FORMACION USUARIOS 1º CICLO EP

Page 1


Introdución

Esta guía de traballo está baseada nos textos de Mónica Baró e Teresa Mañà de “La formación de usuarios en la biblioteca escolar. Educación Infantil y Primaria”, recollidos a través de internet. Tivemos en conta, ao mesmo tempo, as experiencias doutros centros, tanto da nosa como doutras Comunidades Autónomas, que xenerosamente poñen á disposición de todos os seus materiais. Este é o primeiro dos caderniños de actividades, dirixidos ao profesorado, cos que pretendemos percorrer un itinerario para a Formación de Usuarios ao longo da Educación Primaria, co obxectivo de facer do noso alumnado usuarios competentes. Aínda que esta proposta está pensada para o alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria, pode ser empregado con outros grupos de idade que non teñan recibido formación con anterioridade.

Ilustración de Philippe Béha


BIBLIOTECA FORMACIร N USUARIOS/AS

ACTIVIDADES 1ยบ CICLO de EP


OBXECTIVOS DO CICLO: 1. Coñecer a nosa biblioteca escolar: •

Desenvolver hábitos de conduta adecuada.

Respectar e coidar os materiais.

Coñecer os espazos e as distintas seccións.

Coñecer a organización da biblioteca.

• •

Coñecer e saber utilizar o servizo de préstamo e de consulta. Coñecer as normas de utilización da zona de lectura...

Distinguir e localizar os diferentes tipos de documentos: Libros de ficción Libros de información

3. Identificar as partes físicas elementais dun libro: •

Cuberta

Portada

Lombo

Páxinas

4. Recoñecer os elementos identificadores dun libro: •

Autor/a

lustrador/a

Editorial

Colección


ACTIVIDADES


OBXECTIVO: Coñecer a nosa biblioteca escolar.

Sesión 1: •

Desenvolver hábitos de conduta adecuada.

Na porta da biblioteca, antes de entrar, explicamos que imos entrar nun lugar especial, onde se fala baixiño, sen facer ruido. Entramos en orde e sentámonos (pode ser no chan, na alfombra). Falamos sobre as cousas que hai na biblioteca e sobre o que se pode facer alí. Fichas: 1 – 2 – 3




Ficha 3


Sesión 2 Desenvolver hábitos de conduta adecuada

- Faremos o seguinte xogo/animación: O SEMÁFORO (Normas, espazo)

Material: Necesitaremos cartolinas verdes e cartolinas vermellas (tamaño cuartilla). Tamén é conveniente ter preparadas as frases que imos dicir relacionadas co comportamento que deben manter os nenos e nenas na biblioteca. Técnica: - Estableceremos un diálogo cos nenos e nenas preguntándolles como debe ser o comportamento na biblioteca e como se deben tratar os libros. - Aclararemos as dúbidas que se presenten. - Despois explicarémoslles que imos dar a cada un dúas cartolinas, unha vermella e outra verde. Cada vez que o profesor/a diga unha frase relacionada coa biblioteca terán que pensar se é correcto ou incorrecto, levantando a cartolina que corresponda: Vermello : non debe facerse. Verde: si debe facerse. - Como na biblioteca debemos estar en silencio, non se falará, só se levantará a cartolina.




SUXESTIÓNS Frases positivas 1. - Mirar as pastas. 2. - Ver os debuxos. 3. - Pasar con coidado as follas. 4. - Deixarllo a un amigo. 5. - Pedir a alguén que mo lea. 6. - Gardalo no seu sitio. 7. - Comentar cos amigos o que máis che gustou. 8. - Facer un debuxo sobre o libro. 9. - Forrar os libros. 10.- Devolver o libro que me prestan. 11.- Falar moi baixiño na biblioteca. 12.- Mover con coidado as cadeiras para non facer ruído. 13.- Pedir á encargada da biblioteca que coloque o libro. 14.- Non revolver todos os libros.

Frases negativas 1. - Dobrar os libros. 2. - Facer rayajos e debuxos nos libros. 3. - Arrincar unha folla. 4. - Recortar un debuxo dun libro. 5. - Quitar o forro. 6. - Coller un libro cando estou comendo. 7. - Tiralos ao chan. 8. - Mollalos. 9. - Meter o bocadillo dentro dun libro. 10.- Dobrar as follas do libro. 11.- Deixar os libros revoltos cos xoguetes. 12.- Dar berros na biblioteca. 13.- Non devolver os libros que me prestan. 14.- Pelexarme cun compañeiro para quitarlle un libro. 15.- Correr pola biblioteca.

Nota: Iremos dicindo estas frases alternando de forma aleatoria o correcto e o incorrecto. Podemos engadir outras que se nos ocorran ou que xurdan ao longo da animación.


Sesión 3 : Respectar e coidar os materiais.

