A caixa faladora CEIP Xosé Fernández López 5º A Curso 2016 –2017
A CAIXA FALADORA
Está mañá estaba camiñando polo xardín da miñá casa e vín unha caixa preto ao valado. De súpeto, oín unha voz que dicía: Axúdame a saír da aquí! Para a miña sorpresa a voz saía da caixa. Eu pensei que sería aquela voz… un paxaro, un gato. Á tardiña a miña nai chamoume porque xa era de noite. Entrei na cociña, cenei e fun a cama. Empecei a dar voltas e voltas pensando na caixa e quedeime dormido. Pola mañá vestinme, almorcei e fun ao xardín e pregunteime: Onde estará a caixa faladora? Estaba a un lado do valado . Acerqueime e abrín a caixa . Había un gato pequeno e moi bonito. - Nai , nai atopei un gatiño . -Q uero miralo!, dixo a nai. Eu ensineille o gato e pedinlle se podía quedar con el. A miña nai dixo que si e chamámoslle Nicolás. E desde ese día somos grandes amigos.
Alicia Alonso Rodríguez
A caixa faladora Esta mañá estaba a camiñar polo xardín da miña casa e vin unha caixa preto do valado. De súpeto,oín unha voz que me dicía``Axúdame a saír de aquí!´´ Para a miña sorpresa a voz saía do interior da caixa, asomeime
pouco a pouco e vin...Un dinosauro!Era moi pequeniño. El explicoume que onte á noite quedarase durmido cun novo xoguete de pedra que lle
regalara a súa nai e ao despertarse apareceu aquí e sen o xoguete. Que raro!dixen. Entón collino e leveino para a miña habitación. Entón ocurréuseme unha idea e díxenlla ao dinosauro:
-Se durmiches a primeira vez con ese xoguete e despertaches aquí sen el, seguro que si volves durmir con el seguramente que volvas pa a túa casa.
-Xa, pero onde o vaimos atopar. -Haberá que buscar moito.
Entón buscamos por toda a casa pero nada.
Unhas horas despois saímos de casa e buscamos por todo o pobo e atopamos outra caixa. Miramos dentro e atopamos o xoguete, pero, de súpeto, veu un gato e levou o xoguete. Nós seguímolo, pero non o logramos coller. Estabamos moi cansados ata que veu o meu can e colleulle o xoguete ao gato e deumo na man. A noite
meteulle na caixa co xoguete e eu despedínme del. Ao día seguinte
levanteime da cama e fun ao xardín. A caixa xa non estaba!
E colorín colorado este conto está acabado.
Nicolás Baños Pumarega
A caixa faladora Esta mañá estaba a camiñar polo xardín da miña casa e vin una caixa preto do valado. De súpeto, oín unha voz que me dicía : “Axúdame a saír de aquí ! “ Para a miña sorpresa a voz saía do interior da caixa. Eu collina e vin uns debuxos dunhas rapazas de cor vermello. Coloquei a miña orella preto da caixa e escoitaba outra vez falar. Entón dixen: Ola ! Eu son Xoaniña, e vos, quen sodes ? Elas contestaron a coro: -Somos xemelgas. Ela é Marta e eu son Mariña. Marta tiña o pelo curto, castaño e moi liso. A cara era morena e os ollos negros. Ía vestida cun vestido verde con corazóns de cor vermella. Mariña tiña o pelo un pouco máis longo que Marta, liso e castaño, pero era un castaño tirando para negro. A súa cara era morena e tamén tiña os ollos negros. Ía vestida coma a súa irmá. Despois pregunteilles: que problema tedes ? E responderon a coro: - uns rapaces pintáronos a toda a familia pero despois desapareceron os nosos pais e asustámonos. Como se cobraran vida. Entón eu pensei... pensei... pensei... E ocorréuseme que podía pintalos na caixa cuns permanentes e que cobrasen vida. Así, pedinlle a descripción dos seus pais e debuxeinos. O seu pai era era alto co pelo curto e liso. Era moreno e os seus ollos moi, moi negros. Vestía cuns pantalóns verdes e unha camisa vermella . A súa nai vestía igual que as súas fillas. Era morena, de ollos moi castaños e o pelo é moi liso. Esquecíame e da cor vermella ! Despois de debuxalos cobraron vida e... colorín colorado este conto está contado.
