedes no pensamento.
2
6
Baila ben o bailador e tamén a bailadora; se a vista non me engana, ha de ser a súa noiva.
Quedaches de vir, viñeches, miña mazá colorada; quedaches de vir, viñeches, esta noite á pandeirada.
3
7
A pandeirada vai boa pero non vai de perder-e; quen non ten amores nela, ¡ai! deseará de os ter-e.
Arriba, arriba con ela, con esta foliadiña; esta noite “cortegei” , unha moza que foi miña.
4
A ruadiña vai boa, ela non vai de perder; quen non ten amores nela deseará de os ter.
98
CANTIGAS DE AMOR
CANTIGAS QUE TRATAN DAS RELACIÓNS ENTRE OS
amorados
Algún día era eu só a que o teu xardín regaba, agora xa somos moitas a beber da túa auga.
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS QUE TRATAN DAS RELACIÓNS ENTRE OS NAMORADOS
1
8
Arrechégate, arrechégate, arrechégate, amor meu, arrechégate, arrechégate, se non arrechégome eu.
María, ti es o demo, sempre me andas tentando; vou ao río, vou á fonte, sempre te encontro lavando.
2
9
Non me mires, non me mires, que ben miradiña vou, non me mirou tanto miña nai que me criou.
Morena e amorenada, morena e amorenada, dalle unha volta ao pelo, que che quero ver a cara.
3
10
Non me tires con pedriñas cando estou lavando a roupa (louza), tírame con palabriñas onde miña nai non ouza.
A palabra que me deches o día de Santa Isabel, a palabra que me deches haina que cumplir, Manuel.
4
11
Non quero que te levantes que estás en panos menores, quero que desde a cama me escoites catro razones.
Mira para ela galan-e, mira para ela brivón-e xa lle deches a palabra e agora dislle que non-e
5
12
Heiche roubar un bico, mira que cho hei de roubar, a carón da túa porta sen que me vexa o teu pai.
Ben te vin, ben te mirei, meu ramilliño de azafrán, ben te vin, ben te mirei, non che puden dar a man.
6
13
Heiche de dar, queridiño, heiche de dar o que teño, heiche de dar, queridiño, o anillo do meu dedo.
Ben te vin estar na misa, ben te vin arrodillar-e, ben te vin polos meus ollos de rodillas no altar-e.
7
14
Hei de facer un reló de rebandas de pantrigo para saber os minutos que estou ao serán contigo.
Caravel, caraveliño, caravel, caraviñol, o día que eu non te vexo para min non raia o sol.
100
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS QUE TRATAN DAS RELACIÓNS ENTRE OS NAMORADOS
15
22
Se ti me quixeras ben e me tiveras cariño, de lonxe farías perto e do perto bon camiño.
Pola túa porta pasa o correo das mentiras, inda lle podes pagar, que pasa todos os días.
16
23
Inda que te volvas culebra e te botes ao mar, e te envolvas na areia, os meus ollos hante buscar.
Pensaches de me engañar con palabras amorosas, eu non son tonta nen cega que non vexa ben as cousas.
17
24
Corazón por corazón, o meu non deixes de amar, mira que o meu corazón inda non é de deixar.
Sempre me estás voume, voume, xa te podías ter ido; se te foras fai un ano xa me tiñas esquecido.
18
25
Maruxiña, Maruxiña, téñoche o ollo botado, ou te has de casar comigo, ou te ha de partir un raio.
Non mas botes tan altas que xa chegan ás estrelas, anque son rapaza nova, non deixo de comprendelas.
19
26
Algún día era eu só a que o teu xardín regaba, agora xa somos moitas a beber da túa auga.
Se mo deches foi no muíño, se mo deches fixeches ben, se mo deches foi no muíño, era de noite e non vía ninguén.
20
27
Fun ás mozas a Baiste e pillei unha molladura, inda así cheguei contento, xa está a mazá madura.
Non me mires de reollo, non me mires de reollo que eu non son a que me caso nen a que che leva o mozo
21
28
Inda che hei de botar unha, inda che hei de botar outra, inda che hei de botar unha polo burato da porta.
Non me mires, non me mires, que ben miradiña vou , o galán que me pretende a tanto non reparou.
101
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS QUE TRATAN DAS RELACIÓNS ENTRE OS NAMORADOS
29
36
Anque me vou, non me vou, anque me vou, non te olvido, anque me vou co meu corpo, non me vou co meu sentido.
Loureiro da folla preta, loureiro da folla preta, entre dous que ben se queren nunca falta quen se meta.
30
37
Fuches contar mal de min a onde tanto me querían, a ti todo che aceptaban, a min todo me decían.
A carballeira de Barcia ten un carballo cerquiño, debaixo dese carballo arrúloche ao meu meniño.
31
38
Decías que non me querías, decías que non me querías, cunha mao me botabas, con outra me recollías.
Esta si que che vai boa, esta si que boa vai, esta si que che vai boa, á porta da túa nai.
32
39
Non me rondes, non me rondes, que non quero ser rondada, que son filla de bons pais, non quero ser marmurada.
Á túa nai xa llo dixen e ao teu pai heillo dicer-e, a ti non che digo nada, fai como che parecer-e.
33
40
Moza que vendes as peras, cantas che mandaron dar-e; para ti, meu galanciño(queridiño), non mas mandaron contar-e.
Arrímateme miña prima, arrímateme por Dios, arrímateme miña prima que non se rían de nós.
34
41
As estreliñas van altas, meniña vaite deitar, esas contas sonche as miñas que teño que madrugar.
Maruxiña do Portelo, Maruxiña do Portelo, á túa nai xa llo dixen e ao teu pai téñolle medo.
35
42
O río, cando vai grande, no medio fai un remanso; eu nos teus brazos, meniña, anque non durmo descanso.
Somos primos, somos primos, somos e non o negamos, e en calquera romería somos nós os que pintamos.
102
CANTIGAS DE
CANTIGAS QUE TRATAN DAS RELACIÓNS ENTRE OS NAMORADOS
43
50
Túa nai anda a decir que ti a raíña mereces; eu como non son a raíña non quero que me desprecies.
Baila con ela galan-e, baila con ela galan-e, anque llo vaias pedir-e, eu ben sei que cha non dan-e.
44
51
Chamáchesme moreniña a vista de tanta xente, e agora vaime quedar-e moreniña para sempre.
Toda a miña vida andiven atrás un mozo, Manuel, agora que o atopei, cáeme a sopa por el.
45
52
Chamáchesme moreniña, era do polvo da eira, xa me verás pró domingo como a rosa na roseira.
Písalle a punta do pé, písalle a punta do pé, anque lla pises e pises ela para ti non é.
46
53
Chamáchesme moreniña, blanquiña vaite lavar, dixeches que non tiña amores, inda chos poido prestar.
Non te achegues moito a ela, non te achegues moito a ela, anque che está solteiriña non ten o amor na terra.
47
54
Chegaron as pimenteiras, hai alegría na praza, vou ver se chegou con elas tamén a miña rapaza.
Non lle toques no mandil, non lle toques no mandil, que ela é rapaza nova, ten o home no Brasil.
48
55
O anelo do meu dedo ten pechadura e chave, o secreto do meu peito só meu amor o sabe.
A sombra do castiñeiro é moi boa para o vrao, heite de levar a ela, queridiña, pola mao.
49
56
Déixame subir ao alto que no alto vexo ben, tamén vexo os meus amores se me falan con alguén.
Agora que vén a noite vén a miña regalía, para ver os meus amores que non os vin polo día.
103
MOR
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS QUE TRATAN DAS RELACIÓNS ENTRE OS NAMORADOS
57
64
O meu amor se é de lei, quedou en vir aquí hoxe, se ha de vir(se é hoxe) inda non tarda que ten o camiño lonxe.
Ai, que ventanas tan altas que non as podo subir, bótame ti, Maruxiña, as trenzas do teu mandil.
58
65
O meu amor díxome onte que me había de ver hoxe, se é hoxe inda non tarda que ten o camiño lonxe.
Da túa ventana á miña, do teu corredor ao meu hai unha larga cadea e quen pasa son eu.
59
66
Quedaches de vir, viñeches, e cumpliches a palabra, se a de hoxe non cumpliras outro día non cha daba.
O que non foi, queridiño, non o deixes morrer, o que non foi, queridiño, o que non foi, ha de ser.
60
67
Hoxe o meu aquí non vén, hoxe o meu aquí non vén, caeume nun barranco, ¿a cabaliño de quen?
O muíño anda en vao, o muíño anda en vao; vamos eu e ti, meniña, vámoslle achegar o grao.
61
68
Quedaches en vir ás nove, viñeches ás nove e media, ¿pensas que non é pecado enganar a unha morena?
Se queres aquí, aquí, se queres alá, alá, se queres na cas do cura, na cas do cura será.
62
69
Moza que estás na ventana coa punta do pano fóra, eu a cara non cha vexo e o pano non me namora.
Se queres que vaia e vaia, meniña ao teu lugar, has de encerrar a cadela que non fai senón ladrar.
63
70
Ergue arriba ese sombreiro que che quero ver a cara, que me din que es moreno, e a min moreno me agrada.
Se me queres, di que si, se non, dime que me vaia, non me teñas ao sereo que non son cántaro de auga.
104
CANTIGAS DE
CANTIGAS QUE TRATAN DAS RELACIÓNS ENTRE OS NAMORADOS
71
74
Se soubera que este mozo viña por tomar amores, íballe poñer na rúa un ramalliño de flores.
Vouche dando palabriñas, palabriñas de papel, moitos anos se pasean o home e a muller.
72
75
Se soubera que ti dabas pasadiñas por me ver-e, tamén che eu daba a palabra de outros amores non ter-e.
Eu querer; quéroche ben na raíz do corazón, solo me falta saber se ti me queres ou non.
73
Se canto porque canto e se choro porque choro, se me ven falar contigo xa me din que te namoro.
76
79
Amor mío, vienes tarde, has de dormir al sereno; ábreme las puertas, abre, que yo sé que tarde vengo.
A la luna de Valencia solo le falta un día; y a ti te falta un año, querido, para ser mío.
77
80
Mi madre por ser mi madre, con todo el poder que tiene, no es quien para privarme de querer a quien me quiere.
Que te quiero, bien lo sabes, que te adoro, sol divino; no quiero ser despreciada, es el favor que te pido.
78
81
Todos los toritos bravos, tienen gitanas en arranque; solo te acuerdas de mi cuando me tienes delante.
Tengo la garganta mala, necesito otra mejor, ya la tengo a serenar en los labios de mi amor.
105
MOR
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS QUE TRATAN DAS RELACIÓNS ENTRE OS NAMORADOS
81
85
Dicen que la hierba mora desciende del agua clara. ¿Para que me quieres hoy si te he de olvidar mañana?
A la fuente voy por agua, al molino por moler y a la casa de tus padres solo voy por irte a ver.
83
86
Si me quieres dar la muerte, olvídame, prenda mía; no hay cuchillo más fuerte para quitarme la vida.
A la fuente voy por agua, y a la huerta por verdura y a la casa de tus padres voy por ver tu hermosura.
84
87
Dices que te vas mañana, yo me voy al otro día. Espera por mi si quieres, iremos al otro día.
Arrímate a mi que soy, arrímate a mi que he sido, arrímate a mi que soy el amante más querido
106
CANTIGAS DE AMOR
CANTIGAS DE
alanteo e louvanza
Moi ben canta, moi ben canta “la señorita en el mar.” Os mariñeiros dan volta solo por oíla cantar
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS DE GALANTEO E LOUVANZA
1
7
Teño un amor como un sol e eu a Dios non llo merezo, todos me din que o venda e o meu amor non ten prezo.
O meu amor é soldado, o meu amor é sargento, e unha cara como a del non entrou no regimiento.
2
8
Teño unha paloma branca encima do valo da eira, non lle tires cazador que é a miña compañeira.
Os teus ollos son luceiros, a túa cara unha custodia, os teus beizos escaleiras para subir deica a gloria.
3
9
Indo pola carretera, moito pican as areas, non hai amor como o meu debaixo das estrelas.
Eu son minero nas minas de Marcofán, na ladeira, e a miña moza de Valcobo é a mellor lavandeira.
4
10
Manuel, Manueliño, a túa chaqueta ben cheira, cheira a rosa, cheira a flor, cheira a flor da laranxeira.
Rosiña, Rosiña, Rosa, Rosiña do torovisco, o que che puxo Rosiña, moitas rosas tiña visto.
5
11
Moi ben canta, moi ben canta “la señorita en el mar.” Os mariñeiros dan volta solo por oíla cantar
¡Ai que boa parexiña, ai que boa talla fan, ai que boa parexiña, a Manuela e mais o Xan!
6
12
Tes dous olliños na cara que parecen dous luceiros. O día que non chos vexo de sentementos me morro.
Agora si que vin mozos, agora si que os vin, agora si que vin mozos que me gustaron a min.
13
14
¡Ay que manos para guantes, ay que dedos para anillos, ay que labios tan hermosos para recibir cariños!
Tienes unos ojos negros que parecen dos luceros, que salen a los caminos a robar a los pasajeros.
108
CANTIGAS DE AMOR
CANTIGAS REFERIDAS A
mores pasados e esquecidos
Pola túa porta pasa un regueiro de auga fría, onde os mozos van a ver os amores de algún día.
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS REFERIDAS A AMORES PASADOS E ESQUECIDOS
1
7
Dentro do meu peito teño unha rosa sen abrir, xa me tiveches na mao, non me deixaras saír.
Algún día que te quixen foi por ir pasar o tempo, agora xa non te quero, pois teño conocimento.
2
8
Dentro do meu peito teño dúas escaleiras de vidro, por unha sobe o amante, por outra baixa o olvido.
Algún día ben te quixen, agora xa non te quero , agora me gabo eu que te quería e te deixo.
3
9
Olvidáchesme, olvideite, perdinche a vista dos ollos, o día que me olvidaches xa tomei amores noutro(novos).
Pola túa porta pasa un regueiro de auga fría, onde os mozos van a ver os amores de algún día.
4
10
Ti deixáchesme, eu deixeite, corvos che piquen os ollos, o día que me deixaches xa tomei(collín) amores novos.
Pasouche o sol pola porta, axudáraste meniña, o río, cando vai baixo, tarde ou nunca vai arriba.
5
11
Algun día ben cantaba, algun día ben cantei, algun día ben cantaba agora xa me olvidei.
O anillo do meu dedo caeu no río e mollouse, e agora, meu queridiño, o noso amor acabouse.
6
12
Algún día fuches miña, agora véñote ver-e, que che quero preguntar-e se me volves a querer-e. (se queres volver a ser-e.)
O anelo que me deches inda cho traigo no dedo, que cho penso demandar polo primeiro correo.
110
CANTIGAS DE
CANTIGAS REFERIDAS A AMORES PASADOS E ESQUECIDOS
13
20
Cando quixen, non quixeches, agora queres, non quero, agora me alabo eu que te quería e te deixo.
Pena non teño ningunha, nen teño por que a ter, os amores esquecidos xa non me volven querer.
14
21
Pensaches que te quería, era un engano teu, desa túa fermosura non me namoraba eu.
