Frianciño na máquina do tempo

Page 1

FRIANCIÑO NA MÁQUINA DO TEMPO


Este curso Frianciño quería dar unha sorpresa ós nenos do cole de Frian polo Día das Letras Galegas. Pero, por máis que cavilaba, non se lle ocorría ningunha idea. El quería algo diferente: interesante e divertido á vez. Unha tarde, o noso moucho enterouse de que este ano o Día das Letras Galegas está adicado a un escritor chamado Xosé Filgueira Valverde, que foi o que creou o MUSEO DE PONTEVEDRA. Frianciño, ó enterarse desta nova, non o pensou dúas veces, e decidíu ir voando ata Pontevedra. Nunca fora a un museo e esta era a súa oportunidade. Polo camiño ía pensando: - Qué haberá neste museo de Pontevedra????? Estou moi emocionadoo!!! Cando chegou alí, víu un cartel moi grande diante do museo. Indicaba a exposición que había nese momento. Frianciño quedou pasmado mirando o cartel:


O Museo de Pontevedra Pasado, presente e futuro


Frianciño estaba intrigado pensando que habería nunha exposición que se titula: Pasado, presente e futuro Sen dudalo, non o pensou e entrou. Nada máis cruzar a porta do museo atopou unha máquina enorme, con moitas luces, palancas e unha porta xiratoria con un cartel que dicía: “SE AVENTURAS QUERES DISFRUTAR POR ESTA PORTA TERÁS QUE ENTRAR” Aínda non acabara de ler o cartel e Frianciño xa estaba dentro da máquina. Apretou a primeira palanca que víu, e… a máquina empezou a moverse como unha lavadora! E... de súpeto...


Chap chof pum

Trrrrkkk


L I T N A F IN FRIANCIÑO APARECEU NUN BARCO PIRATA. ASUSTOUSE MOITO. EMPEZÁRONLLE A TEMBLAR AS PLUMAS, AO MIRAR A UNS HOMES VESTIDOS CON CASACAS E PANOS NA CABEZA. O CAPITÁN PIRATA LEVABA GORRO, UN PARCHE NUN OLLO E UNHA PATA DE PAU. A TRIPULACIÓN ESTABA XOGANDO AOS DADOS CANDO O VIXÍA DO BARCO BERROU: “BARCO Á VISTA”


E TODOS COMEZARON A CORRER DUN LADO PARA OUTRO. O CAPITÁN PIRATA BERROU: “PREPARARSE PARA A ABORDAXE”. FRIANCIÑO NON PODÍA CRER QUE ESTABA NUN BARCO PIRATA. SUBÍU AO MÁSTIL MÁIS ALTO PARA VER UNHA AUTÉNTICA ABORDAXE. DESPOIS ROUBOU O TESOURO E TRÓUXOO VOANDO PARA O COLE DE FRIÁN.


Despois da aventura cos piratas, Frianciño atopoulle gusto a iso de viaxar. Así que se voltou meter na máquina do tempo, e...


Chap chof pum

Trrrrkkk


A º 1

A máquina non trasladou a Frianciño á época dos fenicios... ... pero apareceu no peirao de Bares, unha magnífica construción a xeito de escolleira de grandes pelouros coñecido co nome de Coído, de orixe fenicia. Nel atopáronse moedas deste pobo. Do Coído coméntase que por dentro está oco, pois un neno pisou a area perto del e caeu entre as pedras e non se lle vía; pero oíaselle, e sacárono tirando del.


Chap chof pum

Trrrrkkk


B º 1 - Onde estou? Canta néboa!

Frianciño empezou a voar, pero a bruma non lle deixaba ver moito.

De súpeto notou un golpe e empezou a caer. PLOF! Frianciño quedou como durmido. Ao cabo dun bo rato espertou e víu que estaba sobre area e todo ó seu redor era auga. Decatouse de que estaba nunha illa.


- Ah! -pensou- Seguro que estou nas Illas Cíes e aquelo que vexo é Vigo.

Deu un brinco para saír voando dalí pero non levantara nin un metro do chan cando volveu caer na area.

- Ai, ai, ai! Como me doe! Frianciño tiña unha á ferida. Como vou facer para saír desta illa? Preguntouse.

Entón lembrou que nunca sae da biblioteca sen a súa libreta e o seu lapis, así que escribíu unha nota pedindo axuda, meteuna nun coco e lanzouno o mar.


