OS REIS VAGOS

Page 1


“OS REIS VAGOS” Kepa.- Que fas? Marcos.- Nada !! Kepa.- Jo, colega, iso xa o fixeches onte… ! Marcos.- Peroooo, é que aínda non acabei. Kepa.- Pois, xa vai sendo hora de que deas un pao a auga…! A este paso van dicir que somos uns vagos… Marcos.- uns vagos, uns vagos… !! A xente o que ten é moita envexa. Non todo o mundo vale para vivir ben ! Kepa.- A ver… !! Xa escoitaches a profe o outro día. Hai que baixar o lombo, senón temos un futuro máis negro co dun espía xordo. Marcos.- A profe, a profe… menudo choio que escolleu a profe !! Todo o día a quitar e poñer mandilóns… Tanto estudar, tanto estudar para iso. Kepa.- Tamén tes razón; iso faino calquera!! Entón ti, de maior que queres ser? Marcos.- Eu? (dubidando) eu de maior quero vivir coma un rei !! Kepa.- (estrañado) Coma un rei?... ah, non,non !! que eu escoitei que os reis teñen que ir cazar elefantes, e iso non che me gusta nada. É moi perigoso. Marcos.- Ai, oh! Entón a ti, ocórreseche unha idea mellor? Kepa.- Eu de maior quero ser… (pensa e dubida) Eu de maior vou ser cuarto árbitro!! Eses si que non a rascan!! Marcos.- Bah!! non sei que lle ves a iso de atractivo… Entras no campo e xa anda a xente a lembrarse da túa nai e de toda a túa parentela…!! Para isoooo, eu quero ser… “porteiro do Madrid”, que non che chegan á portería e pasas o tempo a mirar o partido… e sen pagar o canal plus!! Kepa.- Case vas ter razón. Vai ser mellor que nos enteiremos que hai que facer para vivir coma un rei. Marcos.- O que eu che diga, oh!! Mira senón os Reis Magos. A fama que teñen e a de pasta que deben gañar para darlles agasallos a todos os nenos e nenas do mundo. Kepa.- Tes razón ¡! E eses ademais, só traballan un día ao ano. Marcos.- Bueno, pero teñen turno de noite eh? E iso págase mellor. Kepa.- Por que non vas dar unha volta e ves se te enteras do que hai que facer para ser Rei Mago deses? Marcos.- Ben, logo…!!

A ver se vou!! (agarda un anaco, pois cústalle traballo erguerse) E logo ti? Po-

días vir comigo, non? Ao fin e ao cabo o choio é para os dous. Agarda logo, a ver se acabo de non facer nada e logo imos tomar o aire… Kepa.- Arre demo, neno, mira que naceches canso eh?


Marcos.- Pois por iso estou a non facer nada. A ver se me pasa o cansancio este que teño. Colle o mando da tele, a ver se poñen algo que nos inspire. (sae alumnado de infantil. Las manos. La taza) Kepa.- O programa este estaba moi ben, pero… é de pequenos. Dálle aí no mando á galega a ver se hai algo mellor. (Música dos Picapedra) Escóitanse en inglés Pero ti que puxeches? a galega ou a BBC de Londres? Marcos.- Puxen a galega, pero está en inglés ! Que lle queres… chámanlleeee … ah, si !…normalización lingüística, ou algo así... Kepa.- Bahhh !! Apaga iso. Xa non se pode nen ver a tele tranquilo. Seguro que a programación en galego téñena no canal de pago… Temos que ir ver como podemos facer para vivir coma un Rei. Marcos.- Si oh, coma se fora tan doado… onde pensas ir? Kepa.- Onde pensas ir, onde pensas ir…!! Onde vai ser ? pois onde van todos os que queren vivir coma un rei, terás que ir á oficina de emprego…. Ao INEM!! Marcos.- Ao queeee? Kepa.- Pero…a ver oh, atende ! o INEM é un sitio onde vas pedir un choio. Algo así como cando vas ao Alcampo a por peixe. Ti chegas alí, non? Colles un número e agardas a que che toque o turno. Logo vas e pides… Marcos.- Ben, eu vou alí e que lle digo?… Mire oiga, e que eu veño aquí porque quero vivir coma un rei!! Ti queres que me saquen dalí a patadas ou que? Kepa.- Que non, home ¡! Ti chegas, colles número e cando che toque dis. Buenos días señorita, ou señorito: Eu, es que le venjo aquí porque quería un trabago de Rei Majo. Tes que falar con educación, entendes? Marcos.- Iso non o teño moi claro, pero por probar…!! Kepa.- Veña oh, vou contigo que aínda me vas a estragar a idea (música. Aparece a mesa da oficina e os de segundo saen e fan a cola) Oficinista. Candela Castrillo.- O seguinteeee…!! (aparecen os vagos pola outra porta. Ven a cola e asústanse) Kepa.- Miña madriña do Carme !! Que morea de xente !! E todos estes tamén están aquí para vivir coma un rei? Pois si que imos ter competencia. Marcos.- Tranquilo home, tranquilo!! Alegría… (Póñense a cantar “alegría”. Un dos da cola diríxese a eles e lles di) Alumn@ de 2º.- Eh! esa é a cantiga que cantamos nós no cole …”Alegríaaaa!! que para iso nos van dar as vacacións de Nadal”


