Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos
CANTIGAS DE POBOS
Recompiladas por Evaristo DomĂnguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2072 Á Ardaña non vou que dormen no chan e despachan os mozos ás seis da mañá. 2073 A este lugar do Outeiro non hai bala que o entre con tanta nena bonita e tanto home valente 2074 A este lugar do Outeiro, moi ben lle había quedar unha carretera nova e un coche particular. 2075 Á igrexa de Rioboo heille de facer un sombreiro: ten a Mata e Soutochán, tamén ten o Meixoeiro. 2076 A igrexa de Rioboo ten un galo no campanario; ten a Mata e Soutochán e tamén o Meixoeiro. 2077 ¡Ai miña costa querida! ¿Cando sobre ti estarei? ¿porque non me veu a morte o día que te deixei?. 2078 A Montevideo hei de ir anque me volva mañana; anque non traia diñeiro sempre son americana. 2079 A parroquia de Santa Baia e grande e alongada: n a beira da carretera de Buño a Agualada. 2080 A Santa Baia hei de ir, a Santa Baia hei de ir; ou casada ou solteira, ou criada de servir. 2081 A Santa Baia hei de ir, anque me poñan cancelas, anque pase todo o día abrindo e pechando nelas.
2082 Adeus Carballo, Carballo, Carballo do meu querer; adeus Carballo, Carballo, ¿Cando te hei volver a ver?. 2083 Adeus lugar de Quintáns; para toda a miña vida; para min quedas cercado, de pedra de cantería. 2084 Adeus Malpica, Malpica, Malpica do meu querere; adeus Malpica, Malpica, ata que te volva a vere. 2085 Adeus Ponte Nafonso, non sei quen te acabará: trinta anos me levaches a flor da miña mocedá. 2086 Adeus Ponte Nafonso, non sei quen te acabará: trinta anos me levaches, toda a miña mocedá. 2087 Adeus ríos, adeus fontes, adeus ríos de lavar; o lugar de Vilanova moito se me ha de acordar. 2088 Adeus Tui e Veiga de Ouro, adeus orelas do Miño; adeus cariños do monte, aí vos queda o meu cariño 2089 Adios rapazas do Sisto, adiós muíños do Rei; adios rapazas de Gándara, non sei cando volverei. 2090 Agualada é o ceo, Agualada é o ceo; se marcho de Agualada, vou para Montevideo. 2091 Aí vén Brantuas e o Cean, Couto, Ponte, Anllóns e Tella; aínda me queda no medio Leiloio, Buño e Cerqueda.
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2092 Aí vén Xornes, Pazos, Couto, Ponte, Anllóns e Tella; aínda me queda no medio Leiloio, Buño e Cerqueda 2093 Ai veñen os de San Paio, aí veñen os máis valentes traen aos da Ponte Pequena atravesados nos dentes. 2094 Alegría rapaciñas, aí vén os mozos de Cores: zapateiros, cerralleiros, xastres e afiadores. 2095 Alto, altiño, alto, alto de Montemaior; dálle o aire, dálle o vento, tamén lle dá a calor. 2096 Anque che son de Nantón, anque che son nantonesa; anque che son de Nantón, gracias a Deus non me pesa. 2097 Ao chegar a Camafreita o primeiro que se ve son as véntanas abertas e as camas sen facer. 2098 Ao chegar á Devesa baixei cara a Esmorisa e ao chegar á Barcia, xa estaba alí Marisa. 2099 Ao chegar a Nantón pasei pola Pedra e ao chegar a Agualada, virei cara Pontevedra. 2100 Ao lugar de Camafreita moi ben lle había de estar: unha carretera nova e un coche particular. 2101 Ao lugar de Figueiroa non hai bala que o entre con tanta moza bonita, con tanto mozo valente.
2102 Ao lugar de Figueiroa moi ben lle había de estar: unha carretera nova e un coche particular. Ao lugar de Figueiroa non hai bala que o entre con tanata nena bonita e tanto mozo valente 2103 Ao lugar de Figueiroa non hai bala que o entre con tanta nena bonita e tanto neno valente 2104 Ao lugar de Figueiroa, olvidalo si que non; olvidalo de palabra, pero de cariño non. 2105 Ao lugar de Xaviña non hai bala que o entre con tanta nena bonita e tanto mozo valente. 2106 Ao lugariño da Mata moi ben lle había quedar, unha carretera nova e un coche particular. 2107 Ao lugariño da Pedra non hai demo que o entre ¡Con tanta nena bonita e tanto home valente! 2108 Ao lugariño de Castro heino de fundir a tiros: hai unha rapaciña nel que me roubou os sentidos 2109 Ao lugariño de Esternande moi ben lle había quedar unha carretera nova e un coche particular 2110 Ao lugariño e Brenlla non hai bala que o entre, con tanta nena bonita e tanto mozo valente.