Falamos sobre como debemos coidar os libros e o resto dos materiais: mans limpas, non escribir nin debuxar nas súas páxinas, pasar as páxinas con coidado... Despois colorearán, cortarán e montarán o seu propio libriño coas normas de coidado:


Nota: Esta actividade é unha adaptación dunha proposta recollida na páxina chilena Biblioredes. Utilizamos tamén a súa mascota, Cuncuna Rayo de Luna.

EU SEI COMO COIDAR OS LIBROS PINTADO POR:

Con este caderniño aprenderei a coidar moi ben os libros.

As mans limpas manteñen os libros limpos. Lembra lavar ben as mans para que non teñan terra nin comida.


Nunca debuxes nin escribas nas páxinas dos libros.

Debes pasar as páxinas amodiño, para non rompelas nin dobralas. Colleremos a páxina pola esquina de arriba e pasarémola con moito coidado.

PARA LEMBRAR: - Cando uso os libros, teño as mans limpas. - Non pinto nin escribo nos libros - Paso as páxinas amodiño e con coidado.

Cortar polos puntos e montar un libriño grampando ou cosendo as follas.


Sesión 4 : Respectar e coidar os materiais. - Lembramos o que sabemos sobre o coidado dos libros: ¿Cómo deben estar as mans? ¿Cómo pasamos as follas? ¿Por qué temos que coidar os libros? •

Fichas 4 - 5

- Escribimos unha listaxe coas cousas que podemos facer para coidar os libros e outra coas que non se deben facer


Ficha 4 Colorea o que está ben Para entrar na biblioteca

¿Que libro está ben coidado?

¿Quen pasa ben as páxinas?


Ficha 5 Escribimos unha listaxe coas cousas que podemos facer para coidar os libros e outra coas que non se deben facer:

SI

NON

1. ………………………

1. ………………………

2………………………..

2………………………..

3………………………..

3………………………..

4………………………...

4………………………...

5………………………...

5………………………...

6………………………...

6………………………...

7…………………………

7…………………………

8………………………….

8………………………….

9………………………….

9………………………….

10………………………...

10………………………...


Sesión 5: Os espazos e as distintas seccións - Explicaráselles cal é a zona que corresponde á súa idade e fáiselles notar a cor da tiriña que levan os libros do seu nivel. - Iremos pasando por todas as zonas e fixarémonos nas cores que corresponden a cada unha delas. - Algúns libros teñen unha estrela no lombo, ¿qué significa?

- Divídese a clase en grupos e entrégase un libro de cada zona de idade por grupo. Deberán cubrir a seguinte ficha: ZONA DE 6 A 8 ANOS: Todos estes libros teñen unha tiriña de cor-------------————Debuxa a etiqueta do teu libro:

ZONA DE 8 A 10 ANOS: ¿De que cor é a tiriña que teñen os libros desta zona? ———–-

ZONA DE 10 A 12 ANOS: ¿De que cor é a tiriña que teñen os libros desta zona? ————–

¿Cal é o primeiro número que aparece na etiqueta de todos estes libros? ———————————-

Observa a margarida que está na parede e averigua a que grupo (CLASE) pertencen:


Sesi贸n 6: Organizaci贸n dos fondos: Nunha biblioteca os documentos clasif铆canse en dez grupos, representados no esquema con forma de margarida. Localiza a margarida que hai nunha das paredes e colorea os p茅talos seguindo o modelo:

Ficha 6


Ficha 7 Copia agora a palabra ou palabras que atopes escritas en cada p茅talo da margarida para saber de que tratan os fondos dos distintos grupos da CDU (Clasificaci贸n Decimal Universal):

GRUPO 0 :_________________________________ GRUPO 1 :_________________________________ GRUPO 2 :_________________________________ GRUPO 3 :_________________________________ GRUPO 4 :_________________________________ GRUPO 5 :_________________________________ GRUPO 6 :_________________________________ GRUPO 7 :_________________________________ GRUPO 8 :_________________________________ GRUPO 9 :_________________________________


Ficha 8 Escribe a materia que corresponde a cada p茅talo (consulta nos r贸tulos dos andeis):


OBXECTIVOS: Identificar as partes físicas dun libro. Coidar os materiais

Sesión 7 : - Identificar o lombo dos libros. - Colocar correctamente os libros nos andeis. O LOMBO é a parte do libro por onde se unen as páxinas. •

Coller varios libros de diferente grosor e mostrar o lombo en cada un. Observar a información que se atopa no lombo dos libros. Facer que o alumnado sinale o lombo en varios libros diferentes. Explicar a correcta colocación dos libros nos andeis: co lombo hacia afora. Observar os libros que xa están colocados e decatarse da súa colocación. Empregar os “marcadores” para sinalar o lugar onde debemos colocar o libro que collemos no andel. Facer “ensaios”. Ficha 9


Ficha 9 Colorea de vermello os lombos destes libros.


