nabis 18/11/01 07:56 PĂĄgina 3
Debaxo de nabis, sapis Quique RoxĂos
Castelo das letras Mesa pola defensa do galego de Asturias 2001
nabis 18/11/01 07:56 Página 4
© Quique Roxíos © das ilustraciois: Román y Jato © de esta edición: Mesa pola defensa do galego de Asturias (MDGA) A Rambla / 33734 Eilao ISBN: 84-89880-54-9 Depósito legal: ASEdita: vtp editorial Filmación: Tecniprint Impresión: Apel Esta obra editouse cunha subvención da Xunta de Galicia
nabis 18/11/01 07:56 Página 5
ÍNDICE
7.
Presentación
9. 13. 14. 15. 17. 19. 20.
Debaxo de nabis, sapis A curuxa marrulleira Aforrar El mallorazo El toupo El maceiro, el lloureiro e a pereira El milagro dos cinco panes e dos cinco peixes El rinchín sen manchas mouras ¿Pra unde van as nubes? Vexo, vexo Fala, fala, sigue falando dese xeito Espantullos A mordida ou a retorcida A bruxa de Sampol
22. 24. 26. 27. 31. 33. 39.
nabis 18/11/01 07:56 Página 7
PRESENTACIÓN
Quique Roxíos (Enrique González Álvarez) naceu en Roxíos, Boal, Asturias no ano 1964. Licenciado en Dereito, foi socio fundador da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias. Ten colaboracióis na revista Ambitu, no suplemento literario de A Freita: O Espello e publicou úa ponencia sobre «El galego de Asturias no proxecto de lei del bable», Clube Cultural Adiante, 1992. Colaborou realizando entrevistas no suplemento cultural de La Voz de Asturias. Nestos contos respétanse as normas ortográficas elaboradas pola MDGA, escollendo sempre aquellas formas que se achegan máis á variante lingüística del autor.
7
nabis 18/11/01 07:56 Página 9
DEBAXO DE NABIS, SAPIS
Era úa vez un rapaz al que mandaron á capital a estudiar pra cura, pero non estudiaba nada e el que fía era engañar aos sous pais pra que lle mandaran cuartos. —Agora teño que ir de meditación a un mosteiro –decía núa carta. —Si home sí. Tu teis que fer el que fagan todos —contestáballe el sou pai mandándolle cuartos. —El mes que vén, teño que ir al Vaticano —escribía noutra carta. —Pos claro.... a chucharlle a mao al Papa —respodialle farruco sou pai. En tanto chegou el momento en que xa tía que rematar os estudios e axina escribiu dicindo que xa taba «ordenado sacerdote» e que regresaba. El pai (Xoselo) avisou a todos os vecíos: —Xa sabedes que teño un fillo alló na capital estudiando pra cura. Pos xa se ordenou sacerdote delantre del Papa e el venres que ven chega xa vestido de sotana. Cuido que vei dar a primeira misa nada máis chegar. Os vecios miraban us pra os outros con ollos azarentos. Todos pensaban que el fillo de Xoselo taba na capital vivindo del conto e que tía engañados a súa nai e al sou pai. 9
nabis 18/11/01 07:56 Página 10
Xoselo preparou úa comilúa, matou un xato e el día sinalado foron todos con caballerías esperallo al tren no que chegaba. —El meu fillo é mui listo e sabe atá latín. Agora temos que chamarlle Don Tomás. El tal Don Tomás asomou pola porta del tren e condo vío tanta xente sintio que el cuspe non lle baxaba polo gorgoleiro. Xa pasara us cuantos anos pedindo cuartos a casa. Na última volta fixéranlle falta algús máis que de costume e tuvera que inventar que tía que ordenarse sacerdote en Roma. ¿Cómo lle iba decir ao sou pai que non era certo? ¿Cómo llo iba decir a súa nai? Sentíase pecadento embutido na sotana decindo que lle chucharan a mao. El pai quedouse pasmado condo lo viu baxar del tren coa súa sotana e sombreiro mouros e un crucifixo grande como el demo no pescozo. El rapaz daballes a mao pra que lla chucharan e despós dos saludos subiuse a úa das caballerías e colleron camín de volta. Dende a mula outiaba dun lado pra outro. Polo ramal iba sou pai coel peito fora, máis inflado que nunca. Pola noite xelara e toda a mañá fixera úa friaxe que atereceran as truitas del rigueiro. Pero pra Xoselo era el millor día de todo el ano. Se fía frio, fíalo pra 10
nabis 18/11/01 07:56 Página 11
os outros; se chovía, chovía pra os demáis; se fía airón, él non se decataba. Mentras, el nenón pensou que tía que decir algo importante pra que visen que sabía muito. Como era algo corto de bidallas non acababa de ocurrirselle nada. E condo pasaban por úa ponte que cruzaba un rigueiro no que había muitas truitas dixo: —Debaxo de pontis, fontis, viveres fontis. Todos quedaron coa boca aberta. —¡Oh virxe! ¡Cónto sabe el meu fillo! El que aprendeu el meu neno. Esto é un cura. Entón pasou por un eiro unde había nabos e víu un sapo. —Debaxo de nabis, sapis —sentenciou. —¡Qué fillo máis listo teño! ¡Ouguisteis! Eh! ¡Menudo cura! Conto sabe el meu neno. Nesto chegaron al poblo e, antias da comilúa, tían organizada úa misa e deste xeito el rapazón púxose no púlpito. D. Tomás, Tomasín, el nenón, ergueu a mao dereita deixando ver a palma da mao, fina e sen encetaduras nin moratois e a xente guardou silencio. —Jesucristo dijo... Jesucristo dijo... Naide gurgutaba. Todos miraban e el nenón non sabía como salir del apuro. El rapazón volveu a sentir que el cuspe non 11