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2111 Aparta verde loureiro; deixa pasar aos de Baio para san Xoán de Borneiro. 2112 Aquí chegamos señores, chegámonos desde Cores; para saudar a esta xente: cun “buenas noches, señores” 2113 Aquí me vedes, de novo, andiven de feira en feira: de Cuspedriñas a Arzúa , de Monterroso a Bandeira. 2113 Aquí veñen as do Outeiro, calzadas de zapatillas; para lle facer ver aos vellos o que son as súas fillas 2115 Aquí veñen os do Outeiro coa súa carnavalada; que veñen representando á parroquia de Agualada 2116 Aquí veñen os do Outeiro todos vestidos de branco que veñen de visitar o cuartel de Coristanco. 2117 Aquí veñen os do Outeiro todos vestidos de branco que veñen de visitar o concello de Coristanco. 2118 Aquí veñen os do Outeiro todos vestidos de branco que veñen representando a o concello de Coristanco. 2119 Aquí veñen os do Outeiro, coa súa carnavalada que veñen representando ao Outeiro de Agualada. 2120 As meniñas de Agualada, ben se poden alabar outras non o han de facer a onde vaian “planchar”
2121 As meniñas de Agualada, son pequenas e ben feitas; teñen a cara redonda, parecidas ás cereixas. 2122 As mociñas do Outeiro non son unha que son todas, poñen tres pares de medias para facer as pernas gordas. 2123 As mozas de Camafreita, os domingos van á misa: entran pola porta grande ¿Aí vén a flor de Galicia! 2124 As mozas de Vilaverde dinme que non beben viño e debaixo do refaixo, levan o xerro escondido. 2125 As nenas de Camafreita, os domingos van á misa; entran pola porta grande: ¡Aí vén a flor de Galicia! 2126 As rapaciñas de Castro, ben o poden dicir elas, non as ha máis divertidas debajo de las estrellas. 2127 As rapaciñas de Cuns son poucas e van a menos; colgadas do campanario, sen elas ben nos valemos. 2128 As rapazas de Esternande, van todas xuntas á misa; entran pola porta grande: ¡Aí ven a flor de Galicia! 2129 As rapazas de Rial, todas xuntiñas para a misa; entran pola porta grande ¡Aí vén a flor de Galicia!. 2130 As rapazas do Rueiro non son unha que son todas: locen dous pares de medias, para facer as pernas gordas.
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2131 As terras de Camafreita son unhas terras bonitas: está chea de animales desde raposos a cabritas. 2132 Baixo por costas abaixo, subo por costas arriba: digo que viva Ferreira, digo que Ferreira viva 2133 Bergantiños ten a sona, Bergantiños a sona ten; Bergantiños ten a sona de cantar e bailar ben. 2134 Bergantiños, terra chan, Bergantiños, terra chan; as nenas de Bergantiños, na montaña non se dan. 2135 Bótalle un asubío aos rapaces de Nantón, bótalle un asubío que o río non o pasas, non 2136 “Buenos Aires, Buenos Aires” boa terra debe ser; os que van a Buenos Aires, non se acordan de volver. 2137 Camafreita é unha aldea, con moitas comunicacións: moitas corredoiras fondas, só lle falta un avión 2138 Camariñas, Camariñas, o rei te quixo vender; o que merque Camariñas moi rico terá que ser. 2139 Camariñas, Camariñas, que me estás camariñando, as nenas de Camariñas viven no mundo penando. 2140 Cando vaias a Carballo, pasarás con coidadiño, que está a muller do demo metida nun buratiño.
2141 Cantan os galos en Baio, as galiñas en Baíñas; a sí canten no inferno as miñas malas veciñas 2142 ¿Cantos homes do teu tempo vexo aquí feitos señores! ¡Xalleiros de Santa Comba, son de Santa Comba lores! 2143 Carballeira de San Xusto, carballeira derramada; naquela carballeiriña perdín a miña navalla. 2144 Carballo é boa vila, Carballo é bo lugar, Carballo é boa vila, se fose porto de mar. 2145 Carballo é boa vila, carballo é bo lugar, pero moito mellor sería se fose porto de mar 2146 Carballo, curral de vacas; Coristanco,de cabriños; Agualada de ladróns, mira que tres lugariños. 2147 Corcoesto, Silvarredonda, O Esto e Rioboo; Cundíns, Borneiro e Anos, Canduas, Cesullas, Nantón 2148 Corcoesto, Tella e Tallo, Anllóns, Esto e Nantón; San Xusto, Valencia e Cereo, Xornes, Verdes, Langueirón. 2149 Da Montaña somos nós, da montaña somos nós; anque somos da montaña, dámoslle gracias a Dios. 2150 ¿De onde son aquelas mozas que beben naquela fonte? –Son do lugar de Arabexo e veñen da leña do monte.
