CARTA EOI BAZA

Page 1

Bo día, amigos e amigas!! Escríbovos esta carta porque me enterei que na Escola Oficial de Idiomas de Baza, en Granada (Andalucía) están a argallar unha actividade moi, moi interesante para conmemorar o DÍA DA MULLER e propuxéronnos colaborar con eles! Que vos parece? Explícovos un pouquiño en que consiste... PRESTADE ATENCIÓN! Trátase dunha convocatoria de MAIL ART, é dicir, para participar deberiades DESEÑAR e CREAR unha postal ( dun máximo de 12x 17 cm) en calquera técnica artística manual sobre unha muller descoñecida ou pouco coñecida de calquera campo do coñecemento ou profesión. Cando a teñades elaborada non vos olvidedes de incluir o nome desa MAGNÍFICA MULLER, a súa profesión e o campo do coñecemento no que destaca. Asimesmo recordade poñer o voso nome como autores e autoras! Cando as xuntemos todas enviareinas, coa axuda das miñas axudantes, por correo postal ao seguinte enderezo: Escuela Oficial de Idiomas de Baza Plaza Carlos Cano s/n CP 18800 Baza -Granada-

Alí serán expostas á vista de moita xente que se atopa desexando ver as vosas creacións!!

Antes de que se me olvide!

Teredes que ter en conta dúas cousiñas: se introducides texto sería convinte que fora en castelán e o prazo de presentación remata o 4 de marzo. Non o deixedes pasar!

Animádesvos?

ENLACES DE INTERESE Mirade, déixovos aquí algún enlace por si vos apetece investigar un pouco sobre esta cidade, a onde irán parar as vosas POSTAIS. •

http://www.andalucia.org/es/destinos/provincias/granada/municipios/baza/historia/

https://www.bazaturismo.com/

PUCA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.