nabis 18/11/01 07:56 Página 12
corría polo gorgoleiro. A súa imaxinación debera quedar engobellada nalgún esquino del cerebro de tanto que pimplara naquelos anos na capital —E Jesucristo dijo... dijo Jesucristo... El asunto poñíase serio. Mialma nos se acordaba de nada del que lle espricaran nas primeiras crases ás que fora. Ademáis agora xa non podía inventar zarapalladas en latín xa que taba escuitando D. Eusebio, el notario, e éste tía que entender algo. —Jesucristo dijo.... Jesucristo dijo Entón el pai póxose nervioso e condo xa non puido aguantar máis berrou todo enfadado: —¿Qué carallo dixo Xesucristo, hou? ¿Qué dixo? —Pra que vosté fale, eu non predico. ¡Ala! E xa está dito todo e acabouse a misa.
12
nabis 18/11/01 07:56 Página 13
A CURUXA MARRULLEIRA
Érase úa curuxa que viu nun palombar úas palombías muito ben cuidadas e pensou: —Se me pinto de branco poderei ir a vivir con ellas e deste xeito non me faltará de nada. As palombas non recoñeceron a intrusa mentras tevo sen abrir el pico, atá que un día esqueiceuse del papel que representaba e berrou como curuxa que era: —Uuuuuuuú Uuuuuuuú As palombas botáronla a picuadas del palombar e a curuxa colleu el camín de volta prá figueira unde tía antes a súa casa. Pero as compañeiras non recoñeceron as súas brancas plumas e non la quixeron al sou llado. Deste xeito, por ser úa tramposa e marrulleira a pobre curuxa atopouse atá sen a casa de sou.
13
nabis 18/11/01 07:56 Página 14
AFORRAR
Érase un sapín que de condo en condo, allargaba el focico e mazcaba un pouco de terra. —¿Por qué estás sempre tan fraque? —preguntoulle un día a sabicheira llebre. —Pos porque sempre teño fame —contestou el sapo. —E se teis fame —respondeu a llebre— ¿Por qué non comes atá encherte? —Porque un día —queixouse el miserable sapín— tamén pode acabarse a terra.
14
nabis 18/11/01 07:56 Página 15
EL MALLORAZO
Había úa vez un llabrador que tía dous fillos. Como xa tía muitos anos pensou que tía que amañar el asunto del caserio e falou coel fillo máis vello. —Mira neno. Eu xa teño muitos anos. Se tú queres eu nómbrote mallorazo e a pasas a ser tú el amo del caserio. Deste xeito pai e fillo puxéronse dacordo. El neno pediu que llo deixara todo a él menos úa pequena parte pral sou hirmau. Al día seguinte foron al notario. El pai iba subido na mula e el fillo llevabalo del ramal. —¿Vas ben pai? —Bou ben, neno, bou ben. —¿Queres que paremos un pedazo a descansar, pai? —Non, neno. Bou ben. El notario amañou os papeis e al voltar xunta a mula el fillo subiuse nela e díxolle a sou pai que agora tocaballe a él ir andando. E desta vez xa non lle preguntou se iba ben ou non. —Agora tira vostede del ramal, pai. Al outro día el pai ergueuse ben cedo, aparellou a mula. —¿A unde vei, pai? 15
nabis 18/11/01 07:56 Página 16
—A ti que máis che da. E volveu al notario a cambiar de mallorazo.
16
nabis 18/11/01 07:56 Página 17
EL TOUPO
Había úa vez un toupo que saltupiaba baxo a terra por llongas e embolortadas galerías que a súa familia esfuracara en muitos anos de traballo. Tan pronto engataba pra os pisos de riba como baxaba ás bodegas e pra ello cuase non lle fía falta ver. En realidade vía mui pouco pos os toupos tein os ollos cativos e con muita miopía. Un día enfilou un corredor descoñecido e seguiu viradando sen fer caso a un compañeiro que lle berraba: —¡Alto! ¡Para! ¡Ese corredor vei a fóra e é perigoso! Sen fer caso ningún, el toupo seguiu el sou camín atá que se atopou dentro dun montón de terra e cuito inda calente. Ergueu el focico pral alto e a lluz del sol que rellumaba como se foran rellustros féxolle pechar os sous pequenos ollos. Condo os abriu outra vez, nada mais un pouquín pra quel sol non llos queimase viu como úa cousa forte e grandúa se lle vía enriba. El llabrador deulle dúas ou tres cotuadas cúa eixada e dixo mentres lo remataba: 17
nabis 18/11/01 07:56 Página 18
—¡Toupos! Sempre estarabouzándome entre el cebollo.