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2151 ¿De onde son aqueles mozos? ¿De onde son, de onde serán?: do lugar de Camafreita de aquela terriña chan. 2152 ¿De onde son de onde serán? Son do lugar de Currás de aquela terra tan chan. 2153 ¿De onde son e onde están?: Son da parroquia de Couso de aquela terriña chan. 2154 De Santa Sabiña son un cento que coñecín; están no ceo queridiños, rogádelle a deus por min. 2155 Dende aquí a Coristanco, todo é camiño chan; todos son rosiñas brancas, plantadas da miña man. 2156 Dendes de aquí á Piolla, todo é camiño chan; todas son floriñas verdes plantadas da miña man. 2157 Desde A Coruña a Santiago; desde Santiago á Coruña; aldeíña por aldea, como a miña non hai ningunha 2158 Desde aquí a Baralláns, todo é camiño chan, todas son rosiñas brancas, plantadas da miña man 2159 Desde aquí a Carreira, todo é camiño chan, t odas son rosiñas verdes, plantadas da miña man. 2160 Desde aquí a Cerqueirás, todo é camiño chan; todas son rosiñas verdes plantadas da miña man.
2161 Desde aquí a Coristanco, todo é camiño chan; todo son rosiñas brancas plantadas da miña man. 2162 Desde aquí á miña terra, todo é camiño chan; todas son rosiñas verdes, plantadas da miña man. 2163 Desde aquí a Serramo, todo é camiño chan todas son rosiñas verdes plantadas da miña man. 2164 Desde aquí ata Carballo todo é camiño chan; todas son roseiras brancas plantadas da miña man. 2165 Desde aquí ata Nantón todo é camiño chan; todas son rosiñas brancas plantadas da miña man 2166 Desde aquí ata Silván todo é camiño chan; todo son roseiras verdes, plantadas da miña man. 2167 Desde o campanario de Oca vexo as brañas de Ramín; tamén vexo ás boas nenas cando se guían por min 2168 Desde Xaviña a San Paio todo é camiño chan; todas son rosiñas brancas, plantadas da miña man. 2169 Desde Xaviña a San Paio, todo é camiño chan; todas son rosiñas brancas plantadas da miña nai. 2170 Din que Malpica é feo porque non che ten balcóns; pero ten unhas nenas guapas que rouban os corazóns
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2171 Din que Nantón é feo porque non ten balcóns; pero ten mozas fermosas que rouban os corazóns. 2172 Din que Rial é feo polos seus poucos balcóns, pero ten mozas guapas que rouban os corazóns 2173 Din que Salgueiras é feo porque non teñen balcóns; pero teñen mozas guapas que rouban os corazóns. 2174 Do ceo caeu un pano pintado con mil cores e en cada cor poñía: Galicia dos meus amores. 2175 Do lugariño de Brenlla, eu ben sei de quen é a gala: Hermosinda de Martís coa súa chaquetiña morada. 2176 En Barizo hai bo millo, na Pontella é pequeno ; cando en Barizo se sacha, na Pontella ten cerceno. 2177 En Cazón hai boas mozas, e en Budián ganas delas; Vilaestévez e Carreira, caravillas para cancelas 2178 En Figeuiroa hai boas mozas, en Padrín hai ganas delas; no lugar de Camafreita: caravillas para as cancelas 2179 En Folgoso hai boas mozas, e na Mata raza delas, en Meixoeiro e Casais , caravillas e palmelas 2180 En Tallo hai boas cousas: cravos, craviños e brochas, pescados e mais xurelos, sardiñas e máis parrochas.
2181 En Verdillo hai boas mozas, porque é bo sitio para elas; en Verdillo hai boas mozas e en Sofán ganas delas. 2182 En Vieite hai boas mozas, en Figueiroa, ganas delas; no Piñeiro borrallentas, no Carrizal coma estrelas. 2183 En Xaviña non hai mozos; mozos hainos na ribeira: hainos de media polaina; hainos de polaina enteira 2184 Está no lugar de Segufe, a súa fonte no medio: un museo moi bonito de dona Asunción Antelo. 2185 Estabamos en Ourense e fomos ao Carballiño, ao pasar por Ribadavia tomamos un bo viñiño. 2186 Este lugar de Agualada non é lugar nin alforxa, todos son camiños fondos onde o burro abre a gorxa. 2187 Este lugar de Esternande, de lonxe parece vila: ten un caravel na entrada e unha rosa na saída. 2188 Este lugar de Nantón non é lugar nin alforxa con tantas corredoiras vellas onde o burro abre a gorxa. 2189 Este lugar de San Paio, redondiño e vizoso que se dan as nenas nel coma as chorimas do toxo. 2190 Este lugar do Outeiro, de lonxe parece vila; ten un caravel na entrada e unha rosa na saída.
