Pincha(e)Discos Número 10

Page 1

Pincha(e)Discos Nยบ 10 | setembro-outubro 2016

BAILEI, SI SEร OR! Tango, sevillanas, breakdance, clรกsico... en Santiago podes aprender o que se che ocorra


RSM ESTRATEGIAS

DE

P. 10

COMUNICACIÓN

P. 14

P. 21

P. 25

P. 26 P. 28 P. 29

P. 32 P. 34 HTTP://RSMCOMUNICACION.COM


reportaxe E ti, que sentes ao bailar?

páxina 8 Crusat & Costas oido cociña

Dúas copas de viño, con cal quedas?

Hotel Boutique Capitol

páxina 6 entrevista

páxina 14

Outono Códax Festival

Ten que haber de todo!

páxina 17

páxina 16 5 e acción

publirreportaxe

Chantal Akerman: facer

un turismo de dez

estourar cousas

páxina 20

páxina 22 #atafartar Curry de peixe no Hervor&Fervor

páxina 20

Entre Bambolinas con Pedro e Pablo Pascual

páxina 26

Directorio páxina 30

TOP 5

ABRAIANTES

páxina 29

... continúa en

pinchaediscos.com

A E• NDA páxina 32 Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016 | 3 |


Foto: Suso Rivas

EDITA: Cristina Márquez ı Directora de Márketing Rebeca Munín ı Directora de Contidos pinchaediscos@pinchaediscos.com redaccion@pinchaediscos.com Deseño e maquetación: RSM Comunicación Publicidade: Juan Vázquez e Jéssica Pintor publicidade@pinchaediscos.com Fotografía: Suso Rivas Colaboradores neste número: Lorena Costas, José Crusat, Jéssica Pintor, Cineclube Compostela, @JuanEAT_o e Xiana Lastra Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 66 - 2015 www.pinchaediscos.com Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como pinchaediscos Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante. Fotos de portada e contra: Suso Rivas

| 4 | Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016

EDITORIAL Coas portas abertas Despois dun verán con festas, concertos na rúa, turistas –moitos– e calor, chega agora a volta ao ‘cole’. E non só para os pequechos da casa. Mentres que os locais de hostalaría pasaron uns meses de tolemia, os grandes eventos culturais da cidade están por chegar. E nós, como boas festeiras, estamos desexando ver as portas abertas. Un deses eventos será o Outono Códax Festival, que volve en outubro e estreando sala; a Riquela, un novo local que amplía a oferta musical da cidade. Como este, tamén viviremos outros moitos espectáculos, feiras e ciclos que podedes consultar na axenda deste número e na web pinchaediscos.com E onde hai música, hai baile. En Santiago contamos con numerosas escolas onde aprender tango, breakdance, flamenco, ballet… Así como moitos profesionais que fan da súa paixón o seu medio de vida. No interior desta revista escribimos sobre tres delas. Tres mulleres con estilos diferentes pero cun sentimento común polo seu traballo. E con cariño fala tamén do seu negocio Javier Malvárez, un dos socios do Hotel Boutique Capitol, que explica nunha reportaxe o importante que é satisfacer ao cliente. Outro exemplo máis de todos os composteláns que, tanto no sector da gastronomía como no da cultura, deixan a pel por ser cada día mellores.

Hoxe que como? O noso fotógrafo, Suso Rivas, é moi bo comedor. Gústalle probar diferentes pratos e sorprendelo na cociña non é fácil! Será quen de facelo a autora do blog tallerdeazucar.es Vicky Morales? A resposta, en pinchaediscos.com


Es #ocio, it is #leisure, il est #loisirs, é #lazer, es ist #freizeit … Dise case igual en todo o mundo, pero é unha forma de gozar moi de Galicia.

SON SERVIZOS TURÍSTICOS

RESTAURANTES, HOTEIS E CASAS RURAIS

CERTIFICADOS WWW.GALICIACALIDADE.GAL WWW.GALICIACALIDADELECER.COM


Crusat & Costas

Dúas copas de viño... con cal quedas?

Foto: Suso Rivas Segue as historias de José Crusat @choumimx no seu blog

Segue as historias de Lorena Costas @lorena_costas no seu blog

Del Comercio y del Bebercio | http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com

Bake my Day |

http://lorena-bakemyday.blogspot.com

FINCA A PEDREIRA: con de “P” de personalidade única @lorena_costas Cando xa levas varios anos catando viños brancos galegos e de repente póñenche a cegas unha copa dalgún albariño de Bodegas Fulcro, o primeiro que dis é: “Este viño é de Chicho”. Bastante significativo será que de entre a amplísima oferta de viños elaborados coa varietal Albariño sexas capaz de identificar os de Bodegas Fulcro. Isto sucede porque desde Bodegas Fulcro, Chicho (Manuel Moldes) sempre persegue que a esencia da súa filosofía non se perda. Esta adega familiar de pequena produción, situada preto de Sanxenxo, dedicada sobre todo a consumo propio e venda local, en 2009, e xa baixo a dirección de Chicho, dá o salto necesario para que sexa (re) coñecida, respectada, valorada e moi premiada se temos en conta a súa xuventude. Chicho non ten présa en crecer, prefire ir paseniño, pero sen pausa, e seguir facendo o viño como a el lle gusta. O selo de identidade sen dúbida é a acidez, a frescura e a mineralidade, que consegue facendo unha vitivinicultura que pon en valor o terreo, buscando chans graníticos e de xisto, onde a variedade Albariño saca o mellor de si. Todo iso unido á súa orientación e proximidade ao mar e á radicalidade perseguida

FICHA Finca A Pedreira 2015 de Bodegas Fulcro Variedades: 100% albariño Grao: 12,5º Prezo: 10,9 € Onde mercalo: Tendeiro Patxi Movilla

Gastroteca SCQ Rúa Preguntoiro, 34 Santiago de Compostela Tenda online: gastrotecascq.com Correo: info@gastrotecascq.com

| 6 | Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016


na expresión de acideces a niveles que moi poucas adegas traballan e que, particularmente, me encantan. Dento da adega, polo tanto, mínima intervención do que vén da viña. O viño que nos ocupa, Finca A Pedreira 2015, provén da finca que lle dá nome, ubicada en Dena (Meaño), de chans graníticos moi compactos, con cuarzo e mica e unha pendente bastante boa. As viñas teñen unha idade media de 37 anos e nútrense dun chan no que a intervención do home é inexistente. E sabendo todo o anterior apreciaremos moito mellor este A Pedreira 2015; se hai que falar de “tipicidade”, aquí temos un claro exemplo do que a tipicidade debería ser: frescura, aromas cítrico de limón, mazá verde, recordos de mar e monte de piñeiro e eucalipto. Un viño que en boca reflicte á perfección a mineralidade da que antes falabamos e sobre todo a marcada acidez tan característica dos viños de Chicho. A medida q pasa tempo na copa, a salinidade faise moito máis presente para remarcar aínda mellor todo o anterior… e é que este 2015 promete moito… envellecerá moi ben como todos os seus viños.

Patio Interior

Cando catamos este Finca A Pedreira, había unha empanada de atún no forno… así que, que mellor cousa para acompañalo?

DIRECTA FRESCURA @choumimx Esta e a terceira vez que catamos un viño da zona da DO Rias Baixas, pero ata agora foron un par de viños tintos. Neste caso imos a por un albariño, uva que normalmente asociamos coa zona de referencia pero que non foi ata os anos oitenta en que se converteu na uva predominante. A uva albariño é unha das tres principais uva brancas galegas que se estende tamén polo norte de Portugal e tamén é cultivada en Castela León, Cataluña e EEUU. É unha uva de ciclo largo e maduración tardía, a vendima realizase a finais do mes de setembro. Ten uns rendementos altos en chans frescos e profundos; é sensible as enfermidades fúnxicas - principalmente o oidio e o mildeu. Os viños adoitan ser frescos e afroitados. A elaboración deste viño fuxe das intervencións. É un viño que se vai facendo el mesmo no que non aparece nada de froitas tropicais presentes doutros albariños típicos e industrializados. Un viño elaborado en aceiro inoxidable sen facer fermentación maloláctica. Esta é unha fermentación feita por bacterias onde se transforma o ácido málico (o da mazá) en láctico (o do leite).