Canta ti, cantarei eu, farémolos dous cantando. Canta ti que tes amores que os meus vanse acabando.
15
22
Como queres que te queira, que che teña atención, se outros paxariños voan dentro do meu corazón.
Eu tiven moitos amores que me decían chorando, que nunca me olvidarían e me estaban olvidando.
16
23
Os amores de algún día, o meu regalo era velos, agora tanto me dá amalos como perdelos.
Antonio, meu Antoniño, meu arelo de apretar, fuches polo río abaixo e mais deixeite marchar.
17
24
Eu namoreime do vento, do vento me namorei, o vento como é lixeiro, eu sen amores quedei.
Meu amante traidor, meu amante traidor, ti por min non pases pena e eu por ti non paso dor.
18
25
Alá arriba, naquel alto, sentín chorar e escoitei, moi perdidiños andades, amores que eu olvidei.
Eras unha verde estrela cando eu te conocín, agora amas a outra, xa non te acordas de min.
19
26
Carreteiriña da serra, enladrillada de pizarra, pasaron os meus amores cando lle verei a cara.
Inda agora reparei, inda agora reparei, se reparara máis cedo non amaba a quen amei.
111
MOR
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS REFERIDAS A AMORES PASADOS E ESQUECIDOS
27
29
Si te quise fue un sueño, que te olvidé, no lo ignoro. La culpa la tienes tu, por buscarme con tanto empeño.
Yo tenía un amor firme, de tan firme me olvidó. La culpa no ha sido de el sinó de quien le aconsejó.
28
30
No quiero del pan quemado que me amarga la corteza; conversaciones contigo, las que he tenido me pesan.
El río vuelve a su cauce, la golondrina a su nido. A mi corazón no vuelve la ilusión que se ha perdido.
112
CANTIGAS DE AMOR
CANTIGAS REFERIDAS A
áximas e ditos amorosos
Muíños non son muíños, que son casiñas dos ratos, onde se dan os cariños e mais os moitos abrazos.
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS REFERIDAS A MÁXIMAS E DITOS AMOROSOS
1
8
Chove e mais non hai orballo, chove e mais non hai orballo, o amor que ha de ser meu, non terá tanto traballo.
O candil que non alumea non se colga no pontón, e o amor que non é firme non se trae no corazón.
2
9
Amores ao lonxe, lonxe, é unha cousa perdida, cando dos ollos se apartan, do corazón se olvidan.(retiran)
O cariño é o demo e polos ollos se mete, ao chegar ao corazón dá puñaladas de morte.
3
10
Amores ao lonxe, lonxe, querediño do meu ben, amores ao pé da porta non dan proveito a ninguén.
O caravel cando nace rompe polas catro esquinas, o amor que se pretende non conta senón mentiras.
4
11
Amores ao lonxe, lonxe, queridiña do meu ben, amores ao lonxe, lonxe, que ao perto calquera os ten.
Muíños non son muíños, que son casiñas dos ratos, onde se dan os cariños e mais os moitos abrazos.
5
12
A raíz do toxo verde é moi mala de arrincar-e, os amoriños primeiros son moi malos de olvidar-e.
O amor que ha de ser meu non ha de ser bandolero, non ha de virar no aire, cantas vexo, cantas quero.
6
13
Debaixo da oliveira non se pode namorar, ten a folla meudiña, deixa pasar o luar.
Eu corteille o pico á rula porque me foi ao centeo, quen ten o amor bonito, rise de quen o ten feo.
7
O candil que non alumea non se colga da parede, o amor que non é de gusto non se ama como debe.
114
CANTIGAS DE
CANTIGAS REFERIDAS A MÁXIMAS E DITOS AMOROSOS
14
15
Amores privan el sueño, amores privan el sueño. Yo como no tengo amores por eso descanso y duermo.
El corazón de mi amor dicen que lo tengo yo. El corazón sin el cuerpo ¿para que lo quiero yo?
115
MOR
116
CANTIGAS DE AMOR
CANTIGAS DE
confesión amorosa
O meu amor é aquel que está naquela ventana; non é o que di o mundo, que o mundo tamén se engana.
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS DE CONFESIÓN AMOROSA
1
8
Manuel es de nome, o apelido non cho sei, mañá vou a túa casa, xa cho preguntarei.
O lugar de Candeliño, na cima ten un loureiro, cando paso por alí aloméame o luceiro.
2
9
Se te chamaras Xosé levaríate no sombreiro, como es Manuel del alma, no corazón te levo.
Lugarciño de Correa por debaixo pasa o río, por arriba se pasea “el amor que ha de ser mío.”
3
10
O meu amor é Manuel, o seu amor é Manuel, todos me din que o traio na punta do caravel.
Carretera de Doade, as silveiras botan flores, por aquelas carrreteras paséanse os meus amores.
4
11
Todos os Manueles son lindos como caraveles, eu que non son moi xeitosa, mórrome por dous Manueles.
De Liñares a Baiste, de Baiste a Rubillón, paséanse os meus amores anque me digan que non.
5
12
Farruco, por ti me arrisco, por ti me hei de arriscar, o primeiro fillo que teña, Farruquiño se ha de chamar.
Xirarguiña, xirargués, Xirarguiña, xirargués, olliños da miña cara en Xirarga quedarés.
6
13
Sete letras ten o nome do máis querido que eu teño, a primeira é unha L, as outras non as entendo.
Pasei o Cotopeira, pasei o Cotopeira, olliños que ben me queren quedan no campo da feira.
7
14
O amiero prende de póla, e o salgueiro de raíz, tamén prenden os meus ollos no lugar de Beariz.
Cando paso pola túa porta e te vexo na ventana, o corazón alegráseme para toda a semana.
118
CANTIGAS DE
CANTIGAS DE CONFESIÓN AMOROSA
15
22
Da túa porta á miña hai o salto dunha cobra, inda lle hei de chamar á túa nai miña sogra.
Namoreime de noite dunha loira panadeira que coas colores do forno íbase pondo morena.
16
23
Teño unha casiña branca na mariña entre os lameiros, teño paz e teño amor, estou vivindo no ceo
Todos me din que te esqueza, cousa que non pode ser, esquecerte coa morte, todo pode suceder.
17
24
Teño de ir, teño de vir-e, meniña ao teu lugar-e, teño de ir, teño de vir-e, até que te hei de levar-e.
Válgame Deus do ceo, quen agora aquí chegou, estaba para marchar e agora xa non me vou.
18
25
Eu tirei cunha laranxa desde aquí a Portonovo, dentro de aquela laranxa iba o meu corazón todo.
Prende salgueiriño, prende, ao pé da fonte pequena, tamén prenden os meus ollos no corazón dunha nena.
19
26
A laranxa pequeniña cabe dentro dun limón, tamén ti, meu queridiño, cabes no meu corazón.
Unha vez caín ao río, outra caínche no mar, outra nos teus brazos, nena, non me poiden levantar.
20
27
O meu amor é aquel que está naquela ventana; non é o que di o mundo, que o mundo tamén se engana.
O día que ti te vaias desta terra para outra, coa auga dos meus ollos lavarei a túa roupa.
21
28
Namorada veño nai, namorada dunha pedra, namorada dun canteiro, do canteiro que anda nela.
Mándame unha carta, manda, meu amor da miña vida, mándame unha carta, manda, da túa mao escrebida.
119
MOR
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS DE CONFESIÓN AMOROSA
29
32
Vente comigo meniña, deixa a nai que te criou, inda que ela te queira ben, non che dá o que eu che dou.
Se eu fora mariposa voaría á túa ventana e daríache os bos días “en una feliz mañana.”
30
33
O meu corazón, voando, dentro do teu foi caír, partíronlle as dúas alas, de alí non pode saír.
Á misa que ti vaias teño dito que non vou, nen ti rezas, nen eu rezo, nen con devoción estou.
31
34
Tes o cabelo amarelo, amarelo deica a punta, o día que non te vexo, ceo e terra se me xuntan.
O anillo do meu dedo xa se foi quen mo levou, foi a cara máis bonita que por Ourense pasou.
35
39
Las estrellas en el cielo tienen su sitio sabido, pero la que a mi me alumbra esta noche no ha salido.
Asómate a la ventana, y si no a la ventanilla, y si no tienes ventana, a tu puerta, vida mía.
36
40
Te quiero porque te quiero y porque me da la gana, porque me sale de dentro de las raíces del alma.
Santo Domingo nació y yo también he nacido con intención de quererte y por eso no te olvido.
37
41
Te quiero más que a mi vida aunque mi vida es amable y si no fuera pecado más que a la Virgen del Carmen.
Cuando me veas con otros no me pongas mala cara, yo con todos me divierto pero para ti estoy guardada.
38
Cuando me veas con otros no me pongas mala cara, yo con todos me divierto, para ti estoy guardada.
120
CANTIGAS DE AMOR
CANTIGAS REFERIDAS A
consellos amorosos
Non te cases cun ferreiro que o queiman as muxicas, cรกsate cun carpinteiro que fai as casas bonitas.
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS REFERIDAS A CONSELLOS AMOROSOS
1
6
Non te namores, meniña, meniña, non te namores, non te namores, meniña, das palabriñas dos homes.
Quen ten os amores lonxe e regueiros que pasar, fágalle a ponte de pedra que a de pau pódea levar.
2
7
Non te namores, meniña, do canteiro que ben canta, é a fariña da pedra que se lle pon na garganta.
Todos me din que te esqueza, que me vas dar mala vida, onde vai boi que non are, senón á cortaduría.
3
8
Non te cases cun ferreiro que o queiman as muxicas, cásate cun carpinteiro que fai as casas bonitas.
Nena, peina o teu cabelo, non sexas tan preguiceira que o cabelo é a honra dunha rapaza solteira.
4
9
Non te cases cun ferreiro que é moi malo de lavar-e, cásate cun mariñeiro que vén lavado do mar-e.
O meu amor cando marchou díxome que non chorase, que me divertira moito pero que non o olvidase.
5
10
Non te fíes dos homes inda que os vexas chorar-e, que as lágrimas che din o pago que che han de dar-e.
Queridiña dóenche os ollos, tamén che me doen os meus, vámolos lavar ao río, onde a troita lava os seus.
122
CANTIGAS DE AMOR
CANTIGAS DE
onda
Debaixo da túa ventana pegoume o sono e durmín, e despertáronme os galos cantando quiquiriquí
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS DE RONDA
1
7
Teño unha moza en Padrón que tamén é pimenteira, cando vou vela de noite ládrame o can desde a eira.
Esta noite hei de ir alá, meniña non teñas medo, coa punta da espada heille dar ao tarabelo.
2
8
Para ir e vir de noite ao lugar de Cabadosa, para ir e vir de noite, aliméame unha rosa.
Esta noite hei de ir alá, meniña non teñas medo, deíxame a porta trancada cunha palla de centeo.
3
9
Dende Beariz a Valcobo teño os pasos ben contados, dende Valcobo a Beariz, téñochos ben repasados.
Ladran os cans, alguén vén, ladran os cans, alguén vén. Son os mozos da outra noite, quedaron de vir e vén.
4
10
Carreteiriña da Brea, cando eu a paseaba era de noite e chovía pero eu non me mollaba.
Miña nai pensa que estou deitado na cama nova. Ando por estos camiños percurándolle unha nora.
5
11
Ai, vámonos de aquí correndo, ai, vámonos de aquí correndo. Eu aquí non teño amores. ¿Que estou eu aquí facendo?
Debaixo da túa ventana pegoume o sono e durmín, e despertáronme os galos cantando quiquiriquí.
6
12
Cantan os galos ao día, ragalo dos namorados, vámonos de aiquí meus ollos que nos pillan descoidados.
Hai que boa noite está para ir aos limones, á horta de meus pais, ao xardín dos meus amores.
13
Y a la una de la noche, y a las dos de la mañana, me agarraron prisionero debajo de tu ventana.
124
CANTIGAS DE AMOR
CANTIGAS QUE EXPRESAN
esexos
Vexo a casa dos meus pais, tamén vexo a dos meus sogros. ¿Cando serei eu a dona de aquel caserío todo?
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS QUE EXPRESAN DESEXOS
1
As estrelas corren, corren e non se apartan da lúa, queira Dios que non se aparte a miña i-alma da túa. 2
9
As estrelas polo ceo e o sol pola carretera, o meu corazón polo teu suspira unha noite enteira.
Señora Santa Isabel da capela de Liñares, tráeme diante dos ollos a quen quero, ben o sabes.
3
10
Quen me dera, quen me dera, quen me dera o que non teño, unha veiga en Lebozán e os amores en Soutelo.
Nosa Señora do Carmo e mais a da Conceución, tráeme diante dos ollos a quen teño no corazón.
4
11
Quen me dera dar un si que me ouviran alá arriba, que dixeran meus irmaos: esa é a irmana miña.
O muíño troula, troula, e a auga faino troulear, e a filla do muiñeiro rabea por se casar.
5
12
Quen me dera na Edreira unha parriña con uvas, para levarlle aos amores e mirar se están maduras.
Río da ponte da Pedra baixa a modo e vén mansiño, deixa que me chegue enxoito de Magros o meu cariño.
6
13
Quen me dera o que non teño, quen me dera o que non teño, unha casa en Mouriscados e un amorciño en Sobredo.
Vexo a casa dos meus pais., tamén vexo a dos meus sogros. ¿Cando serei eu a dona de aquel caserío todo?
7
14
Nosa Señora do Couso e mais a de Rubillón, traédeme diante dos ollos a quen teño no corazón.
Repoliño, repoliño, repoliño, repolado, quen me dera, repolo, na miña horta plantado.
8
15
Señora Santa Isabel non lle veño a pedir grao, véñolle a pedir un mozo que faga tremer o chao.
Eu non podo anque queira, eu non podo anque queira, non podo coller a rosa por riba daquela roseira.
126
CANTIGAS DE AMOR
CANTIGAS
rónicas, burlonas e picarescas
Se chove, deixa chover, se neva, deixa nevar, que eu ben sei dun abriguiño onde me hei de abrigar.
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS IRÓNICAS, BURLONAS E PICARESCAS
1
8
Teño un amor que me quere, outro que me dá diñeiro, outro que me desengana, ese é o verdadeiro.
Maruxa fixo unha fonte, botoulle un bico de prata, e Manuel non bebe nela , Maruxa todo se mata.
2
9
Teño un amor, teño dous-e, teño tres, non quero máis-e, teño un amor enganado, non quero enganar a máis-e.
Esta noite tiven un sono, un sono moi divertido, soñei que tiña na cama a forma do teu vestido.
3
10
Teño unha moza en Xirazga, teño outra en Lebozán, e para ver á de Beariz vou pola ponte Garfián.
O meu amor trata en peras, compra a oito e vende a nove, e coa ganancia das peras, o meu amor ha ser home.
4
11
Teño un amor na montaña, teño un amor montañés, teño un amor na montaña, no Ribeiro teño tres. (na ribeira)
Se chove, deixa chover, se neva, deixa nevar, que eu ben sei dun abriguiño onde me hei de abrigar.
5
12
Cando saín de Beariz andaba ás apalpadelas, como non se vía nada, fun bater na túa cancela.