Mentres, en Alcabre, os fenicios estaban atracados cambiando teas e cerámica por outras mercancías, cando un remeiro víu o coco no mar. Colleuno, abríuno e atopou dentro algo parecido a un papiro exipcio. Levouno ao seu capitán, quen coñecía o alfabeto, creado polo seu pobo. Alí estaban escritas as letras S.O.S. e firmaba Frianciño.

Sen pensalo dúas veces elevaron anclas e dirixíronse ás Illas Cíes a recoller ao seu amigo.

Esta vez o noso moucho tivo moita sorte.


Chap chof pum

Trrrrkkk


B e A Tras o susto, e completamente recuperado do seu golpe, Frianciño voltou á máquina do tempo para continuar viaxando. A máquina levouno ata Catoira. E alí decidíu escribir unha carta, para cando voltara ó futuro e poidera metela nun buzón de correos. Ola , son Frianciño. Estou en Catoira, a 61 Km da Ría de Vigo. Atópome no século VIII e vouvos contar todo o que aquí está a acontecer. Despois de moito preguntar, agora podo entender a gran revolta que hai neste pobo, xa que me dixeron que os vikingos acaban de chegar de Escandinavia, entrando pola Ría de Vigo, e que están arrasando con todo.


Contáronme que nestes días poideron ver a Erik, o máis terrible dos vikingos. Cos seus brazos é capaz de loitar contra un touro e rematalo en segundos. E para que todos o coñezan, leva adornos no seu casco, e na súa capa, trofeos das súas victorias: MÁIS DE CEN CORNOS SOBRE A CABEZA E MIL PEDRAS PRECIOSAS COLGANDO POLAS SÚAS OMBREIRAS, unha por cada un dos inimigos derrotados. Todos, en Catoira, cando o vén, deixanno pasar polo medo que teñen.

A semana pasada, cruzouse no meu camiño e… cataplum!!! Erik caeu e mancouse. Entón, furioso, desafioume a facer un combate a morte. Eu non tiña elección e díxenlle:


FRIANCIÑO: Como non vexo moi ben e non te coñezo, preciso que leves o casco e a capa durante a loita, para poder distinguirte. ( Desta maneira cansaríase moito antes; pero el pensaba que ía derrotarme dun simple puñetazo).

ERIK: Ja, ja, ja - ríuse e aceptou, xusto antes de lanzarse sobre min para destrozarme. Pero como son moi áxil, escabullinme unha e outra vez. E así todo o tempo, de tal maneira que Erik caeu no chan morto de cansancio. Cando espertou, aceptou a súa derrota e falamos moito... pregunteille:


FRIANCIÑO: Como chegastes ata aquí? ERIK: En Drakkar, por suposto, xa que é o noso medio para desprazarnos dun lugar a outro. FRIANCIÑO: De que vivides? ERIK: Da caza, agricultura, gandería e a pesca. Tamén somos artesáns, mariñeiros, exploradores e comerciantes. FRIANCIÑO: Moitas grazas, Erik. Que interesante!!! Seguiremos noutro momento, paréceche??? Agora teño que marchar cara á máquina do tempo para coñecer máis historias. Ata pronto!!!


Chap chof pum

Trrrrkkk


A º 3 A máquina aterrou no medio dunha especie de campo de terra, rodeado de gradas, coma se fose un campo de fútbol, pero máis redondo. - Onde estou? Saíu con coidado da máquina e seguíu o labirinto de portas e corredores que non parecían ter fin... Íase atopando con xente disfrazada de romanos, que o miraban con curiosidade. - Estou nunha festa de disfraces? - preguntouse Frianciño. - Por que falan dun xeito tan raro?


De súpeto, cando parecía estar cerca da saída víu un desfile de xente que levaba en "volandas" unha especie de tenda de campaña con alguén dentro.Todos gritaban: "Viva Xulio César!" E entón deuse conta de que aquilo non era Galicia: - A máquina funciona! Estou en Roma, no Coliseum! E ese é Xulio César - dicía emocionado. Tiña tanta curiosidade por velo de cerca que os soldados romanos creron que era un inimigo. Comezaron a gritar ordes que non entendía, pero o que si sabía era que tiña que saír dalí correndo.


