CTV 25 Aniversario

Page 1


PRODUCIÓNS

CTV 25 ANIVERSARIO COORDINACIÓN PUBLICACIÓN E TRADUCIÓN: ILUSTRACIÓN: DESEÑO E MAQUETACIÓN: Polbographix IMPRESIÓN: Gráficas Garabal S.L. © Fundación Araguaney - Puente de Culturas, 2009 Fundación Araguaney - Puente de Culturas Montero Rios, 23 - Entreplanta 15706 Santiago de Compostela Tel.: +34 981 55 96 12 e- mail: fundacion@araguaney.com www.fundacionaraguaney.com ISBN: DEPÓSITO LEGAL:


3


4


ÍNDICE Saúdos 1. Producións 1985- 2009 2. Estudio de dobraxe 3. Centro de formación 4. Instalacións 4.1 Exteriores 4.2 Platós 4.3 Departamentos 4.4 Perruquería e maquillaxe 4.5 Vestiario 4.6 Carpintería 5. Equipamentos técnicos 5.1 Cámaras 5.2 Iluminación 5.3 Grafismo 5.4 Unidades móviles 6. Detrás das cámaras Despedida de D. Xosé Arias, D. Ramón Domínguez e D. Ghaleb Jaber Ibrahim.

5


saĂşdos 6


7


SAÚDOS

8


Alberto Núñez Feijóo Presidente da Xunta de Galicia Cada vez escoitamos con maior frecuencia resaltar o papel estratéxico que o sector audiovisual está chamado a xogar na sociedade. De feito, numerosos expertos apuntan que a falta de consolidación e crecemento neste terreo pode incrementar as xa agudas diferenzas entre nacións. CTV é sen dúbida unha empresa pioneira no desenvolvemento do audiovisual galego, e ten contribuído de maneira incomparable á difusión do traballo dos nosos creadores, situando o sector da Comunidade na vangarda da produción española. Por ese motivo quixera transmitirlle á produtora os meus sinceros parabéns, e agradecerlle a oportunidade que me brindan de participar neste libro conmemorativo dos seus 25 anos. Esta produtora, integrada no Grupo Araguaney que preside con acerto Ghaleb Jaber, dispón na actualidade de máis de 10.000 metros cadrados de estudios de cine e televisión distribuídos en platós de distintos tamaños. A súa traxectoria vai practicamente da man da historia da autonomía galega, xa que iniciou a súa andaina antes mesmo de que empezase a emitir a Televisión de Galicia. Logo dun cuarto de século de actividade, CTV continúa a ser unha das principais produtoras do sector audiovisual. Os profesionais deste sector desempeñan unha tarefa de enorme responsabilidade: entreteñen, mais tamén moldean actitudes, crean estilos e condutas e reforzan moitos dos grandes valores da sociedade. Ademais, as empresas do audiovisual crean emprego e representan un sector neurálxico para a economía, o emprego e a conservación da propia identidade cultural. Vai xa unha década desde que a totalidade do arco parlamentario galego aprobara por unanimidade a Lei do Audiovisual de Galicia, incidindo especialmente na condición de estratéxico para o audiovisual. Desde aquela, avanzouse moito pese a quedar moito por facer. A Xunta de Galicia quere ser e está sendo plenamente consciente da importancia da achega dun audiovisual forte e competitivo ao desenvolvemento cultural e económica da comunidade. Debemos pensar no audiovisual como un dos posibles catalizadores para reconverter o sistema produtivo galego e saír vigorosos da actual situación económica. Como presidente, mais tamén como cidadán interesado no cine e na televisión, que en numerosas ocasións goza co bo facer dos grandes profesionais da fermosa aventura do audiovisual galego, reitero os meus parabéns para CTV, e conformo a vontade do goberno da Xunta de Galicia de contribuír a que o sector audiovisual galego, pese aos tempos de crise que estamos a vivir, se faga aínda máis competitivo para afrontar novos desafíos e encarar o futuro con esperanza.

9


SAÚDOS

10


Alfonso Cabaleiro Durán Secretario Xeral de medios Xunta de Galicia Parabéns polos 25 anos de CTV. A historia do audiovisual galego foi outra a partir do nacemento da Televisión de Galicia, pedra angular sobre a que se consolidou un tecido industrial propio que permite asumir actualmente a existencia dun sector en fervenza no que a empresa CTV é tamén unha referencia punteira, xurdida cando en Galicia apenas existían iniciativas voluntaristas sen vocación empresarial e de servizo ao país a través dunha actividade que, pola contra, xa agromaba como sector de futuro. No cuarto de século da súa existencia, CTV soubo estar en primeira liña a prol de consolidar un sector agora considerado estratéxico pola Xunta de Galicia, que está a xerar riqueza e contribúe a espallar a imaxe dun país de seu, comprometido coa tecnoloxía e a comunicación audiovisual en todas as súas vertentes. Tamén a través de infraestruturas de vangarda, profesionais cualificados e contidos competitivos, que axudan a consolidar unha industria que hai vintecinco anos apenas existía. CTV contribuíu a iso coa súa impecable traxectoria empresarial, desde o eido dos servizos, desde a formación e a innovación, e naturalmente, desde a produción de contidos, moitos deles entre os máis celebrados e exitosos da Televisión de Galicia. Que unha empresa como CTV consolide a súa existencia e a súa traxectoria, na seguridade de que manterá e superará esa liña de traballo, é unha boa nova, primeiro para os seus promotores e traballadores, e despois para o propio país, co recoñecemento de que sen o seu aporte seguramente a traxectoria do audiovisual galego sería outra ben diferente da que felizmente é. Traballadores e promotores, resultaría inxusto non facer unha mención particular a Ghaleb Jaber Ibrahim, un home dos bos e xenerosos, que fai da lealdade e a amizade un distintivo vital, e dos que sempre entendeu Galicia como unha forma de servizo, abrindo lazos universais e cheos de fraternidade. Parabéns a todos.

11


SAÚDOS

12


Alfonso Sánchez Izquierdo Director Xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia

Felicitacións por 25 anos de apoio ao sector audiovisual galego. Desde a CRTVG dar os nosos parabéns a CTV Producións Audiovisuais por 25 anos de esforzo e superación, que se celebran nun período complexo de transformación do sector. Ademais dos cambios tecnolóxicos que precisan os novos tempos, desde a introdución da TDT ao apagamento analóxico pasando polas novas formas de acceso ao consumo audiovisual, en especial internet, que inflúen nun traspaso da fidelidade da audiencia á canle cara ao produto, ao igual que a Televisión de Galicia, sei ben que CTV considera esta evolución como unha oportunidade para obter melloras produtivas e de calidade.

13


SAÚDOS

14


Rosa Vilas Directora- xerente de TVG desde 2009 CTV: 25 anos facendo futuro O vintecinco aniversario da produtora “CTV” é unha data para celebrar polo moito que esta empresa ten contribuído e contribúe á formación dunha industria galega que se move en torno á actividade audiovisual. Pero a efeméride suxire tamén unha reflexión necesaria sobre o futuro que han de encarar produtoras e medios audiovisuais nun momento de grandes cambios tecnolóxicos como consecuencia da revolución dixital na que estamos inmersos. Alguén dixo que o mellor modo de prever o futuro é crealo, máxima que, sen dúbida, inspirou o nacemento de CTV e marcou toda a súa traxectoria ata hoxe. O que crea futuro permanece nel. E por iso estou convencida de que CTV camiña xa con vantaxe cara ao que vai vir. A era dixital que agora empeza, baseada nas máis avanzadas tecnoloxías, afecta os contidos televisivos, trastoca os gustos e hábitos de consumo, fragmenta as audiencias sacándoas da súa pasividade para facelas interactivas, e está a producir unha transformación profunda no modo de facer, ver e mesmo de entender a televisión. As produtoras como CTV, centradas na elaboración de xéneros para televisión, a partir de agora terán que diversificar o seu negocio e axeitar os seus produtos segundo o medio a que estean destinados. Pois a interactividade, a televisión á carta, a utilización da rede, todo iso está a enxendrar un híbrido entre a televisión tradicional e internet. Aínda que o momento é de grande incerteza, pódense xa entrever as tendencias de televisión para o futuro máis inmediato: grandes plataformas que aglutinen canles xeralistas, maioritarias, á busca de grandes audiencias; un sector especializado no que se asentarían as canles temáticas e especializadas, e polo tanto minoritarias; un terceiro grupo orientado á televisión de pagar, con contidos nos que o elevado custo dos dereitos de emisión non permitiría financialos só coa publicidade; e, por último, a televisión pública que, como o caso da Televisión de Galicia, desempeña un cometido esencial de servizo público no relacionado coa promoción cultural e normalización da lingua propia, contribuíndo decisivamente na vertebración social do país. Neste simple esbozo do que parece ser o escenario do inmediato futuro, só cómpre esperar que o ancho de banda de internet medre o suficiente e que a televisión teña conexión á rede. Isto faría moito máis doado o futuro para as empresas de contidos audiovisuais, que verían ampliado o seu campo de negocio. Como directora de Televisión de Galicia, e en nome desta casa, quero expresar a miña felicitación a CTV, aos seus traballadores e directivos, co desexo de que esta empresa audiovisual, pioneira do sector en Galicia, atinxa unha moi longa vida, fecunda e creativa.

15


SAÚDOS

16


Lois Caeiro Ex director de CRTVG Director de El Progreso A celebración dos 25 anos de CTV é unha excelente ocasión para felicitar á empresa: ós seus promotores e ós seus traballadores. Permítaseme unha mención especial a Ghaleb Jaber Ibrahim, pola súa visión estratéxica e, nun contexto particular, por ser a persoa coa que mantiven relación naqueles anos iniciais desde a Televisión de Galicia. Hai unha amizade que leva xa máis dun cuarto de século. Esta celebración é ou debería ser unha ocasión para a reflexión sobre o sector audiovisual galego e máxime no actual contexto de crise. Ou se entende o sector en termos empresariais ou dentro doutros 25 anos poderase seguir falando un sector subvencionado e dependente por unha ou outra vía do diñeiro público. Esta é unha responsabilidade de quen teña a competencia no sector público, tanto na CRTVG como na Xunta, e tamén unha responsabilidade de quen teñen ou cultivan os vimbios cos que poder facer a cesta: os futuros profesionais. Aínda que non sexa aquí o momento de explicalo, penso que o modelo pasado non val se é que realmente apostamos por un sector audiovisual que xere riqueza e emprego, que teña certa capacidade de competir nos mercados. Neste sentido entendo que CTV foi una aposta axeitada na súa concepción económica e empresaria. CTV foi e é unhas das poucas excepcións nese panorama anterior que non merecen grandes triunfalismos aínda que o chegaran a cualificar de estratéxico para Galicia. Probablemente ós xestores de CTV, e dalgunha outra empresa, habería que facerlles un recoñecemento engadido por ter competido nun mercado certamente atípico.

17


SAÚDOS

18


Ramón Villot y Villot Ex director de CRTVG O desenvolvemento da televisión en España experimentou en 1990 unha forte sacudida consecuencia da irrupción das canles privadas Antena 3, Telecinco e Canal Plus. En Galicia, a partir dese ano, duplicouse a oferta de programas televisivos, modificáronse o reparto das audiencias e da cota publicitaria e –dóeme lembralo-, a emisora máis prexudicada foi a máis débil e pouco considerada Televisión de Galicia, lastrada por unha importante débeda acumulada en exercicios anteriores, un orzamento insuficiente, unha alta porcentaxe de temporalidade nos contratos de persoal e uns recursos técnicos moi escasos. Naquel escenario e nesas circunstancias fíxenme cargo da Dirección Xeral da CRTVG. En moi poucas semanas, segundo a proposta do equipo directivo de Televisión de Galicia, anunciamos un dobre compromiso profesional: subliñar e acentuar a galeguidade da mensaxe televisiva, como correspondía a un medio público autonómico, e modernizar a programación, moi pegada daquela ós tópicos máis rancios. Coido sinceramente que nin o un nin o outro sería posible sen a colaboración da Produtora CTV. Daquela, xa con cinco anos de traxectoria empresarial, a Produtora CTV facilitoulle á Televisión de Galicia a posibilidade de cumprir algún dos seus obxectivos, entre eles o de multiplicar as horas de dobraxe ó galego e de mellorar a calidade deste servizo, o de acceder a platós axeitados para realizar producións ambiciosas e o de poñer en antena programas novidosos con profesionais que darían despois o salto ás televisións nacionais. Agora, cando a Televisión de Galicia ten superadas moitas das súas carencias e a industria audiovisual galega está firmemente consolidada, ó botar a vista atrás teño que valorar e agradecer o esforzo dos meus compañeiros da CRTVG e o apoio e a cooperación do equipo da Produtora CTV. Feliz aniversario e o meu desexo dun futuro cheo de éxitos.

