A Emigración dende o porto de Vigo Sheila Núñez Borrageiros, 5ºB
16022015
1
ÍNDICE
Situación histórica en Vigo no ano 1935 ..............páx.3
Por que emigraron os vigueses?.........................páx.4 Países cara onde ían............................................páx.5 Que facían alí?.....................................................páx.67 Emigrantes importantes.......................................páx.8 Conclusión............................................................páx.9 Bibliografía...........................................................páx.10 Sheila Núñez Borrageiros, 5ºB
16022015
2
Situación histórica en Vigo no ano 1935.
Coa entrada no século XX, a burguesía liberal viguesa toma nas súas mans os mecanismos do poder económico e político. Instálanse novas industrias, o tempo que melloran as comunicacións e se crean novos plans para ensanchala cidade. En pouco máis de dez anos se duplica a poboación (en 1910 había 30.000 hab.). Segundo avanza o século, Vigo absorbe os municipios limítrofes de Bouzas e Lavadores. No primeiro terzo do século XX, o porto de Vigo está unido a imaxe de miles de galegos que se embarcaron rumbo a emigración americana. Outro símbolo é o tranvía, que comezou a funcionar en 1914. A cidade ferve neste tempo cunha grande actividade social. Abundan os xornais e semanarios, as asociacións e as organizacións de carácter político ou sindical. Todo este dinamismo quedou neutralizado co estoupido da Guerra Civil. Entre 1925 e finais da década de 1940 asístese a un crecemento da periferia. Foi durante este período (e en plena crise económica) cando se redactou o máis ambicioso plan de ordenación de toda a súa historia, o que permitiu situar a esta cidade na cabeceira da planificación territorial española. Referímonos o Plan de Extensión e Reforma Interior (1934), obra do arquitecto Antonio Palacios. Sen dúbida, Vigo, como cidade marítima aberta o Atlántico, foi capaz de ler perfectamente as novas posibilidades que se lle abriron durante o goberno progresista da Segunda República. A mencionada crise económica, que afectaba tamén o urbanismo e, unha vez máis, os desafortunados dirixentes que gobernaron esta cidade, que non permitiron a execución do plan.
Sheila Núñez Borrageiros, 5ºB
16022015
3
Por que emigraron os vigueses?
Esta cuestión tivo varias fases. A primeira comezou xa no século XVIII, cando miles de galegos saíron a traballar como xornaleiros a terras andaluzas, casteláns e portuguesas. Entre 1860 e 1936 se localizan a maior parte dos fluxos de poboación galega con destino a Cuba, Arxentina e Brasil. Esta emigración era maioritariamente masculina, deixando aquí mulleres e nenos, "As viúvas de vivos e as viúvas de mortos" de Rosalía. Se calcula que nesta fase máis de medio millar de persoas abandonaron Galicia. Tras a Guerra Civil péchanse as fronteiras á emigración durante uns anos agás os exiliados políticos, pero xa na década dos cincuenta reanúdase a emigración cara Arxentina e, un novo destino, Venezuela. O mesmo tempo comeza a emigración galega a Centroeuropa Reino Unido, Francia, Alemaña e Suíza, así como as grandes zonas industriais de España: Cataluña, Euskadi e Madrid. Este proceso frease nos primeiros anos da década dos setenta.
Sheila Núñez Borrageiros, 5ºB
16022015
4
Países cara onde ían A emigración cara Europa inicióuse de forma masiva na década dos sesenta, impulsada pola necesidade de man de obra nos países europeos. Suíza, Reino Unido e Alemaña son os destinos principias dos emigrantes galegos, ademáis de Holanda, Bélxica e Francia. O paso do tempo vai sendo testemuña do nacemento de asociacións, "irmandades", sociedades e centros que reúnen os emigrantes galegos como colectividade con carácter propio. O obxetivo básico destas agrupacións é a protección dos seus asociados frente ás grandes dificultades que se lles presentaban nun medio alleo. Sería interminable a lista de Centros e Casas de Galicia activas o longo da xeografía europea. A emigración do interior do Estado non foi menos importante, se ben menos numerosa. Na actualidade, moitos Centros Galegos e Casas de Galicia repartidas por España desenvolven unha remarcable actividade cultural que facilitan o continuo coñecemento da identidade galega.