18
nabis 18/11/01 07:56 Página 19
EL MACEIRO, EL LLOUREIRO E A PEREIRA
Dous llabradores, con brosas nas maos, paráronse xunto a un maceiro. —¡Maceiro! —berrou el lloureiro—, ¡vein por ti! Os llabradores principiaron neste intre a petar coas brosas no pobre maceiro pra tirallo. —¿Pra unde te llevan, maceiro? ¿Unde tá a soberbia que tías condo as túas ramallas taban chías de fruitos? —dixo a pereira. El maceiro, morrendo, gurgutou a xeitín. —Eu voume con estos llabradores que lles fago falta pra non sei que traballo.. Vosoutros, axudádelles tamén se non queredes rematar con as vosas canas esmoucadas. El lloureiro e a pereira non lle contestaron. ¿Qué lle iban decir?
19
nabis 18/11/01 07:56 Página 20
EL MILAGRO DOS CINCO PANES E DOS CINCO PEIXES
A igresia taba chía. Un cristo de madeira acaronchada presidía. A esquerda e a dereita velas altas e coloradas e frores tamén rubias e brancas. Detrás do altar un cura de sotana rañada e descolorida miraba praos feligreses con cara de poucos amigos. —Por aquellos tiempos Jesus con sus apostoles decidieron que debían trasladarse.... Nos bancos da dereita as mulleres apretuñadas úas contra outras; coas súas millores roupas, brancas e atoutadas as nenas novas, mouras e con tacos zurcidos as das máis vellas. Nos bancos da esquerda sentábanse os homes. Pero non todos. Xa sabemos que muitos homes poinse na porta, medio dentro, medio fora, como con ganas de que a misa acabe depresa, as veces barullando algo, pero todos con as puchas nas maos. El cura levantou as maos e falando ben alto, case berrando, continuaba coel sermón pero equivocouse: —¡Y Jesucristo hizo el milagro! Y dio de comer a más de cinco personas con cinco mil panes y cinco mil peces. 20
nabis 18/11/01 07:56 Página 21
Inda non ben acabara de decir tal cousa condo el ferreiro del poblo que taba apalancado contra a porta dixo querendo falar baixo: —¡Bo! ¡Eso fíalo eu tamén! El cura ouguilo solo que como se eiquivocara no sermón non dixo nada. Al ano seguinte, como os curas tein que decir as mesmas cousas nos días sinalados, el párroco volveu a repetir el sermón cuidando de non confundirse: —¡Y Jesucristo hizo el milagro! Y con cinco panes y cinco peces dio de comer a más de cinco mil personas. —E siñalándolo coel dido preguntoulle—: ¿Fías tú tamén eso ferreirin de pouca monta? —¡Bo! Coel que sobrou del ano pasado.
21
nabis 18/11/01 07:56 Página 22
EL RINCHÍN SEN MANCHAS MOURAS
Había úa vez un rinchín que non tía manchías. El pobre taba mui encollido pos os compañeiros ríanse dél. —¿Cóndo se vío un rinchín sen llunares? —lle decían Un día atopou un neno que escuruxado úas veces, ás gatas outras, non deixaba de mirar pral tarrén. El rinchín dende el pico dúa pena outiaba pra ver cual era el traballo del neno. Chegou un dos compañeiros del noso rinchín e el neno, al vello, botoulle de présa as súas manías enriba e pilloulo —Rinchín, rinchín...vei a ver al tou padrín e dille que mañá e pasado faga bon solín. Con todo, el neno en vez de deixarlle ceibarse enalando, tal e como se fai sempre despós de decir estas palabras, quería quitarlle as manchas mouras e pra ello a cada un que pillaba remataba estrapallándolo de tanto axenegar con úas e outras ferramentas. Nesto viu el noso rinchín, el rinchín sen llunares, e posto que non tía manchías deixoulo escapar, pensando que podía ser algún bicho de pinchuada velenosa. 22
nabis 18/11/01 07:56 Página 23
Deste xeito, por úa vez, el noso rínchín alegrouse muito de non ter as condenadas manchías.
23
nabis 18/11/01 07:56 Página 24
¿PRA UNDE VAN AS NUBES?
