Falar sobre libros

Page 1

falar sobre libros apuntamentos para un clube de lectura


montaxe de m贸nica mu帽oz

sobre a obra de Aidan Chambers Dime


IDEAS PREVIAS A RESPONSABILIDADE DOS ADULTOS NA LECTURA

A lectura exclusiva e repititiva dun so tipo de libro, ou dun so escritor ĂŠ a lectura dun mundo plano.


IDEAS PREVIAS A RESPONSABILIDADE DOS ADULTOS NA LECTURA aburrimento “non puiden pasar da primeira páxina / capítulo”

dificultade

Estes lectores rexeitan calquera invitación a explorar máis aló das fronteiras do territorio familiar, porque pensan que, máis alá, existen terribles perigos.

“non é o meu tipo de

medo ó agotamento

“non teño tempo”

“é moi extenso; non o vou dar rematado” “non ten imaxes” / “non me gustan as imaxes”

“ten moitas palabras difíciles” “non me gusta a portada” (o autor, a propaganda, a contraportada, a impresión, o papel, a textura, o olor...)


IDEAS PREVIAS A RESPONSABILIDADE DOS ADULTOS NA LECTURA Ler non é pasar a vista sobre as palabras impresas.

Ler é unha acción dramática composta por moitas accións interrelacionadas. mestres pais

Función dos Facilitadores (adultos que axudan ós nenos a se converter en lectores de lectura)

libreiros escritores

Axudar ós nenos a ser

editores

DRAMATURGOS (reescritores do texto)

DIRECTORES (intérpretes do texto)

ACTORES (representantes do texto) PÚBLICO (receptores activos e sensibles do texto) CRÍTICOS (comentadores, explicadores e estudiosos do texto)


IDEAS PREVIAS O CÍRCULO DA LECTURA SELECCIÓN

ADULTO FACILITADOR LECTURA

QUERO DISFRUTALO OUTRA VEZ (Conversación formal)

Nós non sabemos o que pensamos sobre un libro ata que temos falado del. Sarah (8 anos)


QUE COMPARTIR? O ENTUSIASMO O que nos gusta

Os elementos da historia que nos agradaron ou nos resultaron atra铆ntes.

O que non nos gusta

Os elementos da historia que non nos agradaron ou que, por unha raz贸n ou por outra, nos sacaron da lectura.


QUE COMPARTIR? OS DESCONCERTOS OU DIFICULTADES • “A ilusión dunha lectura correcta xa non é posible” (Frank Kermode) • En todos os textos podemos atopar múltiples sentidos. • Ó compartir os desconcertos e dificultades podemos descubrir os distintos significados que a obra escrita ten para cada un de nós.


QUE COMPARTIR? CONEXIÓNS (DESCUBRIR PATRÓNS) palabras verbais oracións

historias nos contos populares (tres fillos, tres probas, premio) narrativos

LER

Recoñecer patróns

patróns de ritmo e rima nunha pequena poesía patróns visuais na ilustración e decoración “do mundo ó texto”: comparar sucesos personaxes ou linguaxe con eventos, persoas e linguaxe do mundo real coñecidos polo lector;

extracontextuais “comparar un texto con outro”: describir como un libro se parece ou non a outro; comparar os personaxes de obras distintas...

Susténtanse na memoria


QUE COMPARTIR? CONEXIÓNS (DESCUBRIR PATRÓNS)

• O xogo de memoria provocado por un texto é parte integral da experiencia de lectura, e unha das súas fontes de pracer.

• A conversa que se suscita non segue unha orde formal. • Está guiada por unha necesidade inmediata: expresar satisfaccións ou insatisfaccións.


A CONVERSA LITERARIA OU COMPARTIR LECTURAS COMO COMPARTIR? COMUNICAR “HONORABLEMENTE”

O que o neno comunica sempre é válido.

algúns nenos gardan os seus pensamentos porque consideran as súas respostas “erradas”, “irrelevantes”, “tontas”, “inútiles” e “pueriles”; PERIGOS

provocar que os nenos comecen a contestar o que o facilitador (mestre...) quere escoitar.