Eu ben sei onde dixeches que ti para min xa non eras, outros navíos máis grandes navegaron con menos vela.
6
13
Esta noite e mais a outra e mais a outra pasada, abalei unha pereira que nunca foi abalada.
Teño unha moza na Hermida que lle reza a San Antonio para que case comigo, anque son un demonio.
7
14
¡Ai que noite, queridiño, ai que noite de luar-e, ai que noite, queridiño, de coller e sementar-e!
Dame da mazán que comes, da pera un bocadiño, dame da punta da lengua donde metelo cariño.
128
CANTIGAS DE
CANTIGAS IRÓNICAS, BURLONAS E PICARESCAS
15
18
¡Ai que piñeiro tan alto, ai que piñas amarelas, ai que falas ten os homes, quen se lles fiará delas!
O amor que ha de ser meu ten que ter o cu de pao, a barriga de pantrigo e a cara de bacallau.
16
19
Cada vez que chove, chove unha chuvia miudiña, se chove na túa cama, viraste deitar á miña.
Carballo da rama alta, carballo da rama alta, anque ti me olvidache outro coma ti non falta.
17
Rosiña, Rosiña, Rosa, dame a mao pola ventana, que me din que durmes sola, durmirás acompañada.
20
22
Si supiera en donde duermes y donde tienes la cama, hiciera como la hiedra, subiera por tu ventana.
¿Por qué me dices toma, si no tienes que me dar? ¿Para qué quieres amores si no los sabes amar?
21
En el aire te las comprendo, en el aire te las comprendo, debajo de mis zapatos siento mis piernas naciendo.
129
MOR
CANTIGAS DE AMOR
CANTIGAS QUE EXPRESAN
ufrimento por amor
Á porta dos meus pais non te poñas a chorar, porque as bágoas che din o pago que che han de dar.
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS QUE EXPRESAN SUFRIMENTO POR AMOR
8
O meu amor foise, foise, a Porteliña pasou, moitas saudades leva, moitas a min me deixou.
Alá arriba, naquil alto, púxenme a chorar un pouco, choraba por meu irmao, o que se aleda por outro. (e o pesar era por outro.)
2
9
Pasei a ponte de Ourense, puxen a mao na beiriña, cantas saudades levo por culpa dunha meniña.
Arrimeime a un pino verde por ver se me consolaba, o pino como era verde ao verme chorar choraba.
3
10
Lugarciño de Liñares, cantos sospiros me debes, cantas veces te rondei á sombra das túas paredes.
Bágoas que os meus ollos choran, lavan un cesto de roupa; ¡como non han de chorar, ti nunha terra i eu noutra!
4
11
Tres días hai que non como senón lágrimas e pan, estos son os desaiunos que meus amores me dan.
O pandeiro e mais as cunchas, María, miña María, o pandeiro e mais as cunchas quitan a malencolía.
5
12
Cando meus irmaos marcharon púxenme a chorar un pouco, choraba por meus irmaos e o pesar era por outro.
A pandereta que toco ten o aro de madeira, fáltame aiquí o amor e mais o da compañeira.
6
13
Púxenme a chorar un pouco á flor de aquela carqueixa, respondeume a flor do toxo: non chores por quen te deixa.
Arriba, non podo máis, arriba, non podo máis, non poden os meus suspiros alcanzar os vosos ais.
7
14
Choras polo teu cariño, meniña; ¿quen cho levou-e? Pasas o río de noite, a i-auga cho mareou-e.
Suspirando dei un ai, suspirando un ai daría, suspirando dei un ai, polo amor que che tería.
1
132
CANTIGAS DE
CANTIGAS QUE EXPRESAN SUFRIMENTO POR AMOR
15
22
Á porta dos meus pais non te poñas a chorar, porque as bágoas che din o pago que che han de dar.
Miña naiciña querida, que xa non me quere o home, voume pola carretera que me mate un automóbel.
16
23
Algún día por te ver, abrín portas e ventanas, agora que te casaches, todas as teño pechadas.
Na oliveira do adro descansan os paxariños, eu, anque queira, non podo olvidar os teus cariños.
17
24
Castiñeiriña da fraga, eu ben lle vexo as candeas, do que me podes quitar, do meu corazón son penas.
Aínda que estou aquí, ben vexo campiños a verdexar, tamén vexo os meus amores e non lle podo falar.
18
25
Ao mar foron meus ollos por auga para chorar-e e viñeron sen ela porque estaba seco o mar-e.
Teño un caravel na boca e os dentes son as folliñas, namóranme as túas falas pero, ¡dasme tan pouquiñas!
19
26
Costureiriña que coses, dame unha agulla de prata para tirar unha espiña diste corazón que me mata.
Alegría, alegría, dichoso de quen a ten. A miña foise en Abril, hasta Navidad non ven.
20
27
Xastre, quéroche un recado, pero non é de costura, que che quero preguntar se o mal de amores ten cura.
Ven para onda min, ven para onda min, que che quero preguntar en que che aborrecín.
21
Engañoume unha muller, Virxe da Soledá, engañoume unha muller, outra non me ha de engañar.
133
MOR
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS QUE EXPRESAN SUFRIMENTO POR AMOR
28
32
Dicen que me vas a dar una puñalada, prenda; dámela en el corazón, donde remedio no tenga.
Si me muero que me entierren en un jardín de flores; los ojos de mi morena, si tienen pena que lloren.
29
33
Amor mío, no lo eres; si lo eres, no me asistes; cuando te vas y me dejas estas soledades tristes.
Tengo que morir cantando porque llorando nací; la fortuna de este mundo, ella no fue para mi.
30
34
Esta noche tuve un sueño: que dos moros me mataban. Eran tus hermosos ojos que enojosos me miraban.
Aunque a puñaladas muera, la mía me ha de valer; puñaladas por amores poco me pueden valer.
31
Yo tenía un cariñito guardado en el corazón y cuando iba a ser mío la muerte me lo llevó.
134
CANTIGAS DE AMOR
CANTIGAS DE
esprezo e desdén
Eu a ti quéroche tanto como á auga da Barrela, que vai polo río abaixo non fago máis caso dela.
CANTIGAS DE
MOR
CANTIGAS DE DESPREZO E DESDÉN
1
8
Mira para ela galan-e mira para ela bribón-e, que lle diches a palabra e agora dislle que non-e.
Pensaches que te quería porque eras vinculeiro. Un galo mellor ca ti xa cantou no meu poleiro.
2
9
Ti querías e eu non quero, ti querías e eu non quero, ti levas a vida triste, eu ben alegre a levo.
Inda vaias que non volvas, nen aparecido sexas, nen encontres o que buscas, nen logres o que desexas.
3
10
Non te quero, non te quero, e á cara cho digo, que non me criaron meus pais para casarme contigo.
Pasei pola túa porta, pedinche auga e non ma deches. Cando pases pola miña hei facer como fixeches.
4
11
Non me rondes máis á porta que é de cristal e romperá, cando ti non me rondes outro me rondará.
Eu a ti quéroche tanto como á auga da Barrela, que vai polo río abaixo non fago máis caso dela.
5
12
Pensas que che quero moito porque miro para ti, así Deus me favoreza como me río de ti.
Ti deixáchesme por pobre, eu por rico te deixo. Vale máis pobre con honra que rico de mala lei.
6
13
O paxaro cando bebe mete o rabo na silveira, asi fai o ruín home (as boas mozas) cando non hai quen o queira.
Algún día era algo, hoxe son malpocadiño, xa non me queren as mozas porque estou acabadiño.
7
14
Mira, ventana de freixo, aire veña que te esfache, corazón arrepentido en tan pouco te empleaches.
Ti dis que non me queres porque non teño caudais, para ti , ben da miña vida, abastan meus ollos reais.
136
Cancioneiro Popular da Provincia de Ourense. Vol. 1
CANTIGAS DE
ivertimento
Cantigas referidas ao baile Cantigas referidas ao canto Cantigas referidas ao canto, baile e instrumentos Cantigas referidas á música e instrumentos Cantigas referidas a temas diversos Cantigas referidas a temas filosóficos Cantigas de despedida Cantigas referidas a lugares, aldeas e á súa veciñanza Cantigas de ronda
CANTIGAS DE DIVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS AO
aile
Dalle donaire ao corpo, querediño do meu ben, dalle donaire ao corpo, que o corpo donaire ten.
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS AO BAILE
1
8
Para quen entrou no baile, para quen entrou agora, para quen entrou no baile tocarei a noite toda.
Bailade no agarrado, bailade no agarrado, pouco me importa o que digan, quero bailar ao teu lado.
2
9
Agardamos, agardamos, vamos ter que agardar-e, pra botar un baile novo imos ter-e que agardar-e.
Saide (Entrade) a bailar mociños, anque sexa no bulleiro, saide (entrade) a bailar mociños, que vai soar o pandeiro.
3
10
Con esa que entrou no baile, con esa que entrou agora, con esa que entrou no baile, hei pasar a noite toda.
Sae a bailar, Manoliño, sae a bailar agora, sae a bailar, Manoliño, que a ruadiña vai boa.
4
11
Deses que andan no baile, ¿quen se casará primeiro? Ou a dama do mandil ou o galán do sombreiro.
Ponde leña nese lume anque sexa de salgueiro que vai a entrar a bailar o neto do carrasqueiro.
5
12
Para bailar veño eu con esa saia redonda, para bailar veño eu coas mozas de Baronda.
Baila con ela sen duda, baila con ela sen duda, é filla dun arrieiro, hache regalar a burra.
6
13
Heille tocar o pandeiro, heillo de repinicar, heille tocar o pandeiro, aos/ás mozos/as que van bailar.
Moi ben baila, moi ben baila o amor da compañeira, que ninguén me ha de quitar de bailar con quen eu queira.
7
14
Baila como has de bailar-e, maquieiro da mestura, baila como has de bailar-e e non andes facendo a burla.
¿De onde son aqueles mozos que bailan con tanto rumbo? Son do lugar de Amiudal, que teñen a sal do mundo.
140
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS AO BAILE
15
22
Baila, miña camarada, baila, miña camarada, a que baila de solteira, tamén baila de casada.
Moi ben baila, moi ben baila o amor da camarada; moi ben baila, moi ben baila que parece unha monada.
16
23
Baila ben e bota fora baila ben e bota fora que tamén queren bailar os demais que están afora.
Unha volta polo aire, outra polo arredor-e, así fai o que ben baila, así fai o bailador-e.
17
24
Moi ben baila, moi ben baila o do remendo no cu; moi ben baila, moi ben baila, quen llo botou fuches tu.
Bailador, vai ablandando, bailador, vai ablandando, que xa che me doen as maos de che estar aquí tocando.
18
25
Moi ben baila, moi ben baila o amor da camarada; ti por min non teñas pena, eu por ti non teño ansia
Bailador, baila lixeiro, bailador, baila lixeiro, un bailador coma ti aínda non foi ao turreiro.
19
26
Que ben baila, que ben baila, o da chaquetilla longa; inda mellor bailaría se a tivera redonda.
¿De onde é ese bailador, ese bailador de onde é, de onde é ese bailador tan lixeiriño do pé?
20
27
¿De onde son que bailan ben, de onde son que bailan ben.? Son do povo de Liñares. Xa cho mo parece ben.
Quita puntos, quita puntos, galanciño do turreiro; quita puntos, quita puntos, ti e mais o compañeiro.
21
28
Parece que baila ben, parece que baila ben; unha volta polo aire, outra polo aire vén.
Quitai puntos, quitai puntos, bailadores do turreiro; quitai puntos, quitai puntos, que non vos custa diñeiro.
141
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS AO BAILE
29
36
Garabullos, garabullos, garabullos todos xuntos, aos señores bailadores, acabáronselle os puntos.
Aprendei a valsear-e, mociños que non sabese; aprendei a valsear-e e despois valsearedes.
30
37
¡Ai que punto delicado, ai que punto delicado! Agora van a sacar outro que vai a ser acabado.
Os mociños do turreiro, se non paran de bailar-e, os mociños do turreiro, pronto se han de cansar-e.
31
38
Agarraivos, agarraivos mociños no turreiro, agarraivos, agarraivos que non vos custa diñeiro.
Arrimaivos ás paredes, arrimaivos ás paredes, deixai o turreiro libre pra danzar a cana verde.
32
39
Agarrado, agarrado, bailade no agarrado; os veciños lle decimos que non vaian a outro lado.
¡Ai que ruíña, ruada, ai que ruíña, ruada! Por esta porta pra dentro hoxe non entra máis nada.
33
40
Se queredes o agarrado, bailadores do turreiro, se queredes o agarrado, bailai a “jota” primeiro.
¡Quen me dera nesta rúa, quen nesta rúa me dera, quen me dera nesta rúa que non puden vir a ela!
34
41
Dalle donaire ao corpo, querediño do meu ben, dalle donaire ao corpo, que o corpo donaire ten.
Se non somos eu e ti, os demais non bailan nada; se non somos eu e ti, ¿quen faría esta ruada?
35
42
Dalle (Dade) voltas de arredor-e, dalle (dade) voltas de arredor-e, que así fai o que ben baila, así fai o bailador-e.
Eu aquí non veño a nada, eu aquí non veño a nada; solo son foliadeira, veño a ver a foliada
142
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS AO BAILE
43
50
A ruadiña de hoxe, de mañá será sonada, ela que sone que non, nós habemos de ruada.
Axudaime aquí, por Dios, axudaime aquí, por Dios, axudaime, axudaime, que non se rían de nós.
44
51
A ruadiña vai boa, ela non vai de perder-e, quen non tén amores nela deseará de os ter-e.
Vén un airiño de riba, Dios o revire de abaixo, para que veñan chegando os mociños de alá abaixo.
45
52
Esta muiñeira nova, ¿quen a trouxo a esta terra? O zapateiro de Noia, na punta dunha subela.
Agora que nos xuntamos, nós e mais os de alá arriba, agora que nos xuntamos, viva a nosa compañía.
46
53
¿Como queres que che sone? Hai que facer a foliada; ela que sone que non, ela vai de foliada.
Viva a terra que piso, viva a que estou pisando, vivan os señores todos que me están acompañando.
47
54
A foliada de hoxe mañá será sonada; ela que sone que non, ela vai de foliada.
Eiquí todos, eiquí todos, arredor do meu sombreiro, heivos de casar a todos e eu hei de quedar solteiro.
48
55
Á pandeirada de Amiudal non me mandes, que eu irei; á pandeirada de Amiudal, o camiño ben o sei.
Agora que estamos xuntos, nós e mais os de alá arriba, agora que estamos xuntos, viva a nosa compañía.
49
56
Axudaime, compañeiras axudaime, camaradas, axudaime, compañeiras, a levar a foliada.
Bailadores do turreiro, xa podedes ir parando, que somos rapazas novas, xa nos imos enfadando.
143
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS AO BAILE
57
61
Bailai ben e botai fora bailai ben e botai fora que van entrar a bailar todos os que están de roda.
Viva quen a min me axuda, viva quen me ha de axudar-e, vivan os da miña terra e mais os do outro lugar-e.
58
62
Baila que podes bailar-e, baila, que podes bailar-e, levaches a mellor moza que había neste lugar-e.
