A Batalla de Rande A Guerra de Sucesi贸n
Pablo Mallo Ribadomar
INDICE 1.Cando e qué sucedeu en Rande? 2. Que escuadras se enfrontaron? 3. De onde procedían e que traían os galeóns españois? 4. Curiosidades. 5. Conclusión. 6.Bibliografía.
1.Cando e que sucedeu en Rande? O 23 de outubro de 1702, librouse unha importante batalla naval no estreito de Rande e dentro da enseada de San Sim贸n, onde se ubica agora a Ponte de Rande. Ao mesmo tempo, en Espa帽a, A Guerra de Sucesi贸n est谩base desenrolando, debido a que Carlos II, rei nese momento, morrera sen deixar descendencia .
2.Que escuadras se enfrontaron? Enfrontáronse os galeóns españois, ao mando do almirante Manuel de Velasco y Tejada e protexidos polos navíos franceses ás ordes de François Louis de Rousselet, contra a armada angloholandesa, que estaba baixo o mando do almirante George Rooke. Os galeóns españois entraron en Vigo o 22 de setembro de 1702, refuxiándose no fondo da ría, na enseada de San Simón, protexidos polo castelo de Corbeiro ao norte, e o de Rande ao sur. Os españois reforzaron a artillería das defensas de terra con canóns dos navíos e entre os extremos do estreito cruzaron cadeas para impedir a entrada dos navíos anglo-holandeses. Os buques franceses rodeábanos para protexelos. Os anglo-holandeses descubriron o escondite e planearon un ataque anfibio, o plan saíu á perfeción. O 23 de outubro comezou o ataque, desembarcando tropas en ambas orillas da ría. O maior número de efectivos anglo-holandeses e a mala disposición das naves hispano-francesas para unha adecuada defensa, fixo que en menos de dez horas a batalla se decidira a favor dos atacantes. Unha vez gañada a batalla, saquearon Redondela e a illa de San Simón. Vigo quedou a salvo protexida pola súa muralla.
3.De onde procedían e que traían os galeóns españois? Crese que os galeóns españois viñan de América cargados con ouro, plata, diamantes e outras pedras preciosas, ademais de alimentos que nesa época aínda non se podían conseguir en España. Hoxe en día aínda se pensa que os galeóns afundidos teñen os tesouros traídos do continente americano.
4. Curiosidades En Londres, a capital inglesa, hai unha rúa chamada “Vigo Street”, como conmemoración da Batalla de Rande, librada nas costas olívicas. O mesmo pasa en Vigo, os vigueses tamén quixeron lembrarse dos ingleses e na cidade galega hai unha rúa coñecida como Rúa Londres.
5. Conclusión Con este traballo aprendín moitas cousas importantes sobre a Batalla de Rande. Paseino moi ben facendo o traballo, e quedei intrigado por saber se realmente o tesouro está ou non no fondo da ría.
6. Bibliografía Déixovos os enlaces de onde saquei a información por se vos serve de axuda:
http://es.wikipedia.org/wiki/Batalla_de_Rande http://www.venasansimon.com/batalla.php