Caldeirería, 49

Estamos diante dun viño que polo seu corpo, a súa acidez (e porque xa o teño comprobado) aguanta e incluso mellora coa garda. Un viño que pode ser consumido dentro de catro ou cinco anos sen ningún problema. É un viño limpo e brillante á vista, cunha cor palliza clara co borde ou rivete con tons verdosos. No nariz limón e mandarina, maza verde notas florais e de froita branca. Xa na boca é un viño directo, de acidez marcada, fresco, de carácter salino e persistente, aparecen novamente as notas cítricas e de mazá. Como maridaxe neste tempo de verán apostaría por produtos mariñeiros, empezando por unha de berberechos, uns mexilóns que arrancan tempada ou unhas sardiñas asadas. Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016 | 7 |


reportaxe Jéssica Pintor é xornalista e membro do equipo de Pincha(e)Discos

| 8 | Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016


E ti, que sentes ao bailar? En Santiago pódese aprender desde ballet ata breakdance, pasando por flamenco ou tango. Así o viven tres profesoras: Dolores Mayán, Mª Ángeles Iglesias e Iria Barona Por Jéssica Pintor

O

mellor de escribir é poder falar, antes, con persoas que pensan e senten de forma diferente a ti, meterte na súa pel… Calzar as súas zapatillas de baile e ‘voilá’: Tentar bailar!! Cando empecei esta reportaxe sorprendeume gratamente a numerosa oferta de academias e profesores de danza que hai en Santiago. Dende ballet ata tango, ‘breakdance’, danza oriental, ‘aereafit’, flamenco e un longo etcétera.

Dolores Mayán: “Sinto un éxtase. Unha conexión total de mente e corpo”

Elizabeth Szabo, bailarina da escola BSDanza que dirixe Dolores Mayán. Foto: Suso Rivas

Bailar en Compostela é posible e accesible para todos os gustos e cores! Exercitas o corpo, adquires boa condición física, corrixes a postura, aprendes a traballar en equipo e coñeces as túas capacidades! Enumerando as vantaxes, véuseme á cachola a miña amiga Leonora. Como boa bailarina de ballet, sempre estirando nas pernas no recreo, dando saltos de bolboreta e poñendo os pes en punta coma se fose despegar! O baile ensinoulle disciplina, responsabilidade, compromiso e constancia, a ter “unha tremenda forza no corpo e poder expresala con delicados movementos”. Eu creo que o baile é poesía, por iso tentarei describir aquí as sensacións que percorren a unha bailarina dende a punta dos pés ata o pelo! Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016 | 9 |


reportaxe

Iria Barona ten a súa propia academia de danzas urbanas en Santiago. Foto: Suso Rivas En BSDanza, nas galerías da Rúa Nova de Abaixo, comecei a enredarme entre xiros, lazos e vaivéns. Non podía sacarlle ollo de enriba a Dolores Mayán. Esa forma de colocarse sen perder a postura: lombo sempre recto, barbela orgullosa… Canta elegancia! Ata para xesticular, move as mans con dozura e harmonía! Pregunto: -Que sentes ao bailar? (Emociónase) -“Un éxtase. Unha conexión total de mente e corpo. Non entendo a vida sen isto. Non hai nada parecido. Eu non sería nin a mesma, nin parecida. É outra dimensión, sen baile o resto non é que estea baleiro, pero fáltalle algo!”. Dolores é directora da escola dende o ano 1986, tamén tivo unha compañía de danza profesional durante 13 anos. De pequena seu tío agasallouna cun vestido, logo de vela bailar. Bailaba o que fose! Aprendeu dunha bailarina profesional do Ballet de Cuba, Elsa, con ela abríronselle as portas doutro universo e non parou nunca máis de bailar! A súa escola fundouna a americana Linda Morrison, formada na Julliard School of Music de Nova Yorke | 10 | Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016

e ex-bailarina da compañía de José Limón. Máis de 150 alumnos anuais por cada un dos 30 anos de funcionamento: Botade contas. “Doulle clases as fillas das miñas primeiras alumnas! En xeral, en Santiago os que se adican á danza e non marcharon fóra, pasaron por aquí. Trouxemos os primeiros cursos de danza antiga e barroca, fomos os primeiros en Galicia en dar clases profesionais de baile de salón, de ‘Contact improvisation’. Introducimos en Santiago as artes de circo. Intentamos retomar a ‘Técnica de Graham’, etc.” Na escola BSDanza ofertan Ballet Clásico, Danza Contemporánea, Danza Oriental, ‘Aereafit’ (o máis parecido a voar, nas

Mª Ángeles Iglesias: “Un tango ben bailado son tres minutos de gloria vital!”


súas propias palabras) e proximamente ofrecerá clases para maiores de 50 anos, para promover unha danza con saúde, con estimulacións do sistema cognitivo e a mobilidade. Forma a alumnos dende os 3 anos ata o infinito, como ocio ou de forma profesional.

grandes profesionais, entre outros, Claudia Bozzo, Gustavo Naveira, “Pepito” Abeledo, Juan Carlos Copes, Hugo Mingo e Nidia Viola, co-fundadora do Ballet Folclórico Nacional de Arxentina. Ademais é actriz, xunto a Tato López forman a compañía Verdeveras.

Mª Ángeles Iglesias, a segunda entrevistada, é actriz e profesora de tango, arxentina de berce, como non podía ser doutra maneira! Dá clases en Espazo Aberto, na Rúa de San Pedro. Reivindica cunha paixón estremecedora que o tango nos iguala, que non é como o pintan! -Que sentes ao bailar? (Suspira) -“É unha experiencia gloriosa! É distinto con cada persoa, un invento constante, vas nunha nube. Un tango ben bailado son tres minutos de gloria vital! Cando remata a peza, miras aos ollos ao teu compañeiro ou compañeira e sobran as palabras”.

“Bailar ábreche un mundo, cambia algo no teu corpo, pero tamén na túa cabeza e na túa alma!”. Falando das incógnitas do xurdir deste baile en prostíbulos, nesa espera dos homes que acudían a aliviar a súa soidade, conclúe: “A necesidade das persoas de ir ao encontro doutros, iso é o tango! O tango é abrazo!”. Mª Ángeles escribe nun blog sobre tango e organiza encontros na Asociación Cultural Ítaca (Rúa do Pombal 18), unha vez ao mes. Tenta demostrar que o tango é accesible para todo o mundo! Dá clases regulares en Espazo Aberto, dunha hora e cuarto, unha vez á semana. Fai seminarios intensivos e o ano que vén pretende facelos soltos, para xente que leva tempo practicando e quere bailar de cando en vez. “Para bailar tango non é necesario ter parella masculina, podes guiar, deixar que te guíen… Interésame ensinar que o tango iguálanos, se ben

Chegou a Compostela en xullo de 2009 para cambiar de vida e probar sorte. En outubro dese ano estreou a primeira clase de tango en Espazo Aberto. ‘Tanguera’ de toda a vida, comezou a formarse en danzas tradicionais arxentinas e tango da man de

Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016 | 11 |


reportaxe

Mª Ángeles Iglesias é actriz ademais de profesora de tango. Foto: Suso Rivas puido ser machista, evolucionou. Non é como o pinta Hollywood”. Pero para sabelo hai que bailalo!

Iria Barona: “O baile permíteme estar en paz comigo mesma”

Tamén visitei a Iria Barona, profesora e bailarina no IB Urban Dance Studio, na Avenida de Lugo. Quedei pasmada! Non só pola súa beleza, senón pola versatilidade e mesmo a intriga que transmite a súa aura, a súa presenza. Móvese coma un gato pola escuridade, sen tremer, sen dubidar! -Que sentes ao bailar? (Sorrí, serena) -“Sinto que son eu mesma, que as veces é algo que non sinto no día a día. A sociedade condiciónanos moito, cando bailo libérome, expreso todo o que sinto, podo ser eu en facetas diferentes! O baile permíteme estar en paz comigo mesma!”