A conversa literaria debera seguir un proceso dinámico de “recreación da lectura”.

Necesidade dun repertorio de preguntas para que os mestres axuden ós nenos a falar das súas lecturas.


A CONVERSA LITERARIA OU COMPARTIR LECTURAS A CONVERSA LITERARIA Lector

TEXTO COMPARTIDO

Lector

• É un modo conversacional no que existe un

Lector

Lector

• O tipo de conversa xerado é individual; Lector

Lector

Adulto facilitador

adulto facilitador cunha comunidade de lectores cun interese mutuo: un texto compartido.

pero, á vez, comunitaria (hai que escoitar o que din o resto dos participantes) e cooperativa (cada persoa debe ter en conta o que opinan os demais do libro).


A CONVERSA LITERARIA OU COMPARTIR LECTURAS DO PENSAMENTO PRIVADO Á CONVERSA COOPERATIVA non sabemos o que pensamos ata que nos escoitamos dicíndoo

FALANTE

A FALA COMO PARTE DO PROCESO DE PENSAMENTO

expresións: “só estou pensando en voz alta”, “se eu te dixera...” que outro nos escoite modifica o noso pensamento. OÍNTE a motivación que atopamos en que nos escoiten é aclarar o que queremos dicir coa axuda doutros

Dependerá de

INTERPRETACIÓN DO PROPIO PENSAMENTO POR PARTE DO OÍNTE

o seu coñecemento sobre o tema a discutir a súa actitude respecto ó mesmo o que cre que o falante está intentando comunicar, axudándose do comportamento paralingüístico (xestos) e non verbal observado o grado de coincidencia entre os recursos lingüísticos do falante e do oínte (vocabulario, idioma, dialecto...)


A CONVERSA LITERARIA OU COMPARTIR LECTURAS DO PENSAMENTO PRIVADO Á CONVERSA COOPERATIVA FALAR XUNTOS

Motivación: intentar resolver con outros cuestións demasiado complexas e difíciles.

• LECTURA entendida como coñecemento, entendemento e apreciación. • É moi enriquecedora: excede o que cada un dos membros lograría por si so.

FALAR DE NOVO

FALAR DO NOVO

Motivación: participar nunha conversa literaria pola actividade en si mesma.

No medio dunha conversa literaria pode xurdir un pensamento novo. Isto indica unha madureza do pensamento infantil.


A CONVERSA LITERARIA OU COMPARTIR LECTURAS FACER DOS NENOS CRÍTICOS LITERARIOS “Falar do significado dunha obra é contar a historia dunha lectura” (Culler) Os nenos posúen unha capacidade crítica innata: son quen de cuestionar, comparar e xulgar. A base da crítica literaria é a experiencia propia que ten o lector co texto. Sen isto non hai nada que traballar. O que pode querer o neno cando participa na crítica literaria:

*

que me presenten obras ou autores ata o de agora descoñecidos para min; que me convezan de que tiña subestimado un autor ou unha obra porque non os lera coa suficiente atención; que me demostren as relacións entre obras de diferentes épocas e culturas que, por mi mesmo, nunca podería ter descuberto; que me dean unha lectura da obra que aumente o meu entendemento sobre ela; que me dean luz sobre o proceso de creación artística; que me mostren a relación da arte coa vida, a ciencia, a economía, a ética, a relixión..

* W.H. Auden. “Leer”. La mano del teñidor y otros ensayos.


A CONVERSA LITERARIA OU COMPARTIR LECTURAS AS PREGUNTAS MALIGNAS Os rapaces adoitan considerala agresiva ou examinadora.

POR QUE?

É demasiado extensa (abarca demasiado): por iso os rapaces adoitan dar respostas reductoras: “foi emocionante”; “foi aburrido...” Non axuda para comezar unha conversa literaria.

QUE SIGNIFICA...?

DE QUE TRATA...?

QUE QUERE DICIR...?

