OuRiZo
CaChO
IMAXES SACADAS DE GOOGLE.
REALIZADO POR: ALEJANDRO, BRUNO, DANIEL E LEILA
DESCRICIÓN DO ANIMAL: O seu corpo está totalmente cuberto de púas excepto a cabeza e as patas. Ten orellas e patas moi pequenas ademais, o fuciño é puntiagudo e negro. Enrólase coma unha pelota cando é descuberto, deixando para a parte de fóra uns pinchos ou púas que realmente fan dano (as púas teñen entre 2 e 3 centímetros de lonxitude). ALIMENTACIÓN: Preferentemente aliméntase de caracois, lamáchegas, lombrices de terra ou miocas e todo tipo de insectos. Tamén come ovos de aves, froitos varios,rara vez, e champiñóns. Pode capturar cóbregas, das que atura o veleno. Gústanlle as lagartixas.
REPRODUCIÓN: O celo vai de abril a outubro. A xestación son 33 días, e os partos teñen lugar de maio a outubro entre 2 e 7 crías, 5 de media, e con 1 ou 2 camadas ao ano. O peso ao nacer é de 11 a 25 gramos. Ás crías, as espiñas aparécenlles ao tercer día de vida, abrindo os ollos ás dúas semanas. Invernan cara o mes de novembro en tuneis, madrigueiras...
INIMIGOS: Ten moitos inimigos dende o moucho e a curuxa ata o raposo e o lobo; incluso o xabaríne os nosos cans de palleiro atrévense con el. Hoxe en día tamén os coches, xa que morren moitísimos nas estradas galegas.
HÁBITATS: Na actualidade, vive en tódolos bosques galegos preto de ríos e regatos. Tamén en áreas de cultivo e labradío.