Abaneándonos no Mar de Arousa

Page 1

CEIP Frian - Teis Biblioteca Escolar Curso 2013 - 2014 PDI A lingua sabe a mar

Imaxes: Google Images

ABANEĂ NDONOS NO MAR DE AROUSA Poemas inspirados en A dorna vai e ven


Si miña señora á i-alba de Arousa beilar, poñereille, belida, un ventiño no mar. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten! Poñereille unha frauta e máis un reiseñor e unha longa soedade coma a da mar maior. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten! Na illa de Cortegada poñereille un galán por pastor de mareas co seu remo na man. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten! Poñereille unha gaita no bico da ría e unha abelaneira no medio do día. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten!

Álvaro Cunqueiro


Na Illa da Toxa namoreime. A miña moza alí encontrei. Nun barquiño cheguei, no barquiño volverei. Nese fermoso lugar casei e alí sempre vivirei. Nun barquiño cheguei, no barquiño volverei.

Yeray - 3º A


Ríos e mares, mares e ríos que ás túas augas corren e corren. ¡Que ben, que ben! Os barcos cheos de amor. Que adornas o mundo de cores e de cantos. ¡Que ben, que ben! Os barcos cheos de amor. Os peixes cantan de amor que as emocións corren e corren. ¡Que ben, que ben! Os barcos cheos de amor. Que os animais beben e beben o amor. ¡Que ben, que ben! Os barcos cheos de amor. Pablo ( 3º A)


Eu podo vivir en Cambados. Eu podo vivir en calquera lugar. Se eu podo vivir, todos poden vivir. Na miña vida pásoo ben, cos meus amigos divírtome. Se eu podo vivir, todos poden vivir. Ti tamén podes vivir onde eu vivo feliz. Se eu podo vivir, todos poden vivir. Adrián (3º A)


Cando te vexo bailar, cando te vexo, desmaiome. O meu amor colgado está, o amor colgado está. Entre nós navega o amor, e sempre será así. O meu amor colgado está, o amor colgado está. Con só verte namoreime e dende aquela non durmo. O meu amor colgado está, o amor colgado está. Escríboche cartas de amor e ti non me contestas. O meu amor colgado está, o amor colgado está. Sabela (3º A)


Vamos ao mar a bucear, a ver peixiños de moitos coloriños. Despois de bucear ao sol me poño a secar. Despois de secar me poño a pescar. Pesco sardiñas para a madriña, que contenta se pon porque me quere un montón. Xoan (4º A)


Xogando e bailando, mergullándose nas ondas, ós delfíns queremos ver na Ría de Arousa. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten! Hugo - 3º B


As ameixas fan a casiĂąa debaixo da area. Se queres velas boas, ven a Carril, nena. A dorna vai e ven, que meu amor ten. Juan Carlos (3Âş B)


Colleu sardiña e bocarte en Sálvora e Póboa do Caramiñal. Se miras pola mañá cedo verás as dornas pasar. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten! Vega Cristina (3º B)


De Ribeira a Catoira, de Catoira a Vilagarcía, pasando de Vilaboa á Toxa recorremos toda a ría.

¡A dorna vai e ven, que meu amor ten!

Sergio (3º B)


A Illa de Arousa está no medio da Ría, e as nenas bonitas haichas en Vilagarcía.

¡A dorna vai e ven. que meu amor ten! Anahí (3º B)


Poñereille de comer un rico manxar, as ameixas de Carril sacadas do mar. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten! Cando pase polo porto de Ribeira poñereille unha flor á súa beira. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten! Poñereille unha frauta ou outra cousa cando chegue pola ponte da Illa de Arousa. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten! Roque P.A. 4º A


Navega que navega do Grove a Ribeira. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten! Guíame a rosa dos ventos, e a forza do mar dame alentos. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten!

Pablo - 4º A


Todos iremos a Vilagarcía para quedarnos alí todo o día. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten!

Lucía V. N. - 4º B


No lugar de Catoira comprei un veleiro, e mirando cara á Ría, ós meus amigos espero. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten! Dende Carreiro saín pescar e só collín un calamar. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten!

Darío - 4º A


Dende Rianxo ata Aguiño, pola Ría vou nun barquiño. A Illa da Toxa e a de Arousa están na Ría de Arousa. Ao pasear en barquiño, vexo Escarabotiño. A Illa da Toxa e a de Arousa están na Ría de Arousa.

Daniel - 4º B


Se teño que ir a Catoira vou sempre montada nunha dorna. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten! De Sálvora e San Vicente haiche cantigas hasta encherte. ¡A dorna vai e ven, que meu amor ten!

Sheila - 4º B


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.