JUAN CARLOS BARROS LAMOSA 4ºB
ÍNDICE 1.- Introdución……………………………………...2 2.- Característica da Pinta………………………..6 3.- A Tripulación da Pinta…………………………8 4.-Así comeza a aventura………………………...9 5.- Unha longa travesía………………………….10 6.- A exploración das illas……………………….11 7.- O tornaviaxe…………………………………..13 8.- Arribada da carabela Pinta en Baiona……..14 9.- A gran noticia do descubrimento…………...16 10.- A estanza da Pinta en Baiona……………...17 11.- De regreso á casa……………………………18 12.-Tres indios en Baiona………………………..19 13.- Mercadorías…………………………………..20 14.- Unha réplica da Pinta en Baiona…………...21 15.- Imaxes da réplica de Baiona………………..22 16.- Conclusión………………………………….…23 17.- Bibliografía……………………………………24
1
1.- Introdución Ao longo do traballo falarei da carabela a Pinta, pero mencionarei a Niña e a Nao Santa María, xa que son as tres naves as que parten destino ao Novo Mundo. Quero facer unha mención aos protagonistas desta fazaña e falar un pouquiño de cada un deles:
Cristobal Colon (1451 – 1506) Navegante e descubridor de América, ao servizo dos Reis Católicos, a súa orixe esta moi discutida, cre que naceu en Xénova. Dende a súa xuventude dedicouse ao comercio marítimo. Nunha das súas viaxes a súa nave foi atacada por corsarios fronte ao cabo San Vicente e tivo que alcanzar a nado a costa portuguesa. Estableceuse en Lisboa e alí casou coa filla dunha persoa importante da corte de Enrique, "O Navegante”. Como todos os homes cultos da súa época, Colón coñecía a esfericidad da Terra e baixo a influencia
2
da lectura de Marco Polo e de varios xeógrafos da época, creu poder chegar ao Oriente asiático a través do Atlántico. Elaborou un proxecto para esta viaxe e presentoullo ao rei Juan II de Portugal. Ao non chegar a un acordo con este monarca, marchou a España, onde llelo ofreceu aos Reis Católicos no ano 1486. Tras longas deliberacións e aprazamentos o proxecto foi aceptado as Capitulacións de Santa Fe o 17 abril de 1492. Nelas concedéronse os títulos e almirante, vicerrei e gobernador das terras que descubrira e a décima parte das mercadorías que alí obtiveran. Os Reis Católicos comprenderon que, se a viaxe de Colón tiña éxito, os novos territorios podían achegar á coroa grandes riquezas. Realizará catro viaxes ás Novas Terras, pero eu centrareime na primeira viaxe. Colón morre en Valladolid en 1506 sen saber que descubrira o continente americano.
3
Martín Alonso Pinzón (1440-1493) Axudou a Colón a preparar a súa empresa e mandou unha das tres carabelas, A Pinta, que efectuou a primeira viaxe a América. Unha vez alí as relacións con Colón arrefriáronse; Pinzón pretendía continuar os descubrimentos, pero ante a negativa do almirante tivo que volver a España. Chegou enfermo a Andalucía e morreu aos poucos días.
Vicente Yáñez Pinzón (1461-non hai constancia documental do seu falecemento)
Tamén navegante, mandou a carabela “ la Niña” durante a viaxe do descubrimento. Realizou posteriormente o máis importante dos chamados viaxes menores (1499-1500). Foi o primeiro que cruzou o ecuador e fondeou nas costas brasileiras. Descubriu as bocas do
4
Amazonas e do Orinoco. En 1508 emprendeu unha nova expedición para buscar o paso cara á Especiería; explorou as costas do Yucatán e comprobou que polo golfo de México non existía tal estreito. En 1509 navegou pola costa oriental de América do Sur ata o río da Prata.
Cristóbal García Sarmiento Ten un lugar destacado no descubrimento. Xa que levou á Pinta dende Palos ata a terra da India e dende esta a Baiona. Era un piloto con gran destreza a pesar dos escasos medios auxiliares na época.