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2191 Este lugariño da Brañeira pásoo de pedra en pedra que me alumea Carmiña da véntana,cunha vela. 2192 Estou lonxe de ti, terra do meu corazón; estou lonxe de ti, con tristura e moita dor. 2193 Eu a Cuns non vou que dormen no chan e despachan os mozos ás seis da mañá. 2194 Eu a Nantón hei de ir anque me poñan cancelas; ou abrilas ou partilas ou pasar por riba delas. 2195 Eu á Piolla hei de ir a cabalo dun mosquito; para que digan os da Piolla ¡Que cabalo máis bonito! 2196 Eu a Valenza non vou; eu aló non poño pé; que me din que teño amores, do demo mentira é 2197 Eu a Verdes hei de ir anque me poñan cancelas; anque pase toda a noite abrindo e pechando nelas . 2198 Eu caseime aló para arriba, para terra de moito pan; e o forno da miña sogra bota silvas no verán. 2199 Eu fixen unha pontella de palliñas de centeo para que pasen os mozos de Xaviña para Céreo 2200 Eu non quero ser do Allo , nin tampouco da Cebola que quero ser de Agualada e pasar pola Piolla.
2201 Eu non quero ser do Allo nin tampouco da Cebola que quero ser de Nantón e pasar pola Piolla. 2202 Eu pasei por Camariñas, por Camariñas cantando: as nenas de Camariñas quedan no río lavando. 2203 Eu pasei por Vilanova, eu pasei pasei cantando; as nenas de Vilanova, quedan no río lavando. 2204 Eu pasei por Vilaverde, eu pasei, pasei cantando; as nenas de Vilaverde quedan no río lavando. 2205 Eu pasei por Vilaverde, por Vilaverde cantando, as nenas de Vilaverde, quedan no río lavando. 2206 Eu pasei, pasei por Vigo, tamén pasei Redondela, pasei a Ponte Nafonso, camiño da miña terra. 2207 Foliada ha de haber, no lugariño de Brenlla, habémola de facer. 2208 Fuches á vila da Coruña, fuches e non viches nada; non viches bailar o sol nunha mazá colorada. 2209 Fuches á vila de Arousa, fuches, fuches a pescar: Santiago con ser Santiago non ten pinguiña de mar. 2210 Fuches a Vilagarcía, foches e non viches nada: non viches bailar o sol nunha mazá colorada
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2211 Fun á feira a Carballo, pasei pola de Verdillo; dei a volta por Figueiras e fun bater ao Carballiño. 2212 Fun á feira a Ponteceso comprar a vaca Marela: Corcoesto e Baneira, vin as torres da Penela 2213 Fun á feira a Santa Comba por un saquiño de sal: aínda que hei de volver o martes de carnaval. 2214 Fun a Muros a pescar e pesquei unha muradana; se a pesquei fixen ben: durmo con ela na cama 2215 Fun ás mozas a Alborís, moito me pesou por ir: que das mozas de Alborís non me puiden despedir 2216 Hei de facer unha ponte de carballo e bieiteiro para pasear os mozos da Balsa para o Rueiro 2217 Hai ruada na Cachada e se os hai de Nantón, tamén os hai de Agualada. 2218 Hei de facer unha ponte cunha palla de centeo, para pasear os mozos de Valenza para Céreo 2219 Hei de ir a Montevideo, hei de ir aló queridiña, hei de ir a Montevideo, para ver a miña santiña. 2220 Ímonos de aquí a Traba, cariña de boa rosa; ímonos de aquí a Traba, que esta terra non é nosa.
2221 Ímonos de aquí que é hora, ímonos de aquí que é hora; que o carro das estrelas está chegando á Feira Nova. 2222 Imos a Carballo, nena, que Carballo é o ceo; terra coma a de Carballo non a hai en Montevideo. 2223 Imos a Xaviña nenas que Xaviña é o ceo; terra coma a de Xaviña non a hai en Montevideo. 2224 Isca paxariño, isca da rabela do arado que as rapazas de Xaviña, levan a mosca no rabo 2225 Lugar de Pedramaior. Teixidón de Pedro de Vila; os meus lugariños verdes aló nas terras de Mira. 2226 Mariñeiro de auga doce, lévame á auga salgada; lévame a Puerto Rico e de Puerto Rico a La Habana 2227 Meanos todo ten: ten o rei e ten o conde e ten o goberno tamén. 2228 ¡Mira o cruceiro de Rial! ¡Mira o río da Casa Vella! ¡Mira a casa do Sotiño, que aínda ten algunha tella! 2229 Montemaior ten a sona, Montemaior sona ten; Montemaior ten a sona de cantar e bailar ben. 2230 Na Abelenda nace o sol , nas Salgueiras a lúa; no lugariño de Mira, nace a estrela da fortuna.