DIME • É a palabra que Chambers propón en lugar de “Por que?” • Suxire un desexo de colaborar. • Anticipa un diálogo conversacional en lugar dun interrogatorio.


A CONVERSA LITERARIA OU COMPARTIR LECTURAS AS PREGUNTAS CLAVE É a palabra que Chambers propón en lugar de “Por que?” DIME

Suxire un desexo de colaborar. Anticipa un diálogo conversacional en lugar dun interrogatorio.

Non é tan inquisitiva como “Por que?” COMO O SABES...? Permite ó alumno pensar e elaborar unha resposta honorable.


“RECEITAS” PARA O FACILITADOR ANTES DA CONVERSA LITERARIA O mestre elixe sen ter en conta a opinión dos alumnos

A selección do texto

Criterios seguidos habitualmente

Os alumnos elixen e o mestre aproba. As lecturas son obrigatorias: están decididas por unha autoridade superior ó mestre

A elección do mestre é a máis importante. É importante organizar unha secuencia coherente de lecturas, de manera que o alumno madure dende o punto de vista lector. Para iso convén coñecer a historia de lectura do neno.

Para estar seguro e se saber manexar durante a conversa literaria, o mestre ten que coñecer moi ben o libro antes de iniciarse esta.

Coñecer moi ben o libro

Só deste xeito poderá “manexar” o que xurda durante a conversa. Iso non quere dicir que o mestre teña que ter “todas as respostas”: debemos confiar nas respostas colaborativas do grupo.


“RECEITAS” PARA O FACILITADOR ANTES DA CONVERSA LITERARIA Longo para os nenos: entre 40’ e 60’

O tempo da conversa

Factores que posibilitan unha boa concentración

unha boa selección da lectura; a habilidade do facilitador por manter o discurso.

As conversas literarias non poden constituír unha rutina diaria

O tempo entre a lectura e a conversa

Non pode ser moi longo, para evitar que se esquezan os detalles importantes


“RECEITAS” PARA O FACILITADOR DURANTE A CONVERSA LITERARIA Este será o criterio básico da conversa literaria: ir desmenuzando a lectura en pequenas unidades para podelas manexar e falar sobre elas.

“Deconstruír” para “construír” Sumando os pedaciños podemos agrandar o entedemento que temos sobre a lectura, co que o texto aumentará a súa significatividade.

O mestre “anima”

Fai preguntas que axuden ó lector a descu.brir e compartir.

respecta que os alumnos enuncien “o obvio”; isto resulta fundamental para iniciar a conversa; espera a que todos teñan intervenido para aportar a súa opinión ou experiencia; constantemente debe levar ós alumnos ó libro, cando se producen “desviacións” do tema; sintetizar continuamente o que o grupo parece estar dicindo.

as preguntas son orientativas; non temos que facelas todas; non teñen que seguir esa orde necesariamente.

Ter presente a batería de preguntas

Ter preguntas preparadas


“RECEITAS” PARA O FACILITADOR DURANTE A CONVERSA LITERARIA No libro.

Confiar Nas respostas do grupo.

Deixar algo para outra ocasión

Non temer rematar antes

Evitar agotar o libro ou ós lectores. Importa máis que os rapaces queden con ganas de repitir.

Se a conversa se esgota antes de tempo, quizais indique que a elección non resultou axeitada. Non debemos preocuparnos se temos que rematala antes de tempo.


AS PREGUNTAS TIPOLOXÍA E FINALIDADE DAS PREGUNTAS Tipoloxía

Preguntas - Que che gustou?

Preguntas básicas

- Que che disgustou? - Que che desconcertou? - Que patrones tes atopado?

- Tes lido algunha historia (libro, poema...) coma esta? - Antes de ler o libro, como te imaxinaches que ía ser? Agora que o liches, é como esperabas?

Preguntas xerais

- Que lle dirías ós amigos sobre este libro? - Sorprendeuche algo do que dixeron os teus compañeiros sobre o libro? - Cantas historias diferentes atopas neste libro?

- En canto tempo credes que transcurre a historia?