FIN ! Noelia Boente Varela
A caixa faladora Esta mañá estaba a camiñar polo xardín da miña casa e vin unha caixa preto do
valado. De súpeto oín unha voz que me dicía: Axúdame a saír de aquí ¡ Para a miña sorpresa a voz saia do interior da caixa. Acerqueime un momento a ver que había na caixa. Había un soldado de xoguete que tiña vida. Axudeille a subir desa caixa. Logo díxome o seu nome .Chamábase Pablo .Era moi valente. Díxome que un gato meterano nesa caixa .
Logo díxome que unha princesa estaba atrapada na base do malvado Dar veider .Logo fomos a base e atopámonos cun gnomo que se chamaba Pedro. Era moi rápido e quixo vir connosco. Despois fomos pola princesa. O malvado Dar veider foi a por nos e Pablo loitou moi valentemente. Ao final o acabo rematando Pedro cunha patada. Rescatamos a princesa. Ea princesa deulle un bico a Pedro a Pablo e a min. E todos fomos felices. CARLOS CARPINTERO ALONSO
Kevin Dauzón Ortegón
A caixa faladora Esta mañá estaba a camiñar polo xardín da miña casa e vin unha caixa preto do valado. De súpeto, oín unha voz que me dicía:' 'Axúdame a saír de aquí!'' Para a miña sorpresa a voz saía do interior da caixa, e eu dixen: quen es?
Son o xenio da caixa. E que queres? Se me sacas da caixa, concédoche tres dexesos. E como te saco da caixa? Só tes que collerme. Vale! Vou ter coidado. Grazas. De nada, xenio. Concédoche tres desexos. Que queres? Quero un elefante. Un, dous, tres...Elefante. Aquí tes o elefante. Que grande! Pides outro desexo? Quero unha casa nunha árbore. Un,dous,tres... Casa na árbore. Que chula! Só te queda un desexo. Que queres? Quero mil desexos máis!
E así o xenio e mais eu seguimos xuntos.
Fin
A CAIXA FALADORA Esta mañá estaba a camiñar polo xardín da miña casa e vin unha caixa preto do valado. De súpeto,oín unha voz que me dicía: “Axúdame a saír de aquí!” Para a miña sorpresa a voz saía do interior da caixa... Era un xenio! Pero un dos que concedían desexos. O xenio chamábase Tirintán. Dicía que tiña 500.000 millóns de anos, pero eu non me o cría. Nunca pensara que os xenios máxicos existisen de verdade. Tirintán díxome que tiña que volver a súa casa que era en Tirilato. Díxome que un neno italiano pediu que estivese nunha caixa encerrado noutro país. Deume moita pena, e díxome:Meus pais deben estar moi preocupados porque non estou. E, teus pais están vivos? Si, pero, teñen 700.000 millóns de anos. Unha pregunta, axudaríasme a volver á miña casa? Pois claro. De súpeto escoitamos: e eu que son un fantasma?Tamén quero volver á miña casa! Xa os sei, caixiña, dixo o xenio. Eh eh eh es caixa pode falar? Pois claro que si. Cando o neno pediu o desexo o meus desexos son máxicos. Por iso aparece unha caixa máxica. O xenio que para que nos poidamos ir pa nosa casa terás
que dicir estás palabras máxicas:CINQUI FOQUI LAQUI SLAQUI entón díxenas e o xenio e a caixa dixéronme adeus, pero eu dixen: FIN.
Amina Díaz González
A caixa faladora Esta mañá estaba a camiñar polo xardín da miña casa e vin unha caixa preto do balado .De súpeto,oín unha voz,que me dicía: “Axúdame a saír de aquí!”Para a miña sorpresa a voz saía do interior da caixa .Cando cando me acerquei,pouco a pouco,e cando cheguei e abrín a caixa e vin que era...Un elfo! -Grazas por sacarme de la caixa . Por axudarme serei o teu axudante . -Vale , pero non te poden ver porque,se non , te podería facer algo horrible. -Ti tranquilo .se te pos este amuleto e eu tamén podemos vernos ti e mais eu só . -Unha pregunta,que facías dentro da caixa? -Pois que outros elfos me meteron na caixa e me puxeron alí cerca do valado. -Ben pois entón déixoche quedar. Desde entón o elfo e Pedro foron moi bos amigos.