19


SAÚDOS

20


Benigno Sánchez García Ex director de CRTVG

Hai vintecinco anos comezaron as emisións da Televisión de Galicia e da Radio Galega, nun panorama de oferta televisiva que pouco se parecía ao actual. Ninguén discute hoxe que aquela foi una decisión política acertada, pois desde entón os medios públicos de comunicación de Galicia tiveron moito que ver co impulso do proceso de normalización lingüística e de reforzamento da nosa identidade. Pero é que, ademais, desde moi cedo, a grella da Televisión de Galicia nutriuse en boa medida de produtos pensados e producidos en Galicia, algo que, aínda hoxe, non é moi frecuente nas televisións públicas doutras comunidades autónomas. Esta demanda propiciou o nacemento en Galicia dunha industria audiovisual, cada vez máis potente, integrada por empresas que ocupan a centos de traballadores, a maioría deles de alta cualificación. Un traballo, polo demais, de alto valor engadido e que en numerosas ocasións permite amosar o mellor do noso país. O buque insignia e empresa pioneira desa industria foi CTV, que, polo tanto, está a cumprir tamén o seu cuarto de século de vida. CTV é unha obra persoal dun galego moi singular: Ghaleb Jaber Ibrahim. Esta empresa foi a escola na que aprenderon algúns dos mellores expoñentes do noso sector audiovisual, cun modelo de negocio que integra todas as etapas que configuran o proceso de creación dos produtos audiovisuais. TV tamén deu, nestes anos, pasos significativos para abordar algo sobre o que o sector ven debatendo desde hai tempo: a necesidade de que as empresas non sexan “cativas” da demanda de Televisión de Galicia, de acadar unha dimensión óptima que lles permita competir con garantía noutros mercados. Quen tivemos algunha responsabilidade no mantemento dese soño colectivo que se chama sector audiovisual galego non podemos deixar de felicitar, polos seus primeiros vintecinco anos, a una das empresas que mellor o encarnan. Parabéns e longa e exitosa vida ao Grupo CTV.

21


SAÚDOS

Xosé- Luís Blanco Campaña Ex director da TVG CTV, empresa pioneira. Aquel foi un ano moi especial. Mais non porque fose o do nacemento de figuras do deporte de tanto renome como o futbolista portugués Cristiano Ronaldo, o campeón de motociclismo Dani Pedrosa, ou o piloto británico de Fórmula 1 Lewis Hamilton, contrincante de Fernando Alonso. O ano 1985 foi crucial porque supuxo o nacemento dunha nova Galicia, con medios de comunicación de seu, o que permitiu que, por vez primeira na súa historia, os galegos puidésemos dispor dunha radio e televisión que falaban coma nós e os xornalistas de Galicia dunhas canles que, tamén por primeira vez, lles permitiron exercela súa profesión no seu idioma propio. Estamos a falar do ano do nacemento da Radio Galega, da Televisión de Galicia, de Radio Catro –a emisora en galego de Radio Nacional-, dos espazos en galego en Radio Exterior de España… e de CTV. En realidade, CTV foi a primeira que se puxo en marcha de todas esas iniciativas tan importantes, pois foi fundada nos primeiros días de 1985. Lembremos que a Radio Galega comezaría a finais de marzo e a TVG a finais de xullo, exactamente na véspera da celebración do Día de Galicia. CTV Servizos Audiovisuais é, desde a súa constitución, un referente no sector audiovisual, tanto no campo dos servizos como no da produción de contidos. O seu labor, empezando pola dobraxe, foi fundamental para a viabilidade dos medios propios de Galicia. Neste sentido, o Premio Galicia de Comunicación, que a empresa recibiu en 1996, xa recoñeceu os seus máis que sobrados méritos, pero, agora que cumpre as vodas de prata, non estará de máis que saudemos e fagamos público recoñecemento da visión de futuro que tiveron no seu día persoas emprendedoras como o doutor Ghaleb Jaber Ibrahim, desde sempre a fronte das empresas do Grupo Araguaney. Non era doado, daquela, albiscar a viabilidade duns proxectos tan incertos, por novidosos e anovadores. Tamén había que facer fortes investimentos en infraestruturas, tecnoloxía de última xeración, equipamentos… e mesmo en formación. Non había antecedentes e todo era novo. Pero a ilusión, o esforzo e a confianza cega no proxecto fixeron que CTV puidese facer o primeiro concurso emitido en prime time na TVG, o primeiro traballo de ficción galego, a primeira serie de ficción galega, milleiros de horas de dobraxe… E non esquezamos programas como Supermartes, o concurso que contou co favor da audiencia ó longo de tantos anos. As instalacións e os equipamentos da produtora do Grupo de Empresas Araguaney permiten que se podan facer en Galicia series como Pratos combinados, Libro de familia, Cifras e Letras, ou Os Tonechos. Ou que se fixera, sempre en directo, sen rede, o último programa que, de momento, tiven o gusto de presentar na TVG, A noite en Blanco. Digo “de momento” porque, polo que atinxe á produtora, ós seus medios humanos e técnicos, 22


así como ós seus directivos, volvería a presentalo cos ollos pechados. Por iso, porque fan falta iniciativas como a de CTV, a empresa pioneira do sector, e polo que supuxo, que foi moito, para a consolidación dunha televisión propia para os galegos, e logo para a televisión en xeral, saúdo con ledicia as vodas de prata da primeira produtora de Galicia. E felicito a quen, como Ghaleb Jaber Ibrahim e os seus colaboradores máis directos, souberon soñar en tempos ben difíciles coa nova realidade que hoxe temos, enfrontarse ás moitas dificultades que tiveron que arrostrar, facer posible que a mocidade galega poida traballar na televisión sen ter que emigrar, e, algo insólito hai vintecinco anos, cando naceron Ronaldo, Pedrosa e Hamilton, lograr que polo mundo adiante poida verse televisión… feita en Galicia.

23


SAÚDOS

24


Gerardo González Martín Ex director de TVG A obra de Ghaleb, un pioneiro. En 1985, Ghaleb Jaber Ibrahim xa era un pioneiro nos negocios, un home ao que, ademais, acompañaba o éxito. Non tiña que sorprender a súa iniciativa de crear CTV, porque en aventuras empresariais tanto ou máis comprometidas e quizais incertas participara. O que nos desacouga a aqueles que non temos os seus dotes, pola incerteza que supón, para personaxes como el é un acicate máis. O noso home abriu camiño nun incipiente audiovisual, adiantándose a outro visionario, Xosé Luís Barreiro Rivas, empeñado dende a Xunta en crear a Compañía de Radiotelevisión de Galicia. CTV naceu pouco antes que o complexo de San Marcos, no que tiven a honra de traballar como director da TVG soamente tres meses de 1987, ata que un desacordo cun conselleiro sobre contidos informativos levoume a dimitir. Para entón xa estivera en antena, naquela breve etapa, “A noite meiga”, o primeiro concurso que se emitía, produto da factoría que agora cumpre as vodas de prata, polas que lle fago chegar a miña máis sincera felicitación, co recoñecemento ao seu traballo e á súa traxectoria.

25


SAÚDOS

26


Xerardo Rodríguez Ex director da TVG Cando coñecín a Ghaleb Jaber souben que lle gustaba máis a televisión que ningunha das súas moitas outras empresas. Eu recentemente chegara a Compostela para dirixir a Radio Galega e el era toda unha lenda neste país. Sorprendeume a súa facilidade creativa máis que o seu imperio económico; e desde o principio, prevía que aquela produtora, CTV, entón unha recentemente nada, da súa man chegaría a liderar o mercado audiovisual privado de Galicia. Pasaron xa vintecinco anos desde aquel día en que coñecín a Ghaleb no seu Araguaney e a súa traxectoria como produtor foi en grao sumo brillante. CTV creceu con el á fronte e converteuse nunha das produtoras vangardistas españolas. O seu famoso Plató 1000 foi e é aínda o escenario máis popular da televisión en Galicia. Nel fixéronse e séguense facendo os grandes programas. E por el desfilaron e desfilan os personaxes máis importantes e coñecidos. No meu traballo como director de TVG tiveron moito que ver o Plató 1000 e CTV. Por iso quero agradecer a súa inestimable colaboración de entón coa miña máis efusiva felicitación por cumprir un cuarto de século e desexarlle longa vida.

27


SAÚDOS José Francisco Rodil Lombardía Ex director da TVG No aniversario de CTV, empresa pioneira do audiovisual galego. Hoxe pódese falar dun sector audiovisual propio de Galicia, xerador de emprego e de riqueza, que manexa un nada desprezable volume de negocio. Pero esta realidade, que agora nos parece algo natural, fai vintecinco anos antollábasenos unha mera entelequia. Só algún inspirado visionario podía entón acertar a imaxinar o futuro. E polo menos un houbo ao que atribuír tal mérito, o empresario palestino, fincado en Compostela, de nome Ghaleb Jaber Ibrahim, que fai 25 anos tivo esa feliz intuición. Non sen risco e capeando o temporal da descorazonadora e xeral incomprensión, non do todo conxurada, o emprendedor Jaber fundou a produtora CTV sobre un solar audiovisual ermo, onde nada existía. Era o mes de xaneiro de 1985, medio ano antes de que iniciase as súas emisións Televisión de Galicia, proxecto incerto ao que poucos auguraban longa vida, e menos os capaces de entrever o moito que os medios públicos haberían de contribuír á vertebración social da nosa terra. CTV empresa de dobraxe, produtora de televisión e de servizos audiovisuais e tamén, a través da Fundación Araguaney, do mesmo grupo empresarial, centro permanente de formación de profesionais do sector, creceu e desenvolveuse á vez que Televisión de Galicia, á que apoiou coa súa incipiente infraestrutura, axudándolle a dar os primeiros pasos. As primeiras dobraxes da canle autonómica, as primeiras asistencias técnicas, as primeiras producións de televisión, as primeiras seleccións de presentadores e actores, os cursos de formación, etc., saíron da factoría CTV. Pode dicirse que CTV e Televisión de Galicia camiñaron da man, como pioneiros audaces, sentando as bases do que hoxe é o conglomerado audiovisual galego, que hoxe pasou a ser un sector estratéxico da economía de Galicia. No transcurso deste cuarto de século, a industria audiovisual sufriu constantes e moi importantes transformacións, ás que as non foron alleas as empresas galegas, ás veces con gran esforzo económico, non sempre entendido pola Administración. A normativa legal específica, que regula o funcionamento da radio e televisión públicas, e as medidas de apoio institucional que case sempre chegaron urxidas polas evidencias, facilitou o florecemento dun sector fai vintecinco anos inexistente. Pero o gran esforzo xurdiu da iniciativa empresarial, que se preocupou de incorporar as últimas tecnoloxías, de investigar tendencias, de innovar os formatos, de crear equipos de profesionais, co sentimento patriótico de empeñarse en desenvolver unha industria galega de marca, comprometida coa cultura e a lingua propias. Desde un principio, CTV soubo harmonizar a súa condición de empresa privada, con fins lucrativos, dedicada á creación de produtos e prestación de servizos audiovisuais, co

28


sentido social e cultural ao que se debe a súa propia actividade. Hoxe CTV é historia. Vintecinco anos de historia. Pero unha historia que non acaba aquí, que continúa, moi viva, producindo, formando, innovando, loitando contra as circunstancias tantas veces adversas, que se volven penosas inclemencias nestes tempos en que a crise económica lastra tantas iniciativas. O meu desexo é que CTV siga cumprindo anos e contribuíndo ao crecemento e á boa consideración propia e allea que se gañou a industria audiovisual galega. Aproveito o acontecemento deste aniversario para felicitar aos traballadores e directivos de CTV, facendo extensiva a miña felicitación, humilde pero sentida, a todo o grupo empresarial. Director da TVG entre xaneiro de 1990 e xullo de 1994

29


SAÚDOS

30


Arturo Maneiro Ex director de TVG Desde a súa constitución, CTV sempre foi unha empresa fundamental no sector audiovisual de Galicia. As súas iniciativas e investimentos proporcionaron unha infraestrutura moi importante para o desenvolvemento da televisión autonómica. Pero tamén foron un factor de creación de traballo para profesionais do audiovisual nesta comunidade autónoma. Realizadores, presentadores, operadores de cámara, técnicos de son e de todas as demais áreas tiveron oportunidade de iniciarse en CTV, ata con cursos específicos para todas estas áreas. Xa desde os comezos de Televisión de Galicia, CTV estivo achegando ideas e propostas de novos contidos. Algúns deles foron pioneiros e sempre ofreceron fórmulas asumibles pola televisión autonómica. De feito foi a primeira produtora de Galicia que ofreceu un programa diario en bartering. En todos estes programas deron oportunidades a actores e presentadores que posteriormente triunfaron en televisións de difusión nacional. Eu sempre defendín que as administracións públicas e os gobernos deben facilitar e apoiar todas aquelas iniciativas empresariais que fagan investimentos e creen riqueza, tanto para os seus accionistas como para os traballadores. As infraestruturas creadas por CTV representan hoxe a maior aposta de estudos e estudio para a produción audiovisual en Galicia. Sería lóxico que tamén levase a cabo a maior carga de traballo audiovisual en Galicia. Entendo que os encargos de produción da televisión pública deben estar en relación co investimento das empresas; é dicir, deben ser proporcionais ao risco que asumen, á creación de postos de traballo e aos contidos que ofrecen. Desexámoslle a CTV e ao audiovisual galego que sigan contando coa súa actividade durante outros 25 anos, polo menos.