Kepa.- ao vago 2.- Agarda que se me ocorre unha idea para saltar a cola. (Diríxese aos da cola) por que non facemos un espectáculo e cantamos todos xuntos ? (canta 2º o tema “Alegría”) Oficinista. Candela C.- Oigan, onde foron os que estaban na cola antes ca vostedes? Marcos.- Nada, nada… puxéronse a cantar e, coa alegría, marcharon para casa. Oficinista. Candela C.- En fin, está ben!! Entón vostede non está alegre, claro ! Marcos.- Buenoooo! Eu, fago o que podo, pero… necesito un traballo, bueno… un “Choio” máis ben !! Oficinista. Candela C.- Ahhh!! E por iso vén aquí, claro… porque é onde se dan… “os choios” Marcos.- Siii claro… porque se queremos peixe temos que coller o número no Alcampo e… (o vago 1 cálalle a boca) Kepa.- Esteee, verá señorita: eu o que quero é vivir coma un rei… e non terá un choio de rei por aííí… xa sabe ! Oficinista. Candela C.- Vaia home ! Que mala sorte. O último traballo que tiña desas características acabo de dalo hai un minutiño. Que mágoa !! Kepa.- Si oh, que mágoa!! Se o chego a saber saía do sofá un minuto antes. Oficinista. Candela C.- A ver, pero… realmente que tipo de rei quere ser? Marcos.- Homeee… tampouco é que teñamos moitas esixencias… Oficinista. Candela C.- Comecemos polo principio. Que é o que saben facer? (os vagos míranse… encóllense de ombreiros) Marcos.- Como saber facer, o que se di faceeeeeer, é dicir, a especialidade de facerrrr…. Vamos que non sabemos de nada en concreto. Oficinista. Candela C.- Home, pois é unha pena que non me quede nada, porque condicións para ser rei… si que reúnen. Eu creo que teño un enderezo… por algún sitio… Que tal para ser Reis Magos ? Agora no Nadal vailles vir que “nen pintado” Kepa.- (desconfiando) Buenooo, pero isoooo... que ten, moito choio? ou… E que as 8 televisan o Barsa e... Oficinista. Candela C.- A min que me pega que vos ides mellor de “REIS… pero… VAGOS…” Marcos.- Aí, aí…. Aí señorita. Iso é o que nós queremos. Non me saían as palabras, pero si, era iso. Oficinista. Candela C.- Ben, entón xa está. Nas datas que estamos vailles vir moi ben este traballo de Reis… Bueno, xa veremos !! (colle o papel e escrebe un enderezo) Vaian da miña parte e pregunten por este señor. Seguro que os atenderá con moito gusto. Marcos.- Moi ben señorita… moitas grazas. (van saíndo…) Marcos.- (ao outro vago) Que profesional !!