Logo lles vou a parar-e, logo lles vou a parar-e, bailadores do turreiro, tedes que disimular-e.
59
63
Bailai todos en ringleira, bailade nova fileira, primeiro bailade a jota e despois a muiñeira.
Agarraivos, agarraivos, se vos querés agarrar-e; que vos agarrés, que non-e, eu parar, hei de parar-e.
60
64
Liñares para bailar-e anque non entres agora, Liñares para bailar-e, a ruadiña vai boa.
Míraa que baila ben, míraa que baila ben; é filla dunha viúda, mira para ela, mira ben.
144
CANTIGAS DE DIVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS AO
anto
Pola Portela cantando, pola Portela cantando, as mociñas de Doade quedan no río lavando.
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS AO CANTO
1
Canta, que che hei dar as peras, canta que chas hei de dar, canta, que che hei dar as peras, canta que as teño a madurar. (... que chas teño...)
8
O cantar do arrieiro é un cantar moi baixiño, cántano en Doade e resoa no Eixido.
2
9
Canta ti, que tes a gracia, canta ti, que tes a gracia, que a miña cando nacín quedou na flor da liñaza.
O cantar do arriero é un cantar moi baixiño, cando canta en Ribadavia, resoa no Carballiño.
3
10
Canta rula, canta rula, na rabela do arado; onde hai camiños, hai cruces, meniñas tende coidado.
O cantar quería gracia, e eu non lla sabía dar-e, o Señor, que ma non dou, tamén ma podía dar-e.
4
11
Canta como has de cantar-e, non fagas unha mestura, canta como has de cantar-e, non andes facendo a burla.
O cantar quería gracia e eu non lla sabía dar-e, e o señor que me mandou tamén ma podía dar-e.
5
12
Canta ti que tes a sona, canta ti que tes a sona, se non cantas coma min, mala centella te coma.
Eu cantar cantaba ben e a garganta non me axuda, heina de mandar untar (quedar) cunha laranxa madura.
6
13
I este cantarciño novo, ¿quen aquí o traería? As mociñas de Liñares con muchísima alegría.
Cantigas leva o aire, cantigas leva o vento, o que se fía en cantigas, varíalle o pensamento.
7
14
Este cantarciño é novo, este cantarciño é vello, cantábao miña nai en vida do meu abuelo.
Eu cantigas sei un cento, e mais unha fandeliña, se queredes que volas diga, tirade pola baraciña.
146
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS AO CANTO
15
22
¡Onde (Canto) vai que non cantei, onde (Canto) vai que non cantei, vou a ver a miña gorxa se está como a deixei!
Eu aquí nunca cantei, eu aquí nunca cantei, por ser a primeira vez non sei se tocarei.
16
23
Algún día cantei ben, agora vella, non podo; e o que canta ben de mozo sempre lle vai dando un modo.
Axudáchesme a cantar, que Dios che dea saúde, na cara se che coñoce que es unha pura virtude.
17
24
Onte á noite non cantei, onte á noite non cantei, vou ver a miña gracia se está como a deixei.
Hei de cantar ao revés para ver se Deus me axuda: nove, oito, sete, seis, cinco, catro, tres, dous, unha.
18
25
¡Ai de min se xa non podo, ai de min se xa non podo, ai de min se xa non podo cantar como xa cantei.!
Aturuxos, aturuxos, por riba do carqueixal-e; aturuxos, aturuxos, para min non han faltar-e.
19
26
¡Canto vai que non cantei, canto vai que non cantei, vou a ver á miña xente se está como a deixei!
Inda lle hei de preguntar a ese que aturuxou, en que terra foi nacido e en que lugar se criou.
20
27
¿Por que non hei de cantar-e, por que non hei de cantar-e? Non teño pena ningunha que eu non poda levar-e.
Dame unha cunca (pinga) de viño para mollar a garganta, cantarei como unha rula, verás como a rula canta.
21
28
Viva quen canta comigo, viva quen comigo canta, viva quen canta comigo e mais a miña garganta.
Miña garganta de neve, miña garganta de neve, non vou a parte ningunha, garganta, que non te leve.
147
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS AO CANTO
29
36
Miña gargantiña rouca, miña gargantiña rouca, heite de levar á feira, heite de trocar (cambiar) por outra.
Por Vilariño pasei, por Vilariño cantando, as mozas de Vilariño quedan no río lavando.
30
37
As mociñas de Liñares cantan e poden cantar-e, que ten a Santa Isabel-e á entrada do lugar-e.
Doadiño para cantar, Doadiño para cantar, anque non altea moito, sábeno adonairar.
31
38
As mociñas de Liñares cantan e volven cantar, dicen que é da i-auga, dicen que da i-auga será.
¡Ai! aquí non cantan todas, ¡ai! aquí non cantan todas, unhas porque teñen alma, outras porque son señoras.
32
39
As mociñas de Liñares cantan a raza da terra, din que se leva da i-auga, din que da i-auga se leva.
Maruxiña da Revolta, Maruxiña da Revolta, o teu cantar, Maruxiña, o teu cantar non ten volta.
33
40
Liñares para cantar, Liñares para cantar, anque non cantan moi alto, sábeno adonairar.
Anque estou aquí cantando, ben sabe o meu corazón, que o teño tan amarelo coma as paras dun limón.
34
41
Pola Portela cantando, pola Portela cantando, as mociñas de Doade quedan no río lavando.
Comenzade vós primeiro, comenzade vós primeiro, na miña terra comenzan tocadoras do pandeiro.
35
42
Pola Portela cantando, pola Portela cantando, mociños os de Doade quedan na Braña xogando.
A Pepiña do Rodeiro, ela deu esa tonada, ela que sone e que non-e, eu tamén vou na manada.
148
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS AO CANTO
43
45
Chove, queridiño, na herbeira, chove, queridiño, na herbeira; o cantar de media noite é o das mozas solteiras.
Voulles parar de repente, voulles parar de repente; miña nai non me criou-e para divertir á xente.
44
46
¿Por qué non hei de cantar-e? ¿Por qué non hei de cantar-e? Non teño pena ningunha que eu non a poda levar-e.
Canta, miña camarada, canta, miña camarada; se cantaches de solteira ¿por que non cantas (non fas) de casada?
47
49
Aquí canto, aquí canto, al estilo de mi tierra, aquí canto, aquí canto, aunque a puñaladas muera.
La luna para salir, a nadie pide licencia, yo para cantar aquí, la pido con reverencia.
48
Si canto, que soy cantista, y si no canto, cobarde, si bebo vino, borracho, si no bebo, miserable.
149
CANTIGAS DE DIVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS AO
anto, baile e instrumentos
Tocadora do pandeiro, dalle que haxa unha cantada, dalle coa mao dereita que a esquerda non é nada.
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS AO CANTO, BAILE E INTRUMENTOS
1
8
Polos que veñen chegando, polos que chegan agora, polos que veñen chegando, tocarei a noite toda
Este pandeiro que toco, no medio ten un ramo, ten un letreiro que di: vivan os que están bailando.
2
9
Cantarei que andas facer, cantarei que andas facer; arriba o que dirán, ¡ai! que nunca (anda mira que) bailas ben.
Para cantar veño (chego,estou) eu, para bailar meu irmao, para tocar o pandeiro viva quen o ten na mao.
3
10
Liñares xa ten a sona, Liñares a sona ten-e, Liñares xa ten a sona de cantar e bailar ben-e.
Este pandeiro que toco, que no medio ten un ramo, ten un letreiro que di: Liñares está bailando.
4
11
Folgosiño ten a sona, Folgosiño a sona ten, Folgosiño ten a sona de cantar e bailar ben.
Hei de tocar o pandeiro, heino de repenicar-e, hei de tocar o pandeiro i as rapazas han bailar-e.
5
12
Aí vos vai a muiñeira, aí vos vai a muiñeira, que a quere ir bailar el e mais a refaixeira.
Tocadora do pandeiro, dalle que haxa unha cantada, dalle coa mao dereita que a esquerda non é nada.
6
13
Vai esta e non vai outra, vai esta e non vai outra; para cantar xa non podo, para bailar estou rouca.
Toca o pandeiro redondo, toca o pandeiro redondo, que vai a bailar o peinado e mais o do bico longo
7
14
Cantai todos a unha, cantai todos a unha; no cantar-e e no bailar-e non hai disputa ningunha.
Sei cantar e sei bailar, sei tocar a pandereta, tamén sei facer a risa de quen me fai a puñeta(chufleta).
152
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS AO CANTO, BAILE E INTRUMENTOS
15
18
Agardamos, agardamos, vamos a ter que agardar-e; pra botar un baile novo, o pandeiro vai parar-e.
O que non canta nen baila ¿que vén facer ao serán? Vén ouvir catro mentiras para cantar de mañán.
16
19
Vai tirando da chaqueta, vai tirando da chaqueta, que eu tamén vou a tirar coa miña pandereta.
Eu cantar non sei cantar, eu bailar, non sei dar voltas, inda teño que aprender-e coas veciñas da porta.
17
Por esa (Para quen) que anda no baile, por esa (para quen) que entrou agora, por esa (para quen) que anda no baile tocarei a noite toda.
153
CANTIGAS DE DIVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS Á
úsica e instrumentos
Esta miña pandereta ten o pelico de ovella, inda onte comeu herba e hoxe toca que rabea.
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS Á MÚSICA E INSTRUMENTOS
1
8
Moito te queren as nenas, ¡ai! Manuel da rúa alta, moito te queren as nenas porque lles tocas a gaita.
O pandeiro rabeou, o pandeiro rabeou tamén ha de rabear quen a barriga rachou.
2
9
Viva a gaita e o gaiteiro, viva a gaita e o gaiteiro , vivan as mozas bonitas que hai no mundo enteiro.
Este pandeiro que toco éche de coiro de can, que o comeron os lobos no alto de Margalán.
3
10
Viva a gaita e o gaiteiro, viva a gaita e o gaiteiro, vivan as nenas bonitas vivan en todo o Ribeiro.
Este pandeiro que toco non é meu que é de María, que mo prestou onte á noite para ir de romería.
4
11
Este pandeiro que toco ten un arco de mimosa, ten un letreiro que di: animaivos que vai nosa.
O pandeiro toca ben, as ferriñas de ouro son, as meniñas que o tocan, elas do Espiñeiro son.
5
12
O pandeiro toca ben, que a ferriña era nova, e os mociños do turreiro tocan ben as castañolas.
Este pandeiro que toco, non é meu que é do xuez; toca pandeiro, toca, toca que bendito es. (ben rico)
6
13
O pandeiro toca ben e as mociñas (meniñas) danlle o son, e as meniñas que o tocan, elas de Liñares son.
Toca, pandeiro, toca, senón heite de partir-e, que me custaches os cartos, axúdame a divertir-e.
7
14
Este pandeiro que toco é de pelexo de ovella, onte comía na herba, hoxe toca que rabea.
Esta miña pandereta ten o pelico de ovella, inda onte comeu herba e hoxe toca que rabea.
156
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS Á MÚSICA E INSTRUMENTOS
15
20
Toca, miña pandereta, se non heite de de rachar-e, que me custaches os cuartos, axúdame a os gañar-e. (axudamos)
Heille tocar a latiña, heilla de repinicar-e, heille tocar a latiña aos mozos que van bailar-e.
16
21
Toca, miña pandereta, que che teño de partir-e; toca miña pandereta que che hei de repetir-e.
Tocarémoslle a latiña, tocarémoslle o latón, tocarémoslle a latiña aos mozos de Rubillón.
17
22
Teño que esconder o aire, tes que disimular-e, que collín a pandereta e non a sei tocar-e.
Muiñeira ribeirana, muiñeira ribeirana, muiñeira como ela tócocha de mala gana.
18
23
Cara de corno e candil, cara de corno e candil, con pelexo de cadela fixeches este tamboril.
Castañetas de sanguiño, quen as soubera tocar, os mociños de Doade sábenas repinicar.
19
Cara de corno e candil, cara de corno e candil, ollos da miña cadela, barriga de (fixeches este)tamboril.
24
25
Repinica el panderillo, repinica el panderillo, también lo repinicaba si fuera marinerillo.
Si toco la pandereta, si la pandereta toco, si toco la pandereta es por divertirme un poco.
157
CANTIGAS DE DIVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS A TEMAS
iversos
Paxariño piador, ¿onde vas facer o niño? Ao carballo da Portela, ao máis alto ramalliño.
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS A TEMAS DIVERSOS
1
8
Ao anelo do meu dedo xa lle caeu o orín; así lle caia a lingua a quen fala mal de min.
Arriba, que alá hei de ir, arriba, que alá hei de ir, a coller a flor de Maio e a de Abril deixaina ir.
2
9
Asubía que vai vento, asubía que vai vento; tamén eu asubiaba cando era do teu tempo.
Vente vindo de Ladeira, vente vindo de Ladeira, se che dá o sol na cara, porás a miña bandeira.
3
10
Déixame ir que vou de présa coa auga de regar, que mañá é día santo falaremos de vagar.
Vente vindo de Ladeira, vente vindo de Ladeira, que che vai o meu rapaz cunha galiña vermella.
4
11
Alumea cunha vela, alumea cunha vela, que eu tamén alumeaba se fora na miña terra.
Son morena de color, son morena de color, máis moreniña é a terra e mais ten o seu valor.
5
12
Teño un saquetiño cheo e mais unha saquetiña, se me turran pola idea dareiche unha baraciña.
Eu e mais a compañeira sempre nos quixemos moito; a primeira que morrera, a segunda puña loito.
6
13
Polainas, miñas polainas, non me vou de aquí sen elas que me preguntan as nenas todas as noites por elas.
Somos dúas compañeiras máis unidas que a terra; se hai algún valentón, que saia á carretera.
7
14
Arriba, naquel alto, doulle a volta ao meu capote, acórdome do meu irmao e mais das papas do pote.
Á sombra da oliveira dá gusto parrafear; ten a folliña miúda, deixa pasar o luar.
160
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS A TEMAS DIVERSOS
15
21
Tiña un caravel na horta e leveino pra ventana, veu o aire e levouno; adiós, caravel da alma.
Se queres que o carro cante coma a gaita do gaiteiro, bótalle o eixo de bido e as dentoiras de amieiro.
16
22
Unha pera, dúas peras, non tiña máis a pereira; unha pera para min, outra para a compañeira.
Se queres que o carro cante, mételle o eixo no río; despois, co eixo mollado, botarache un asubío.
17
23
Da banda de alá do río ten meu pai un castiñeiro, dá castañas en Agosto, uvas brancas en Xaneiro.
Agora que imos baixando cara a San Juán de Cerdedo, mociños de Vilablanca, agora non teño medo.
18
24
O río, cando vai grande leva carballos e flores; tamén podía levar as linguas mormuradoras.
Fuches a Vilagarcía, fuches e non viches nada, non viches nacer o sol nunha mazá colorada.
19
25
Da banda de alá do río asubíame unha melra; a melra que me asubía anda segando na herba.
As miñas maus son de plata heinas de mandar dorar-e; saben tocar a latiña e tamén sei traballar-e.