Púxose unha toga que atopou para así poder despistalos, e fuxiu a través dun bosque que non parecía ter fin. Levaba horas correndo, asustado e desesperado, sen posibilidades de poder saír airoso daquilo... cando, de súpeto, atopou unha especie de poboado no medio do bosque. - Será seguro? - preguntouse. Non o pensou moito, do canso que estaba, e entrou... Sabedes que atopou? Non o ides crer!


Era o poboado de Astérix e Obelix! A súa ledicia durou pouco, non tiñan cara de bos amigos, ao ver a Frianciño vestido de romano.


B º 3

Ó ver a Frianciño vestido de romano pensaran que era un deles e que querería roubar a poción máxica. Frianciño intuíu que podería haber unha confusión. El ben sabía que os galos non se levaban nada ben cos romanos. Na biblioteca do cole de Frián leu algún dos comics de Astérix e Obélix. Por iso, esforzouse un montón en aclararlles que estaba disfrazado de romano, que el realmente viña de Galicia, xustamente de Vigo.


Menos mal que o creron. É máis, ó final incluso ata Frianciño lles caeu ben. Fíxolles moita gracia que un moucho falase dun xeito tan marabilloso. Iso era porque Frianciño lía moito. Tan ben conxeniaron, que os galos (concretamente Astérix) invitárono a unha liorta cos romanos. Pero non era unha liorta perigosa, non. Unha liorta para amolalos un pouco. Gustáballes moito ver a cara de enfado que poñía Xulio César cando o vencían… Deste xeito, ofrecéronlle a Frianciño tomar a pócima máxica. El probouna encantado. Tiña moita curiosidade por saber que se sentía. E así foi.


Ó principio atopouse un pouco mareado, incluso enfermo. Pero despois iso cambiou, sentíndose o máis forte, o máis rápido, o máis áxil. Incluso tiña poderes, como visión en raios X, era invisible, e tamén podía voar… ai!! se iso xa o podía facer sen a pócima!

Todo saíu a mar de ben grazas a Frianciño, máis ben á pócima máxica. Os romanos non entendían quen era ese moucho con poderes tan extraordinarios. Pensaron que sería unha nova fichaxe dos galos, e voltaron a Roma.

Frianciño, aínda que se sentía moi a gusto no poboado galo, e a pesar de que o trataban o mar de ben, decidíu que xa era tempo de voltar. Tiña moita morriña dos rapaces do colexio Frián, e tamén dos libros da biblioteca, que lle encantaba ler. Así que lles comunicou a súa decisión ós galos, que o acompañaron ata a máquina do tempo….


Quedou abraiado. Non estaba! Desaparecera! E agora, que ía facer? Coma voltaría?

Os galos tranquilizárono. Estaba moi nervioso, e decidiron que entre todos atoparían a máquina.

Despois de percorrer moitos lugares, a máquina apareceu no Coliseum de Roma, pero tiñan un grave problema: non funcionaba.

Frianciño xa se deu por vencido, non tiña nada que facer. Aínda que Astérix díxolle que tiña a solución: entre todos os galos, atoparían a alguén que lles axudase a amañala. Pero, quen a podería arranxar? Ninguén o sabía.


No poboado todos sabían que o único que podería resolver o problema sería Panoramix. E de certo que foi así. Ocorríuselle facer unha pócima intelixente, coa que aumentaría a súa intelixencia e podería amañar a máquina. Dito e feito. Máquina arranxada.

Frianciño foise, agradecéndolles a todos os galos a súa gran axuda.

Despois de tan arriscadas aventuras, Frianciño estaba desexando voltar ó colexio Frian e á súa querida Biblioteca. Xa tiña pensado o novo cartel de benvida que colocaría á entrada:


SE UNHA AVENTURA QUERES VIVIR, NON TES MÁIS QUE ENTRAR E VIR. NA BIBLIOTECA DE FRIAN PODERÁS LER ENCHÉNDOTE DE PRACER.


Chap chof pum

Trrrrkkk


A º 4 Pero, a pesar dos esforzos de Panorámix, a máquina do tempo non conseguíu seguir o rumbo programado. E, en lugar de rematar no cole Frian, Frianciño chegou ata finais da Idade Media, Alí apareceu na casa de Cristobal Colón, onde empeza esta historia: - Ola! Son Frianciño e veño do colexio Frian-Teis. Ti, como te chamas? - Eu son Colón, Cristobal Colón. E que é o Frian-Teis? - É un colexio moi bonito onde os rapaces e as rapazas aprendemos cousas novas. - Vale! Queres quedarte comigo ata que encontres un novo fogar? - Podo? - Claro.


