Dairas

Page 1

I . E . S .

M A N U E L

G A R C Í A

B A R R O S

TA L L E R DE CREACIÓN ARTÍSTICA

DAIRAS AUTORES: Carbajal Porto, Miguel Varela Frade, María Pérez Vieitez, Xoán Xosé Pérez Vilariño, Álvaro Sinopse: Dairas, unha curtametraxe de animación stop-motion, pretende unha reflexión á realidade de miles de persoas que padecen as consecuencias das guerras, das disputas do territorio. Conta a crúa realidade dun campamento de refuxiados, guiados por un personaxe principal, Ahmed. As ferramentas a utilizar son a fotografía, o modelado de plastilina, a música... Pero a mellor ferramenta será o factor humano, a ilusión e dedicación dos nosos alumnos e alumnas. Delimitación do campo de traballo: Cursos da E.S.O. e Bacharelato. Materias: Plástica, Música, Tics, Historia.

PREMIOS INNOVACIÓN EDUCATIVA XUNTA DE GALICIA 2010 CATEGORÍA EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO MODALIDADE B

I E S M G B - r ú a d a C u l t u r a s / n - A E s t r a d a • Te l é f o n o : 9 8 6 5 9 0 1 0 4 • h t t p : / / d a i r a s m g b . b l o g s p o t . c o m


ÍNDICE Guía Didáctica

3

Xustificación

3

Obxectivos

5

Contidos Materais elaborados

Metodoloxía

6 6 12

Ámbito e amplitude da mesma

12

Respecto aos dereitos de autor

15

Colaboracións externas

16

Temporalización

17

Profesores y alumnos implicados

17

Ámbito temporal

17

Plans de futuro

18

Organización de espazos e tempos

19

Actividades

23

Actos realizados

23

Presencia na rede

23

Plan de avaliación Avaliación dos contidos e da experiencia

Mecanismos establecidos para a coordinación I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

25 25 28 “Dairas”

2


Guía Didáctica Xustificación O feito de narrar as condicións de vida dun neno nos campamentos de refuxiados saharauís de Tindouf supuxo un paso máis na actitude que mostran moitas familias do concello de A Estrada, que acollen todos os veráns a pequenos saharauís nos seus fogares. Este tema supón tamén un estudo e unha reflexión da nosa propia historia, non en balde o Estado Español tivo moito que ver no que ocorre actualmente nos campos de Alxeria. A Declaración de Dereitos humanos, lida en árabe e galego, é un exemplo de irmanamento de culturas, de esperanza na Xustiza Universal. O feito de contar cunha alumna marroquí no Centro fixo posible afondar nesta idea. O exército, a guerra, os campamentos, a vida cotiá, a casa, a alimentación, o papel da muller (no hospital, na escola), os libros, a importancia e o dereito á cultura. Todos estes temas transcorren en maior ou menor medida polas imaxes que se mostran en pantalla. Require un labor de documentación previa, que os nosos alumnos realizaron con precisión. Quixemos tamén innovar nas formas, e por iso eliximos o mundo da animación en plastilina coa técnica do stop-motion, un mundo case descoñecido no campo do ensino secundario en Galicia. Un traballo duro, que non precisa dun gran presuposto, aínda que si dunha gran dose de paciencia, espírito de traballo e ilusión. Facer un traballo destas características nos inicios do século XXI supón tamén a creación dun espazo propio na rede, tanto para dar a coñecer ao mundo o noso proxecto (blog, web do MGB, glog, etc) como para permitir o traballo colaborativo entre o equipo que fixo posible “Dairas” (Aula Virtual, Intranet) No proxecto abordáronse multitude de tarefas, moi distintas entre si, e que implicaron a moitas materias e varios Departamentos Didácticos. Dende a labor de investigación sobre a historia, costumes e vida cotiá nun campamento de refuxiados (Aula Virtual), ata a construcción da maqueta con materias de refugallo (Aula de Plástica), modelaxe de plastilina, pasando polas labores de fotografía e vídeo (filmación, edición e publicación), publicación web (glog, blog, web do MGB, Site en Google), deseño gráfico (carteis, invitacións), música (gravación e ensaios do tema principal, colaboración co tenor), etc. Partindo dunha idea orixinal do director de “Dairas”, Miguel Carbajal, quixemos en todo momento respectar os dereitos de autor, polo que conseguimos a autorización para utilizar na nosa banda sonora algúns temas musicais doutros artistas. Todos colaboran de forma altruista, sen recibir ningunha compensación económica a cambio. Tamén foi a nosa idea levar o noso traballo a festivais de animación de todo o mundo. Queríamos contar a historia de toda esta aventura, que se soubese “como se fixo”. Paso a paso. Como podedes ler, escoitar e ver en http://dairasmgb.blogspot.com