Estudou Educación Física e compaxinou os seus estudos con viaxes a Madrid, Barcelona, Londres, Os Ánxeles e Tokio para nutrirse das Danzas Urbanas. Montou a súa academia fai cinco anos co seu marido, profesor tamén. Forman bailaríns, mestres e grupos de competición, dos 3 aos 16 anos. Compiten a nivel autonómico e estatal. Comezaron cunha escola onde impartían Pilates, Ioga, Salsa e adestramento persoal. Hoxe dan clases de Hip | 12 | Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016

Hop, BreakDance, House, Popping e Locking (o que bailaba Michael Jackson!), DanceHall, Vogue e Waacking. Coñecidas como Danzas Urbanas, nacen na rúa, son manifestacións artísticas de xente para expresar, en gran parte, os seus problemas, os seus sentimentos. A danza está en continua evolución, estas todas son mesturas, o House por exemplo suma o claqué coa salsa.

A maioría dos seus alumnos teñen entre 12 e 18 anos. “Veñen sabendo o que queren. A tecnoloxía permítelles informarse dos estilos que buscan en concreto. Bailar é unha terapia, unha vía de escape. Un adulto vén a pasalo ben ou buscando resultados físicos. Marcamos e agrupamos por obxectivos”. Nesta escola de baile aprender a traballar en equipo é fundamental. “Non podes bailar ao redor de xente se só pensas en ti. Hai que chegar ao punto de querer que o do lado mellore contigo!” Aprender a bailar require paciencia. Pero o máis importante, para bailar non fai falla coñecer a condición do teu acompañante: “Hoxe bailas con alguén e ao mellor nunca o volves ver, é un momento que che regala a vida, un encontro fugaz!”… Bailamos?


Pincha(e)Discos Nยบ 10 | 2016 | 13 |


Por Cristina Márquez

Hotel Boutique Capitol: onde cada recuncho sorprende P

reto da Praza de Galicia, na rúa Concepción Arenal, ten a súa sede un hotel que fai honra co seu nome ao coñecido local situado ao seu lado, outrora cine, agora sala de concertos. Aberto desde 2014, o Hotel Capitol nace gracias ao esforzo de tres socios que xa viñan traballando xuntos noutros negocios similares desde hai tempo: Rafael Couselo, Marta Cupeiro e Javier Malvárez. “Xurdiu un día que me chamou un amigo. Díxome que estaba en Concepción Arenal. E non entendía! (risos) Esta é a rúa do Capitol. Así é como se coñece de toda a vida! Fun velo e atopei un local que reúne unhas condicións que non tiñan outros de Santiago”, cóntame Javier mentres tomamos un rico café na sala onde dan os almorzos. E é que este marabilloso aloxamento, ademais do enclave, ten a vantaxe de ter aparcamento privado. “Aparcar non é doado neste punto da cidade”, destaca o hostaleiro. Cada unha das plantas onde se atopan as vinte habitacións que posúe o hotel, teñen unha decoración diferente e singular. “O 90% dos mobles foron creados polo noso deseñador específicamente para este proxecto”, conta o xerente do negocio. O Capitol ten á distinción de Hotel Boutique. Estes negocios emerxeron nos anos 80 en New York, pero a súa expansión definitiva produciuse a finais

| 14 | Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016

dos anos 90. Este tipo de hotel ocupou o oco deixado polas grandes cadeas de hoteis cuxos establecementos seguían un determinado estándar. O hotel boutique, en contraposición, busca un estilo e carácter propio, e diferénciase do resto pola súa localización, a arquitectura, o deseño e por ofrecer un servizo personalizado. “Aconsellámoslles ao cliente a onde poden ir, amosamos Santiago... A marea turística xa a atopan eles. Nós ensinámoslle outra Compostela. Temos unhas moi boas puntuacións en internet por iso, porque a xente sae contenta”, asegura Malvárez.

“Hai moita competencia desleal e iso habería que controlalo dalgunha maneira” Respecto á situación do turismo en Compostela, estamos vivindo un ano con moi boas cifras de visitantes. Segundo datos de Turismo de Galicia, o número de turistas que chegaron á comunidade durante o primeiros seis meses do ano creceu un 6 %. Aínda que seguimos co problema da estacionalización e a baixa estancia media. “Pasa moita xente pero poucos días. É un turismo un pouco de paso. Pero de moi boa calidade, teñen moi boa enerxía. Coñécense


polo Camiño, logo os ves aquí que se intercambian os teléfonos, póñense a chorar…”, conta Javier. Como medida para evitar a saturación e a precarización de postos de traballo na Zona Vella compostelá, o Goberno local apostou ao inicio da lexislatura por unha moratoria na apertura de novos hoteis ata que se estableza o plan especial de

protección e rehabilitación da Cidade Histórica. “Se en Santiago hai oferta en prazas hoteleiras, é porque hai demanda. Agora a demanda sigue crecendo pero cortaron a oferta. Eu creo que non é o camiño axeitado. Si que hai moita competencia desleal, e iso si que habería que controlalo dalgunha maneira”, opina o empresario.

Polo fantástico deseño onde cada recuncho sorprende, polos servizos que ofrece (almorzos, cafetería, roomservice…) e pola atención inmellorable, cando alguén me pregunte onde durmir en Compostela, non dubidarei en recomendar o Hotel Boutique Capitol. Gracias Javier polo café, e a charla do máis agradable!

Javier na recepción do Hotel Boutique Capitol. Foto: Suso Rivas

“O 90% dos mobles foron creados polo noso deseñador específicamente para este proxecto”

Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016 | 15 |


TEN QUE HABER DE TODO

COMIDA DE BANDEIRA O Festival de Comida Internacional de Sydney presentou este ano un proxecto que ademais de artístico está moi bo. Trátase de bandeiras feitas coa comida máis representativa de diferentes países. Por exemplo, a de Italia que vedes na imaxe leva os ingredientes típicos dunha pasta con salsa napolitana. E a española? Adiviñas con que a fixeron? Tortilla? Xamón? Non! Chourizo e arroz. E de que fariamos a galega? Nós propoñemos unha boa tira de sardiñas.

BEERYOGA Estados Unidos foi o primeiro país no que se empezaron a organizar clases de ioga en cervexerías. Así, despois dunha sesión duns 45 minutos, o ‘premio’ era unha cervexa gratis. O resultado foi moi positivo. Tanto que os alemáns copiaron a idea levándoa un pouco máis aló. Por que esperar a tomar a cervexa? Nas clases BeerYoga de Alemaña as botellas están cos alumnos desde o principio e se van bebendo cando o profesor o indica. Así calquera fai exercicio!

| 16 | Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016

A CANCIÓN MÁIS ANTIGA DO MUNDO A mediados dos anos 50 apareceron unhas táboas do 1.400 AC nunha zona costeira de Siria cuns símbolos que parecían ser anotacións musicais. Despois de anos de investigación, por fin se puideron descifrar. Estamos entón ante a que parece ser a canción máis antiga do mundo! E xa hai quen a tocou! Para escoitala só tes que buscar o vídeo de YouTube con este nome: ‘The Oldest Known Melody’.

