Contos de terror 5º A CEIP Xosé Fernández López Curso 2016—2017
A NENA Érase unha vez irmáns chamados Anxo y Nicolás .Estaban na súa casa tranquilos vindo como chovía e tronaba e a o lonxe viron unha sombra con forma . Cada vez acercábase máis e cada vez máis ata que chegou á súa casa e sonou un ruído que era: toc, toc ,toc. Viña da porta porta . Os nenos chamaron ao pai e o pai abriu a porta e viron unha nena guapísima de ollos vermellos e, de súpeto, dixo a nena: podo quedarme ? É que estou perdida.
O pai e os nenos dixeron que si e chamaron a nai que estaba durmindo. Espertou a nai e a nai veu a nena e dixo que se podía quedar.
Foron á cama e ao día seguinte viron a nai morta e chea de sangue e despois chamaron a nena e non estaba! Pero ao saír ao xardín para ver se estaba e en grande con restos de sangue da nai , puña os seguintes seredes vós. O pai e os nenos cheos de medo non sabían que facer. O pai un pouco mais tarde foi ao bosque a coller moras .O pai tardou tanto que os nenos ían ir xunto del e oíron un grito do seu pai. Foron a ver que pasaba e viron ao ao pai feito anicos e como xa era de noite foron a cama. Nico escoitou un ruído e foi a ver que era. Era a nena que ao final acabou matando a todos e ata a ela mesma pero a lenda conta que a súa alma aínda segue na casa.
FIN Alicia Alonso Rodríguez
A casa da desaparición Esta é a historia dunha familia que vivía en España no ano 1986.O día de aninovo os veciños escoitaron moitos berros, e ao día seguinte non había ninguén na casa. No ano 2016 unha familia comprou a casa. Estaba formada por 4 membros un neno pequeno chamado Xoán, unha nena maior chamada Ana e os pais chamados Pepe e Lucía. Acabábanse de instalar, e foron coñecer aos veciños. Todos lles dicían `` fixeches mal ao comprar esta casa´´ Pensaban por que nos dirán todos iso? Á noite cando estaban ceando coa televisión acendida se lles foi a luz, e cando volveu a televisión estaba cambiada de canle. O neno pequeno colleu medo pero os pais lle dixeron que a casa era moi vella e pasaban esas cousas. Cando todos se foron durmir o neno colleu medo porque empezou a tronar moi forte e de súpeto oíu unha voz que que lle dicía mira para o pasillo. O neno cos nervios mirou e veu á súa irmá. Ao día seguinte a enterraron. Ao volver á súa casa era de noite e chovía moitísimo. As luces non funcionaban e de súpeto apareceron uns ollos brillantes que dicían ``` feliz aninovo, familia López ´´ e dixo o pai pero se nós somos a familia Alonso e non é aninovo. Ao lonxe víanse unhas manchas amarelentas. Era, como unha familia. O padre sospeitou que era a familia López. Cando se descoidaron os ollos xa non estaban e a familia achegábase máis e, de súpeto, os ollos estaban diante deles. Empezaron a berrar. Do medio dos ollos empezou a descubrirse unha sombra que sacou un coitelo cantou unha canción moi sinistra. ``O día de aninovo imos celebrar curtando cabezas para cear e de postre unha torta de ollos´´. A canción soaba así. Todos berraron moi alto e ao día seguinte apareceron sen cabeza todos. E colorín colorado este conto espero que os haxa asustado.
FIN Nicolás Baños Pumarega
Noelia Boente Varela Nº3
O pallaso e a boneca cobran vida Érase unha noite tormentosa con choiva, vento, e demais. Unha nena chamada Murfi quedárase soa nunha casa no medio do monte de Vigo, porque os seus pais foron a unha cea do traballo e a súa irmá tiña unha festa de acampada. Ela tiña oito anos e tiña un pouco de medo porque vivía nun sitio moi descampado e a vinte quilómetros da cidade. Ceou coa compaña da súa boneca e a tele. A boneca chamada Lili empezou a cobrar vida e díxolle a Murfi “QUEROCHE” e Murfi asustouse e empezou a berrar:Cómo podes falar? Aaaaaaaaaaaah! Axuda!. Cómo podes falar? Aaaaaaaaaaaah! Axuda!. Pero despois a boneca díxolle: ” tranquila, non te vou facer nada. Só quero axudarte”, dixo con voz de bruxa mala. Moito despois foi á cama coa boneca e tentou durmirse rápido, pero os tronos, raios e un pallaso na parede non a deixaban. Cando conseguiu durmir,a boneca e o pallaso querían matala; foron a cociña, colleron un coitelo e con voz de espíritos dixeron: “Este é o teu fin, fin, fin....!” fixo moito eco.
