Contos de medo para unha noite de Samaín

Page 1


A casa embruxada Unha noite un neno entrou nunha casa. Soou o teléfono, o neno colleuno e escoitou unha voz que dicía: - Vas morrer! O neno asustado colgou o telefono. Nese intre apareceu un coitelo cheo de sangue cravado nun tronco de madeira. O neno subiu as escaleiras aterrado e ao chegar á cima atopou a cabeza dun home. O neno gritou, estaba cada vez máis atemorizado. Baixou as escaleiras como un raio, e atopouse coa cabeza dun paxaro. Entón, centos de cristais cáenlle enriba. O neno escapou e chegou ata a cociña. Abriu a cavilla, pero o que saíu non foi auga senón sangue. O neno saíu da casa aterrado, con tanto medo que desmaiouse. Cando espertou e viu a súa nai respirou aliviado. Pero sabedes que?, contan que preto da casa dese neno existe unha casa encantada, na que todas as noites de Samaín as animas de todas as xentes que se atreveron a visitala, levántanse e atormentan a xente que non sae da súa casa disfrazada. Pablo Neira Voces 5º B


Unha clase terrorífica A clase era de cor gris, moi sucia con todos os libros polo chan. Os nenos desa clase eran sete: Carlos, Xavi, Xoán, Lucía, Tamara, David e Rafael. Eran nenos moi malos, e a profe era aínda peor. Os nenos non compartían as cousas e non se axudaban, nin sacaban boas notas. Á profe non lle caía ben ningún neno, facíalles chorar e todos os días chamaba ás súas casas. O neno mais malo era David, pegáballe a todos os seus compañeiros e era imposible que traballase nin sequera un chisco. Dende o colexio avisaron aos seus país e estes anoxáronse moito. O director decidiu expulsalo durante unha semana. El decidiu vingarse dos seus compañeiros e para iso contratou os servizos dunha meiga. O brebaxe daquela bruxa fixo que tódolos nenos do colexio se comportaran coma el. Non pasou nin unha semana e xa non quedaba ningún mestre na escola. Escaparon todos e a primeira foi a súa profe.

Alberto Díaz Peña 5º B


No Samaín: Chuqui Érase unha vez un boneco chamado Chuqui que vivía nunha terrorífica casa coa súa pequena noiva: Chuca. Un día saliu da casa cara o bosque e veu un neno co seu pai. Chuqui tirouse enriba do pai e matouno sacándolle as entrañas e o corazón. O neno foise correndo e non se converteu no almorzo de Chuqui e da súa noiva. Tras durmir a sesta, os bonecos decidiron volver ao bosque. Xa no camiño viron un grupo de xente que se dirixía cara eles. Chuqui intentou lanzarse enriba dun camioneiro, pero nese intre un pequeno cuxa cara lle era moi familiar colleu un machado e Chuqui e Chuca morreron. E colorín colorado, esta historia rematou. Manuel 5º B


A noite de Samaín Érase unha noite de Samaín nun pobo no que poñían no camiño de entrada calacús con candeas dentro para que os mortos non se levantaran da tumba. Pero un día isto non lles serviu de nada, porque aqueles seres terroríficos levantáronse igual e entraron no pobo. Xa non lles daban medo as cabazas con candeas dentro. Un daqueles mortos entrou na casa dun pobre pescador. O pescador, que xa o vira acercarse, fíxose o durmido e o sinistro morto mudou o seu destino. A súa seguinte parada foi un palacio. Entrou e atopou un home de servizo, foi tan grande o susto que levou o servinte que caeu desmaiado. Non espertou ata o cambio de relevo do día seguinte. O morto, ante tanto infortunio, decidiu regresar á casa do pescador. O pescador cando o viu fronte a fronte suplicoulle que non lle tocase, que el non quería converterse nun morto vivente. Pero antes de que o morto puidese responderlle o pescador xa estaba desmaiado e non espertou ata o dia seguinte, no que un valente soldado o levou a enfermaría do pobo. Mentres o morto desafortunado viu como xa chegaba o alba e con moita pena regresou ao cemiterio. David Domínguez 5ºB


Excursión ao bosque Ola, chámome Noelia e este ano fun de campamento cos meus compañeiros e profesores a un fermoso bosque. -Xa chegamos, que ilusión! Vamos ao lago a bañarnos? – exclamamos todos en canto chegamos – Que vistas tan bonitas hai! Despois de pegarnos un chapuzo, puxémonos a montar as tendas de campaña. Cansos, ceamos e fomos durmir.

Cando xa estabamos todos deitados, sentimos uns gritos … viñan da tenda que estaba ao lado da miña. Erguémonos rapidamente e fomos ver o que pasaba. Os nosos compañeiros foran devorados!

Tiñamos moito medo e queriamos marchar. Fomos correndo a coller os coches, pero estaban destronados. Volvemos ao campamento angustiados, non podiamos crer o que estaba acontecendo. Ao amencer volvemos a escoitar outra vez aqueles terroríficos gritos, viñan da tenda de campaña dos nosos profesores. Tamén foran devorados.


