O volframio en Galicia

Page 1

O VOLFRAMIO EN GALICIA

Rubén Veiga Domínguez, 6ºB Ceip Frian-Teis


Índice 1. Introdución……………………………………………………………………………...2 2. Cronoloxía……………………………………………………………………………....3 3. Volframio e usos……………………………………………………………………......4 4. Volframio en Galicia…………………………………………………………………...5 5. Submarinos na ría de Vigo………………………………………………………….....6 6. Curiosidades…………………………………………………………………………....7 7.Conclusións……………………………………………………………………………...8 8.Bibliografía e Webgrafía…………………………………………………………….....9

1


1. Introdución O Volframio, tamén chamado Tungsteno, é un metal con propiedades únicas que o converten nun compoñente esencial en moitas aplicacións industriais. Entre as principais características destacan: Punto de fusión máis elevado de todos os metais (3.400ºC). Punto de ebulición: 5555ºC. Segundo material mais duro presente na natureza (despois do diamante). Densidade moi alta. Estable térmica e quimicamente. Excelente condutor. Trátase dun metal considerablemente raro e escaso no noso planeta, sendo un dos menos abundantes na codia terrestre, podéndose atopar apenas en forma de óxidos e nun limitado número de minerais.

2


2. Cronoloxía Nunha primeira estancia, o volframio foi descuberto en 1781 polo químico e farmacéutico sueco Carl Wilhelm Scheele. Orixinalmente nacido en Alemaña, Scheele descubriu unha estraña substancia composta por una solución ácida que deu en chamar “scheelita”. Un par de anos despois, os irmáns españois Juan José Delhuyar e Fausto Delhuyar, eminencias no campo da química, lograron illar o volframio por primeira vez e é a eles a quen se lles atribuíu o descubrimento. É un mineral que tivo unha gran importancia estratéxica e económica durante a Segunda Guerra Mundial, pois o subministro de volframio, do que España era produtor, resultaba vital para os plans de Hitler, o que supuxo unha gran revolución económica para o noso país e o nacemento dunha burbulla que axudaría a pagar as débedas contraídas durante a Guerra Civil. Galicia foi algo así como “El Dorado” durante a Segunda Guerra Mundial grazas ás numerosas minas de volframio. Familias enteiras foron ó monte armadas de picos, pas e barrenos para arrincar das entrañas dos lugares, como Noia, o prezado mineral que axudaba ós alemáns a mellorar as súas armas empregadas na contenda.

B Buque cargando metal (volframio)

3


3. Volframio e usos Trátase dun metal pouco coñecido que sen embargo, é indispensable nas nosas vidas dado que se utiliza en moitos produtos do mundo moderno, como teléfonos móbiles, placas de circuítos, instrumental odontolóxico, fontes de luz, maquinaria pesada, plantas de produción de enerxía, coches. No entorno doméstico, encontramos volframio en lámpadas, tubos fluorescentes, "aforradores de enerxía", lámpadas HID, televisores e outros produtos de electrónica de consumo. Así mesmo, emprégase para furar paredes, cortar baldosas, afiar coitelos e está presente nas boliñas da punta dos bolígrafos. Carburo cementado O carburo cementado, tamén coñecido como metal duro, constitúe a día de hoxe o principal uso do volframio. As ferramentas de metal duro son indispensables para o modelado de metais, aliaxes, madeira, plásticos e cerámicas, así como na industria mineira e a construción.

4


4. Volframio en Galicia Como comentaba anteriormente, Galicia estivo moi presente na Segunda Guerra Mundial grazas ó volframio que tivo unha gran importancia para a industria militar, alcanzando a época de máximo esplendor a finais da Guerra Civil ata 1955. Este mineral era fundamental para realizar aliaxes de aceiro na fabricación de armamento e material militar xa que os dota dunha gran resistencia. Esta propiedade foi empregada polos exércitos de todo o mundo para desenvolver material bélico con blindaxes máis efectivas, canóns que resistisen maior explosión e que conseguían que os proxectís chegaran máis lonxe. O volframio galego tiña para os alemáns unha importancia decisiva xa que hai que ter en conta cos principais depósitos deste mineral en Europa atopábanse na nosa comunidade, isto levou consigo o despegue mineiro das comarcas de Valdeorras, Xallas, Trasdeza, Bergantiños, Lobios e Barbanza ricas en volframio. Galicia era polo tanto para os alemáns practicamente a súa única fonte de subministro.