Embaxo, naquel furaco, non se podía nin respirar. A aldea taba el máis abaxo que úa aldea pode tar pos, como xa saberedes, Soteiro, é un poblo mui pequeno no que hai cuatro casas con fumo. É mui cósto é ten un rigueiro unde se poden coller truitas e anguilas. Condo el sol casca aquí, as plantas ferven e cocen. Condo el vento sopra, failo en remolíos, desfaragullando todo. Se chove muito, arrollan atá os penedos. Por iso, condo Xoanín chegou al pico del todo, condo el rigueiro asomellaba tar mui llonxe e as nubes llougo se pillaban espurrindo as maos... Xoanín sorprendeuse, e quedou como abobado, como queda un condo dormindo úa resaca lle tiran de golpe un cazapado de augua. ¡Aquella esplanada tan llarga e chá! ¿Quén lle iba decir que puidera haber úa cousa así? E alló, no cabo del todo, había máis montañas e máis nubes! Nas súas costas taba Soteiro, máis pequeno que nunca, máis embaxo inda, máis cósto e afuracado. ¿Quén lle iba decir que puidera haber úa cousa asi? Xoanín acababa de fer, con cinco ou sei 24
nabis 18/11/01 07:56 Página 25
anos, a primeira salida da súa casa e aquella explanada llonga con aquella casúa branca tan grande e alta quedoulle grabada na cachola pra sempre. Aquel día, con cinco ou seis anos, Xoanín descubriu que el sou mundo non era todo el mundo. Avezado a vivir nun sito tan cósto non podía imaxinar que puidera haber un sito tan chao. A súa mai quería ensenarlles a Xuanín e a súa irmá xemelga el camín prá cantina de Francisco de Agosto pra mandallos de condo en condo a mercar algúa cousa. —¿Seredes quen a vir solos? —preguntoulles. Al outro día, alló embaxo miraba prás nubres e víalas esconderse entre os piñeiros, pero él xa sabía que non quedaban allí. Él xa sabía que seguían viaxe prás montañas brancas que taban no cabo del todo... e al mellor inda había outras máis alló. —Aihó... ¿as nubes pra unde van? —preguntou. —¡Ui! Eu que sei, neno... Non me veñas con zarapalladas.
25
nabis 18/11/01 07:56 Página 26
VEXO, VEXO
Había úa vez úha vella que quería casarse. Os vecios querían ferlle entender que non taba en condiciois pra dita empresa. —Pero qué te vas a casar nía. ¡Se non ves! —Vexo, vexo. Vexo atá agulla no pico del campanario da igresia. —¿Ves a agulla? —Vexo. —¿E el campanario? —Non, el campanario non lo vexo.
26
nabis 18/11/01 07:56 Página 27
FALA, FALA, SIGUE FALANDO DESE XEITO
No Cruceiro,unde se estrapellan us con outros os camíos que collen pra Carrugueiro, Boal e Roxíos, no Cruceiro de San Llouguís sempre taba Antonio. Antonio tía a zuna de erguerse cedo, mecer as vacas, soltallas nos prados que tía a rentes da casa, pra despós sentarse na parede que xebraba el eiro de sou del de Cesarín. E xa talmente asomeñaba que non se erguía daquel sito atá a noite, condo recollía as vacas, mecíalas outra volta e íbase prá piltra atá a mañá seguinte. Deste xeito, Antonio era como el periódico de toda a redolada. Falaba cos que iban e voltiaban de Carrugueiro, cos que chegaban ou marchaban de Roxíos, cos que se arrimaban ou fuxían de Peirois, cos que se achegaban ou moscaban de Boal... Falaba con us e con outros, dicíndolles a us el que dellos dixeran os outros; dicíndolles aos outros el que dellos non dixera ningún. Era cedo. El sol xa principiaba a calentarlle debaixo da pucha. Era día de feira e os ollos de Antonio llegaraban polos cuatro camíos. Nadie asomaba polo alto de Llaviada. Naide aparecía polos piñeiros de Carrugueiro. Os prados e os pataqueiros de A 27
nabis 18/11/01 07:56 Página 28
Cámara deixaban destacar el alquitrán balleiro e sen compaña. Dende Peirois nin un ruxido mozcaba el aire. Nesto, de entre os piñeiros, cuasemente como un dos escondidos de condo a guerra, apareceu coa súa pucha torta, coa súa muleta gorda e mal feita de castañeiro, coel sou celtas esbarroirando de mala maneira, apareceu Pepín de Xico. Por úa corda tría úa becerra... úa pelella con cornos. Os ollos de Antonio abríronse e rellumaron e os sous beizos debuxaron un sorriso. —¿Non me digas que vas con... esa... á feira? Dixo mirando prá anganida vaquía. —¡Ui! ¿Pos que ten? —Non nada. Pero digamos que tá fraque como as arañas. —Mira, esta becerra búa pinta non ten. Pero, aquí unde la ves, esta vaquía da trinta litros al día de lleite, pare dúas crias al ano… Culúas!, é mansa, branda, comedora... —¡Si hou! E véndesla por ser búa. —Véndola porque son pensionista e estou desféndome del gado. Que a pensión danla pra traballar menos. Pouco a pouco, as parolas de Pepín de Xico foron caltrindo no espírito del bon de Antonio que, vindo el trato da súa vida, rematou por mercar a vaca. 28