Colleron os coitelos e empezaron a destripala. Murfi espertouse e berrou : “Aaaaaaaaaaaah,!,aaaaaaaaaaaah!.
Os seus pais chegaron e resulta que Murfi estaba soñando.
Noelia Boente Varela Nยบ3
Entรณn todos felices e comeron perdices.
Fin
O BOSQUE SEN SAÍDA
Érase unha vez nunha noite de chuvascos. Un home alto e moi normal estaba nun bosque perdido. Intentaba saír dalgunha maneira Pero non atopaba ningún saída. Logo oíu uns pasos moi grandes. Os pasos eran máis e máis rápidos e o home empezou a correr. Cando escoitou que xa non oía os pasos empezou a pararse. Logo viu un home diante del cun coitelo. Empezou a suar. Logo o home con coitelo cortoulle a manga da camiseta e logo intentoulle matar. Pero correu e correu ata que atopou a saída do bosque. Estaba nunha estrada. Cruzou estrada e o home con coitelo foi atropelado por un coche. E volveu ser feliz.
Carlos Carpintero Alonso
Nun día chuvioso de decembro de 1980 o famoso asasino Jhon Noris foi executado na cadela eléctrica do cárcere de Alcatraz en San Francisco. Hoxe van facer dez anos desde a súa morte e o seu espírito busca vinganza. As doce da noite quéimase unha casa dunha parella xoven. Ao amañecer é domingo de misa.Cando a xente chegou ninguén llo esperaba. Esa parella estaba colgada do campanario da igrexa. Cando o forense examinou os corpos atopou uns ollas e
pertencían a Jhon Noris. A maña seguinte houbo outro asasinato. Foi o xefe de
policía. E xa non ocorreron máis asasinatos.
Kevin Dauzón Ortegón
O INFERNO Érase unha noite de tormenta en O Porriño. Saía néboa polo solo e as árbores desaparecían. Magdalena estaba na súa casa durmindo, pero dun momento a outro empezaron a empezaron a derreterse os mobles e
as paredes. Magdalena e os seus pais
saíron do edificio no que vivían, porque se estaba derretendo! Cando saíron atoparon o solo con néboa pero vermella. A xente estaba mareada e confusa. Os pais de Magdalena empezaron a estalo, pero a nena, que tiña 6 anos non. A xente empezouse a caer ao chan, menos a nena. Pero Magdalena tirouse ao chan. De súpeto empezaron a saír xente vermella con ás e cornos. Eran demonios! Os pais de Magdalena convertéronse en demonios, e fóronse para debaixo da Terra. Magdalena intentounos coller, pero non puido. Magdalena quedárase soa. Empezou a chorar e berrear con todas as súas forzas. Cando xa pasaran 2 horas parouse na tenda de deportes Polisport. Quixo
entrar
para
sentarse
nas
escaleiras e descansar un pouco. Cando entrou as portas pechábanse de golpe, as luces apagábanse e
encendíanse. As cousas empezaban a moverse de sitio, e nun abrir e pecher de ollos viu ao diablo vermello cun coitelo na man. De súpeto ao seu lado apareceulle a nena do exorcista cantando una canción e logo apareceu Freddy Krueger.
Magdalena foi correndo ata o cemiterio, pero alí estaban os tres Magdalena intentou correr pero non puido, entón Freddy Krueger colleuna e lle sacou as tripas e o corazón.
FIN
Amina
A moneca diabólica Érase unha vez unha nena que se chamaba Raquel. Era unha nena que lle encantaban as monecas. Un día saíu dar un paseo polo bosque e perdeuse. Chegou a noite e non atopaba o camiño da súa casa. Atopou un cemiterio. Alí quedouse ata media noite detrás dunha tumba. Ás doce en punto empezou a chover. De súpeto, saíu unha moneca diabólica cun coitelo. Raquel empezou a correr. Raquel despistou a moneca. Pero, de súpeto, empezou a revivir a todos os mortos do cemiterio. Raquel asustouse tanto que corría tanto como un cabalo. Pero os mortos cada vez a acurralaban máis e a moneca díxolle: -Voute matar e os seguintes serán teus pais. Raquel morreu porque a moneca diabólica cravoulle o coitelo no pescozo. Pasou un día. Os pais estaban na cama cando de súpeto, oíron un golpe. Foron a cociña e alí estaba a moneca. Díxolles aos pais que a súa filla estaba morta.
