C.E.I.P. Frian - Teis Biblioteca Escolar
PREPARANDO A NOSA EXPOSICIÓN ORAL
Durante o pasado trimestre aprendimos a elaborar un traballo escrito.
Imos agora aprender como expo単er oralmente a outras persoas o que temos aprendido.
O QUE IMOS DICIR
Le novamente o teu traballo e elabora un gui贸n. Para iso podes empregar o Indice do teu traballo. Podes completalo con algunha palabra solta que che lembre unha idea importante, pero nunca con par谩grafos enteiros.
COMO O IMOS DICIR
Pode que o que digamos sexa moi interesante. Pero se aburrimos ó noso auditorio, a exposición resultará un fracaso.
Por iso... ten en conta as seguintes PISTAS PARA NON ABURRIR Ó AUDITORIO:
A Voz
Fala a un volume axeitado.
Non fales tan feble que non te escoite nin o colo da camisa.
Nin tan forte que estoupes os t铆mpanos 贸s demais.
Fala con fluidez.
Respira profundamente, con tranquilidade.
Non fales tan lento que cando chegues a Ăşltima palabra da frase non lembres a primeira.
Nin tan rĂĄpido que estreses a quen te escoita.
Vocaliza e articula.
Se non abres a boca non se che entenderรก nada.
O Xesto O corpo e a cara sirven tamén para nos comunicar co público.
Sorrí. Non estás enfadado cos que te escoitan.
Mira ó público: son persoas, non decoración.
Xesticula e sinala.
Fai xestos: non es un pau de vasoira.
Tampouco te pases... co baile de “San Vito” podes pór nervioso a quen te escoita.
A Palabra Emprega as túas palabras!!!
Non uses expresións raras que non entendas.
O teu auditorio tampouco as comprenderá.
Non leas!!!
O teu auditorio sabe ler. S贸 quere que ti llo contes e llo fagas entender.
Os Medios Emprega recursos!!! Dependendo da temática da túa exposición poderás empregar imaxes, audios, murais, vídeos, obxectos, maquetas... Podes axudarte dunha presentación en power - point, pero... lembra que o texto debe ser o mínimo.
A Exposición
Antes de comezar a túa exposición, fai unha breve Introdución:
✓ Saúda ✓ Indica os obxectivos da túa exposición ✓ Sinala sucintamente os temas que vas tratar
Para rematar, fai unha breve Conclusión:
✓ resume as ideas principais ✓ invita ó auditorio a que fagan preguntas ✓ despídete
A Preparación
E para telo todo preparado cando chegue o día... ensaia en voz alta!!!
✓ diante do espello ✓ reúne á túa familia ou ós teus amigos ✓ grávate cunha gravadora, un móvil ou
un ordenador. Logo, escóitate e busca os “fallos” da túa exposición
Se tes en conta todos estes aspectos, seguro que che sair谩 unha exposici贸n de 10.
BIBLIOGRAFÍA
ALONSO, Néstor (PRROFESOR POTÂCHOV DE MOLDAVIA) . Cómo hacer una buena presentación oral. Consejos útiles para hablar en público. <http://www.aulastic.com/arruquero/docu/exposicion_oral.pdf> CALVO, Marian. Guía para realizar una exposición oral en clase. <http://www.slideshare.net/cgmarian/gua-para-realizarexposiciones-orales> BUSTOS, Alberto. Diez fallos que debes evitar en una exposición oral. <http://blog.lengua-e.com/2009/diez-fallos-que-debesevitar-en-una-exposicion-oral/>