ENTROIDO 2013 CHEGOU O ENTROIDO, RISAS SEN PARAR, ATURUXAR E CHOUTAR, CANTAR E BAILAR. AI, AI, AI O ENTROIDO NO FRIAN. EN INGLÉS FALARÁS, EN CASTELÁN RESPOSTARÁS, O GALEGO, NON IMPORTA! CON EL POUCO APRENDERÁS. OS DE QUINTO E OS DE SEXTO QUE BEN, QUE SUPERGÜÍN, TODOS CON ORDENADOR E OS DEMAIS, PIZARRA E PIZARRÍN. NO NOSO COLEXIO, SEMPRE FALAR E FALAR, MERCORES DO CONTO, E VENRES DE VIVA VOZ PARA REMATAR. Á NOSA DIDRECTORA ELEXÍRONA CONCELLEIRA, NUNCA ELA TAL PENSARA, ATOPARSE NESTA XEIRA. POLAS RÚAS DE VIGO BOLSAS DE PAN E MUIÑEIROS. O BANDULLO VAI MEDRAR CON PANADEIROS E COCIÑEIROS. IMOS COAS PROFES NOVAS ELENA E MANOLIÑO, CARMEN E ANDREÍNA. QUE BEN MOVEN O CORPIÑO! ESTE ANO SI QUE CHOVE. ESCARALLÁRONNOS O CAMIÑO. CO COCHE NON ENTRAS NIN RÁPIDO, NIN AMODIÑO.
A CULPA É DA DE MÚSICA, SEMPRE A TOCAR E CANTAR, A TANTA AUGA A CAER, QUE DESTA IMOS ASULAGAR. CON ESTE GOBERNO NOVA LEI DE EDUCACIÓN, RECORTES E MÁIS RECORTES, E TRABALLA CON ILUSIÓN. ESTE ANO NOVO PROXECTO, A LINGUA SABE A PAN. GALEGO DEBES FALAR, TI E MAIS O TEU IRMÁN. E OS DA AMPA, E OS DA AMPA, SEMPRE A TRABALLAR, OBRAS DE TEATRO FACER, E A COSER, E A BORDAR . ESTAMOS NO ENTROIDO, TEMPO DE COMER E COMER, LACÓN, COCIDO E CACHEIRA, ORELLAS E FILLOAS ATA ENCHER. AS ARCAS DO COLEXIO, MOI BALEIRAS ESTÁN, NON PIDAS PROPINAS, QUE NON CHAS VAN DAR. VEÑA TODOS XUNTOS, FACEDE ALGUNHA TRASNADA, CO DISFRAZ BEN POSTO, E A CARA BEN TAPADA. SE TE QUERES DIVERTIR, POLA TARDE PODES Ó COLE VIR, CUN BONITO DISFRAZ, E GAÑAS DE GOZAR E RIR. E XA VÉN A DESPEDIDA, BRINCADE E PASÁDEO BEN CON BOS DESEXOS PARA TODOS, DEICA O ANO QUE VÉN.