Os ríos

Page 1

OS RÍOS “Galicia é a terra dos mil ríos” dinos Álvaro Cunqueiro pola cantidade deles que hai. É tamén unha frase deste autor a que identifica o PDI deste ano “A lingua sabe a pan” Son ríos curtos e caudalosos. Forman unha rede densa. Teñen réxime regular. A meirande parte deles desembocan no ATLÁNTICO e algúns no mar CANTÁBRICO. VERTENTE ATLÁNTICA Son ríos máis longos. Destacan o Miño, Eume, Tambre, Ulla, Umia, Limia e Támega. Neles hai moitos encoros dende os que se leva a auga para as poboacións e outros para producir enerxía eléctrica. O Miño co seu afluente o Sil é o máis longo de Galicia e o que ten unha cunca maior. Tamén hai moitas praias fluviais e paseos a beira dos ríos. Podemos ver neles moitos muíños pero agora non se usan. Algúns están restaurados e hai rutas de sendeirismo para velos. VERTENTE CANTÁBRICA Os ríos que desembocan no mar Cantábrico son curtos. Destacan o: Navia, Eo, Masma, Landro e Sor. PARTES DUN RÍO Temos o curso alto que é onde nace e tamén onde están a meirande parte das fervenzas, o curso medio onde se produce o transporte e curso baixo onde vai máis lento e deixa os sedimentos. A meirande parte dos ríos de Galicia desembocan nunha ría. ANIMAIS QUE VIVEN NO RÍO OU PRETO DEL Mamíferos: lontras, esquíos, xabarís, ratas, morcegos, armiños, furóns, visóns, auganeiros, doniñas … Réptiles: serpe de río, tartarugas, serpe sapeira … Paxaros: picapeixes, paporroibos, reiseñores, lavandeiras, merlo rieiro, pita de auga, cormoráns, garzas, andoriñas, ferreiriños, parrulos … Anfibios: ra común, ra patilonga, sapos, píntegas, limpafontes … Peixes: escalo, barbo, anguía, troita, lamprea … Insectos: tabáns, zapateiros, libeliñas, gaiteiros, escarabellos, moscas, mosquitos, xoaniñas … PLANTAS QUE VIVEN NO RÍO OU PRETO DEL Nas beiras dos ríos medra o bosque de ribeira formado por árbores coma os salgueiros, ameneiros, bidueiros, teixos, abeleiras, sabugueiros, sanguiño, silvas, hedras e plantas coma fentos, algas, berros, lentellas de auga, xuncos, espadanas, xestas, estrugas, estalotes, carqueixas …


OS ENCOROS Nos ríos galegos hai moitos encoros para abastecer as cidades e tamén para a produción de enerxía hidroeléctrica que se exporta para outros países. Entre outros destacan o de Pontedemouros, San Estevo, o das Cunchas, Castrelo, Salas, os Peares, Bibei, Eiras, Frieira, Belesar, Barrié de la Maza, Lindoso … OS RÍOS ESPAZOS DE LECER Os ríos son espazos para o lecer. Hai moitas praias fluviais onde a xente descansa e aproveita para bañarse cando chega o bo tempo. Neles tamén se practica rafting, puenting, piragüismo, deporte de vela. Nas beiras adoita haber rutas de sendeirismo. Os ríos están acoutados e márcanse os tramos nos que se pode pescar así como os tamaños do peixe e a cantidade deles que se poden capturar. Hai romarías como a dos Caneiros relacionadas cos ríos e festas gastronómicas como a festa da troita, a do salmón, a do peixe, a da anguía, a da lamprea … Existen diferentes construcións para atravesalos como pasais, pontelas, pasarelas, pontes e mesmo viadutos. Tamén hai barcazas. PROBLEMAS DOS RÍOS Os ríos presentan problemas pola contaminación sexa das industrias ou doutro tipo. Ás veces no verán van moi baixos por un uso pouco axeitado das súas augas e por excesos de regadío. A auga é un ben indispensable para todos os seres vivos polo que hai que facer un uso racional dela. Hai que manter os caudais ecolóxicos, formar novas xeracións máis concienciadas, frear a construción de minicentrais hidroeléctricas e valorar o patrimonio existente. LITERATURA DOS RÍOS Adiviñas do tipo:  É longo coma un camiño e vai fozando coma un porquiño.  Longo coma un camiño e corre coma un canciño.  Detrás dun penedo pariuno súa nai, correu pola terra e casouse co mar.  Por un carreiriño moi mal empedrado, ando e non me mollo e sempre vou mollado.  Teño sona de cantante, sempre vou para adiante. A de Iguazú é moi importante. Que demos son diantre?  Que é unha cousiña cousa, que pasa o río e non se molla? Refráns como:  Ninguén vai ó río que non se molle.  A río revolto, ganancia de pescadores.  Non se collen as troitas a bragas enxoitas.  Mentres auga leve o Miño, non faltará viño.  Cando a neve chegue ó Miño, na montaña non se ve o camiño.


 Nin casa á beira do río, nin viña á beira do camiño.  Cando o río soa, auga leva.  Auga pasada non move muíño.  Auga que non vas beber, déixaa correr.  Nunca digas, desta auga non beberei.  Os pequenos regatos fan os ríos grandes.

Cantigas como: Polo río abaixo vai vai unha troita de pé. Corre que te corre, Quen te puidera coller! Quen te puidera coller. Quen te puidera pillar. Polo río abaixo vai Unha troita a nadar Maruxiña ti es o demo sempre me andas tentando, se na fonte, se no río, sempre te encontro lavando. Moitas voltas da o río, moitas voltas dá o regueiro, tamén a nena dá voltas por encontrar mozo solteiro.

A xeito de resumo dicir que debemos gozar dos moitos ríos que temos, e á vez saber coidalos para que as xeracións vindeiras segan o camiño que lles marcamos. Autores: alumnado de 4º


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.