nabis 18/11/01 07:56 Página 29
Pasou el tempo e Antonio seguiu erguéndose cedo, mecendo as súas vacas, soltándolas nos prados de xunto á súa casa, pasando el día sentado no xebre do sou eiro coel de Cesarín, contándolles aos de Peirois el que falaran os de Roxíos, aos de Boal el que non gurgutaran os de Carrugueiro, aos de Castrillón el que dellos dixera non sei quen, de non sei unde, non sei condo. Era un día de feira, el sol calcaba que fía fumo e os ollos de Antonio miraban con especial interés al fondo dos piñeiros, como querendo descubrir os camíos mallados polos xababarís. E aquella mañá apareceu de repente el elemento. Como aparecen os vecíos condo un non ten ganas de parola, como moscan as vacas no monte, sen avisar. —¡Carape Pepín! Xa tía ganas de verte. —Pos xa sabes unde vivo. Inda non é mui llonxe. —Mira teño que falar contigo mui en serio –—e el focico de Antonio retorceuse querendo poñer cara de poucos amigos. —Xa sabes que tu e mais eu sempre fomos bus amigos. Se teis daqué que contarme eu escuito e non falo. -contestou Pepín—Mira Pepín,vendícheme úa vaca morta de fame. Mantívenla, engordeila, gastei herba seca, comeu pienso a esgalla, 29
nabis 18/11/01 07:56 Página 30
encheuse de remolacha e meiceira verde. Sen embargo a vaca nin da trinta litros de lleite, nin pare dúas crías al ano, nin queda preñada, nin é mansa, senón torriúa, nin é comedora, nin branda, nin sa... —Fala, fala, sigue falando dese xeito, que falando dese xeito has a vendella a búa hora.
30
nabis 18/11/01 07:56 Página 31
ESPANTULLOS
Eran dous vecíos que cada un tía úa cereixal chía de cereixas xa maduras e os paporrubios, as pegas e as mermas non deixaban de picoteallas. —Terei que amañar esto poéndolles un bon espantullo —pensou un dos llabradores. E póxose a fer un a base dúas pequenas plumas dun azor que atopara morto. Os páxaros non volveron máis. Vindo esto el outro vecín, pensou que xa que aquel espantullo dera resultado, él íba fer outro mellor pra cuidar da súa cereixal e rematoulo de présa con úas llongas plumas. —Condo veñan os páxaros, irán prá cereixal del vecín —pensou pra si. Mais pasou al revés, e condo quixo caer na conta, xa non tía ningúa cereixa. —¿Pos, cómo é —preguntoulle al vecín— que os páxaros fuxen del tou espantullo índa que é máis pequeno? —Pero ¿Tú es bobo ou faiste? ¡Carape! Non ves que as plumas del meu espantullo, inda que máis pequenas, son de azor e os páxaros teinlle muito medo? As que tu puxi31
nabis 18/11/01 07:56 PĂĄgina 32
che son de pavo e avultar avultan abondo, pero os paxarĂos maldito el caso que lle fain.
32
nabis 18/11/01 07:56 Página 33
A MORDIDA OU A RETORCIDA
Houbo un tempo en que a xente non tía máis remedio que emigrar na procura dun mellor futuro, fuxindo da fame e da pobreza. Os máis marchaban pra Cuba e deste xeito, andaban días e días, noites e noites atá chegar á A Coruña unde collían un barco. A historia que vou contar pasou naquellos tempos. Eran úa vez dous homes que iban andando prá A Coruña, a coller un barco que os llevaría pra Cuba. Pedro e Aquilino xa llevaban us días andando. Iban mui cansados, mal comidos e algúa noite non tiveran máis remedio que durmir aterecidos al raso. Con todo case sempre atopaban quen lles dera algún sito unde durmir e un pouco de caldo e pan de centén. Aquel día cruzaron un rigueiro e iban cos pés mollados. Aquilino tía os pés inchados e atá os escarpíos que llevaba mancábanlo un pouco nas didas. Así e todo iban contentos, coa ilusión de aforrar muitos cuartos e voltiar ricos ao sou poblo, vestidos cun traxe branco e cun sombreiro, tamén branco. A Pedro, condo taba contento, apetecíalle cantarexar: 33
nabis 18/11/01 07:56 Página 34