Preguntas especiais

Finalidade - Este tipo de preguntas son axeitadas para comezar a conversa literaria. - Con elas tratamos de resaltar, para, logo, seleccionar os temas a debatir.

- Son aplicables a calquera texto. - Amplían o ámbito da linguaxe e das referencias. - Permiten establecer comparacións. - Axudan a aportar ideas, información e opinións que apoian a comprensión.

- Non serven para todos os textos.

- Sobre quen é esta historia?

- Hai que ser meticulosos ó elixilas.

- Que personaxe che interesou máis?

- Axudan a dirixir a conversa hacia particularidades que aínda non se teñen observado.

- Onde ocurriu a historia?


AS PREGUNTAS PREGUNTAS BÁSICAS Preguntas iniciais

- Que che gustou?

- Que che disgustou?

- Que che desconcertou?

- Que patrones tes atopado?

Preguntas para profundizar na inicial

- Que te chamou especialmente a atención? - Teríache gustado que ocurrira algo máis?

- Houbo partes que che aburriron? - Saltaches partes? Cales? - Se decisaches de ler, onde foi e por que?

- Houbo algo que che parecera extraño? - Atopaches algo que nunca viras nun libro? - Houbo algo que fora completamente sorprendente para ti? - Notaches algunha incoherencia aparente?


AS PREGUNTAS

PREGUNTAS XERAIS Preguntas iniciais

Preguntas para profundizar na inicial

- Antes de ler o libro, como te imaxinaches que ía ser?

- Que che fixo pensar iso? - Agora que o liches, é como esperabas?

- Tes lido algunha historia (libro, poema...) coma esta?

- En que é igual? - En que é diferente?

- Leras este libro antes? Foi diferente esta vez?

- Notaches algo esta vez que non observaras na primeira? - Gustouche máis ou menos? - Polo que che sucedeu cando o volviches ler, recomendaríaslle a outras persoas que o voltaran ler máis dunha vez? Ou non paga a pena?

- Mentras o lías, ou agora que pensas nel, atopaches palabras ou frases, ou algunha cousa que teña que ver coa linguaxe que che gustara ou che disgustara?

- Sabes que cando a xente fala, con frecuencia usa palabras, frases ou formas de falar que recoñeces como súas. Hai palabras ou frases usadas así neste libro? - Notaches algo especial na maneira en que se usa a linguaxe neste libro?

- Se o escritor che preguntara que se pode mellorar do libro, que lle dirías?

- Se ti o tiveras escrito, como o tiveras feito mellor?

- Hai algo do que sucede no libro que che teña pasado a ti?

- En que é similar ou diferente ó que che ten sucedido a ti? - Que partes do libro che parecen máis fieis á vida real? - O libro fíxoche pensar diferente respecto a esa experiencia similar que tiveches?

- Cando estabas a ler, “viches” a historia sucedendo na túa imaxinación?

- Que detalles, que pasaxes, te axudaron a “ver” mellor? - Que pasaxes quedaron máis gravados na túa mente?

- Cantas historias diferentes atopas neste libro?


AS PREGUNTAS PREGUNTAS XERAIS Preguntas iniciais - Liches este libro rápida ou lentamente?

- Que lle dirías ós amigos sobre este libro?

- Temos escoitado o que pensa cadaquén e oído as cousas que cada un ten notado. Sorprendeuvos algo que dixera alguén?

Preguntas para profundizar na inicial - Líchelo dun tirón ou por partes? - Gustaríache voltar a lelo?

- Que non lles dirías porque poderías arruinarlles a historia? - Que non lles drías porque poderían pensar diferente? - Coñeces a alguén a quen cres que podería gustarlle especialmente esta historia? - Que me suxerirías que lles dixera a outras persoas sobre o libro, para axudarlles a decidir se queren ou non lelo? - Que tipo de persoas son as que deberían ler este libro? Maiores ou menores ca ti? - Como debería darlles os libros? Por exemplo: debería lerllos en voz alta, ou falarlles del e deixarlles que o lean sos? - É bo conversar sobre el despois de que todos o temos lido?

