C.E.I.P. Frian - Teis Biblioteca Escolar
Imaxes: Google Images
Curso escolar 2013 - 2014
APRENDENDO A FACER ENTREVISTAS
ÍNDICE QUE É UNHA ENTREVISTA? PARA QUE SERVE? SOBRE QUE FACELA? COMO FACELA? PASOS A SEGUIR
Antes da entrevista 1. Decide 2. Contacta 3. Concerta a cita 4. Documéntate 5. Elabora un guión 6. Prepara as túas ferramentas de traballo
Durante a entrevista 1. Ante todo, educación 2. Mira ó teu convidado ós ollos 3. Non te distraias 4. Pide aclaracións 5. Para rematar
Despois da entrevista 1. Prepara a publicación 2. Organiza o teu traballo: • fai unha introdución • o corpo da entrevista • remata cunha conclusión 3. Se fas unha entrevista en formato escrito
ANALIZA UNHA ENTREVISTA PRACTICA E COMPROBA O QUE TES APRENDIDO DOCUMENTACIÓN
QUE É UNHA ENTREVISTA?
Unha entrevista é unha conversa sobre diferentes temas entre dúas ou máis persoas que ten como finalidade ser difundida en calquera medio de comunicación.
PARA QUE SERVE?
Unha entrevista sĂrvenos para coĂąecer mellor a un personaxe, o traballo que desenvolve ou o que lle interesa.
SOBRE QUE FACELA?
Os temas a tratar deben ser interesantes, pero non necesariamente de actualidade.
COMO FACELA?
Para elaborar unha boa entrevista tes que seguir un mĂŠtodo.
PASOS A SEGUIR
Sigue estes pasos e seguro que obterรกs uns bos resultados.
ANTES DA ENTREVISTA
1. Decide
Decide a persoa รก que queres entrevistar.
2. Contacta Contacta con ela. Podes facelo empregando estes medios: ✓telefonicamente; ✓por correo electrónico; ✓persoalmente, a través dunha persoa coñecida.
3. Concerta a cita Concerta cando e como se vai celebrar a entrevista. Existen varias posibilidades: ✓persoalmente; ✓a través do Skype; ✓telefonicamente; ✓a través de e-mail.
4. Documéntate Para poder facer preguntas profundas ou interesantes tes que saber sobre o teu personaxe, ou sobre o tema do que vai tratar a entrevista. Infórmate previamente sobre: ✓a súa vida ✓a súa obra ✓o seu traballo
5. Elabora un guión
• Antes de nada, reflexiona: que queres conseguir con esta entrevista...?
A resposta axudarache a enfocar a túa entrevista.
• Tendo en conta o que pretendes, e unha vez
informado sobre o teu personaxe, pensa nalgunhas preguntas interesantes para lle facer.
5. Elabora un guión • Evita as preguntas que teñan por resposta un SI
ou un NON. Este tipo de preguntas non favorecen o diálogo enriquecedor, que é o que se pretende coa entrevista.
• Emprega mellor: como?, porque?, que...? • Pero... coidado! Isto só é un guión. Durante a
entrevista podes cambiar a orde das preguntas ou facer outras novas segundo che dean pé as respostas do teu convidado.
6. Prepara as túas ferramentas de traballo • Durante a entrevista non podes deixar todo á túa memoria.
• Podes tomar algunha nota. Para iso ten preparado un caderno e un lápis (ou bolígrafo).
• Se o entrevistado o permite, prepara unha
gravadora (pero, antes, comproba que funciona!).
• A túa entrevista pode ilustrarse con imaxes. Non esquezas a cámara de fotos!
DURANTE A ENTREVISTA
1. Ante todo, educación • Móstrate sempre respectuoso co teu
convidado: chega puntual e trátao como merece.
• Ó rematar, non esquezas dárlle as grazas.
2. Mira 贸 teu convidado 贸s ollos
A mirada 茅 moi importante para establecer unha boa comunicaci贸n.
3. Non te distraias • Estate moi atento ás respostas do teu convidado. • Se o escoitas atentamente: ✓ a súa conversa poderá facer xurdir preguntas interesantes que non tiñas pensado;
✓ evitarás volver a preguntar cousas que xa ten respostado;
• Non sexas ríxido á hora de plantexar as
preguntas do teu guión.
4. Pide aclaracións
• Se hai algo que non entendes, ou que precisa aclaración, non dubides en pedirlle ó teu entrevistado que cho explique mellor.