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2231 Na Agualada hai boas mozas; en San Roque, ganas delas; en Carballo hai: caravillas para as cancelas. 2232 Na Coruña hai xurelos; e n Pontevedra canteiros; en Lugo, arríncate nabo; en Ourense, paraugueiros 2234 Na Mata hai boas mozas, en Folgoso gana delas; en Rioboo e na Penela, caravillas para as cancelas 2235 Na Pedra hai boas mozas, na Piolla gana delas e pasando pola Agualada, caravillas para as cancelas. 2236 Na Piolla hai boas mozas, e en Budián ganas delas; Vilaestévez e Carreira, caravillas para cancelas 2237 Nantón, Cazón, Agualada, Couso, Brenlla e Ferreira; viva Gándara e o Sisto, Vilar Ramiro e Carreira. 2238 Neste lugar de Ferreira hai unha pedra labrada , onde se sentan os mozos cando vén de foliada 2239 Neste lugar do Outeiro hai unha pedra de asento, para se sentaren os mozos cando veñen do casamento 2240 Neste lugar do Outeiro hai unha pedra furada para sentárense as nenas, que veñen da foliada. 2241 Neste lugar do Outeiro hai unha pedra picada para se sentaren os mozos cando veñen de foliada.
2242 Neste lugar do Piñeiro hai unha pedra de asento; onde sentan as nenas cando veñen do casamento. 2243 Neste lugar do Vilar hai unha pedra furada para se sentar as nenas que veñen de foliada. 2244 No Carrizal hai boas mozas; en Figueiras gana delas e en Ferreira martabelas. 2245 No lugar de Langueirón hai unha pedra bicuda, tamén hai unha muller que lle chaman a Barbuda 2246 No lugar de Lumián hai unha pedra de asento, para se sentar as nenas o día do seu casamento. 2247 No lugariño de Brenlla hai unha pedra de asento para se sentar as mozas que veñen do casamento. 2248 No lugariño de Carnio hai unha pedra furada onde se sentan os nenos cando vén de foliada 2249 No lugariño do Outeiro ai unha pedra de asento para sentárense os mozos cando veñen do casamento. 2250 No lugariño do Vilar hai unha pedra furada, para sentar cando veñen as mozas de se casar. 2251 No lugariño dos Martices hai unha pedra furada para sentárense as mulleres cando veñen de foliada.
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2252 No Outeiro hai boas mozas, na Agrilloi gana delas; na Brañeira e en Agualada, caravillas para as cancelas 2253 No Outeiro hai boas mozas, na Agualada ganas delas; no lugar de Camafreita, caravillas para as cancelas. 2254 No Outeiro hai boas mozas; na Mata hai gana delas; e en Agrilloi hai caravillas para pechar as candelas. 2255 No Ventoso non hai coles que as comeron as lebres o que hai no Ventoso é pintura nas mulleres. 2256 Non hai home como Deus, nin muller coma a raíña, nin couto como a Agualda, nin lugar como a Brañeira. 2257 Non son de Coruña, nin son de Ferrol que son de Carballo, da calle do Sol 2258 Nunca vin carballo torto que tivese a rama dereita; sempre vin nenas bonitas no lugar de Camafreita. 2259 O lugar de Camafreita de lonxe parece vila: ten un caravel na entrada e unha rosa na saída. 2260 O lugar de Camafreita non é lugar que é aldea: todo corredoiras fondas onde o burro se pasea. 2261 O lugar de Camafreita, madía leva, madía, ten un caravel na entrada e unha rosa na saída.
2262 O lugar de Castro é alto, ti arriba del non sobes; agora que vas cansado, levarémosche unhas soles. 2263 O lugar de Figueiroa é un lugar pequeniño, todos os mozos que veñen, todos lle collen cariño. 2264 O lugar de Lumián é pequeno e vizoso que se dan as nenas nel coma a chiruma do toxo. 2265 O lugar de Sanamaro, non é lugar nin alforxas: todas son corredoiriñas onde o burro estrica a gorxa. 2266 O lugar de Xaviña de lonxe parece vila; ten un caravel na entrada e unha rosa na saída. 2267 O lugar de Xaviña, non hai bala que o entre; con tanta nena bonita e tanto home valente. 2268 O lugar dos Carballás, paseino de pedra en pedra; aluméame Xosé da ventana cunha vela. 2269 O lugariño da Mata de lonxe parece vila: ten un caravel na entrada e unha rosa na saída 2270 O lugariño da Mata, de lonxe parece vila: ten un corvo na entrada e un miñato na saída 2271 O lugariño de Brenlla, de lonxe parece vila: ten un caravel na entrada e unha rosa na saída.
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2272 O lugariño de Castro heino de fundir a tiros: hai unha rapaza nel que me roubou os sentidos. 2273 O lugariño de Castro, de lonxe parece vila: ten un caravel na entrada e unha rosa na saída. 2274 O lugariño de Esternande, rodeado de loureiros, de rapaciñas guapas e de mozos churrusqueiros. 2275 O lugariño de Oca moi bonito debe ser: ten un loureiro no medio que alumea sen arder 2276 O lugariño de Rus non é lugar nin alforxa ten unha corredoira vella, onde o burro estrica a gorxa. 2277 O lugariño de Vieite rodeado de loureiros, e de rapaciñas novas e de mozos churrusqueiros. 2278 O lugariño de Xaviña non hai bala que o entre con tanta nena bonita e tanto home valente 2279 O lugariño de Xaviña, de lonxe parece vila: ten un caravel na entrada e unha rosa na saída 2280 O lugariño do Sisto, cercadiño de arredor; agora que eu marchei del, cercaralo ti mellor. 2281 O lugariño de Castro, de lonxe parece vila: ten un caravel na entrada e unha rosa na saída.