(música. Lenga do Xanduca ) (Vai saíndo 1º e sentan no chan.) Kepa.- (Voltan ao sofá) Xa está. Ves como non era tan difícil ? Agora o que tes que facer é ir onde che dixo a muller. Le que pon aí. Marcos.- (deletreando) Don PA….PACOORRO GONNN…ZÁLEZ PACORRO GONZÁLEZ. Santa María de Castrelos Kepa.- Arre demo !! Con ese nome ten pinta de ser enrollado o tipo. Mañá vas por alí a ver que che di. Agora pon a galega a ver se hai algo que non sexa en injlés. Aparece un presentador…E agora, queridos amigos vémonos nunha nova serie. “Os bolechas van ao mercado” (Canta 1º Fun ao mercado) (Aparece o vago. Peta nunha porta… sáelle un “señor” vestido de cura) Marcos.- Boas. Eu viña aquí porque me deron este enderezo e me dixeron que falara con “Pacorro” Cura. A.Barros.- Con quen dis? Marcos.- (mira o papel…) PAAA…CO…RRO!!! Ti es Pacorro, logo? Cura. A.Barros.- Non che sei de que me falas, meu fillo. Eu non me chamo Pacorro. Eu son son Don Pancracio, o cura da parroquia… o que prepara o Belén do Nadal… apréndolles aos nenos a doutrina…e esas cousas. A ver, a ver, déixame ver que é o que traes aí. (o cura ve a nota) Pero, pero… pero ti sabes ler? Ti sabes o que di nesta nota? Marcos.- Que se saberei o que pon a nota !! De tanto lela xa a aprendín de memoria… “Vai visitar ao PACORRO que te anote para ser Rei Mago” !! Cura. A.Barros.- Así que Pacorro eh? E… ti onde aprendiches a ler? Marcos.- No colexio dos curas… aínda hai categorías !! Cura. A.Barros.- Ahhh, xaaaa…!! E logo do recreo, na hora de ler, ti ías sempre ao baño non, si? Aquí non pon … “vai visitar ao Pacorro” aquí di “vai visitar ao “PÁRROCO”… “PÁ-RRO-CO”… palabra trisílaba e esdrúxula…” Marcos.- Buenooo! Menudo xenio ! Tampouco é para tanto… “el orden de los factores non altera el “produto” Cura.A.Barros.-Ahh! E iso tamén o aprendiches no colexio ese dos curas…non eh? Ou sexa que, por esa regla tamén che vai dar o mesmo dicir revólver que … revolver non?... (enfadado) POIS NON É O MESMO ¡! Marcos.- Veña, señor cura veña… tampouco sexa tan mal encarado. O que ten que facer é darlle alegría ao corpo. (O vago tenta despistar ao cura) E logo… sabe cantar?


Cura. A.Barros.-…E sei, non hei saber. Marcos.- E... bailar ?… seguro que na festa da parroquia algún baile aínda lle botou. Cura. A.Barros.- Diso nada. E ti ben deberas saber que non está ben visto que o cura baile na verbena. Marcos.- Baaah, déixese de lerias, señor cura. Eses son contos de vellas rosmonas. Veña, déalle marcha ao corpo comigo. (o rap da carolina ata o cura) Cura. A.Barros.- Bueno, bueno, bueno…non te me despites. Mellor será… que pasemos a outra cousa! En fin. A ver, dime a que ves, logo por aquí? Marcos.- Xa llo pon na nota… eu quero vivir coma un rei… ser coma eses… Reis Magos…que só traballan un día e todo iso… Cura. A.Barros.- E todo iso, e todo iso… ! e sabes ben a doutrina? Marcos.- A doutrina… ? A doutrinaaaa… ah si claro, a doutrina. E logo non hei saber… Cura. A.Barros.- Moi ben. A ver; cantos dioses hai? Marcos.- Dioses, dioses…. Haberá tres!! Cura. A.Barros.- Como que haberá tres !! Tres son os couces que che vou dar. Rao vago… !! Váiteme de aquí, eh? Váiteme de aquí antes que me entre a carraxe no corpo. Váiteme estudar a doutrina e non aparezas de novo ata que o teñas todo ben aprendido. E non te quero ver de bailongo pola festa, nen detrás dos músicos, eh? Claro, tanto bailar coa Carolina esa… e os dioses que, eh? A doutrina sen saber. (o vago desaparece correndo) (Música para cantar todos xuntos. Baile de 4º “Banana phone”) (Aparecen os vagos de novo) Kepa.- Que, conseguiches o choio? Marcos.- Vaitooooo… !! Menudo xenio ten o cura ese. Kepa.- O cura ? De que estás a falar? Marcos.- Do Pacorro ese… di que non se chama Pacorro. Ese di que el é o “PÁ-RRO-CO”… palabra trisílaba e esdrúxula…” Kepa.- Bueno, un pequeno erro teno calquera. Os párrocos son inofensivos. Non será para tanto! Marcos.- Que non será para tanto, dis? Pois vai ti logo, e xa me contarás. Dixo que non apareza por alí ata que me saiba a doutrina. Kepa.- E por iso ves tan cabreado ? Ti é que non sabes levar á xente. Vou ter que ir eu a quitarche as castañas do lume, coma sempre ! Marcos.- Vai oh, vai, xa que te cres tan listo… Verás o xenio que ten. (pausa) E cando che pregunte cantos dioses hai que lle pensas dicir ? Kepa.- (estrañado) E que lle vou dicir… que hai un !! Marcos.- Ahhhhh!! Díxenlle eu tres, e parecéronlle poucos… !!