OBXECTIVOS: Recoñecer as partes físicas dun libro. Recoñecer os Identificadores dun libro. Identificar o título dos libros. Sesión 8 : Identificar a cuberta ou tapa dos libros. •

Escoller varios libros que teñan títulos claros e atractivos. Sinalar a CUBERTA. Destacar que é unha parte moi importante nos libros porque nela está o nome do libro (TÍTULO) e outras informacións. Ler os diferentes títulos e facer hipóteses sobre cal pode ser o tema que tratan (¿Qué credes que pode pasar neste libro?) Ler un dos libros en voz alta e comprobar os acertos. Preguntarlles por que cren que o libro ten ese título. Entregar libros aos alumnos para que lean os títulos en voz alta. Comprobar que o título tamén aparece no lombo. Ficha 10


Ficha 10 Escribe o TÍTULO de tres libros que atopes na biblioteca: ———————————————————————————————————————————

———————————————————————————————————————————

———————————————————————————————————————————

Colorea o título:


Sesión 9: Identificar as páxinas dos libros. Confeccionar un libro. PÁXINAS: caras das follas dun libro, que conteñen información escrita e/ou ilustrada. - Escoller un libro e ler o título. Pasar as páxinas e explicar que nelas está escrita e ilustrada a historia. - ¿Ten moitas páxinas o libro? Cada páxina vai numerada e se miramos a última podemos saber cantas páxinas ten cada libro. - Lembrar como se deben pasar as páxinas cando lemos un libro. - Elaborar un libro. INSTRUCIÓNS: Ler os poemas antes de empezar e elexir un deles 1. Recortar pola línea de puntos 2. Unir as páxinas cunha grampa, seguindo a orde. 3. Ilustrar as páxinas 4. Inventar un título.







Sesión 10 : Identificar : cuberta, lombo, páxinas, título.

- Collemos un libro e imos sinalando e nomeando as diferentes partes. - Cada alumno/a fará o mesmo co libro que eles mesmos elixan. - Ficha 11


Ficha 11 PINTA ASÍ:

CUBERTA: amarelo LOMBO: vermello

TÍTULO: azul PÁXINAS: verde


Sesión 11 O que hai na cuberta: Carné de identidade dun libro (Identificadores) Un libro identifícase polo seu título e polo seu autor, pero tamén pola súa editorial e pola colección. Nesta imaxe podes ver onde poden atoparse estas indicacións.

Colección Autora Título Ilustrador

Editorial

Agora imos imaxinar o carné de identidade do libro. Completa cos datos que faltan mirando a imaxe. TÍTULO

AUTOR/A

ILUSTRADOR/A

COLECCIÓN

EDITORIAL


Sesión 12

O que hai na cuberta - Recoñecer os identificadores dun libro: título, autor, ilustrador, editorial, colección. - Fichas 12– 13


O que hai na cuberta

Ficha 12

Pon os nomes dos identificadores deste libro:


Ficha 13 PON OS NOMES:


Carné de identidade dun libro (identificadores)

Ficha 14

Nesta imaxe dunha portada dun libro, indica nas frechas correpondentes, que información corresponde a:

Título – Autor – Ilustrador – Colección – Editorial


Sesión 13: Partes dun libro

Ficha 15

Agora que xa sabes cales son os elementos que nos axudan a identificar os libros, imos ver en que partes do libro podemos atopalas.

Cuberta ou tapa

Portada Lombo

Colle un libro na biblioteca e indica onde podes atopar estes elementos identificativos: LOMBO TÍTULO

AUTOR/A

ILUSTRADOR/A

COLECCIÓN

EDITORIAL

CUBERTA

PORTADA


organización da biblioteca: libros Sesión 14: A de ficción/libros de información

Un conto: As preguntas de Ramoncín - Co fin de descubrir onde se atopan os libros de información e consulta leráselles a narración en voz alta de: “As preguntas de Ramoncín” (texto de Mercè Maure). - Despois de comentar en grupo a narración, daráselles unha breve información da organización dos libros de información: • Non teñen tiriña de cor correspondente á idade dos lectores. • Teñen números nas etiquetas que corresponden aos temas de que tratan (non empezan por 8). • Comprobamos na margarida a que tema se refire cada número. - Ficha 16

https://dl.dropbox.com/u/13783708/AS%20PREGUNTAS% 20DE%20RAMONC%C3%8DN.pdf (galego) AS PREGUNTAS DE RAMONCÍN (galego)


Ficha 16 Observade cada un dos pétalos da flor que está na parede e indicade número e a cor que correspondería a u n libro que trate de...

TEMA Os cans Un dicionario Picasso Xogos Os romanos África

NÚMERO

COR


ACTIVIDADES ONLINE

FORMACIร N DE USUARIOS 1ยบ ciclo Primaria: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/bibliotecaescolar/jclic/fb3/ index.htm

http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/docs/ formusuarios/


ยกXA ES UN EXPERT@! AGORA SABES MOITAS COUSAS SOBRE AS BIBLIOTECAS E XA PODES RECOLLER O DIPLOMA QUE MIK TEN PREPARADO PARA TI.



BIBLIOTECA FORMACIร N USUARIOS/AS

ACTIVIDADES 1ยบ CICLO de EP Julia Gonzรกlez Gonzรกlez Ceip Mestres Goldar


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.