Foi el Duque del Sesto el que me veu a ver esto mandado del Rei. Érache un home pequeno cerrado de barba bigote tamén. Non che quero as túas castañas, non che quero el tou magosto. Non che quero as túas castañas, que me cheiran a chamosco. En Cuba esperábalos un tio de Pedro que lles tía prometido traballar pra él úa temporada. Según decían, en Cuba, el que sobraban eran pesos... As sallas de Carolina tein un llargato pintado, condo Carolina baila el llargato move el rabo Bailaches Carolina bailei, si señor Dime con quen bailache bailei coel meu amor. Pouco a pouco foi escurecendo e Aquilino e Pedro empezaron a coller algo de medo. Iban cruzando un monte e as ramallas 34
nabis 18/11/01 07:56 Página 35
das árbores asomeñaban pezuñas de estraños animales que os quixeran atrapar. —Temos que atopar unde durmir, Aquilino —dixo Pedro. Entre as árbores, un pouquín llonxe, outearon úa lluz cativa e apartando a derromeira foron achegándose. Era úa casa un pouco destartalada, e el que allumaba era un candil de carburo. Abriulles a porta úa vella con mala fruxe e toda vestida de mouro. A pañoleta, el mandil, as medias, e atá as alparagatas eran mouras como a noite. Solo era branco el pelo, case gadellas, que lle asomaba da pañoleta. —¿Qué ides prá Cuba? Pobres nenos. Pasade, pasade. Hai algo de palla no desván e poderedes durmir. Pero antes, vou darvos algo de comer, que tedes que ter fame. ¿Qué queredes, sopas á mordida ou á retorcida? Como non sabían que sopas eran esas, Aquilino pensou que con a fame que tía, a él daballe igual úa cousa ou outra con tal de que llas dera de présa, polo que dixo axina: —¡Eu quérolas á retorcida! E a vella colleu con as súas maos tiznadas e chías de berrugas un cacho de pan de centén e foi retorcendo nel e botando os cachos nun pote con augua fervendo a gallarón. 35
nabis 18/11/01 07:56 Página 36
Pedro miraba prás uñas chías de cotra, prás berrugas sanguiñentas e dixo ben alto: —¡Pos eu quérolas á mordida! A vella puxo outro pote no llume e colleu outro cacho de pan e cos poucos dentes que lle quedaban iba mozcándolo e cuspindo os cachos de pan no pote. Vindo tal cousa, a Aquilino as súas sopas soubéronlle a gloria e Pedro tiroulas por un furaco das trabas del piso sen proballas. Despós da suposta cea, mortos de fame, subiron pral desván e puxéronse a buscar a palla que dixera a vella pra amañar algo parecido a un xargón unde durmir. Como taban ás escuras foron cada un por un llado, engatando pra non tropezar coel llouxado. —¿Hai palla, compadre? ¿Hai palla, compadre? —preguntou Aquilino, pra saber que era del sou compañeiro . Nese momento Pedro caeu por úa trapella e tras el golpe empezou a queixarse. —Ai, ai, ai, ai, ai... Aquilino ouguiulo e volveu preguntar: —¿Hai palla, compadre? E Pedro, que lle dolía todo el corpo, seguiu queixando sen escuitar el que decía Aquilino: —Ai, ai, ai, ai, ai... Deste xeito, Aquilino pensou que lle contestaba que atopara palla e engatando 36
nabis 18/11/01 07:56 Página 37
achegouse pra unde llanxía Pedro e caeu tamén pola mesma trapella. —¡Mal raio te parta a ti e á palla compadre! —gurgutou Aquilino enfadado pola llombada. El caso foi que como tían tanta fame non podían durmir e tiveron esmoxeirando a ver que fía a vella e víronla esconder un cacho de toucín entre dúas pedras da parede. —¡Qué condenada de vella!. Ten toucin a esgalla e a nosoutros deunos esa sopas que non había quen as comera. Deste xeito roubáronlle el toucín e despós de papallo, as tripas deixáronlles de ruxir. Pedro dixo que fía muito tempo que non lle sabía tan ben un cacho de toucín e, a xeitín, volveu a cantarexar un pedazo pos taba contento Vinlle as pernas a Carmina debaxo del corredor. ¡Ai! que pernas ten Carmina pra filla de llabrador. Ven bailar Carmina, Carmina, Carmela Con zapato baxo e a media de seda, A media de seda, de seda calada Ven bailar Carmina, miña namorada. 37
nabis 18/11/01 07:56 Página 38
Pedro e Aquilino durmiron remexidos entre a palla atá que os berros da vella despertáronlos. —¡Sape! ¡Sape! —berraba a vella e andaba ás carreiras detrás del gato con un barredeiro nas maos. —¿Qué pasa muller? ¿Qué inconvencia lle causou el gato que lle quere atizar cúa basaxe de lloureiro? —preguntou Pedro. E a vella contestou mui azarenta, cos ollos encarnados que parecía que iba votar el fégado e, sen parar de angueirar, detrás del gato coel barredeiro nas maos: —Este condenado de gato, que me llambeu el toucín que tía pra untar as almorrás. —Ai, Aquilino –dixo Pedro–. Non sei como nos vei sentar el toucín que comemos.