31


SAÚDOS

32


Anxo Quintanilla Louzao Ex director de TVG Actual Director- xerente do Consorcio Audiovisual Galego

Hoxe existe unha percepción unánime de que o sector audiovisual galego é potente, é versátil, é creativo, é importante para transmitir dentro e fóra de Galicia unha imaxe moderna e atractiva do país. O noso audiovisual é un sector relevante, tanto polo seu compoñente empresarial como pola súa repercusión social. Nos últimos 25 anos, o labor das institucións autonómicas -e moi especialmente a TVGfoi esencial neste sentido, pero é xusto recoñecer que nada sería igual sen unha empresa como CTV , que celebra agora o seu 25º aniversario. A tarefa -e estiven a piques de describir “a aventura”- de botar a andar o audiovisual galego tivo a CTV entre os seus máis auténticos e eficaces pioneiros. Hai vintecinco anos eran necesarias enormes doses de fe no país e de valentía emprendedora para poñer en pé unha empresa como CTV, orientada á produción de programas e á dobraxe. Esa fe e esa valentía converteron CTV no referente máis claro no sector privado. Estivo en todas as frontes para contribuír ao tecido profesional, tecnolóxico e creativo no que se asenta o noso audiovisual. Grazas a CTV, encabezada por Ghaleb Jaber, formáronse técnicos, dobráronse series e películas, medrou o número de profesionais de todos os sectores, levantáronse novos platós e salas de edición, producíronse concursos, shows, documentais, programas de humor.... CTV tivo un papel moi activo na produción de programas de entretemento e tamén nunha área na que a súa aportación resultou moi valiosa: levou a cabo a primeira serie de ficción en galego (Os outros feirantes, 1990), colaborou a que se abrira definitivamente o camiño da ficción en Galicia (Pratos combinados, 1995) e a que se consolidara o éxito popular das series (Libro de familia, A Familia Pita, Pequeno hotel, Pepe O Inglés...) En CTV poden sentirse moi orgullosos de cumprir os seus primeiros vintecinco anos... E isto é só o principio!

33


SAÚDOS

34


Suso Iglesias Ex director da TVG

Baixar ao moro Baixar ao moro! sempre llo escoitei a Xesús Campos, guionista xenial, cando lle remataba o contrato coa “galega” e acudía ao refuxio do Plató 1000 de Montouto. Era propiedade da empresa CTV e tiña como cabeza máis visible a Ghaleb Jaber Ibrahim, un palestino chegado a Compostela nos anos setenta que foi aprendendo galego sen darse conta. A estrea desta peliculiña de risa (“Baixar ao Moro”) coincide no tempo con manifestacións artísticas -e das outras- en Vigo e na Coruña, coa reconversión de Gayoso de avogado matrimonialista a entertainment televisivo, coas zonas verdes de Xerardo Estevez, coa ascensión e morte do barreirismo e tamén co nacemento dunha lenda inquietante: a de que “un tal moro” ía a por todas na recén inaugurada e controvertida capital do Apóstolo e de Galicia. Seica co paso dos anos, o palestino galeguizado anda escéptico e contrariado co espazo audiovisual galego. E digo eu que esa melancolía só lle pode vir dunha alma de emigrante, nunca do que foi, é ou será CTV, a empresa que fundou co irrepetible espírito dos pioneiros. Moita atención a este ano de efemérides diversas e fastos xacobeicos, porque en Montouto, concello de Teo, algo empezou a ferver hai un cuarto de século. Un grupo humano de técnicos ilusionados, unha superficie de 1000 metros cadrados, un teito cheo de luces, cámaras e… acción!. Parabéns a todos eles.

35


PRODUCIÓNS

producións 1985-2010 36


CTV Produccións Audiovisuais nace en 1985, co obxectivo de se converter nunha empresa de referencia tanto no campo dos servizos como no da produción de contidos, e inicia a súa andaina antes incluso de que a televisión autonómica galega, a TVG, empece a emitir. A partir de entón é responsable de fitos como o primeiro concurso emitido en prime time na TVG, A noite meiga (1987), a primeira produción de ficción galega para televisión Novo de Parmuide (1987), ou a primeira serie de televisión feita en Galicia: Os outros feirantes (1989). Ademais, programas clásicos do imaxinario colectivo da nosa comu­ nidade como Supermartes, O rei da comedia, Pasarela de estrelas, O país dos ananos ou Gran Casino saíron desta factoría. Despois de 25 anos de actividade, CTV segue a ser unha das princi­pais produtoras do sector audiovisual.

37


PRODUCIÓNS

POLOS CAMIÑOS DA OUTRA FISTERRA 1. Este documental de carácter antropolóxico xira arredor dunha viaxe por outros pobos de orixe celta. 2. Inclúe tres producións diferentes, como Así é Bretaña, Brenda Wootton e As cruces de pedra na Bretaña, esta primeira sobre viaxes. 3. Tamén lle descubre a os telespectadores os cruceiros que Castelao describiu no seu libro “As cruces de pedra na Bretaña”. 4. “Brenda Wootton”, centrado nesta cantante galesa, é a terceira das producións de ‘Polos camiños da outra Fisterra’. 5. Tamén Cunqueiro buscou as orixes celtas que relacionan Galicia coa Bretaña. 6. O documental baséase en que, segundo os xeólogos, Galicia e Bretaña estaban unidas e formaban parte dun mesmo territorio. 7. A Bretaña, como Galicia, é un lugar no que as lendas e a realidade se confunden. 8. As semellanzas entre Galicia e Bretaña centraron a primeira produción de CTV.

38


1

2

3

4

5

6

7

8

39


PRODUCIÓNS

APÚNTASTE A UN BOMBARDEO? 1. Neste programa participan tres concursantes, que teñen que responder preguntas sobre imaxes ou de cultura xeral. 2. Cada pregunta ten un valor en metálico ou puntos intercambiables por premios. COMPOSTELA, PATRIMONIO MUNDIAL 3. En 1985 Santiago de Compostela foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO. 4. Para a recepción oficial do galardón, en marzo de 1986, CTV elaborou un documental sobre a capital galega. GALICIA INÉDITA 5. Esta serie documental producida para TVG mostra aspectos da vida cotiá de interese xeral, pero poucas veces amosados na televisión. 6. Ao longo de catro anos, emitíronse máis de 130 programas. PUEBLOS DE GALICIA 7. A serie documental Pueblos de Galicia convida a viaxar por diferentes lugares da Comunidade. 8. O obxectivo é amosar a idiosincrasia e a vida nas diferentes vilas galegas.

40


1

2

3

4

5

6

7

8

41


PRODUCIÓNS

42


PREMIOS ARAGUANEY DE OURO 1986 - CRTVG O Araguaney de Ouro é un premio de honra para distinguir as iniciativas máis destacadas pola súa importancia no desenvolvemento de Galicia. A Compañía de Radiotelevisión de Galicia levou o primeiro destes galardóns, en 1986. 43


PRODUCIÓNS

A NOITE MEIGA 1. Cabeceira de A noite meiga, un concurso de parellas de emisión semanal. 2. Os colaboradores prepareando unha lacoada. 3. A Meiga era un personaxe fixo xunto coa Pantasma, o Estafador e o Demo. 4. As azafatas do programa posan sorrintes nun plató cheo de maxia. NOVO DE PARMUIDE 5. Esta é a primeira produción de ficción realizada para Televisión de Galicia. 6. Roberto Vidal Bolaño construíu esta historia baseándose en escritos e contos do escritor Álvaro Cunqueiro. 7. Nesta produción quedan perfectamente definidos os personaxes cunqueirianos e, con eles, certa forma de entender a vida dunha Galicia típica, pero non tópica. 8. A ironía, o humor e o dramatismo son os principais elementos de Novo de Parmuide.

44


1

2

3

4

5

6

7

8

45


PRODUCIÓNS

46


PREMIOS ARAGUANEY DE OURO 1987 – TELEVÉS Televés S. A. conseguiu o Araguaney de Ouro en 1987. Na foto, recolle o premio D. Domingo Carrascal, presidente do Consello de Administración da empresa de telecomunicacións. 47


PRODUCIÓNS

GRAN CASINO 1. Gran Casino foi un dos espazos preferidos pola audiencia da TVG e ofreceu máis de 70 noites de diversión. 2. Manuel Manquiña presenta este espazo no que catro concursantes compiten por conseguir diversos premios. 3. O concurso combina dous coñecidos xogos de azar, o black-jack e a ruleta, con outras probas de coñecementos e de habilidade. 4. Posta a punto do plató deste divertido programa. DESDE AS RAÍCES 5. Esta serie documental parte de que na cultura popular hai manifestacións universais cun sustrato común e que certas tradicións, ou similares, poden atoparse noutras latitudes. 6. Os contidos etnográficos expóñense dun xeito ameno e á marxe dunha falsa interpretación localista. PREMIOS ARAGUANEY DE OURO 1988 – BANCO PASTOR E CAIXAS GALEGAS 7. O Araguaney de Ouro deste ano foi para o Banco Pastor e as Caixas de Aforros de Galicia. 8. Un momento da entrega do premio.

48


1

2

3

4

5

6

7

8

49


PRODUCIÓNS

50


PREMIOS ARAGUANEY DE OURO 1988 – BANCO PASTOR E CAIXAS GALEGAS Na foto, o presidente da Fundación Araguaney, D. Ghaleb Jaber Ibrahim, cos representantes de Banco Pastor, Caixa Galicia, Caixa Vigo, Caixa Ourense e Caixa de Pontevedra. 51


PRODUCIÓNS

GRAN CASINO 1. O espectáculo e a sorpresa son as claves do éxito deste programa. 2. A o longo da súa emisión, contou con actuacións de artistas como Georgie Dann. GALICIA INÉDITA 3. Os temas que aborda este programa son moi variados: festexos, romarías populares, oficios tradicionais ou personaxes peculiares. 4. Galicia inédita tamén mostra paisaxes insólitas, zonas con microclimas ou lugares en perigo. OS OUTROS FEIRANTES 5. Os outros feirantes é unha serie de televisión producida por TVG baseada na obra homónima de Álvaro Cunqueiro. 6. Trátase de sete historias independentes dirixidas a todos os públicos. 7. Alfredo Landa interpreta un dos protagonistas. 8. Na serie participan uns 70 actores galegos, como Tuto Vázquez, Ernesto Chao, Xosé Manuel Olveira “Pico”, José Ángel Egido e Margarita Fernández.