Pedro Fernández Baquero
A caixa faladora Esta mañá estaba a camiñar polo xardín da miña casa e vin unha caixa preto do valado. De súpeto, oín unha voz que me dicía: “ Axúdame a saír de aquí!” Para a miña sorpresa a voz saía da caixa. Era un trasno! Concedeume tres desexos. Díxome que era un xenio e que un mago o convertera nun trasno. Díxome que a única maneira de volver a ser un trasno era que o mago volvera a convertelo. Entón fomos na súa busca. Atopamos unha casa no medio do bosque e alí estaba. Tendémoslle unha emboscada e pedín un desexo. Foi que o atase. Logo escapóusenos e eu pedín outro desexo. Foi atopalo. Cando chegamos estaba na pradeira, pero empezou a correr seguímolo, pero perdémolo de vista. O trasno empezou a chorar, pero eu díxenlle que se non hai outra maneira. El dixo: -É verdade! Non me acordaba que se pides que volva a ser un xenio, transfórmome nel. Eu díxenlle: -Pois pídoo. Díxome que se o pedía quedaríame sen desexos. Díxenlle que daba igual e desexei que volvera ser un xenio.
Todos felices e comeron perdices!
Iker Fernández Rivas
A CAIXA FALADORA Esta mañá estaba a camiñar polo xardín da miña casa e vin unha caixa preto do valado. De súpeto oín unha voz que dicía: “Axúdame a saír de aquí!” Para a miña sorpresa a voz saía do interior da caixa...Eu acerqueime pouco a pouco para non asustar a quen estivera dentro... Leveime un gran susto ao ver unha especie de persoa verde e anana,que só tiña un ollo. Pregunteille: Quen es? E que fas aquí? Respondeume,algo asustado: Eu son Tifón! O rei de Plutón. Eu quedeime algo sorprendido,de súpeto pregunteille: E como ti por aquí? -Estreleime coa miña nave!-respondeume. -E onde está a túa nave?-díxenlle. -Non o sei. Espertei aquí e só recordo iso...Por certo...E quen es ti? -Eu son Xoán Ferreiro López-respondín orgulloso. El miroume con cara rara,xa que en Plutón ese nome non existía. -Que significa “Xoán”? E un nome. Os nomes non teñen significados- díxenlle algo estrañado. -Axúdame a buscar a miña nave, están esperándome!-díxome nervioso. -Vale, coidareiche- respondinlle eu. Así foi como o levei por toda a localidade en busca en busca da nave perdida. -Creo que veo algo luminoso na montaña-díxome. -Imos alá-díxenlle. De súpeto, mentres acercamentos,encontreime a miña amiga Nadara. Ela comenzou a gritar. -Shhhhhhhhh! -Que é iso!?
-E o meu amigo Tifón-respondín. -Son Tifón!O rei do Plutón!-dixo orgulloso. -Ven,axúdanos a buscar a súa nave- díxenlle. Cando cheguemos á montaña,Tifón subiu de súpeto á nave. -Adeus!-díxonos. -Adeus!-Dixémoslle eu mais Nayara. Xusto cando ía arrincalo,o botón non lle ía. -Eh?-dixo. -Todo ben?-pregunteille. -Non me arrinca !-respondeu. Todos nos paramos a pensar;eh...Idea!!! -Eu vin unha peza brillante na caixa onde caíches. -Claro!É a miña pedriña do volante. Nai e máis eu fomos correndo sen parar. Recolleo...e,acto seguido,recollémolo. Ao chegar,entregámoslle a pedra. -Agora si!Chao!-díxonos. Adeus!!-dixémoslle. El arrincou , e Nai e máis eu fomos á miña casa a comer perdices. Juan Ferreiro López N-9
A caixa faladora Esta mañá estaba a camiñar polo xardín da miña casa e vin unha caixa preto do valado. De súpeto ,oín unha voz que me dicía:” Axúdame a saír de aquí! Para a miña sorpresa a voz saía do interior da caixa...Abrina e atopei cun canciño, e pensei que a voz viña doutra parte. Pero entón decateime de que o canciño estaba falando. Asusteime un pouco e empecei a facerlle moitas preguntas,por exemplo: -De onde ves? -Como te chamas? -Cantos anos tes? El non me respondeu e comprendín que era moi pequeno e non sabía controlar a súa voz.En pouco tempo fixémonos amigos,e axudeille a controlar a súa voz. Eu pensei que era porque se ía facendo maior .Pero non! Era polo cariño que lle daba . Un día comprendín que era broma. Cando mo dixo. Pero non,porque empezou a voar e brillar.
