Pincha(e)Discos Nยบ 11 | novembro-decembro 2016
LIBERDADE PARA OS LEGUMES! A venda a granel xera menos lixo, favorece aos pequenos agricultores e garante a frescura dos alimentos
RSM ESTRATEGIAS
DE
P. 10
COMUNICACIÓN
P. 14
P. 21
P. 25
P. 26 P. 28 P. 29
P. 32 P. 34 HTTP://RSMCOMUNICACION.COM
reportaxe Mercando como os nosos avós
páxina 8 Crusat & Costas actualidade
Dúas copas de viño, con cal quedas?
Santiago(é)Tapas
páxina 6
páxina 11 PATROCINAN
Mundo Blogger
COLABORADOR ESPECIAL
COLABORA
Vai de… teatro
A Regadeira de Adela
De tapas
páxina 12
páxina 14 Oído Cociña
Ten que haber
La Pepita Burger
de todo
páxina 18
páxina 20 #atafartar
5 e acción
Croca á prancha en O Sendeiro
páxina 24
páxina 22
Entrevista Sumrrá
páxina 26
TOP 5
ABRAIANTES
páxina 29
Directorio páxina 30
A E•NDA páxina 32
... continúa en
pinchaediscos.com Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016 | 3 |
Foto: Suso Rivas
EDITA: Cristina Márquez ı Directora de Márketing Rebeca Munín ı Directora de Contidos pinchaediscos@pinchaediscos.com redaccion@pinchaediscos.com Deseño e maquetación: RSM Comunicación Publicidade: Juan Vázquez e Jéssica Pintor publicidade@pinchaediscos.com Fotografía: Suso Rivas Colaboradores neste número: Lorena Costas, José Crusat, Zampón de Compostela, Jéssica Pintor, Cineclube Compostela e @JuanEATo_ Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 66 - 2015 www.pinchaediscos.com Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como pinchaediscos Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante. Fotos de portada e contra: Suso Rivas
| 4 | Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016
EDITORIAL Coas mans na masa Con este titular poderiamos facer unha homenaxe ao famoso programa de televisión dos 80. Pero non é o caso. Imos falar do noso. E o noso neste mes de novembro que comeza son os petiscos. Moitos hostaleiros da cidade están coas mans metidísimas na masa preparando as súas propostas para o IX Santiago(é)Tapas. Con este motivo, o noso blogger colaborador Zampón de Compostela analiza nun artigo como son as tapas que, agora e todo o ano, ofrecen os bares, cafeterías e restaurantes santiagueses. Neste número visitamos, ademais, dous proxectos novos pero ben diferentes entre si, mostra da rica oferta gastronómica que temos: La Pepita Burguer e O Sendeiro. No noso fogar arrancamos coa tempada de potaxes, que tan ben sentan coa chegada do frío. E, coma sempre, o mellor resultado obtense cunha boa materia prima. Por iso, en #pinchaediscos11 falamos da venda de produtos a granel, que está proliferando no mercado compostelán. Son alimentos máis respectuosos co medio ambiente, que axudan ao comercio de proximidade e que nos permiten estar seguros do que comemos. Desde o punto de vista cultural, o outono invítanos a meternos nos locais e gozar, por exemplo, do teatro de A Regadeira de Adela ou da música jazz de Sumrrá. Novembro é tamén o mes de Cineuropa, o festival internacional de cine que cumpre nesta edición 30 anos. Así que, xa sabes, que o frío non sexa escusa para quedar na casa.
www.resas.es
Crusat & Costas
Dúas copas de viño... con cal quedas?
Segue as historias de José Crusat @choumimx no seu blog
Segue as historias de Lorena Costas @lorena_costas no seu blog
Del Comercio y del Bebercio | http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com
Bake my Day |
http://lorena-bakemyday.blogspot.com
LA PERDIDA – FINCA A MALLADA 2014: Nada está perdido en Larouco @lorena_costas No noso percorrido pola Galicia vinícola tentamos non deixar atrás ningunha zona produtora e elaboradora de viños. Tocamos D.O.’s, IXP’s e viños sen D.O. Os viños sen D.O. teñen baixo a nosa opinión moito que dicir na actualidade: porque a súa calidade é totalmente incuestionable a estas alturas e pola braveza dos elaboradores que deciden seguir adiante cos seus viños; xa que o feito de ser rexeitados pola D.O. podía supor hai un tempo algo así como unha “marca no expediente”. Afortunadamente os tempos son cambiados. É máis: moitos son os que deciden de xeito deliberado producir fóra dunha D.O. Aplaudimos calquera das opcións, pero gústanos remarcar o esforzo e traballo de persoas como Nacho González. Para moitos o “Loco de Larouco”, comeza a elaborar en 2012, pero Nacho non é ningún principiante nesto de facer viño. Tras moitos anos de observación, forxando unha idea única de entender a vida e o viño, comeza traballando unhas fincas case abandonadas da avoa. Con moito esforzo conseguiu facerse con algunhas fincas máis, ata un total de 3Ha. Desas fincas, que durante anos permaneceron sen tratar, coidar nin arar, os veciños dicíanlle que era mellor que as deixara, que estaban “perdidas”.
FICHA LA PERDIDA – FINCA A MALLADA 2014 (GARNACHA E SUMOLL) BODEGA LA PERDIDA (NACHO GONZÁLEZ)
Variedades: 70% garnacha e 30% Sumoll Grao: 13º Onde mercalo:
No Resas
na Algalia de Abaixo 33, por 24 euros
| 6 | Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016
E velaquí comezou o reto persoal: Recuperación da viña mediante abonos “verdes” e substrato orgánico, cero aditivos químicos, e deixar que a natureza siga o seu ciclo natural. E parece que non vai mal: este viño que nos ocupa LA PERDIDA – FINCA A MALLADA 2014(GARNACHA E SUMOLL) colle o seu nome da finca de Seadur da que procede. Garnacha tintureira e algunhas cepas de Sumoll que un veciño trouxo hai 70 anos cando foi traballar a Cataluña. A denostada “catalana”, na que Nacho sempre confiou, demostra o seu potencial, apoiada por un chan granítico que lle aporta mineralidade, salinidade e a bravura xusta. Toques agrestes, de monte, vexetais e especiados que complementan á perfección á garnacha e as súas froitas negras, cereixas e violetas. Esta elaboración, como todas as de Nacho, fermenta en tinallas de barro co seu raspón e logo remata co seu paso pola madeira usada. Esa astrinxencia ben equilibrada gústanos moito! Agora que comeza o fresquiño, este viño tan equilibrado aguanta case calquera cousa que lle botemos... A min antóllaseme un bo prato de lentellas, ou non?