52


1

2

3

4

5

6

7

8

53


PRODUCIÓNS

54


OS OUTROS FEIRANTES A actriz Rossi de Palma tamén participou neste gran drama, así como outros intérpretes recoñecidos no panorama estatal. 55


PRODUCIÓNS

O XOGO DA REOCA 1. Desde o primeiro momento e a o longo das súas 50 emisións, O xogo da Reoca situouse nos primeiros postos do ranking de audiencia na TVG. 2. O programa consta de tres grandes bloques: os dous primeiros baseados no tradicional Xogo da Oca e o terceiro, a poxa final, que se denomina a oca dos ovos de ouro. 3. Todas as probas se realizan contrarreloxo. 4. O concurso inclúe un mini espazo para que participen os telespectadores. 5. A tradicional carreira de sacos é unha das probas do concurso. 6. Os participantes tentan a sorte no último xogo, A oca dos ovos de ouro. PREMIOS ARAGUANEY DE OURO 1990 – FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA 7. O traballo da Fundación Semana Verde de Galicia foi recoñecido co Araguaney de Ouro en 1990. 8. Na foto, o presidente da Fundación Semana Verde, D. José Maril Sánchez, recolle o premio.

56


1

2

3

4

5

6

7

8

57


PRODUCIÓNS

BAMBÁN CLUB 1. María Xosé Rodríguez presenta este espazo, decorado coma se se tratara dun club nocturno dos anos corenta. 2. Os convidados son famosos, pero ás veces tamén persoas anónimas. 3. Ademais, Bamban Club ofrece actuacións para entreter o espectador. 4. Na foto, a xornalista Rosa Villacastín, que acudiu como convidada a este programa. SABOR 92 5. Con esta gala realizada no Plató 1000, Televisión de Galicia despediu por todo o alto o ano 1991 e deulle a benvida a 1992. 6. Silvia Jato foi a presentadora deste programa, que contou con varias actuacións musicais. 7. Ana Kiro foi unha das artistas que cantou en Sabor 92. 8. Na imaxe, Ana Kiro e Morris nunha intervención durante a gala.

58


1

2

3

4

5

6

7

8

59


PRODUCIÓNS

O XOGO DA REOCA 1. O humor, a emoción das preguntas e as probas, así como a intervención dunha serie de personaxes fixos son fontes de dinamismo neste programa. 2. Na imaxe, Morris e Teté Delgado nunha intervención durante o concurso. 3. Os concursantes podían gañar moi bos premios, coma este coche. 4. Teté Delgado exerce de secretaria do programa. SABOR A TI 5. A popular Silvia Jato, que foi Miss Nacional en 1990, estreouse como presentadora neste magazine. 6. As actuacións musicais son un dos eixes do programa. Na foto, Cómplices. 7. Luz Casal foi outra das artistas que actuou en Sabor a ti. 8. Tamén as entrevistas e o humor forman parte da esencia deste magazine.

60


1

2

3

4

5

6

7

8

61


PRODUCIÓNS

62


SABOR A TI Na foto Silvia Jato e un convidad oconversan neste entretido magazine. 63


PRODUCIÓNS

SUPERMARTES 1. Supermartes permaneceu en antena de xeito ininterrompido durante 13 anos. 2. O popular Xosé Manuel Piñeiro, Superpiñeiro, é o presentador deste programa. 3. Na imaxe, a primeira copresentadora, Sisi, cuns concursantes. 4. O Mentireiro Verdadeiro é unha das probas estrela do concurso. Ana Kiro, Carrabouxo e Farruco foron algúns dos mentireiros. 5. O esqueleto Atilano converteuse na imaxe do programa. 6. Só un concursante pode chegar á última proba do Supermartes: a Superpantalla. MISS GALICIA 92 7. As galas de Miss Galicia celébranse no plató 1000 de CTV. Cada unha das aspirantes conta cun vídeo promocional para a súa presentación. 8. Unha das candidatas a Miss Galicia 92, un título que ofrece a posibilidade de aspirar a Miss España.

64


1

2

3

4

5

6

7

8

65


PRODUCIÓNS

TRAS DO SILENCIO 1. Xosé Antonio Perozo dirixe e presenta este programa dedicado ás ciencias ocultas. 2. Numerosos convidados participaban nun debate sobre temas como o máis alá. 3. Unha das moitas escenas que tiñan lugar no programa. 4. Na foto, o presentador fala cunha das convidadas deste programa, que tiña unha duración duns 70 minutos. 5. Un momento do debate. 6. Perozo foi director da área de Cultura da TVG. PREMIOS ARAGUANEY DE OURO 1992 – LA VOZ DE GALICIA 7. Imaxe da Gala dos V Premios Araguaney de Ouro, celebrada en 1992. Nesta ocasión, o galardón foi para o periódico La Voz de Galicia. 8. Na foto, o presidente de La Voz de Galicia, D. Santiago Rey Fernández-Latorre, co Araguaney de Ouro.

66


1

2

3

4

5

6

7

8

67


PRODUCIÓNS

MUNDO MISTERIOSO 1. Este programa céntrase no esoterismo e nas ciencias ocultas. 2. O presentador é Manuel Carballal, que é investigador, ufólogo e criminólogo, ademais de reporteiro. 3. A pretensión é esclarecer temas de difícil acceso para a mente. 4. Na imaxe, o equipo do programa grava uns petroglifos para logo discutir sobre a súa orixe e significado. GALA MISS GALICIA 93 5. Paco Lodeiro, Teté Delgado e Xosé Manuel Piñeiro presentaron a gala de Miss Galicia 93. 6. As candidatas á coroa de Miss Galicia desfilan ante a mirada do público. 7. Imaxe de todas as participantes de 1993. 8. Miss Galicia 93 posa cos condutores da gala.

68


1

2

3

4

5

6

7

8

69


PRODUCIÓNS

COMPOSTELA, SOL E LÚA 1. O guión desta tv movie foi escrito polo popular escritor e xornalista Boris Izaguirre. 2. O filme narra a difícil historia de amor entre dous mozos, Claudia e Javier. 3. A actriz galega Aurora Mestre (dereita) dálle vida á nai de Claudia, Nora Robles, un dos obstáculos para a relación desta con Javier. 4. O venezolano Tito Rojas dirixiu este proxecto. No seu país dirixiu telenovelas como Cristal, Topacio, La Dama de Rosa ou Abigail. 5. A ambición, as drogas e acontecementos do pasado son outros dos problemas que terán que afrontar os mozos. 6. Tamén o popular actor e presentador Roberto Vilar participa nesta tv movie. 7. A cidade de Santiago de Compostela é unha protagonista máis da historia. Na imaxe, rodaxe en Praterías. 8. Teté Delgado dálle vida a outro dos personaxes malvados do filme.

70


1

2

3

4

5

6

7

8

71


PRODUCIÓNS

SUPERMARTES 1. Supermartes é un programa dirixido a todos os públicos. Na imaxe, unha das probas. 2. Superpiñeiro coas súas “azafaifas”, que axudan a poñer a punto todas as probas. CAFÉ-CAFÉ 3. Café-Café foi o primeiro magazine de tarde que emitiu Televisión de Galicia. 4. Teté Delgado e Paco Lodeiro son os presentadores deste espazo. NA CASA 5. Na Casa foi o primeiro magazine matinal de Televisión de Galicia. Na imaxe, unha foto de todo o equipo. 6. O decorado representa unha casa, na que se reúnen os convidados para conversar. 7. A actriz Teté Delgado e o xornalista Santiago Davila son os presentadores deste espazo. 8. Boris Izaguirre, un colaborador habitual do programa.

72


1

2

3

4

5

6

7

8

73


PRODUCIÓNS

CAFÉ-CAFÉ Outra bonita imaxe deste magazine de tarde presentado por Paco Lodeiro e Teté Delgado. 74


NA CASA Santiago Davila e TetĂŠ Delgado. 75


PRODUCIÓNS

BUSCAMOS UNHA ESTRELA 1. O obxectivo deste concurso magazine é buscar novos talentos no mundo artístico e da comunicación. 2. Os presentadores, Kin Llorca e Belén Enríquez, con algúns dos participantes. 3. A o programa asisten convidados que participan no concurso e valoran a calidade artística dos intérpretes. 4. De Buscamos unha estrela saen novos artistas de diversos ámbitos como a música ou a moda. MISS GALICIA 5. Todas as candidatas a Miss Galicia posan con roupa de rúa. 6. No centro da imaxe, Miss Galicia 94, xunto coas representantes das catro provincias galegas. SUPERMARTES 7. En total emitíronse 635 programas da produción. 8. O coche era un dos premios máis desexados do Supermartes.

76


1

2

3

4

5

6

7

8

77


PRODUCIÓNS

78


SUPERMARTES Atilano celebrou a sĂşa voda en 1994. 79


PRODUCIÓNS

PASARELA DE ESTRELAS 1. A primeira etapa do programa foi presentada por Belén Enríquez e Pemón Bouzas e a segunda por Silvia Jato e Xacobe Pérez Paz. 2. Este programa musical busca novos valores no mundo da canción e da pasarela. Na foto, actuación de Xosé Manuel Piñeiro. 3. A o longo das emisións realízanse os concursos de ‘Modelo Galego do Ano’, tanto masculino como feminino. 4. O xurado do programa debe elixir os mellores participantes de cada categoría. ESTRELAS, O PROGRAMA 5. Outro espazo destinado á exhibición e busca de talentos en diversos eidos, como a música, o humor ou a moda. 6. Diana Nogueira e Luis Boyano son os presentadores deste programa. 7. Presentadores e convidados posan no escenario. 8. O xurado estaba composto pola cantante Sabela, a actriz e presentadora Teté Delgado e o transformista Christian.

80


1

2

3

4

5

6

7

8

81


PRODUCIÓNS

PRATOS COMBINADOS 1. Pratos combinados é a primeira comedia de situación producida e interpretada integramente por galegos. 2. A serie narra as aventuras de Miro Pereira e a súa familia que, retornados da emigración, rexentan o bar Suízo. 3. Trátase dunha produción externa gravada nas instalación de CTV. Permaneceu en antena máis de dez anos. 4. Pola serie pasaron actores como Mabel Rivera, Ernesto Chao, Antón Durán ‘Morris’, Sergio Pazos ou María Castro. A TODO TREN 5. Nesta curtametraxe estreouse ante as cámaras o popular presentador Javier Veiga. 6. As vidas dun músico namorado, un vello gardaagullas e un pastor están relacionadas grazas a un elemento común: o tren. 7. A guionista e xornalista Lidia Mosquera dirixiu esta comedia de dez minutos. 8. O personaxe de Javier Veiga intenta poñerlle fin á súa vida na vía do tren.

82


1

2

3

4

5

6

7

8

83


PRODUCIÓNS

PREMIOS ARAGUANEY DE OURO 1995 - USC 1. O Araguaney de Ouro de 1995 foi para a Universidade de Santiago de Compostela, que celebrou nese ano o seu 500 aniversario. 2. O premio recolleuno o reitor da USC naquel momento, D. Darío Villanueva Prieto. SUPERMARTES 3. O equipo de Supermartes celebra o seu terceiro aniversario. 4. A famosa proba das Superprendas, na que os concursantes tiñan que sacar unha prenda por cada pregunta fallada. 5. Piñeiro e azafatas conversan co gañador dun dos programas. 6. A trompeta de Atilano era temida na proba de Asalto á Fama. 7. Outra das probas deste exitoso concurso. 8. Piñeiro e Sisi explícanlles aos telespectadores outro dos xogos.

84


1

2

3

4

5

6

7

8

85


PRODUCIÓNS

SI, QUERO! 1. Os protagonistas deste programa son tres parellas a piques de casar. 2. Yolanda Vázquez é a presentadora deste concurso. 3. A través das probas, os concursantes deben demostrar ata que punto se coñecen e as súas habilidades. 4. Todas as parellas levan algún premio, aínda que só unha pode gañar. TODA UNHA VIDA 5. Cabeceira deste magazine nocturno que se emite unha vez por semana. 6. Este foi o primeiro programa que presentou a popular artista Ana Kiro. 7. Cada semana ofrece interesantes entrevistas a coñecidos personaxes do mundo artístico. 8. Ademais, sempre hai actuacións en directo. Na imaxe, Los Platers.