5
2.- Características da Pinta
A Pinta foi construída en Palos de la Frontera ( Huelva). As súas condicións de manobrabilidade e estabilidade eran excelentes, sendo a máis veleira das tres naves. Tiña unha eslora aproximada de vinte e tres metros, unha manga de sete e un calado de case dous metros. Os elementos que formaban a súa estrutura quilla, cadernas, vaos, roda,etc.) eran de madeira de carballo, mentres que o de exterior( forro, cuberta, vila, mastros...) eran de piñeiro. O seu arboredo consistía en tres mastros. Nos mastros despregábanse velas de cánabo. A nave ía lastrada con
6
pedras e area para manter a estabilidade. dispoñía: de leme, dúas áncoras de ferro forxado de media tonelada de peso cada unha, barca auxiliar de 5 m de eslora, dúas bombas de achique, un fogón, unha mesa, dous bancos, varias huchas e farois, etc. Tamén levaban armamento: bombardas ( disparaban unha pelota de pedra rudamente labrada) e falconete ( lanzaba anacos de ferro inservibles.
7
3.- A tripulación da Pinta A tripulación da Pinta esta composta por: CAPITÁN: Martín Alonso Pinzón PATRÓN: Francisco Martín Pinzón PILOTO: Cristóbal García Xarmiento COPROPIETARIO: Cristóbal Quintero ADMINISTRADOR: García Hernández COPROPIETARIO: Gómez Rascón CIRURXIÁN: Maestre Diego Francisco García Vallejo, Juan Bermúdez, Juan Quintero, Juan Rodríguez Bermejo (Rodrigo de Triana), Pedro de Arcos, Alonso de Palos, Álvaro Pérez, Antón Calabrés, Diego Martín Pinzón, Fernando Méndez, Francisco Méndez Gil Pérez, Juan Quadrado, Juan Reynal, Juan Verde de Triana, Juan Vecano, Pedro Tegero, Sancho de Rama
8
4.-Así comeza a aventura Eran as cinco da madrugada do venres 3 de agosto de 1492 cando no porto de Palos de la
Frontera (Huelva)
Cristobal Colón ordena levantar áncoras, soltar amarras e despregar velas á frota composta por: a nao Santa María, construída en Pontevedra, e dúas carabelas, a Pinta e a Niña armadas na provincia onubense. En total 90 homes distribuídos nas tres naves, rumbo ao descoñecido oeste nunha aventura tan perigosa como incerta.
9
5.- Unha longa travesía Aos tres días da navegación achábanse á altura das Illas Canarias. A frota sofre o primeiro contratempo ao romperse por dúas veces o leme da Pinta, polo que tiveron que facer escala en Canarias para arranxala. Por fin o 6 de setembro, Colón e os irmáns Pinzón vendo o bo aspecto do mar e o impulso dos ventos alíseos, inician a viaxe de 36 longos días. Como non chegaban a ningún porto e con medo a quedar se víveres a tripulación ameazaba con botar a Colón ao mar. Chega por fin o 12 de outubro cando un mariñeiro da Pinta berrou con todas as súas forzas: !TERRA! rompendo o silencio e obrigando a toda a mariñeiría a saír á cuberta. Ante eles estaba a illa de Guanahaní que eles confundiron coas indias orientais, pensaron que chegaran ao territorio bañado polo gran río Ganges.
10
6.- A exploración das illas Durante noventa e cinco días exploraron todas as illas que se ían encontrando, ás cales Colón foi bautizando con nomes como: San Salvador, Santa María de la Concepción, Fernandina, Isabela, Juana e Española en honor ao Redentor, as Virgenes, a Raíña ,el Rei, o Príncipe e a nación española. Nelas encontraron estrañas etnias neolíticas: homes e mulleres de corpo tatuado, de metro e medio de estatura, cabeza ancha e de cabelos longos todos eles fumadores. Alimentábanse: de pesca, caza, froitos silvestres, serpientes, gusanos e mesmo de carne humana. Coa axuda de dez indios foron collendo diferentes especies de plantas, animais e aparellos exóticos, como testemuño e mostra do gran descubrimento. O día 21 de novembro Martín A.Pinzón sepárase coa Pinta do resto da frota, continuando pola súa conta ata o 6 de xaneiro, collendo gran cantidade de ouro, co conseguinte enfado de Colón.