LA PERDIDA – FINCA A MALLADA 2014: Un viño da súa propia terra @choumimx Imos neste caso a un viño sen adscrición a ningún tipo de área, máis que a súa propia orixe, o seu territorio. Falamos de La Perdida Finca a Mallada de Nacho Gónzalez. Localizado en Larouco zona que está integrada nunha DO, pero que rexeitou o produtor na busqueda da liberdade sen as restricións dun regulamento que lle encarceraba e que non creía no seu proxecto. De partida o viño se elabora con dúas variedades non moi utilizadas, por unha banda a denostada tintureira, da que xa temos falado nalgún outro viño, e por outra a Sumoll. Esta última, traída por un emigrante que se namorou dela por aquelas terras. É unha uva que produce viños de cor intenso, maduración tardía e que ben situada produce unha alta gradación. Finca A Mallada é un viño natural con todas as súas consecuencias, de principio a fin. Na viña o cultivo é plenamente respectuoso eliminando todo tratamento químico, nin funxicidas, nin insecticidas nin abonos químicos. Unha aposta difícil e complexa, que provoca rendementos baixos e en anos complicados a perda de case que toda a produción. Despois na adega non se engade nada ao mosto, este fermenta en tinallas de barro cocido cos propios lévedos da uva e adega, sen intervención, sen control de temperaturas. Trala fermentación o líquido xa convertido en viño pasa a barricas de madeira usadas de carballo francés para a súa maduración que é individual, é dicir, cando cada unha das barricas está no seu momento óptimo. Despois nin crarificación nin filtrados. É un viño cunha capa intensa e profunda, case opaco, de ribete cereixa Burlat. No nariz arranca con notas balsámicas, mentolados, que deixan saír de fondo aromas a violetas, froita negra coma casis, moras e cirolas negras. Na boca é un viño intenso con contundencia, pero ao mesmo tempo fresco coa acidez e a astrinxencia equilibradas. Mineral voltan a aparecer as notas de froita negra, e moi ao fondo recordos de torrados da madeira moi leves.
COMIDA | MÚSICA | BEBIDAS
RÚA DO PREGUNTORIO 35 SANTIAGO DE COMPOSTELA
avance de programación NOVIEMBRE/DICIEMBRE RODRIGO AMARANTE domingo 6 noviembre 2016 entrada: 12 e/15 e DAVID QUINZÁN domingo 27 noviembre 2016 entrada libre ÁNGEL STANICH BAND jueves 1 diciembre 2016 entrada: 12 e/15 e MICAH P. HINSON martes 27 diciembre 2016 entrada: 15 e/ 18 e
RIQUELA JAZZ XACOBE MARTÍNEZ ANTELO TRÍO miércoles 9 noviembre 2016 entrada: 5 e ANDRÉS RIVAS TRÍO domingo 20 noviembre 2016 entrada: 5 e FELIPE VILLAR ORGAN TRIO domingo 4 diciembre 2016 entrada: 5 e VIRXILIO DA SILVA'S JUZZ miércoles 14 diciembre 2016 entrada: 5 e Riquela Jazz entrada concierto: 5 euros (consumición mínima incluida) abono 4 conciertos: 15 euros (consumición mínima incluida) reserva entradas: entradas@riquela.com
Un viño para gozar do outono, ben sexa para o magosto, ou na mesa cun bo prato de xabarín estufado cunha compota de mazás e castañas cocidas. www.riquela.com
Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016 | 7 |
reportaxe
“A xente nova sorpréndese un pouco coa idea de negocio pero aos máis vellos parécelle o máis normal do mundo”
Patricia e Paulo en Legumia. Foto: Suso Rivas
| 8 | Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016
MERCANDO COMO OS NOSOS AVÓS A venda de produtos a granel, con máis calidade e respecto polo medio ambiente, volve a ser un modelo de negocio viable Por R. Munín e C. Márquez
Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016 | 9 |
reportaxe
C
ada vez é máis habitual atoparnos pola rúa con tendas de produtos a granel. E é que as vantaxes son moitas: só mercamos o que precisamos, temos menos envases enchendo o noso lixo, apoiamos aos pequenos comerciantes e produtores e podemos estar seguros do que estamos comendo.
En Santiago contamos con varios establecementos deste tipo. Un deles é Legumia, na Algalia de Arriba. Paulo Outeiro e Patricia López están detrás deste negocio. “Temos produtos que poden ser ecolóxicos, pero a prioridade é que sexa de proximidade, porque non ten sentido que sexan ecolóxicos se son de Canadá e teñen que vir en avión”, contan. Na súa tenda podemos mercar legumes, especias, fariñas, froitos secos, pastas, zumes, leite, marmeladas… Sempre alimentos de tempada. “A avea, os arandos e a chía teñen moito éxito últimamente”, aseguran. Pero os que máis chaman a atención son as especias indias e marroquís e a auga de mar, que se emprega para substituír o sal nas comidas. “Consúmese moito pimentón e tomiño e hai que animarse a probar outros sabores”, aconsellan estes emprendedores. En canto á procedencia dos alimentos, tratan de que a maior parte da súa oferta sexa galega, aínda que recoñecen que o clima dificulta a produción e por iso, optan por produtos de Castela, sobre todo legumes, e tamén de Portugal. Diferencias cos envasados Legumia abriu as súas portas fai tres anos, cando aínda era difícil atopar alimentos a granel na nosa cidade. Non así noutros lugares nos que esta forma de negocio nunca desapareceu. “Eu son catalá e este modelo de venta alí é moi típico, aínda se conserva. Entón cando vimos aquí a vivir, démonos conta de que en Compostela non existía e quixemos rexurdilo”, explica Patricia. Estamos, xa que logo, voltando ao modelo de compra dos nosos avós. “A xente | 10 | Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016
“O prezo varía uns céntimos pero a verdade é que se despois acabas non tirando nada, compensa” nova sorpréndese un pouco coa idea de negocio pero aos máis vellos parécelle o máis normal do mundo”, sostén. Pero por que vivimos agora esta moda? Son varias as razóns. Por un lado, son moitos os pais e nais que apostan polos pequenos agricultures para evitar dar aos seus fillos produtos envasados. “Diferéncianse sobre todo na frescura porque os envasados normalmente levan dous, tres ou cinco anos no paquete. Nótase moito nos legumes. Á hora de cocelos non ten nada que ver”, comenta a tendeira. Por outra banda, a calidade normalmente é mellor xa que o pequeno produtor preocúpase moito máis polo proceso, desde que pranta ata que recolle. “Agora todo vén de China e só tes que ver un río dese país para saber que non queres comer nada que veña de alí”, afirma Patricia. Ademais, nestes establecementos podes adquirir a cantidade que queiras, co que evitamos tirar comida ao lixo. Tamén contribuímos a coidar o medio ambiente gastando menos en plásticos. E incluso podemos reutilizar as bolsas de papel das que dispón o establecemento. Iso si, o prezo é un pouco máis elevado que no Super. “Pode variar só nuns céntimos pero a verdade é que se despois acabas non tirando nada, compensa”, aseguran en Legumia. E ti, apostas polos produtos a granel?
actualidade
Un Santiago(é)Tapas máis cinéfilo que nunca O concurso establece o premio ‘Santiago(é)Cine 16’ coincidindo co 30 aniversario de Cineuropa O popular concurso de tapas Santiago(é)Tapas celebrarase na cidade do 17 de novembro ao 4 de decembro. E unha vez máis, haberá premios outorgados por un xurado profesional e polo público que percorra as diferentes rutas detalladas nos Tapasportes que repartirán os establecementos participantes. Este ano, como novidade, ademais dos galardóns habituais, estableceuse a Mención Especial ‘Santiago(é)Cine 16’, debido á coincidencia nas datas coa celebración do 30 aniversario do festival de cine Cineuropa. O obxectivo é recoñecer aquelas tapas que por título, técnica, produtos ou elaboración teña un vencellamento co mundo da cinematografía. O prezo de todas as tapas presentadas ao certame será de 2,5 euros. E como requisito imprescindible terán que incluír un produto pertencente a algunha das Denominacións de Orixe ou Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia.
#Cineuropa30 O festival de cine non competitivo de Compostela, Cineuropa 2016, que cumpre 30 anos, desenvolverase do 8 ao 27 de novembro. Para celebrar estas tres décadas de cinema de autor, a concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago vén de pór en marcha a campaña #Cineuropa30 no sitio web oficial cineuropa.gal e nas redes sociais. A aposta de Cineuropa tanto polo seu sitio web como polas súas redes sociais é total este ano, usando a rede para ampliar a información sobre as películas que se incluirá no programa impreso. Ademais, un canal de Telegram informará puntualmente a todos os espectadores que se subscriban, tanto sobre a axenda do día como sobre os posibles cambios de última hora que poda haber no programa.
Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016 | 11 |
Por El Zampón de Compostela. Autor do blog elzampondecompostela.blogspot.com.
DE TAPAS POR SANTIAGO n Santiago temos a boa sorte de manter o costume de dar tapas de cortesía coa consumición (documentada dende polo menos 1905 como ben comentaba Jorge Guitián no seu blog en agosto). Falemos algo dela.
E
Quero empezar pola parte negativa. Moitas das malas experiencias que me chegan de clientes da restauración santiaguesa versan sobre esta cuestión: o tema da tapa. Coméntanme de cotío que ás veces senten discriminación por este feito xa que a tapa ponse na mesa do lado pero curiosamente non na deles. “Será porque xa non cheguei en hora de tapa? Será porque coa auga non dan tapa? Será porque pensan que son turista?”. Estas preguntas fanmas con relativa asiduidade. Eu supoño que o motivo principal é a sobrecarga de traballo e os descoidos do persoal. Adoito aconsellar que pregunten (non esixan) aos camareiros, con total confianza, por este tema para aclarar posibles malentendidos.
| 12 | Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016
Como está o tema por Santiago? Pois ben, hai varios tipos de tapa. Por un lado a tapa abundante “de saír ceado”, normalmente non de moi alta calidade, cousa obvia. Por outro lado, a tapa máis elaborada aínda que máis pequena. Esta costa atopala na nosa cidade. En terceiro termo temos os locais de tapa clásica, con escasa variación dado o seu éxito. Todos estes conceptos teñen o seu público en particular ou incluso o mesmo público pode variar segundo as súas apetencias do momento. Para que serve a tapa? Ademais de ser un detalle por parte do hostaleiro, pode ser una boa maneira de facer negocio. A tapa debería demostrar algo “do que se coce” na cociña dese local. Estou convencido de que una boa tapa dá pé a tomar algo máis ou acabar comendo/ceando no local, sexa ese mesmo día ou outro. Nese sentido os concursos como Santiago(é)Tapas (que contan cun precio extra por tapa) dan liberdade aos cociñeiros para ofrecer algo máis elaborado e así deixar ao cliente con ganas de máis. Unha tapa que non demostra o poderío da cociña perde a súa esencia como reclamo. Así que para non estenderme, eu aconsellaría aos hostaleiros que xoguen connosco, que nos deixen coa mel nos beizos. A existencia dunha “segunda tapa”
diferente (coa segunda consumición) é un plus neste sentido. Tamén me resulta curioso o asunto da distribución xeográfica da tapa. Por exemplo, en A Coruña é infrecuente vela, en Santiago o infrecuente é o contrario. O mesmo sucede noutras comunidades, variando enormemente entre poboacións relativamente cercanas, namentres non haxa presión do público por ela non se pon (lóxicamente se os locais do teu arredor a ofrecen existirá unha presión extra para tela). Como último punto quero entrar nunha tesitura. Se o cliente vai comer ofréceselle tapa? Eu penso que “por que non?”. Pode ofrecerse verbalmente e o cliente ten a potestade de aceptala ou rexeitala. Debe pensarse que segue sendo un cliente que paga o mesmo pola consumición que os demais e aínda por riba vai facer un gasto no local, en principio, de maior cuantía que a xente que só está a consumir un refrixerio. Así que, cando menos, debería dárselle un trato igual que ao resto. Se teño que exponer a miña opinión persoal eu son protapa. Encántame ir de tapas e normalmente cando visito un restaurante antes fixen un ‘achegamento técnico’ para tomar unha consumición, ollear a carta, valorar a tapa, o ambiente e o servicio. Por así decilo, é unha excelente primeira toma de contacto.
“Unha tapa que non demostra o poderío da cociña do local perde a súa esencia como reclamo”
Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016 | 13 |
Vai de...Teatro
Un proxecto por amor ao arte!
A
palabra teatro provén do grego ‘theátron’, que quere dicir lugar para contemplar. Nunca unha mellor definición podería achegar para o curruncho do que vos vou falar. A Regadeira de Adela é unha casa en cuxas habitacións transcorren as máis ‘variopintas’ historias, aventuras e representacións. Este espazo artístico leva funcionando dende o 2012, pero hai pouco máis dun ano que foi herdado por tres mozas que por amor á arte continúan con este proxecto, co firme desexo de que sexa e sirva de laboratorio para todo aquel actor, artista ou calquera persoa que queira ensaiar ou presentar a súa proposta a un público. Nun espazo de tempo non superior a 15 minutos, aquí gozas da gloria do aplauso do público. A Regadeira de Adela programa micro teatro na fin de semana, con actuacións durante catro meses en dúas tempadas ao ano, inverno e primavera. Defínese como un lugar diferente. As súas xestoras, Patricia Torres, Marghe Morello e Paula Misa, falan del como un lugar moi especial,
| 14 | Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016
A Regadeira de Adela é unha casa na que en cada habitación, salón ou baño podemos gozar dunha peza de micro teatro Por Jéssica Pintor
Xornalista e membro do equipo de Pincha(e)Discos
mesmo máxico. A proximidade do público cos artistas, xa que só caben quince persoas en cada habitación, excepto no salón que é un chisco máis amplo, ou o baño onde só caben oito ou dez, crea un contacto único entre actor e espectador. Na Regadeira ansían que a xente de Santiago queira ir á rúa de Tras San Fiz de Solovio a probar formatos, “que decidan crear aquí, ese é o noso soño!”. Organizan e coidan deste espazo a maiores dos seus traballos e consideran que é moi apropiado, sobre todo, para xente que está empezando. “Cunha peza así de curta comprobas se funciona, experimentas. Nós utilizabámolo como promoción dalgunhas pezas máis longas”, sinala Patricia. Paula engade que os de Chévere fixeron un estudo dos personaxes da súa mini serie do roubo do Códice. Tamén pasou pola Regadeira Paula Quintas. “A maior parte da xente do teatro de Santiago estivo aquí. É moi compostelá esta casa. Encantaríanos que houbese demanda para vir a usar as habitacións. Encher a casa de xente
A casa estรก enriba do bar Embora, preto da praza de Abastos. Foto: Suso Rivas Pincha(e)Discos Nยบ 11 | 2016 | 15 |
Vai de...Teatro
En cada recuncho de A Regadeira de Adela poder haber unha representación. Foto: Suso Rivas facendo cousas!”. Porque ao final, diso se trata, máis que dunha programación, de ter movemento, de ofrecer cousas novas, dun sitio para probar. Dun espazo para ler a túa tese antes de presentala, dun sitio onde perder o pánico escénico, dunha plataforma para practicar o teu discurso político ou dun recuncho onde facer un monólogo… Imaxinades? Contar as vosas peripecias no baño da Regadeira, que emocionante!! (Estouno pensando, de feito).
como unha sala de ensaio, un sitio onde poder traballar, “como actriz tes unha rutina namentres estás facendo unha obra, pero hai certos meses nos que non tes onde poder traballar, porque na casa resulta complicado. Agora gozo tanto vendo xente, estudando propostas e coas clases, que ao final non ensaio! (risos) Pero acabo empapándome de todo o que aquí se fai. Absorbe moito tempo”.