AS MELLORES RECEITAS DAS SERIES DE TELEVISIÓN Daniel López e Valentina Morillo son os autores do libro ‘Del Sofá a la Cocina’ , onde recollen 104 receitas e referencias a máis de 500 momentos culinarios dalgunhas das series de televisión máis coñecidas. Actualmente traballan nun novo proxecto: ‘El de la comida de Friends’, con preto de oitenta receitas da famosa ‘sitcom’ que irán acompañadas de curiosidades, estatísticas, referencias a tramas e personaxes, unha fotografía do prato e, por suposto, as instrucións.


máis Outono Códax que nunca O festival galego de música negra programa en Santiago os concertos de grandes voces do soul como Lee Fields e Martha High e de grupos galegos como The HellBuckers e Andhrea&The Black Cats. Por Rebeca Munín

E

ste ano o Outono Códax Festival chega a Compostela máis cargado de soul, rhythm&blues, swing, boogie e rock´ n roll que nunca. Serán seis – e non tres como en pasadas edicións – as citas que viviremos na nosa cidade deste festival galego de música negra.

entrevista

Comida, música e copas na compostelá Sala Riquela Un ano máis a emblemática Sala Capitol de Santiago será a sede principal do Outono Códax Festival, pero tamén poderemos gozar dun novo espazo aberto desde setembro:

Organizado por A Reixa e Raiña Productions, o festival contará tamén con actividades paralelas, como unha exposición fotográfica de Antonio Alay e as sesións out (pequenos concertos gratuítos na rúa).

a sala Riquela. Martín Calviño está detrás deste novo

A primeira das citas será o venres 7 de outubro e terá como protagonista a Lee Fields, unha das estrelas do rexurdimento actual do soul máis clásico, na que será ademais a súa primeira actuación en Galicia xunto á súa banda, The Expressions. Os cataláns Wax&Boggie deixarán a súa pegada en Santiago o sábado 8. Os asturianos Trash-Tornados serán os encargados de abrir a segunda fin de semana do Outono Códax, o venres 28. Ao día seguinte, o sábado 29, chegará a segunda gran cita deste ano; a do concerto da lenda viva do soul, Martha High. Os sicilianos Virginia Brown and The Shameless serán os encargados de quentar esa noite tan especial cos seus ritmos afrocubanos mesturados con rhythm&blues. The Pretty Things, considerada a mellor banda británica de rhythm&blues, porá punto final a esta sexta edición do festival, precedidos de Luke Winslow King, ou o que é o mesmo, unha das voces máis autorizadas e respectadas dos novos tradicionalistas do son Nova Orleáns.

Situada na rúa Preguntoiro 35, diferéncianse nela dúas

proxecto de comida, música e copas que leva o nome do alcume da súa bisavoa. zonas: unha de cafetería onde ademais de tomar diferentes consumicións pódese comer algo lixeiro; e un club onde escoitar boa música en directo e asistir a distintos espectáculos e eventos. Con programación estable ao longo de todo o ano, Riquela albergará ciclos de jazz e blues, actuacións gratuítas de bandas locais e concertos de grandes artistas de produción propia; así como doutros festivais como os de Desconcierto Cultural, WOS 2016 ou Curtocircuíto. Toda a programación pode consultarse na súa páxina web salariquela.com

No cartel inclúense tamén dúas bandas galegas: The Hellbuckers, agrupación xurdida da sociedade de Los Eternos coa potentísima voz de Carla de Figueredo que abrirá o Festival o 7 de outubro xunto a Lee Fields na Sala Capitol; e Andhrea & The Black Cats, que veñen de gañar o VI Concurso da Societat de Blues de Barcelona en 2015 e actuarán o 11 de novembro na Sala Riquela. Dous grupos aos que non debemos perderlles a pista e aos que coñecemos un pouco máis nesta entrevista. Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016 | 17 |


Andhrea de ANDHREA & THE BLACK CATS

PREGUNTAS Que supón para vós actuar na VI edición do Outono Códax Festival? ANDHREA | En parte supón un recoñecemento ao traballo

que levamos facendo desde fai tres anos. Últimamente había moito que non actuabamos en Santiago e tocar na ‘casa’ é especial – entre comiñas porque todos somos de fóra pero vivimos en Compostela. CARLA | Supón unha alegría inmensa participar nun dos mellores festivais do momento, e tamén unha gran oportunidade para presentar o noso traballo ‘Demons’.

Que nos ides ofrecer na vosa actuación? ANDHREA | Imos tocar coa nosa formación a cuarteto,

que en Santiago aínda non se viu porque eramos un trío. É interesante porque dá un toque diferente. E presentaremos o noso disco. CARLA | Ofreceremos moitas emocións e moita

sensibilidade. Cortes viscerais cargados de rabia e enerxía, | 18 | Pincha(e)Discos Nº Nº810| 2016 | 2016

e momentos íntimos a flor de pel. Todo iso cunha mestura de rock, soul e sons dos 50 e 60 que nos caracteriza. Esperamos que o público goce tanto como o faremos nós!

Ides presentar o voso último traballo. Faládenos un pouco del. ANDHREA | É un reflexo do repertorio que estamos

facendo a día de hoxe nos directos. Son 11 cancións, das cales unha é propia. CARLA | O noso novo álbum chámase ‘Demons’. O

título fai referencia aos demos interiores que ten cada persoa, aos que queres calar… pero que en ocasións faise imposible. Pódese tomar o concepto do disco de varias maneiras: que o que vas atopar vén directamente da alma ou, un significado máis cómico, que os demos somos nós e que, aínda que queiras impedilo, vas escoitarnos.


Cales son as vosas maiores influenzas?

Sodes dos que pensan que a música que se facía antes era mellor que a de agora?

ANDHREA | A min gústanme moito as mulleres porque ás

ANDHREA | A día de hoxe hai cousas moi interesantes.

veces falando de blues fálase só de homes. Pero hai mulleres moi importantes. Gústame moito Koko Taylor, Billie Holiday… E está claro que os grandes como Robert Johnson sempre están aí. CARLA | Cada membro do grupo ten un gusto musical diferente. Consideramos que iso é o que fai tan ricas as nosas influenzas; dende Stevie Wonder a MC5…

O único é que ao mellor hai temas e autores aos que non se lles deu moita relevancia. Non implica que sexa nin mellor nin peor pero cremos que é interesante aprender dos que viñeron antes ca ti. Nós facemos ‘blues viejuno’, como chamamos nós. Facemos versións de temas de a partir dos anos 20 en adiante. Moitos autores xa non están vivos. Outros si. Buscamos un pouco as raíces do blues. CARLA | Non penso que sexa mellor, houbo de todo. Nacía xente con talento antes e nace xente con talento agora. O que creo que pasa é que agora prácticamente todo o mundo pode sacar un disco, tocar en directo, promocionarse… e os xenios están máis agochados.

É precisa unha alma especial para cantar soul / blues? ANDHREA | Supoño que ten que haber algo. É cuestión

de sentir a música. Eu teño unha alma rockeira. Ao blues cheguei de rebote, como quen di, porque intuía que a miña voz podíase adaptar ben a este estilo. Eu creo que todo o mundo pode cantar. Está claro que hai xente que ten máis facilidade, pero se un quere, con traballo e esforzo, pode facerse. CARLA | Non é preciso ter unha alma especial, pero si que é preciso cantar coa alma…

Que plans tendes para o futuro a curto e medio prazo? ANDHREA | Por agora sacar adiante o disco e seguir

actuando. E presentarémolo en Barcelona, que xa nolo están pedindo. CARLA | A curto e medio prazo seguiremos presentando e promocionando o noso novo disco (tamén por toda a península). Polo momento queremos gozar o froito deste traballo, sen deixar de pensar no futuro e nos próximos traballos que veñan.