86


1

2

3

4

5

6

7

8

87


PRODUCIÓNS

PREMIOS GALICIA COMUNICACIÓN 1. A cerimonia, na que actuaron os Panchos, foi emitida en directo desde o Plató 1000. 2. En 1996 CTV S.A. recibiu este importante galardón polo labor realizado no campo da televisión. SUPERMARTES 3. En 1996, o Supermartes pasa a emitirse en directo. 4. A mesa dos mentireiros segue a ser unha das probas máis populares do programa. 5. O equipo celebra o seu cuarto ano en antena. 6. Na imaxe, as azafatas acompañan a algúns dos concursantes. 7. A ex Miss Galicia Nelly Fernández tamén copresentou o Supermartes con Piñeiro. 8. Algunhas partes do concurso poñen a proba os coñecementos de cultura xeral dos concursantes.

88


1

2

3

4

5

6

7

8

89


PRODUCIÓNS

90


SUPERMARTES Unha simpática imaxe de Atilano e Xosé Manuel Piñeiro.

91


PRODUCIÓNS

RISAS, RISAS 1. Programa de humor presentado por Santiago Romay. Na imaxe, os actores Gloria Ferreiro e Don Vila. 2. Roberto Vilar e Diana Nogueira tamén forman parte do elenco do programa. 3. Os chistes dramatizados son unha parte fundamental de Risas, risas. Na foto, a actriz Cristina Castaño. 4. Tamén se empregan cámaras ocultas: Aquí a cantante Sabela posa con Roberto Vilar. 5. O ex xogador de baloncesto Fernando Romay facía as entradillas do programa. 6. Outra divertida escena desta produción de CTV. 7. Dous dos actores preparados para gravar unha escena nun parque. 8. Roberto Vilar caracterizado como un médico cuns grosos lentes.

92


1

2

3

4

5

6

7

8

93


PRODUCIÓNS

TODA UNHA VIDA 1. Ana Kiro nun momento da entrevista que lle fixo ao famoso humorista Eugenio. 2. O cantante Víctor Manuel tamén actuou neste programa. 3. O actor, pallaso, poeta e humorista Pepe Villuela amosou o seu humor. 4. E o mago e presentador Pepe Carroll fixo unha demostración dos seus trucos diante do público asistente. SUPERMARTES 5. Boa parte do equipo celebra o quinto aniversario do programa. 6. Momento da proba das Superprendas, a última antes de chegar á final do concurso, coa Superpantalla. 7. Sergio Pazos foi un dos mentireiros do Supermartes. 8. Piñeiro e a azafata Astrid observan un dos moitos xogos que se fixeron no programa.

94


1

2

3

4

5

6

7

8

95


PRODUCIÓNS

SUPERMARTES Piñeiro e Atilano. 96


SUPERMARTES De esquerda á dereita, Xosé Arias, director de CTV, Ghaleb Jaber, Presidente de CTV, Anxo Quintanilla, director nese momento da TVG e Xosé Manuel Piñeiro, presentador do Supermartes. 97


PRODUCIÓNS

A NOITE EN BLANCO 1. Un programa en directo no que se suceden entrevistas e actuacións musicais. 2. Xosé Luis Blanco entrevista a Diana Nogueira. O GALEGO ENTRE RÚAS 3. Este espazo está dedicado á análise do uso habitual da lingua galega. 4. Os participantes son persoas anónimas. 5. O programa inclúe preguntas que deben ser respondidas cunha palabra en galego. 6. Tamén se pregunta por definicións ou polo emprego do galego. PREMIOS ARAGUANEY DE OURO 7. Na oitava edición destes premios foron galardoados o Centro Hospitalario Universitario de Santiago e a Escola Camilo José Cela do CHUS. 8. As estatuíñas foron recollidas polo ex xerente do Hospital Xeral de Galicia daquela, D. Manuel Ariza, e pola directora da Escola Camilo José Cela, Dna. Ruth Gómez.

98


1

2

3

4

5

6

7

8

99


PRODUCIÓNS

SAÚDE E CONSUMO 1. Un programa divulgativo sobre medicina preventiva. 2. Está patrocinado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e Consumo da Xunta de Galicia. SUPERMARTES 3. Diana Nogueira, no centro, tamén foi azafata do Supermartes. 4. Unha foto do equipo tomada en 1998. 5. Os concursantes dun dos programas, participando nunha divertida proba. 6. Piñeiro na mesa dos mentireiros, nesta ocasión: Pili Pampín, Don Vila e Gloria Ferreiro. 7. Outro divertido xogo que hai que superar para continuar concursando. 8. Xosé Manuel Piñeiro e Nelly Fernández, que continúa copresentado o programa neste ano.

100


1

2

3

4

5

6

7

8

101


PRODUCIÓNS

TODOS A BORDO 1. Neste concurso só hai dous participantes, que deben demostrar a súa sabedoría para gañar diñeiro e tamén para continuar no programa. 2. Pilar García Rego foi a presentadora da primeira tempada. 3. O público en directo tamén forma parte do concurso. 4. Na foto, a “capitá ” do programa posa cun dos concursantes. VIVIR XUNTOS 5. Un proxecto educativo destinado á formación de mozos e mozas. 6. Cada programa está formado por micro-espazos dun minuto. 7. O obxectivo é educar na tolerancia e no respecto polos demais. 8. A educación vial ou o coidado do entorno foron algúns dos temas tratados.

102


1

2

3

4

5

6

7

8

103


PRODUCIÓNS

LORCA, SANTIAGO Y SEIS POEMAS GALLEGOS 1. Coincidindo co centenario do nacemento de Federico García Lorca, CTV produciu este documental dramatizado. 2. A produción xira arredor dos poemas que o poeta granadino escribiu en galego. 3. Unha das escenas do documental, na costa galega. 4. O actor Luis Zahera é un dos protagonistas deste proxecto. TODOS A BORDO 5. A segunda tempada presentouna o polifacético Manolo Romón. 6. Na imaxe, Romón posa cunha das azafatas do programa. SUPERMARTES 7. A actriz Gloria Ferreiro dálle vida á simpática Dona Hermitas, que sempre aparece polo Supermartes. 8. A mesa dos mentireiros en 1999, cun chamativo decorado.

104


1

2

3

4

5

6

7

8

105


PRODUCIÓNS

106


SUPERMARTES Atilano prep谩rase para decidir se a canci贸n que interpreta o concursante merece un trompetazo. 107


PRODUCIÓNS

CONTACONTOS 1. En tres ou catro minutos, varios actores galegos narran historias curtas baseadas en contos da literatura universal. 2. Paula Carballeira ou Cándido Pazó son algúns dos contacontos. TELEVISIÓN TOTAL 3. Os polifacéticos Roberto Vilar e Manolo Romón presentan este programa. 4. A presentadora Yolanda Vázquez, na imaxe, participou neste magazine nocturno. 5. Tampouco Paula Vázquez tivo reparo en amosar o seu sentido do humor. 6. O fío condutor do programa é a relación entre os dous presentadores e a complicidade que establecen cos convidados. 7. Ademais, o programa conta cunha mini-serie humorística, que parodia os estereotipos do cine negro. 8. Neste talk-show mestúranse reportaxes e entrevistas a personaxes curiosos con seccións satíricas presentadas por colaboradores do programa.

108


1

2

3

4

5

6

7

8

109


PRODUCIÓNS

PREMIOS ARAGUANEY DE OURO 1999 - XACOBEO 1. Nesta ocasión, o Araguaney de Ouro foi para o Xacobeo 99. 2. O ex presidente Manuel Fraga e o ex conselleiro de Cultura Jesús Pérez Varela recolleron o premio. PREMIOS GALICIA COMUNICACIÓN 3. Plano xeral do plató 1000, onde se celebrou a gala destes premios, que estivo presentada pola xornalista Victoria Rodríguez. 4. O premio Galicia Comunicación deste ano foi para o intelectual D. Isaac Díaz Pardo. 5. Na imaxe, os representantes da Xunta presiden a gala. 6. D. Ghaleb Jaber Ibrahim saúda a Augusto Assía. TODOS A BORDO 7. Nelly Fernández tomou o relevo na terceira e última tempada do concurso. 8. En total, producíronse 360 programas.

110


1

2

3

4

5

6

7

8

111


PRODUCIÓNS

SUPERMARTES 1. Superpiñeiro e Nelly Fernández deixaron para o recordo divertidas imaxes. 2. No Supermartes tamén teñen cabida o espectáculo e a diversión. 3. Dous dos miles de concursantes que pasaron por este concurso poñen a proba os seus coñecementos. 4. As persoas do público tamén poden participar e levar premios. 5. O mestre Foscaldo pon a música en directo. 6. A Superpantalla agocha numerosos premios. 7. Un dos concursantes que tivo a sorte de gañar un coche. 8. No plató celebrouse unha divertida festa de entroido.

112


1

2

3

4

5

6

7

8

113


PRODUCIÓNS

PEQUENO HOTEL 1. O humor é un dos elementos fundamentais desta serie, que reproduce divertidas situacións nun hotel familiar. 2. Os conflitos entre os donos e os empregados do hotel son unha constante. Na imaxe, o actor Pedro Alonso. 3. Tamén os hóspedes que van chegando xeran divertidas situacións. 4. Outros intérpretes nunha secuencia desta comedia: Roberto Vilar, Luisa Veira e Gloria Ferreiro. GALICIA EXPRÉS 5. Esta serie xira arredor de Manel, un estudante fracasado que deixa a carreira para poñer en marcha unha empresa de mensaxeiros: Galicia Exprés. 6. Con Manel traballan outros mensaxeiros que, xunto cos socios que aportan o capital da empresa e outros amigos, conforman o núcleo de protagonistas da serie. SUPERMARTES 7. Plano xeral do plató 1000, onde se realizaba o Supermartes. 8. Piñeiro dálle indicacións ao seu compañeiro Atilano.

114


1

2

3

4

5

6

7

8

115


PRODUCIÓNS

116


SUPERMARTES Outra divertida imaxe de Entroido. 117


PRODUCIÓNS

SUPERMARTES CANAL SUR 1. En 2002 Canal Sur encargoulle a CTV a produción do concurso Supermartes para a súa emisión en Andalucía. 2. Parte do equipo do programa viaxou de Galicia a Málaga para poñelo en marcha. 3. O Supermartes Canal Sur estaba presentado por Superluís, mentres que a ‘mascota’ do programa era un diaño. 4. As azafatas tamén forman parte da versión andaluza do Supermartes. 5. A cantante Merche durante unha actuación musical. 6. Desde Canal Sur establecéronse conexións en directo co Supermartes galego. 7. En Andalucía tampouco se libraron de espirse para gañar. 8. O concurso repartiu premios durante meses. Na imaxe, a Superpantalla.

118


1

2

3

4

5

6

7

8

119


PRODUCIÓNS

PREMIOS ARAGUANEY DE OURO 2002 - MIGEL ÁNGEL MORATINOS 1. Este ano foi premiado D. Miguel Ángel Moratinos, como representante especial da Unión Europea. 2. O premio recoñece o seu labor no Proceso de Paz en Oriente Medio. 3. Moratinos falou ante os medios de comunicación galegos da súa experiencia como diplomático. 4. Na imaxe, D. Miguel Ángel Moratinos e D. Ghaleb Jaber Ibrahim no Hotel Meliá Araguaney. SUPERMARTES 5. A escaleta, un elemento fundamental para controlar o que sucede no programa. 6. Algúns dos mentireiros deste ano: Isi, Cristina Pato e Charlie, do grupo Los Suaves. 7. Ao terminar as Superprendas os concursantes esperan para coñecer o nome do gañador. 8. Café Quijano pasou polo Supermartes para interpretar unha das súas cancións.

120


1

2

3

4

5

6

7

8

121


PRODUCIÓNS

O LAPIS DO CARPINTEIRO 1. A película conta a historia de amor entre o médico republicano Daniel da Barca e Marisa Mallo. 2. Manuel Manquiña, Tristán Ulloa, María Adánez, Luis Tosar ou Nancho Novo, son algúns dos protagonistas. 3. Dirixida por Antón Reixa, está baseada na obra orixinal de Manuel Rivas “O lapis do carpinteiro”. 4. A historia desenvólvese en Santiago de Compostela durante a guerra civil española. 5. Foi galardoada co Premio Mestre Mateo 2003 á mellor longametraxe e estivo nomeada ós Premios Goya. 6. Tamén foi premiada no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata, Arxentina e no Festival Cinespaña de Toulouse (2004). O REI DA COMEDIA 7. Fernando Acebal e Isabel Blanco presentan a primeira tempada deste reality show con elementos de concurso. 8. Leo Bassi acudiu ao programa para darlles unha boa lección aos participantes de cómo converterse en estrelas da pantalla.