A Regadeira de Adela está enriba do bar Embora, preto da praza de Abastos. Paula e Patricia, que son actrices, comezaron facendo impro e Marghe, que leva máis tempo, xa traballaba cos fundadores da mesma. Todos os mércores e venres hai cursos de teatro improvisado, de iniciación e de avanzado, e entre novembro e decembro haberá un curso de escrita creativa. Xa teñen algún público fiel, pero -explica Paula“non somos constantes, vai todo sobre a marcha e improvisado, o cal complica a difusión da programación”. Aquí intervén Patricia “por iso queremos ampliar xente e disciplinas”. Ela pensaba na Regadeira
A Regadeira de Adela é unha casa aberta a calquera, independentemente de que estude ou non ou se dedique ou non á actuación, ten coma hóspedes dende un compositor, a un guionista, pasando por un mago, un biólogo e unha profesora. Marghe sinala que “a improvisación é unha técnica de creación, co cal os asiduos adoitan están relacionados coa arte, en xeral”. Segundo Paula, a impro “é un bicho que se retroalimenta”. As súas compañeiras din que, sen dúbida, habita a casa por paixón! Ela suma que para aprender. “Aprendo moito sobre xestión cultural. Xa formo parte desta casa, síntoa miña, aínda que non o sexa”.
| 16 | Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016
É unha casa aberta a calquera, independentemente de que se dedique ou non á actuación É a quenda de Marghe: “Eu vin aquí polo meu amor ás artes escénicas e porque a maioría dos meus amigos facían algo relacionado con elas!”, ri. Marghe é produtora e realizadora de audiovisuais e anuncia que pronto comezarán a proxectar curtos e vídeoclips, os xoves. Ela xa os organizaba, dende hai anos, no Embora. Porque, -explica-, “a Regadeira é como un ‘ambigú’ dos teatros antigos, unha cafetería onde había faladoiros con artistas, o Embora cédenos a casa e nós tentamos crear esta simbiose”. O traballo na casa require moita dedicación: organizar a programación, estar na venda de entradas, buscar aos
Este espazo artístico funciona dende o 2012, pero fai un ano foi herdado por Patricia Torres, Marghe Morello e Paula Misa artistas, revisar propostas. E o público é moi variable e inconstante en Santiago, porque, por fortuna, hai moitísima actividade cultural, hai cine, festivais de curtametraxes, concertos, dous teatros, espectáculos nos bares, nas salas, nas rúa… Entón que falta? “Falta público de teatro”. Logo non hai promoción ou queda inculcar o teatro no corazón dos espectadores? “É unha falta de costume. En cidades como Madrid, Barcelona, Valladolid ou Málaga énchense as salas”. Paula recorda que antes de que
lle chegase o vermiño, non pensaba en aguantar unha hora nun teatro! Hai que buscarlle, entón, as cóxegas ao público? “Hai que ir buscalos. Aparecerlle, cambiarlle a idea que teñen do teatro. A impro enche, hai que facer espectáculos de bar, facer teatro antes dos concertos ou despois, hai que perseguir á xente!”, espeta Patricia entre gargalladas de todas. O dramaturgo ateniense Sófocles dicía: “Os ceos nunca axudan a un
home que non quere actuar”. Así que actúo. Súmome, logo, a esa persecución e animo, exhorto, chamo e clamo aos actores, aos ‘amateurs’, aos aspirantes, ao público, aos afeccionados e aos que non o son: a facer teatro, a probalo, a experimentar nesta casa, a entrar e percorrer este laboratorio. Pero sobre todo, por encima de todo e máis que nada, convócovos a ir a ver micro teatro á Regadeira de Adela, por amor ao arte e porque paga a pena!
Foto: Suso Rivas Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016 | 17 |
Alí onde den ben de comer, deixarase caer Pincha!
La Pepita Burger Bar,
revolucionando o concepto de hamburguesa Por Cristina Márquez
En pleno centro compostelán, na Praza de Galicia, La Pepita Burger abriu fai dous meses unha nova delegación, implantando na nosa cidade a súa exquisita forma de vender hamburguesas. Para coñecer un pouquiño mellor este modelo de negocio senteime a falar cun dos socios da empresa, Miguel Álvarez. Cando nace La Pepita e quen está detrás deste exitoso proxecto?
Falades de hamburguesas gourmet pero, en que vos diferenciades do resto?
La Pepita empezou a súa andaina fai catro anos e medio en Vigo. Os creadores foron Santiago Salgueiro e Begoña Ocampo. A idea era revolucionar o concepto da hamburguesa que tiñamos ata entón. Pasados dous anos aproximadamente Javier Romero e Miguel Álvarez, que son eu, confiamos no proxecto, vimos nel moitas posibilidades, gustounos o seu formato, o feito de tratar o produto de maneira exquisita, gourmet, así que decidímonos a expandir a marca en Pontevedra. Desde alí saltamos á Coruña, Ourense, Vilagarcía, Madrid, Salamanca, Vigo e agora Santiago. Nun futuro próximo abriremos en Santander, Oviedo e Palma de Mallorca, e é que La Pepita é un proxecto que continúa en expansión.
Estamos nun restaurante especializado en hamburguesas gourmet, non nos gusta falar de hamburguesería, isto é un restaurante. O trato que lle damos ao cliente é distinto ao do resto dos negocios de venta de hamburguesas. Ambiente casual, espontáneo e dinámico pero dignificando o produto. A materia prima é gourmet pero detrás ten que haber outras cousas que sexan gourmet: o local e o servizo. Se unha desas patas rompe a experiencia connosco non é gourmet.
Por que o nome ‘La Pepita’? La Pepita nace da versión feminina do ‘pepito’, o famoso entrepán con tenreira. Gustounos o xogo de palabra e pareceunos axeitado para un negocio que pretendía revolucionar o concepto da hamburguesa.
| 18 | Pincha(e)Discos Nº Nº811| |2016 2016
Falando do local, vemos que ten un toque industrial. Cal é o obxectivo desta decoración? La Pepita foi evolucionando a súa estética ao longo destes anos, desde Vigo ata Santiago, en xeral é un concepto industrial, vintage e afrancesado, provenzal e que vai dirixido ao público feminino. Na delegación compostelá incorporamos moita madeira aproveitando as novas tendencias dos materiais nobles, do ecolóxico e o nórdico. Tamén, pensando en humanizar
a estancia, metimos moita vexetación, o que lle dá outro carácter máis humano e cálido. En Santiago buscamos un local que non fora aberto, que tivera certo aire clandestino, con recunchos, iluminación directa, lámpadas que non deran demasiada luz, coa idea de que o cliente vaia descubrindo o local pouquiño a pouco. Un dos vosos fortes é a calidade da carne, de feito na vosa web presumides de ter a mellor carne de tenreira, cordeiro e polo. De onde proceden? Isto é unha cadea galega, presumimos 100% de ser galegos, así que a materia prima básica que é a carne na Pepita é galega. A tenreira é da nosa terra aínda que se procesa en Burgos; o boi vén do Capricho del Bierzo, un restaurante famoso pola súa carne deste animal, que tamén un 80% é do país. O polo e mais o cordeiro tamén son de procedencia galega. Intentamos que todo sexa produto da zona. Por que abrir agora en Santiago? Tardamos moito en montar en Santiago pola dificultade para atopar local.
Buscábamos unhas determinadas características e dimensións, tamén a ubicación entre a zona vella e o Ensanche era requisito imprescindible. Todo o conxunto nun mesmo local facíao difícil de conseguir. Levabamos máis dun ano buscando. De feito, o máis complicado deste proxecto foi a busca dun lugar axeitado. E que tal os comezos na nosa cidade? Pois levamos mes e medio e fenomenal, estamos sorprendidos afortunadamente pola acollida que é sobresaínte. Nun mes pasaron por aquí 12.000 persoas, e saen a diario unha media de 280 hamburguesas. Estas cifras para ser unha cidade pequena son máis que positivas!