2282 O monte máis alto da zona está no lugar de Carreira; e bén alegre e vistoso e chámase Pico de Meda. 2283 O muíño do meu pai bota a fariña por baixo; o que queira boas nenas veña por Sendelle abaixo 2284 O pandeiro toca ben, as furriñas fanlle son; as nenas que o tocaban eran de Corcubión 2285 Oca, Traba, Rus e Artes; Berdillo, Bértoa, Carballo; Sísamo Goiáns e Cances, Leiloio, Xornes e Tallo 2286 Os de Grixoa, pola festa, todos matan unha ovella; sae berrando para o campo ¡Viva a da chambra vermella! 2287 Os mozos de Camafreita o domingo van á misa; entran pola porta grande: aí vén a flor de Galicia. 2288 Os rapaces de Ferreira, eles para todo son: para cantar e bailar e tirar polo legón 2289 Para a “carretera” de Pazos vaise pola Bugalleira; con sete netos de viño e un peso na faldriqueira. 2290 Para a Ribela vou rindo, para Esternande cantando; para San Miguel de Couso, vou como a troita nadando. 2291 Para as Salgueiras vou rindo; para Agualada, cantando; para o lugar de Fiigueiroa, vou como a troita nadando
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2292 Para Carballo vou rindo, para Verdillo cantando; para o lugar da miña terra, vou como a troita nadando. 2293 Para Grixoa vou rindo, para San Salvador cantando; para o lugar da Brañeira vou como unha troita nadando. 2294 Para Oca, para Oca, lévame o meu corazón; para Oca, para Oca, para outro lado , non. 2295 Para Valenza e Valenza lévame o meu corazón; para Valenza e Valenza, para outro lado non. 2296 Para Xaviña vou rindo e para Oca cantando; para o lugariño de As Torres vou como a troita nadando. 2297 Para Xaviña vou rindo, para Oca vou cantando; para o lugariño de Traba vou como a troita nadando. 2298 Para Xaviña, para Xaviña, todo o airiño me leva; de Xaviña para arriba, nin aire nin “cosa buena”. 2299 Pasando por Carballo preguntáronme de onde era: de Bormoio de Agualada, de aquela bonita terra. 2300 Pasei a ponte de Baio, paseina de madrugada: a quen eu quería ver aínda quedaba na cama. 2301 Pasei a ponte de Noia, paseina de pedra en pedra; coa auga dos meus ollos fixen encher a marea.
2302 Pasei campos, pasei leiras, tamén pasei Redondela, pasei a Ponte San Paio, camiño da miña terra. 2303 Pasei por Lume de Suso, por Lume de Suso cantando; as nenas de Lume de Suso quedan no río lavando 2304 Pasei ríos pasei fontes; tamén pasei Redondela; pasei a Ponte Maceira, camiño da miña terra. 2305 Pasei Vigo, pasei Vigo, tamén pasei Redondela; pasei a Ponte do Porto, camiño da miña terra. 2306 Paxariño gorrión, pensas que veño da Barca e veño de Corcubión 2307 Polo mar abaixo vai unha galiña con pitos; mozas coma as de Currás non as hai en todos os sitios. 2308 Pontevedra non ten auga, se non ten eu lla darei; coa auga dos meus ollos, Pontevedra regarei. 2309 Por alí abaixo vai unha galiña con pitos: mozas coma as de Nantón non as hai nos outros sitios. 2310 Por aquí vai o camiño, por aquí vai o carreiro, por aquí vai o camiño dos mociños do Outeiro. 2311 Por aquí vai o camiño, por aquí vai o carreiro, por aquí van a pasar os mozos do Meixoeiro
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2312 Por aquí vai un camiño, por aquí vai un carreiro; por aquí han de pasar todos os mozos do Outeiro 2313 Por Lumián abaixo, por Lumián arriba, mozas máis divertidas non as vin na miña vida. 2314 Preguntáchesme de onde era, voucho dicir de contado: do lugar da Vilanomva, a filla do secretario. 2315 ¡Onde van os da Barcala? ¿Os da Barcala onde van? ¿Onde van os da Barcala?: na romaría non están 2316 ¡Que terra tan boa é esta, do lugar de Teixidón! ¡Que xente máis humaniña e de tan bo corazón! 2317 ¡Que vivan os de Agualada! polo pé ou pola rama; onde os da Agualada están os outros non valen nada 2318 ¡Quen me dera na Agualada ou tan sequera no camiño! ¡Quen me dera armar a lingua entre as rodas dun muíño! 2319 ¡Quen me dera na Agualada! ¡Quen na Agualada me dera! ¡Quen me dera na Agualada, na beira da carretera! 2320 ¡Quen me dera telo corpo, onde teño a miña idea!: na parroquia de Agualada, na beira da “carretera”. 2321 ¡Quen me dera ter o corpo onde teño o pensamento!: na calle Real de A Coruña, paseando dun sarxento.
