CONVÍRTETE NUN SUPER REPORTEIRO C.E.I.P. Frian - Teis Biblioteca Escolar
QUE É UNHA REPORTAXE?
✓ É un xénero periodístico no que se expón extensamente
un tema de interese xeral (cultural, político, social, humano...).
✓ Pode tratar sobre persoas, lugares, ou sucesos concretos, sempre que estean conectados coa realidade.
DOCUMÉNTATE Unha vez decidido o tema deberás:
✓ informarte sobre o mesmo; ✓ atopar documentos gráficos; ✓ se é posible, recabar o testimonio dalgunha persoa.
ESTRUTURA A TÚA REPORTAXE A túa reportaxe debe ter os seguintes apartados: 1. Titular: Un título atractivo que resuma o contido da reportaxe. Maquetaralo cunha tipografía de maior tamaño. 2. Entradilla: Debe ser un parágrafo que suxestione e incite a seguir lendo. Pode aparecer cun tipo de letra un pouco maior que o do relato, e en negriña. 3. Relato: É un conxunto de parágrafos que desenvolven o tema. Debes ordealos coherentemente e conectalos entre sí. Tamén podes utilizar epígrafes (é dicir, frases curtas colocadas ó inicio dun parágrafo e que anuncian o seu contido; xeralmente aparecen impresos con outro tipo de letra). 4. Parágrafo final: Debes escribilo con moito coidado, para deixar ós teus lectores cun bo sabor de boca.
UN EXEMPLO DE REPORTAXE
MamĂferos, hacia un nuevo mundo marino
DOCUMENTACIÓN LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA. [ http://cmplenguayliteratura.wordpress.com/curso-0809/3%C2%BA-eso/1%C2%AAevaluacion/contenidos/el-reportaje/ ]
MINISTERIO DE EDUCACIÓN. El reportaje. [ http://roble.pntic.mec.es/msanto1/lengua/2reporta.htm ]
EDUCASTUR. El reportaje. [ http://web.educastur.princast.es/proyectos/formadultos/unidades/lengua_3/ ud2/10_1.html ]