20
26
Paxariño piador, ¿onde vas facer o niño? Ao carballo da Portela, ao máis alto ramalliño.
Pasei a ponte de Ourense, paseina nunha carreira, topei un anelo de ouro dunha mociña solteira.
161
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS A TEMAS DIVERSOS
27
29
El día que yo nací, nacieron tres cosas buenas: nació el sol y la luna y nacieron las estrellas.
Carrito de cuatro ruedas que vas por ese tejado, despierta a esa jovencita que tiene el sueño pesado.
28
Caballo mío, caballo, yo no te puedo entender, que te pongo la cebada y no la quieres comer.
162
CANTIGAS DE DIVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS A TEMAS
ilosóficos
Alá, na porta do muíño, púxenme a considerar as voltas que deu a roda e inda as que ten que dar.
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS A TEMAS FILOSÓFICOS
1
A campana cando toca, non toca polos que morren, que toca polos que quedan, para que da morte se acorden. 2
Estreliñas do luceiro e mais as da claridá, vaise o día, vaise a noite, vaise a nosa mocedá. 3
Liñares da miña vida, Liñares da miña vida, cando de Liñares saia, hei de ir para o campo de arriba.
7
8
Compañera, tu y yo, ninguna tenemos padre, todo el mundo corta un ramo del arbolito que cae.
Por cantar y por bailar nadie se perdió en el mundo; se perdió por mormurar la vida de cada uno.
164
CANTIGAS DE DIVERTIMENTO
CANTIGAS DE
espedida
Pereira, dame unha pera, noceira, dame unha noz; adiós mociñas bonitas, adiós, mociñas, adiós.
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS DE DESPEDIDA
1
8
Vouvos dar a despedida, e con esta xa van trece; eu non lles podo cantar o que esta xente merece.
A despedida vou dando, a despedida vou dando, que despedida alegre que me despido cantando.
2
9
Vou a dar a despedida e na despedida un ramo e no ramo un papeliño con letras de ouro bordado.
Aí vos vai a despedida, como a dan os labradores, con el sombrero en la mano, muy buenas tengan señores.
3
10
Vou a dar a despedida como dan as codornices, con esto quero decirlles que o pasen moi felices.
Cando saín de Beariz, os meus ollos eran fontes; adiós montes de Beariz, adiós meu Beariz de Montes.
4
11
Vou a dar a despedida a todos en xeneral, que meu corazón non pode con ninguén quedar a mal.
Cando pasei por Soutelo, os meus ollos eran fontes; adiós montes de Soutelo, adiós Soutelo de Montes.
5
12
Vou a dar a despedida, vou a dar a derradeira, acabouse o chiculate, rompeuse a chiculateira.
Adiós feira de Doade, feira de pasar o tempo, onde se van pasear catro cabezas de vento.
6
13
Vou a dar a despedida por riba dunha xesta, aiquí está a boa xente, aiquí está a flor da festa.
Adeus Doadiño, adeus, as costas che vou mirando, a despedida é hoxe, e a volta sabe Deus cando.
7
14
Aquí dan a despedida como fan os labradores, co seu sombreiro na mao, moi boas teñan señores.
Pola Portela da Cruz, meus suspiros van correndo Adiós lugar de Doade, tan lonxe te estou querendo.
166
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS DE DESPEDIDA
15
20
Adiós, casa de meus pais, ventanas e corredores, adiós lugar de Doade, todo cuberto de flores.
¡Ai arriba, arriba ollos, ai arriba ollos morenos, ai arriba, arriba ollos, non sei cando nos veremos!
16
21
Adiós, muelle de Vigo, muelle da embarcación, onde os meus ollos choraron lágrimas do seu corazón.
Vai esta e non vai outra, vai esta e non vai outra, para bailar xa non podo, para cantar estou rouca.
17
22
Pereira, dame unha pera, noceira, dame unha noz; adiós, mociñas bonitas, adiós, mociñas, adiós.
Alá vai e non vai outra, e esta vai e non vai outra, para tocar xa non podo, para cantar estou rouca.
18
23
Aquí aparta o camiño, aquí aparta o carreiro, aquí aparta o camiño prós que van cara Acibeiro.
Sabe Dios de hoxe nun ano, sabe Dios de hoxe nun día; ¡sabe Dios de hoxe nun ano quen terá máis alegría!
19
24
Aquí aparta o camiño, aquí se aparta a raia, aquí aparta o camiño, compañeiro, hasta mañana.
Cumpre que deixemos esto e fagamos unha festa; ¡sabe Dios de hoxe nun ano quen fará outra como esta!
25
Allá va, allá va, allá va, allá va, allá va la mía, allá va, allá va, allá va, allá va, allá va la despedida.
167
CANTIGAS DE DIVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS AOS
ugares, aldeas e á súa veciñanza
Pasei a ponte de Ourense, paseina nunha carreira, iba detrás dunha lebre, saíume unha costureira.
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS A LUGARES, ALDEAS E Á SÚA VECIÑANZA
1
8
Lévame, barquiño, leva, lévame, barco veleiro, lévame, barquiño de vela, desta terra de Mangoeiro.
Polas mozas de Liñares, por elas darei a vida, pero polas de outro lado, todo será costa arriba.
2
9
No lugar de Mangoeiro hai dúas pedras de asento, unha é de namorar e outra é de pasar o tempo.
As mociñas de Liñares cantan a gracia da terra, din que se leva da i-auga, din que da i-auga se leva.
3
10
Mangoeiro, viva sempre, Mangoeiro, viva sempre, hai moita moza bonita e moito home valente.
As mociñas de Liñares cantan e poden cantar, que ten a Santa Isabel á entrada do lugar.
4
11
O lugar de Mangoeiro é pequeno e ten gracia; ten unha fonte no medio e dá de beber a quen pasa.
Eu pasei Pena Marela por ir ao San Xoán de Magros, topeime cos de Liñares que viñan facendo estragos.
5
12
Din que Liñares é feo porque non ten bons balcóns, pero ten unhas rapazas que rouban os corazóns.
Para cantar bebo viño, para bailar aguardiente, e as mociñas de Liñares non hai quen lles poña frente.
6
13
Liñares ten unha fonte, unha fonte de auga fría; boa auga pode ser que boas rapazas cría.
Liñares xa ten a sona, unha sona non é nada, vaia unha, vaian dúas, vaian tres e catro vaian.
7
14
Viva o lugar de Liñares polas mociñas que ten, elas son cariñosas, eu tamén lles quero ben.
As mociñas de Couso, eu direi quen elas son, delgadiñas de cintura e alegres de corazón.
170
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS A LUGARES, ALDEAS E Á SÚA VECIÑANZA
15
22
As mozas de Couso, ¡ai, como elas miña nai, ai, como as mozas de Couso, como elas non as hai!
Lugarciño de Alén, cuberto de panos blancos, onde hai festa e se pasea domingos e días santos.
16
23
As mociñas de Couso van todas xuntas á misa, entran pola porta grande, aí vai a flor de Galiza.
Ao subir ao Casteliño e ao baixar a Cabadón, as mociñas da Xirazga lévoas no meu corazón.
17
24
Cousiño, Cousiño, Couso, terra onde me criei; Santa Isabel de Liñares, onde amores tomei.
As mociñas da Xirazga cantan e poden cantar, que ten a San Salvador á entrada do lugar.
18
25
No lugarciño de Couso non entra carro ferrado, soio os mozos de Taboazas cos cas presos polo rabo.
De Lebozán a Xirazga, fun polo monte a través, cando pasei por Costolla, xa non podía cos pés.
19
26
Lugarciño de Alén, lugar que de todo ten, boas mazás, boas peras e boas mozas tamén.
O carballo da Portela ten a folla revirada que lla revirou o aire nunha mañá de xeada.
20
27
O lugarciño de Alén de lonxe parece vila, se non foran os outeiros que ten do lado de riba.
Viva o lugar da Xirazga, ladeiras, costas e fondos, viva o lugar da Xirazga cos seus veciños contornos.
21
28
Viva o lugar do Alén, viva polos catro lados, viva os mozos e as mozas, vivan tamén os casados.
Viva o lugar de Liñares, vivan os do pano branco, viva quen se lles pasea domingos e días santos.
171
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS A LUGARES, ALDEAS E Á SÚA VECIÑANZA
29
36
Fun de Beariz a Soutelo cun chover que era arroiar, cando cheguei a Santiago, era hora de cear.
Azoutaba un vento tolo cando pasei polas Santas; nen que alí se arrexuntaren todos os ventos das Santas.
30
37
Pasei a Ponte Liñares, paseina todo mollado, e fun chegando a Beariz cos zocos case enxugados.
Dicen que as galiñas das Santas ten o rabo revirado, porque van poñer o ovo sempre debaixo do carro.
31
38
O salgueiro prende de póla, o amieiro de raíz, tamén os meus ollos prenden no lugar de Beariz.
Seica as galiñas das Santas, ten o rabo revirado, que llo revirou o vento na rabela do arado.
32
39
Fun a pé, desde Beariz, rezarlle ao San Saturniño; cando cheguei ao Regueiro, a auga sóubome a viño.
Disque as galiñas das Santas seica ten o rabo torto; ¿quen o aguantará direito, cando se pasa este porto?
33
40
Cando saín de Beariz pola ponte das Coireiras, cantaban no monte os grilos e o cuco nas carballeiras.
O lugarciño de Oroso de lonxe parece vila, un caravel na entrada e unha rosa na saída.
34
41
Ir desde as Santas á Ermida un día de vendaval, é para chegar sen monteira e se é crego sen canal.
Esta vai que rechochea, esta vai que rechochea, vivo no lugar do Outeiro, e mais que rabeia.
35
42
Bateume a neve na testa cando pasei polas Santas, e os ventos do Suído cortaban como navallas.
No lugar de Margalán hai unha pedra redonda, onde se sentan os mozos cando veñen dar a ronda.
172
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS A LUGARES, ALDEAS E Á SÚA VECIÑANZA
43
50
Os mociños de Loureiro ten as pernas esfoladas, de rubir pola ventana pra comer as larpeiradas.
Todos din que viva, viva, o caravel no sombreiro; eu tamén digo que viva, o lugar de Prexegueiro.
44
51
Viva o Seoane, que tiña unha luz como na Estrada, o caseto na Barreira, e o Santo Cristo na plaza.
Río da ponte da Pedra, baixa a modiño pró Avia, que se baixas á carreira, non podo beberche a auga.
45
52
A costiña do Cruceiro é moi mala de subir, as mociñas de Espiñeiro suben a cantar e a rir.
Ricobanca, Ricobanca, tenche envidia Compostela, se ela ten a catedral, ti tes a ponte de pedra.
46
53
Viva o lugar de Costeiras e todos os arredores; terra de moitas castañas, vivan os sacudidores.
O Candedo ten a sona de ter as mellores mozas, e Rubillón e Baiste, de tecer mellor as corozas.
47
54
Adiós, feira de Doade, feira de pasar o tempo, onde se van pasear catro cabezas de vento.
¡Ai que carballos tan altos vos ten esta carballeira! ¡Carballos tan feitos, nen que foran da Cepeira!
48
55
Teño uns zapatiños novos, outros dados a solar, de Doade para a Cabada, todos os hei de gastar.
¡Que carballos repoludos, que cocos tan feituquiños ten os carballos de Barcia, onde as aguias fan os niños!
49
56
¡Carballeira da Meimoa, que carballos tan floridos! Conózovos un por un, todos sodes meus amigos.
Á carballeira da Barcia, dígolle adiós dende Outeiro, á carballeira da Barcia hai que tirarlle o sombreiro.
173
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS A LUGARES, ALDEAS E Á SÚA VECIÑANZA
57
64
O castiñeiro xarado non sirve para castañetas; as mociñas do Rodeiro enseñan barriga e tetas.
Pasei a ponte de Ourense, paseina nunha carreira, topei un anelo de ouro dunha mociña solteira.
58
65
Baixa a modo, baixa a modo, río da ponte Freixeira; baixa a modo, baixa a modo, non leves tanta carreira.
Pasei a ponte de Ourense, paseina nunha carreira, iba detrás dunha lebre, saíume unha costureira.
59
66
Carreteiriña da Bouza, chapeada de pizarra, para pasaren de noite os mociños de Cabada.
Pasei a ponte de Ourense e deille a volta ao capote, acordáronme os meus fillos e mais as papas do pote.
60
67
Pereira, dame unha pera, nogueira, dame unha noz mociñas das de Correa, ¿quen se ha de apartar de nós?
Neste lugar de Amiudal amores hei de tomar: ou no cima, ou no fondo, ou no medio do lugar.
61
68
Esta vai que rechupea, esta vai que rechupea, viva o lugar de Oroso e mais quen por el pasea.
Fun de Beariz a Acibeiro cun chover que era arroiar; estaba a cair en Soutelo o diluvio universal.
62
69
Arriba pola Portela, miña leal camarada; arriba pola Portela, que polo camiño hai auga.
Os mociños de Liñares, ¡que pequenos se quedaron! Naceron no mes de Agosto, coa seca xa non medraron.
63
70
¿De onde son que bailan ben-e, de onde son que bailan ben-e? Son do povo de Liñares, xa cho mo parece ben-e.
As mociñas de Loureiro, non é unha que son todas, poñen dous pares de medias pra facer as pernas gordas.
174
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS REFERIDAS A LUGARES, ALDEAS E Á SÚA VECIÑANZA
71
75
As mociñas de Rozados, delas non hai que falar, poñen o pé na auga e non se lle quere enlodar.
No lugarciño de Oroso teño a quen quero ver; teño por riba da fonte e por baixo tamén.
72
76
Carballeira de San Xusto, carballeira de enramada, naquela carballeiriña perdín a miña navalla.
As mociñas de Oroso, digan o que queiran delas, son as que levan a palma debaixo das estrelas.
73
77
¡Quen me dera na Edreira unha parriña con uvas para lle dar aos amores e mirar se están maduras!
Este lugar de Oroso heino de arrasar a tiros, hai un rapaciño nel-e, lévame os cinco sentidos.
74
Viva o lugar da Edreira por todos os arredores; terra de moitas castañas, viva a nosa castañeira.
78
80
Oroso tiene las llaves del paraíso del cielo, y las de mi corazón las tiene un chaval moreno.
De Xirazga para el cielo, de Xirazga para el cielo, hasta las mismas paredes tiran penas y dan consuelo.
79
De Liñares para el cielo, de Liñares para el cielo, hasta las mismas paredes dirán que no hay consuelo.
175
CANTIGAS DE DIVERTIMENTO
CANTIGAS DE
onda
Esta noite vai de ronda, a que vén vai de parranda e para a outra que vén estarei na túa cama.
CANTIGAS DE
IVERTIMENTO
CANTIGAS DE RONDA
1
4
Esta noite vai de ronda, a que vén vai de parranda e para a outra que vén estarei na túa cama.
Naquela ventana hai luz, seica se van acostar-e; “válgame Dios de los cielos,” nós por aquí a rondar-e.
2
5
No lugar de Margalán hai unha pedra redonda, onde se sentan os mozos cando veñen dar a ronda.
Vivan os mozos de fóra que veñen ao noso serán, que lles está a noite fría, iranse pola mañán.