2322 Que vivan os de Agualada, polo pé ou pola rama; onde os da Agualada están os outros non valen nada 2323 Raposeiro, raposeiro, raposeiro das galiñas; pasaches por Vilanova e máis non viches as miñas 2324 Rial de Cuns e Sordíns, Fornos e Vilar Queimado, porque andabas coma as sombras ou ben diante ou ben de lado. 2325 San Cremenzo todo ten, San Cremenzo todo ten: ten o Galo e a Galiña e ao Carolo tamén. 2326 Santa Baia é boa terra, se fose porto de mar; pero así como non o é; Santa Baia é reguilar 2327 Santa Baia é o ceo, Santa Baia é o ceo; se marcho de Santa Baia, voume para Montevideo. 2328 Santa Baia, Santa Baia, Santa Baia, polo pé; anque veña a Agualada, Santa Baia non o é. 2329 Santa María de Oza, terra fría non dá pan; san Lourenzo de Verdillo, lévame para Sofán 2330 Santa Sabiña e Guldrís é terra de poucos homes ; aqueles poucos que quedan chámanlle remendafoles. 2331 Santa Sabiña e Guldrís; Vilar do Mato e Nantón; Busto, Travesas de Abaixo, lévoas no corazón
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2332 Santa Sabiña é o ceo, Santa Sabiña é o ceo que ata as mesmas paredes a min me daban consolo. 2333 Santiago é boa cidade, Santiago é bo pobo, só lle faltaba ter unha galiña cun ovo. 2334 Santiago é boa vila, Santiago é bo lugar; Santiago é boa vila se fose porto de mar. 2335 Santiago é boa vila, Santiago é boa cidade: só lle faltaba ter a estatua da Liberdade. 2336 Santiago é boa vila; boa vila tamén é dar de comer a quen no o ten. 2337 Se che preguntan mañá de onde son aquelas damas: son do lugar do Outeiro de entre aquelas verdes ramas. 2338 Se me desen a escoller eu non sei que escollería: entrar na Coruña de noite ou entrar no ceo de día. 2339 Se pasas pola Piolla darás recordos a tres: a Modesto e á muller e ás fillas, se as ves. 2340 Se pasas polas Salgueiras pasarás moi amodiño: que está a filla do demo, metida nun buratiño. 2341 Se pasas polas Salgueiras, pasarás moi amodiño, que está a filla do demo, metida nun buratiño.
2342 Se pasas polo Meixoeiro, pregunta polos da Mata; pregunta polos de Sueiro, que están durmindo na cama. 2343 Se pasas por Agualada, dálle recordos a tres: a Xosé a Manuel e a Francisco, se o ves. 2344 Se queredes vero liño, vinde ao vao de Soneira; ao axuntamento de Zas e á parroquia de Carreira 2345 Se queres plantar salgueiros vainos plantar a Silván, nesta terra non hai brañas e sen brañas non se dan. 2346 Se queres plantar salgueiros, vainos plantar a Silván que alí hai boas brañas, onde os salgueiros se dan. 2347 Se queres saber de onde son, dígocho e non teño medo; son da parroquia de Castro e do lugar de Cercedo. 2348 Se queres saber de onde son, voucho dicir de carreira: son da parroquia de Seavia e das Torres de Nogueira. 2349 Se queres ser valente, dixéraslle á túa nai que te parise en Nantón, na terra onde os hai. 2350 Se querías ser valente, dixéraslle a túa nai: que te parise en Coristanco, na terra onde os hai. 2351 Se vos preguntan mañá de onde son esas madamas: son do lugar do Outeiro de entre aquelas verdes ramas.
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2352 Seavia da miña vida, Seavia do meu vivir; que do lugar de Seavia non me podo despedir. 2353 Son de alí da Porcariza, lindando con Portugal; para pasa-la fronteira só hai que cruzar un herbal. 2354 Son do lugar da Porcariza, lindando con Portugal; para pasar a fronteira non hai máis que cruzar un herbal 2355 Sortean un viaxiño e uns van e outros quedan, a min se me toca de ir, voume a Pico de Meda. 2356 Teño de ir e vir a Xallas na recolleita do millo; teño de ir e vir a Xallas, de Xallas non me despido. 2357 Tocan as campanas de Oca, repenican as de Cereo; aí veñen as mozas de Traba, para baila-lo maneo. 2358 Tocan as campás de Oca; repenican as de Cereo ¿Vivan as mozas de Brenlla, para bailar o maneo. 2359 Todos os amores meus viñeron de foliada: Verdillo, Artes, Sofán e Santa María de Ardaña 2360 Todos os mellores mozos van no servicio do rei; os cativos que quedaron teñen un algo que non sei. 2361 Tres cousas hai en Carballo que non as hai en España : o Colón, O Mexillón e o vinte e cinco na Graña.