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

3


I.E.S. Manuel García Barros - A Estrada

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

4


Obxectivos O obxectivo final de Dairas foi a realización, estrea e difusión posterior dunha película de animación en plastilina coa técnica stop-motion, obxectivo que podemos dar por cumplido. Pero no camiño fomos quen de conseguir tódalas outras metas que nos marcaramos: Aprender a traballar en grupo Axudar a que a dura situación dos refuxiados saharauis sexa máis coñecida na nosa comunidade e no mundo enteiro. Incidir nos valores inherentes á Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Contribuír á harmonía entre diferentes Civilizacións e Culturas. Aprender as novas técnicas para conseguir e presentar información en diversos formatos, así como lograr un espazo propio na Rede. Aprender a modelar en plastilina e caracterizar os diferentes personaxes da película. Conseguir construír unha maqueta con materiais de refugallo, outorgándolle así un valor engadido. Iniciarmonos na filmación e edición de fotografía dixital e na edición e efectos de vídeo. Afondar nas posibilidades da técnica stop-motion como ferramenta narrativa. Contar a nosa historia paso a paso, de xeito que todo quede rexistrado a poida servir de modelo a outros proxectos similares, ocupando un espazo propio na rede. Respectar os dereitos de autor. Implicar no noso traballo á meirande parte da Comunidade Educativa e ao noso Concello. Conseguir unha presenza importante nos medios de comunicación (prensa local e RTVE)

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

5


Contidos Materais elaborados A maioría destes materiais están incluídos no DVD entregado como parte da documentación. Os vídeos de exercicios previos dos alumnos e os do Como se fixo?, están subidos á canle de YouTube do Centro, agrupados na lista de reproducción de “Dairas”. Película “Dairas”: “Dairas”. Vídeo coa curtametraxe de animación de 23 minutos, obxectivo final do proxecto. Vídeos de exercicios previos dos alumnos Abel Carbajal: Gato, Monstruo, El Hospital. Ariadna Silva: A Historia de Luis Laura Carrillo: Lullabye Marta Rodríguez: Parchís Alex Vede: Playmobil War

Vídeos do “Como se fixo” (Making Off)

Imaxe de Monstruo, de Abel Carbajal

“Dairas e a TVG”. Vídeo realizado o 31/10/2010. Visita da TVG ao Centro. Historia do taller de Creación Artística do MGB. Exposición do proxecto. Argumento de "Dairas". Imaxes cos primeiros traballos: area, croma key, plastilina. Explicación da utilización das novas tecnoloxías en Dairas (Aula Virtual, Blog, Vídeo, etc.). Vídeo realizado o 10/11/2009. Preparación das escenas da primeira batalla. Vídeo realizado o 24/11/2009. Area, coche, primeiras filmacións. Traballos en plastilina, os primeiros bosquexos. Buscando sons en Google. Vídeo realizado o 19/01/2009. Banco de son. Modelaxe das jaimas. Vídeo realizado o 20/01/2010. Curso de Jose Miguel (Veru). Os pioneiros nas técnicas do stop-motion. Técnicas. Exemplos. Esqueletes profesionais. Efectos, programas a utilizar. Xasón e os argonautas. Vídeo realizado o 02/03/2010. Un pouco de cabeza. Modelando a plastilina. Realización da maqueta da escola. Bancos da escola. As camas do hospital. Unha jaima por dentro. Tellados e porta das jaimas. Traballo con plastilina, creación de personaxes. Taller de montaxe de vídeo: efectos (fume a medida). Vídeo da gravación dos “Dereitos humanos”. Grabación cunha alumna marroquí do Centro da Declaracion Universal dos Dereitos Humanos en árabe (4/05/2010).

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

6


Vídeos das Colaboracións Vídeo co poeta Manuel Pereira. Recitado do poema “Todo morte”. Vídeo da gravación do tenor Cesáreo Torres. Auditorio municipal de Vila de Cruces, abril de 2010. Cesáreo Torres (tenor) e Fátima Blanco (piano, alumna do centro), interpretan un lied de Shubert. Vídeo dos ensaios na Aula de Música das voces do MGB. Abril de 2010. Vídeo da gravación nos estudios Phonos de A Estrada, das voces do MGB interpretando “I’hope There’s someone”, de Antony Hegarty. Maio de 2010.

