Recitando nas ondas

Page 1

C.E.I.P. Frian - Teis

Imaxe: Ospanacar. Quién dijo miedo?? En Fotocommunity. CC BY SA.

RECITANDO NAS ONDAS Día da Poesía 2015



1ยบ e 2ยบ de PRIMARIA



LA MAR DE COSAS A MAR DE COUSAS La luna mueve mareas. Las mareas hacen olas. Las olas es lo que suena dentro de las caracolas.

A lúa move mareas. As mareas fan ondiñas. As ondas é o que soa dentro das bucinas.

Las estrellas son el mapa que de noche pinta el cielo para que encuentren su casa marinos y marineros.

Carlos Reviejo

As estrelas son o mapa que de noite pinta o ceo para que encontren a súa casa mariños e mariñeiros. Tradución: Carlos Cortegoso



ISLA ADIVINANZA ILLA ADIVIÑANZA

Tiene mar por todas partes. La sombra de las palmeras. Un sol que se acuesta tarde y una playa con arena. Una cabaña en el centro. Un cielo lleno de estrellas. Un reloj que pierde el tiempo. Y, flotando, la botella de un marinero que un día con su barco naufragó y en ella encontró comida agua, cobijo y calor.

Carlos Reviejo

Ten mar por todas as partes. A sombra das palmeiras. Un sol que se deita tarde e unha praia con area. Unha cabana no centro. Un ceo cheo de estrelas. Un reloxo que perde o tempo. E, flotando, a botella dun mariñeiro que un día co seu barco naufragou e nela encontrou comida, auga, acubillo e calor.

Tradución: Carlos Cortegoso



EL PIRATA CALAVERA O PIRATA CAVEIRA

El pirata Calavera era un pirata sin barco. Navegaba sin bandera sobre las olas de un charco.

O pirata Caveira era un pirata sen barco. Navegaba sen bandeira sobre as ondas dun charco.

Lucía un parche en el ojo y una pierna de madera. Y eso que no era ni cojo ni tuerto ni medio fiera.

Lucía un parche no ollo e unha perna de madeira. E iso que non era nin coxo nin vesgo nin medio fera.

El pirata de este cuento no era bueno ni malo, solo un niño muy contento de pirata disfrazado.

Carlos Reviejo

O pirata deste conto non era nin bo nin malo, só un neno moi contento de pirata disfrazado. Tradución: Carlos Cortegoso



EL CANGREJO CANTANTE Cantaba un cangrejo cantos de sirena sobre un casco viejo de un barco de vela. Con un aparejo y sus castañuelas, llegaba muy lejos con la cantinela. Un día escuchaba sin querer Neptuno, y oyó que cantaba mejor que ninguno. Así que le dijo. - Si no te da corte, te nombro ahora mismo juglar de mi corte. Carlos Reviejo



EN EL FONDO DEL MAR - ¿Qué habrá en el fondo del mar? - preguntaba la gaviota a un anciano cormorán. - Hay infinidad de peces, arrecifes de coral, las llaves que no aparecen y una fábrica de sal. Especies de todo tipo. También hay barcos hundidos y otros que quitan el hipo que les llaman submarinos. - Me lo tienes que enseñar - le propuso la gaviota. - ¡Si tú no sabes nadar! - Es verdad, soy idiota. Carlos Reviejo



LA SIRENITA VARADA Escondida entre las rocas junto a la orilla del mar. habitaba una sirena que no quería nadar. Por más que se lo decían los delfines, las gaviotas, los pulpos y las pijotas, ninguno la convencía. Un día, frente a la costa., un barquito naufragaba, y e advirtió una langosta que el marinero se ahogaba. La sirenita varada no se lo pensó dos veces y nadó, como si nada. más rápido que los peces. Salvando al lobo de mar, ella también se salvó. Nunca dejó de nadar y este cuento se acabó.

Carlos Reviejo


A SEREÍÑA VARADA Escondida entre as rochas xunto á beira do mar habitaba unha serea que non quería nadar. Por máis que o dician os delfíns, as gaivotas, os polbos e as pixotas, ningún a convencía.