Chamaron a policía pegáronlle dous tiros á moneca e a moneca estaba morta.
Desde agora ninguén vai ao cemiterio.
Iker Fernández Rivas Fin
TERROR NA AULA... Unha vez,nunha clase fea e vella que era de 5A. Nunha tormentosa mañá chegamos todos os alumnos.Ninguén esperaba o que íamos ver...Na pizarra puña con sangue:Todos morreredes.Comezamos a berrar
xa que o corpo do director
atopábase sen vida no chan.Intentamos saír pero non había ninguén e estaba pechado.Todos baixamos,pero nas escaleiras dixen:esperade alguén ten que quedarse vixiando.Pablo ofreceuse. Mentres estabamos abaixo oímos un forte golpe...e de súpeto,o berro de Pablo.Ao subir Pablo xa non estaba.Desaparecera! Carlos mirou pola ventá e cando de despistou...a ventá abriuse de golpe e algo o empuxou!Asomámonos a ver e no chan aparecía con sangue: 1-...todos dirixímonos aos ordenadores para avisar.Ayelén caeuse e mancouse.Cando íamos collela,algo a arrastrou por todo o colexio.Eu berrei con todas as miñas forzas.Despois diso Rafa dixo:
¡PARADEEEEEEEEEE!
Manteñan
a
calma!Todos
calmámonos ata que...nos decatamos de que faltaba Pedro...Un forte berro proviña de abaixo...Tentamos berrar pola ventá pero de súpeto...Todos os de fora quitáronse as máscaras.Eran todos xigantes mounstros verdes. Esther rompeu a chorar coma unha descosida e mentres choraba un monstro apareceu detrás dela...Cravoule un coitelo na cachola!Acto seguido o corpo de
Esther caeu ao chan sen vida.Todos comezamos a berrar.Cando espertamos estabamos enterrados no xardín,só coa cachola fóra...Oímos un cortacéspede e comezamos a berrar.Apareceu o monstro verde montado no cortacéspede,e dirixíase cara a Alicia! Pasoulle por enriba co cortacéspede.A cabeza caeu ao lado de Noelia Pregal!Conseguimos saír e fomos a clase.Nicolás Punzón e Noelia
Pregal
estaban
afogados
cunha
corda
sobre
o
pescozo.Estaban mortos !Diana saíu correndo.Pero oímos un disparo...Cando fomos ver o que pasaba.Diana estaba morta.De súpeto,oímos
un
golpe
e
todos
saíron
correndo.Menos
Natalia,Nayara,Nico B e máis eu.Chegamos últimos.Ao entrar todos os que saíron estaban atados ao teito sen cachola e con cordas de marionetas atadas. De súpeto,Amina veu correndo e díxonos: Chicos!Aínda estou viva!Despois diso abriuse todo,o monstro deixounos escapar! Pero...tres
meses
despois
estabamos
nun
bar
os
superviventes:Natalia,Amina,Nayara,Nico B e máis eu.Estabamos falando do que pasou aquela mañá e,de súpeto,un camión estrelouse contra o bar e...MORREMOS!