Uns meses despois Frianciño e Colón fanse moi amigos e viaxan a novos lugares. Queren coñecer outras terras. A viaxe é longa e difícil. Pasan moitos vendavais. Cando estaba a piques de rendirse despois de moitos esforzos e padecementos Frianciño berra:

- Terra, terra á vista!!! - Grazas a Deus. Pensei que non o lográbamos.

Colón, Frianciño e a tripulación acababan de descubrir América. Frianciño, a quen lle gustaban moito as patacas e o chocolate, preguntou:


- Colón, imos ver se hai máis produtos que non coñezamos?

Ó final, Frianciño tiña razón e de volta a España trouxeron: tomates, cacao, patacas, cabazas, vainilla, goma, folla de coca, tabaco, prata, látex … E de España levaron animais de tiro, cabalos, porcos … Tamén o idioma castelán, o cristianismo. E finalmente viñeron e A Pinta atracou en Baiona.


Chap chof pum

Trrrrkkk


B º 4 A máquina do tempo seguía a dar problemas. En lugar de ir hacia adiante, agora daba botes e ía hacia atrás e hacia o leste. Así que chegou a Castela, onde, daquela, corría a noticia de que un mariño, chamado CRISTÓBAL COLÓN, andaba buscando axuda económica para percorrer mundo e chegar ás Indias con tres carabelas: A Pinta, a Niña e a Santa María. -Esta é unha grande oportunidade para mín. Irei a presentarme a ese mariño e direille que estou disposto a participar na súa aventura – dixo para si mesmo Frianciño. Viaxou ao sur de España para entrevistarse con Cristóbal Colón. Este aceptou que Frianciño o acompañase nesta aventura con todos os mariños e homes que ían nas carabelas.


- Serás de grande axuda. Ti que les moitos libros e coñeces ben as bibliotecas poderás sacar información para a nosa viaxe- díxolle Cristóbal Colón. E así comeza a súa aventura. Eran as cinco da madrugada, do día 3 de agosto de 1492, cando no porto de Palos da Fronteira (Huelva), Cristóbal Colón mandou soltar amarras á frota composta por tres carabelas: a Santa María, construída en Pontevedra, e dúas carabelas mais, a Pinta e a Niña. En total, 90 homes repartidos nas tres naves, rumbo ao descoñecido, nunha aventura incerta e perigosa. Frianciño ía na carabela Pinta. Foron meses longos de travesía no mar, loitando coas tempestades, a fame e a desesperación. Como non chegaban a ningún porto e temendo quedar sen víveres, a tripulación ameazaba con botar a Colón ao mar. Tiñan medo de morrer todos no mar.


Ata que 0 12 de outubro de 1492, un mariñeiro dixo: - ¡Terra á vista! Todos os mariñeiros sairon á cuberta. Ante os seus ollos estaba a illa de Guarahaní. Acababan de descubrir unha nova terra, un novo continente: América! Durante 95 días exploraron todas as illas que ían encontrando; Colón poñíalles nomes como: San Salvador, Santa María de la Concepción. Fernandina, Isabela, Juana, Española etc...


Nas illas atoparon estrañas etnias: homes e mulleres de corpo tatuado, pequenos de estatura, cabeza ancha e cabelos moi longos. Alimentábanse da pesca, caza, froitos silvestre, serpes, vermes e mesmo de carne humana. A tripulación das carabelas, coa axuda dos indios, foi collendo diferentes especies de plantas, animais e froitos exóticos, para traelos a España. Frianciño estaba moi ledo, sentíase o rei do mundo coñecendo estas novas terras e ás súas xentes.


O 16 de xaneiro de 1493 o capitán da carabela A Pinta emprende a viaxe de volta desobecendo a Cristóbal Colón. Quería voltar para dar a noticia do novo descubrimento. Ao pouco de zarpar empezou a filtrarse auga na nave. Foi unha travesía difícil. Frianciño seguía coa tripulación da Pinta. Estaba contento de poder regresar a España. Debecía por contar todo o que lles sucedera e vira no novo continente. A Pinta seguía avanzando no seu percorrido polo mar, a pesares das dificultades. Grazas á súa estabilidade e ó seu capitán, Cristóbal García Sarmiento, puido arribar ao porto de Baiona o día 1 de marzo de 1493.