A sereíña varada non o pensou dúas veces nadou, coma se nada, máis rápido que os peixes. Salvando ao lobo de mar, ela tamén se salvou. Nunca deixou de nadar e este conto rematou.

Un día, fronte á costa, un barquiño naufragaba, e advertíulle unha langosta que un mariñeiro afogaba. Carlos Reviejo Tradución: Carlos Cortegoso



By TomĂĄs RodrĂ­guez Ontiveros (trabajo propio, traballo propio (own work)) [CC BY-SA 3.0 (http://creativecommons.org/ licenses/by-sa/3.0)], via Wikimedia Commons


ESTO ES UN ATRAQUE ISTO É UN ATRAQUE

Una cosa es un atraco y otra distinta atracar. Es como Francisco y Paco, que es lo mismo y no es igual.

Unha cousa é un atraco e outra distinta atracar. É como Francisco e Paco, que é o mesmo e non é igual.

El barco atraca en el puerto y allí fondea amarrado. El pirata cojo y tuerto te atraca, el muy desalmado. Atado con su maroma, que así llaman a la cuerda, al abrigo de las olas, el barco atracado sueña.

Carlos Reviejo

O barco atraca no porto e alí fondea amarrado. O pirata coxo e vesgo atrácate, o moi desalmado.

Atado co seu maroma, que así chaman á corda, ao abeiro da ondas, o barco atracado soña. Tradución: Carlos Cortegoso



EN EL FONDO DEL MAR En el fondo del mar tengo un tesoro: caballitos marinos y un pez de oro.

NO FONDO DO MAR No fondo do mar teño un tesouro: cabaliños mariños e un peixe de ouro.

Y mil rojos corales, y caracolas con rumores al viento y de las olas. Y collares de perlas y otros de plata que en un cofre de nácar guardó un pirata.

Carlos Reviejo

E mil vermellos corais e bucinas con rumores ao vento e das ondas. E colares de perlas e outros de prata que nun cofre de nácara gardou un pirata. Tradución: Carlos Cortegoso



3ยบ e 4ยบ de PRIMARIA



CANCIÓN PRA IR AO MAR DE PESCA Pra que anden gordos todos os nenos e polo Agosto haxa máis festa, imos buscare xunto das illas unha corvina, unha faneca, un abadexo, unha morea. Pra que en Galicia cheiren as fábricas de salazón e mais de conserva, imos ao mar con harpón ou liña a pescar rincha, congros e alcriques, moita pescada, unha balea. Pra que as mulleres berren na praza e haxa ruído polas tabernas, traerei con nasa, con rede ou fisga luras e polbos, muxos e nécoras, meros e sargos, sollas e vieiras.

Hei de pescare con xeito ou baca, con bou ou cunha pobre gamela unha centola, xouba ou sardiña, un rodaballo, unha doncella. Imos ao axexo, imos ao escuro, cando a ardentía ou a lúa chea, e aseñaremos por estas rías o lombrigante, bonito duro, moitos xurelos. a palometa, un ollomol, unha zapata, un peixe-sapo, un fura-areas, a robaliza, a maragota, o pinto, a raia e toda a pesca. Bernardino Graña



ABORDAXE Non hai pirata piratón que non teña na abordaxe a máis brava das accións.

Vanse eles mar adiante a vitoria celebrando nesta feroz abordaxe.

Barco vese a sotavento que promete un gran botín e alá imos ben contentos.

E nós quedamos alí sen sabermos que facer ou se chorarmos ou rir.

Do mar somos como anguías navegando ben lixeiros no lusco-fusco do día. Renxen os barcos chocando con ruído que mete medo inda que o mar está calmo. Feramente combatemos co ceo por testemuña non se sabe canto tempo. E tras loita desigual un dos buques é vencido pero non se sabe cal.

Rafa Vilar



BARCO O mundo fica pequeno pra este barco barcalés que por ter tenvos de todo de trinquete a bauprés.

