ASI SE FAI O PAN
C.E.I.P. Frian – Teis Equipo de Biblioteca Escolar
Que é unha artesa? •
•
A artesa é unha especie de caixón que se estreita no fondo e se usa para amasar o pan. Pode ter tapa. Neste caso serve de mesa.
Que é a fariña? •
A fariña resulta de moer cereal no muíño: millo, centeo, trigo….Segundo o cereal que se utilice obtemos distinto tipo de pan.
Que é o fermento? •
Mezcla de fariña e levadura. Gardabase na fresqueira para cocer a seguinte semana.
Para facer pan mestúrase a fariña co fermento, auga e sal •
A masa hai que mesturala ben na artesa.
•
Despois déixase repousar para que aumente. Dise que a masa leveda.
O Forno de leña •
A masa ó fermentar aumenta de volume.
•
A masa métese no forno a cocer.
Tipos de pan •
Pan de millo: É de cor amarelo e está feito con fariña de millo.
•
Pan de trigo: É o pan coa miga máis blanca.
Tipos de pan •
Pan de centeo: Feito con fariña de centeo. É un pan oscuro.
•
Pan integral: É un pan que ten moita fibra. A fariña ten máis salvado: a cáscara do cereal non se lle quita.
O pan: alimento básico •
Comer pan é a mellor forma de consumir hidratos de carbono. Ademais proporciona minerais, como o calcio, o ferro ou o magnesio. Tamén ten vitaminas como o ácido fólico e o seu contido en grasa é baixo.
. Os nenos e nenas teñen que tomar moito pan.
Documentación ●
LIMOUSIN, Odile. El pan. Altea, 1986.
●
RIPALDA, Xosé Lois. A cultura do pan. Ed. Xerais, 2008.
●
●
RIPALDA, Xosé Lois. A cultura tradicional do pan. Ed. Ir Indo, 2002. SABATÉ, Teresa, e SOLÁ, Carme. O pan. Ed. Baía, 2005.