Principais destinos dos emigrantes:
Sheila Núñez Borrageiros, 5ºB
16022015
5
Que facían alí? Os emigrantes galegos non só en Arxentina, senón en tódolos países de América cuxa presenza era enorme, contribuíron ao desenvolvemento da riqueza económica destes países. A man de obra campesiña era dominante na emigración galega, por iso, eles realizaron os traballos duros e humildes. En Arxentina, as mulleres traballaban no servizo doméstico, ou na costura e lavado da roupa. En Bos Aires, os galegos acostumaban ser mozos de café ou de restaurante, dependentes de comercio, bolicheiros ou despenseiros; porteiros ou encargados de inmobles, enfermeiros ou loqueiros, tranviarios, etc. Na Habana, os galegos eran vendedores ambulantes, mozos de café e outros oficios modestos como artesanais e lavandería. En Montevideo, os galegos traballaban como empregados no pequeno comercio, na pequena industria, ou nos servizos, portuarios, transportes, porterías, pequena hostalería, carnicerías, mozos de café, ou servizos domésticos no caso das mulleres. O mesmo acontece cos galegos de Brasil, estes últimos agrupáronse nun número de pequenas cidades como, San Paulo, Santos, Campinas e Belén. A segunda metade do século XIX, foi determinante na formación dos centros culturais dos galegos na América. O primero era a sociedade beneficencia galega da Habana co obxetivo de socorrer ós galegos necesitados, prestarlles asistencia médica, e no seu caso repatrialos, a costa da contribución dos socios e dos eventuais legados de benefactores. Este centro naceu no ano 1879 pola iniciativa do xornalista Waldo López Insua. Ademáis dos obxetivos citados arriba, o centro proxectaba a construcción dunha Biblioteca e unha escola de adultos coá ensinanza das letras española e galega, a historia e a xeografía de España e Galicia os fillos dos emigrantes. Todas as súas actividades se orientaron na conservación dos lazos culturais entre os emigrantes galegos en Cuba. Esta iniciativa dos galegos da Habana foi imitada polas outras comunidades galegas de América, así fundáronse centros en Arxentina, Uruguay, Brasil, México, Chile, etc. Fundáronse Patronatos de Cultura en diferentes países, sobre todo en Sudamérica e México; ou "Padroado da Cultura Galega" de México aparece no 1953 e confórmase como foco de atracción e promoción de iniciativas culturais. En Arxentina créase o "Instituto Arxentino da Cultura Galega" e o "Consello de Galiza" de carácter político. A produción cultural foi amplísima: programas de radio en galego, conferencias, publicacións de libros e revistas... As editoriais fundadas polos emigrantes permitiron que saíran á luz pública as súas creacións literarias e de investigación, ensaios políticos, as obras dos clásicos, etc. Sheila Núñez Borrageiros, 5ºB
16022015
6
As revistas convertéronse nuns dos medios de comunicación máis comúns nas colectividades galegas, ademáis dalgúns xornais. Das moitas existentes podemos citar: Galeuzka (1954, Bos Aires), Vieiros (1959, México) e Galiza Emigrante .
Sheila Núñez Borrageiros, 5ºB
16022015
7
Emigrantes importantes Arxentina xogou o papel de capital espiritual de Galicia. Alí se realizóu un enorme traballo da man de homes da talla de Castelao, Blanco Amor, Luis Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, Lois Tobío,... Castelao estrena Os vellos non deben namorarse , se reedita a obra poética de Curros e Rosalía, séguese mantendo a Revista Nós e A Nosa Terra . A radio sacóuselle moito proveito para a difusión dos valores culturais galegos e de pensamento galeguista. En Montevideo, o 3 de setembro de 1950 saíu ao aire por vez primeira o programa "Sempre en Galiza", o cal todavía hoxe segue en antena, emitindo íntegramente en galego. Luis Seoane promoveu outros programas en Arxentina, que non se puideron realizar en galego por imperativos do contexto político.
Alfonso Daniel R. Castelao
Sheila Núñez Borrageiros, 5ºB
16022015
8
Conclusión
A emigración ten primeiramente por causa: A organización da propiedade con todas as súas consecuencias de subdivisión, monopolización e subordinación. Xa non é o proletario que vive en permanente déficit; é o mesmo terratenente que se ve agobiado pola escasede, sen medios para atendelas necesidades máis apremiantes da súa familia. Dividida a terra en pequenos lotes, asediado o propietario por toda clase de impostos e gabelas, só ruína e miseria pode producir; porque este, sen capital, sen forzas, reducido a impotencia, unicamente recurrindo a usura, pode prolongar a súa penosa situación. Un segundo elemento que fomenta a emigración é o monopolio do capital, o estancamento dos productos e a imposibilidade cunha gran masa da poboación poida obter tanto traballo, como o necesario para a subsistencia. Terceiro e último.A ignorancia e a miseria xerais. A emigración componse por regra xeral de xóvenes labradores que se dirixen a América, non para dedicarse a agricultura ou a gandería, senón para someterse a toda clase de servizos, por humillantes que sexan, a troco de reunir, mediante moitísimas privacións, uns cantos céntimos cos que poder regresar os seus fogares, abandoados en mala hora.
Sheila Núñez Borrageiros, 5ºB
16022015
9
Bibliografía ● Ricardo Mella“ El problema de la emigración en Galicia ”; Edita: Ateneu Libertário "Ricardo Mella" da Coruña; A Coruña, xaneiro 2002 ● El gallego en el mundo – http://galego.org/espannol/hoy/mundo.html ● Causas de la emigración gallega – ● http://html.rincondelvago.com/causasdelaemigraciongallega.html ● http://sauce.pntic.mec.es/jotero/Emigra1/emigra1pr.htm
Sheila Núñez Borrageiros, 5ºB
16022015
10