C.E.I.P. Frian - Teis Biblioteca Escolar
APRENDENDO A USAR TOONTASTIC
Acceso a un pequeno titorial
Fai scroll para continuar lendo.
Acceso 贸s cr茅ditos
Crea o teu conto!
Ó crear unha nova animación, a app presenta un esquema de secuencia narrativa.
ORGANIZACIĂ“N: Presenta os personaxes e o escenario da historia.
CONFLICTO: Crea un problema para o teu personaxe principal.
RETO: Fai o problema todavía máis difícil
CLÍMAX: Axuda ó personaxe principal a resolver o problema
RESOLUCIĂ“N: Mostra como o problema ten sido resolto
Premendo no pincel poderás elixir (ou crear ti mesmo) un espazo onde suceda a acción.
Cando teñas elixido o escenario, a app vaiche guiando os pasos seguintes. Segue a frecha!
Logo, engade (ou crea) os personaxes.
Cando teñas elixido escenario e personaxes xa podes comezar a túa animación. Preme “Start” para comezar
Para rematar a gravación da secuencia, preme “Stop”.
Para darlle maior emoción á túa secuencia, podes engadir música. Elixe unha que teña un carácter axeitado ó que contas.
Seguindo os pasos antes indicados, crea as distintas secuencias da túa historia.
Cando teñas rematado a túa película preme en “Done”.
Pónlle título á túa animación
Firma a túa obra
Para compartir o teu traballo precisarás unha conta de correo e un contrasinal. O control parental esixirá que, na pantalla, un adulto apareza lendo a autorización correspondente.
Aínda que non a publiques, sempre podes recuperar a túa animación acudindo ós escenarios e elixindo a historia que tes creado.
Se premes en “Done” poderás visualizar a animación do teu conto.
COMEZA A TÚA AVENTURA...!
CRÉDITOS
Capturas de pantalla realizadas sobre a app Toontastic nun ipad.
Mónica Muñoz O lar de Frianciño