Museu da Chapelaria (São João da Madeira)

Page 1

IV

FARO DE VIGO

PATRIMONIO

XOVES, 25 DE XANEIRO DE 2018

Diferentes modelos de sombreiros, presentes nas instalacións do Museu da Chapelaria.

São João da Madeira –integrada na área Metropolitana do Porto desde 2004– pode presumir de moitas cousas.Entre outras, por ser unha das cidades –segundo os estudos– con mellor calidade de vida de Portugal, por ser unha auténtica Capital do Calzado –á parte doutras industrias– e por ter un espazo de quitar o chapeu. O edificio onde funcionou durante décadas unha das máis importantes unidades fabrís do municipio –a Empresa Industrial da Chapelaria – garda hoxe máquinas, ferramentas, materias primas,produtos e historias que marcaron unha actividade indeleblemente ligada ao concello sanjoanense.Dunha antiga fábrica de chapeus naceu o Museu da Chapelaria, único na península. A Empresa Industrial de Chapelaria foi fundada en 1914 por António José de Oliveira Júnior,e foi na súa época a maior fábrica de chapeus da península Ibérica.Acompañou toda a historia empresarial do ramo en Portugal, desde a mecanización a comezos do século XX ao seu apoxeo na década dos anos 40,ata comezar o seu declive a partir da década dos 50.Acabaría por pechar en 1995. A exposición permanente está dividida nas diversas fases de fabricación dos chapeus de feltro,e aínda é posible ouvir os sons das máquinas coma se estivesen a funcionar. Contén ferramentas industriais,aparellos e rexistros testemuñais de operarios,así como diferentes coleccións de pezas para cubrir a cabeza. Contempla sete áreas distintas, distribuídas en tres pisos. Conta igualmente cunha zona de exposicións temporais, de dedicación temática. A actividade sombrereira foi unha das de maior importancia na historia da localidade.No espazo museolóxico están as imaxes, os mecanismos e as pezas que ilustran o modo

de produción dos chapeus,pero tamén a dimensión humana, social e cultural dunha comunidade para a cal esta ocupación tivo desde sempre un papel relevante O Museu da Chapelaria está baixo a tutela da Câmara Municipal de São João da Madeira,que asumiu en 1996 o le-

gado industrial resultante do peche de varias fábricas relacionadas coa industria sombrereira.Adquiriu tamén o edificio da firma máis importante deste ramo de actividade, a Empresa Industrial de Chapelaria ( EICHAP),onde máis tarde se situou o espazo museolóxico. Durante os seguintes

Coa cabeza cuberta Museu da Chapelaria (São João da Madeira) TERE GRADÍN A visita a este singular e dinámico espazo comeza xa no exterior. No patio do museo pode verse o monumento “Unhas Negras”, expresión que durante moitas décadas foi sinónimo de sombrereiro, xa que, como consecuencia do traballo en caldeiras de vapor, as uñas dos operarios deteriorábanse e quedaban tinguidas de negro.A expresión foi perpetuada polo pobo e recollida na literatura,como no caso do escritor João da Silva Correia. Empeza entón a contarse a grande historia que marcou o proceso de industrialización en Portugal a comezos do século pasado. Diferentes capítulos do romance Unhas Negras foron representados no museo en diferentes ocasións.Son historias que,ao final, crúzanse coa propia historia do espazo museo-

lóxico, onde outrora funcionaba a tamén coñecida como Fábrica Nova, que aparece no libro. Xa dentro das instalacións, á parte da exposición permanente, está patente a referida mostra Por favor, não coma os chapéus de Maor Zohar. Cada chapeu

Unhas Negras e cobertura de cabeza, realizada en feltro, liño ou delicada seda, é coidadosamente traballada, cosida e pintada á man ata dar orixe ao que Zabar chama a“creación perfecta”. Insectos, flores, comida,xogos ou contos populares son algunhas das bases da súa inspiración.

anos, equipos interdisciplinarios desenvolveron proxectos de investigación que supuxeron a base do proceso de musealización. A inauguración tivo lugar o 22 de xuño de 2005, e ao longo deste tempo recibiu diferentes premios,entre eles o de mellor museo portugués (2005) e o de mellor servizo de extensión cultural (2010). Este museo único é un dinámico espazo no que se pode ver, ouvir e tocar. A materia prima pálpase, séntese. Paralelamente, e porque os sons das máquinas e ferramentas son elemento importante do mundo fabril,reprodúcese en cada un dos sectores ou áreas de traballo, os ruídos que se escoitarían se os aparellos estivesen en actividade. Antes de concluír a visita é posible contemplar o acabado das pezas en vivo. Porque Dona Deolinda,exDe arriba traballadoabaixo: monura da fámento “Unhas brica, ex- negras”; imaxes plica a todas diferentes dos como máquinas e é o proceutensilios so mentres expostos. remata con soltura cada un dos chapeus. Neste ámbito vivo hai tamén audiovisuais, talleres, cursos,conferencias,tertulias e numerosas accións ao longo do ano.Na actualidade está patente a exposición temporal Por favor, não coma os chapéus de Maor Zabar, que mostra pezas do deseñador israelí,caracterizadas pola excentricidade e orixinalidade,en consonancia coa súa experiencia de creador para teatro.Ademais están abertos dous novos núcleos museológicos, o dedicado a António José de Oliveira Júnior,o empresario visionario co que comezou todo, e o que lembra a figura de ManoelVieira Araújo,outro importante emprendedor da zona.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.