Orgullosos del estamos do seu mascarón de proa que ten forma de serea mais a ollada de ladroa.

De pirata leva o rumbo coa mellor tripulación corsarios que somos todos do abrente ata o solpor.

Outro barco eu non quero pra facer piratería que este meu barquiño vello camiño á chatarrería.

Barco que andou os mares deste cinco continentes que damos en chamar Terra cousa pouco intelixente. Suca as augas sen desmaio que dá xenio velo así co seu porte fachendoso este barco bergantín. Cando é de entrar en batalla semella non ter igual. Tanto que todos liscan pra evitaren máis mal.

Rafa Vilar



BURLA NEGRA Burla Negra é o navío, Benito Soto o capitán, os ingleses que os perseguen nunca saben onde están.

A morte ollouna de fronte nos pagos de Xibraltar. A Historia xa non esquece o seu rexo navegar.

Pirata galego el da parte de Pontevedra valoroso coma ningún mar a dentro ou en terra.

Adeus a Benito Soto pirata dos arrecifes. A Burla Negra inda espera capitán da súa estirpe.

Foi mariño amotinado sendo case un rapaz pirata co que ninguén quería bater no mar. Curta foi a súa vida, grande a súa sona foi, non hai porto coñecido que del non saiba o valor.

Rafa Vilar


By Bellin, Jacques Nicolas (1703-1772) [Public domain], via Wikimedia Commons


CARTA DE NAVEGACIÓN Teño un mapa do mar que nos di onde ir eu tamén navegar.

E se o tempo acompaña a aventura iniciada con bo tino e con maña

Sei de portos e illas e de terras remotas desde China ás Antillas.

chegaremos con ben de Galiza ao alén.

Navegamos lixeiros océanos infindos e por novos vieiros. Mais perder non perdemos os rumbos indicados nin xa nada tememos. Tracexado o camiño avanzamos seguros polo mundo mundiño.

Rafa Vilar


"Isla Palomino" by Jaro NemÄ?ok - http://nemcok.sk/?pic=29861. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons - http:// commons.wikimedia.org/wiki/File:Isla_Palomino.JPG#/media/File:Isla_Palomino.JPG


ILLA Pingas de terra semellan as illas todas do mar. E nunhas disque hai tesouros. Noutras nada haberá.

Todo por quedar durmido sen protección nin nada baixo un sol abrasador despois dunha boa farta.

Illas coñezo perdidas nas que nin nós os piratas ousamos poñer os pés nin pra collermos a auga.

A min as que máis me gustan das illas que eu coñezo son as dos mares do sur que nelas non pasa o tempo.

Pois delas cóntanse lendas de montros que alí habitan que poden deixar sen fala a quen vaia de visita.

Son illas esparexidas no océano máis grande ao que alguén chamou pacífico, se cadra foi Magalhaes.

Illas existen tamén nas que sempre vai calor, unha calor tan terríbel que nin hai vexetación.

Illas que sempre hei lembrar no medio e medio do mar.

Lembro un día tempo hai en que nunha destas illas un noso capitán vello houbo queimar a barriga. Rafa Vilar


"1500 map by Juan de la Cosa-North up" by Kimon Berlin, user:Gribeco - modified from Image:1500 map by Juan de la Cosa.jpg. Licensed under Domini pĂşblic via Wikimedia Commons - http:// commons.wikimedia.org/wiki/File:1500_map_by_Juan_de_la_Cosa-North_up.jpg#/media/File:1500_map_by_Juan_de_la_Cosa-North_up.jpg


MAPAMUNDI Mapamundi meu mapiña que sempre o levo comigo polos camiños da vida. Como corsario que son pola noite e polo día non quero perderme, non. Ou que ir ao sitio esquecín. E non é a primeira vez que me hai que corrixir. Vergoña moito me dá que pasen cousas así, sendo eu o capitán. A que se vai entendendo por que non lonxe da man o levo en todo momento. Mapamundi meu mapiña que sempre comigo o levo polos camiños da vida. Rafa Vilar



MAR Outra vida non coñezo que non sexa navegar. Outra vida xa non quero se non é andando o mar.

