Dicionarios e enciclopedias

Page 1

DICIONARIOS E ENCICLOPEDIAS


Imaxina que estás a ler un libro na Biblioteca, e que nel aparece a palabra metrónomo. Descoñeces o seu siñificado. Que podes facer...?

m

e

t r

o n ó m o


NO CERO ESTÁ A RESPOSTA

Na sección 0 da Biblioteca atoparás o que chamamos Libros de Consulta ou Obras de Referencia (chamadas así porque nos remiten a outras fontes).


QUE SON AS OBRAS DE REFERENCIA...? Aquelas que proporcionan ó usuario unha información puntual. É dicir: aquelas que non están concibidas para seren lidas de seguido, aínda que proporcionan unha información suficientemente ampla como para que o lector se documente sobre un tema concreto.


CALES SON AS OBRAS DE REFERENCIA...? Existen varios tipos. Pero, sobre todo, as que nos interesan son:

✓os Dicionarios ✓as Enciclopedias


OS DICIONARIOS Son aquelas obras de referencia que consisten nunha listaxe ordeada alfabeticamente das palabras dun idioma, cos seus respectivos siñificados.

Deberás empregar un dicionario para verificar a ortografía dunha palabra, ou para comprender o seu siñificado.


TIPOS DE DICIONARIOS

O dicionario dunha lingua, ou monolingüe (castelá, galega, inglesa). Adoita indicar a orixe da palabra (etimoloxía) e, incluso, a súa pronuncia.

Os dicionarios bilingües presentan a correspondencia entre palabras de dous idiomas.

Os dicionarios de sinónimos presentan palabras co mesmo siñificado. Os dicionarios ilustrados acompañan as palabras con ilustracións. Empréganse para que os máis cativos aprendan vocabulario.


AS ENCICLOPEDIAS A palabra Enciclopedia siñifica literalmente círculo da vida. Unha enciclopedia é un compendio de todo o saber humano.

As enciclopedias xerais ou universais: ✓Abranguen todos os ámbitos do saber. ✓Os termos ordéanse alfabeticamente, polo que as búsquedas

fanse coma nos dicionarios. ✓Divídense en varios volumes. ✓Os termos que inclúe cada volume, son os comprendidos entre as dúas palabras que aparecen no lombo.


Para non quedar desactualizadas, algunhas enciclopedias publican cada certo tempo volumes que renovan e complementan o seu contido. Estes volumes reciben o nome de Suplementos.


Na actualidade, tamén podemos atopar dicionarios e enciclopedias na Internet.

✓O Dicionario da RAG (Real Academia Galega) é un dicionario de galego en liña.

✓O Dicionario da RAE (Real Academia Española) é un dicionario de castelán en liña.

✓A Wikipedia é unha enciclopedia gratuita e colaborativa.


RECURSOS EMPREGADOS BIBLIOTECA NACIONAL DE ESPAÑA. Introducción a las obras de consulta. [http:// www.bne.es/es/Micrositios/Guias/ObrasReferencia/Introduccion/] UNIVERSIDAD DE LAS AMÉRICAS PUEBLA. DEPARTAMENTO DE INSTRUCCIÓN Y GESTION DEL CONOCIMIENTO. Obras de consulta. [http://www.slideshare.net/ciria_udlap/ obras-de-consulta] CEIP Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras). As obras de referencia. [http:// centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/obrasreferencia2/ index.htm] Wikipedia. [http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada]

Google Images [http://www.google.es/imghp?hl=en&tab=ii]


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.