Grabación en estudio: “Voces do MGB”

Vídeo do “Avance” da película. “Trailer” definitivo, cunha duración aproximada dun minuto.Galerías de fotografías.

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

7


Galerías de fotografías. Máis de 11.000 fotografías, organizadas en carpetas por Esceas e Tomas, están aloxadas na intranet do centro e en dispositivos de almacenamento de memoria portátiles e discos duros de ordenadores.

Imaxes da película

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

8


Incluímos no dvd as seguintes galerías de imaxes: “Dairas e a TVG”: reportaxe fotográfica da visita da TVG ao centro, que inclúe moitos momentos do “Como se fixo”. “Selecta de imaxes da película”: selección das mellores fotografías incluídas na película, cunha pequena animación e banda sonora. “Imaxes do blog”: recompilación das imaxes que ilustran as entradas. “Dairas”, galería de imaxes: selección de imaxes animadas en vídeo que funcionou nun primeiro momento como o avance da mesma. Creáronse varios álbumes de imaxes no espazo en Flickr do Centro, todos dentro da “Colección” DAIRAS. Son os seguintes: Estrea de Dairas (imaxes da estrea o 23 de xuño de 2010) 19/01/2010 (imaxes do estado e progresión dos traballos nestas datas) Outubro 2009 (primeiras imaxes do proxecto) Dairas e a TVG (imaxes da visita da televisión autonómica) Dairas, imaxes película (unha pequena selección das mellores fotografías do film) Imaxes blog Darias (recompilación das imaxes empregadas nas entradas do blog) Gravacións de Audio Despois da creación no servicio Ivoox dun canal propio para o centro e un podcast específico para Dairas, subimos alí os seguintes audios. Gravación estudios Phonos. Tema interpretado polas voces do MGB, alumnos do Centro dirixidos pola profesora María Varela. Lied de Shubert. Cesáreo Torres (voz) e Fátima Blanco (piano). No Auditorio de Vila de Cruces, con asistencia técnica da RTVG. O tenor lírico César Torres accedeu a gravar para nós, coa colaboración da alumna Fátima Blanco ao piano e baixo a dirección do profesor de música Miguel Carbajal, un lied de Shubert. Cesáreo Torres e Fátima Blanco

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

9


Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Recitado en árabe a cargo dunha alumna marroquí do Centro, Imane Laaribi. Gravado no propio Centro. Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Recitado en galego a cargo do poeta Manuel Pereira. Gravación propia, a cargo do equipo de Dairas. Recitado do poema “Todo Morte”, a cargo do poeta Manuel Pereira Valcárcel. Gravación propia, a cargo do equipo de Dairas Blog do proyecto: http://dairasmgb.blogspot.com/ Máis de 60 entradas. Inclúense todos os vídeos do making off, exercicios dos alumnos e roldas de prensa. Nárranse todos os pormenores e progresos dos traballos, os problemas que xorden (rotura dunha cámara, problemas de temperatura de cor), dáse a coñecer o noso proxecto (TVG, roldas de prensa no concello, reportaxes en prensa: Faro de Vigo, Voz de Galicia, Correo Galego), agradécense colaboracións (permiso para a utilización da música da banda sonora, Tenor Cesáreo Torres, Poeta Manuel Pereira, Antony Hegarty, etc.) As entradas están clasificadas por etiquetas (guión técnico, iluminación, fotografía, modelaje de plastilina, prensa, banda sonora, etc,). Aula Virtual (moodle): http://centros.edu.xunta.es/iesmanuelgarciabarros/moodle/ Categoría: Taller creación artística (usuario: crearte; contrasinal: dairas). Contén varios tipos de recursos a disposición dos membros do equipo: documentos en pdf, fotografías, vídeos, ligazóns a páxinas web, banco de sons. Moi útil durante o proceso de documentación sobre a vida e historia do pobo saharahui. Glogs (pósters multimedia). De cara á estrea de "Dairas" no teatro Principal de A Estrada o 23 de xuño de 2010, e a modo de invitación multimedia para enviar por correo-e, os alumnos de TIC de 1º de Bacharelato do Centro, dirixidos polo profesor Álvaro P. Vilariño, realizaron unha serie de Glogs, utilizando os servizos de Edu Glogster. Despois da proxección e posterior votación dos traballos por parte do equipo de Dairas, resultou elixido o presentado pola alumna Laura Sue Rodríguez. Cartel promocional e invitacións A alumna Begoña Bascuas, baixo a dirección do profesor Xoán Xosé Pérez, foi a encargada do deseño do cartel para a estrea da película (tamaño A3).