Medo que non teño pouco cando se pon bravo o mar e dáme voltas o estómago e teño que vomitar.

Sete mares ten o mundo. É un xeito de falar. Cinco océanos seguro que vos quero nomear.

Ben sei que non vos son cousas de andar sequera a contar. Non vexades a vergoña que agora estou a pasar.

Ártico, Antártico e Índico pero inda quedan dous máis. Son Atlántico e Pacífico e temos os cinco xa.

Mais isto crédeme ben non é falar por falar, que se volvera nacer o mar iría sucar.

A bandeira é testemuña do meu rumbo sen igual. Non foi por facer fortuna que fixen barco o meu lar.

E aseguro que nada detería a este capitán da piratería.

E pirata acabei sendo. Non está de todo mal se non fose por este medo que non podo dominar.

Rafa Vilar



SEXTANTE É o sextante instrumento útil e necesario pra navegar ao vento.

Dun inglés foi botín este sextante fráxil que veu parar a mín.

Úsase pra situar coa maior precisión calquera barco no mar.

Nun cofre está gardado. Non vaia ser o demo que o dean roubado.

Este noso barquiño vai por todos os mares da súa gloria camiño.

Outro non vou querer pois aprender o manexo dá moito que facer.

Barquiño que é corsario e que por diante ten o seu rumbo diario.

Meu sextantiño lindo. Se non fose por ti, como hei chegar ao Pindo?

Nas mans o leme frío. Nos ollos o horizonte. No corpo un calafrío. E vénme hoxe á lembranza o día en que o sextante foi parte da cobranza.

Rafa Vilar



5ยบ e 6ยบ de PRIMARIA



EMIGRANTES NO MAR Sen vacas, sen a fala, sen as veigas, tamén no mar se perden os galegos: labregos, afiadores, mans en ansia. Sen casa xa, sen terra, como os ventos. Perdidos polo mar pra alá de Vigo entrando no ignorado, monstro océano, máis alá desas illas verdecentes, en noite, acaso en morte e en silencio. Ti, mar, cegaches todo en luz e en vidro. Nubraches a mirada e ao mesmo tempo abriches mil vieiros, fuches ninga que canta e leva aos homes dos seus eidos. Auga sensual de sal e loira area, auga que tivo a culpa como o demo, frauta, verdosa serpe, azul engado, leito de bico infindo, mol e fresco. Bernardino Graña



CARTA NUNHA BOTELLA AOS EMIGRANTES GALEGOS Escacho a néboa, o verde mol e o tópico e busco o celme desta terra miña. Esta terra, a terra enteira afúndese. O mar destrúe, come, pero en tanto afinco as uñas nesta lama e digo: Eu estou soio con Galicia e choro. Irmáns do mundo, meus irmáns galegos, acudídeme aquí contra o naufraxio, nun extremo de Iberia, por Fisterra, onde o Miño vai mouro de tristura, baixo o fútbol e o esquezo dos burgueses, baixo o espolio de froitos e as paisaxes lindamente pousadas ante os frívolos. Vede que hai este corpo, esta sustancia, este sangue abafado que é Galicia, Galicia en nubes, nosa abandonada, ¡Oh tristeira pra sempre xa Galicia!, estas húmidas pedras, cruz na chuva, esta vaca calada e solitaria, condenada a sufrir e ser vendida.

Vinde tentar esta nai triste e vella, esta nai terra, esta Galicia pura, mentres os corvos nun agoiro voan e unha cobra de goma mata o pulo, e emigrantes galegos, mans en ansia, labregos, afiadores, mariñeiros, polo mundo vos ides longamente. Vinde curala mentres aínda escoa nas corredoiras a calor da vida. Mentres no ventre desas rías femias pan de peixes de luz vainos medrando e mentres queda polos nosos bosques un gran misterio que no escuro aniña. E vexo o mar máis grande cada hora, vexo este mar que bate contra a costa, unha gran serra de ondas aserrando, unha fermosa destrucción que chega.