Entón díxome:"Son un
canciño máxico e vou concederte tres desexos". Entón comprendín
que era verdade e pedín os desexos:
- Ter desexos infinitos. -Chegar a ser mellor bailarina do mundo. -Que a miña familia e mais eu fósemos inmortais. E cumpríronse os meus desexos! Colorín,colorado este conto está rematado. Esther García Alonso
A caixa faladora Esta maña estaba a camiñar polo xardín da miña casa e vin unha caixa preto do valado. De súpeto, oín unha voz que me dicía : “ A axúdame a saír de aquí “! Para a miña sorpresa a voz saía do interior da caixa e de súpeto saíu un can moi pequeno. Non andaba. Non tiña nada que comer. Eu fun á miña casa e seguiume. En ton, como á miña nai non lle gustaban os cans, colleu e tiven que dicirlle que non podía seguirme, pero el non me facía caso. Entón colleu e empezou a chorar. Daba tanta pena ... Saíu a nai porque oíu os choros. Entón a nai enfadouse coa nena. Ela díxolle :” Mama , o can estaba nunha caixa , saíu . Seguiume” Entón regalaramo. Pero mamá, a min gústame moito e o quero para min. Non vai poder ser, meu amor. Hai que vendelo. Poñeremos un cartel de venda, entendido? E comeron perdices.
Ayelén González Zúñiga
A caixa faladora Esta maña estaba a camiñar polo xardíns da miña casa e vin unha caixa preto do valado. De súpeto oín unha voz que me dicía “axúdame a saír de aquí ”¡ Para miña sorpresa a voz saía do interior da caixa. Había unha fada atrapada en ela! “ Grazas por sacarme de alí e por axudarme. Serei tu mellor amiga ”. Eu alegreime moito, pero díxome que ninguén a podía ver . Subimos á miña habitación e empezamos a falar un rato e díxome o seu nome chamase Emma e gústalle xantar patacas con queixo. E moi orixinal e boa amiga. Esa mesma noite quedouse a durmir na miña casa. Ao día seguinte ensinoume a voar cos seus polviños máxicos , e pasámolo moi ben xuntas. Díxome que lle gustaba moito xogar comigo e que sería a miña mellor amiga para sempre.
Fin
Natalia Almudena Márquez Álvarez
A CAIXA FALADORA Esta mañá estaba a camiñar polo xardín da miña casa e vin unha caixa preto do valado. De súpeto, oín unha voz que me dicía:”Axúdame a saír de aquí!”Para a miña sorpresa a voz saía do interior da caixa.......... Fun acercándome moi despazo e coidadosamente abrín a caixa e dentro estaba un pequeno dragón.
Collín a caixa e leveina para a miña habitación e cando chegaron os meus pais ensineilles o dragón. Pregunteilles se podía quedarme con el e dixéronme que si. Púxenlle de nome Chamarada. Era de cor laranxa. Tiña as ás de cor azuis e uns ollos verdes moi grandes. Dáballe de comer todos os días, xogabamos e sempre estabamos xuntos. Pouco a pouco foi crecendo ata converterse nun dragón adulto. Todas as tardes subía nel e saiamos a dar un paseo. Un día que estabamos voando por enriba dun bosque, un cazador disparou e deulle nunha á. Tentou volver a casa rapidamente, pero na metade do camiño Lucas Pacheco López Nº 15
empezamos a caer. Chamarada protexeume coas súas ás. Eu non me fixen dano, pero Chamarada tiña algunhas feridas. Avisei aos meus pais e viñeron recollernos.