122


1

2

3

4

5

6

7

8

123


PRODUCIÓNS

124


O REI DA COMEDIA Este espazo está amenizado por unha banda de música en directo 125


PRODUCIÓNS

EMERXENTES 1. Este espazo documental analiza o panorama actual das novas tendencias en Galicia. 2. En total, emitíronse trece programas, nos que participaron expertos galegos. O LADRÓN DE RELIQUIAS 3. A trama desta película xira arredor do roubo das reliquias do Apóstolo Santiago na cripta da catedral compostelá. 4. Liberto, un estreito colaborador do Bispo Don Adolfino, ponse á fronte da operación e contrata oa catedrático Cosme Durán. 5. A partir de aí, comezan as indagacións que os levarán a distintos puntos do Camiño de Santiago e mesmo a Portugal. 6. Unha banda de ladróns de arte profesionais, unha trama de corrupción e seitas secretas son os elementos base da historia. 7. Gravación dunha das secuencias do filme, dirixido por José de Cora. 8. O humor e a intriga están asegurados nesta produción, que foi gravada en Lugo, Santiago, O Cebreiro e Astorga.

126


1

2

3

4

5

6

7

8

127


PRODUCIÓNS

GALA DO DEPORTE 1. Unha merecida homenaxe aos deportistas máis relevantes do momento. 2. Alfonso Hermida e Diana Nogueira son os presentadores do evento. 3. Arsenio Iglesias recolle un galardón pola súa traxectoria no fútbol. 4. As autoridades e os premiados posan ó final da gala. TRES EN EL CAMINO 5. A peregrinaxe a Santiago de Compostela que emprenden tres persoas de distintas culturas centran a trama desta película. 6. Os personaxes principais son un asistente social holandés, unha famosa poetisa japonesa e unha moza brasileira. 7. Cada un dos protagonistas debe enfrontarse a unha batalla interior mentres fan o Camiño de Santigo. 8. O filme está dirixido por Laurecen Boultimg, que colaborou con Kubrik e Loach, entre outros cineastas.

128


1

2

3

4

5

6

7

8

129


PRODUCIÓNS

130


TRES EN EL CAMINO Ao longo da película mestúranse escenas de ficción con outras máis propias dun documental. 131


PRODUCIÓNS

SUPERMARTES 1. Atilano vixía que todo no programa saia á perfección. 2. Marlene Morreau sae dunha tarta ante a mirada atónita da familia Varela. O REI DA COMEDIA 3. Os cómicos puxeron bo humor e diversión nas noites da TVG. 4. O espazo, amenizado por unha banda de música, consta de entrevitas, sketchs e reportaxes. MAÑÁ SERÁ OUTRO DÍA 5. Beatriz Oviedo e Tomás Alonso presentan este magazine sobre temas cotiáns dos últimos cincuenta anos. 6. Tamén Josemi Rodríguez Sieiro e Paco Clavel charlaron neste magazine sobre as súas vivencias. 7. Ademais de actuacións en directo, o programa conta cunha banda de música propia: Os retrovisores. 8. Joselito, durante unha actuación no programa.

132


1

2

3

4

5

6

7

8

133


PRODUCIÓNS

134


MAÑÁ SERÁ OUTRO DÍA A base do programa son as entrevistas a personaxes que, no seu día, foron portada nos medios de comunicación. Na foto, Ángel Gradín e Alfredo Landa. 135


PRODUCIÓNS

ARRAMPLA CON TODO 1. Neste concurso dous contrincantes compiten por chegar á final coa axuda dos seus familiares e amigos, que actúan como cómplices. 2. O concurso, presentado por María Solar e David de Coirós, á esquerda, desenvólvese no interior dunha casa na que se atopan todos os premios que o gañador pode conseguir. 3. Arrampla con todo recibiu o premio ‘Ciencia en acción’ polo seu labor divulgativo no campo da física. 4. Os concursantes participan nunha das probas baixo a mirada de David de Coirós. 5. Na foto, dous concursantes e María Solar atenden ao experimento do físico e investigador Jorge Mira. 6. Unha imaxe do equipo do programa. EMERXENTES 7. Ademais da temática, tamén importa a forma na que se amosan os contidos. 8. Emerxentes tratou todas as expresións culturais e artísticas ao longo da súa emisión.

136


1

2

3

4

5

6

7

8

137


PRODUCIÓNS

SUPERMARTES 1. Ao longo deste ano pasaron moitas caras famosas polo Supermartes. Na imaxe, Superpiñeiro entrevista a David Bustamante. 2. King África interpreta outro dos seus éxitos no escenario do programa. 3. As azafatas Paula e Pili demostran que tamén elas saben cantar. 4. As “azafaifas” do programa, disfrazadas con vestidos de inspiración árabe no martes de Entroido. 5. Inma del Moral, Miss Galicia e a cantante Merche coincidiron noSupermartes. 6. Tampouco faltou a visita de Paola Santoni. 7. Nin a de Veruska, que foi Miss Venezuela en 1997. 8. David Amor e Superpiñeiro conversan con Nani Gaitán.

138


1

2

3

4

5

6

7

8

139


PRODUCIÓNS

140


SUPERMARTES O baile tamén está presente no programa. Na imaxe, tres artistas fan unha demostración de danza árabe. 141


PRODUCIÓNS

EUREKA 1. Trátase dun programa de divulgación científica que se presenta baixo a forma de parodia dos espazos de televenda. 2. Os conductores do programa, de esquerda a dereita: Piti Sanz, Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés e Xesús Ron. 3. Os protagonistas son os científicos máis importantes da historia, xa que eles mesmos dan a a coñecer os seus inventos e descubrimentos dun xeito ameno. 4. Este espazo está dirixido ao público infantil e xuvenil, que pode asistir á gravación. PARVOS PERO NON TANTO 5. Un grupo de monicreques que traballa nun programa de televisión atípico é o protagonista desta produción. 6. Na imaxe, unha secuencia coa presentadora e xornalista Beatriz Manjón. 7. A pesar de ser profesionais comprometidos e serios, estes monicreques son un pouco parvos. 8. Pero quizais é a necidade o que volve a estes peculiares personaxes inmunes a un medio de comunicación tan difícil como a televisión. Ao mellor, non son tan parvos.

142


1

2

3

4

5

6

7

8

143


PRODUCIÓNS

EN L’AIRE 1. A serie permite coñecer a vida cotiá de Aeroliñas Inter a través de Irene, unha piloto que acepta dirixir a empresa. 2. Ademais de novos retos profesionais, a moza debe enfrontarse ás responsabilidades do o novo cargo. 4º SEN ASCENSOR 3. A trama desta serie artéllase sobre a vida de tres estudantes que comparten piso. 4. Divertidas situacións xorden da convivencia e do trato con veciños e amigos. 5. En total emitíronse 33 capítulos desta comedia dirixida por Beatriz del Monte. 6. 4º sen ascensor está gravada ao estilo americano, con público presente no plató. PEPE O’INGLÉS 7. O protagonista desta serie é Pepe, un peculiar personaxe ao que lle gusta todo o inglés, como os modais ou a ironía, aínda que, ó mesmo tempo, segue a ser moi galego. 8. Pepe O Inglés, interpretado por Miguel de Lira, rexenta un curioso taller de reciclaxe, no que tamén fai pequenos inventos co seu axudante Suso.

144


1

2

3

4

5

6

7

8

145


PRODUCIÓNS

LIBRO DE FAMILIA 1. Esta serie de ficción, producida por Editorial Compostela e gravada nas instalación de CTV, conta a historia de tres familias galegas de distinta procedencia social. 2. A historia desenvólvese en Santalla, unha vila rural galega dos anos 60. 3. A serie leva máis de cinco anos en antena e continúa sendo líder de audiencia cada domingo á noite. 4. Levou o premio ao mellor programa autonómico de ficción nos X Premios ATV da Academia das Ciencias e das Artes de Televisión de España. ENTRE HORAS 5. O programa, conducido por Xosé Manuel Piñeiro, conta cunha mesana que se analiza a actualidade e se fan entrevistas. 6. Ademais, hai interesantes seccións presentadas por diferentes colaboradores. Rubén Riós e Noemí Martínez son dous deles. PRATOS COMBINADOS 7. A serie, que é unha produción externa gravada nas instalacións de CTV, permaneceu en antena máis de dez anos. 8. Por ela pasaron actores como Ernesto Chao, Mabel Rivera, Sergio Pazos, María Castro ou Antón Durán Morris, entre outros.

146


1

2

3

4

5

6

7

8

147


PRODUCIÓNS

SUPERMARTES 1. Piñeiro co simpático galo Cecilio e o creador deste, Santi. 2. Os Tonechos participaron na celebración do 13º aniversario do programa. 3. Unha Foto de familia de todo do equipo que traballa diante e detrás das cámaras deste lonxevo espazo. 4. O Supermartes despediuse despois de liderar durante máis de 13 anos os postos da audiencia dos martes. 5. Superpiñeiro, Dona Hermitas, dúas azafatas e dúas empregadas de mantemento e limpeza das instalacións do Supermartes despídense no último programa. 6. Unha simpática imaxe de David Amor, colaborador do Supermartes, con Bibiana Fernández. 7. Actuación de ‘Os dous de sempre’, que agora son ‘Mucha e Nucha’, os dpus de sempre. 8. Xosé Manuel Piñeiro rodeado polas súas azafaifas, os actores de cámaras ocultas, o mestre Foscaldo e os seus colaboradores.

148


1

2

3

4

5

6

7

8

149


PRODUCIÓNS

150


SUPERMARTES Un brinde polo Supermartes e por todos os que colaboraron nel. 151


PRODUCIÓNS

CIFRAS E LETRAS 1. Un concurso de emisión diaria que mide a capacidade de entenderse cos números e as letras de dous participantes. 2. Paco Lodeiro (esquerda) presenta este espazo que supera os 1000 programas emitidos. ROMPE EL DÍA 3. Este documental xira arredor da vida de Paquita, que é porteira dun edificio do centro de Madrid. 4. Na súa xuventude, Paquita foi bailarina e viaxou polo Mediterráneo e Oriente Medio cun grupo de ballet español. 5. O documental narra o regreso da bailarina, logo de 35 anos, aos países que a marcaron cando era moza. 6. O filme recolle o reencontro desta muller co Líbano, Siria, Grecia ou Turquía, ademais dos seus sentimentos e memorias. OS BOSQUIMONOS 7. Os protagonistas deste microespazo son Sabiárbore, unha árbore sabia e milenaria, e Cornelio, un mono chistoso e un pouco ignorante. 8. Sabiárbore ten que responder as mensaxes e correos electrónicos dos espectadores con preguntas sobre a natureza.

152


1

2

3

4

5

6

7

8

153


PRODUCIÓNS

GLOBAL SAPIENS 1. En só tres minutos, dous monicreques amosan aos nenos sobre temas de interese ou curiosidades de todos os ámbitos do saber en só tres minutos. 2. Os contidos do programa son de fácil comprensión e accesibles ata para os máis pequenos da casa. O SHOW DOS TONECHOS 3. Esta produción conta as aventuras polas que teñen que pasar os Tonechos (Víctor Fábregas e Roberto Vilar) cando Facenda lles embarga a casa. 4. Xuntos, peregrinan por Galicia para buscar un teito no que vivir e, se pode ser sen traballar moito, mellor. RADIOMACUTO 5. Esta produción de ficción permítenos coñecer as vidas de catro fogares a través das súas ventás correspondentes. 6. Tres das vivendas están habitadas respectivamente por un matrimonio con fillos, unha nai e a súa filla solteirona e uns estudantes. O cuarto fogar cambia continuamente de inquilinos. CASTELO DE MEIGA 7. Este programa de monicreques desenvólvese nun castelo acolledor, entrañable e misterioso. 8. Aquí viven Meiga, o vampiro Ramiro, a pantasma Sara, a momia Golfi e o gato Brunildo.