Invitación para o dia da estrea de “Dairas”

Tomando este como modelo, realizáronse unha serie de 600 invitacións en formato marcapáxinas, que constituían a entrada para asistir aos pases dos días 23 e 28 de xuño. Na documentación final incluímos tanto o cartel orixinal como exemplares das invitacións. I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

10


Dossier de prensa Documento en *.pdf que recolle todos os artigos aparecidos en prensa. Ordenados cronolóxicamente, están accesibles dende o blog, subidos á rede mediante o servizo que nos proporciona scribd.

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

11


Metodoloxía Ámbito e amplitude da mesma A distribución do traballo non se fixo tendo en conta o nivel ou grupo do alumno, senón as preferencias ou capacidades do mesmo. Danse casos nos que algúns alumnos participan en varios grupos, ben simultaneamente ou ben sucesivamente ao longo do curso. Maqueta e decorados Traballaron 6 alumnos, baixo a dirección do profesor de Plástica Xoán Xosé Pérez, nunha sala anexa á Aula de Plástica, onde estaba montado de forma permanente o set para a filmación da curta (realizáronse máis de 11.000 fotografías), e na propia Aula, onde se crearon as maquetas das Dairas, da escola e hospital.

Set de filmación con croma-key

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

12


Modelaxe de Plastilina 3 alumnos, baixo a supervisión de Xoán Xosé Pérez e Miguel Carbajal. Traballouse no Aula de Plástica, aínda que os alumnos en moitas ocasións modelaron tamén na súa casa.

Primeiras figuras de plastilina

Sesións de modelaxe de personaxes

Montaxe, efectos especiais, retoque fotográfico 8 alumnos, baixo a dirección de Miguel Carbajal. Na sala II de informática, este grupo de alumnos encargábase de traballar co material fotográfico procedente do set de filmación. Descargábanse as fotografías realizadas, tratábanse informáticamente (croma key, recortes, efectos, subsanación de erros, retoques, etc), e montábanse en pequenos vídeos, que máis tarde se unirían, e aos que se aplicarían unha serie de efectos especiais, engadiríase o son e a música, etc.

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

13


Blog de Dairas A maioría das entradas deste blog, que recolle o día a día do proxecto, foron realizadas polos profesores Miguel Carbajal e Álvaro P. Vilariño, aínda que inicialmente participaron tamén 2 alumnas. Aula Virtual Por outra banda, e baixo a dirección do profesor Álvaro P. Vilariño, creouse un Aula Virtual na plataforma Moodle do Centro (Para entrar: Categoría, Taller de Creación Artística; Curso: Dairas; Usuario: crearte; Contrasinal: dairas), onde se colgaron materiais multimedia para a investigación e estudo previos do modo de vida e historia do pobo saharauí. Tamén se foron subindo as primeiras probas do traballo e creando unha pequena base de datos de sons. Foron dúas alumnas, ás que se lles outorgou rol de profesor, as encargadas do Aula. Como se fixo (making off) Tamén baixo a dirección do Profesor Álvaro P. Vilariño fóronse gravando en vídeo día a días os progresos nos traballos. Ademais de colgarse periodicamente no blog e a web do centro, realizouse un vídeo final de todo o proceso. Cartel promocional Unha alumna foi a encargada de realizar o cartel promocional do evento e unhas invitacións para a estrea, baixo a dirección do profesor Xoan Xosé Pérez. Paisaxe e arquivo sonoro 4 alumnos, baixo a dirección do profesor Miguel Carbajal, realizaron a paisaxe e arquivo sonoro da película. Selección musical A cargo dos profesores María Varela e Miguel Carbajal. • Colaboracións e achegas doutros grupos de alumnos do Centro. Voces do MGB 14 alumnos de música, dirixidos pola profesora María Varela, ensaiaron durante todo o curso un tema que ao cabo sería todo un referente na curtametraxe, "Hope There's someone", de Antony Hegarty. Logo de moitas probas no Aula de Música do Centro, finalmente entraron nos estudios Phonos de A Estrada a finais de maio. Glog (póster multimedia) Os alumnos de Tics de 1º de Bacharelato foron os encargados de realizar un Glog (póster multimedia), con vistas á estrea de "Dairas" o 23 de xuño de 2010. Logo dunha proxección pública dos traballos, resultou elixido o presentado pola alumna Laura Sue Rodríguez. Glog de “Dairas”