Kepa.- Bueno… pois dá igual ! Se o cura non se enrolla, imos polo pagano. Eu teño unha amiga que é algo meiga, ela… déixame ver… si… aquí está. Espera que chamo (colle o teléfono) Bruxa. Aixa.- Siii, digaaa? Kepa.- A bruxa Maruxa? Bruxa. Aixa.- Si, quen chama? Kepa.- Son eu, Kepa; onde andas? Bruxa. Aixa.- E onde vou andar… !! Na miña casa… no país da María Fumaça, onde o tempo nunca pasa… Kepa.- É que necesito que me soluciones aquí un pequeno atranco que temos… Bruxa. Aixa.- Atrancos, atrancos…. Ti sempre andarás metido nunha lea… agarda que collo a vasoira e logo chego…colga anda, que o teléfono vai polas nubes (música. Aparece a bruxa Maruxa) Bruxa. Aixa.- Ai, ai…! Que susto acabo de pasar. Xusto estaba chegando e vexo aos de tráfico. Xa pensei que me ían parar. É que, claro, aínda non lle pasei a ITV á vasoira… menos mal que non me deberon ver. A ver, entón… que vos pasou agora? Seguro que xa fixestes unha desas das vosas e agora non sabedes saír do atranco, non si? Kepa.- Mira, a historia é a seguinte. Nós queremos ser reis, para traballar pouco, pero aquí, ao meu amigo, o cura díxolle que temos que aprender a doutrina e… bueno, xa sabes que o de estudar non se nos dá moi ben… Bruxa. Aixa.- Ah, claro, xa entendo… e non sabedes que os Reis eran tres non? Marcos.- Ves? pasmón…!! xa cho dixen eu que dioses había tres e ti non me fixeches caso… Bruxa. Aixa.- Pero, homiño do noso señor… !! Dioses só hai un. Vós o que queredes é ser deses Reis Magos que deixan os agasallos aos nenos e nenas. É así, ou perdinme algo polo camiño? Kepa.- Exacto ! Iso é o que queremos. Bruxa. Aixa.- Pois logo deberiades saber que os Reis Magos eran tres, “TRES” e non dous. Así que fáltavos unha persoa. Déixame buscar por aquí…. (Continúa a música da Bruxa Maruxa. Aparece unha terceira persoa acompañada da clase de 3º. É unha muller. Chámase Dolores. Organiza aos seus amigos e cantan “A miña amiga Dolores”) Marcos.- Comoooo? Perdoa Bruxa Maruxa pero… debe haber un mal entendido… non podemos ter de Rei unha muller… Bruxa. Aixa.- Como que non ? machismos a estas alturas do século. Ademais da doutrina vouche mandar estudar o que significa a igualdade de xénero. Déixame facer unha chamadiña… e logo che conto (Aparece o doutor aspirina) Doutor. Thami. – O tema da igualdade de xénero é ben fácil de explicar. Aprenderémolo mellor nesta gráfica. Aquí tedes a parte máis básica do ser humano. (sinala un esqueleto) Home? … Muller?... non se sabe, porque na realidade se vos fixades ben, hai pouquiña diferencia.