Juan Ferreiro López-N9
FIN
A casa encantada Érase unha vez nunha noite tormentosa que unha nena chamada Aitana estaba a durmir. A mañá seguinte toda a casa estaba desordenada. Os seus pais non sabían que estaba pasando,pero pensaban que eran os ratos,pero ela estaba segura de que non era iso. Á seguinte noite,Aitana non durmiu nada. Ás doce da noite escoitou un ruído que viña da cociña .Entón foi ver .Ao chegar á cociña , non había nada ,pero escoitábanse
moitos ruídos .Deuse a volta e atopou a súa
moneca favorita sentada nunha cadeira colleuna e foise a durmir.Ao día seguinte ,explicoulle todo a os seus pais. Apetecíalle darse un baño no lago que tiñan ao lado da casa, pero non ela sola ,tamén a súa moneca e o seu amigo chamado Nicolás. Puxéronse os bañadores e metéronse no auga . Aitana meteuse coa súa moneca... Non a atopaba! Se lle caer ao auga ,pero...onde estaba Nicolás? Ao dia seguinte ao espertar atopou a Nicolás decapitado no seu armario. Asustouse moito. Pechou os ollos volveu a abrilos e xa non estaba! Seguía
aburrida . Entón chamou a outro amigo chamado Xoán , para merendar . Aí xa non merendaron coa moneca , pero Xoán desapareceu. Ao día seguinte levantouse e colleu a súa moneca . Foi almorzar e atopou a Xoán sen pulso con un moneco coa súa pel. Aitana foi chamar os seus pais e xa non estaban . Pola tarde díxolle a súa nai:
- Quero ir ao parque!! Por favor . Dixo ela . Ben , vale filliña! Díxolle a súa nai . Levou a súa moneca ,e no parque estaban uns amigos:Nicolás Baños,Esther,Alicia
e
Noelia
Pregal.Estaban
xogando
a
unha
familia.Nicolás Baños era o pai e Noelia Pregal a nai. Deixou a moneca nunha esquina e cando foi recollela xa non estaba.Sen embargo.... Nicolás Baños,Esther,Noelia mais Alicia xa non estaban.A súa nai chamouna para regresar a casa. Alí, o entrar na súa habitación... Atopou aos catro mortos na súa cama coas marcas de dentes de algo pequeno.Ao instante desapareceron.Aitana estaba moi asustada e, como sempre desaparecían,pensaba que eran alucinacións.
Pero non o eran.Era a hora de cear.Foi cear a casa dunha amiga chamada Amina e quedouse a durmir.Pero... Como non! Tamén coa súa moneca.Ao día seguinte,Amina xa non estaba... Atopou a súa moneca ao seu lado e colleuna ao chegar a casa.Atopou a Amina sen órganos.Foi ao xardín e atopounos flotando no lago.Volveu dentro e xa non había nada.Pola tarde chamou a súa amiga Natalia para ir ver unha película de terror ao cine. Ao chegar alí sacou a súa moneca da mochila.Foron a ver a película.Ao chegar a parte máis interesante, Natalia tivo que ir ao baño. Ao rematar a película Natalia non volvera.Seguía no baño.Aitana foi buscala e atopou o baño co nome de NATALIA pintado con sangue na porta.. Entrou e atopou os ósos e mais os órganos de Natalia no váter.Pechou os ollos e non había nada,pero escoitábase o ruído dunha cisterna. Foi a casa e deitouse. Ao día seguinte pola mañá chamou á súa a amiga Diana para xogar as monecas. No medio do xogo Diana foi a cociña a beber auga. Desapareceu.Pola tarde atopou a Diana sen ollos nin pelo, e tampouco unllas . Empezou a berrar e, cando rematou ... xa non estaba . Máis tarde chamou a súa amiga Ayelén para ir ao zoo. Ao chegar ao zoo foron directamente a gaiola dos leóns .. Ao chegar Ayelén desapareceu e Aitana atopouna afogada no estanque da gaiola dos leóns . Foi chamar a coidadora de animais e xa non estaba . Máis tarde quedou co seu amigo Iker para xogar ao baloncesto.
No medio do partido ,foi coller uns refrescos . Non volveu . Foi a cociña a ver onde estaba ,... Atopouno espichado cun coitelo. Chamou ao seu avó ,que estaba a pescar e xa non estaba . Ao vir o avó xa non estaba . Ela seguía pensando que eran alucinacións. Ata que remataron as vacacións de inverno e non había ninguén na clase . Ata que un día Aitana durmiu coa súa moneca e... desapareceu para sempre! Colorín colorado este conto de terror xa esta rematado.
Fin Esther García Alonso
A familia encantada Érase unha vez unha familia na súa casa. Unha noite o fillo maior foi á cociña a por auga e de súpeto saíu un rato da neveira e el asustouse un pouco. Despois foi a irmán á neveira a por fanta e caeulle un ladrillo no pé. Ela non sabía que dicirlle aos seus pais. Entón díxolle. Por que non saímos a andar? Eles contestaron, entendido. Marcharon a andar por un bosque moi escuro e a nena tiña medo. De súpeto saíu un asasino cun coitelo e empezaron a correr. Por outra esquina saíu un raptador e colleron ao neno. A nena tiña moito medo. Os seus pais tropezaron pero lograron levantarse. Entón colleron a nena e a subiron a unha árbore para
que se salvarse ela. Os seus pais correron. Colleron ao seu pai, pero a nai logrou escapar e chamar á policía. Ela estaba moi asustada.