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

14


Web Taller Creación Artística Estes mesmos alumnos, dirixidos polo profesor Álvaro P. Vilariño, realizaron unha web do Taller de Creación Artística, en decembro de 2009, mediante a tecnoloxía de Google Sites. Respecto aos dereitos de autor O Guión de "Dairas" é unha idea orixinal de Miguel A. Carbajal Porto, director do proxecto. Todas as imaxes da cabeceira do blog teñen o permiso expreso dos seus autores (Mamen Fernández Branco, Sergi Bernal), baixo Licenzas Creative Commons. Cabeceira do blog

Manuel Pereira Valcarcel concedeunos o permiso para usar o seu poema (poemario "Todo morte", edicións do castro ) Conseguimos tamén os permisos do grupo Leilía para o tema “Hei de estar alí”, con letra do escritor Suso de Touro. O grupo The Durruti Column, accedeu á cesión do seu tema “Opera”. O guitarrista brasileiro Kiko Loureiro cedeunos os seus temas “Choro de CrianÇa” e “Beautiful Language”. Web de Kiko Loureiro

Realizamos tamén a solicitude de permiso na web de grupos música árabe. No caso do Lied de Schubert acollémonos aos beneficos da lei que regula os dereitos de autor. É este un exemplo de utilización de música libre de dereitos. Tamén se utilizaron sons libres, buscados polos alumnos en diversas bases de datos da Rede, como a do Ministerio de Educación.

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

15


Mais difícil foi consegur o permiso de Antony Hegarty, compositor do tema “I’ll Hope There’s Someone”, algo que ao final logramos. En primeiro momento pediron unha cantidade de diñeiro, pero cando se lles fixo ver que había moitos outros artistas colaborando de forma desinteresada, accederon a cedernos os dereitos do tema, aínda que de forma limitada. Tivemos que informar do momento do filme en que aparecía, da duración, etc.

Correo-e coa cesión de Dereitos de Antony Hegarty

Colaboracións externas Destacamos como colaboracións externas o asesoramento fotográfico de Xoque Carbajal, que nos solucionou moitos problemas e ata nos prestou o seu propio material fotográfico (cámara, flashes, iluminación, etc) Grazas á colaboración económica do Concello de A Estrada, no segundo trimestre algúns dos integrantes do equipo participaron nun Curso sobre animación stop-motion nas propias dependencias do Centro.

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

16


Temporalización Profesores y alumnos implicados • Carbajal Porto, Miguel (Departamento de Música) • Varela Frade, María (Departamento de Música) • Pérez Vieitez, Xoán Xosé (Departamento de Plástica) • Pérez Vilariño, Álvaro José (Departamento de Latín) Participaron 42 alumnos de ESO e Bacharelato. Destes 42 alumnos 14 dedicáronse á película en si. En canto ao resto, 14 colaboraron como integrantes nas Voces do MGB, que achegaron a gravación do tema principal do filme, e os outros 14, alumnos de TIC de 1º de Bacharelato, colaboraron coa elaboración da web do Taller de Creación Artística e o Glog (póster multimedia) para a estrea da película. Ámbito temporal Comezo dos traballos

Estrea da curta:

Sesións de traballo (40 sesións)

1ª semana outubro 2010

23 de xuño de 2010

Martes: 18:15 h. a 21:00h. Sábados: 10:30 a 13:30h.

As sesións de traballo tiveron lugar todos os martes logo das clases ordinarias, de 18:15 a 21:00 horas. A partir de marzo tamén sábados pola mañá, de 10:30 a 13:30, e días soltos en vacacións de Semana Santa. En total unhas 40 sesións (houbo algunhas que tiveron que suspenderse por exames ou outros motivos) Os alumnos de TIC elaboraron os seus materiais en horas de clase.

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

17


Plans de futuro Está prevista, para o próximo outono, a edición dun libro que acompañe o DVD orixinal da curta. Os beneficios da súa venda serán doados integramente á asociación de amigos do pobo saharauí, coa que temos estreito contacto. Nestes momentos estamos pensando en realizar máis pases da película no mes de outubro. Temos tamén solicitudes doutros centros para mostrar a nosa experiencia e difundir as técnicas de traballo no mundo da animación stop-motion, con vistas á realización de futuros traballos. Presentamos o noso traballo aos seguintes certames nacionais e internacionais. Certamen internacional de cine De Ourense- OUFF Certamen internacional de cine Euroarabe, Amal Certamen de cine internacional de Pamplona Certamen internacional de cortometrajes de Badajoz Mostra do I Festival Internacional de curtametraxes de Vigo (Curtopía 2010) Festival Nacional de cortos de San Pedro 2010 (Rosario - San Pedro - Buenos Aires)