Bernardino Graña



POEMA DE TÍO EMILIO, MARIÑEIRO DE CANGAS O mar é teu, Tío Emlio. Ti sabes do mar. Eu non sei.

Vídeo: Concurso de Recitado

Véxote lonxe, vogando, namentres peixes de aire refrescan a túa pel. E o mar vaise abrindo adrede, e ti na pobre gamela, ti soliño, vas e vés. Mariñeiro da Congorsa, de Balea, Cangas,Vigo, sólo no mar podes ler.

Audio: Lendo nas ondas

Sólo do mar sabes cousas, sólo do mar sacas vida, sólo ese mar co traballo te mantén. Pero ben sabes o conto que a vida e o mar che contan, Tío Emilio, o mar, que é teu. Bernardino Graña



HOMENAXE Dende o comezo houbo un home a cada banda, muda linguaxe de olladas entre o peirao e o barco ¿quen es forasteiro? ¿cal é a túa liñaxe? ¿de que xente e país? ¿viaxas por negocio ou ventureiramente?

Vídeo: Concurso de Recitado

¿que ves ti en min? ¿gaivota batendo as ás? ¿un maldito parvo entre as sombrizas paredes do porto? Ab initio imposible diálogo nun encontro repetido en calquera lugar do mundo entremedias largo, codera, través Homero J. Joyce

Audio: Lendo nas ondas



Vídeo: Concurso de Recitado

O MAR non é nada nin sequera un eco un nome inventado oco sen materia magnitude vacua

Audio: Lendo nas ondas

O BARCO un cicel que fere a extensión ronseis debuxados rachando o absurdo demora na esfera O MARIÑO un deus da caste de Tetis sentencia no caos constructor do BARCO esterco do MAR Xesús Franco



o CAPITÁN atrasaba as agullas do reloxo...

... iluso ... asasino

o PILOTO trazaba rotas de colisión... o MAQUINISTA soñaba con campos de papoulas...

... desleigado ... desconexo ... nu

o RADIOTELEGRAFISTA escoitaba a Bruce Springsteen...

... pragmático

o CONTRAMESTRE facía nós...

... abstruso

o CALDERETEIRO, peso a peso, aforraba anos de MAR...

... pasmón ...dono

o COCIÑEIRO non comprendía nada... o ALUMNO tecía andrómenas no camarote... o ARMADOR xogaba ós barcos...

Xesús Franco



Sisudos xermanos e xubilosos latinos fríos escandinavos e laboriosos xaponeses destemidos británicos e piratas malaios rexos esquimós e lizgairos guineanos destros maorís e teimudos chilenos irmáns meus, mariños de todos os tempos arestora afogados iguais imponente TITANIC lanzal PAMIR fermoso ANDREA DORIA humilde AVE DEL MAR indestructible BISMARK soñados barcos de meu de todos os tempos arestora afundidos iguais só o MARE TENEBRARUM

Xesús Franco


By Bemilladoiro (Own work) [GFDL (http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html) or CC BY-SA 3.0 (http://creativecommons.org/licenses/ by-sa/3.0)], via Wikimedia Commons


POETAS Courel gamelas de Baiona Terra Cha volanteiras da Guarda Queixa polbeiras de Bueu Lemos dornas de Ons Ancares xeiteiras de Rianxo poetas de interior e costa xávegas, trincados, trasmalleiras, traíñas, pataches, galeóns, balandras, goletas, bergantíns, todos os nosos barcos devanceiros como limibar ás VOSAS navegacións ...........................

axexantes tiven os ollos nas viaxes escusando o voso estático trono cada singradura unha nova vida un novo poeta