“Nun mes pasaron por aquí 12.000 persoas, e saen a diario unha media de 280 hamburguesas” O máis destacado da carta La Pepita ten diferentes variedades de hamburgesas, divididas en tres grupos, tenreira, boi e as que chaman especiais, de polo, cordeiro, salmón, porco ibérico e vexetarianas. Dispón de carta sen glute con sobremesas caseiras como o coulant de chocolate. Ademais de burgers, na carta atopamos unhas croquetas de faceiras, tempuras e varias ensaladas. O pan é 100% artesán, ven todos os días de Pontevedra.
O equipo de La Pepita en Santiago. Foto: Suso Rivas Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016 | 19 |
TEN QUE HABER DE TODO
UN SOFÁ CON NEVEIRA Cantas veces estás vendo a televisión, morres de sede ou fame e por non levantarte segues aí tirado sufrindo? A marca de cervexa checa Staropramen ten a solución! Un sofá con neveira integrada, con capacidade para 14 botellas ou o que queiras meter alí dentro. Conta ademais con altavoces bluetooth integrados, unha estantería para libros e revistas e un enchufe para cargar móbiles ou tablets. O sofá é de cor verde, como o corporativo da marca, e ten acabados en madeira.
TORRADAS CON MENSAXE A Toasteroid é unha torradora contralada a través dunha app coa que poderías imprimir calquera debuxo ou mensaxe desde o teu Smartphone. A máquina controla os ‘píxeles’ que se torran e os que non para poder facelo, escollendo incluso a intensidade de torrado. Ata agora existían torradoras coas que facer debuxos no pan, pero esta é a primeria que permite escribir as túas propias mensaxes a través dunha aplicación móbil.
MILLO DE CORES O Millo de Xema de Vidro posúe grans de diversas cores. É un invento do agricultor Carl Bernes que mesturou millos de diferentes clases. E ademais, pódese comer! É posible torralo, consumilo como millo doce, facer fariña de cores ou ‘palomitas’ para ver unha película. Este curioso produto presentouse a través dunha demostración en internet no ano 2012. Pero só está a venda en cantidades moi pequenas (20 sementes por paquete) e a través da súa web.
BOLSOS PARA AMANTES DA LECTURA Hainos de todas as cores e para todos os gustos. Incluso coas portadas de novelas moi coñecidas. Son os bolsos con forma de libro que se teñen posto de moda nestes últimos anos. Son moitas as famosas que xa luciron os seus bolsos-libro, como a actriz Natalie Portman. En Internet podes atopar ademais a maneira de facelos ti mesmo. Atréveste a probar? Envíanos as túas propostas a pinchaediscos@ pinchaediscos.com.
| 20 | Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016
Pincha(e)Discos Nยบ 11 | 2016 | 21 |
#atafartar
CROCA A PRANCHA EN O SENDEIRO Conta a lenda que hai máis de tres séculos un terratenente compostelán construíu unha casa con patio para recluír á súa filla e lograr que se esquecera dun campesiño que a tiña namorada. De aí o nome da Rúa do Olvido. E alí, no Olvido 22, atopamos O Sendeiro, un restaurante dirixido por dous bos amigos - Alberto Fernández e Sergio Delpont - que conta cun comedor principal, dous amplos reservados e unha terraza con 26 prazas. Abriron as súas portas o 15 de decembro de 2015 e neste case un ano de traballo, teñen formado un bo equipo, capitaneado á fronte dos fogóns actualmente por Summa Breogán. Na súa carta temos carnes, peixes, ensaladas… sempre empregando o mellor produto de tempada que atopan no mercado. “Nos vindeiros meses imos completala cunha nova liña de calidade superior, pero mantendo a nosa liña de cociña tradicional que tan ben funciona”, explican. Pronto presentarán tamén as súas rutas (sendeiros) culinarios por Galicia, ofrecendo degustacións das mellores propostas da nosa gastronomía. O noso colaborador @JuanEAT_o probou a súa croca á prancha, de vaca galega temperada ao punto acompañada de patacas deluxe e, neste caso pola época na que estamos, espaguetes de cabaciña.
Por @JuanEAT_o
Foto: Suso Rivas | 22 | Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016
@JuanEAT_o moi atento á croca de O Sendeiro. Foto: Suso Rivas
Na miña opinión, o Sendeiro é probablemente un dos locais con máis encanto que hai en Santiago. A verdade é que foi un pracer gozar desa croca á prancha na súa terraza e cun día como o que me tocou. Pero falemos do prato que cociñou para min Summa, antigo compañeiro de batallas na escola. Serei obxectivo. Prometido. Tratábase de croca á prancha, con patacas deluxe e verduriñas de tempada, que nesta ocasión foi cabaciña. Aparentemente non tería moita complicación pero o segredo está na preparación da carne. Atopeime cun corte de croca fileteada, moi limpa e de fácil degustación. Ao punto, ben feita, como debe ser unha croca, xa que moitas veces cando a pides nalgún restaurante resulta estar demasiado seca.
A TER EN CONTA Lugar: O Sendeiro Rúa do Olvido, 22 Santiago de Compostela Prato: Croca á prancha Prezo: 11 e Valoración:
Como fan incondicional que son das patacas fritidas, estas en estilo deluxe gustáronme moito. Aínda que botei en falta unha maior cantidade para un comechón coma min. Os espaguetes de cabaciña daban un punto diferente ao prato, e iso que eu non gozo das verduras como moita outra xente. Se ides, e a probades con outro acompañamento de tempada, contádeme que tal en Twitter. Por último, comentarei que o empratado entra pola vista, algo que se agradece e tamén xoga un punto a favor. Ao igual que o trato do persoal, que sempre suma á hora de elexir onde comer. E sobre todo, se vas volver. Eu fareino, sen dúbida.
Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016 | 23 |
e accion
por Cineclube de Compostela |cineclubedecompostela.blogaliza.org|
O CINEMA IMPOSIBLE
C
omo calquera historia, a do cinema escolle incluír determinadas obras e excluír outras. No seminario que impartiu na pasada 13ª edición de Curtocircuíto, o crítico Jonathan Rosenbaum presentou unha escolma de filmes obviados coa que comezar a impugnala. Para el, a cultura cinematográfica tende a estar dominada polos criterios de mercado, o que obriga a agrupar e clasificar as películas sempre coa finalidade de vendelas. Iso establece uns estándares crueles de duración, forma ou tema que dificultan a circulación de todo o que escape deles e crean ese “impossible cinema”. Así, a primeira vítima da industria cultural que Rosenbaum nos proxectou foi I’ll Do Anything, de James L. Brooks, na súa nunca publicada primeira montaxe. Como produtor e director de éxito (As Good As It Gets, The Simpsons), Brooks puido permitirse facer unha película de máis de dúas horas e media sobre a paternidade e a industria de Hollywood (!) e incluír tamén números musicais con cancións de Prince (!!). Curiosamente, entre as súas moitas secuencias, o filme retrata na ficción un proceso de pre-estreas como o que acabou por mutilalo. Debido á espantosa reacción do público, Brooks (que cre relixiosamente neses estudos de mercado) eliminou as partes musicais ata que a versión comercial se converteu nunha obra deslabazada, sen cancións e dunha duración máis manexable. Por suposto, os problemas derivados do carácter industrial do cinema non só afectan ás películas máis mainstream, senón que poden privar ao público ata de pezas de carácter eminentemente artístico. Por un aparente exceso duns
| 24 | Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016
minutos na metraxe, The Last Boat de Béla Tarr non puido formar parte do filme colectivo City Life nin ser distribuída separadamente polo seu director. É unha mágoa, porque a acumulación en distintos planos secuencia de personaxes que semellan a piques de abandonar Budapest obriga ao esforzo interpretativo. No que inicialmente pode parecer un filme sobre delincuentes e baixos fondos, algúns alumnos leron unha alegoría bíblica sobre a morte, outros unha reflexión sobre a nacionalidade e o propio Rosenbaum unha metáfora sobre os refuxiados. “A interpretación di máis de nós mesmos que da película”, sentenciou. A subxectividade da interpretación explica tamén a outra gran razón que impediu a circulación de varios dos filmes presentados por Rosenbaum: a censura. Kivski Freski, de Sergei Paradjanov, é un collage con probas de cámara para unha longametraxe salvadas da destrución ordenada polas autoridades soviéticas. As causas? “Desviación ideolóxica”, “subxectivismo burgués” e “misticismo”. Astenicheskiy Sindrom, de Kira Muratova, tivo a dubidosa honra de ser
e accion
a primeira película censurada baixo a glásnost, a apertura política da URSS. Quizais por retratar os problemas que a economía de mercado non ía amañar, e quizais por un humor terriblemente obsceno e escatolóxico. Cando lle preguntan a Muratova de que trata o filme soe contestar que “trata de todo”, e a impresión é exactamente a dunha obra sen límites. Nela todo semella narración e digresión ao mesmo tempo. Evidentemente, a censura tampouco é un problema exclusivo dos estados totalitarios, pois Les statues meurent aussi, a fantástica colaboración de Chris Marker e Alain Resnais ao comezo das súas carreiras (1953) foi prohibida por Francia durante décadas. A incomodidade, neste caso, viña dada polo seu tratamento da escultura Africana (“fermoso e corrosivo”, para Rosenbaum), unha crítica sobre a fetichización e mercantilización occidental da cultura negra. Hai máis motivos para que un filme entre no cinema imposible, claro. Rosenbaum indicou que tendemos a ignorar as cinematografías de países bilingües como Bélxica ou Canadá por non ter unha idea clara da súa cultura, o que explicaría que André Delvaux sexa pouco recoñecido. O sesgo occidental e anglosaxón da historia e o consumo de cinema explica tamén a dificultade de acceder a determinadas películas polas barreiras lingüísticas. Porén, Rosenbaum concluíu o curso cunha nota optimista explicando que puidera acceder a moitas destas pezas grazas ao traballo desinteresado da comunidade (pirata) cinéfila, que fai circular filmes, subtítulos e información e da que no Cineclube participamos na medida do posible. É dicir, con sorte, interese e traballo podemos obviar as limitacións que a industria e as institucións nos impoñen como público e degustar exclusivamente a arte. Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016 | 25 |
entrevista
D
Sumrrá
“O jazz require honestidade e ser capaz de espirte” Por Rebeca Munín
icía o compositor e pianista George Gershwin que a vida “é como o jazz, é mellor cando improvisas”. E así, improvisando no mítico local compostelán Dado Dadá, naceu Sumrrá, o trío formado por Manuel Gutiérrez (piano), LAR Legido (batería) e Xacobe Martínez (contrabaixo). Desde entón xa pasaron 16 anos, máis de tres lustros nos que o grupo publicou cinco discos, gañou premios, tocou por todo o mundo… “Non hai queixa, non?”, pregúntolle a Xacobe nada máis comezar a nosa conversa. “Non a hai! Levar tanto tempo na música, e máis nunha tan exixente coma esta que facemos... non se pode pedir máis”.
Por que é o jazz tan exixente? Porque ten moita improvisación, é música instrumental, son pezas orixinais… O obxectivo non é gustarlle a moitísima xente, senón facer un exercicio de crecemento persoal, musical, non buscar atallos… Require moita honestidade e ser capaz de espirte. Non buscamos artificios. Non somos nin guapos, nin novos, nin todo que se se supón que teñen que ser as fórmulas de éxito neste mundo da música (risos). E tes que ser moi exixente contigo mesmo para estar á altura dos compañeiros. No meu caso, tocar con estes dous monstros foi o que me converteu no tipo de músico que son. Dis que non cumprides a fórmula do éxito, pero tendes moito éxito: público, premios, recoñecemento internacional... É paradóxico. A verdade é que para nós o noso éxito é con maiúsculas e en negriña. Pero a xente cando fala de éxito fala doutras cousas. Para nós que despois de 16 anos sigas tocando, vendendo discos e atraendo a público novo, é unha auténtica pasada. Desde Sumrrá a sensación que tivemos desde o primeiro momento é que se nos foi das mans. Xa non é noso. A xente sinte que Sumrrá é seu máis aló de nolos tres. E iso a verdade é que non pasa moitas veces. En Santiago podemos escoitarvos cada domingo na Casa das Crechas. Como xurdiu esta residencia semanal? Buscámolo por esa ansia de tocar e seguir medrando. Ter a oportunidade de estar todas as semanas a ese nivel de exixencia | 26 | Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016
“A xente sinte que Sumrrá é seu máis aló de nolos tres. E iso non pasa moitas veces” fai que o grupo estea nun nivel de saúde moi bo, a verdade. E claro, a clave de todo é que funciona a nivel público. Cando comezamos a idea era facer un mes, despois foi outro mes, outro mes… e agora imos pola terceira tempada. O certo é que nos sentimos moi cómodos, queridos, e estamos moi agradecidos porque temos xente que veu absolutamente todos os domingos desde que empezamos. Ademais dese público fiel, dicías antes que tamén tendes público novo… Si. A proba está nos concertos internacionais. Esteas en Sudáfrica, Alemaña, Corea ou Sudamérica; haxa tradición de jazz ou non; sexa a primeira vez que escoitan un contrabaixo ou non; sexa público entendido ou non… Dá exactamente igual. A xente ve a nosa honestidade. E esa é a mellor maneira na que podemos andar polo mundo. Non nos sentimos montados nunha onda de moda, senón que levamos o noso propio camiño. Como foi ese momento no que decidides formar un trío? Os tres nos coñeciamos pola Estudio Escola de Música. Eles estaban alí dando clase e eu estudando. E nas jam sessions do Dado Dadá, nas que coincidíamos de cando en vez, démonos de conta de que cando estabamos os tres pasaban cousas que non pasaban cando había outros músicos. Desde o primeiro momento houbo un rollo moi particular. Empezamos entón a mergullarnos na música, a descubrir maneiras de relacionarnos entre nós sen ningún tipo de prexuízos, nin obxectivos. Iso foi o que acabou sendo o primeiro disco. Un traballo que case non cabe no CD porque tiñamos moitísimo material! (risos) E a quen se lle ocorreu o nome tan peculiar de Sumrrá? A verdade é que cando eleximos o nome non pensabamos chegar tan lonxe con el! (risos) Un día nunha improvisación LAR Eguido púxose a berrar, e unha das cousas que berraba era ‘Sumrrá’. Fíxonos gracia e así quedou! Se soubésemos que iamos estar
Xacobe Martínez. Foto: Seun Yull Nah
tanto tempo xuntos, ao mellor pensabámolo dúas veces (risos). Nestes 16 anos houbo algún momento de ‘baixón’, de pensar en deixalo? Non porque a constante en Sumrrá foi sempre non esperar nada. Si houbo momentos de pouca actividade. De feito, entre o cuarto e este último disco, pasaron catro anos sen gravar e cando saíu algunha crítica poñía: “Volven os Sumrrá”. E nós nunca nos marchamos. Realmente seguimos sempre tocando. Pero os tres traballamos con moita outra xente, entón tes épocas nas que estás menos activo. Pero este último quinto disco si que nos deu un acelerón importante e estamos agora mesmo moi centrados en Sumrrá. É o noso proxecto prioritario porque nos damos de conta de que é algo que merece o noso mimo e atención. Vós dicides que o abandono da Administración co jazz é “total”. Iso tamén dificulta o voso traballo, non? É que realmente a vida do músico sempre foi un pouco así. Viaxas a outros países e dis: “Que nivel de protección teñen os músicos, a cultura!”. Pasa o mesmo coa educación, coa sanidade… A peculiaridade é que temos fama de que en Galicia hai algo especial co jazz… pero na axenda política non houbo absolutamente nunca nada que mirara nin dez segundos sobre isto. Entón cando a xente di que en Galicia hai unha escena de jazz… home, non a hai. Pero en ningún momento é unha cuestión de queixa. A Administración non está nin se lle espera. No noso plan os ollos están postos desde sempre fóra de Galicia e fóra de España. Cales son entón eses plans para o futuro? Xa estamos pensando no seguinte disco. O quinto disco tivo unha acollida excelente, amosámolo por un montón de sitios, fixemos moitos concertos, vendemos bastante … e supoño que entre este ano e o que vén tocará sexto traballo de Sumrrá. Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016 | 27 |
entrevista
“
Non somos nin guapos, nin novos, nin todo que se se supón que teñen que ser as fórmulas de éxito na música”
E HOXE QUE COMO?
