Xabaril

Page 1

Imos contar

dos

animais: O xabaril Feito por: Isabel,Laura,David e Alex.


O Porco bravo é moi abundante actualmente en Galicia. Non é un mamífero fluvial, pero as súas pegadas, e os seus vorcallón , indican que visita os ríos con frecuencia. Mide entre 1,10 y 1,80 de lonxitude cun peso entre 50 e 185 kg. En altura en cruz ten un metro. En Foramontaos ( Ourense) colleuse un de 210 quilos. O peso medio é de 90 kg. nos machos, e 60 kg. nas femias. O corpo é robusto, co pescozo curto. A cola é de tamaño medio, cun penacho no cabo. Ten unha cabeza relativamente grande, triangular, cun longo fociño. Ollos pequenos e orellas relativamente grandes. A pelaxe, máis longa e densa no inverno, é áspera, con presenza de sedas moi fortes, e de cor parda escura.

Ten moitos inimigos, dende o home ata o lobo que se atreve con estes mamíferos. De tódolos xeitos vai en aumento xa que lobos cada vez hai menos, e monte sen traballar cada vez hai máis. Loxicamente os incendios non lle gustan. Aliméntase de todo, pero o que máis lle gustan son os vexetais da estación, así na primavera consume plantas herbáceas, landras , raiceiras, insectos, ovos, etc. As paradas nupciais son moi espectaculares, tanto na loita dos machos pola posesión da femia, como unha vez conseguida, a delicadeza do xabaril coa femia e a submisión desta na parada sexual.

http://www.google.es/search?hl=gl&site=imghp&tbm=isch&source=hp&biw=1366&bih=593&q=d e+ un+jabali&oq=de+un+jabali&gs_l=img.3...1676.7413.0.8165.0.0.0.0.0.0.0.0..0.0...0.0...1ac.1.5.img .-oaTK1pBkgE Imaxes sacadas de Google.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.