Do latín ao galego e castelán: Palabras patrimoniais, cultas e latinismos
Álvaro P. Vilariño v.1.1 - setembro 2010
jueves 16 de septiembre de 2010
☝
Index Introdución Palabras patrimoniais Palabras cultas Cultismos e semicultismos Dobretes ou alótropos Latinismos
☜ jueves 16 de septiembre de 2010
☞
☝
Introdución Aproximadamente un 80% do léxico do galego e castelán procede do latín. Non todas as palabras latinas se introduciron nestas linguas ao mesmo tempo nin da mesma maneira Palabras patrimoniais (as máis vellas, con más cambios) Palabras cultas ou cultismos (as máis novas, menos cambios) Latinismos: Palabras, sintagmas ou expresións tomadas directamente do latín sen cambio ningún.
☜ jueves 16 de septiembre de 2010
☞
☝
Palabras patrimoniais Aportadas polo latín vulgar xa dende a etapa da formación das linguas romances. Experimentaron cambios considerables ao longo dos seus moitos séculos de historia. Son palabras vellas, desgastadas, transformadas polo uso. Estes cambios réxense por unha serie de normas de evolución fonética Son o grupo máis numeroso e máis antigo das palabras das diversas linguas romances. Exemplos: pedra, sete, chave, moito, noite...
☜ jueves 16 de septiembre de 2010
☞
☝
Palabras cultas Proceden do latín culto ou literario Son palabras novas. Entraron máis tarde cas patrimoniais, nun momento no que as linguas xa estaban formadas. Sufriron moi poucos cambios con respecto ao latín. Cubren as necesidades da literatura, ciencia, filosofía: novas palabras para novos conceptos.
☜
Exemplos: pétreo, septuplicar, clave, multitude, noctámbulo...
jueves 16 de septiembre de 2010
☞
☝
Cultismos e semicultismos Os cultismos entraron nas linguas romances sen interrupción Moitos no Renacemento e Neoclasicismo Hoxe en día tamén: neoloxismos (vídeo, retevisión, internauta, etc.) Semicultismos: a medio camiño entre patrimoniais e cultas. Máis recentes que as primeiras e máis vellas que as segundas Vense afectadas só en parte polos cambios fonéticos Non finalizaron aínda a súa evolución Exemplo: latín regula > rella (patrimonial) regra (semicult.) regular (culta) As linguas non romances tamén recorren ao latín para formar cultismos:
☜
Inglés: honesty, equation, manuscript, library, derivation...
jueves 16 de septiembre de 2010
☞
☝
Dobretes ou alótropos Cando dunha palabra latina produce simultaneamente unha forma patrimonial e outra culta A pesar da orixe común soen ter pequenas diferencias de significado
Latín
cĭrcum ☜ jueves 16 de septiembre de 2010
Galego
Significado
Circo
“Edificio da antiga Roma”.
Cerco
“Local con gradas para espectáculos” “Muro, valado que rodea unha casa ou terreo” “Sitio. Asedio”.
☞
Latinismos
☝
Hoxe en día utilizamos o latín en frases, expresións, sentenzas. Son os latinismos ou aforismos latinos A moitos deles considerámolos xa integrados na nosa lingua, e podemos acentuálos segundo as regras. Ex: curriculum ou currículum Ata o século XVIII a ciencia escribía en latín (Latín científico: Newton, Descartes, etc.) Hoxe seguimos clasificando aos seres vivos segundo a nomenclatura de Linneo sistema binomial: especie + subespecie: canis lupus, lacerta muralis O latín no Dereito: s.XX: novos códigos de leis civís Abandono do Dereito Romano (segue sendo a base do noso sistema legal)
☜
Conservamos + Tecnicismos: habeas corpus; sine die; dura lex, sed lex; in dubio pro reo...
jueves 16 de septiembre de 2010
☞
☝
Latinismos (II) O latín na Universidade: campus, honoris causa, numerus clausus, cum laude O latín na lingua cotiá: lapsus, modus vivendi, curriculum vitae, ipso facto... Linguas non romances (inglés): datum, post data (p.d.), versus (v.s.), post scriptum (p.s.), a.m, p.m Lemas latinos en escudos de países, moedas, universidades... Luctor et emergo (Holanda), A mari usque ad mare (Canadá), Hac luce (Univ. da Coruña)
☜ jueves 16 de septiembre de 2010
☞
☝
☜
PAULATIMGALLAECIA
http://paulatimgallaecia.wikispaces.com/Latinismos
jueves 16 de septiembre de 2010
☞
☝
O sistema de clasificación de Linneo
Canis lupus: lobo común Carlos Linneo. Suecia. 1707-1778
Libro de plantas de Linneo
Imaxes: wikimedia commons
☜☞ jueves 16 de septiembre de 2010
Linnaea Borealis: flor lapona símbolo de Linneo
Latín en moedas e escudos
☝
Luctor et emergo. Middelburg abbey
A mari usque ad mare (Canadá) E pluribus unum (USA)
Hac luce. Univ. da Coruña jueves 16 de septiembre de 2010
Sigillum reg(ale) universit(atis) compostellan(ae)
☜