Manuel Gutiérrez (piano), Xacobe Martínez (contrabaixo) e L AR Legido (batería) forman o trío de jazz Sumrrá. Foto: Seun Yull Nah | 28 | Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016
Os Sumrrá lanzaron á nosa colaboradora Vicky Morales, de tallerdeazucar.es, un reto moi complicado. Xacobe declárase vexetariano. A LAR Legido gústalle moito a casquería. E Manuel é un seareiro do licor café. Será quen a cordobesa de facer un prato que compraza aos tres? A resposta, en pinchaediscos.com
TOP 5
ABRAIANTES O MELLOR QUE PROBAMOS ATA HOXE
1
Íntimo Hotel Capitol. Un lugar acolledor no que coidan ata
Tanto como para tomar un café pola mañá como una copa pola noite, o bar do Hotel Capitol é ideal se queres charlar tranquilamente.
o último detalle.
Consello: Se vas pasar unha noite, escolle as habitacións con terraza
2
3
Terraza interior
Un establecemento encantador en plena
Blu Café.
Zona Vella. A súa terraza é pequena pero
Un segredo que terás que descubrir entrando no local.
moi ben aproveitada e nun entorno de pedra, plantas e madeira que resulta moi agradable.
Consello: Teñen uns croissants boísimos
Sesión vermú
Nós que somos fans do Bitter Kas busca-
Milonga’s. mos sempre un bo lugar para tomalo na Con tapas variadas hora do vermú. E se pode ser con boas e que sempre tapas, mellor que mellor! están ricas. Consello: Se es futboleiro, o bar ten moito ambiente cando hai partidos
4
San e apetitoso
A Maceta. Un local novo con propostas moi interesantes.
Probamos o seu rape, acompañado dunhas verduriñas no seu punto, que soubo a gloria! Un boa opción cando queres comer peixe.
Consello: Escoita as recomendacións do seu persoal! Moi amables!
5
Para carnívoros Casal do Cabildo. A quen non lle gusta unha tosta de chourizo?
Se queres encher o bandullo, esta tosta está ben saborosa! Recomendámola para a hora do xantar para evitar dixestións pesadas pola noite.
Consello: Se vas cear en fin de semana, reserva antes!
Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016 | 29 |
Directorio
D Bares/Cafeterías Restaurantes Outros
Casas Reais 25 Santiago de Compostela
Praza do Matadoiro 3 Santiago de Compostela
L e M: 11:30 a 00:30 Me e X: 11:30 a 1:30 V e S: 11:30 a 02:30 Domingos Pechado
De L a S de 8:30 a peche Domingos Pechado
T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com
T. 881 031 403
CAFÉ BAR
mamá peixe taberna mariñeira
Rúa da Senra 6-baixo Santiago de Compostela
Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela
Rúa da Algalia de Arriba 45 Santiago de Compostela
De L a S de 7:30 a 23:00 Domingos Pechado
De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00
De M a S de 12:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:00 D de 13:00 a 16:00
T. 981 585 974
T. 981 569 290
T. 981 070 526 - tabernamamapeixe@gmail.com
Praza de Santo Agostiño 7 Santiago de Compostela De M a S de 10:00 a 16:00 e 20:00 a 00:00 Domingos só mañá. Luns Pechado T. 981 573 284 - www.asucursal.es
Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela
Avda. Benito Vigo 70 A Estrada
De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00
M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00
T. 981 577 633 - www.dezaseis.com
T. 981 571 226 - argentinosburguer.com
Pedra Santa Restaurante
Costa de San Marcos 18-20 Santiago de Compostela
mansorestaurante.com
| 30 | Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016
www.resas.es
De L a S de 7:30 a 00:00 T. 981 557 415 - 620 296 839 www.restaurantepedrasanta.com
Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela
Rúa Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela
Rúa Muiña 2 baixo Santiago de Compostela
De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00
De M a D de 10:00 a 00:00
T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com
De L a V de de 9:30 a 00:00 S y D de 11:30 a 00:00
T. 981 592 399 www.restauranteferro.com
T. 981 577 742 info@muineirorestaurante.com
Rúa de San Roque 13 Santiago de Compostela
Cantón de San Bieito 5 Santiago de Compostela
De L a V de 9:00 a 00:30 S e D de 10:30 a 16:00 - 19:00 a 00:30
Todos os días de 10:00 a 00:00
Rúa Nova 36 Santiago de Compostela T. 981 566 980
T. 981 564 379 - bodeguilladesanroque.com
T. 628 177 128 www.vinotecacasapepe.com
Grupo
Rúa de San Pedro 28 Santiago de Compostela De L a D de 12:00 a 16:00 e de 20:00 a 00:00 T. 981 573 789 - www.oafiador.com
Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón
Preguntoiro 35 Santiago de Compostela
T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala
www.riquela.com
Pincha(e)Discos Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com
T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com
Únete a nós! publicidade@pinchaediscos.com
Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016 | 31 |
A E•NDA
Patrocinada por:
XXX CINEUROPA Cando? Do 8 ao 27 de novembro Onde? Teatro Principal, Salón Teatro Cineuropa chega á súa 30ª edición pasando revista unha vez máis ao mellor cine da tempada, desde os premios de Cannes, Berlín, Venecia ou San Sebastián, ata o pequeno cine alternativo, reunindo aos grandes nomes, aos novos realizadores, ao xénero documental e á proxección de
MICHAEL NYMAN E LEIVA, NO CICLO ‘LATITUDES’
copias especialmente restauradas. Podes consultar toda a programación na nosa páxina web pinchaediscos.com
Cando? O 4 e 10 de novembro ás 21:00 h. Onde? P. de Congresos e Exposicións de Galicia Canto pagarás? Desde 17,50 e desde 24 euros Últimos concertos do ciclo organizado por Turismo de Galicia, gracias aos que poderemos escoitar en directo primeiro ao compositor e pianista británico Michael Nyman e despois ao rockeiro Leiva.