Os primeiros no mundo que souberon deste descubrimento foron os baioneses. Dende Baiona enviaron unha carta ós Reis Católicos contándolles todo o acontecido, e dándolle a boa nova do DESCUBRIMENTO DE ÁMERICA. Frianciño non podía estar máis fachendoso e satisfeito desta aventura única e de tanta importancia para o mundo enteiro.


Chap chof pum

Trrrrkkk


A º 5 Frianciño voltouse meter na máquina do tempo. Para non levar máis sustos, Frianciño decidíu non programar a viaxe. A máquina comezou a xirar e a xirar, e, por fin chegou a outro tempo e a outro lugar.

Frianciño estaba un pouco mareado, pero axiña se recuperou.

- Estou no ano 1702.

En España estase a vivir unha guerra ocasionada pola morte de Carlos II, que ao non ter descendencia, fixo estalar a chamada GUERRA DE SUCESIÓN.


Pero eu atópome en Vigo, en Teis, e nestes intres algo tremendo debe estar pasando na Ría, xa que se escoitan tiros, berros e un tremendo barullo. Non podo resistir a tentación. Que pode estar pasando? Mentres baixo cara a Ría, vexo xente moi nerviosa... – Ola señor, que sucede, por que hai tanta axitación ? – Escapa neno, agóchate na muralla, cerca do Castro, porque na Ría de Vigo acaban de entrar uns galeóns e xusto no estreito de Rande, cerca de San Simón, estase a vivir unha batalla...A BATALLA DE RANDE!!!


- Pero, por favor, por favor, dígame, por que se pelexan ? - Parece ser que os galeóns españois, protexidos polos franceses, levaban un tesouro composto de ouro e prata e como non se poñían dacordo no lugar onde deixalo, os ingleses e holandeses aproveitaron a situación e puxéronse dacordo para saquealo. Como estes últimos son moitos máis, vanlles gañar a batalla. - E agora mesmo, onde está o tesouro? - Non se sabe, neniño. Debes escapar, non ves que é moi perigoso ? - Eu quería velo, aínda que só foxe botarlle unha ollada...


Nestes intres producĂ­use un gran estrondo e houbo unha fuxida xeral, cada quen agachouse onde puido... Agora estou na muralla, moi cerca do Castro, espero que esta batalla remate pronto.


Chap chof pum

Trrrrkkk


B º 5 Frianciño non gañaba para sustos. A máquina do tempo deu un salto de douscentos anos e 500 metros. Atópome no porto de Vigo no ano 1940, e gustaríame moito contarvos o que aquí está a acontecer. Nestes intres hai moito movemento de xente e de maletas, xa que está a punto de saír un barco cara a América, concretamente a Arxentina. Pódese ver o nome escrito na proa. Levará moitos vigueses (sobre todo homes) a este país, en busca dun mundo mellor. No ambiente hai moita tristura: mulleres abrazando ós seus maridos, fillos chorando porque os seus pais marchan e non saben cando voltarán; amigos, parentes e coñecidos despedíndose entre bágoas e apertas... Isto é moi deprimente...


Marcho..., pero antes vou falar con aquela muller, que apoiada na parede semella tranquila, aínda que triste... - Ola boa muller, seu marido é un dos moitos que están subindo ao barco ? - Ai, neniño! Si, así é. Debido á crise e á guerra civil, non hai traballo e é imposible vivir e criar aos nosos fillos. Por iso meu marido ten que emigrar, atopar un traballo e mandarnos cartos. É unha mágoa, e todos os días pensaremos nel!!! - Seguro que todo irá ben, que atopará un traballo e que en pouco tempo volverá a vivir convosco. Xa verás, non chores máis!!! - Adeus ! - Adeus !


Chap chof pum

Trrrrkkk


A º 6 A máquina do tempo comezou a centrifugar de novo. Quedei medio mareado. Cando parou... ...Non o podía crer. Estaba na época dos piratas! Comecei a voar vendo todos os lugares que alcanzaba a miña vista. Voando e voando, sen darme conta o tempo pasou, e tiña que voltar á biblioteca; se non, os rapaces daríanse conta de que non estaba. Intentei voltar a máquina do tempo, pero comezou a chover e a tronar. Eu intentei atopar un sitio onde refuxiarme da choiva. Atopei unha cova baleira e metinme nela. Había froita e carne na cova, así que comín algo e quedei durmido. Cando espertei xa non estaba na cova, senón atado a un pau que levaba un home.¡Era un pirata! Levaba un sombreiro negro, unha espada, unha bata roxa e... unha pata de pau! Levaba unha pata de pau vella, xa desgastada e con musgo. Quen debía ser aquel pirata?