11
O 25 de decembro encallou a Santa María nun arrecife da illa Española. O almirante mandou construír cos seus restos o forte de Nadal, asentamento onde quedarían os trinta e nove tripulantes ante a imposibilidade de regresar a España.
12
7.- O tornaviaxe O capitán da Pinta desobedecera a Colón, non fixo caso á Real Provisión que lle obrigaba a gardar lealdade ao almirante mentres durase a empresa descubridora. Chegaron a ser tan tensas as relacións que era inútil alongar máis a estanza nas illas. O día 16 de xaneiro de 1493 comeza o tornaviaxe, nunha loita persoal por chegar primeiros a casa coa noticia do descubrimento. A precipitación da saída fixo perigar o regreso xa que non prepararan as naves, e non colleran suficientes provisións. Ao pouco de zarpar empezou a filtrarse auga nas dúas naves, polo que tiñan que dedicarse todos os días a achicala. Cando xa lles faltaba pouco para chegar a España, empezaron diferentes temporais nunca vistos nesa época danando as dúas naves e separándoas. A Niña conseguiu chegar con moitas dificultades ás illas Azores e estivo alí oito días, cando o tempo mellorou dirixiuse a Lisboa e chegou alí un luns 8 de marzo.
13
8.- Arribada da carabela Pinta en Baiona. A Pinta non fixo nada por deter a súa marcha e, grazas ás súas excelentes condicións de estabilidade, ao esforzo do seu capitán e á práctica do seu destro piloto Cristobal García Sarmiento puido arribar ao porto de Baiona o día 1 de marzo. Martín Alonso Pinzón recalou en Baiona porque así estaba previsto antes do inicio da aventura, xa que era un dos portos máis seguros aínda que non estaban exentos de piratas e corsarios. Baiona era unha vila de gran renome nos foros do mar, cunha extraordinaria actividade portuaria e estando esta mais preto de Palos. A viaxe era imposible de facer nunha soa etapa polo que se decidiu facer unha parada alí, xa que facelo en Portugal sería unha temeridade ante as posibles represalias de don Juan II. Risco que correu o almirante ao verse obrigado polo temporal a fondear en
14
Lisboa, onde chegou a tramarse un atentado para rematar coa súa vida.
15
9. A gran noticia do descubrimento o día 1 de marzo de 1493 a carabela Pinta arriba en Baiona, o mundo occidental non sabían nada do descubrimento das terras. Cristobal Colón coa Niña encontrábase a metade de camiño entre a Azores e Lisboa. As primeiras noticias que tivo Europa sobre o descubrimento, foron as proporcionadas aos baionenses polo capitán e pola tripulación. Facilitáronlles información sobre: os aspectos, credos, modos de vida, lingua, etc. daqueles indíxenas. Tamén lle falaron sobre: os animais, plantas, especias e froitas exóticas descubertas. Baiona é a primeira en coñecer toda a aventura antes que ninguén, mesmo antes que os Reis. Dende Baiona se lle envia unha carta- relación á casa Real onde contan todo o acontecido e deseguida se estende a todo o mundo.
16
10.- A estanza da Pinta en Baiona A estanza da pinta en Baiona foron de dez días, o tempo empregado polos carpinteiros de ribeira Pero Arrollo e Pero Enríquez en reparar a carabela. A carabela traía a bordo 26 tripulantes, tres indios e numerosas mostras de ouro, plantas e animais. Durante a estanza na vila a tripulación foron hospedados e proporcionóuselles: roupa seca, alimentos e apócemas. Pinzón chegou gravemente enfermo de sífilis. Aos poucos días recibiu a visita do seu fillo de 22 anos Arias Pérez Pinzón tras arribar nunha embarcación procedente de Flandes. Unha vez recuperada a tripulación dirixíronse á entón colexiata Santa María a poñer unha vela por sobrevivir a tantas tormentas. Cando estivo arranxada a nave abasteceuse de carne, salgaduras, viño e leña para o regreso a Palos.
