As obras de referencia

Page 1

AS OBRAS DE REFERENCIA


Imaxina que estás a ler un libro na Biblioteca, e que nel aparece a palabra metrónomo. Descoñeces o seu siñificado. Que podes facer...?

m

e

t r

o n óm o


NO CERO ESTÁ A RESPOSTA

Na sección 0 da Biblioteca atoparás o que chamamos Libros de Consulta ou Obras de Referencia (chamadas así porque nos remiten a outras fontes).


QUE SON AS OBRAS DE REFERENCIA...? Aquelas que proporcionan ó usuario unha información puntual. É dicir: aquelas que non están concibidas para a lectura contínua, aínda que proporcionan unha información suficientemente ampla como para que o lector se documente sobre un tema concreto.


CALES SON AS OBRAS DE REFERENCIA...? Existen varios tipos. Pero, sobre todo, as que nos interesan son:

✓os Dicionarios ✓as Enciclopedias


OS DICIONARIOS Son aquelas obras de referencia que consisten nunha listaxe ordeada alfabeticamente das palabras dun idioma, cos seus respectivos siñificados.

Deberás empregar un dicionario para verificar a ortografía dunha palabra, ou para comprender o seu siñificado.


TIPOS DE DICIONARIOS

O dicionario dunha lingua (castelá, galega, inglesa). Adoita indicar a orixe da palabra (etimoloxía) e, incluso, a súa pronuncia.

Os dicionarios bilingües presentan a correspondencia entre palabras de dous idiomas.

Os dicionarios de sinónimos presentan palabras co mesmo siñificado. Os dicionarios ilustrados acompañan as palabras con ilustracións. Empréganse para que os máis cativos aprendan vocabulario.


AS ENCICLOPEDIAS A palabra Enciclopedia siñifica literalmente círculo da vida. Unha enciclopedia é un compendio de todo o saber humano. Existen varios tipos de enciclopedias.

As enciclopedias xerais ou universais: ✓Abranguen todos os ámbitos do saber. ✓Os termos ordéanse alfabeticamente, polo que as búsquedas

fanse coma nos dicionarios. ✓Divídense en varios volumes. ✓Os termos que inclúe cada volume, son os comprendidos entre as dúas palabras que aparecen no lombo.


As enciclopedias temáticas: ✓En lugar de ordear os coñecementos alfabeticamente, organízanos por

temas. ✓Cada volume das enciclopedias temáticas adícase a un saber distinto. ✓Por iso, para consultalas, hai que recurrir ó Sumario ou ó Indice alfabético.

As enciclopedias especializadas: ✓Limítanse a compendiar unha área do saber. ✓Por iso, en lugar de as atopar na sección 0,

atoparalas na sección que corresponda á materia tratada (por exemplo, unha Enciclopedia de Arte, no número 70).


As enciclopedias en formato tradicional (papel) presentan as seguintes características:

✓As enciclopedias teñen autoría (xeralmente, colectiva). Á fronte dos autores está o Director ou Coordinador.

✓No Plan da Obra inclúese unha introdución na que se informa sobre as características da mesma: número de volumes, disposición da información, extensión dos artigos...

✓As enciclopedias adoitan incluír unhas

referencias bibliográficas. Estas poden estar ó final de cada artigo, ó final de cada volume, ou, incluso, ó final da obra.


Para non quedar desactualizadas, algunhas enciclopedias publican cada certo tempo volumes que renovan e complementan o seu contido. Estes volumes reciben o nome de Suplementos.


Ata non hai moitos anos, as enciclopedias presentábanse en formato papel.

Sen embargo, co auxe das novas tecnoloxías apareceron enciclopedias en formato multimedia (que inclúen texto, imaxes, audios, vídeos...).

Tamén na Internet podemos atopar enciclopedias: algunhas de pago, e outras (como a Wikipedia) gratuítas.


RECURSOS EMPREGADOS BIBLIOTECA NACIONAL DE ESPAÑA. Introducción a las obras de consulta. [http:// www.bne.es/es/Micrositios/Guias/ObrasReferencia/Introduccion/] UNIVERSIDAD DE LAS AMÉRICAS PUEBLA. DEPARTAMENTO DE INSTRUCCIÓN Y GESTION DEL CONOCIMIENTO. Obras de consulta. [http://www.slideshare.net/ciria_udlap/ obras-de-consulta] CEIP Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras). As obras de referencia. [http:// centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/obrasreferencia2/ index.htm] Wikipedia. [http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada]

Google Images [http://www.google.es/imghp?hl=en&tab=ii]


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.