3
6
Naquela ventana hai luz seica se vai a acostar-e; vámonos de aquí, meus ollos, non é tempo de rondar-e.
Hoxe aquí e mañá alá, pasado mañá na feira; ¿quen a min me ha de privar de falar con quen eu queira?
7
Esta noche, por mi gusto, yo no me voy a la cama, que la tengo de rondar-e desde ahora a la mañana.
178
Cancioneiro Popular da Provincia de Ourense. Vol. 1
CANTIGAS DE
umor
Cantigas referidas aos mozos e mozas Cantigas referidas ao casamento Cantigas referidas aos curas Cantigas referidas a temas diversos Cantigas que fan referencia á familia Cantigas referidas ao viño e ás borracheiras Cantigas referidas ás relacións entre o home e a muller Cantigas referidas ás relacións entre a xente de distintos lugares Cantigas referidas á sogra e ao sogro Cantigas referidas aos animais
CANTIGAS DE HUMOR
CANTIGAS REFERIDAS AOS
ozos e mozas
Polo mar abaixo vai un barquiĂąo de afileres; as mentiras son dos homes, as verdades das mulleres.
CANTIGAS DE
UMOR
CANTIGAS REFERIDAS AOS MOZOS E MOZAS
1
8
Se queres que che cante “coplitas a lo valiente,” tírame de esa ventana unha silla en que me sente.
Chamáchesme pouca roupa; se tes moita, é teu proveito, téñoche menos traballo á noite cando me deito.
2
9
Teño un anelo de prata, heino de mandar dourar; os mociños do meu povo todos saben traballar.
Chamáchesme trigo limpo, inda che teño algún xoio; para discutir contigo faime falta ter de todo.
3
10
Se queres que che cante “coplitas a lo valiente,” tírame de esa ventana un bico pra que me quente
Chamáchesme pito grolo porque nacín no Xaneiro; se non me come o raposo hei cantar no teu poleiro.
4
11
Canta rula, canta rula na rabela do arado; onde hai meniñas hai cruces; meniñas, tende coidado.
Pensaches de darme palla, cousa que eu nunca comín; o teu palleiro non ten palla pra me dar a min.
5
12
Basilisa está na cama dunha tunda que lle deron; levántate Basilisa, que pouco mal che fixeron.
Criticaches da Virxen sendo doncella no parto, anque critiques de min, mala lengua, non me espanto.
6
13
Chamáchesme pera podre, eu a ti mazá podrida; a pera podre se come, a mazá podrida se tira.
Téñoche un can de palleiro que de noite anda ceibado; ten coidado, Maruxiña, Maruxiña, ten coidado.
7
14
Chamáchesme pequeniña e ti pra moito non vales; pequeniñas son as moscas pra enmoscar aos animales.
A perdiz detrás dun toxo de todas as herbas come, o donaire dunha nena tres días mantén a un home.
182
CANTIGAS DE
UMOR
CANTIGAS REFERIDAS AOS MOZOS E MOZAS
15
22
Ese da gorra patela, ese da gorra patela, parece que lla fixo o demo do coiro dunha cadela.
Cásate comigo, nena, que teño moito diñeiro, teño tres cartos e medio metidos nun tabaqueiro.
16
23
Paxaro que vas voando e as plumas che van caíndo, ¡se souberas paxariño o que de ti van decindo!
O muíño de meu pai non é muíño, que é convento; as casadas para afora e os solteiros para adentro.
17
24
Se eu fora un cazador e tivera unha escopeta mataría unha perdiz “de las que gastan peineta”.
Non me namorei de ti nen das túas almendrillas, namoreime dos canastros que tiñan boas espigas.
18
25
Asubíame no monte como se fora un perdido, eu non son un can de caza que entenda por asubíos.
O meu amor é pequeno; se é pequeno é porque eu quero, con cuarta e media de tela xa o poño de caballero.
19
26
O carballo que é pequeno, tamén fai pequena sombra; a meniña que é pequena, pequena dote lle abonda.
As mociñas deste povo son pequenas e redondas, colgadas no campanario, botan tiros como bombas.
20
27
O carballo dá a landra, o castiñeiro o ourizo, as mozas de Vilatuxe ten a cola do carrizo.
As/Os mociñas/os que hai agora gábanse que ten diñeiro, mandan solar os zapatos con cascas de castiñeiro.
21
28
O castiñeiro xarado non serve para castañetas; as mociñas do Rodeiro, non teñen barriga nen tetas.
As meniñas, as de agora, cando van de cara á misa, entran nas cortes das cabras a rillar palla mallada (maisa).
183
CANTIGAS DE
UMOR
CANTIGAS REFERIDAS AOS MOZOS E MOZAS
29
36
As meniñas, as de agora, teñen o color do leite, comen o caldo sen unto e as sardiñas sen aceite.
O gaiteiro de Soutelo foi tocar á Santa Marta, adormeceu no camiño e os cans rilláronlle a gaita.
30
37
Os mociños que hai agora e moitos que agora veñen xa rabean, xa rabean porque a barba non lle ven-e.
O paragüeiro foi á misa e non sabía rezar-e; andaba de Santo en Santo: ¿hai paraguas que arreglar-e?
31
38
Si soubera, queridiño, que para ti me peinaba, botaría o peite ao río e o cabelo o cortaba.
Pasei a ponte de Ourense, paseina con moita risa; vintecinco costureiriñas cosendo nunha camisa.
32
39
Cando o río vaia cara arriba e os carballos dean uvas, hánselle crer as verdades aos homes de barbas rubias.
Por decir viva San Roque prenderon a meu irmán; agora que o soltaron, viva San Roque i o can.
33
40
Na túa porta, Maruxa, hai un lagarto con crista; canta en todas as portas, baila que Dios nos asista.
Alabado sexa Deus, que chegou a barateira; os homes van a real e as mulleres a peseta.
34
41
Pola túa porta pasa o correo das mentiras; inda lle podes pagar que pasa todos os días.
Pon o sombreiro de lado e a monteira ao nivel, inda que es mozo garboso inda non tes a muller.
35
42
O gaiteiro de Soutelo, ¡mala centella cho mate! Non quere tocar a gaita se non lle dan chocolate.
Sempre te andas alabando de que teu pai é moi rico, e a riqueza do teu pai lévaa un corvo nun pico.
184
CANTIGAS DE
CANTIGAS REFERIDAS AOS MOZOS E MOZAS
43
50
Teste por moi bon mozo, e por certo que o es; tes unha nariz na cara que dá para comer dez.
A muller, pra ser bonita, ten que ter a croca baixa, a barriguiña pequena, pra asentar o pao na caixa.
44
51
Pós a gorriña de lado, como se foras alguén; inda lle podes pagar a quen na casa te ten.
Pantalón de mil reás, pantalón de mil reás para que digan as mozas: ¡raio, que pantalón tras!
45
52
Á túa nai xa llo dixen e ao teu pai heillo dicer-e, a ti non che digo nada, fai como che parecer-e.
Polo mar abaixo vai un barquiño de alfileres; as mentiras son dos homes, as verdades das mulleres.
46
53
As tellas do teu tellado botan auga sen chover; así fai a mala xente, os que non me poden ver.
Este bandiño de mozas, este bandiño é o meu; téñame conta con el, señor San Bartolomeu.
47
54
Maruxiña, dame un bico, eu a ti douche un pataco. Non quero bicos de home que me cheiran ao tabaco.
O carballo da Portela ten dúas bolas no pé; coidai delas, queridiñas, que o carballo pra vós é.
48
55
Cando eu tiña diñeiro chamábanme don Tomás; agora que non o teño Tomasito e nada máis.
Eu non deixo de falar-e de dúas mozas de Oroso; levan os chourizos no seo e os chourizos no pescozo.
49
56
Entrei en Madrid cantando sen saber o que facía; a conta do meu diñeiro aprendín a cortesía.
Ás gatelas que elas fan trémenlle moito as orellas, póñenlle trescentas ao carro e lévano dúas ovellas
185
UMOR
CANTIGAS DE
UMOR
CANTIGAS REFERIDAS AOS MOZOS E MOZAS
57
Sempre somos e seremos, sempre somos e seremos, sempre levamos a palma e sempre a levaremos.
58
60
Si maĂąana te preguntan quien fueron los de parranda, fueron los mozos del pueblo porque en ellos nadie manda.
El hombre es como la naranja, que el hilo la bambolea; por fuera parece buena, por dentro no hay quien la vea.
59
A veces me comparas con la verbena, si la verbena es blanca, yo soy morena.
186
CANTIGAS DE HUMOR
CANTIGAS REFERIDAS AO
asamento
Heime de casar cun vello, heime de fartar de rir, heille de poĂąer a cama onde non poida subir.
CANTIGAS DE
UMOR
CANTIGAS REFERIDAS AO CASAMENTO
1
8
Eu queríame casar-e, miña nai dime que é cedo; ela, como está casada, non sabe as ganas que eu teño.
Heime casar en Xaneiro anque sexa cun rapaz; os rapaces fan aos homes, non quero quedar atrás.
2
9
Eu queríame casar-e, miña nai non teño roupa; casa, miña filla, casa, que unha perna tapa a outra.
Heime de casar cun vello, heime de fartar de rir, heille de poñer a cama onde non poida subir.
3
10
Eu queríame casar-e, miña nai non teño roupa; heite de levar á feira i heite de cambiar por outra.
Casadiña de tres días, ¿onde che van os colores? Vanche dentro das almoadas e tamén dos cobertores.
4
11
Eu queríame casar-e, miña nai non me deixou; agora vou de soldado, boa muller me buscou.
Casadiña de tres días, xa levaches unha tunda; se cho saben as solteiras, non se che casa ningunha.
5
12
Eu caseime por un ano por saber que vida era; agora o ano acabouse, solteriña quen me dera.
Miña nai por me casar-e prometeume unha galiña, e agora que me casei, díxome que non a tiña.
6
13
Eu caseime con un vello, seica o demo me tentou; por ser a primeira noite sete tundiñas me dou.
Miña nai por me casar-e ofreceume tres ovellas, unha cega e outra coxa, e outra xa non tiña orellas.
7
14
Eu caseime e ampareime, e agora estou amparada; de solteira, roupa nova e agora mal remendada
Miña nai por me casar-e, meu pai por me dar o dote, armaron un zafarrancho, partíronlle os pés ao pote.
188
CANTIGAS DE
UMOR
CANTIGAS REFERIDAS AO CASAMENTO
15
21
Miña nai por me casar-e ofreceume bois e vacas, agora que me casei deume unha cunca de papas.
San Antón de Augasantas (Cambeses), casamenteiro de vellas, ¿por que non casas ás novas, que mal che fixeron elas?
16
22
Solteiriña, non te cases, todo che ha de pesar; a vida das solteiriñas é moi mala de olvidar.
¿Por que non te casas, Pepe? ¿Por que non te casas Xoán? Porque as morenas non quero e as bonitas non mas dan.
17
23
Solteirña, non te cases, mira que tes moi boa vida; eu ben sei dunha casada que está ben arrepentida.
Eu penso que teño o fillo deitado na casa nova; el anda polos camiños procurándome unha nora.
18
24
Solteiriña, non te cases, non deixes a boa vida; que eu sei de moitas casadas que choran de arrepentidas.
Todo quere ser usado, todo quere ser usado, o que toca de solteiro, tamén toca de casado.
19
25
Sei cantar e sei bailar, sei tocar a pandereta; a que se case comigo, terá a música completa.
Manuel, Manueliño, Manuel, Manueliño, o día da túa voda eu hei ser o teu padriño.
20
26
Baila, rapaza, baila; rompe medias e zapatos, que despois de casadiña non che faltarán traballos.
Ao carballo da Portela inda non lle cae a folla; eu non me quero casar-e anque me boten a sona.
189
CANTIGAS DE HUMOR
CANTIGAS REFERIDAS AOS
uras
Micaela foi á fonte e o cura mirou pra ela; ao cura tamén lle gustan as pernas da Micaela.
CANTIGAS DE
UMOR
CANTIGAS REFERIDAS AOS CURAS
1
8
Un cura chamoume rosa, eu tamén lle respondín: esta rosa, señor cura, non a hai no seu xardín.
O cura e mais a criada ordenaron de cocer; tiñan a leña no monte e a fariña por moer.
2
9
O cura vendeu a burra pra lle non dar a cebada; agora vai aos enterros a cabalo da criada.
O cura foi ao muíño e caíu da ponte embaixo; mozos, acudide ao crego que vai polo río abaixo.
3
10
O cura, cando vai fóra, monta á criada na burra; na primeira carballeira dalle unha sacudidura.
O cura, cando vai fóra, déixalle dito á criada: veña tarde, veña cedo, déitate na miña cama.
4
11
O cura ten un paxaro, non sei que paxaro é; alá pola media noite pónse o paxaro de pé.
Os curas e os taberneiros teñen moito parecido: os curas bautizan nenos, e os taberneiros o viño.
5
12
O cura ten un paxaro que lle canta na bragueta; alá pola media noite, a criada dalle a teta.
O curiña de Pesqueiras non ten capa nen capelo; viva o noso de Xirazga que a ten de terciopelo.
6
13
O cura de Beariz está chorando na horta, que lle roubaron a Pepa polo burato da porta.
O curiña da Xirazga cando vai decir a misa dá unha volta no adro, viva a flor da Galiza.
7
14
O cura e mais a afillada ordenaron unha festa, peneiraron a fariña ao abrigo dunha xesta.
O curiña da Xirazga ten a camisa rabela que lla fixo a costureira pra que non cagase nela.
192
CANTIGAS DE
CANTIGAS REFERIDAS AOS CURAS
15
18
O señor cura non baila porque ten unha coroa; baile, señor cura, baile, que Dios todo llo perdoa.
Lugarciño de Xirazga, ¡que fortuna foi a nosa! temos un curiña novo, bonito como unha rosa.
16
19
Ao caravel cando nace, chámanlle caraveliño; tamén as fillas dos curas chámanlle ao pai, señor tío.
A cama do cura é boa e no medio ten un ai; mociña que nela durma, ao reino de Dios non vai
17
Micaela foi á fonte e o cura mirou pra ela; ao cura tamén lle gustan as pernas da Micaela.
193
UMOR
CANTIGAS DE HUMOR
CANTIGAS REFERIDAS A TEMAS
iversos
Teño sono, teño sono teño gana de dormir-e, teño un olliño pechado e outro non o podo abrir-e.
CANTIGAS DE
UMOR
CANTIGAS REFERIDAS A TEMAS DIVERSOS
1
7
A castaña, no ourizo, quixo rir e rebentou, caeu do castaño en baixo, vaia tombo que levou.
Teño sono, teño sono teño gana de dormir-e, teño un olliño pechado e outro non o podo abrir-e. 8
2
Sei dun niño de carrizo na cabeza dun repolo; deron os nenos con el, levaron cabeza e todo.
Pera que estás na pereira, déixate estar que estás ben, que de abaixo non che chegan e de arriba non vén ninguén.
9 3
¡Na miña vida vin outra, na miña vida vin outra! Un pé de muíño colgado nun castiñeiro da Bouza.
