TRATAMENTO DA INFORMACIÓN/EXPOSICIÓN ORAL: A SAÚDE OBXECTIVOS: •
Localizar información sobre un tema.
•
Ser quen de expoñer un tema ante a clase.
OBXECTIVOS: • • • • • • • •
Aprender que a saúde é un estado de benestar físico, mental e social, e que cando este estado se altera prodúcese unha enfermidade. Distinguir os tipos de enfermidades segundo o modo en que aparecen e a súa orixe: agudas, crónicas, infecciosas e non infecciosas. Coñecer algúns dos factores que supón un risco para a saúde: o alcohol, o tabaco, as drogas e os accidentes de tráfico. Evitar condutas e situacións que pon en risco a saúde. Coñecer os principais tipos de enfermidades infecciosas dependendo do axente que as causa, así como algúns dos medios de transmisión destas enfermidades. Aprender algunhas normas para a prevención de enfermidades. Coñecer algúns tratamentos contra as enfermidades, como os medicamentos, as vacinas, os antibióticos, a cirurxía e os transplantes de órganos. Ler correctamente constantes vitais como o pulso e a temperatura.
CONTIDOS: • • • •
A saúde e a enfermidade. Riscos para a saúde. As enfermidades infecciosas. O tratamento das enfermidades.
MÍNIMOS • • • •
Sabe que son a saúde e a enfermidade. Explica os riscos que supón o consumo de alcohol, tabaco e drogas, así como os accidentes de tráfico. Distingue as enfermidades infecciosas segundo o tipo de axente que as causa. Sabe como previr algunhas enfermidades.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE A) O tema divídese en tres bloques de contidos. Cada un deles será preparado por un grupo de alumnos/as. Os contidos a traballar son: 1. A saúde e a enfermidade. 2. Riscos para a saúde. 3. As enfermedades infecciosas. 4. O tratamento das enfermedades
I.
FASE DE PLANIFICACIÓN: Contido a traballar
I.1 Busca de información: No libro de texto Debemos tomar notas dos datos que imos atopando, tomar decisións sobre a información máis adecuada para elaborar un esquema.
II.
FASE DE TEXTUALIZACIÓN: elaboración dos borradores.
Comezamos a escribir as primeiras ideas que temos sobre o contido a traballar. Teremos en conta o esquema que planificamos ao principio para esbozar os aspectos máis importantes do noso escrito.
III.
FASE DE REVISIÓN: a edición final. Pasarémolo a limpo.
IV.
A EXPOSICIÓN Recordade que unha exposición oral consiste en falar en público sobre un tema determinado. Neste caso, trátase de que presentedes ao/as vosos compañeiros/as o traballo realizado.
Os pasos que debedes seguir son:
1. Elaborar un guión. Podedes seguir o guión do traballo.
2. Ensaiar en voz alta. •
Diante dun espello ou dalgún familiar( pai, nai, irmán ou irmá…)
•
Falar despacio, vocalizar e pronunciar con claridade, facendo algunha pequena pausa…
•
Falar para todos os compañeiros/as( é importante que miredes para todos/as)
•
Utilizade as mans, facede xestos que axuden a centrar a atención dos vosos compañeiros/as.