O volframio

Page 1

O VOLFRAMIO

Xabier Ferreiro 6ยบB CEIP Frian-Teis


Índice 1. Introdución……………………………………………………………………………………2 2. Época:II Guerra Mundial……………………………………………………………...3 3. Volframio e usos.………………………………………………………………………...4 4. Volframio en Galicia.…………………………………………………………………..5 5. Mapa das minas galegas máis importantes…………………………….....6 6. Submarinos alemáns.…………………………………………………………………..7 7. Curiosidades.………………………………………………………………………………..8 8. Conclusión.…………………………………………………………………………………..9 9. Bibliografía e Webgrafía.…………………………………………………………..10

1


1.Introduci贸n Neste traballo vou falar do volframio, un mineral moi codiciado na II Guerra Mundial polos nazis e polos ingleses. Con este traballo quero que todos aprendades un pouco m谩is sobre o Volframio tam茅n chamado W贸lfram ou Tungsteno. Espero que vos guste.

2


2. Segunda Guerra Mundial Foi un conflito militar que enfrontou ás grandes potencias daquela época. Por unha parte loitaban as forzas do eixo: Alemaña, Italia e Xapón, que representaban os estados totalitarios, e por outra banda as forzas aliadas formadas polas democracias occidentais e a Unión Soviética. As causas principais deste conflito foron as negativas por parte de Alemaña de aceptar as fronteiras que se estableceran no Tratado de Versalles e o seu afán de dominio en Europa. O conflito comezou o 1 de setembro de 1939 coa invasión dos nazis en Polonia, e rematou cunha vitoria dos Aliados (alianza militar) contra as Potencias do Eixe en 1945.

3


3. Volframio e usos O volframio é unha substancia química, moi escasa na codia terrestre en forma de óxido e sales de distintos minerais; de cor gris aceirada, denso e duro. Esta característica facía que endurecera as armas, tanques, avións e todas as ferramentas e utensilios feitos con este metal empregados nas guerras. Hoxe en día utilizase en móbiles, en lámpadas, en ferramentas cirúrxicas e outros obxectos.

4


4. Volframio en Galicia En Galicia o volframio comezou a ter importancia co estalido da Segunda Guerra Mundial, tanto nazis coma ingleses querían este metal para endurecer as armas e ser superiores aos outro. Chegou a ter tanta importancia, que comezaron a construírse pobos ó lado das minas deste cobizado mineral. Debido a que Hitler axudara a Franco durante a Guerra Civil Española, o chanceler alemán quería poder ter un acceso único ás minas e ameazaron con bombardear as minas se non expulsaban aos ingleses (propietarios das minas ata ese momento). O material extraido era levado en grandes camións ata a ría de Vigo, onde logo se cargaban en grandes buques ou submarinos que ían camiño de Alemaña ou Inglaterra dependendo do país que o mercara. Moitos destes cargamentos non chegaban ó seu destino xa que antes de saír da ría, os ingleses bombardeaban ós submarinos alemáns. Logo tamén tiñan dúas formas de conseguilo; ou ben mercalo legalmente ao peso ou mercalo ilegalmente aos contrabandistas. Os alemáns facíano legalmente mentres que os ingleses, o facían ilegalmente xa que non podían entrar nas minas porque eran alemás.

5


5. Mapa das minas galegas mĂĄis importantes

6


6. Submarinos alemáns Os submarinos eran o medio de transporte de volframio máis empregado polos alemáns, xa que ao ir baixo o mar eran máis difíciles de atopar e empregaban o modelo V-CIII dos U-Boots. Os ocupantes destes submarinos tiñan residencias nas localidades próximas ao lugar onde os submarinos descansaban como é o caso de Redondela, onde aínda hoxe en día se poden observar casas pertencentes a estas familias. Para poder facer unha viaxe longa dende Galicia ata Alemaña precisábanse unha serie de recursos; os cales eran levados aos submarinos mediante barcos, que viñan dende Alemaña con víveres pola noite para que os ingleses non os viran. Estes submarinos eran moito máis rápidos con respecto ós da anterior Guerra Mundial, debido ó motor eléctrico e o seu casco que eran máis duros debido ó volframio.

7


7. Curiosidades Cando se extraia volframio de forma ilegal, os estraperlistas deste mineral como o vendían ó peso mesturábano con lascas de ferro e así conseguían enganar ós compradores. Pero este engano durou pouco, xa que os alemáns empezaron a empregar o imán que separaba o ferro do volframio. Outra das formas do estraperlo era simular que ían pasear cuns bastóns que estaban ocos por dentro, e a cada pouco, durante o seu paseo paraban, collían volframio metíano no bastón e continuaban. Unha vez que o tiñan cheo ían vendelo de contrabando ós ingleses, que pagaban un prezo maior co dos alemáns. Tamén acudían ó monte mulleres con nenos para disimular, dicindo que ían recoller piñas. O que facían era ir metendo nun saco unhas piñas e despois volframio e así varias veces. Ó chegar á casa limpaban ben a pedra e deixaban só o volframio para ir vender. Hai unha expresión que recolle ao feito de saír da casa e ir ó monte a por volframio para logo vendelo de estraperlo que é: “Ir a roubeta”

8


8. Conclusión Eu creo que este traballo foi moi interesante facelo. Espero que os que se animen a lelo lles sexa útil a información. Eu aprendín moitísimo traballando deste xeito, deberiamos facer traballos deste tipo máis a miúdo.

9


9. Bibliografía e Webgrafía GIRÁLDEZ LOMBA, Antonio. Vigo y la Segunda Guerra Mundial. Instituto de Estudios Vigueses LOIS GONZÁLEZ, Rubén. Historia de Vigo. Nobel, Oviedo, 2007 VÁZQUEZ GIL, Lalo. Historias de las Rías. Faro de Vigo, Artes Gráficas del Mediterráneo, 2000. VILLARES, Ramón, Historia de Vigo. Vigo, 2000

Información das curiosidades collida dos vídeos: “Minas de Galicia”, “Os buscadores de volframio”, “ “Minas de San Finx” e "As minas de San Finx II" Información collida da Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Wolframio

Nota: Imaxes empregadas no traballo seleccionadas de google imaxes con “etiqueta para reutilizar”.

10


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.