Cando chegamos a casa, curámoslle todas as feridas e deixámolo descansar, Ao día seguinte, cando espertou sentíase moito mellor. Cada día que pasaba podía facer máis cousas, ata que puido volver a voar.
FIN
Lucas Pacheco López Nº 15
A CAIXA FALADORA Esta mañá estaba a camiñar polo xardín da miña casa e vin unha caixa preto do valado. De súpeto, oín unha voz que me dicía: “Axúdame a saír de aquí!” Para a miña sorpresa a voz saía do interior da caixa. Entón fun mirar, e collín a caixa. Leveina para o meu cuarto e, alí abrín a caixa. De súpeto, apareceu un libro e empezou a voar, e díxome: -Ola, Andrea. Eu son o libro dos desexos. Déixoche que elixas un conto do meu interior. Andrea dixo que quería o conto da Cincenta. Entón empezaron a saír chispas e apareceu no conto. Andrea díxolle: -Libro dos desexos, estou no conto? E el dixo: -Agora tes que vivir o conto enteiro ata que remate o conto. Ah…Vale,que guai!! Pero se o soubese escollería outro conto. -Síntoo, dixo o libro dos desexos. Cando rematou o conto volveron aparecer no cuarto de Andrea. Habíano pasado xenial! Pero, de súpeto, o libro desapareceu! Andrea non paraba de berrar: -Libro dos desexos, libro dos desexos…!!! Como estaba moi preocupada foi dicirllo súa nai. A nai sorprendeuse. Pero aínda así, seguiu buscando por Internet e poñía: Os libros dos desexos, cando cumpren o seu deber, márchanse a conceder máis contos aos nenos e nenas do mundo e que volverá cando o necesites. Andrea púxose moi triste, pero confiaba que o libro dos desexos voltaría. Mentres, Andrea, seguirá esperando. E colorín, colorado este conto está rematado.
Daniela Pérez López
A caixa faladora Esta mañá estaba a camiñar polo xardín da miña casa e vin unha caixa cerca do valado . De súpeto , oín unha voz que me dicía : “Axúdame a saír de aquí ! “ Para a miña sorpresa a voz saía do interior da caixa ............ Foi xunto á caixa e vin a un pequeno dóberman cachorro . A miña mente non reaccionaba e o can non paraba de falarme. Entón miña nai saíu ao xardín e preguntoume: Noelia con quen falas? Veña , entra que tes que facer os deberes . Eu sen pensalo collín a caixa e fun pitando para a miña habitación . Eu estaba alucinada , pero saquei rapidamente ao can da caixa . O canciño era tan mono !!! Era tan fermoso ...Ata para darlle un premio ! Noelia Ola , chámome Noelia . E ti ? CanEu chámome Venus . NoeliaComo é posible que fales , se es un can coma todos ? CanPorque veño do planeta Quirius , un planeta nunha galaxia afastada da vosa . Noelia Pregal Blanco
NoeliaÉ por que chegaches ao noso planeta ? CanPorque necesito que veñas ao planeta Quirius para axudarme a capturar a Lotux , o maior villano do meu planeta . NoeliaPero teño que viaxar ao teu planeta ? CanSi , pero tranquila . Será pouco traxecto . NoeliaDacordo . Cinco minutos despois na nave Venus chegamos ao seu planeta . Noelia , ves ese señor tan feo? É moi malo . Ese é Lotux . Venus o que temos que facer e unha trampa , faremos isto ...
Venus e Noelia fixeron una trampa . Lotux ao pensar que era o
mais
Noelia Pregal Blanco
forte
e
listo
caeu
na
trampa e o planeta Quirius nunca
volveu
problemas .
