A Segunda Guerra Mundial e o volframio na Ría de Vigo

Page 1

A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL E O VOLFRAMIO NA Rร A DE VIGO

Paula Gil Loizaga 6ยบB Ceip Frian Teis


ÍNDICE 1. Introdución................................................................................2 2. Segunda Guerra Mundial...........................................................3 3. Volframio...................................................................................4 4. Submarinos Alemáns na Ría de Vigo........................................ 5 5. Curiosidades...............................................................................6 6. Bibliografía e Webgrafía............................................................7

1


1.Introdución Dentro do noso PDI “Un mar de linguas” a nosa clase, 6ºB, está investigando sobre o paso de alemáns e ingleses pola nosa ría na búsqueda búsqueda do volframio o que foi coñecido como a “febre do volframio”. O longo do traballo intentaremos coñecer un pouco máis sobre todo o que aconteceu na nosa ría durante a Segunda guerra mundial.

2


2. A Segunda Guerra Mundial Durante a Segunda Guerra Mundial, as costas galegas e en especial Vigo foron un lugar moi transitado, tanto polos alemáns coma polos ingleses. A causa, a cantidade de volframio encontrado en Galicia. Todos os barcos que cargaban co volframio paraban na Ría de Vigo. O volframio servíalles para reforzar os metais das armas e dos tanques. Aparte de Galicia, había outros lugares onde podían conseguir este mineral, pero Alemaña, como axudara a Franco na Guerra Civil, Franco tiña que devolverlle o favor a Alemaña, como? deixándolles explotar ós alemáns a maior parte das concesionarias das minas de volframio en Galicia. Algunhas familias fixéronse moi ricas porque vendíanlles o volframio ós alemáns por un prezo razoable, os ingleses pagábanlles case o dobre pola mesma cantidade e así evitaban que os alemán quedasen co mineral e así non podían endurecer as súas armas. Ademais, o que fixeron os ingleses foi interceptar cargamentos de volframio dirixidos a Alemaña, para que non chegase ó seu destino. Os alemáns reaccionaron mandando submarinos a Ría de Vigo para garantir que o volframio saíra cara Alemaña cando fora necesario. Durante este tempo os alemáns descansaban en Vigo e na vila próxima de Redondela.

3


3. O volframio

O volframio é un metal de cor negra usado na Segunda Guerra Mundial para fortalecer os tanques e as armas. Tamén chámaselle tungsteno ou ouro negro. Actualmente úsase para:

filamentos para lámpadas eléctricas resistencia para fornos eléctricos para pantallas de televisión para buxías para a preparación de vernices e mordentes nas puntas dos bolígrafos

O volframio tivo una demanda moi alta na Segunda Guerra Mundial. Houbo minas en España, Portugal, Asia e América do sur. Os alemáns fixeron un trato con España, “eu axudeiche na Guerra Civil e agora ti me axudarás deixándome as túas minas de volframio”. España aceptou o trato ofrecido por Alemaña e deixoulle a maior parte das minas galegas para que conseguiran o seu obxectivo.

4


4. Submarinos alemáns na Ría de Vigo

Os portos de Vigo e Ferrol eran vitais para a armada alemana. Os alemáns necesitaban estas cidades como base de abastecemento de combustible e alimentos para os submarinos U-boots, o que permitía alargar as súas horas de vixilancia xa que non necesitaban regresar a miúdo as súas bases en Francia ou Alemaña. Vixiaban a todo barco que entraba e saía pola Ría de Vigo. Tamén estaban alí para ter vixiados aos ingleses e para que non se acercasen as costas galegas e non roubasen o volframio. Para evitar o espionaxe dos ingleses infiltrados, o enchido dos depósitos e suministros facíase pola noite. Durante o resto da guerra os ingleses ampliaron o seu radio de bombardeo, reducindo a súa vez a liberdade de movemento dos submarinos alemáns. Moitos dos submarinos foron dañados e fundidos pretos da nosa cidades, máis encontro a beira das Illas Cíes.

5


5. Curiosidades

Durante unha expedición o fondo da Ría de Vigo, en agosto de 2012, atopouse, xunto as Illas Cíes, un submarino da Segunda Guerra Mundial.

As veces a xente ía ao monte a recoller volframio con nenos, coa escusa de ir a recoller piñas.

As persoas que traballaban na mina de volframio cobraba ao redor de

8.000 pesetas, moito diñeiro daquela.

6


6. Bibliografía e webgrafía LOIS GONZÁLEZ, Rubén. Historia de Vigo .Nobel, Oviedo, 2007 VÁZQUEZ GIL, Lalo. Historias de las Rías. Faro de Vigo, Artes Gráficas del Mediterráneo, 2000

*http://www.taringa.net/posts/info/16639396/Vigo-refugio-nazi-durante-laSegunda-Guerra-Mundial.html *http://es.wikipedia.org/wiki/Segunda_Guerra_Mundial *http://www.abc.es/cultura/20130331/abci-submarino-cies-201303311223. html *http://es.wikipedia.org/wiki/Wolframio *http://www.mve2gm.es/paises/espa%C3%B1a-nacional/venta-de-materiasprimas/ *http://www.unizar.es/eueez/cahe/caruana.pdf *http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/09/21/embaja-da-nazivigo/1097993.html

Nota: Imaxes recollidas de google imaxes “etiquetadas para reutilizar”.

7


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.