.................... así vivín navegacións que debo contar en plural porque todos levamos dende o berce unha trisca da arca bíblica adianto da de Caronte

nacido a media noite no cambio da garda por VÓS pra morrer afondado no Océano coa última superposición das agullas do reloxo pasabamos estreitos illas mares continentes sempre cos VOSOS ollos en min fixos na Polar ou na percura do LUSITANIA baixo o MAR Xesús Franco plasma voraz sen ventre nin moral



O noso camiño cara ó paraíso é un trazo sobre o MAR. Carlos Casares

Xorde do amplo MAR unha cruceta no cabo marcación que agroma a proa, repetida imaxe nova, a vida devolve á vida ós que esculcan horizontes achégase pola amura cruzamento de destinos con rumbo oposto na carta, a poucos cables da banda vense pasar as caras dos outros nós reflectidos anónimos tripulantes errantes na absurda traza dunha derrota de antollo, esváese contra o silencio, do seu paso a breve esteira e a luz de alcance da popa pérdese o curso implacable desacougo dunha ollada

Xesús Franco



O sol tropical quece os ensoños as mans na regala premen os instintos HOME veleiro fantasma do holandés errante maldición constante do que olla ó lonxe HIPNOSE desfacendo a tona debuxando esteiros remuíños a popa proveito de nada HÉLICE curva perfeta sempre renovada cobizada Itaca porto inalcanzable HORIZONTE HOMEHORIZONTEHIPNOSEHÉLICE HIPNOSEHOMEHÉLICEHORIZONTE HÉLICEHORIZONTEHOMEHIPNOSE HORIZONTEHÉLICEHIPNOSEHOME

Xesús Franco



Somos ceibes, ceibes como as lanchas perdidas no MAR John dos Passos

Cando observo a Osa Maior ou a Cruz do Sur véxovos ¡Ouh ti! voltabas de Nova York nun bulk carrier con grao, afundistes sen marca na carta, Cangas chorou o loito a min chegou o teu laio compañeiro de ilusións ¿por que non eu? ¡Ouh ti! a poucas millas do Vilán preto da Coruña común ós dous ardeu o teu barco e ti non saíches. Escóitote aínda trala porta do camarote ¿por que non eu?

¡Ouh ti! tralas meridianas xuntos afastounos o destino, lino nun xornal, “o supertanque crebou por mor dun pantocazo” remaneces en urna de aceiro nestas augas mesmo calmas ¿por que non eu? cando axexo o MAR síntovos fitándome ¿agardádesme?

Xesús Franco



¡Saúdovos! meus heroes sobranceiros da ficción e da historia rescatados únicos nos que aínda creo esquecidos quizais pra min exemplo dende neno guiaches os meus pasos compañeiro de soños e epopeas vizoso na procura dun retorno á terra imaxinaria e devecida inconsciente sobardada de home canso pescudando seguen o teu berce babecadas de necios, Almirante o tento de marear é o que importa descubridor de alisios e sargazos a agulla e a Polar a túa bagaxe

no cadafalso agárdate o barazo ousado pirata da Moureira matarán o corso nunca o halo de burlador do cutter impotente tralla do inglés e o seu orgullo toc toc resoa a perna de madeira cando gobernalle sobes iracundo ¡serviola á cofa! entoleado berras esculcando baleas o horizonte perseguindo o monstro que tes dentro non acepto a disciplina do vergallo igual ca ti piloto amotinado canto de rebeldía en voz de Byron non hai norma que coute a liberdade dos que van polo MAR, ese asasino

Xesús Franco



Compás de catro cadrantes deusa cativa na furna NORTENORNORDESTENORDESTELESNORDESTELESTE barra de aceiro enmeigada debulladora de homes LESUESTESUESTESURSUESTESUR magnética bailadela ó son do falso horizonte SURSUDOESTESUDOESTEOESUDOESTEOESTE rosa dos ventos que venta derrotas nas tallamares OESNOROESTENOROESTENORNOROESTENORTE o piloto fica orfo a un descuartelar da vida SUESTECUARTAÓLESTE Xesús Franco