O home ten cabelo no peito, ten o queixo cabeludo… e a muller non ten Unha muller ten dúas pernas, ten dous brazos, dúas coxas, un nariz e unha boca e ten moita intelixencia O bicho home tamén as ten do mesmo xeito… se reparan ao dereito…. “Hai pouquiña diferencia” (música

“a diferença” )

Bruxa. Aixa.- Creo que o doutor aspirina deixouno ben claro, non? Kepa.- Non sei…non sei… (pregunta a Dolores) e a ti, que che gusta facer? Dolores. Candela Domínguez.- A min? Nada en concreto. Bailar, cantar, xogar ao pilla pilla, andar de viaxe, comer ben…a verdade é que… nada en concreto. En definitiva, a min o que me gusta é vivir coma um rei… ou unha raíña, que ao cabo venche sendo o mesmo. (os vagos míranse con xesto de aprobación) Marcos.- Pois… a verdade é que dá ben o perfil eh? (Vaina examinando detidamente…) Dolores. Candela D.- E ti que miras ? Pasa para aí, pasmón… ! e pónteme quedo, que aínda levas co rabo da vasoira. Kepa.- Buaaah ! Que xenio ¡! Si que dá o perfil. Con esta fichaxe non vai haber quen se nos achegue. Quedamos con ela? Os vagos.- (ao mesmo tempo) QUEDAMOOOOS !! (bailan sobre a música da lenga do Xanduca) Bruxa. Aixa.- Alto aí, alto aí ¡! E pretendedes ser Reis Magos con esas pintas? (Os tres vagos míranse estrañados) Bruxa. Aixa.- A ver, a ver… a ver…!! Eu creo que necesitades un cambio de “look”. Creo que terei que chamar uns cantos estilistas que vos adecenten a indumentaria… (Soa a música e aparecen estilistas que os van vestir de reis no mesmo escenario en canto vai soando a música. 6º vai colocándose no escenario) Cos Reis vestidos, bailan. (Soa o Rap da Carolina) Dolores. Candela D.- Xa está. Con esta pinta si que damos o pego. Agora o que temos que facer é gui-

char por un buraquiño a ver quen son os nenos e nenas que se portan ben para levarlles un agasallo Marcos.- Iso non nos vai dar moito traballo. Non hai cativo no mundo que se porte ben. Hainos que non recollen os xoguetes… outros non comen a sopa… poucos agasallos hai que repartir. Dolores. Candela D.- É certo. Eu sempre escoito aos pais dicindo…”Mira que se non comes, os Reis non che traen nada ! Kepa.- Son peores os que din… “Mira que se non te portas ben, os Reis vanche traer carbóns… ! Pero… eses, que se cren? que imos andar nós cargados cun saco de carbón ?

Co que mancha iso… !!


Dolores. Candela D.- Que va, oh? Aos que non comen, chámanlles ao home do saco, non aos Reis. Marcos.- E se ao home do saco tampouco lle gusta a sopa… que facemos? Kepa.- Estamos aviados !! Imos ver polo buraco… a ver que pasa… (Os vagos desaparecen. Vese no escenario unha nai que pelexa cun neno para que coma) Nai. Nerea.- Pedriñooooo! Ponte coa sopa que xa non queima. Pedriño. David.- Que si que queima ! Nai. Nerea.- Que xa non queima ! Pedriño. David.- Que si que queima ! Nai. Nerea.- Mira que como non comas chamo o home do saco… !! Pedriño. David.- Nooooon !! O home do saco noooooon !! Prefiro o demoooo!! Nai. Nerea.- (desesperada) Vaaaaaahhh!! Que demo de neno esteeee, non podo con el…!! (Aparece o demo. música.- O demo Rapatú) Demo. Aroa.- pero, señoraaaaa! Como vai tomar o neno a sopa dicíndolle que vai chamar o home do saco…? un ser imaxinario que nunca viu. Hai que educar mellor aos fillos…!! Métalle medo, pero con algo máis real, entende? (dirixíndose ao Pedriño) Mira, Pedriño, se non comes agora a sopa, vou chamar á profe Belén… “que