Eu arrimeime ao loureiro, pensando que era calado, loureiro langoreteiro, que traes todo averiguado.
10 4
Ti queres rubir ao alto, ao alto queres rubir, mais o que máis alto rube ao máis baixo vai cair.
Arriba ao monte á leña, arriba ao monte á leña; eu arriba non vou máis que teño a corda pequena.
11 5
Adiós, martes do Entroido, sempre fuches un gandulo, que para tres días de festa, sete semanas de xexuno.
Vaite, Febreiriño, cos teus vinte e oito, se duras máis catro, non queda can nin gato.
12 6
Adiós, martes de Entroido, adiós, meu queridiño, até o domingo de Pascua non comerei máis touciño.
Alegría, Deus a dea, alegría, Deus a dea, que non hai mais alegría que ter a barriga chea.
196
CANTIGAS DE
CANTIGAS REFERIDAS A TEMAS DIVERSOS
13
14
ยกAi! que alta va la luna, tan alta nunca la vi; mรกs alta lleva Dios la fortuna para mi.
Digan de mi lo que quieran, y lo que quieran decir, tengo muy buenas espaldas para todo recibir.
197
UMOR
CANTIGAS DE HUMOR
CANTIGAS QUE FAN REFERENCIA Á
amilia
Miña nai, miña naiciña, meu rosario de cadena, cando vexo a miña nai vexo a miña casa chea.
CANTIGAS DE
UMOR
CANTIGAS QUE FAN REFERENCIA Á FAMILIA
1
8
Miña nai deume unha tunda e despois deume un abrazo, de alí a pouco acariñoume cos mesmos dentes do angazo.
Miña nai, miña naiciña, como miña nai ningunha, que me quentou a cariña co calorciño da súa.
2
9
Miña nai deume unha tunda co aro dunha peneira, e despois deulle vergonza, que viña a xente da feira.
Miña nai era probiña, non tiña pan pra me dar-e, encheume a cara de bicos e rebentou a chorar-e.
3
10
Miña nai e mais a túa quedan no río rifando por culpa dunha galiña que ten amores cun galo.
Miña nai deixoume dito, antes que Dios a levase, que cantar por costa arriba, non é ningunha aventaxe.
4
11
Miña nai era coelleira, meu pai cazador de lebres, eu como son fillo deles son amigo das mulleres.
Miña nai, miña naiciña apréndame a costureira se a chuvia non me molla, vén o sol e non me queima.
5
12
Miña nai deixoume dito antes que Deus a levase, que andivese aseadiña e a todo o mundo agradase.
Eu son filla de solteira, a culpa túvoa meu pai; din que son filla do demo que embruxou á miña nai.
6
13
¡Miña nai, miña naiciña, que boa nai teño eu, que vendeu seu coletiño para me comprar o meu!
As mociñas de Rezada, eu ben sei que elas son, collen ao pai polas barbas, corre pra aquí castrón.
7
14
Miña nai, miña naiciña, meu rosario de cadena, cando vexo a miña nai vexo a miña casa chea.
Miña cuñadiña é nova e meu cuñado é pequeno se queres que medre pronto dalle o almorciño cedo.
200
CANTIGAS DE
UMOR
CANTIGAS QUE FAN REFERENCIA Á FAMILIA
15
18
Mandei o recado enriba, non me colle nunha mao-e, dallo á miña cuñada, á muller do meu irmao-e.
Pasei pola túa porta e mirei polo portillo, a puta da túa irmá dixo que lle fixera un fillo.
16
19
Pasei pola túa porta e mirei polo burato, a ladroa da túa irmá quíxome dar cun sacho.
Mándame unha carta, manda, meu irmao da miña vida; mándame unha carta, manda, da túa mao escribida.
17
Eu pasei pola túa porta por ver a túa hermosura, e a porca da túa nai-e lapaba na lavadura.
20
Mi madre me lo decía, se lo deba al corazón, que debía ser soldado del primer batallón.
201
CANTIGAS DE HUMOR
CANTIGAS REFERIDAS AO
iño e ás borracheiras
Anque somos de alá arriba, detrás do carrasco macho, sabemos beber o viño como calquera borracho.
CANTIGAS DE
UMOR
CANTIGAS REFERIDAS AO VIÑO E ÁS BORRACHEIRAS
1
5
Pillei unha borracheira onte, na fonte da Nugalla; como a fonte non deitaba, botáronme viño a esgalla.
Heicho de dar queridiña, heicho de dar que o teño, o viño da cuba grande, papas do pote pequeno.
2
6
Pillei unha borracheira onda fonte da Nugalla; déronme viño por auga, adeus fonte da Nugalla.
Non quero máis caldo de uvas que fai falar inglés, pola maña castelán e pola noite francés.
3
7
O viño é cristalino criado na cepa torta, a uns prívalles o sentido e outros non certan da porta.
O noso amiño de hoxe ten bon viño pra beber-e, ten o viño na bodega, mosto nos dá de beber-e.
4
Anque somos de alá arriba, detrás do carrasco macho, sabemos beber o viño como calquera borracho.
8
10
Echa vino, tabernera, echa vino, criatura; el dinero de la Habana tarde viene y poco dura.
El sábado y el domingo, borrachera de costumbre, y el lunes por la mañana, al trabajo nadie acude.
9
Borracho me acosté de noche, borracho me levanté, será perdición la mía, ya estoy borracho otra vez.
204
CANTIGAS DE HUMOR
CANTIGAS REFERIDAS ÁS
elacións entre o home e a muller
María vaime na feira mercar un porco rabelo; non merques porco, María, métete ti no cortello.
CANTIGAS DE
UMOR
CANTIGAS REFERIDAS ÁS RELACIÓNS ENTRE HOME E MULLER
1
7
Toca o pandeiro, Farruco, toca o pandeiro, Farruco. A muller que non ten home, fíalle as calzas ao cuco.
Cando a leña vai ao lume, a verde nunca ha de arder; á muller de ruín home, máis lle valía morrer.
2
8
Eu nacinche na mariña, nacinche na beira do mar; a muller que a min me leve bon peixe vai levar.
Se mo vedes por alá, o espantallo do meu home, decídelle que veña logo, senón na casa non dorme.
3
9
A miña muller é vella, de vella caeulle o coiro; heille facer un pandeiro para correr o antroido.
Das alas dunha mosca hei de facer un vestido, e dos retales que sobren unha capa ao meu marido.
4
10
A muller de Roque Troque está bailando na eira; Roque Troque está mirando como a súa muller se peneira.
O tempo das esfolladas non dá proveito a ninguén; mandei ao meu home a elas e esfollaronmo tamén.
5
11
A muller de Roque Troque e mais outra baldroqueira tiraron co malpocado de patulas na lareira.
María vaime na feira mercar un porco rabelo; non merques porco, María, métete ti no cortello.
6
A miña muller é vella, de vella non pode andar; heina de por de cancela na entrada do lugar.
206
CANTIGAS DE HUMOR
CANTIGAS REFERIDAS ÁS
elacións entre a xente de distintos lugares
Á entrada deste povo, á saída do lugar, ofrecéronme unha tunda, saia quen ma vai a dar.
CANTIGAS DE
UMOR
CANTIGAS REFERIDAS ÁS RELACIÓNS ENTRE A XENTE DE DISTINTOS LUGARES
1
7
Petoleiras de Baíste, ¿que lle facedes aos de Montes? Dámoslle petolo quente e auga de todas as fontes.
Lugarciño de Alén, pequeniño pero forte; mociño que nel entrar-e, ha de levar pasaporte.
2
8
Longanizos e petolos, eu ben sei onde os dan-e; no lugarciño do Edreira cando os de Liñares van-e
Adiós, feira de Doade, onde se perden as dores, as casadas aos seus homes, os solteiros aos amores.
3
9
Pasei a ponte Baíste, paseina nunha carreira, pensei pillar unha lebre, pillei unha costureira.
No medio de Candediño hai unha pedra cadrada, que a fixeron os mozos coa punta da navalla.
4
10
Anque somos da Candosa, sabemos facer as cestas, non somos como os de Magros, que son un fatos de bestas.
A Porteliña da Cruz debía de estar cuberta prós mociños da Xirazga cando van a Barcia á festa.
5
11
Quen veña á corrida de Magros, que veña ben preparado, que ao mellor vén de galiño e vai co lombo escaldado.
Á entrada deste povo, á saída do lugar, ofrecéronme unha tunda, saia quen ma vai a dar.
6
Velaí vén os de Amiudal cos culeiros das mazás; cambiámosllas por patacas ou encirrámoslle os cas.
208
CANTIGAS DE HUMOR
CANTIGAS REFERIDAS Á
ogra e ao sogro
Miña sogra non me quere porque lle falo co fillo; heille de mandar recado que o meta no bolsillo.
CANTIGAS DE
UMOR
CANTIGAS REFERIDAS Á SOGRA E AO SOGRO
1
6
Miña sogra, cando berra, ponse no medio da casa; ela dime: bota fóra; e eu digo: ten boa traza.
Miña sogra, ao peneirar, todo o corpo sarandea; rabea por ter un home e está caendo de vella.
2
7
Miña sogra morreu onte, enterreina nun palleiro, deixeille un brazo fora para que tocara o pandeiro.
Miña sogra, forradora do que non ha de gastar-e; inda ten un gato vello ó que non ha de matar-e.
3
8
Miña sogra morreu onte, que vaia o demo con ela; meu sogro está acabando que leva o camiño de ela.
Pereiriña do cu torto, dame unha pera madura, para darlle á miña sogra que está nos cornos da lúa.
4
9
Miña sogra non me quere porque lle falo co fillo; heille de mandar recado que o meta no bolsillo.
Ao muíño de meu sogro, eu ben lle sei o tempero, cando está alto, baixalo, e cando está baixo, erguelo.
5
Miña sogra é o demo, heina de facer rabear; nen lle hei de casar co fillo, nen llo hei deixar casar.
10
Todos tienen una suegra, yo quisiera tener dos para ponerlas al carro, y de carretero yo.
210
CANTIGAS DE HUMOR
CANTIGAS REFERIDAS AOS
nimais
Eu ben vin estar o moucho no máis alto do penedo; anque me riches o dente, moucho, non che teño medo.
CANTIGAS DE
UMOR
CANTIGAS REFERIDAS AOS ANIMAIS
1
8
O corazón dunha pulga, ¡quen o soubera guisar! Daba xantar e merenda, e cea para cear.
Eu ben vin pasar o demo de a cabalo dunha bruxa; o demo dalle que dalle, e a bruxa puxa que puxa.
2
9
Por baixo do meu vestido, unha pulga me picou; agarreina polo rabo, ¡que bofetada levou!
Eu ben vin estar o moucho no máis alto do penedo; anque me riches o dente, moucho, non che teño medo.
3
10
Pola faldra (manga) da camisa vinche subir un piollo, viña de Sierra Morena, traía o camiño longo.
Paxariño, gorrión, non me comas nas cereixas, que non teño pai nin nai, nen a quen hei dar as queixas.
4
11
Se ti viras o que eu vin, habías de estralecer; unha formiga rabela que me quería comer.
Comín ril de melra gorda, regordiña melra asada; comín ril de melra gorda, non poiden comer máis nada.
5
12
Se ti viras o que eu vin, na feira de Monterroso; unha formiga rabela de a cabalo dun raposo.
A galiña, pío, pío, e o galo cacaracá; a galiña vai ao día, e o capón vai á mañá.
6
13
Alí vai o raposo pola rodeira do carro, leva os ollos na cabeza e o cu debaixo do rabo.
Vente vindo de ladeira, vente vindo de ladeira, que che vai o meu rapaz cunha galiña vermella.
7
14
Alá vai e alá vai, o raposo polo millo; comer, non volo come pero vaino sacudindo.
Perendengues nas orellas, tamén os ten o meu can; cando vai detrás das lebres vai mirando se lle can.
212
Cancioneiro Popular da Provincia de Ourense. Vol. 1
CANTIGAS DE
raballo
Tecedeiras, tecedeiras, tecedeiras de Beariz, o voso tecer ben feito xa vos vĂŠn desde a raĂz.
CANTIGAS DE
RABALLO
1
8
Manuel foi ao muíño, cun fato de mozas (nenas) novas, elas todas en camisa e el no medio en cirolas.
Os canteiros de Beariz, cando veñen de Castela, non veñen polo Paraño, veñen por Pena Marela.
2
9
Manuel foi ao muíño, meteu a cabeza dentro, trougo fariña na barba para facer o fermento.
Vexo Beariz e o Candedo desde o alto de Marcofán, vexo aos canteiros que veñen de traballar de Canfrán.
3
10
Fun ao muíño de abaixo e volvín polo de arriba; o de abaixo ten forrollo e o de arriba caravilla.
Os canteiros de Beariz teñen a sona e a fama, pois non hai no mundo enteiro quen pique mellor a pedra.
4
11
O muíño troula, troula, e a i-auga faino troulear, e a filla do muiñeiro rabea por se casar.
O río da Ponte Inés, ten a ponte moi estreita, presínanse os carreteiros para pasala á primeira.
5
12
Unha noite no muíño, unha noite non é nada, unha semaniña enteira, esa si que é muiñada.
Aquí vimos as do toxo, aquí vimos as das toxeiras, que collemos vinte carros de vinte e cinco carreiras.
6
13
A nena foi ao muíño, meteu a cabeza dentro, coa fariña na mao para facer o fermento.
Tecedeiras, tecedeiras, tecedeiras de Beariz, o voso tecer ben feito xa vos vén desde a raíz.
7
14
Canteiriños, miña nai, canteiros de Pontevedra, que fixeron vir a auga de Madrid a Redondela.
Tecedeiras de Beariz, tece no liño que tece, o voso tecer, tecer, venvos así desde o berce.
214
CANTIGAS DE
RABALLO
15
22
¡Ai ás minas de Valcobo, canto metal lle tiramos! ¡Ai que cancións e que aturuxos, nos camiños botabamos!
Axúdame, compañeira, deste ladiño direito, que se non me dás unha axuda, esta noite non me deito.
16
23
Todo furado por dentro, ese alto Marcofán, ten a barriga de wolfrán e os ollos ten de metal.
Vivan os que aquí me axudan, vivan os que me han de axudar-e, vivan os da miña terra e mais os do outro lugar-e.
17
24
Pena Marela é un monte e a Picota é un montiño; para subir a Marcofán hai que andar medio camiño.
Escomenza, escomenza, se a queres escomenzar-e; o que primeiro escomence, primeiro ha de acabar-e.
18
25
Miña nai, miña naiciña, aprendeume a costureira; chuvia e neve non me mollan, ven o sol e non me queima.
Arriba, arriba con ela, arriba, arriba con ela que che vimos das castañas, alá, da Pena Marela.
19
26
Velos aí veñen vindo, velos aí veñen vindo; o barqueiro que os trae parece que vén durmindo.
Viva o noso amo de hoxe que ten cara de alegría; se non lle acabamos hoxe volveremos outro día.
20
27
Como as mociñas da Bouza non as hai no mundo enteiro, saben traballar de todo, e tamén de carpinteiro.
Castellanos de Castilla, ¿vistes alá meu irmao? Quédache en Serra Morena, cunha fouciña na mao.