• Isto indicará que estás moi atento, e non que es pouco intelixente.
5. Para rematar
• Cando remate a entrevista, non esquezas: ✓ preguntar ó teu convidado se quere engadir algunha cousa máis;
✓ dárlle as grazas.
DESPOIS DA ENTREVISTA
1. Prepara a publicación
• Unha vez feita a entrevista cómpre preparala para publicala.
• Podes empregar distintos medios: ✓un medio escrito; ✓un arquivo de audio (se tes empregado unha gravadora);
✓un arquivo de vídeo (se tes empregado cámara de vídeo).
2. Organiza o teu traballo: fai unha introdución •Fai unha pequena introdución sobre o personaxe que tes entrevistado, ou sobre as condicións nas que se levou a cabo a entrevista.
• A introdución é fundamental sexa cal sexa o medio que empregues para difundir a entrevista.
2. Organiza o teu traballo: o corpo da entrevista
Introduce logo a entrevista, diferenciando as preguntas das respostas.
2. Organiza o teu traballo: remata cunha conclusión Remata a entrevista cun pequeno parágrafo: ✓ unha frase senlleira citada polo entrevistado; ✓ un resumo ou anuncio do tratado durante a entrevista; ✓ unha descrición do que acontece cando remata a entrevista.
3. Se fas unha entrevista en formato escrito
• Se empregas o formato escrito para a túa entrevista, non
esquezas, antes de nada, pórlle un título. (Pode ser unha frase dita polo entrevistado, precedida -iso si- do seu nome).
• No medio da entrevista podes engadir comentarios que axuden a comprender a entrevista.
ANALIZA UNHA ENTREVISTA • Fíxate nesta entrevista realizada polos
alumnos e alumnas de Bacharelato do IES Asorey de Cambados.
• Nela entrevistan a un grupo de mariscadoras. •Descubre: a introdución, o corpo da entrevista, a despedida.
• Identifica que persoas dan máis xogo para a entrevista.
•Reflexiona sobre a idoneidade das preguntas realizadas pola entrevistadora. Favoreceron sempre as respostas do entrevistado?
ANALIZA UNHA ENTREVISTA
• Fíxate nesta entrevista dixital de El País
realizada polos lectores a Alma Obregón, a divulgadora en España dos cupcakes.
• Descubre o titular, a introdución, o corpo da entrevista e a despedida.
• Preme na imaxe para acceder á entrevista.
PRACTICA E COMPROBA O QUE TES APRENDIDO • Antes de empezar a preparar a túa entrevista, comproba o que tes aprendido. • Preme na imaxe e practica.
DOCUMENTACIÓN • CASTILLO, G. e outros. Aprendo a hacer una entrevista para obtener información. CPEIP. Gobierno de Chile. [ http://www.rmm.cl/usuarios/pponce/doc/200508251214320.58entrevista.pdf ]
• EDUCARCHILE. ¿Cómo hacer una buena entrevista? [ http://www.educarchile.cl/ech/pro/app/detalle?ID=206118 ] • EDUCARCHILE. Escuchando aprendemos. [ http://odas.educarchile.cl/objetos_digitales/odas_lenguaje/basica/ odea05_nb4_escuchando_aprendemos/index.html ]
• ICARITO. ¿Cómo realizar y redactar una entrevista periodística? [ http://www.icarito.cl/enciclopedia/articulo/primerciclo-basico/historia-geografia-y-ciencias-sociales/convivencia-social/2009/12/44-5314-9-como-realizar-y-redactar-unaentrevista-periodistica.shtml ]
• MAZOTTE, Natalia. Guía para perfeccionar el arte de la entrevista periodística. [ https://knightcenter.utexas.edu/es/ blog/00-14112-guia-para-perfeccionar-el-arte-de-la-entrevista-periodistica ]
• OCEÁNTICA 13. Entrevista ás mariscadoras de Cambados. [ http://congresooceantica.campusdomar.es/2013/05/29/ entrevista-as-mariscadoras-de-cambados/ ]
• PIZARRO, Raúl. La entrevista periodística. Universidad Andrés Bello. [ http://
redaccionparamedios.files.wordpress.com/2011/02/apuntes_entrevista_raul_pizarro.pdf ]
• VARGAS, Esther. 15 consejos para hacer buenas entrevistas en cualquier medio. [ http://www.clasesdeperiodismo.com/ 2011/03/29/15-consejos-para-hacer-buenas-entrevistas-en-cualquier-medio/ ]