te pon a andar”, eh?… (o

neno comeza a tomar a sopa a toda velocidade) Demo. Aroa.- Xa está. E a próxima vez faga a sopa con el… Os nenos necesitan sentirse partícipes da vida familiar, sentirse útiles, que sexan case…

…..seres hu-

manos. Pedriño.David.- Que rica está a sopa do nené…. !! (aparecen os demos 5ºe bailan a sopa do nené) (Os reis vagos están sentados ben acomodados…) Kepa.- Oes, si que era certo. Que boa vida é esta dos reis. Marcos.- E ti que querías ser cuarto árbitro. Anda, quita de aí. Dolores. Candela D.- Eu teño que ir ao baño urxentemente. Desculpade un segundo. Marcos.- Buenoooo !! Xa empezamos a escaquearnos do choio !! (Escóitase un berro… aparece Dolores) Dolores. Candela D.- Non o ides crer. Acabo de ver unha especie de extraterrestres… altos, de dous metros, polo menos…vestidos cunhas pintas… deben vir de Marte ou algo… de Marte, digo… estes veñen polo menos de Plutón. Kepa.- Pero ti, que bebiches…? a esta xa lle meteu algún bebedizo a bruxa Maruxa. Dolores. Candela D.- Que non bebín nada !!


Marcos.- Xa, xa… Iso é o que din todos… non bebín nada… “solo una copita de vino en la cena” Vouche facer a proba do alcohol… a ver sopla aquí… (son interrompidos) (aparecen os carteiros reais) PAXE 1.- Respectadas Maxestades, cumprindo as súas ordes, aquí lles quedan as cartas que conteñen os desexos de todos os nenos e nenas do colexio MESTRES GOLDAR. Dolores. Candela D.- Eh, eh…! que nós non… PAXE 2.- Non nos digan máis, Maxestades. Sabemos que estarán encantados de complacer a todo o colexio, mesmo aos profesores, que tamén se portan moi ben. Marcos.- Pero oigan… que nós estamos aquí porque… PAXE 1.- Siii, Maxestade, xa sabemos que aínda lles temos que traer as cartas do resto de colexios. Non estean preocupados. Saben que nós sempre cumprimos a tempo coas súas ordes. PAXE 2.- De feito xa as temos aquí, pero é que son tantas que non puidemos traelas todas dunha vez. Un segundo que agora volvemos. (Os paxes desaparecen porque van buscar un par de sacos máis) Kepa.- Agora si que a liamos. Quen lle explica a estes que nós somos reis de mentira… Os Reis Vagos e non os Reis Magos (De novo aparecen os paxes con dous novos sacos) PAXE 1.- E aquí lles deixamos o resto. Xa ven que nós sempre estamos ao seu servicio. PAXE 2.- Supoñemos que para o ano que vén poderemos gozar novamente da súa confianza, non si, Maxestades…? Dolores. Candela D.- (enfadada) pero oigan, que nós non somos os Reis Magos. Nós somos… PAXE 1.- Por favor, Maxestades, non sexan tan humildes. Que modestia… !! Estamos plenamente convecidos de que vosteden poden repartir isto e moito máis. PAXE 2.- E se non teñen máis que mandar retirámonos, que aínda nos faltan máis colexios. Marcos.- Non, oigan! Os outros colexios pódennos deixar para outro ano, que hoxe xa temos abondo. PAXES: Dacordo. Pois…”ata o ano que vén nenos e nenas, ata o ano que vén a todos e todas”. (Marchan saudando) (música) (Os vagos quedan con cara de circunstancias, pensando en como resolver o problema) Marcos.- E agora, que facemos? Dolores. Candela D.- Que facemos, que facemos…! Darlle á cabeciña, que para iso a tes. Hai que pensar como imos repartir todo isto. Marcos.- O que? Se dentro dun anaco van botar o celta na tele…! Eu non podo, que non teño tempo… Kepa.- Creo que se me ocorre algo. Escoitei dicir que das montañas do Courel, nas noites de final de ano, baixa un señor barrigudo que lle chaman o Apalpador…