2362 Unha espiga e máis un cesto: miña nai é de Baiordo e meu pai de Corcoesto. 2363 Vale máis unha de Corme coa cesta na cabeza que sete de aló de arriba con toda a súa riqueza. 2364 Valen máis as de Agualada cunha saia de picote, que as de Coristanco todas con vinte mil reás de dote 2365 Vexo a Coruña e Lugo, tamén vexo Redondela: vexo a ponte de San Paio, camiño da nosa terra. 2366 Vexo ovellas en manadas, cabras égoas, vacas, bois; as abellas mel sacando polos montes de San Lois. 2367 Vexo Vigo, vexo Vigo, tamén vexo Redondela; vexo a ponte de Agualada, camiño da miña terra 2368 Vexo Vigo, vexo Vigo, tamén vexo Redondela; vexo a ponte de San Paio, camiño da miña terra. 2369 Vindo da feira de Anllóns, vindo por Beres arriba, agarreime ao teu lombo, que comigo non podía. 2370 Viña trasbeando o día aos montes de Cuns subín: deume deus unha alegría que non vos podo dicir. 2371 Viva a parroquia de Santa Baia e os seus arredores; terra de moitos castaños, vivan os seus apañadores.
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2372 Viva Brenlle a así morra, viva Brenlla e así morra; quero que corra a sona de que Brenlla é a miña terra. 2373 Viva Budián e Gándara, viva a parroquia de Mira, vivan as sete parroquias onde eu me divertía 2374 Viva Cances e Leiloio, Oca, Xaviña e Traba; Santa Baia e San Xusto, Valencia, Céreo e Agualada 2375 Viva Cances e Leiloio; viva Xaviña e Traba, Santa Baia e San Xusto, Valenza e Agualada 2376 Viva Couso, Couso viva; viva Couso, Couso viva; viva Couso, viva Couso, do Cruceiro para arriba. 2377 Viva Gándara e Carreira e Pedra Maior e Mira; vivan os catro camiños onde eu me divertía. 2378 Viva Gándara e Carreira e Pedra Maior e Mira; vivan as catro campanas onde eu me divertía. 2379 Viva Gándara e Carreira, Pedra Maior e Mira; vivan os catro lugares, onde eu me divertía. 2380 Viva Gándara e O Sisto e a vila de Carreira, Cazón, Nantón, Agualada, Couso, Brenlla e Ferreira. 2381 Viva Lamas e Vermello, Pedra Maior e Mira; vivan as catro parroquias onde eu me divertía.
2382 Viva Langueirón e Tallo viva Cores e o Esto; eu tamén quero que viva San Pedro de Corcoesto. 2383 Viva Langueirón e Tallo, Tella, Anllóns e Soesto; eu tamén digo que viva San Pedro de Corcoesto. 2384 Viva Nantón anque eu morra, quero que corra a sona de que Nantón é terra boa. 2385 ¡Viva Nantón anque eu morra! ¡Viva Nantón, anque eu morra!; quero que corra a sona de que “Nantón es mi tierra” 2386 Viva Nantón anque eu morra, viva Nantón anque eu morra d e que Nantón é a miña terra quero que corra a sona. 2387 Viva Ponteceso e Tallo, viva a parroquia do Esto; eu tamén quero que viva: san Pedro de Corcoesto. 2388 Viva Santiago que ten unha alameda preciosa; viva Santiago que ten unhas señoras moi garbosas. 2389 Viva Santiago, Santiago; que ten unha catedral preciosas, un consistorio bonito e unha alameda preciosa. 2390 Viva Seavia anque eu muera, viva Seavia anque eu muera; quero que corra a soma de que Seavia es mi tierra. 2391 Viva Valenza, Valenza; Valenza, anque eu muera; quiero que corra la sona de que Valenza es mi tierra.
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial
Retallos de cultura popular: Cantigas de pobos 2392 Vivir na Coruña, ¡que bonito é! Andar de parranda e durmir de pé e durmir de pé e durmir de pé, vivir na Coruña que bonito é. 2393 Xa fun a Marín, xa fun e xa vin e ao cruzar a ría, as pernas che vin. 2394 Xa fun a Marín, xa pasei o mar, xa comín laranxas do teu laranxal. 2395 Son do lugar de Ferreira e vou a escola a Agualada e cando volvo de volta, estou un pouco cansada. 2396 Vexo a pedra de Baneira, tamén Santa Margarida: enriba daquela pedra, sempre botaban as vispras 2397 Esa pedra de Baneira non é pedra de abalar: tena os pescos de Malpica para sinales do mar. 2398 Esta pedra de Baneira é unha cousa ben rara que a vexan os de Malpica desde as illas Sisargas. 2399 Se queres saber as cousas de Baneira á Penela, tes que ir a xunto Xosefa, tes que ir a xunto dela.
Recompiladas por Evaristo Domínguez Rial