ANA MOURA PRESENTA O SEU ÚLTIMO DISCO
ROMARÍA DOS LIBROS DE OUTONO
CONCERTO DE RODRIGO AMARANTE Cando? 6 de novembro ás 20:30 h. Onde? Riquela Club
Cando? 6 de novembro
Canto pagarás? 15 euros (12 euros anticipada)
Cando? 5 de novembro ás 21:00 h.
Onde? Carreira do Conde
Onde? Auditorio de Galicia
Canto pagarás? O que queiras mercar!
O artista brasileiro, artífice do single ‘Tuyo’
Canto pagarás? 22 euros (18 euros anticipada)
Romaría lúdico-literaria organizada por diferentes
escenarios de Devendra Banhart e Fabrizio Moreti
A fadista portuguesa Ana Moura, gañadora de
librarías e editoras de Compostela que se celebrará
entre outros, chega en novembro á Sala Riquela co
múltiples premios como dous Globos de Ouro,
na céntrica rúa de Carreira do Conde, con postos
seu primeiro traballo en solitario nunha cita ‘1906
volve a Compostela para presentar ‘Moura’.
de libros e doces durante todo o día.
Nuestra Interpretación Más Personal’.
| 32 | Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016
popularizado na serie ‘Narcos’ e compañeiro de
A E•NDA
Patrocinada por:
IX SANTIAGO(É)TAPAS Cando? Do 17 de novembro ao 4 de decembro Onde? Diversos bares e restaurantes da cidade A Asociación Hostelería Compostela e o Concello de Santiago organizan unha nova edición deste concurso de tapas. Haberá un xurado profesional e tamén se entregarán os premios do público, votando nas urnas que se colocarán nos diferentes locais participantes.
I ENCONTRO COMPOSTELA ILUSTRADA Cando? Do 10 ao 13 de novembro Debuxantes de prestixio internacional reuniranse en Santiago para recrear Compostela dunha maneira orixinal e diferente nos seus cadernos de viaxe. Dirixido por Miguel Anxo Prado, neste encontro teñen xa confirmada a súa participación Catel Muller, Jorge González, Inma Serrano e Sagar Forniés.
SIDONIE, EN DIRECTO Onde? Sala Capitol
‘ESTAMOS MEJOR QUE NUNCA’ CON SANTI MILLÁN
Cando? 17 de novembro ás 21:30 h.
OUTONO CÓDAX FESTIVAL
Canto pagarás? 15 euros (anticipada)
Cando? 18 de novembro ás 21:00 h.
Cando? 11 e 12 de novembro ás 21:00 h.
Co seu último traballo a banda catalá demostra
Onde? Auditorio ABANCA
Onde? Riquela Club e Sala Capitol
non só unha estupenda capacidade sonora, senón
Canto pagarás? 10 euros - 18,60 euros
Canto pagarás? 4 e 20 euros
tamén unha ilimitada capacidade de autocrítica,
Espectáculo de humor, ironía e autocrítica cos
O festival galego de música negra que acolle na súa
humor e hilaridade, que deixan patente desde
cómicos Santi Millán e Javi Sancho. Millán, a
programación grandes citas do soul, rhythm&blues,
o mesmo título do álbum: ‘El Peor Grupo del
pesar de ter xa unha idade, alardea de posuír unha
swing, boogie e rock´n roll nacional e internacional
Mundo’. Esta é xa a duodécima incursión nun
saúde de ferro e atoparse na mellor etapa da súa
remata cos concertos de Andhrea and The Black
estudo dos cataláns, e con el viaxarán por toda
vida; parodiándose a si mesmo e ás súas múltiples
Cats e Luke Winslow King + The Pretty Things.
España este outono.
obsesións: deporte, mulleres, series...
Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016 | 33 |
A E•NDA
Patrocinada por:
CIRCO INFANTIL: RESIDUO Cando? 30 de novembro e 1 de decembro ás 10:00 e 12:00 h. Onde? Teatro Principal Canto pagarás? Gratuíto previa reserva en compostelacapitalcultural.com Malabaranda (Manu e Kote) construen esta aventura en defensa do medio ambiente, insistindo nos malabares como soporte
MAGOSTO NO GAIÁS
fundamental. Nesta peza, traballan con materiais atopados no lixo. Porque o lixo é unha das cousas
Cando? 19 de novembro ás 20:00 h.
que o ser humano aporta de seu á natureza. Lixo
Onde? Museo Centro Gaiás
material, pero tamén social, emocional...
Canto pagarás? 7 euros (6 euros anticipada) Os cociñeiros Kike Piñeiro e Eloy Cancela, do restaurante A Horta do Obradoiro, e Manel Oliveira, da Tapería Castelao, serán os encargados de abrir este magosto. Tras a degustación, a música encherá o Gaiás grazas a Caxade, que presentará o seu segundo traballo: ‘E isto é o amor’.
JAIME MARTÍN, COA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Onde? Auditorio de Galicia
HARLEM GOSPEL CHOIR HOMENAXEA A ADELE
Canto pagarás? 15 euros
Cando? 17 de decembro ás 20:30 h.
Cando? 1 de decembro ás 20:30 h.
INAUGURACIÓN DE ‘THE OBSERVATION OF TRIFLES’
A Real Filharmonía de Galicia clausura as Xornadas
Onde? Auditorio de Galicia
Cando? 30 de novembro ás 20:00 h.
de Música Contemporánea cun concerto dirixido
Canto pagarás? 30 euros
Onde? Zona C
por Jaime Martín acompañado de Anthony
Harlem Gospel Choir de New York chega a Santia-
Canto pagarás? De balde!
Marwood (violín). Interpretan ‘Tres pinturas
go cun espectáculo no que a formación de Gospel
Obra de Carlos Alba que está na encrucillada da
velazqueñas’ (Obra gañadora do VII Premio
máis famosa da escena musical contemporánea
colección, a historia, o documento arquitectónico,
AEOS-Fundación BBVA), ‘Concerto para violín e
homenaxeará á cantante británica Adele. Todo cun
o visual e a análise social. Todo iso sen esquecer a
ventos’, de K. Weill e ‘Sinfonía núm 4 en Si bemol
toque de jazz e blues, e cun repertorio no que non
estética fotográfica e o seu valor poético.
maior op. 60’, de L. v. Beethoven.
faltarán temas clásicos e outras sorpresas.
| 34 | Pincha(e)Discos Nº 11 | 2016
inscríbete en www.compostelailustrada.com
COA PARTICIPACIÓN DE
CATEL MULLER JORGE GONZÁLEZ INMA SERRANO SAGAR FORNIES ANA LUISA FRAZAO FERMÍN SOLÍS CLARA MARTA JOAQUÍN GONZÁLEZ DORAO DIRIXIDO POR MIGUELANXO PRADO
EXPOSICIÓNS: SANTIAGO CIDADE ILUSTRADA
Fundación Gonzalo Torrente Ballester
boSCQuejeros A COMPOSTELA Fundación Gonzalo Torrente Ballester
PORTUGAL ILUSTRADO Galería Sargadelos
Do 10 ao 30 de novembro de 2016
Iº ENCONTRO INTERNACIONAL de CADERNOS DE VIAXE
COLABORAN
SANTIAGO DE COMPOSTELA 11·12·13 de NOVEMBRO de 2016
ORGANIZAN
Es #ocio, it is #leisure, il est #loisirs, é #lazer, es ist #freizeit … Dise case igual en todo o mundo, pero é unha forma de gozar moi de Galicia.
SON SERVIZOS TURÍSTICOS
RESTAURANTES, HOTEIS E CASAS RURAIS
CERTIFICADOS WWW.GALICIACALIDADE.GAL WWW.GALICIACALIDADELECER.COM