Dolores. Candela D.- Siii, ese que entraba nas casa do nenos apalparlles as barriguiñas. Se as tiñan cheíñas dicíalles… “Así, así esteas todo o ano, e lles deixa un agasallo” Kepa.- Pois o Apalpador como está afeito a andar polas casas, pode repartir el os xoguetes. (música do apalpador. Aparece no escenario) Apalpador. Diego.- Ou, rapaces…! De onde quitastes eses sacos ? Fostes á leña? E que facedes disfrazados con esas pintas? Marcos.- É unha longa historia difícil de explicar. Xa cha contarei outro día. Aquí non hai leña. Estas son as cartas dos nenos e nenas cos xoguetes que piden para as festas…necesitamos que nos botes unha man. Apalpador. Diego.- Bah…! Iso non é un problema. Papá Noël faino na noite boa e acaba logo. Dolores. Candela D.- Xenial !! onde está o Papá Noël ese, que xa lle encasquetamos o tema? (Música . Aparece no escenario Papá Noël ) Papá Noël. Elísabeth.- Ou, ou,ou…!! Amigo Apalpador, canto tempo sen verte ! Como che vai polas montañas ? Apalpador. Diego.- Vaime ben, coma sempre… imos tirando, logo. (Apálpalle na barriga) A ti tampouco che vai mal, polo que vexo…!! Papá Noël. Elísabeth.- Vaites, vaites !! Tampouco é para tanto. A dieta americana é así…os gases da cocacola…xa sabes. Dolores. Candela D.- Bueno, bueno… menos leria que aquí hai moito que facer. Tes que repartir estes sacos canto antes, que así hai máis tempo de gozar dos xoguetes… Papá Noël. Elísabeth.- Ohhh!! Pero as direccións… resulta moi difícil porque…xa sabes, os nenos e nenas poñen as direccións como lles cadra e logo nunca dás co sitio. Apalpador. Diego.- Eu teño dous colegas. El Esteru, que baixa a dar os regalos dende as montañas de Cantabria e máis o Olentzero que é quen reparte os xoguetes aos nenos e nenas vascos… Agardade a ver… !! (Música . Aparecen no escenario Esteru e Olentzero) Olentzero.Daniel.- Ahí va, pues…! Por que estáis todos aquí reunidos? No me digáis que hay huelga de repartidores… que no me he enterao… ! Kepa.- Non Olentzero, tranquilo! Só é que temos que repartir con urxencia estes sacos e necesitamos axuda… Olentzero.Daniel.- Ahí va, Pachi… !! Quien hace muy bien ese trabajo es el colega catalán… como le llaman, hombre… que no me acuerdo… Esteru. Xosé.- Ah, si…!! El Tió catalán, un señor que, en Cataluña, se disfraza de tronco de Nadal y echa chuches y frutos secos… Ese nos arregla el choio en un plis plas… !! (Música . Aparece El Tió)


El Tió. Luis.- Bon Natal a tots…!! Que…! Hay reunión de vagos… no? Olentzero.Daniel.- Que tal, amigo Tió. Cuanto tiempo…!! Miraaaa, que estamos aquí con un problemilla… pero aquí el amigo Esteru se acordó de ti… Se trata de repartir un par de sacos de nada… poca cosa… para ayudar a estos reyes que son principiantes y… ya sabes, aún no están muy puestos ellos… El Tió. Luis.- Ah! bueno… no hay problema. Pero yo estoy fuera de mi territorio catalán… Entonces tendré que cobrar una comisión… Dolores. Candela D.- Unha comisión ? Pero oigaaaa… que nós somos reis, pero non somos millonarios… eses son outro tipo de reis… non te confundas…”guapito” El Tió. Luis.- El negocio es el negocio y “la