38
nabis 18/11/01 07:56 Página 39
A BRUXA DE SAMPOL
Esta historia non é inventada. A min contouma el meu amigo Ernesto de Casanova, e a él contoulla, según teño entendido, Alfonso da Bouzúa. En Boal, el meu poblo, sempre existiu úa adivía. ¿Quén non ouguiu falar da bruxa de Brañavara? Xa no ano 1898, el ilustre boalense Bernardo Acevedo y Huelves. Escribíu úa monografía titulada Boal e el sou concello unde decía: Inda vive en Sampol, poblo deste concello, úa muller que fai anos era consultada polas xentes sinxelas que querían coñecer a sorte que tiveran algús débedos ou amigos mortos (...) Explicaba a muller ese poder de comunicarse coas almas del outro mundo, por ter usado el cura que a bautizou, por equÍvoco, estola de defuntos.
Mais xa non explico máis e paso a contarvos a historia tal e como ma contaron a mín: Na taberna de Pacho sempre se amañaban búas e llongas partidas de cartas. Pacho coñecía el percal e condo había búa parella apuntábase tamén. 39
nabis 18/11/01 07:56 Página 40
Condo non era dese xeito, prefería mirar, pos non lle gostaba perder. Todos preferían que él xogase, pos de non ser dese xeito, botábalos cedo da cantina. Hoxe Pacho taba un pouco neurasténico e non había quen lo aguantase e Suso, Xardón, Ramón e Tomás preferiron poerse a predicar un pedacín. Na cantina, úa sala con tres mesas cuadradas de castañeiro gordas e pintadas del mesmo gris que us banquetos de cuatro patas, respirábase un aire espeso de fumo de picadura, de bafo de alcol esqueicido no cul dalgún vaso, de cuba vella recén llavada e de cuito seco nas regandixas das trabas del piso. Úa mosca angueiraba de garrafa en garrafa. Das de coñá ás da casera; das de magalla ás de viño, achegándose ás de lexía e aos paquetes de zucre; pousándose nas gordas pastillas de xabón e nos pelellos de bacalao emporondados núa viga. Suso, metendo como sempre el dido no furaco da ourella, empezou a discusión preguntando se sería ben ir á Bruxa de Sampol pra ver de saber que fora del sou neto que, según se contara, marchara pra traballar de mariñeiro, xa llougo iba pra dous anos, xustamente condo se amañara aquel díxomedíxome de que fora él quen preñara a Marinía, a das Pereirías. 40
nabis 18/11/01 07:56 Página 41
Xardón, el intelectual del grupo, pos estudara dous anos pra cura e, según decían, aprendera un pouco de latín, asegurou que eso vulneraba os principios da Santa Madre Igresia. E inda que todos estiveron mui atentos mentres contaba úa historia na que Deus castigaba aos que se puxeran a adorar deuses paganos, non opinaron que el caso fose trasladable, pos, ¿qué tía que ver a bruxa de Sampol con esas cousas? —Nosoutros nada máis cremos en Deus —afirmou Ramón. E con a súa cara enrugada e arada polo tempo, coel sou mirar de carneiro vello preferiu non meterse muito na discusión. Ramón pensaba que desas cousas, por se acaso, era millor non falar. Despós, se hai algo, enfádase e nunca se sabe. Tomás era el máis revolucionario e non de muitas crenzas. Era dos que se quedaba na porta da igresia, dos que non soltaba un ral condo nos enterros pasaban os sacristais el cesto, dos que cumpría con todos os ritos mais non deixaba pasar ocasión de poñer pingando a todos os rangos xerárquicos del clero. Por suposto menos inda cría neso da Santa Compaña. —Eso son zarapalladas. Eso é un invento dos curas pra meter medo —decía. Tampouco fía caso dos consellos que 41
nabis 18/11/01 07:56 Página 42
xa lle mandara a Bruxa de Sampol por medio dos vecíos que foran consultar con ella. —¿Cincuenta misas a San Gregorio? ¿Que as deixou a deber meu avolo? ¡Hui! Pos que llo diga a él. ¿Non fala cos mortos? Al final a discusión acabou en aposta: —Apóstoche el que queiras a que eu engaño a bruxa —berrou Tomás. —Úa merenda pra todos –contestou Pacho. —Eu digo que vale máis crello que averiguallo –sentenciou Ramón, que de ralo en ralo falaba con refrais. —Mira —dixo Tomás poñéndose colorado—, pensando dese xeito non é de estrañar que vos teñan abobados. A bruxa el que fai é inventar. ¿Qué lle preguntas por úa vaca? Contéstache que inda está viva. Se aparece ben e, se non, tamén. ¿Qué queres saber dun parente que marchou prá Habana? Pos díceche que se fexo rico ou, se lle peta, que tá pasando fame e que non ten cuartos nin pra picadura. ¿Qué estás malo dos nervios e escuitas pasuadas ou queixidos pola noite? Entón mándache dar misas pra cumprir úa promesa esqueicida por un bisavolo tou, e punto. Pra dar todos esos remedios non fai falta ser bruxa. Eso fágolo eu tamén. —Ben, ben. Todo eso xa lo discutimos —predicou Pacho—. Tu quedache en que 42