Entón volveron pola nena e non a encontraban. Foron
desaparecendo
pouco
a
pouco.
Os
policías ea nai. Entón, a nena logro, saír de hai. Ela tiña moito medo. Non sabía que facer nin a quen acudir. Foi a casa dos seus avós e na
entrada atopou ao seu can morto e seus avós tamén. Xa non tiña nada que facer e.... suicidouse.
Ayelén González Zúñiga
O cadro posuído Unha vez en halloween regaláronlle a unha nena un cadro dun paiaso. A nena deixouno na súa casa e foi a pedir doces. Ao chegar a súa casa notou que o cadro movérase do luar onde o deixara. Buscou por todos os lados os lados e acabouno atopando no armario. Ela asustouse moito, e a súa nai díxolle que non se preocupara, que era unha coincidencia. O seu curmán díxolle que o cadro era moi feo e ao seguinte día seu apareceu morto na cociña. O seu pai estaba tan triste e resentido que dixo “Vou baixar ao trasteiro ese cadro”.A nena espertouse na madrugada e alí estaba a pintura do paiaso ... na súa habitación. Foi correndo á habitación do seus pais e decatouse de que habían manchas de sangue por toda a habitación . A súa nai estaba ferida na cama pero aínda estaba viva.
Natalia Márquez Álvarez
A nena e a súa nai tentaron queimar o cadro pero no o conseguiron. Mentres trataban de queimar o cadro escoitaron unha risas maléficas tras delas. Levaron a vista e o paiaso xa non estaba no cadro .Atopábanse de pé as costas delas. O paiaso comezou a perseguilas ata que matou ás dúas a coiteladas.
Desde entón, ninguén se atreve a entrar nesa casa, xa que contan os vellos do lugar que hai un cadro posuído polo diaño
Natalia Márquez Álvarez
O BOSQUE ENCANTADO Érase unha vez un neno chamado Pablo que cada domingo pola tarde ía visitar aos seus avós que vivían preto da súa casa. Para chegar alí tiña que cruzar un bosque. Un día despois de visitar aos seus avós, atopouse no parque cuns amigos. Empezaron a contar historias de medo e a dicirlle a Pablo que no bosque había pantasmas, pero Pablo ríase e dicía que non tiña medo porque non cría en nada diso. Como estiveron tanto tempo falando, fíxose de noite e Pablo tivo que regresar á súa casa polo bosque. Ía andando tranquilamente e, de súpeto, empezou a escoitar uns ruídos moi estraños.
Ao principio non lle fixo moito caso porque pensou que era o vento ou algún animal, pero cada vez o ruído era máis forte. Entón Pablo empezou a ter un pouco de medo e a camiñar máis deprisa. De súpeto, Pablo notou que alguén lle agarraba do ombreiro. Cando se deu a volta, viu a un home vestido todo de negro pero que non tiña cara. Pablo botou a correr sen parar ata chegar á súa casa morto de medo. Ao día seguinte, contoullo aos seus amigos pero eles non lle fixeron caso pensando que estaba de bromas e se riron del. Pablo nunca máis quixo volver só ao bosque, e a partir dese día empezou a crer nas pantasmas.
FIN
Lucas Pacheco López
A maldición do día de halloween Nunha noite de lúa chea, era halloween e todos os nenos do pobo estaban a camiñar pola rúa sen adultos. A xente non sabía que se escapara do cárcere un raptor. De súpeto, apareceu un encapuchado de negro, e cun saco xigante. Os nenos pensaron que era un disfrace. Os pais na casa estaban moi tranquilos, ata que na tele anunciaron que escapara do cárcere un raptor. Entón os pais saíron correndo pola rúa, berrando: -Fillos, onde estades? Pero era demasiado tarde. Estaban moi asustados e non sabían que facer. Pero os fillos estaban máis asustados. De súpeto os nenos escoitaron unha voz que dicía: -Ola nenos, son o raptor asasino mellor do mundo. Prométovos que de aquí ninguén vai saír vivo. Ha, ha, ha!!! Pero un neno moi valente, que se chamaba Breixo, dixo:
Daniela Pérez López
-Eu non te teño medo. Vou facer todo o posible para saír de aquí!!! E o raptor asasino dixo: -Pois ti vas ser o primeiro en ser decapitado!!!!! Colleu ao neno e decapitouno. Así dun en un. Ata que chegaron os pais e viron aos nenos todos se cabeza. Empezaron a chorar. De súpeto, apareceu o raptor asasino, e matounos a todos. Foi matando dun en un no mundo enteiro.