154


1

2

3

4

5

6

7

8

155


PRODUCIÓNS

AMELIA E AS SEREAS 1. Esta curtametraxe gravada en formato cine conta a historia de Amelia, unha muller que sofre o maltrato do seu home. 2. A protagonista, interpretada por Rosa Puga, vive en perfecta conxunción co mar, un elemento que suporá un alivio na súa vida. 3. Os exteriores do filme, dirixido por Ghaleb Jaber Martínez, foron gravados en Noia e Porto do Son. 4. Luís Zahera, Francisco J. Pazos son algúns dos actores que tamén participan no proxecto. PEQUENO GRAN SHOW 5. Os máis pequenos da casa son os protagonistas deste programa. 6. Yolanda Vázquez presenta o espazo coa colaboración de Damián Cortés. 7. Os convidados, como a cantante Natalia, que son entrevistados polos nenos. 8. Cada programa acolle a representación de dous colexios de Galicia.

156


1

2

3

4

5

6

7

8

157


PRODUCIÓNS

AIR GALICIA 1. Este espazo busca facer rir ao espectador a base de pezas de humor. 2. Por primeira vez na Televisión de Galicia incluíuse unha sección dedicada aos líderes políticos. 3. Na imaxe, foto do equipo da primeira tempada da serie. 4. Isabel Risco e Marcos Pereiro danlles vida a Beti e Costoia. LUAR 5. Luar, o programa máis veterano da TVG, comeza a emitirse en directo desde o plató 1000 no 2006. 6. Polo programa seguen a pasar coñecidos artistas, coma o cantante Manolo Escobar. 7. Mucha e Nucha, un dos dúos cómicos que actúa no programa. 8. Unha foto de colaboradores do Luar, co presentador Xosé Ramón Gayoso á frente.

158


1

2

3

4

5

6

7

8

159


PRODUCIÓNS

PREMIOS ARAGUANEY DE OURO 1. D. Isaac Díaz Pardo recibe o Araguaney de Ouro pola súa traxectoria profesional e persoal, sempre a prol da cultura e identidade galegas. 2. D. Ghaleb Jaber Ibrahim conversa co intelectual e artista. 3. Actuación do Trío Joubran no acto de entrega do Araguaney de Ouro. 4. Para celebrar o premio organizouse un xantar con varios persoeiros da cultura galega, así como representantes da política compostelá e da Xunta. 5. O alcalde de Santiago, D. Xosé Sánchez Bugallo, saúda o homenaxeado. 6. Outro momento do xantar no Hotel Meliá Araguaney. PEPE O’INGLÉS 7. A serie está creada e dirixida por Zopilote e protagonizada polo grupo de teatro Chévere. 8. Ensaio dun dos capítulos desta divertida comedia.

160


1

2

3

4

5

6

7

8

161


PRODUCIÓNS

162


PEPE O’ INGLÉS Unha foto do elenco de actores que participa na serie, entre os que se atopan, ademais de Miguel de Lira, Pepe Penabade, Paula Carballeira, Manuel Cortés e Xesús Ron. 163


PRODUCIÓNS

EFECTOS SECUNDARIOS 1. A serie trata sobre a vida e o traballo do persoal dun centro de atención primaria dunha vila galega. Na imaxe, o elenco de actores. 2. A protagonista é Alicia Sampaio, interpretada pola actriz Isabel Blanco. 3. Interveñen actores como Ernesto Chao, Gloria Ferreiro, Rosa Álvarez ou Evaristo Calvo, entre outros. 4. Unha escena con Manuel Millán, Iolanda Muiños e Pilar Bárcena. ARRE DEMO 5. Este programa de humor baséase en bromas feitas con cámara oculta. 6. O control de realización está situado na parte traseira dunha furgoneta. 7. As persoas da rúa son as víctimas deste programa. 8. Os actores poñen en situacións comprometidas, aínda que tamén divertidas, a calquera que pase xunto a eles.

164


1

2

3

4

5

6

7

8

165


PRODUCIÓNS

166


ARRE DEMO Os actores, preparados para a acci贸n.

167


PRODUCIÓNS

AIR GALICIA 1. Escena de Lopo, na 3ª tempada deste programa de sketchs de humor. 2. Air Galicia foi galardoada co premio Mestre Mateo á mellor serie de televisión no 2007. Na imaxe, o equipo da cuarta tempada. PEQUENO GRAN SHOW 3. Yolanda Vázquez canta cun dos nenos convidados ó programa. 4. Damián Cortés facendo bromas detrás de cámara co equipo técnico ó lado. LUAR 5. O actor Luis Zahera interpretou o popular carteiro Anselmo. 6. Rocío Jurado con Xosé Ramón Gayoso, Diana Nogueira e o xornalista Fidel Fernán. CANCIONES DE AMOR EN LOLITA’S CLUB 7. Este filme, dirixido por Vicente Aranda, está baseado na novela homónima de Juan Marsé. 8. Conta a historia de Raúl e Valentín Fuentes, dous irmáns mellizos con vidas moi distintas, ámbolos dous interpretados por Eduardo Noriega.

168


1

2

3

4

5

6

7

8

169


PRODUCIÓNS

170


CANCIONES DE AMOR EN LOLITA’S CLUB Unha escena desta longametraxe que mestura intriga, amor e traizón.

171


PRODUCIÓNS

FANTASTIC NIKÄ 1. Esta serie protagonizada por monicreques está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 7 anos. 2.O seu obxectivo é amosarlles aos máis pequenos as utilidades das tecnoloxías da información e da comunicación. 3. Nos programas abórdase o uso da telefonía móbil, o correo electrónico ou o MP3, entre outros temas. 4. Imaxe de Nika e os seus amigos. O PAÍS DOS PEQUENOS 5. Neste espazo, presentado por Belén Regueira, nenos de primaria ofrecen a súa visión inocente sobre o que pasa ao seu redor. 6. O programa selecciona nenos de toda Galicia que destacan pola súa expresividade e simpatía. ARRE DEMO 2007 7. Calquera sitio é bo para facer unha broma. 8. O formato do programa foi vendido para a súa distribución mundial.

172


1

2

3

4

5

6

7

8

173


PRODUCIÓNS

O SHOW DOS TONECHOS 1. Despois de percorrer un longo camiño buscando fogar, Tonecho e Tucho chegan a unha unha aldea costeira chamada O Roncadoiro. 2. Alí, os dous pasan a ser caseiros do Marqués que vive no lugar: Tonecho traballará de xardineiro e Tucho de chofer. 3. Simpática imaxe de Roberto Vilar e Víctor Fábregas. 4. No programa tampouco faltan a música e o baile. LUAR 5. Imaxe do arquivo da TVG dunha actuación de Los Panchos. Gayoso atreveuse a cantar con eles. 6. Ao longo das súas 18 tempadas, Gayoso contou con colaboradores para copresentar o Luar, como a artista Mercedes Peón. 7. A actriz Uxía Blanco tamén acompañou a Gayoso nas tarefas de presentación. 8. A señora de Palmírez é un dos personaxes máis extravagantes e divertidos do elenco do programa.

174


1

2

3

4

5

6

7

8

175


PRODUCIÓNS

O NORDÉS 1. A serie desenvólvese ao redor de O Nordés, un xornal de Vigo. 2. O periódico é unha empresa familiar que atravesa un mal momento económico. LUAR 3. Gayoso posa co boxeador galego “Pantera”, Paula Vázquez, Mercedes Peón e Uxía Blanco. 4. Luar, dirixido por Teo Abad e Xosé Ramón Gayoso, mantén desde os seus comezos o compromiso de promocionar a cultura e a música galegas. LAND ROBER 5. Land Rober é unha aposta de CTV para o prime time dos sábados pola noite 6. O programa encándrase dentro dos grandes espectáculos televisivos e está dirixido por Xosé Arias e Roberto Vilar, que tamén presenta. Na imaxe Roberto, entrevista a Luis Moya. 7. Roberto Vilar conta cun colaborador estrela: o popular actor Xosé Touriñán, que interpreta a Ricardo. 8. Land Rober quere entreter e facer rir, na liña dos grandes espectáculos televisivos.

176


1

2

3

4

5

6

7

8

177


PRODUCIÓNS

LIBRO DE FAMILIA 1. O actor Abelardo Gabriel interprete ó malo de Libro de Familia, Don Román. 2. Uns trinta veciños de Melide participaron como figurantes nesta serie. 3. En cada capítulo combínnse tramas de poder, amor e humor. 4. A serie recibiu trece nominacións ós Premios Mestre Mateo en 2005, tres en 2006 e sete en 2008. CIFRAS E LETRAS 5. O físico Jorge Mira e a poeta Yolanda Castaño son os especialistas en cifras e letras, respectivamente. 6. Dous dos máis de 1000 cursantes que pasaron polo programa producida por CTV. 7. Cifras e Letras celebrou en maio de 2010 o seu programa número 1000 cunha semana de emisións especiais. 8. Os tres mellores participantes da historia deste concurso televisivo, Martín, Fernando e David, volveron ó plató.

178


1

2

3

4

5

6

7

8

179


PRODUCIÓNS

LUAR 1. A actriz Diana Nogueira foi outra das copresentadoras do Luar. 2. Gayoso, acompañado por Yamilé Lavín. LAND ROBER 3. Este programa dálle a oportunidade a novos cómicos e actores de amosar as súas habilidades na televisión. 4. Na imaxe, a actuación de Teté Delgado. 5. Por Land Rober pasaron populares convidados, como Bertín Osborne. 6. Tamén José Manuel Parada participou no show. Na imaxe, responde as preguntas de Roberto Vilar. CULTURA 10 7. Cultura 10 inclúe axenda, entrevistas e unha páxina web na que colaborar con opinións. 8. Un dinámico equipo de reporteiros segue, sábado a sábado, a actualidade cultural de Galicia.

180


1

2

3

4

5

6

7

8

181


Estudios de Dobraxe 182


Para satisfacer as necesidades específicas de cada cliente, o estudio de dobraxe ofrece instalacións dotadas con equipamentos técnicos de última xeración e manipulados por persoal altamente cualificado. Contan con sistemas e servidores cos que se pode transmitir e recibir información desde calquera lugar do mundo, facilitando a flexibilidade do traballo, simplificando procesos e evitando gastos redundantes debidos á utilización de diferentes compañías para procesar o mesmo produto en diferentes idiomas. A través dos estudios Soundub, ten tamén presenza Barcelona, Madrid e Lisboa, dentro dun modelo integrado.

183


ESTUDIO DE DOBRAXE

Nestes 25 anos, o grupo Araguaney leva dobrado e sonorizado máis de 30.000 horas entre series, longametraxes e documentais en galego e en castelán.

Con máis de 500 series dobradas, a empresa especializouse en xéneros como a animación, a ficción e a telenovela. 184


O grupo dispรณn de servizos de subtitulaxe para cine e televisiรณn.

Estes estudios consolidรกronse coma un dos principais provedores de dobraxe no รกmbito estatal, tanto en galego coma en castelรกn. 185


Centro de Formaci贸n 186


A productora contribúe activamente no desenvolvemento do audiovisual galego, organizando foros, seminarios e cursos de formación en colaboración coa Fundación Araguaney e o goberno autonómico galego (Xunta de Galicia). CTV imparte diferentes cursos de formación ao longo do ano que se axustan ás demandas do mercado laboral e atenden as necesidades de promoción profesional e desenvolvemento persoal dos traballadores. Impártense cursos de operador de equipos de televisión, luminotécnico, editor e montador de imaxe, técnico de son, técnico en audiovisuais, operador de cámara, rexedor de escena e infografista de medios audiovisuais. Dende 2001 está homologado como centro colaborador de Formación Ocupacional da Xunta de Galicia.

187


CENTRO DE FORMACIÓN

Os alumnos poñen en práctica os seus coñecementos nas instalacións da productora.

O programa formativo axústase ás necesidades do mercado laboral.

188


O centro dispón de aulas teórico-prácticas con todos os medios ao servizo do alumnado.

Xosé Arias, Ghaleb Jaber e a ex Conselleira Manuela López Besteiro.