Entre as brétemas de agosto busco o porto de arribada derradeira singradura comezo e fin da varada saíra a corre-la vida mozo eu de trinque a nave piloto e veleiro novos ambos os dous sen amarras por matrícula no espello levei gravada a proclama: “Venham deuses a ser e nós humanos...” encollas traio na face o barco finas as tracas ós dous venceunos o tempo nin galernas nin quedadas cansos entramos na ría cunha airexiña maina flamexar de trapo vello bébedos de auga salgada

corenta brazas de sonda derrota nordés na carta non preciso ve-la costa o aroma da terra basta o temperán a estribor limpa o ceo de borralla vento de fóra que enche as velas e mais as mágoas no peirao o MAR rindo de min tantas esteiras a popa navegando en ceavogas para volver ó principio Vigo

Os Lusíadas Camoes



Galicia ferida en sono e sombras Salvador García - Bodaño

ESTAI Noite negra negro barco Como unha sombra na sombra no banco de Flemish Cap navega a historia dun pobo marcado por unha estrela homes afeitos ó lonxe en cada lance unha vida en cada copo a esperanza suor de ferro na esteira Sangue do meu país mesturado nos océanos incapaz de soerguerse da herdanza dos desherdados noite negra o mar sauda ós galegos fillos de seu negro barco Xesús Franco



Non busquedes a epopea do MAR nos manuais literarios nin Diarios de Navegación mirade nos ollos xubilados dese home que olla prá ría todas as tardes antes de voltar derrotado á casa

Xesús Franco



LA CANCIÓN DEL PIRATA Con diez cañones por banda, viento en popa a toda vela, no corta el mar, sino vuela, un velero bergantín; bajel pirata que llaman por su bravura el Temido en todo el mar conocido del uno al otro confín.

Veinte presas hemos hecho a despecho del inglés y han rendido sus pendones cien naciones a mis pies.

La luna en el mar riela, en la lona gime el viento y alza en blando movimiento olas de plata y azul; y ve el capitán pirata, cantando alegre en la popa, Asia a un lado, al otro Europa, Y allá a su frente Estambul:

Que es mi barco mi tesoro, que es mi Dios la libertad; mi ley, la fuerza y el viento; mi única patria, la mar.

-Navega, velero mío, ! sin temor que ni enemigo navío, ni tormenta, ni bonanza tu rumbo a torcer alcanza, ni a sujetar tu valor.

Allá muevan feroz guerra ciegos reyes por un palmo más de tierra, que yo tengo aquí por mío cuanto abarca el mar bravío a quien nadie impuso leyes. Y no hay playa sea cualquiera, ni bandera de esplendor,

que no sienta mi derecho y dé pecho a mi valor. Que es mi barco mi tesoro, que es mi Dios la libertad; mi ley, la fuerza y el viento; mi única patria, la mar. A la voz de ¡barco viene!, es de ver cómo vira y se previene a todo trapo a escapar: que yo soy el rey del mar y mi furia es de temer. En las presas yo divido lo cogido por igual: sólo quiero por riqueza la belleza sin rival.


Que es mi barco mi tesoro, que es mi Dios la libertad; mi ley, la fuerza y el viento; mi única patria, la mar. ¡Sentenciado estoy a muerte! Yo me río: no me abandone la suerte, y al mismo que me condena colgaré de alguna antena quizá en su propio navío. Y si caigo, ¿qué es la vida? Por perdida ya la di cuando el yugo del esclavo como un bravo sacudí. Que es mi barco mi tesoro, que es mi Dios la libertad; mi ley, la fuerza y el viento; mi única patria, la mar.

Son mi música mejor aquilones, el estrépito y temblor de los cables sacudidos del negro mar los bramidos y el rugir de mis cañones. Y del trueno al son violento, y del viento, al rebramar, yo me duermo sosegado, arrullado por el mar. Que es mi barco mi tesoro, que es mi Dios la libertad; mi ley, la fuerza y el viento; mi única patria, la mar.

Vídeo: Concurso de Recitado (5º A)

Vídeo: Concurso de Recitado (6º B)

José de Espronceda



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.