Levoume ata un barco onde había máis piratas (sen patas de pau) que gritaban: “Viva o capitán! Viva a presa por deixarse atrapar! VIVA!” Aquel home era o capitán que iba tras Francis Drake, que é un pirata (traballado polos nenos de 6ºA) que surca os mares saqueando barcos para a súa raíña. Fixérase de noite, e eu seguía naquel barco. Estaba durmindo cando o vixía gritou que vira o Golden Hind (barco de Drake). O capitán preparou os cañóns para disparar. Drake fixera xa o mesmo, e os dous capitáns gritaron...”FOGO!”, e a dispararse uns a os outros. Tras dous intensos minutos de combate, Drake gañou. Os outros rendíranse. Drake abordou e saqueou o barco. Cando me víu a min deixoume ir, e deume un medallón de ouro. Durmín debaixo dunha árbore.


Ó día seguinte púxenme en busca da máquina do tempo, na que chegara ata aquí. Encontreina aos dous días de búsqueda, pero leveime unha desagradable sorpresa. A máquina estaba rota e non funcionaba para nada. Intentei facela funcionar unha e outra vez, pero foi inútil e deime por vencido. De súpeto, a máquina díxome: “Se ó futuro queres voltar, as palabras máxicas debo escoitar”. Eu non sabía que palabras había que dicir. Decidín comer algo de fruta das árbores que había preto. Despois de comer, durmín unha hora e espertei por unha treboada. Metinme dentro da máquina ata que pasou todo. Pasou un, dous, tres, ata catro dias e aínda seguía naquela época perdido.


Canto daría por voltar! Empecei a pedir a Deus que me levara de novo ó futuro. - Por favor, por favor, lévame de volta, gritei. Eu pensei no que acaba de dicir, e descubrin as palabras máxicas. Acerqueime correndo ata a máquina e gritei: “Por favor!!!” Entón a máquina levoume ó futuro. Levoume ó museo e eu fun ata o colexio voando. Púxenme na biblioteca e prometín que nunca máis ía sair dalí.


Chap chof pum

Trrrrkkk


B º 6 Pero a máquina do tempo afixérase a mín, e seguíume ata a Biblioteca. Unha noite que ía saír de expedición (lembrade que... durmo de día), sen querer, apoieime nunha panca é ... pero onde estou? Estou colgado nun armazón metálico... Baixo as miñas patas, auga.... Ese ruído...? Esas pedras negras pola cinta? Isto parece un cargadeiro. Non entendo nada. Emprendo o meu voo e achégome a un grupo de xente, pero non lles entendo nada. Sigo voando e achégome a outro grupo. Tampouco entendo... Pero que falan? Teño que atopar a alguén que me explique onde estou e porque non entendo o que fala a xente. No mar vexo barcos grandes e ollo... periscopios!


Espera que me acerco... O periscopio elévase e emerxe das augas un submarino... Ohhhhh!.. Un submarino alemán! E aquel barco do fondo leva bandeira Inglesa. Ingleses, alemáns.... Agora xa sei por que non entendía nada! Falaban en Inglés e alemán... Xa me dicían en Frian: “Hai que saber idiomas”.


Pero que fan aquí ? Voando, voando, chego ata unha zona de árbores, no monte, onde unhas mulleres meten en sacos pedras pequeniñas negras... Anda! As pedras do cargadoiro! Deduzo que deben ser importantes. Para que as empregarán? Ó lonxe vexo como as están a cargar nun barco alemán, pero... Espera! O cargamento é roubado por un barco inglés.


Todos queren estas pedras. Deben ter moito valor. Creo recordar que este mineral chámase volframio e o empregan os alemáns para endurecer os seus tanques de guerra. Agora entendo porque os ingleses queren roubarlles o volframio! Definitivamente estamos en plena Segunda Guerra Mundial... Isto non me gusta nada, así que voume voando ó Museo de Pontevedra a ver se podo viaxar ó futuro e voltar a Frian... con todos os meus libriños e os nenos e as neniñas!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.