Ahmed, o protagonista de “Dairas”

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

18


Organización de espazos e tempos Ao comezar este proxecto o noso obxectivo estaba claro: realizar unha curtametraxe de animación seguindo a técnica stop-motion con personaxes de plastilina, que contase a historia de Ahmed, un neno dos campamentos de refuxiados saharauís de Tindouf, Alxeria, cunha duración aproximada de 5 minutos (ao final resultaron 23!). Un alumno fixera unhas probas de animación moi simples durante o verán e agora tiñamos unha historia. Ao choio. Primeiro trimestre. A historia de Ahmed: documentación, maqueta e personaxes. No primeiro trimestre o noso primeiro obxectivo foi a creación dun “set” para a realización das diapositivas. O Departamento de Plástica cedeunos un espazo e alí comezamos a montar a maqueta. Desde o principio tivemos claro a utilización de materiais de reciclaxe como botes de plástico, caixas de cartón vellas, tetra-bricks. Conseguimos tamén unha boa cantidade de area, que tivemos que cribar e preparar antes. Agora necesitabamos os personaxes, feitos con plastilina. Varios alumnos destacaron neste aspecto, e foron eles os encargados de darlle vida ao escrito no papel. Aos poucos foise mellorando a técnica (ao principio rompían moi facilmente) e ampliando o número de figuras dispoñible para a filmación.

Materiais de refugallo na maqueta

Utilizáronse tamén vellos xoguetes tuneados: un tanque, un camión, un avión, etc. Tiñamos que puír e perfilar a historia. Pero necesitabamos tamén documentarnos sobre a vida e a historia do pobo saharahui. Creouse un Aula Virtual na plataforma Moodle do Centro e encargamos a dúas alumnas o desenvolvemento da mesma. Subíronse materiais en .pdf, *fotografías, sons, vídeos. Era un espazo privado, accesible só aos membros do grupo. Poderiamos ir subindo alí as primeiras probas de animación. Pediuse aos alumnos que creasen unha historia sinxela, na súa casa, durante as vacacións de Nadal. De temática libre. Queriamos explorar as posibilidades do stop-motion e motivar a creatividade dos nosos alumnos. Os resultados foron sorprendentes (estes traballos están incluídos no DVD) Foise creando aos poucos o chamado “guión técnico”, unha sorte de story-board. Bosquexos, debuxos, marcas, apuntes de como sería a filmación. I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

Guión Técnico Escena II

“Dairas”

19


Creamos un blog. Todo os avances, os problemas, as colaboracións, o día a día de “Dairas”, estaría alí reflectido. Segundo trimestre: Imos facer unhas fotos. Chega a informática. O noso obxectivo primordial foi o traballo fotográfico. Sesións interminables de fotografías (chegamos a almacenar máis de 11.000) que despois se animarían para dar sensación de movemento. Entón chegou a informática. Había que gardar todo ese material tan valioso e que tanto traballo supuxera, facer copias de seguridade do mesmo, e retocar as fotografías que así o requirisen (cor, recortes de imaxe, croma-key). Creáronse novos grupos de traballo e comprouse material informático: un disco portátil para as copias de seguridade, lapis de memoria e varias placas de RAM para aumentar a capacidade dos computadores da sala de informática. Terceiro trimestre: Démoslle vida a todo isto y preparémonos para a estrea. Imos contalo!. Con todas as fotografías feitas era o momento de crear os vídeos. Fóronse animando as esceas, divididas en tomas e en cámaras (traballamos con dúas). Había que engadir o son: buscar a banda sonora, e crear efectos (disparos, o ruído dun motor, unha explosión). Coa profesora María Varela traballando coas voces do MGB para o tema principal da película, elixíronse os demais e empezáronse as negociacións para conseguir os permisos dos dereitos das cancións. Cruzáronse moitos correos-e cos artistas. Algúns accederon desde o primeiro momento. Outros, como no caso de Antony Hegarty, precisaron dunha ardua negociación coa compañía discográfica.

Animación de facianas con voz

O Moodle xa non servía. Os vídeos pesaban moito, as fotografías multiplicáronse. Atopamos a solución no uso da Intranet do Centro. Nun cartafol protexido con contrasinal, os case 10 xigas de información que xeraramos estaban dispoñibles en calquera computador de centro e cunha rapidez imposible na rede. Logo de crear unha base de datos de efectos de son, tras arduas buscas na rede, foi o momento da post-produción, dos “efectos especiais”: o fume que sae dunha casa, a explosión dun proxectil, o lume que aluma aos personaxes sentados na fogueira.