Carla de THE HELLBUCKERS

Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016 | 19 |


publirreportaxe

Un turismo de dez Hoteis, restaurantes e casas rurais de toda a comunidade poden obter xa o seu selo de Galicia Calidade

D

ous negocios composteláns, O Curro da Parra e o Pazo de Altamira, forman parte xa do listado de establecementos galegos co selo de Galicia Calidade. Hoteis, restaurantes e casas rurais de toda a comunidade contan con esta distinción que pon en valor os seus servizos e garante á clientela un traballo ben feito. O plan é crear unha rede amplia que se convirta nun referente de calidade e defensa do produto e a idiosincrasia galega entre os visitantes nacionais e estranxeiros. “Galicia Calidade tiña un protagonismo fundamental na certificación dos productos e con isto tamén entramos dunha maneira clara e rotunda no tema da certificación dos servizos turísticos”, sinala Alfonso Cabaleiro, xerente desta entidade. “Tamén buscamos con isto que teñan un protagonismo e un peso especial os produtos gastronómicos galegos en xeral e, de maneira particular, os asociados á marca Galicia Calidade. Así, estes establecementos teñen que ter por obriga produtos galegos e tamén de maneira recomendada produtos que teñan a garantía de Galicia Calidade”, engade. O obxectivo é que os negocios sexan máis rendibles e que reflexen un hábito de traballo de excelencia. “Evidentemente os establecementos teñen que estar á altura desta marca”, sostén Cabaleiro. Ademais, o xerente explica que todas as accións e actividades que realiza Galicia Calidade no campo da restauración e da hostalaría teñen lugar sempre nos locais que contan con este selo. Con pratos galegos Os establecementos hostaleiros que queiran contar co selo Galicia Calidade deberán ter en vigor a licenza de actividade, estar inscritos no REAT e levar funcionando alomenos dous anos. Ademais, deberán contar cun sistema de xestión de calidade ‘Q’ ou ISO 9001 + Compromiso de Calidade Turística SICTED e manter unha oferta gastronómica cunha proporción significativa de pratos galegos con referencia e inclusión de materias primas galegas de orixe certificado (D.O. e I.G.P.); ademais de presenza de viños, licores e augardentes das denominacións de orixe e das indicacións xeográficas protexidas galegas. As solicitudes pódense tramitar a través do Cluster do Turismo e de Galicia Calidade. Un Comité de Certificación será o que

| 20 | Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016

outorgue a concesión da licenza de uso unha vez feita a auditoría ao establecemento. Teranse en conta tamén aspectos como a situación, paisaxe, espazo natural, antigüedade ou singularidade da edificación; ou outras características que lle confiran un valor engadido e diferencial do turismo estándar.

O comedor de O Curro da Parra, un dos restaurantes con selo de Galicia Calidade.


Establecementos que xa contan co selo Galicia Calidade

Vantaxes •

• •

• •

Galicia Calidade é un selo de garantía de calidade certificada que só se outorga a aqueles servizos que destacan polos seus atributos de calidade respecto doutros do seu mesmo xénero, e non a todos os produtos pola súa orixe. Os servizos amparados por Galicia Calidade pasan uns controis que non se limitan unicamente a garantir a súa orixe común, senón que tamén acreditan as características de calidade establecidas. O selo, nome e logotipo de Galicia Calidade son amplamente recoñecidos polos consumidores de toda España e valorados por estes de forma moi positiva. O constante investimento que desde Galicia Calidade se realiza para a promoción deste selo e dos servizos amparados por este, serve para que o consumidor o coñeza e o recoñeza, o que beneficia directa e indirectamente a todos os produtos e servizos adheridos a el. Todas as accións promocionais están deseñadas co obxectivo de favorecer as empresas adheridas. Os plans de acción tamén contemplan o consumidor, para que os produtos e servizos sexan constantes na súa compra, e prestan atención aos novos consumidores mediante a participación en campañas educativas e a través do deporte.

Hoteis

Hotel Augusta Spa Resort **** Superior Blue Coruña Hotel Hotel Bosque Mar Campomar Hotel Hotel Ego Hotel Rotilio Hotel Spa Nanín Playa Pazo De Altamira Hotel Talaso Hotel Louxo La Toja

Casas Rurais

Casa Brandariz

Casa De Cacheiro

Restaurantes

A Carballeira Restaurante Mesón A Cepa A Estacion A Mirandilla Restaurante A Taberna Restaurante Bar Berbereho Cantina Río Covés Coral Restaurante Marisquería Eirado Da Leña La Postreria O Curro Da Parra Restaurante Carmen Restaurante El Coto España Yayo Daporta

Alfonso Cabaleiro, segundo pola esquerda, nunha presentación no Pazo de Altamira. Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016 | 21 |


e accion 

por Cineclube de Compostela |cineclubedecompostela.blogaliza.org|

CHANTAL AKERMAN: facer estourar cousas

S

eguimos as nosas colaboracións con Pincha(e) Discos afondando nas posibilidades da fame no cinema ao fío dun curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela... E tamén dun cabodano: o da cineasta belga Chantal Akerman (1950-2015). Hai anos tivemos no Cineclube, proposto pola profesora Margarita Ledo, un ciclo presentado pola docente e artista Renata Otero, doutora en Historia da Arte coa tese Chantal Akerman: estratexias para a autorrepresentación. Na nosa primeira entrega abordabamos a fame en Pasolini a través do Stracci da mediometraxe La Ricotta, e as súas implicacións de clase. No cine de Akerman podemos ler as escenificacións da fame e do comer compulsivamente como a posta en escena doutra opresión, que resumiu Barbara Kruger, artista visual dos 70, na fotomontaxe «Your body is a battleground»: a de xénero.

Akerman fixo do seu propio corpo posto en escena, de varios alter ego, e da súa perspectiva detrás da cámara, campo de batalla. Deuse a coñecer coa curtametraxe Saute ma ville (Fago estourar a miña vila, 1968), onde realiza accións «performativas» diante da cámara, nun espazo doméstico, a cociña, deformando rituais cotiáns (nesa liña, Semiotics of the kitchen, acción da artista Martha Rossler, data do 75): botarlles betún ás pernas, cocer pasta e devorala, precintar a porta mentres mastiga unha mazá, acumular caoticamente obxectos de limpeza e finalmente, que todo rebente. A curta considerouse como un ensaio de Jeanne Dielman, e

| 22 | Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016


e accion 

ten falado da súa vontade de que fose algo chaplinesco. De certo é unha influencia innegable (outro día falamos sobre cineastas que comen zapatos, de Chaplin a Herzog, si?). Noutra curtametraxe, J›ai faim, j›ai froid (Teño fame, teño frío, 1984) é unha adolescente encarnada por María de Medeiros quen se mete na cociña do apartamento duns homes que ela e súa amiga acaban de coñecer, para facer unha pseudotortilla e engulipar ovo case cru. Dúas rapazas que fuxiron da casa repiten constantemente que teñen fame e teñen frío. Devoran dous almorzos nunha cafetaría case sen respirar e marchan sen pagar. Á noite teñen máis fame, e cantan unha aria da Traviata nun restaurante para conseguir cartos. Dous homes «convídanas» a cear, e despois a durmir na casa dun deles, onde Maria de Medeiros fai esta tortilla (moi á francesa) mentres a personaxe que interpreta Pascale Salkin vive no seu corpo, por parte do seu anfitrión, a chantaxe patriarcal por antonomasia. Destas transgresións no espazo da cociña pasamos a outra moito menos evidente: en Jeanne Dielman hai longos planos secuencia da protagonista pelando patacas. Que duran o tempo que dura pelar patacas. A transgresión aquí está en visibilizar o que non é visible, temporalizar na pantalla o tempo que non se considera «produtivo»: o que bota unha ama de casa cociñando, limpando, coidando...

Por último, no seu gusto (e o de moitas artistas visuais e performers contemporáneas dela) por levar o corpo ao límite, énos interesante para este artigo o atracón de azucre de Je, tu, il, elle (Eu, ti, el, ela, 1974). Ese alter ego representado pola propia Akerman permanece fechada nun espazo doméstico de novo: o seu corpo nu, un colchón e un quilo de azucre que vai comendo a culleradas directamente da bolsa. Esta acción compulsiva súmase a outra, cando esta protagonista visita a unha ex amante e devora pan con Nutella. Mesmo lle pide máis. Esta merenda improvisada acaba cunha das primeiras escenas explícitas de sexo entre mulleres da historia do cine. Así é o cine de Akerman. Voraz. Para rebentalo todo.

Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016 | 23 |


#atafartar

CURRY DE PEIXE NO HERVOR & FERVOR Ramón Sánchez e Cris Fuentes abriron o Hervor&Fervor fai cinco anos dispostos a ofrecer aos composteláns unha oferta gastronómica diferente. Así, neste local podemos comer carne, peixes e tamén pratos vexetarianos e veganos. Ao fronte da súa cociña está desde o mes de abril a chef Vanesa Vera (antes cociñeira en A Horta do Obradoiro), que foi a encargada de darlle unha maior envergadura á carta e de introducir receitas italianas. “Démoslle total liberdade creativa”, conta a parella de socios. Aberto en horario ininterrompido desde as 17:00 horas, os xoves e venres é habitual que organicen ceas maridaxe e, nas fins de semana, é o turno da ‘Cociña Nómada’; un menú degustación adicado de cada vez a un país estranxeiro diferente. Nun ambiente informal, tamén sobresaen entre as súas propostas os tés, cócteles e batidos terapéuticos. E por que Hervor&Fervor? “Porque se entenden en galego, castelán e inglés e porque esa é a base da cociña: ferver e a paixón”.