- Algúen dixo algo que fixera cambiar a túa opinión sobre este libro nalgún sentido? Ou que te axudara a entendelo mellor? - Dime sobre as cousas que dixeron os demais que máis che impresionaran.

- Cando pensas no libro agora, despois de todo o que temos dito, que é o máis importante do libro para ti?

- Alguén sabe algo sobre o autor?

- Ou como sobre escribiu a historia? - Ou onde? - Ou cando? - Gustaríavos saber?


PREGUNTAS ESPECIAIS Preguntas iniciais

- En canto tempo transcurriu a historia?

- Hai partes da historia que tardaron moito tempo en suceder pero que se contaron rapidamente? - Hai cousas que sucederon rapidamente pero que ocuparon moito tempo para contarse?

- Onde ocurriu a historia?

- Que personaxes che pareceron máis interesantes?

AS PREGUNTAS

Preguntas para profundizar na inicial - Fómonos enterando do que ocurre na historia na orde real en que ocurren os acontecementos? - Cando falas de cousas que che pasan, contas sempre o que che ocurriu na orde en que sucedeu? - Tes motivos, ás veces, para non facelo así? - Cales son eses motivos?

- Houbo cousas que levaron o mesmo tempo para ser contadas que o que levarían se tiveran sucedido?

- É importante onde sucede? Podería ter sucedido igual noutro lugar? Tivera sido mellor que se desenvolvera noutro lugar? - Pensaches no lugar mentras lías? - Hai pasaxes no libro que falan especialmente do lugar onde ocurre? Que che gustou ou disgustou deles? - O lugar, era interesante en si? Gustaríache saber máis sobre el?

- É ese o personaxe máis importante da historia? Ou trátase dalguén máis. - Que personaxe (ou personaxes) non che gustaron? - Algún dos personaxes lémbrache a alguén que coñezas? Lémbrache a personaxes doutros libros?

- Houbo alguén a quen non se mencionara na historia pero sin o cal esta non tería ocurrido?

- Ocúrreseche algunha razón pola cal non aparece ou non é mencionado?

- Quen estaba narrando?

- Sabémolo? - Como o sabemos?


AS PREGUNTAS PREGUNTAS ESPECIAIS Preguntas iniciais - Está narrada en primeira persoa? (Se é así, quen é esa persoa? - Está narrada en terceira persoa? Por alguén a quen coñecemos na historia, ou por algúen a quen coñecemos (ou non) e é alleo á historia?

- Pensa en ti coma espectador. Cos ollos de quen viches a historia? Viches só o que viu un personaxe da historia, ou, ás veces, vías as cousas coma un determinado personaxe e logo coma outro?

- Chegaches algunha vez a saber o que os personaxes pensaban? Dixeron algunha vez o que estaban sentindo? Ou a historia foi contada sempre dende fóra dos personaxes, vendo o que facían e escoitando o que dicían pero sen saber nunca o que pensaban ou sentían?

Preguntas para profundizar na inicial - Que pensa ou sinte a persoa que narra a historia (o narrador) sobre os personaxes? Gústanlle ou disgústanlle? Como o sabes? - O narrador aproba ou desaproba as cousas que suceden ou fan os personaxes? - E ti, apróbalo ou despróbalo?

- Estabas coma dentro da cabeza dun dos personaxes e sabías só o que el ou ela sabía, ou a narración te levaba dentro de varios personaxes?

- Cando estabas a ler a historia, sentías que estaba a suceder nese intre? Ou sentiches que sucedera no pasado e estaban a lembrala? - Podes sinalar na escritura algo que che fixera sentir iso? - Sentías coma si todo che estivera a pasar a ti? Coma si foras un dos personaxes? Ou te sentiches coma un observador, vendo o que sucedía pero sen tomar parte na acción? - Se eras un observador, dende onde estabas a mirar? - Pareceuche que mirabas dende arriba, coma se estiveras nun helicóptero? - Pódesme dicir en que partes do libro te sentiches así?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.