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

20


Coa película case a punto amontoáballenos o traballo: roldas de prensa para anunciar o día da estrea, negociacións co Concello para a cesión do Teatro municipal, invitacións, cartel promocional. Empezamos a buscar na rede certames de animación. Había que facer copias en DVD e versións subtituladas. Reunir a documentación esixida e mandala. Tamén necesitabamos un avance, un “Trailer” que dese a coñecer o proxecto, aínda que só fose de 1 minuto.

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

21


Chegou o día. O teatro ateigado. Despois dun pequeno documental a modo de introdución, realizado no mes de outubro pola TVG, a nosa historia proxéctase por fin en pantalla grande. Nada falla, o DVD avanza, o son é bo, aínda que para iso haxa que falsear o estéreo, o público cala, emocionado. Tras os créditos vén o Como se fixo?. A xente empeza a entender e a valorar o que viu, o descomunal traballo queda á vista de todos. Choven os aplausos e o grupo enteiro sae a saudar ao escenario.

Escena da escola

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

22


Actividades Actos realizados Estrea de Dairas (1º pase): 23 de xuño. Teatro Principal de A Estrada. Estrea de Dairas (2º pase): 26 de xuño. Teatro Principal de A Estrada. Representación no mes de outubro: Teatro Principal de A Estrada. Entrega de premios festival de Ourense: 5 de Outubro. Participación na Mostra do I Festival Internacional de Curtametraxes de Vigo, Curtopía 2010. Presencia na rede Mostramos aquí un directorio con tódalos enderezos que forman o noso espazo na Rede. Blog de “Dairas”: http://dairasmgb.blogspot.com Web do IES MGB: http://centros.edu.xunta.es/iesmanuelgarciabarros Espazo do Taller de Creación Artística na web do centro: http://centros.edu.xunta.es/iesmanuelgarciabarros/?q=taxonomy/term/113 Aula Virtual (Categoría: Taller creación artística (usuario: crearte; contrasinal: dairas) http://centros.edu.xunta.es/iesmanuelgarciabarros/moodle/ Web Taller de Creación Artística do MGB: https://sites.google.com/site/tallercreacionmgb/ Espacio en Flickr do MGB: http://www.flickr.com/photos/iesmgb/ Colección “Dairas” en Flickr: http://www.flickr.com/photos/iesmgb/collections/72157622562895615/ Canal de YouTube MGB: http://www.youtube.com/user/iesmgb Lista de reprodución “Dairas” no canal de YouTube: http://www.youtube.com/user/iesmgb#grid/user/2D4E8D8AEF6E0554 Canal MGB en Ivoox: http://www.ivoox.com/escuchar-iesmgb_nq_3517_1.html Podcast de “Dairas” en Ivoox: http://www.ivoox.com/podcast-dairas_sq_f16158_1.html Lied de Shubert en Ivoox: http://www.ivoox.com/lied-shubert-audios-mp3_rf_272887_1.html I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

23


As “Voces del MGB” en Ivoox: http://www.ivoox.com/gravacion-estudios-phonos-audios-mp3_rf_287741_1.html Declaración Universal dos Dereitos humanos en Ivoox (árabe): http://www.ivoox.com/declaracion-universal-dereitos-humanos-audios-mp3_rf_325885_1.h tml Declaración Universal dos Dereitos humanos en Ivoox (galego): http://www.ivoox.com/declaracion-universal-dereitos-humanos-audios-mp3_rf_326624_1.h tml Recitado do poema “Todo Morte” en Ivoox: http://www.ivoox.com/todo-morte-audios-mp3_rf_326626_1.html Dossier de prensa en Scribd: http://www.scribd.com/doc/33273034/Dossier-Dairas-Prensa-19-6-10 Glog elixido para a invitación á estrea: http://s723gv3.edu.glogster.com/dairas/