Por @JuanEAT_o

Na nosa visita @JuanEAT_o probou o seu curry de peixe, un prato no que destaca a súa salsa thai feita asando no forno unha base de piña, xenxibre, leite de coco, cebola, allo e chile.

Foto: Suso Rivas | 24 | Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016


@JuanEAT_o gozou moito da proposta do Hervor&Fervor. Foto: Suso Rivas

Cheguei ao restaurante Hervor&Fervor pensando que ía a un vexetariano. Ese era o estilo do local anterior e teño que admitir que non é a miña comida preferida. Pero atopeime cunha boa sorpresa, xa que a súa carta é ampla, variada e para todos os gustos. Nesta ocasión o prato a degustar foi o curry de peixe. A verdade é que non tiña moi claro como ía ser a súa elaboración, pero gustoume como viña preparado. Visualmente entra polos ollos, presentando unha bruscheta de lagostinos con mexillóns nunha cunca. Eu non son fan destes moluscos pero creo que estes rapaces estiveron acertados á hora de mesturaralos cos lagostinos, dando lugar a un sabor diferente e agradable ao padal.

A TER EN CONTA Lugar: Hervor&Fervor Praza das Penas, 2 Santiago de Compostela Prato: Curry de peixe Prezo: 9 € Valoración: 

En canto ao arroz penso que foron un chisco arriscados deixándome botar a min a salsa de curry no prato! ;) Pero todo saiu como tiña que ser. É unha salsa preparada con varios ingredientes. Destacaría sobre todo o sabor intenso da piña e un lixeiro gusto a picante deixado polo chile, do cal botei en falla un pouco máis de intensidade. Así que esta salsa, feita por eles mesmos, dálle un toque moi especial a un arroz en branco preparado só cun pouco de sal e auga ao estilo thai. Se tes ganas de probar algo diferente e orixinal, este prato vaite gustar, iso si, pide un pouco máis de salsa se queres aproveitar para mollar pan! Consello: Escolle a ensalada... Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016 | 25 |


ENTRE

BAMBOLINAS

Por Xiana Lastra

Xiana Lastra é xornalista e vocalista de Puntada sen Fío.

Pedro e Pablo Pascual

da cociña aos escenarios

A

quí os tedes. Irmáns xemelgos, emigrantes, fillos e netos de hostaleir@s e grandes amantes da cociña, deron un paso adiante para cambiar as brasas por fermosas melodías e volveron a Galicia para se converteren nuns dos nosos mellores músicos. Para quen non os coñeza, chámanse Pedro e Pablo Pascual, e no seu currículo deixan anotadas unha morea de participacións en formacións tan diversas como a de Xosé Manuel Budiño, Talabarte, Os lobos do espacio, Davide Salvado, Jacky Molard ou Kepa Junquera... sendo especialmente recoñecidos dentro das nosas fronteiras pola súa pertenza ao grupo Marful, que formaron no seu día xunto a Ugia Pedreira e Marcos Teira. Hai tempo que teño gana de que me conten a súa vida entre os fogóns e na diáspora e, conseguímolo por fin! Despois de cociñar un pouco e posar dun lado e do outro, chega a conversa nun bar de Basquiños. Tras hora e media (!!!) de palique (porque estes dous saben moito ;)) este foi (máis ou menos) o resultado.

| 26 | Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016

Situémonos. Vivides en Santiago, pero nacestes na Cañiza e criástesvos en Madrid. Ademais, toda a vosa familia se dedica á hostalaría. Pedro: O irmán de meu pai tiña moitos restaurantes e mariscarías con nomes galegos. Tivo Airiños do mar e despois un que era moi coñecido en Madrid, que se chamaba Bogavante. /Pablo: Nos 80 era un restaurante da elite. Ían Florentino, Fraga, o Rei... Pedro: E nós tiñamos Ría de Arousa e A Lareira. E despois a miña irmá montou o Andoriña. Falamos de restaurantes espallados por onde? Pedro: Madrid, Sevilla, París, o sur de América e Lisboa, ademais casas míticas de Lisboa. E malia que vos encanta a cociña vós sodes os únicos da familia que non seguistes no camiño da hostalaría. Por que? Pablo: Non sei. Apareceu a música polo medio... Cando decidín que ía dedicarme a isto profesionalmente díxenlle a meu pai que non ía quedar co restaurante e levou un desgusto enorme; tamén había esa mentalidade na emigración de “levo 50 anos traballando moito para deixarvos algo e agora nada”. Despois, así que comezou o tema da música a funcionar ben, a verdade é que cambiou totalmente

Pedro e Pablo Pascual son irmáns xemelgos, músicos e amantes da cociña. Foto: Suso Rivas


de actitude. Creo que influíu moito a maneira na que se traballaba a hostalaría cando nós eramos rapaces, que non ten nada que ver con como se traballa agora. E que vos levou aos dous polo camiño da música? Pedro: Na miña casa había unha obsesión coa música, coa música galega en concreto. Comezamos a tocar a gaita obrigados polo meu pai. De feito, meu pai xa tiña unha gaita, que por certo, era do Marreco vello, un artesán bastante coñecido de Xinzo, en Ponteareas, e tíñaa colgada na parede; nin sequera no restaurante, se non na adega. E un día ocorréuselle que non podía seguir aí e que había que darlle uso, así que nos mandou a aprender a tocar. Lembro que iamos

no coche e era todo música de aquí: Ana Kiro, Os Tamara... /Pablo: Estamos falando dos anos 80, cando ir de Madrid a Franqueira en coche levaba 10 ou 12 horas, con Ana Kiro e Campana de Pau a tope. /Pedro: Ana Kiro, Os Tamara... e tamén gaitas. Despois démonos conta de que eses casetes eran xoias porque escoitabamos Os raparigos de Ferrol, Os irmáns Portela, Cruceiros de Vigo... Tocades moitos instrumentos. Pedro, acordeón diatónico, accordina, guitarra e moitos máis de corda como bouzouki, mandolas, mandolinas..., e Pablo varios tipos de clarinetes e cornamusas europeas como border pipes, gaita escocesa... Incluso a xente mellor formada coma vós ten dificultades para vivir (sobrevivir) no mundo da música.

Cal é o problema? Pablo: Creo que hoxe en día o músico está obrigado a ser multitarefa e a abrir moitas frontes para conseguir certa estabilidade. Ás veces pensamos que vivir da música é tocar, e a música ten moitos campos: arranxar, compoñer, producir... hai moitas facetas diferentes. E o ensino tamén, por suposto. /Pedro: Eu neste senso teño unha visión moito menos optimista. Vivir da música aquí converteuse en, como ti dicías, sobrevivir. Realmente nese sentido estamos en cueiros. Para min unha cousa básica é separar o que ten que ver co ámbito profesional e o amateur. Un músico que é profesional non quere dicir que sexa mellor ou peor, pero dedícase soamente a iso, paga impostos e as 24 horas do día dedica a súa enerxía ao mesmo, e penso que por iso merece un tipo de tratamento diferenciado. En Francia ou en Bélxica é así e cobran o estatuto de artista. Cando un músico garante un número de concertos legais, pagando os correspondentes impostos, o Estado garántelle un soldo, para que por exemplo, se ese músico quere dedicarse