Noelia Pregal Blanco
Fin
a
ter
A caixa faladora Esta mañá estaba a camiñar polo xardín da miña casa e vin preto do valado. De súpeto, oín unha que dicía: Axúdame a saír de aquí! Para a miña sorpresa da interior da caixa. Fun a ver a caixa, e decateime de que a caixa falaba! -É verdade que falas? -Si -Como mola! -Mamá, atopei unha caixa faladora! -Non llo digas. -Por que? -Por que se non me farán experimentos. -Ah! Vale -Que queres filla? -Nada, mamá -Vale A caixa e a nena pasábano xenial. Sempre xogaban. Sempre rían… Ata que un día…
A nena deixou a caixa no salón, e os seus pais vírona. E como non tiña nada dentro… Tirárona. A nena preguntou- Onde está a caixa?- Non a haberedes tirado, non? -Esa caixa baleira. Si tirámola -Non pode ser! -Pero se era unha caixa baleira. -Era máis que unha caixa baleira. A nena saíu fora e chorou -Bua, bua, bua… E maxicamente apareceu a caixa. -Ben! -Estou de volta E así a caixa viviron felices e comeron felices.
Nicolás Punzón Carnicero
A CAIXA FALADORA Érase unha vez unha caixa faladora que atopou un amigo que se chamaba Carlos, era un mago que coleccionaba caixas e eran moi amigos ata que un día Carlos quixo quitarlle a vida a pobre caixiña faladora por que coleccionaba caixas e a caixa faladora era moi bonita ,marrón con lunarcitos vermellos e azuis. A caixa faladora escapou polo monte durante tres longos días. Despois o mago Carlos comprendeu que non quería mais caixas senón moitos amigos. Entón a caixa faladora e Carlos foron por fin amigos durante o resto das súas vidas. Foron felices e comeron perdices. Borja Represas Crespo
A caixa faladora Está mañá estaba a camiñar polo xardín da miña casa e vin unha caixa preto do valada. De súpeto,oín unha voz que me dicía:´´Axúdame a saír de aquí``Para a miña sorpresa a voz viña do interior da caixa. Eu abrín a caixa e dentro había...Unha fada !!!Estaba malferida porque chocara cunha rama e logo caira na caixa. Eu collín a caixa e leveina dentro da miña casa,porque estaba comezando a chover. Xa dentro da casa collín a fada en brazos e abrigueina. Tamén dinlle un pouco de comer,e co paso do tempo mellorou e unha semana despois xa mellorou moito. Xa case pode voar. Aínda fáltalle un pouco de progreso. Dous semanas despois.... Que alegría!!!!!! A fada quere quedarse na miña casa. Ao día seguinte ...... -Bos días fada. -Bos días Nayara. -Pola tarde iremos en busca dun tesouro. Supostamente ten que haber xoias e moedas de ouro!!!! Comezamos a cavar e eu notei algo duro,O tesouro!!!!
Nayara Rodríguez Pereira
A CAIXA FALADORA Esta mañá a camiñar polo xardín da miña casa e vin unha caixa preto do valado. De súpeto, oín unha voz que me dicía : Axúdame a saír de aquí ! Para a miña sorpresa a voz saía do interior da caixa. Abrín a caixa, e atopeime cunha fada. Cando saíu dixo: onde estou ? Contestei, no xardín da miña casa. Como te chamas ?-. preguntou a fada. Chámome Diana. E ti? Eu chámome Flor. Por que estás aquí en vez de estar coa tu familia? – preguntei. Porque fun coller unha flor e súpeto fun arrastrada por moito vento. Caín nunha caixa ía a saír pero tiña unha tapa e quedei aí ata que me colliches. E ti, que pensaches cando me oíches falar?- preguntou Flor. Pensei que tiña moita imaxinación para oír falar a unha caixa. E agora que fago?, Onde vou vivir mentres non vou para miña casa?Se queres podes quedar comigo ata que atopemos á túa. -Si! Moitas grazas. Non é nada. Ademais encántanme as fadas coma ti,- contestei eu. Despois a cociña con Flor. Díxenlle a meus pais que tiña unha fada e se podía quedarse unha noite. Contestáronme que si. Pode quedarse e mañá imos buscar á súa familia, polos arredores. Ao día seguinte fomos todos xuntos a buscar a súa familia. Mirade!!, Esa é a miña familia, contestou a fada. -Imos cara eles?? Diana Vila Giráldez
Cando chegamos, a súa familia abrazou a Flor moi cariñosamente. Díxome que me ía escribir. Cando nos fomos para casa a noite , soñei coa fada flor. Ao día seguinte atopeime unha carta e era de Flor e a súa familia. Púxenme moi contenta!! Colorín , colorado, este conto está rematado.
Diana Vila Giráldez