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

24


Plan de avaliación Avaliación dos contidos e da experiencia Para empezar diremos que o noso coñecemento do mundo da animación stop-motion era practicamente nulo. Un alumno fixera unhas probas no verán animando figuras de plastilina e tiñamos unha historia, a historia de Ahmed. A partir de aí, empezamos a plantexarnos usar este medio de expresión, descoñecido para todos e case inédito no mundo escolar. Os comezos foron duros. Houbo ata algún experto ao que consultamos que prognosticou que xamais o conseguiriamos, que era demasiado traballo para un ano, que non contabamos cos suficientes medios, que non tiñamos formación algunha. Pero o que sobraba era ilusión. Pronto vimos que necesitabamos unha especialización dentro do grupo de traballo, e colaboración por parte da Comunidade Escolar. Proporcionóusenos un espazo no Aula de Plástica onde Set de filmación para a escola puidemos montar o set de filmación coa maqueta. A partir de aí fóronse creando os grupos segundo as preferencias e habilidades de cada alumno e as necesidades que en cada momento requiría o proxecto: maqueta, modelaxe, fotografía, montaxe, etc. Desde o equipo directivo do Centro todo foron facilidades desde o principio. E é este un requisito imprescindible para levar a cabo un proxecto desta envergadura. Houbo clases que se perderon e atrasos noutras (roldas de prensa, gravacións, ensaios), pequenas facturas que sempre atoparon o seu sitio, etc. Moitos profesores axudaron tamén cando se lles pediu. Conseguimos asesoramento fotográfico externo, a cargo do fotógrafo Xoque Carbajal, sobre iluminación, manexo e parámetros das cámaras, enfoque, etc. Máis adiante, no mes de febreiro, o Concello da Estrada financiounos un curso sobre animación stop-motion. Tivo lugar nas dependencias do Centro e, coa película xa en marcha, foi un curso eminentemente práctico que nos axudou moito coa técnica e os métodos axeitados. Destacar a colaboración entusiasta e desinteresada do tenor Cesáreo Torres, nunha tarde memorable no auditorio do Concello de Vila de Cruces, coa axuda técnica da RTVG. Tamén a do poeta Manuel Pereira, cos seus recitados da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e o seu poema “Todo Morte”. I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

25


Os estudios Phonos de A Estrada cedéronnos gratuitamente as súas instalacións e o seu técnico para gravar o tema central da película. Se falamos de economía temos que dicir que foron moi pequenos os gastos. Algúns materiais para construír a maqueta, xa que os se usaron maiormente foron de reciclaxe (cartóns de caixas vellas, tetra-bricks, botes de bebidas, xoguetes vellos, etc), plastilina, dispositivos de almacenamento externo (disco duro portátil, lapis de memoria, caixas de DVD), un disparador automático para a cámara e memoria RAM. Sufrimos moitos problemas informáticos, incluído un virus que a punto estivo de borrar toda a información almacenada. Fomos ao límite xa que a edición de vídeo require máquinas máis potentes. Varias veces perdemos o traballo realizado nunha sesión. Procuramos sempre contar con varias copias de seguridade. Houbo tamén dificultades na filmación fotográfica. A cámara de Xoque Carbajal rompeu (as sesións eran tremendas, disparo tras disparo...) e tivemos que continuar só coa cámara do Centro. Foron días enteiros de sesións fotográficas que houbo que repetir debido por problemas de temperatura de cor.

Problemas coa temperatura de cor

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

26


Desde o primeiro momento prestamos moita atención á divulgación do noso proxecto. Todos os nosos avances e problemas do día a día quedaron reflectidos no blog e na web do Centro. Acudimos sempre á prensa local (Faro de Vigo, A Voz de Galicia, O Correo Galego), para informar do desenvolvemento da nosa película. Todo iso está recollido no dossier de prensa colgado no blog.

Escriba para introducir texto

Tamén a TVG realizou unha reportaxe no mes de outubro. A televisión local da Estrada informou puntualmente das roldas de prensa que celebramos no Concello, vídeos que logo colgabamos no blog e na web do Centro. Baixo a etiqueta de prensa pódese consultar toda esta documentación no blog.

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

27


Mecanismos establecidos para a coordinación Ademais do contacto diario no Centro os profesores participantes neste proxecto estivemos en contacto permanente a través do blog, do correo-e e da Aula Virtual. O reparto das tarefas foi decidido dende o principio entre os profesores participantes. María Varela encargouse do traballo cos alumnos para a gravación do tema principal da película. Xoan Xosé Pérez dirixiu os traballos da construcción da maqueta na Aula de Plástica e de modelaxe de plastilina. Dirixiu tamén o deseño dos carteis e invitacións. Álvaro Pérez encargouse da presenza na rede e deseño e publicación no blog, e dirixiu a gravación, edición e publicación do documental “como se fixo”. Fíxose cargo tamén da creación da Aula Virtual. Miguel Carbajal estivo á fronte da filmación e edición de fotografía e vídeo e participou activamente na publicación no blog. Todos estes traballos foron coordinados e dirixidos polo profesor Miguel Carbajal.

I . E . S . M a n u e l G a r c í a B a r r o s!

“Dairas”

28


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.