Precisaban

o volframio galego para endurecer as blindaxes do seu armamento, e os seus inimigos tiñan que evitar a toda costa que isto ocorrese, o que provocou unha elevada demanda por parte de alemáns e ingleses facendo que o seu prezo alcanzase as 200 pesetas da aquel tempo por kg

5


5. Submarinos na Ría de Vigo Durante a fase máis dura da Segunda Guerra Mundial, os temidos submarinos nazis recorreron clandestinamente as costas galegas para intensificar a tenaz batalla por afundir ou destruír calquera buque aliado que desafiara cruzar o Atlántico. Os portos de Vigo e Ferrol eran vitais para o obxectivo de Hitler de illar e asfixiar a Gran Bretaña e á resistencia en Europa. Necesitábaos como base para mercantes e petroleiros alemáns de abastecemento de combustible e alimentos para os chamados U-boots, o que permitía alongar as súas cacerías sen cuartel o non ter que regresar as súas bases en Francia ou Alemaña. Segundo documentos oficiais, os somerxibles alemáns establecían contacto cos buques nodriza ben nos propios portos, co beneplácito das autoridades franquistas, ou nas rías, grazas a embarcacións de motor que se reunían con eles en puntos convidos. Incluso existiron rumores que afirmaban que chegaron a entrar ata os amarres en Rande, na ría de Vigo, para cargar volframio, o prezado material que Berlín necesitaba para manter a maquinaria de guerra, e que era traído ata o porto en grandes camións. A primeira operación en Galicia prodúcese o 18 de xuño de 1940 cando o submarino U-43, que afundiu 23 barcos durante a contenda, entra en Vigo e colócase a carón do mercante «Bessel» para recibir 101 toneladas de gasolina durante catro longas horas. Dous días despois, o U-29 repite a operación, inda que nese caso só puido cargar 35 toneladas.

6


6.Curiosidades “Ir á roubeta” era unha expresión moi empregada polas persoas que saían ó monte para extraer volframio de xeito ilegal para logo vendelo ós estraperlistas. Como moito deste mineral se vendía ó peso, o que facían era mesturalo con lascas de ferro e así conseguían enganar ós compradores. Pero este engano durou pouco, xa que os alemáns comezaron a empregar o imán que separaba o ferro do volframio. Tamén acudían ó monte mulleres con nenos coa escusa de ir recoller piñas. O que facían era ir metendo nun saco unhas piñas e despois volframio, así varias veces. Ó chegar á casa limpaban ben a pedra e deixaban só o volframio para vendelo. Outra das formas do estraperlo era simular que ían pasear cuns bastóns que estaban ocos por dentro, e a cada cada pouco, durante o seu paseo paraban, collían volframio metíano no bastón e continuaban. Unha vez que o tiñan cheo ían vendelo de contrabando ós ingleses, que pagaban un prezo maior co dos alemáns.

7


7.Conclusións Este traballo pareceume moi divertido e aprendín moito xa que non sabía case nada do volframio, das súas propiedades e usos, xa que eu pensaba que só se usaba para as lámpadas e pouco mais. Tamén me pareceu interesante que se atopase tanto volframio en Galicia, e nuns meses irei ver as minas de volframio abandonadas que hai na comarca de Bergantiños, que meu pai viu de pequeno e son moi bonitas.

8


8. Bibliografía e webgrafía •

GIRÁLDEZ LOMBA, Antonio. Vigo y la Segunda Guerra Mundial. Instituto de Estudios Vigueses.

LOIS GONZALEZ, Rubén. Historia de Vigo.Nobel, Oviedo, 2007.

VÁZQUEZ GIL, Lalo. Historias de las Rías. Faro de Vigo, Artes Gráficas del Mediterráneo, 2000.

VILLARES, Ramón, Historia de Vigo. Vigo, 2000.

www. routesofwolframio.eu

www.saloro.com

Nota: As imaxes que aparecen neste traballo son de google imaxes “etiquetas para reutilizar”.

9


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.