Mulleres en / para / por/ desde /ante o Museo. A Exposición

Page 1

Nun lugar marcado polo carácter dunha muller como Dona Maria Paz Taboada e dentro do programa a Arte de ser Muller nun mundo por compartir 5.0 e o PROXECTO ESTATAL MIRADA DE MULLERES, presentamos esta exposición cos traballos resultantes do proxecto Mulleres en/para/por/desde/ ante o Museo – Historias de Mulleres no Museo realizados por diferentes colectivos nos catro museos da Rede: Museo do Mar en San Cibrao, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Prov. de Lugo e este Museo, o Pazo de Tor.

Participaron no proxecto diversas asociacións como ALUME, ASPNAIS, Asoc. Mulleres redeiras “Cabo Burela”, Asoc. de Mulleres de San Cibrao, A Mariña Cogami. Contouse en Monforte coa participación de colectivos que así mesmo traballan o tema da memoria, como AFAMON, ou a integración cultural e social como AUXILIA e por suposto, falando da muller, o centro de información da muller do concello que achegou tamén o audiovisual Mulleres de Monforte, Testemuñas de vidas paralelas. Igualmente achegaron outras tantas historias dende particulares.

A exposición está construída cos relatos de homes e mulleres que quixeron homenaxear a figura feminina, botando unha ollada de emocións sobre o seu universo, coas súas lembranzas, os seus cheiros, o seu traballo fóra e dentro da casa. A súa vez os relatos xorden por relación coas propias pezas dos museos que os participantes elixiron para si mesmos.

Pero non son historias que nada máis falan de pasado. Son historias que evocan experiencias persoais que deixaron pegada nos seus relatores, e que queren deixalas tamén en quen as contempla. Esta é unha pequena mostra daquela experiencia. Comisarias > Encarna Lago González Pilar Sánchez


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.