“Cando decidín que ía dedicarme á música profesionalmente díxenlle a meu pai que non ía quedar co restaurante e levou un desgusto enorme” nun momento a un proxecto teña un sostén e un tempo. E as condicións laborais que hai, por suposto, que distan moitísimo de ser algo que nos defina como primeiro mundo. Cando parastes de tocar con Marful sempre dixestes que era un ata logo. Como está a formación? Pedro: Marful responde a un fenómeno que está pasando en Galicia de que grupos cunha traxectoria notable están desaparecendo, como Berrogüetto, Fía na Roca... E en Marful, respondendo Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016 | 27 |


a varias circunstancias tocou tomar un descanso. Se teño que falar de Marful teño que falar de familia. A creación foi toda moi amable. Foi sen dúbida un grupo que trouxo frescura e achegou moitas cousas novidosas. Pedro: Nós bebemos moito da influencia do que é a música urbana que se facía en Galicia. Mamamos moito das gravacións que fixera o noso tío Indalecio, hostaleiro en Madrid, nun magnetófono Grundig dos anos 50. Puidemos escoitar tódalas orquestras do sur, do Condado, de Pontevedra... e ver como tocaban as murgas, que eran formacións con gaita rodeada doutro tipo de instrumentación que procedía das bandas de música. Entón bebemos moito diso e Ugia tamén moito da súa zona, Foz, onde había moitos salóns de baile e deses ritmos que os galegos acabaron adoptando como seus: mambos, fox, rumbas... Pero aquilo non soa a americano, soa a galego, é esa capacidade que teñen sempre os galegos de galeguizar. /Pablo: Exportable a tódalas facetas, incluso á cociña ou ao urbanismo e á arquitectura. Todo se pasa pola peneira do enxebrismo. E en que máis proxectos andades metidos? Facedes tantas cousas que é doado perdervos a pista. Pedro, ti sei que produciches o disco de Davide Salvado, fixeches algunha música para campañas publicitarias como a de seguridade viaria da policía local de Compostela... E ti, Pablo, estás tocando nos Lobos do Espacio e dando clase na Escola Municipal. Pedro: A min tamén me custa lembrarme (risas). Ademais diso estiven preparando o segundo disco de Talabarte, que sae en outubro, e acabando un libro que é unha visión de moitas melodías galegas feitas para acordeón diatónico. É un libro moi similar aos que se publican en Francia, coas mesmas características, e pensado para ser exportado, para que calquera músico que toque o acordeón diatónico | 28 | Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016

EN CURTO Unha canción que vos guste especialmente

Un grupo co que vos gustaría tocar

Pedro: Os concertos en Mi m para oboe de Telleman, porque non sei explicalo pero póñenme a pel de galiña desde neno / Pablo: A Santiago voy, porque me abriu as portas á música dos Tamara.

Pablo: Con Talabarte (iso telo doado!)/ Pedro: Con Hermeto Pascoal.

Unha comida Pablo: O cocido / Pedro: Centola da ría. Un concerto inesquecible como espectadores Pablo: O que deron no Festival de arpa de Noia o ano pasado Catriona Mckay e Chris Stout. /Pedro: Un que vin en Braga, de Jean Louis Matinier co laudista Anouar Brahem e o pianista François Couturier. Un restaurante de Santiago

Unha persoa do ámbito musical á que admiredes Pablo: Pedro Pascual/ Pedro: Entón eu teño que dicir Pablo Pascual! Un lugar no que tocastes e vos marcou Pablo: Na Franqueira, co Caruncho, a primeira vez que toquei as danzas brancas da virxe, despois de agardar case corenta anos!/ Pedro: No Teatro Mella da Habana con Descarga ao Vivo.

Queres ler a conversa completa

de Xiana con Pedro e Pablo? Entra en

pinchaediscos.com

A Maceta (unánime).

polo mundo poida acceder a tocar música galega, o que a min persoalmente faime moi feliz. /Pablo: Eu sigo cos Lobos do Espacio, que é unha murga. Tratamos de actualizar un pouco o repertorio e actualizarnos tamén esteticamente pensando no tempo no que vivimos, mais conservando a instrumentación e o sentido deses grupos. E agora estou tocando moito a dúo cunha artista bretoa que está aquí en Compostela e que se chama Bluenn Le Friec. Temos temas

propios e tamén moita música tradicional. Este curso fixen tamén un proxecto dun musical galego na Escola Municipal de Música. Vía que había unhas carencias tremendas respecto ao noso patrimonio musical en música lixeira. Entón deseñei un proxecto que se chamaba “50 anos de música popular en galego” e consistía nun percorrido pasando por Os Tamara, Pucho Boedo, Ana Kiro, Xil Ríos, Andrés do Barro, Fuxan os Ventos... ata chegar a Golpes Baixos ou Os Resentidos.


TOP 5

ABRAIANTES O MELLOR QUE PROBAMOS ATA HOXE

1

Migas de bacallau O Son do Miño. Un menú para todos os petos e con pratos tan ricos coma este.

Nun enclave que dá envexa velo e cunhas propostas que saben a gloria! En o Son do Miño probamos un bacallau boísimo dentro do seu menú de 9 euros.

Consello: Non importan as dietas! As súas sobremesas hai que comelas!

2

Con piscina

Unha boa opción para pasar os días de bo

A Grella.

tempo é comer nun local como A Grella e

Exquisitos pratos á brasa

darse un chapuzón na piscina do camping

e con piscina! Que máis se

do que forma parte. E ademais ten unha

pode pedir en verán!

ampla carta de viños.

Consello: Escolle a ensalada de mango, lagostinos e dátiles.

3

De relax co vermú

O restaurante compostelán é experto en

Markesa. cociña xaponesa pero tamén conta cunha Que ben sentan terraza fronte ao Museo do Pobo Galego esas consumicións antes no que dá gusto estar na hora do vermú. de comer nunha terraza! Consello: Se quedas a comer, proba o seu ramen.

4

Mariscada

Restaurante Susos. Convida ás túas visitas a coñecer o mellor da nosa gastronomía.

Na estrada vella do aeroporto atopamos este restaurante no que poderás levar aos teus familiares e amigos non galegos a comer unha boa mariscada.

Consello: Non vaias o luns, que está pechado! ;)

5

De voda Pazo de Adrán. Unha carne que estás desexando que chegue!

Como en toda voda galega os menús son longos e a carne queda para o final. No Pazo de Adrán vaga a pena esperar! Nós gozamos coma cativas!

Consello: Non te pases cos petiscos iniciais!

Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016 | 29 |


Directorio

D Bares/Cafeterías Restaurantes Outros

Casas Reais 25 Santiago de Compostela

Praza do Matadoiro 3 Santiago de Compostela

L e M: 11:30 a 00:30 Me e X: 11:30 a 1:30 V e S: 11:30 a 02:30 Domingos Pechado

De L a S de 8:30 a peche Domingos Pechado

T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com

T. 881 031 403

CAFÉ BAR

mamá peixe taberna mariñeira

Rúa da Senra 6-baixo Santiago de Compostela

Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela

Rúa da Algalia de Arriba 45 Santiago de Compostela

De L a S de 7:30 a 23:00 Domingos Pechado

De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00

De M a S de 12:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:00 D de 13:00 a 16:00

T. 981 585 974

T. 981 569 290

T. 981 070 526 - tabernamamapeixe@gmail.com

Praza de Santo Agostiño 7 Santiago de Compostela De M a S de 10:00 a 16:00 e 20:00 a 00:00 Domingos só mañá. Luns Pechado T. 981 573 284 - www.asucursal.es

Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela

Avda. Benito Vigo 70 A Estrada

De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00

M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00

T. 981 577 633 - www.dezaseis.com

T. 981 571 226 - argentinosburguer.com

Pedra Santa Restaurante

Costa de San Marcos 18-20 Santiago de Compostela

mansorestaurante.com

| 30 | Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016

www.resas.es

De L a S de 7:30 a 00:00 T. 981 557 415 - 620 296 839 www.restaurantepedrasanta.com


Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela

Rúa Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela

Rúa Muiña 2 baixo Santiago de Compostela

De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00

De M a D de 10:00 a 00:00

T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com

De L a V de de 9:30 a 00:00 S y D de 11:30 a 00:00

T. 981 592 399 www.restauranteferro.com

T. 981 577 742 info@muineirorestaurante.com

Rúa Cardeal Payá 8 Santiago de Compostela

Rúa Nova 36 Santiago de Compostela T. 981 566 980

Avda. da Liberdade 11 Santiago de Compostela De L a V de 9:00 a 00:30 S de 10:30 a 00:30 e D de 10:30 a 16:30 T. 981 813 520 - www.bodeguilladesanroque.com

vinotapeta@gmail.com

De L a D de 9:00 a 00:00

Grupo

Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala

Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com

Rúa do Vilar 43 Santiago de Compostela T. 981 069 063 www.reizentolo.es

Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com

De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00

Pincha(e)Discos T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com

Únete a nós! publicidade@pinchaediscos.com

Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016 | 31 |


A E• NDA

Patrocinada por:

XVII CICLO DE LIED Cando? Do 17 ao 24 de setembro Onde? Teatro Principal Ciclo de recitais que se celebra anualmente en outono en Santiago e reúne na cidade aos mellores cantantes de lied xunto ao pianista e mentor do evento, Roger Vignoles. Está organizado pola Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza en colaboración co Concello de Santiago. O

FESTIVAL WOS 2016 Cando? Do 7 ao 11 de setembro

seu cartel está cheo de cantantes de sona no panorama da lírica internacional. Máis info: pinchaediscos.com

Onde? Diversos espazos de Santiago Canto pagarás? Abonos desde 40 euros Música, artes visuais, cine, artes escénicas, coloquios, conferencias e gastronomía danse cita neste festival no que poderemos ver, entre outros, a Dead Meadow, Triángulo de Amor Bizarro ou Rats on Rafts. Máis info: pinchaediscos.com

MUSICAL ‘THE HOLE’

GALICIA ENTROIDO 2016

CONCHA VELASCO PROTAGONIZA ‘REINA JUANA’ Cando? 18 de setembro ás 20:30 h.

Cando? Do 21 ao 25 de setembro Onde? Auditorio Abanca Canto pagarás? Desde 22,40 euros Show que mestura circo, burlesque, cabaret,

Cando? 10 de setembro ás 13:00 h.

Onde? Auditorio de Galicia

Onde? Desfile desde a Praza do Obradoiro

Canto pagarás? 16 euros

Os representantes de cada un dos Entroidos

A coñecida actriz Concha Velasco interpreta a

Auditorio Abanca nun auténtico club, un lugar

Juana La Loca nun monólogo de Ernesto Caballero

onde vivir unha experiencia única da man da

dirixido por Gerardo Vera, nunha escena na que

Mestra de Cerimonias Berta Collado. A reporteira

este personaxe histórico, coñecedor da chegada da

celebrará na súa ‘mansión’ unha orixinal festa co

súa morte, fai unha confesión ao tempo que repasa

único obxectivo de facer pública a súa relación

a súa vida.

amorosa nada convencional.

declarados de Interese Turístico de Galicia (450 participantes a pé e 8 xinetes a cabalo) desprazanse a Compostela para amosar a cidadáns e visitantes a sigularidade e riqueza cultural dos entroidos galegos.

| 32 | Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016

música e humor. A compañía The Hole chega co seu espectáculo a Santiago, convertendo o


A E• NDA

Patrocinada por:

ORQUESTRA DE CÁMARA FILARMÓNICA DE COLONIA Cando? 25 de setembro ás 19:00 h. Onde? Hostal dos Reis Católicos Concerto da Orquestra de Cámara Filarmónica de Colonia dentro da súa xira mundial de outono. Baixo o lema ‘Klassik überall’ (A Música Clásica en todas partes) interpretan obras de Vivaldi,

VERSIÓN GALEGA DO TARTUFO DE MOLIERE

Mozart, Paganini...

Cando? Do 23 de setembro ao 16 de outubro Onde? Salón Teatro Produción propia coa que o Centro Dramático Galego abrirá a súa temporada 2016-17. Dirixida por Carles Alfaro, conta cos actores Casilda Alfaro, César Cambeiro, Antela Cid, Xoán Fórneas, Mónica García, Marta Lado, Roberto Leal, Rebeca Montero, Alejandro Saá e Patricia Torres.

MAKER FAIRE GALICIA Cando? 1 e 2 de outubro

CONCERTO DE SERGIO DALMA

Onde? Palacio de Congresos e Exposicións de

Cando? 1 de outubro ás 21:00 h.

Galicia

Onde? Palacio de Congresos e Exposicións de

Cando? Do 24 de setembro ao 2 de outubro

A maior feira de inventores do mundo chega a

Galicia

Onde? Diversos espazos da cidade

Compostela, un escaparate para a creatividade

Canto pagarás? Desde 32 euros (anticipado)

Canto pagarás? Desde 2 euros

e o enxeño pensado para todos os públicos e

Sergio Dalma presenta en directo o seu novo

Titiriteiros de varios países mostran as súas

disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica,

traballo discográfico ‘Dalma’, o álbum que fai o

producións. Espectáculos infantís, representacións

ciencia, arte urbano, música, electrónica, artesanía,

número 17 nunha atarefada e exemplar carreira

ao aire libre e pases en horario nocturno. E tamén

etc. Haberá espazo para talleres, mesas redondas,

artística. Trátase dun álbum que recolle unha

mesas redondas, exposicións e obradoiros... todo

presentación de proxectos, espectáculos e

colección de cancións heteroxéneas pero

un mundo arredor dos monicreques.

actividades para todos os públicos.

conectadas pola reinvención máxica da súa voz.

XXI FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES GALICREQUES

Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016 | 33 |


A E• NDA

Patrocinada por:

WOMEX 2016 Cando? Do 19 ao 23 de outubro Onde? Cidade da Cultura de Galicia e diversos espazos da zona vella compostelá A cita mundial da música, WOMEX, volve a Santiago de Compostela cunha das maiores feiras profesionais dedicadas ás músicas do mundo (WOMEX Day) e máis de sesenta concertos esparexidos por distintas zonas

CURTOCIRCUÍTO

emblemáticas do casco antigo da cidade (WOMEX Night). Ademais WOMEX conta

Cando? Do 3 ao 9 de outubro

con múltiples actividades interesantes no seu

O festival internacional de curtametraxes, que

programa: conferencias, relatorios, proxeccións

dirixe o compostelán Pela del Álamo, exhibe

de filmes, etc.

e premia na súa semana oficial as películas en categorías como ‘Internacional’, ‘España, ‘Galicia’ e ‘Explora’. O lendario crítico de cinema Jonathan Rosenbaum será un dos principais convidados desta 13ª edición, participando como xurado e impartindo o seminario ‘El Cine Imposible’.

REPRESENTACIÓN DE ‘HAMLET’ DE WILLIAM SHAKESPEARE Cando? 28 de outubro ás 20:30 h.

LA HABITACIÓN ROJA E LOS ÁRBOLES, EN DIRECTO

Onde? Auditorio de Galicia

Cando? 28 de outubro ás 21:30 h.

Cando? 7, 8, 28 e 29 de outubro

Canto pagarás? 18 euros

Onde? Sala Capitol

Onde? Sala Capitol e Sala Riquela

Miguel del Arco adapta e dirixe ‘Hamlet’ de William

Canto pagarás? Desde 10 euros

Canto pagarás? Desde 4 euros

Shakespeare no ano no que se fan 400 da morte

Trala súa exitosa celebración do seu 20º aniver-

Sexta edición do festival galego de música negra

do escritor inglés. Trátase dunha coprodución da

sario, a banda de música pop La Habitación Roja

que acolle na súa programación grandes citas do

Compañía Nacional de Teatro Clásico e Kamikaze

chega a Compostela para presentar o seu novo

soul, rhythm&blues, swing, boogie e rock´n roll

Producciones, protagonizada por Israel Elejalde,

disco titulado ‘Sagrado Corazón’. Será nun concer-

nacional e internacional. Entre outros, actuarán

Ángela Cremonte, Daniel Freire ou Ana Wagener,

to na Sala Capitol no que tamén actuará o grupo

Lee Fields & The Expressions e Martha High.

entre outros.

Los Árboles.

OUTONO CÓDAX FESTIVAL

| 34 | Pincha(e)Discos Nº 10 | 2016




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.