Ata que non quedou ninguén no mundo,excepto el.
E colorín, colorado espero que este conto os teña aterrorizado.
Daniela Pérez López
As monecas de Rosa Wadalupe Unha semana antes do Nadal fomos de viaxe ao bosque . Os meus pais alugaron unha casa de madeira . Polo que vimos nas fotos a casa non estaba moi mal . Tardamos como unhas tres ou catro horas en chegar ao bosque . A dona da casa foi moi amable con nós . Dixo que se chamaba Rocío . Dounos as chaves e foise . Instalámonos e todo moi ben , pero toda a casa cruxía porque a madeira era moi vella . Meu irmán e eu fómonos ver todas as habitacións do hostal , pero unha non abría e a porta estaba toda rabuñada e puña “As monecas de Rosa Wadalupe” . O meu irmán e eu estabamos intrigados por ver que había nesa sala .A primeira noite foi boa . Ao día seguinte a porta estaba aberta e Jose e eu puidemos entrar . Había unha habitación de nenos pequenos . Tiña cuna e unha música moi agradable . Dentro da cuna atopamos a unha moneca de porcelana cos ollos pechados e ao lado da cuna un grupo de monecas tristes . Cando chegou a noite meu irmán e eu fomos ver as monecas . A que estaba na cuna tiña os ollos abertos e cun sorriso moi grande , coma as demais . Cando estaba durmida escoitei unha voz moi feliz . Rapidamente fun chamar aos meus pais e ao meu irmán . Eles foron a mirar . Entraron na habitación e , de súpeto , a porta pechouse . Meus pais dixéronme Noelia vaite de aquí . Sálvate !
Noelia
Pregal
Blanco
Eu fixen caso aos meus pais e corrín chorando , pero á metade do camiño a moneca da cuna , Rosa Wadalupe , alcanzoume . As últimas palabras que me dixo foron :” serás das monecas de Rosa Wadalupe “
Rapidamente correu cara a min e cravoume un coitelo na perna . Chamou ás demais monecas e leváronme á habitación . Decateime de que os meus pais non estaban mortos . Só estaban durmidos . O meu irmán Jose espertou e tiroulle un xoguete á moneca . Mentres escaparon chorando por min . As monecas matáronme e convertéronme nunha Rosa Wadalupe .
Fin Noelia
Pregal
Blanco
A moneca diabólica Era unha fresca mañá de outono. O número de monecas se disparara.Eu quería unha e os meus pais mercáronme unha que ía ser moi especial... Esta noite ía durmir con ela. No medio da noite escoitei uns berros, e pregunteime: - De quen serán? Era a moneca.Estaba apuñalando á miña nai. Saía sangue por todas partes.O meu pai abriu a ventá e pegoulle unha patada.Incluso á moneca saltábanlle chispiñas . E caendo a moneca dixo- Vingareime!!! A miña nai ingresárona, e asasinaran a todos os meus amigos e familiares. Hoxe está tronando e é de noite, que é cando ataca a moneca. Estou vendo un programa de televisión e, de súpeto, vaise a corrente.Teño medo! De súpeto vexo uns ollos vermellos.Acéndense as luces e… Era a moneca, e ía armada!
Escapei, subín as escaleiras e atopei ao meu pai co corazón fora.Tiña tanto medo que me caguei en cima.Escindiume. Armeime. Collín o calzoncillo con caca, un bate de béisbol, un casco, un escudo e uns guantes con pinchos. Baixei e non estaba.De súpeto alguén disparoume e empecei a sangrar.Pero uns coxíns por se acaso éo sangue era zume de tomate para darlle máis drama. A moneca díxome- Quérote! E eu respondín.-Pois eu non te quero e arreeille un batazo. Acabouse o perigo.
Ao día seguinte estaba tronando.As luces apagábanse e entendíase soas. E a moneca volveu perseguiume ata que me quedei acurralado. Ia morrer.De súpeto quedouse sen
pilas.Pensaba que estaba a salvo.De súpeto saíu un demo de ela e atacoume. Cando me recuperei do golpe vexo que estou no hospital xunto coa miña nai. O médico díxome que me quedaría paralítico e que a miña nai morrería dentro de una semana. Pero a pesar diso sigo feliz.