Cada vez tiñamos máis medo, pois só quedabamos sete nenos. Non sabiamos que facer, non tiñamos nin teléfonos móbiles, nin nada que nos sérvese para pedir socorro. Foi pasando o día, sen saber o que iamos facer e xa a media tarde, decidimos facer unha fogueira para poder ver e para que ningún becho se acercara a nos. Os lobos comezaron a ouvear e o noso medo era cada vez maior. Non puidemos durmir e pasamos toda a noite rodeando a fogueira. Cando chegou o amencer sentimos disparos. asustados todos nos puxemos a gritar, a ver si alguén nos escoitaba. Non tardaron moito en chegar uns cazadores, aos que contamos o que nos acontecera. Eles tranquilizáronnos, dixéronnos que eles estaban alí nunha cazaría de lobos, pero que primeiro nos levarían á casa. Nos puxémonos moi contentos, porque por fin iamos regresar as nosas casas. Ou quizás non …? Continuará … Lorena Poncelas 5º B


A casa encantada. Unha noite de Samaín unha familia mudase a unha casa encantada. Cando chegou a noite, o pequeno da familia viu dende a súa xanela un montón de fantasmas que saian das tumbas do cemiterio que esta preto da casa. O neno estaba aterrado e de súpeto, un espectro aparece diante del. Grita, grita e grita. Os seus país acoden rapidamente e non atopan ao seu pequeno. Dende aquel día so escoitan de noite os seus lamentos, ata que chega de novo a noite de Samaín.

Aquela noite, paseando polo pobo, senten uns calafríos e as árbores balancéanse bruscamente, aínda que o vento nin se move. Ao mesmo tempo os farois apáganse e acéndense continuamente, ata que unha man xeada toca ao pai e di: -Vén comigo, vén comigo … De súpeto o pai desaparece entre a néboa. Xa só esta a nai. Nese intre soa o telefono e unha tétrica voz dille: - Dentro de tres noites: morreras. Ao chegar a terceira noite un grupo de homes e lobos perséguena sen descanso. A muller tropeza e cae ao pozo no que habitan os espectros da noite. Dende aquela so se escoita: - Meu fillo, meu fillo…

Aída 5ºB


A casa do cemiterio Contábase que a casa do cemiterio estaba embruxada, pero eu non mo cría. Un día mentres xogaba, entrei na casa e vin un rastro de sangue. Seguino e cheguei ata unha habitación na que había un coitelo nadando nun charco de sangue e o seu carón unha man cortada. Escapei a correr e fun chamar os meus compañeiros. Cando chegamos non estaba nin a man nin o coitelo. Tampouco estaba o rastro de sangue. Ao día seguinte volvín e o que atopei foi aínda máis terrorífico. Había un home aforcado.

Esta vez non fun buscar os meus compañeiros, senón que fun directamente a casa. conteille o que me acontecera aos meus país e estes castigáronme por mentireiro. Así e todo o meu pai sempre confiara en min e decidiu ir aquela casa. E alí estaba o rastro de sangue, o coitelo, a man e o home aforcado. Entón o meu pai e mais eu acudimos a policía e lles contamos toda a historia. Investigaron durante case un ano, pero non atoparon nada. Quizás todo foi un sono.

Pablo Rodríguez 5ºB


Terror na noite de Samaín Era noite de Samaín e parecía que ia ser unha noite normal, como todas as demais, o único de especial era que sairiamos a pedir doces. Comezamos a noite sen moita sorte, e camiñamos seguindo un vello sendeiro. Ao pouco tempo sentimos unha brisa, que sopraba cara a inmensa porta do panteón dos Bylan. Sentimos curiosidade e adentrámonos no seu interior. Todo estaba escuro, e no medio desa escuridade sentimos choros e voces que viñan do interior dunha habitación.

A pesar do medo venceunos a curiosidade e nos decidimos a entrar. Canto máis cerca estabamos, máis forte sentiamos aqueles lamentos: -Axuda, axuda …. Fixéronse tan terroríficas que saímos correndo pero cando xa case rozabamos a saída aquela inmensa porta pechouse dun golpe. Decidimos prender unha candea e adentrarnos no panteón na busca dunha saída. Camiñamos, camiñamos e camiñamos polo medio das teas de araña, pero aquel lugar parecía non ter fin. De súpeto a miña irma cae no chan e empeza a berrar. Eu rapidamente, pregunteille que era o que lle acontecía, pero non contestou, parecía que xa non estaba con nos. Nese mesmo instante sentín un arrepío, case sen darlle importancia mirei carra arriba e alí estaba, miña irma, camiñando cara a min , chea de sangue e dicindo: -1,2,3. De súpeto, atopeime saíndo do meu roupeiro, xunto coa miña prima. Na porta poñía: “O lugar do 1, do 2 e dos 3 desexos”. Dende entón non volvemos ver a miña irma, pero sempre ao pasar polo seu cuarto escoitamos a súa voz dicindo: - 1,2,3. “O lugar do 1, do 2 e dos 3 desexos”. Tamara R. F. 5ºB


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.