21
28
A miña nena pequena, heina de aprender a todo, a cocer-e e a amasar-e, e a botar o pan ao forno.
Para cantar e bailar son como a primavera, pero para traballar teño moi mala maneira.
215
CANTIGAS DE
RABALLO
29
Si me non dás unha axuda á do ladiño direito, si me non dás unha axuda, esta noite non me deito.
30
Todos los pájaros , madre, nacieron para volar; yo también nací en el mundo para trabajos llevar.
216
Cancioneiro Popular da Provincia de Ourense. Vol. 1
CANTIGAS
elixiosas
Sempre me andas preguntando de que romería veño; veño do Santo Domingo, do Santo Domingo veño.
CANTIGAS
ELIXIOSAS
1
8
Á Virxen de Beariz, teño que comprarlle un manto, para que así as malas lenguas, de min non se acorden tanto.
Sempre me andas preguntando de que romería veño; veño do Santo Domingo, do Santo Domingo veño.
2
9
A Virxen de Beariz foi tres anos muiñeira; tiña a palanquiña de ouro e a vasoira de oliveira.
Santa Isabel de Liñares é nai de San Juan de Magros; sendo parentes cal sodes, ¿por que pelexades tanto?
3
10
San Antoniño da Ermida díxolle a San Xoán de Magros: se non che caso eu ás mozas, ti non dás unha no clavo.
San Pedro é quen ten as chaves, San Pedro é o chaveiro, San Pedro é quen ten as chaves do ceo e do seu carreiro.
4
11
San Antoniño da Ermida e tamén o de Cambeses, dous santos casamenteiros, máis guapos que caraveles.
San Bartolomeu da Bouza ten a ermida no outeiro, que lla fixeron de noite unha muller e un canteiro.
5
12
Nosa Señora do Carme, pequeniña e ben feita, que me bote a bendición coa súa mao dereita.
San Salvador en Xirazga e o Carme en Doade, e Santo Domingo foise pró monte porque era frade.
6
13
Nosa Señora do Carme, alabada sexa ela, ela é miña madriña, eu son afillada dela.
Se vas ao San Benitiño, non vaias ao de Paredes, vai ver ao de Pardesoa, que inda é mellor que o de Lérez.
7
14
O Carme está en Doade e en Magros está San Xoán, Santa Cruz e a Candelora, estanvos en Lebozán.
Sta. Isabel de Liñares díxome que lle rezase, que me había de valer cando por ela chamase. 15
218
CANTIGAS
Sta. Isabel de Liñares, Sta. Isabel de Liñares, tráemo diante dos ollos, quen eu quero ben o sabes.
16
Santo Domingo nació con una estrella en la frente, también nacería yo si me viniera la suerte.
219
ELIXIOSAS
Cancioneiro Popular da Provincia de Ourense. Vol. 1
CANTIGAS DE
esafío
Onde has de ir á herba que che hei de ir erguer; dareiche un abrazo, miña Maruxa do meu querer. Un abrazo non, que me ve meu pai e despois na pedra, meu queridiño, vaime pegar.
CANTIGAS DE
ESAFÍO
1
Non foi casca de cebola que foi casca de laranxa; ti por min non teñas pena, eu por ti non teño ansia.
Ao anelo do meu dedo xa lle caeu o orín; así lle caia a lingua a quen fala mal de min. Á entrada deste pueblo, á saída do lugar, ofrecéronme unha tunda, salga quen ma vai a dar.
4
Aí vos vai o desafío, pola banda do Candedo; aí vos vai o desafío, a ver se non tendes medo.
Eso chámase falar; mociños non vos metades en camisas de once varas pra que as chapras non perdades
Nós queremos desafío, e tamén volo vamos dar, e non hemos de ser nós quen nos hemos de gabar.
Ídevos pois, retirando, non nos fagades falar, metédevos na cociña, ponde a lengua a remollar.
Vós se non vos gabaredes, coitados pitos sen plumas; como non tendes de que, han de vir vosas avoas.
2
Non precisamos ninguén pra decir quen nós somos, pra falar do que fixemos e tamén do que faremos.
Pasei pola túa porta, abrín os ollos e vin-e, hai un letrero que dicía: eu para ti non nacín-e. Eu como sabía ler-e, mira o que puxen noutro: se ti pra min non naciches, eu para ti tampouco.
5
Onde has de ir á herba que che hei de ir erguer; dareiche un abrazo, miña Maruxa do meu querer.
3
Un abrazo non, que me ve meu pai e despois na pedra, meu queridiño, vaime pegar.
Onte á noite resbalaches na casca dunha cebola; se por min perdiches sono, podes dormín agora.
222
CANTIGAS DE
ESAFÍO
6
9
Pola nai que me pariu, pola nai que me criou, pola nai que me pareu, eu de aquí xa non me vou.
O cariño que che teño e mais o que che hei de ter, cabe na folla dun toxo, e inda non a ha de encher.
Pola nai que te pariu, polo leite que mamaches non lle digas ao teu pai o que comigo falaches.
O cariño que che teño e mais o que che hei de tomar, cabe na folla dun toxo, e inda sobra pra atar.
7
10
As de alá arriba cando van co gando, espetan a vara e bailan o tango,
Eso si que che ten tripas, se un sabe ou non soubera, e por vergonza calara, fiárase un de calquera.
e bailan o tango e mais a muiñeira, ás de alá arriba non hai quen as queira.
Pois falando de fiarse, foi o raposa ás galiñas, parece ser que esta noite, a un galiñeiro que as tiña. A galiña que ti dis inda está co rabo erguido, e inda o eixo está medrando no cañoto do seu bido.
8
Mira cara min dereito, ollo de gato rachado, mira cara min dereito senón darei-che co sacho.
Ese bido que ti dis e do que andas a falar, vai andar, dentro de pouco, nos camiños de rodar.
Mira cara min dereito, mira cara min dereito, que che quero preguntar-e o mal que che teño feito.
Ti podes dormir tranquilo, que non es ti o carpinteiro quen vai cortar ese bido, nen tampouco o carreteiro.
223
CANTIGAS DE
ESAFÍO
Quixera saber que é, carreteiro ou carpinteiro, porque oín ladrar os cas e eu a ti vinte primeiro.
11
Algún día por verte, daba cien vueltas y ahora por no verte, doy cuatrocientas.
Quen te vin fun eu a ti, facendo lume no chao, cos teus zoques a correr, petabas cos pés no cu.
Algún día por verte, ni me doblaba, ahora por no verte, bajo la cara.
Velaquí está o meu cu e os meus zoques aquí están, o cu non está gastado e os zoques de ir polo chao.
Algún día por te ver abrín portas e ventanas, agora por non te ver todas as teño pechadas.
Xa non lles queda unha charpa, a eses zoques pra un remedio, porque as pillaron as vacas, alá nas chousas do medio. Non sei de que medio falas, mozas ídevos lavar, que aquí mellor morra a cousa, e nós botemos a andar.
224
ApĂŠndices
Relación de informantes
Queremos facer patente o noso especial agradecemento a D. Eladio Rodríguez Rodríguez, cura-párroco de Beariz, pola súa permanente colaboración, póndonos en contacto con tódolos informantes que coñecía nesta zona, e axudándonos sempre que o precisamos. A continuación damos a relación de persoas que colaboraron connosco, e sinalamos o nome do lugar, da parroquia cando sexa distinta e do concello. Somos conscientes da ausencia nesta lista de numerosos informantes que aportaron valiosa información, e que por un motivo o por outro non podemos incluír nesta relación. Vaia para eles tamén o noso especial agradecemento e recordo.
Informantes de LIÑARES (Avión): Laureano Justo Ruiz, 1914 Aurora Prol Ruiz, 1920 Leonia Justo Ruiz, 1921 Manuel Paz, 1921 Manuel Diz Vázquez, 1922 Dario Justo Prol, 1923 Alsira Otero Janeiro, 1924 Julio Justo Vázquez, 1924 Elidia Otero da Cosa, 1927 Erminia Ruiz Fernández, 1929 Manuel Vázquez Janeiro, 1932 Encilia Justo Vázquez, 1937 Ricardo Estévez, 1940 Irene Justo Prol, 1943 Juana López Diz, 1943 Orentino Justo Estévez, 1943 Víctor Fernández Fernández, 1943 Aurentina Estévez Justo, 1944 Mª Ida Estévez Justo, 1947 Inés Justo Fernández, 1948 Olga Vázquez Rodríguez, 1948 Mª Helena Janeiro Justo, 1957 Enma Candedo Vázquez, 1959 Maribel Justo López, 1961 Adela Rodríguez Prol, 1963
Informantes de ESPIÑEIRO (Avión): Ángel Rodríguez Souto, 1924 Placeres Ramos Rodríguez, 1930 Aurelio Otero, 1930 Milo Rodríguez Beleiro, 1935 Esperanza Colselo Guerra, 1937 María Blanco Piñeiro, 1938 María Colselo Guerra, 1939 Olga Cañizo Otero, 1940 Esther Pérez Rodríguez, 1944 José Antón Fernández, 1944 Alfredo Merellos Ramos, 1945 Olida Antón Souto, 1946 Hermitas Rodríguez Ramos, 1947
Informantes de MANGOEIRO (Avión): Jovita Hermida Estévez, 1928 Leonor Álvarez Martínez, 1928 Alicia Colín Rodríguez, 1928 Manuel Estévez Álvarez, 1931 Alicia Gandarela Hermida, 1932
227
Manuel Hermida Estévez, 1936 Manuel Taboada Gandarela, 1937 Antonio Gandarela Álvarez , 1939 Rosalía Hermida Alonso, 1940 Benilde Alonso Hermida, 1940 María Alonso Hermida, 1940 Amancio Hermida Estévez, 1942 María Estévez Rodríguez, 1943 Lola Colín Rodríguez, 1944 Manuel Álvarez Martínez, 1945 Pepita Colín Rodríguez, 1946 Manuel Hermida Hermida, 1954
Informantes de ALÉN, XIRAZGA (Beariz): Manolo Rial Clarita Gil Palmira Ramos Ogando Celsa Tato Garcia Cándida Gil Alsira Gil Ramos, 1920 Manuel Vázquez Valiñas, 1921 Orosia Gil Ramos, 1922 Olida Diz Ramos, 1926 Manuel Diz Ramos, 1927 Jaime Diz Cañizo, 1940 Marina Tato Varela, 1946 Guadalupe Vázquez Diz, 1958
Informantes de OROSO (Avión): Piedad Martínez María Rosendo Gabicia Pura Vázquez Vázquez Lucinda Ronudo Vázquez Maria Rosendo Gabido, 1911 Lucinda Rosendo Vázquez, 1914 Olga Costal Pérez, 1917 Pura Vázquez Vázquez, 1922 Sara Rosendo Barreiro, 1930 Apolinar Gavián Rodríguez, 1931 José Fernández Rosendo, 1949 Nélida Fernández Rosendo, 1957
Informantes de RODEIRO (Avión): Alicia Bandarela, 1936 Rosalía Hermida, 1940 Antonio Candarela, 1940 Mª Lucía Estévez Hermida, 1945
Informantes de DOADE, XIRAZGA (Beariz): Hermida Ramos Dango, 1924 Inés Nair Olindo Valiñas, 1924 Ermitas Valiña Cid, 1924 Plácida Paz Cortizo, 1926 Dosinda Ramos Rivas, 1928 Lidia Bairas do Campo, 1938 Celina Vázquez Valiñas, 1942
228
Relación de aldeas e lugares que aparecen nas partituras e nas coplas
De seguido expoñemos os topónimos que aparecen nas partituras e nas coplas recollidas, ordenados alfabeticamente. Tamén sinalamos as páxinas nas que aparecen. Tentamos separar os nomes das aldeas dos de lugares como montes, pontes ou ríos.
Portela Regueiro Revolta Ribeiro Santa Marta
37, 72 55 62 55 71
Relación de aldeas e lugares que aparecen nas coplas
Relación de aldeas e lugares que aparecen nas partituras
Aldeas
Pax.
Alén Doade Edreira Liñares
83
Loureiro Mangoeiro Oroso Ourense Rodeiro Soutelo Vigo Xirazga
Aldeas Acibeiro Alén Amiudal Augasantas Baiste Barcia Baronda Beariz
41 39, 41, 43, 45, 47, 48, 53, 54, 56, 65, 66, 78 52 52 67, 68, 70, 72 74 38 71 40
Lugares
Pax.
Pasadeiro
62
Bouza Brasil Brea Cafrán Cambeses Candedo Candosa Canedo Carballiño Castela Castilla Cepeira Cerdedo Compostela
229
Pax. 166, 174 171, 169, 208 140, 142, 174, 208 189 100, 118, 173 102, 173, 208 140 118, 124, 128, 166, 172, 174, 192, 213, 214, 218 174, 196, 215, 218 103 124 218, 189 173, 214, 222 208 146 214 215 173 161 173
126, 170, 171 118, 144, 146, 148, 157, 166, 172, 208, 218 Edreira 126,175, 208 Espiñeiro 156, 173 Folgosiño 152 Galiza 171, 192 Lebozán 126, 128, 171, 218 Lérez 218 Liñares 118, 126, 132, 141, 144, 146, 148, 152, 156, 164, 170, 171, 172, 174, 175, 208, 218, 219 102, 118, 173, 174, 196 Loureiro Madrid 185, 214 Magros 126, 170, 208, 218 Mangoeiro 170 Monterroso 212 Montes 208 Mouriscados 126 143 Noia Nugalla 204 Oroso 172, 174, 175, 185 Ourense 120, 132, 161, 169, 174, 184 Outeiro 172, 173, 218 Padrón 124 Pardesoa 218 Paredes 218 Pontevedra 214 Portonovo 119 Redondela 214 Rezada 200 Ribadavia 146 Ricobanca 173 Rodeiro 148, 174, 183 Rozados 175 Rubillón 118, 126, 157, 173 Santiago 172 126 Sobredo Soutelo 126, 166, 172, 174, 184 171 Taboazas Valcobo 108, 124, 215 105 Valencia Vigo 167 161 Vilablanca Vilagarcía 161 Vilariño 148 Vilatuxe 183 128, 171, 175, 192, Xirazga (Parroquia) 193, 208, 218 Couso Doade
Lugares A Porteliña Avia Barreira Braña Cabada Cabadón Cabadosa Candedo Candeliño Casteliño Correa Costeiras Costolla Cotopeira Cruceiro Eixido Marcofán Margalán Meimoa Paraño Pena Marela Picota Ponte da Pedra Ponte das Coireiras Ponte freixeira Ponte Garfián Ponte Inés Ponte Liñares Portela Portela da Cruz Porteliña da Cruz Prexegueiro Regueiro Revolta Ribeiro San Saturniño Santa Marta Sierra Morena Suído
230
Pax. 123, 208 173 173 148 173, 174 171 124 173, 214, 222 118 171 118, 174 173 171 118 173 146 108, 214, 215 156, 172, 178 173 214 170, 214, 215 215 126, 173 172 174 128 214 172 145, 148, 159, 161, 171, 174, 185, 189 166 208 173 109, 110, 172 148 128, 156 172 184 212 172