17
11.- De regreso á casa O Luns 11 de marzo pola mañá, Pizón levemente recuperado decide volver á casa. O piloto Sarmiento ordena soltar amarras, levantar áncoras e despregar velas poñendo rumbo a Palos de la Frontera. A Niña tras nove días de permanencia en Lisboa tamén pon rumbo á cidade palerma o día 13 ás 8 da madrugada. As dúas naves chegan ao seu destino final con escasas hora de diferenza o día 15 de marzo. Tras sete meses e medio de aventuras chegan como heroes. O capitán da Pinta chega gravemente enfermo e falece aos poucos días con 52 anos.
18
12.- Tres indios en Baiona Coas dúas carabelas chegan dez indios, sete na Niña: tres eran de Cuba e catro da Española e tres na Pinta: procedían de Guanahaní ou San Salvador, destes últimos faleceu un, non se sabe se foi no traxecto ou en Baiona. Seis deles foron levados a Barcelona para mostrar o rei, mentres os tres restantes quedan enfermos en Palos. Foron en total sete os superviventes da primeira viaxe e todos retornaron na segunda viaxe, falecendo cinco por varíola durante a travesía.
19
13.- Mercadorías A Pinta levou a Baiona o ouro rescatado da India que despois foi levado a Palos de la Frontera e repartido, entregando boa parte do ouro ao papa Alejandro VI e aos reis. Tamén traía numerosas mostras de plantas alimenticias descoñecidas en España como: o millo, a iuca, a batata, o cacahuete, gran variedade de feixóns, etc. especias: chile, canela...Plantas téxtiles: algodón e magüey. Planta medicinais: lentisco e o ruibardo. Plantas colorantes, froitas, etc.También trouxeron animais exóticos: vivos, conservados en sal ou simplemente as súas peles e cunchas; numerosos obxectos da cultura indiana: as azaguayas, hamacas, canoas... Mostras dunha planta velenosa chamada tabaco e unha enfermidade: a sífilis.
20
14.- Unha réplica da Pinta en Baiona Con motivo da celebración do V centenario de La Arribada en Baiona, contruíuse en 1993 a réplica da Pinta que está fondeada en Baiona, con motivo da celebración do V centenario de La Arribada, e permanece no porto de Baiona dende o 9 de setembro de 1994. O 6 de decembro do ano seguinte trasladouse ao estreito e longo peirao onde hoxe en día está fondeada, rodeada de numerosos barcos deportivos e de recreo. Na actualidade alberga o Museo da Navegación, dotada de todos os elementos da época colombina, tanto da cultura cristiá coma da indíxena cultura taína. Deste xeito o visitante pode contemplar a carabela tal e como chegou a Baiona en 1493 e revivir a xesta do descubrimento contemplando as figuras que representan a tripulación e os indíxenas americanos, ademais de reproducións dos metais, plantas, alimentos e animais exóticos achados no novo mundo.
21
15.- Imaxes da réplica de Baiona
22
16.- Conclusión Co descubrimento de América a vida dos habitantes europeos sufriu un cambio, polo que aprenderon do novo mundo, e polo que introduciron nas nosas vidas. Trouxeron moitas cousas nada coñecidas nas nosas terras: alimentos, aparellos cotiáns, tabaco... Pero con todas estas cousas tamén trouxeron unha enfermidade endémica dos indíxenas " a sífilis". Os Europeos tamén levaron numerosas enfermidades ao novo continente producindo moitas mortes. Hoxe en día en Baiona, séguese celebrando a Arribada: celebran a chegada da Pinta o 1 de marzo 1493.
23
17.- Bibliografía Enciclopedia Salvat,1978 Enciclopedia Larousse , 1999 Historias de las Rías, 2000 Gran Temática Planeta. Ed, Planeta Wikipedia Imaxes do museo da Pinta en Baiona
24