Fin Nicolás Punzón Carnicero
A CABAZA HUMANA Érase unha vez un mozo que ia por un monte de paseo recollendo piñas, ata que se atopou cunha pequena chociña de aspecto sucio e vella ,entrou moi despaciño, e o final da choza topou cunha fea bruxa malvada e cando a bruxa se decatou da súa presenza enfadouse e o converteu nunha cabaza con pés.
O mozo escapou correndo despavorido polo monte e despois dunhas horas atopou outra chociña ,entrou e deu con outra bruxa e lle pediu que por favor o convertese en humano outra vez.
A bruxa sorriu cunha terrorífica risa malvada e mentres sorría díxolle que so o faría se a cambio el lle axudara a matar a súa inimiga mortal, o mozo aceptou e despois da guerra a bruxa que o converteu en cabaza morreu e logo a bruxa boa saíu ferida da loita e a cabaza foi en busca dunha medicina e despois de recorrer moitos días atopou cun esqueleto vivinte,despois de loitar contra el atopou a
medicina que necesitaba a bruxa, e cando volveu e curou a bruxa e a bruxa devolveu a cabaza a ser humano.
Fin Borja Represas Crespo
O DESPELEXADOR Era unha vez un home que sempre ía vestido de negro.Unha
noite
de
outubro
do
ano
2016
empezaron a desaparecer nenas e nenos do Porriño.Todas as persoas sospeitaban dese home pero non había pistas.Pola mañá a policía comezou a buscar e buscar e ás aforas atoparon unha casa abandoada e decidiron entrar por curiosidade. Forzaron a porta e os nenos desaparecidos estaban colgados de cordas polas cabeza e sen ollos. Todos os ollos estaban nun bote .Había ollos de todos os cores:azuis,marróns etc. Os cadáveres estaban moi pálidos.Supostamente levaban alí 17 horas.A policía recolleu os cadáveres e levounos ao laboratorio para identificalos.
Eran
moitos,
catro polo
menos:Nicolás
Baños
Pumarega,Juan Ferreiro López,Noelia Pregal Blanco e Nayara Rodríguez Pereira. Pero o sospeitoso non aparecía..........
Nayara Rodríguez Pereira.
A NENA MISTERIO Érase unha vez unha nena chamada misterio. Chamábana así , porque todos os que se achegaban a ela desaparecían , ata súa irmá. Din que se a miras aos ollos vaste ao outro mundo. Un día pola noite unha amiga de misterio foi a súa casa ao día seguinte, contoulles a os seus amigos que viu morcegos , teas de araña e toda a casa pintada de negro con manchas vermellas pintado como se fose un mar. Dentro da casa había gotas de sangue e na súa habitación había unha libreta e cando a collín puxese como unha tola e non puiden ler o que poñía. Outro amigo de Misterio foi a súa casa e Misterio díxolle : Imos xunto o cemiterio? A estas horas? Anda, non sexas malo! Vale, imos! Misterio foi dicirlle aos seus pais que ían ir ao cemiterio. Eles foron ao cemiterio e nunca máis se soubo do neno. Os mestres non sabían diso,e `para eles Misterio es un santa, pero, un día unha nena díxolle ao mestre que Misterio que era unha nena misteriosa e rara.
Diana Vila Giráldez
O mestre díxolle : Anda , non digas parvadas. Iso non é verdade. Misterio e unha nena fantástica. Mestre e verdade. Misterio e mala. Todos os que van a súa casa desaparecen. De súpeto, apareceu Misterio. Levounos a un recanto e, por arte de maxia , desapareceron. Misterio, uns meses despois mudouse a un bosque que parecía un encrucillado. Para celebralo Misterio invitou aos seus amigos. Cando chegaron os seus amigos ao bosque viron persoas colgadas dunha árbore e comezaron a berrar. Só se salvou un. No colexio outro amigo de Misterio era Juan, e a súa mellor amiga e Lorena, nunca desapareceron. Que raro.
Diana Vila Giráldez
Os pais de Misterio pensan que a súa filla é un anxo, pero, non . É ao revés. Todos me teñen medo non sei porque. Eu son unha nena boa.dixo ela. Iso din, pero ninguén chegou a saber a verdade de Misterio nin o que lles pasou a aqueles rapaces.
Diana Vila Giráldez