A MATANZA
Mª Isabel Aguiar López nº 2
A MATANZA DOS COCHOS A matanza dos cochos é un costume moi antiguo que, a parte de proporcionar alimento durante un ano para toda a familia, tamén adoita ser un día de festa e celebración. O matachín, actualmente, utiliza unha pistola especial para matar os cochos, para que o animal non sufra tanto ao morrer, dipáralle un tiro entre os ollos, e inmediatamente crávalle o coitelo para proceder ao sangrado do cocho. O sangrado é moi importante que se faga ben para que non quede sangue acumulado na carne.
Unha vez que o animal estea morto, procédese a escaldalo; adoita meterse nun baño onde hai auga fervendo a uns 70º grados, e ráspase o pelo da pel con coitelos lavando e limpiando a cabeza e as orellas. A continuación, cólgase o cocho nunha viga e ábrese ao medio, retirando as visceras, tripas, estómago e unto, limpiándoas, traballo feito principalmente por mulleres; antigamente lavábanse en ríos e regatos, pero hoxe en día
faise nas propias casas xa que se dispón de auga corrente.
O cocho déixase colgado, durante toda unha noite ao frio e ao día seguinte comeza o traballo de partir o cocho.
. Vaise cortando, e despezando en distintas partes, xamóns, lacóns; e a carne picada destinada a chourizos,salchichóns, chorizóns, bótanlle allo, pemento e sal, remexendo a masa durante dous ou tres días para o cuarto día embutilos, con axuda da mesma máquina, coa que se picou a carne, introducíndoa nas tripas do cocho e posteriormente
colgalos
e
curalos
con
fume
dun
lume.
O resto da carne introdúcese nun baño, cheo de sal, durante 15 días para que como se adoita dícir “ tomar o sal”.
DO COCHO GUSTANME ATA OS ANDARES.