pela es la pela”. Si no hay acuerdo se rompe la negociación y

os vais al paro. Kepa.- Sacade todos de aí… Teño eu un colega que non anda por montaña ningunha pero é ben espilido. Este si que nos quita do lío. (Música. Aparece o demo Rapatú) Demo. Aroa.- A que se debe esta xuntanza de mareantes ? Non tedes nada que facer ou que? Faltan 3 días para a Noite boa e andades aquí mareando a perdiz… Non tedes outra cousa que facer, claro…! (diríxese aos reis) E vós que, non pensades ir a clase a polas cousas… que hai que largar de vacacións… !! Ás dúas marcha o bus, eh? E quen o perda vai a pé para casa. Kepa.- Rapatú, non podemos marchar para casa. Mira os sacos de cartas que temos que repartir… non damos feito !! Demo. Aroa.- Non damos feito, non damos feito … (diríxese ao Esteru, Olentzero e Tió… dálles un saco a cada un) Veña, isto por transporte urxente. Que chegue aos domicilios antes da oito da mañá… Tedes unha oficina de Seur aí arriba, así que largade antes de que pechen. (marchan correndo cos sacos) (Diríxese a Papá Noël) E ti, que? Pensas ter o trineo en doble fila toda a mañá? Vaille dar de comer aos renos e aparca ben. Logo, se queres volve por aquí a botar un bailongo. Kepa.- Rapatúuuu…!! Sabía que non me fallarías. Marcos.- Menudo lío no que nos metimos. E todo por querer vivir coma un rei. Prefiro ser un neno normal. Ben pensadoooo non vivimos tan mal… Kepa.- (Ao público) E aquí Remata esta historia do cole Mestres Goldar. Que os Reis traian moitos xoguetes E teñades “BO NADAL” (Todos bailan de novo o Rap da Carolina)

FIN


RAP DOS REIS VAGOS BAILACHES CAROLINA? BAILEI, SI SEÑOR!! DIME CON QUEN BAILACHES? BAILEI CO MEU AMOR!! BAILEI CO MEU AMOR!! BAILEI CO MEU AMOR!! BAILACHES CAROLINA? BAILEI, SI SEÑOR!!

Nós somos os reis vagos Os amos do planeta Se queres os regalos Vainos buscar a unha tenda (percusión) Na noite dos Reis Limpa ben os zapatos Se nos deixas turrón Levámosche un regalo

Se nos deixas turrón, levámosche un regalo Nós somos os Reis Vagos Os amos do Nadal Deixámosche agasallos Se non te portas mal. Fai sempre os deberes, Obedece aos teus pais. Non deixes os papeis Tirados polo chan

Non deixes os papeis tirados polo chan


Pon ollo ao piollo!! Que hai reis que son falsos Din que hai outros señores Que tamén traen regalos (música) Atende ao que che digo, non te deixes enganar Que hai moitos intrusos que nos queren imitar

Que hai moitos intrusos que nos queren imitar Din que o ratiño Pérez Tamén deixa agasallos Fainos a competencia, Temos que denuncialo

Fainos a competencia,temos que denuncialo

Quen é Papá Noël? Un vello barrigudo Que monta no trineo e non lle cabe o bandullo.

Que monta no trineo e non lle cabe o bandullo. (música) Aí vén o Apalpador Polo monte baixando, Chega cun cesto cheo Cargado de agasallos. Cando pete na porta, Non lle fagades caso Que os xoguetes que trae Non valen un pataco.

Que os xoguetes que trae, non valen un pataco.


Un día un colega, atende ao que me dixo, Que viu ao Apalpador, comprando nos chinos

Que viu ao apalpador comprando nos chinos. (música) BAILACHES CAROLINA?

BAILEI, SI SEÑOR!! DIME CON QUEN BAILACHES?

BAILEI CO MEU AMOR!! Co teu amor, Carolina, Non volvas a bailar Que che levanta a saia E é moi mala de baixar, Que é moi mala do que?

É moi mala da baixar Que é moi mala do que?

É moi mala da baixar Que é moi mala do que?

É moi mala da baixar

ANTÓN LÓPEZ


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.