nabis 18/11/01 07:56 Página 43
ibas ir coel tou fillo a ver a bruxa e que ibas demostrar que non era adiviba nin por asomo. E Pacho acabou de pasar un trapo mouro polas mesas e polo mostrador. Despós de rematar con Tomás os detalles da aposta, botoulos a todos fóra e pechou a cantina. Al ameicer, Tomás despertou a sou fillo. —¡Érguete, que teis que vir conmigo! El rapaz, un nenón dus dazesete anos, algo apalominado, refregou os ollos e vestiuse sen preguntar sequera unde tía que ferlle compaña. Tras tomar a parva, cada un úa búa concada de lleite entrillado en pan de centén, puxéronlle a cabezada e a albarda aos caballos e pasaron pola casa de Pacho. —Xa llevo un bon cacho esperando. Pensei que te volveras pra tras. Pacho sabía ben el que mancaban estas palabras no orgullo de Tomás. —Inda nunca faltei á mía palabra –dixo Tomás. Case todo el camín foron silenciosos escuitando el petar das ferraduras nas pedras del camín, escuitando os esquilos escondéndose al sou pasar e como enalaban os páxaros, asustados, mascando un perigo que Tomás presentía. 43
nabis 18/11/01 07:56 Página 44
Fexo falta case toda a mañá pral viaxe. Xantaron en Carballo Forcado. —¿Qué lle vas decir? —preguntou Tomás. —Nada. Eu pregúntolle polo meu fillo, que despareceu e non sei que é del, e punto. —¿E se che pregunta quén é este? —Dígolle que un sobrín. ¿Qué sabe ella? —Comes pouco Tomás. E tu es bon comedor. Sampol non era gran cousa. Na entrada, polo camín que chega según se vei da xungueira, atopábanse a un llado e outro un par de cabazos e dúas paneiras. Deixaban un paso estreito que cuido non sobraba muito pra pasar con carros de herba ou ganza. A casa da adivía era grandúa e, como quedaba embaxo del camín, víanse as cuatro aguas del llouxado adornado por mofo vello que medraba na punta das llouxas. Nas portas grises de castañeiro centenario non faltaba úa cruz pintada de colorado coroada por úa ferradura de caballo. Xa sabemos que é el remedio máis efectivo contra el demo. Foron ben recibidos. A primeira vez que vas ver á bruxa non teis que llevar gran cousa. Úas poucas de mazás ou un cuarto de zucre xa chegan. Non se empeza a falar del asunto da 44
nabis 18/11/01 07:56 Página 45
que se chega. Primeiro tómase un cafetín e úa copexa e fálase das llabores agrícolas e del tempo. Non sei de que xeito, mais el caso é que sempre acábase falando de coñecidos e vecíos, algún dellos que xa hai anos que non ves. A bruxa sempre tá acompañada doutra muller máis nova, a súa filla ou úa nora, que non ten poder ningún e que fai que a conversa seña natural. Por suposto, non hai que chamarlle bruxa nin adivía nin nada polo estilo. Na villa e na súa casa ella é Dolores. Dolores ten cara de úa búa muller. Centos de profundos regos fain entrañable a súa cara, como a de cualquera avola. Mais nin as enrugas nin el pano mouro da cabeza poden acobardar el brillo dos sous ollos grandes como cereixas. Pacho pensaba atopar úa bruxa e talmente lle pintaba que taba na casa dúa vecía ou de un familiar, mais xa empezaba a parecerlle que aquella muller podía saber todo el que él pensaba. E como xa taba mui nervioso, non puido aguantar máis. —Pos eu veño —arrivinouse a decir Tomás— porque non sei que é del meu fillo. —El tou fillo morreu hai muito tempo —contestou a adivía. Tomás quedou seco. Non contaba con úa victoria tan doada. Nin úa pregunta. ¡Ala! ¡Tá morto e acabouse! Pos si que gana facil 45
nabis 18/11/01 07:56 Página 46
el xornal. —Pos meu fillo non tá morto –—contestou contento de ganar a aposta, pero sobretodo de ter razón–. E non tá morto por que el meu fillo é éste. A adivía Dolores miroulo como se lle dera dolo dél e, mui seria, sen sequera un pequeno sorriso, como el que dice que chove condo chove ou que fai sol condo fai sol, díxolle : —Non. Este non é fillo tou... non é tou... el fillo tou moriu xa hai muitos anos. Naide sabe a cara que puxo nin el que contestou Tomás. Si dicen que foi un pouco acobardado prá súa casa e que según entraba pola porta decía: —¡Ah, nía! ¡Ah, nía! Chamando á súa muller.
46
nabis 18/11/01 07:56 Pรกgina 47
47