Sucesos na nosa terra. Volframio

Page 1

SUCESOS NA NOSA TERRA

Colexio CEIP Frian Teis Andrea Pérez Álvarez 6ºB


ÍNDICE 1. Introdución…………………………………………………………………………………..2 2. O volframio e os seus usos………………………………………………………..3 3. Época 2º Guerra Mundial…………………………………………………………..4 4. O volframio en Galicia. Pobos mineiros do volframio……………..5 5. Submarinos na Ría de Vigo………………………………………………………….6 6. As mulleres do volframio…………………………………………………………….7 7. Curiosidades…………………………………………………………………………………..8 8. Conclusións……………………………………………………….....................................9 9. Bibliografía e Webgrafía………………………………………...………………..10

1


1. INTRODUCIÓN Este ano no colexio estamos a estudar o tema do ​ volframio e os submarinos na Ría de Vigo​ no proxecto ​ “Un mar de linguas”​ ; espero aprender moito sobre isto. Neste traballo vou falar de variados sucesos que ocorreron nas terras de Galicia. Nos puntos sinalados que teño no Índice vou escribir de cousas moi interesantes desde a II Guerra Mundial, os misteriosos submarinos alemáns ata os tranquilos pobos mineiros; así como, interesantes curiosidades destes apartados, rematando cunha serie de conclusións persoais acerca do que aprendín tras esta pequena investigación.

2


2. VOLFRAMIO E USOS O volframio caracterízase por ser moi duro, denso, maleable, dúctil e con gran resistencia eléctrica e ó ataque dos ácidos. É un metal que non se atopa libre na natureza, senón que aparece combinado con outros,como a scheelita e a wolframita. Máis da metade da produción mundial destas minas procede de ​ Corea do Sur​ , Portugal, Austria e Australia​ . En escala menor tamén se extrae en ​ China, Bolivia, Brasil, Estados Unidos, Rusia, España e Alemaña​ . Este mineral ten múltiples usos como na industria eléctrica, en filamentos para lámpadas, no sector automobilístico.

3


3. ÉPOCA: II GUERRA MUNDIAL Ata o ano 1939 Alemaña abastecíase de volframio procedente da India e China, pero tras o bloqueo naval británico os alemáns tiveron que buscar novos depósitos de volframio. O goberno franquista autoriza ó chanceler Hitler para montar dúas empresas destinadas

á explotación

do volframio

en

Galicia.

Os

alemáns

acudiron

principalmente a dúas zonas sen explotar como era o núcleo mineiro de Casaio e a comarca de Carballo, xa antes do remate da Guerra Civil. No primeiro a extracción de volframio comezou con capital belga , despois pasou a mans dos alemáns durante a II Guerra Mundial e a Guerra de Corea, e por último antes de pechar as súas portas volveu a traballarse polos empresarios da zona. Este mineral era fundamental para realizar aliaxes de aceiro na fabricación de armamento e material militar xa que dota dunha gran resistencia. Foi empregado para conseguir blindaxes máis efectivas, canóns que resisten maior explosión e que conseguían que os proxectís chegaran máis lonxe.

4


4. O VOLFRAMIO EN GALICIA. OS POBOS MINEIROS O volframio galego tiña unha gran importancia para os alemáns, xa que era practicamente a súa fonte principal de subministro. Neste tempo Galicia encheuse de axentes alemáns dispostos a conseguir o mineral a calquera prezo e de forzas aliadas, como ingleses e americanos, que intentaban evitar a venda deste material. Dise que ó redor de 20.000 persoas traballaron de maneira oficial nas minas, pero tamén centos delas o fixeron de xeito clandestino, buscando o material en áreas sen explorar ou durante as madrugadas. Mentres o salario dun operario da época andaba polas 19 pesetas, os estraperlistas podían gañar 200 por vender un kg. Para gañar máis cartos o que facían algúns mineiros era roubar o mineral á compañía para logo vendelo no mercado negro.Tamén o coto mineiro serviu de campo de concentración para militares republicanos en liberdade vixiada, que reduciron as súas condenas mediante traballo. Na actualidade todas estas minas do volframio que tiñamos en Galicia están practicamente abandonadas.

5


5. SUBMARINOS NA RÍA DE VIGO Vigo foi durante a II Guerra Mundial unha gran base de submarinos alemáns, vital para as súas operacións no Atlántico e como escala cara o Mediterráneo. No ​ buque Bessel desembarcábase ós feridos e dábaselles descanso ás tripulacións en refuxios secretos na cidade e na veciña Redondela. Tres submarinos foron afundidos fronte ás Illas Cíes en 1943, mentres que un cuarto, tivo que refuxiarse en Vigo con serios danos tras o ataque e, finalmente trasladárono a Ferrol, onde se retirou finalmente en 1945. Unha vez que o volframio era extraído das minas mediante vagonetas, cargábanse en camións que levaban este mineral ata o cargadeiro de Rande, onde unha vez aí se metían nos submarinos que o levaban ata Alemaña.

6


6. AS MULLERES DO VOLFRAMIO Nas minas do Fontao moitos dos traballadores eran mulleres que se encargaban de furar, sachar, escavar, separar ou lavar este mineral tan prezado. Dende 1940 ata 1945, durante a II Guerra Mundial produciuse unha época de febre do volframio, onde os alemáns querían conseguir o ouro negro de calquera xeito. É por iso que moitas mulleres puxéronse ó servizo destas minas para mellorar a economía familiar, xa que eran tempos moi difíciles despois da guerra sufrida no noso país. Extraían ó redor de 2 quilogramos diarios, para sacar a final de mes uns 40 quilogramos.

7


7. CURIOSIDADES * As persoas que acudían ós montes para extraer o volframio polos seus propios medios e vendelo de contrabando, eran coñecidos como os que ían ​ “á roubeta”​ . Estes escondían o volframio nos petos ou nas dobreces dos pantalóns, na sola dos zapatos, e incluso en bastóns ocos. * A poboación aumentou en moitos pobos, como o caso de Lousame onde pasaron de ter 4900 habitantes a máis de 6500. *Apareceron novas fontes de comercio e de ocio nos pobos como tabernas, casinos, cines, etc. E onde a xente despois de traballar ían pasar tempo alí.

8


8. CONCLUSIÓN Eu saquei deste traballo ademais de coñecementos e cultura do nosa comunidade unha serie de conclusións que vou explicar a continuación: ● Do volframio pareceume que no pasado era moi valioso, e por ese feito houbo varias desputas entre algúns pobos, o cal non repercute nos recordos acerca dos usos deste mineral. ● Esta ben que recordemos o noso pasado xa que sempre é importante para seguir avanzando e comprendendo como foi evolucionando a nosa sociedade.

9


9. BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA *​ GIRÁLDEZ LOMBA, Antonio.​ Vigo y la Segunda Guerra Mundial, Instituto de Estudios Vigueses

*​ VÁZQUEZ GIL, Lalo. ​ Historias de las Rías​ . Faro de Vigo, Artes Gráficas del Mediterráneo, 2000.

*​ VILLARES, Ramón. ​ Historia de Vigo​ . Vigo, 2000 *​ LOIS GONZALEZ, Rubén. ​ Historia de Vigo​ .Nobel, Oviedo, 2007

WEBGRAFÍA: *​ http://www.galiciaparaelmundo.com/blod=51&recurso_id=3131g/?page_i *​ http://routesofwolfram.eu/es/memoria-de-los-hombres/contexto-historico/es pana/115-las-minas-de-volframio-en-galicia.html

Nota: Imaxes do traballo pertencentes a google imaxes “etiquetas para reutilización”.

10


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.