189


Instalaci贸ns 190


A produtora forma parte do Grupo de Empresas Araguaney e dispón de máis de 10.000 m2 de estudios de cine e televisión distribuídos en platós de 1100, 1000, 800, 600 e 200 metros cadrados. Pola súa versatilidade e polo seu completo equipamento, CTV resulta a empresa ideal para realizar calquera tipo de produción audiovisual: en directo, en interiores, exteriores ou con público. As súas instalacións serven de factoría de produción propia e para outras productoras e para a propia TVG, con exemplos como Pratos combinados, Libro de familia, Cifras e Letras, Land Rober, Os Tonechos e Luar.

191


INSTALACIÓNS

INSTALACIÓNS/ EXTERIORES 1. Vista aérea da productora, nunha fotografía tomada en 1999. 2. CTV dispón de máis de 10.000 m2 de estudios de Cine e Televisión

192


1

2

193


INSTALACIÓNS

PLATÓ 200 1. O Plató conta cunha superficie de 200 metros cadrados e polas súas características resulta o lugar idóneo para realizar traballos publicitarios. 2. Aquí tivo lugar a grabación de programas emblemáticos como Cifras e Letras. PLATÓ 600 3. Conta coas dimensións precisas para a produción tanto de cine coma de televisión. 4. A serie Pepe O Inglés protagonizada por Miguel de Lira, foi producida no Plató 600. 5. Polas súas características é o lugar ideal para grabacións programas con público presencial. 6. Trátase do lugar no que se graban programas con público presencial. PLATÓ 800 7. Este plató posúe o equipamento preciso para facer televisión en vivo. 8. Un dos programas máis emblemáticos feitos aquí foi O show dos Tonechos

194


1

2

3

4

5

6

7

8

195


INSTALACIÓNS

PLATÓ 1000 1. O Plató conta cunha superficie de 1000 metros cadrados. 2. Aquí tivo lugar a gravacion de programas emblemáticos como ‘Supermartes’. 3. Resulta o lugar axeitado para grandes espectáculos con público en directo como ‘Televisión total’. 4. O concurso para novos talentos do humor ‘O Rei da Comedia’. PLATÓ 1100 5. Decorado da serie Libro de Familia emitida por Televisión de Galicia. 6. O control de realización conta cun equipamento técnico punteiro. 7. O plató 1100 está conectado por fibra óptica co edificio principal. 8. Aquí tivo lugar a gravación de programas emblemáticos como Land Rober

196


1

2

3

4

5

6

7

8

197


INSTALACIÓNS

PERRUQUERÍA E MAQUILLAXE 1. Últimos retoques en maquillaxe e perruqería antes de saír a escena. 2. A maquillaxe resulta imprescindible á hora de completar os estilismos e caracterizacións detrás das cámaras.

198


1

2

199


INSTALACIÓNS

VESTIARIO

1. CTV dispón dun completo almacén de vestiario, no que hai alternativas para calquera tipo de produción. 2. A Un reputado equipo de profesionais encárgase do mantemento de roupa, calzado e complementos.

200


1

2

201


INSTALACIÓNS

CARPINTERÍA

1. É neste lugar onde se constrúen os decorados das diferentes producións audiovisuais. 2. O departamento está dotado co equipamento preciso para levar a cabo calquera tipo de proxecto.

202


1

2

203


Equipamento TĂŠcnico 204


As ducias de producións creadas nas instalacións de Montouto desde hai un cuarto de século son o mellor aval do equipo de CTV; persoas que sempre teñen presente o reto de superarse cada día, nun mercado que obriga a facelo. O equipo de CTV está formado por profesionais de extensa formación e experiencia contrastada que traballa cos mellores equipos técnicos. A empresa aposta pola innovación permanente e, para conseguila conta cun equipamento técnico de última xeración: infraestructura de vangarda para dar servizo ás necesidades presentes e futuras da industria audiovisual.

205


EQUIPAMENTO TÉCNICO

CÁMARAS 1. As cámaras de estudio están equipadas con cadea completa con TRIAX. 2. As cámaras de estudio son as broadcast de Sony, Grass Valley e Phillips. 3. Os operadores da productora destacan pola súa grande profesionalidade. 4. A grabación con steadycam outorga unha grande liberdade de movementos aos operadores. 5. As cámaras captan imaxes impactantes para reportaxes, entrevistas, documentais,... 6. O equipo humano de CTV conta cunha amplia experiencia no sector audiovisual. 7. Os equipos de produción exterior son axeitados para todo tipo de grabacións. 8. O traballo con DVcam permite moita flexibilidade para grabar e reproducir.

206


1

2

3

4

5

6

7

8

207


EQUIPAMENTO TÉCNICO

ILUMINACIÓN 1. Unha adecuada iluminación determina a calidade de cada proxecto. 2. Profesionais con ampla experiencia traballa para conseguir a iluminación perfecta. 3. Os equipos precisan traballos de mantemento básico e revisións periódicas. 4. Iluminación, ópticas, composición e texturas inflúen no resultado final. GRAFISMO 5. Os técnicos poñen en práctica os seus coñecementos en grafismo electrónico. 6. A Chyron Duet permite crear graficos en 2D e 3D. 7. Os equipos de grafismo de CTV aunan versatilidade e funcionalidade. 8. O equipo Hall proporciona as ferramentas precisas para a creación de cortinillas, títulos de crédito…

208


1

2

3

4

5

6

7

8

209


210


UNIDADES Mテ天ILES Monovolumes, turismos, furgテウns e furgonetas que albergan dテコas unidades mテウviles.

211


Detrรกs das Cรกmaras 212


Ao longo dos 25 anos de vida da compañía, os seus traballadores conseguiron formar un grupo polivalente, cualificado e preparado para afrontar os retos do futuro do sector audiovisual. Cámaras, produtores, técnicos de son, editores, montadores, rexedores, presentadores, persoal administrativo, informáticos… O equipo de CTV logrou non só un gran prestixio profesional, senón tamén formar unha grande familia que sabe gozar no traballo, como o mostran as imaxes desta sección. Calquera descanso durante a realización dunha produción é bo para rirse dos imprevistos ou para sorprender a un compañeiro. Eses pequenos momentos que non se aprecian no resultado final, dan boa conta de que o traballo leva moito mellor se prima o compañeirismo.

213


DETRÁS DAS CÁMARAS

1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8.

214

Andrés Pajares e técnicos do equipo detras das cámaras durante a rodaxe de Os outros feirantes. Hai que mobilizar a un amplo equipo de profesionais para traballar en exteriores. Ghaleb Jaber e Helena Pombo, na mesa de direción do Supermartes. Actores da serie O Nordés repoñendo forzas entre toma e toma. Mónica Martínez realizando traballos de produción para La luna reflejada en el espejo. Os construtores de decorados despregan toda a súa habilidade para crear todo tipo de espazos. Os decorados de A noite meiga están listos para que empece a gravación. Isi, David Amor e Dona Hermitas... que máis se pode pedir.


1

2

3

4

5

6

7

8

215


216


ARRAMPLA CON TODO Moita concentraci贸n na reuni贸n do equipo deste programa.

217


DETRÁS DAS CÁMARAS

1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8.

218

O enxeño dos operadores consegue os mellores movementos de cámara. O enxeño das produtoras fai que desprazarse polo set sexa moito máis sinxelo. En televisión todo ten truco: as feridas máis graves son unha mera cuestión de maquillaxe. Ghaleb Jaber Ibrahim asiste á gravación do programa Supermartes. Unha representación do equipo do programa foi recibida por Manuel Fraga. Alfredo Landa bromea co fotógrafo durante un descanso da rodaxe de Os outros feirantes. Desde o sitio máis insospeitado poden obterse as mellores tomas. Xosé Manuel Piñeiro, Superpiñeiro, repón forzas nun descanso do Supermartes.


1

2

3

4

5

6

7

8

219


220


Xosé Luis Blanco supervisa a gravación na presenza de dous cámaras.

221


DETRÁS DAS CÁMARAS

1. O traballo do rexedor, neste caso Chisco Casteleiras, resulta fundamental nunha grabación. 2. As persoas que formarán parte do público dun programa agardan para entrar no plató. 3. O plató tamén serve de escenario para a celebración do 5º aniversario do programa Supermartes. 4. Ao longo destes 25 anos, producíronse moitos cambios nos equipos técnicos de gravación. 5. CTV aposta pola formación continua. Aquí os futuros profesionais do audiovisual posan cos seus títulos. 6. A pesar do ritmo vertixinoso de traballo, sempre hai tempo para felicitar a un compañeiro. 7. O director do Supermartes, Xosé Arias, conversa cos seus guionistas. 8. Membro do equipo técnicoaproveitan a publicidade durante o programa pra descansar.

222


1

2

3

4

5

6

7

8

223


despedida 224


225


DESPEDIDA

226


Xosé Arias Director de CTV Tiña pensado algo sobre cómo cambiou o mundo do audiovisual nestes 25 anos, do difícil que era o traballo aló polo ano 1985, de con canta ilusión o faciamos todo, de canto avanzou a tecnoloxía e de canto aprendemos todos ao longo deste tempo. Pero creo que o importante non é tanto o que cambiou, como o que continúa vivo de aquel espírito. CTV cumpre 25 anos de existencia, e algúns de nos estamos a punto de cumprir 25 anos como traballadores de CTV. Nunha industria famosa pola utilización de traballadores freelance (mercenarios), que non se implican máis có xusto nun proxecto, en CTV foise quen de crear un grupo humano que traballa xunto e facendo empresa. Os medios técnicos cámbianse con frecuencia, os programas e producións teñen una vida limitada, pero en CTV hai un número importante de persoas que leva moitos anos xuntos colaborando e que foron quen de sobrepoñerse a situacións adversas e de gozar dos momentos bos. A esas persoas e a todos os colaboradores cos que nun momento ou outro compartín a vida e o traballo, son aos que lles dedico un merecido recordo.

227


DESPEDIDA

228


Ramón Domínguez Director Xeral de CTV Conmemorar os 25 anos de CTV é resumir a vida do sector audiovisual galego, porque na traxectoria de CTV pódese recoñecer toda a historia da industria audiovisual de Galicia. CTV será recordada sempre por ser a primeira empresa do sector en Galicia e a pioneira en desenvolver todas as liñas de actividade: produción de programas de televisión, series de ficción, documentais, posprodución de vídeo e audio, así como dobraxe e alugueiro de medios audiovisuais, entre os que figuran os mellores platós de televisión. CTV será recordada tamén por ser a empresa que potenciou o carácter industrial do sector, considerando o audiovisual como industria, aínda que recoñecendo a súa innegable especificidade cultural. Por iso, o audiovisual no seu conxunto (cine, televisión e actividades conexas) conforman o que se vén chamando industria cultural. Pero o grupo CTV naceu coa vocación de ser líder e estar na vangarda do sector, o que supón actitudes e comportamentos especiais. Fomentar estas actitudes e crear o clima propicio foi precisamente a misión que a min me correspondeu levar a cabo de maneira máis directa, creando un equipo coa mentalidade de ser o mellor e de estar sempre en disposición de servizo. O que se podería resumir baixo o título de “En CTV todo é posible”, misión que foi fácil conseguir xa que na Organización todos criamos nela. Baixo estes principios, CTV converteuse no referente do sector audiovisual en Galicia e nunha empresa emblemática con presenza noutras Comunidades de España, tendo como clientes a práctica totalidade dos canais de televisión. E con esta filosofía, que preside a actuación de todo o noso Grupo, continuaremos facendo industria audiovisual cos protagonistas fundamentais destes primeiros 25 anos, o equipo de CTV.

229


DESPEDIDA

230


Ghaleb Jaber Ibrahim Presidente de CTV Que unha empresa cumpra 25 anos é máis que unha oportunidade de negocio; supón a constatación da valentía e esforzo de moitas mulleres e homes galegos que, desde Galicia, teñen presente en todo momento o reto de superarse día a día. Un proxecto sólido e profesional que aposta pola innovación, ainvestigación, a formacion continua. Unha industria cultural que crea valor con produtos e fórmulas innovadoras. Son 25 anos de ilusión e amor por cada proxecto, sen buscar máis premio que o recoñecemento do noso público, os nosos traballadores e as nosas familias. E así o seguiremos facendo no futuro. Para todos os accionistas de CTV.

231


232


233



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.